guia astronomica (parte 2)

26
Introducción Dende sempre o ser humano sentiu fascinación polo Sol, a Lúa e as estrelas que “cruzan” o noso ceo. ¿Que son estes seres? ¿Que tamaño teñen e a que distancia están? ¿Como explicar o seu “movemento”? ¿Que influencia teñen sobre nós? ... Moitas son as respostas que se teñen dado na historia, pero o laborioso desenrolo científico e tecnolóxico nos vai achegando cada vez máis á realidade deste universo que nos rodea, deixándonos a cada paso máis marabillados da súa grandeza e fermosura… Vaiamos directamente ó campo da OBSERVACIÓNO que parece dicirnos a experiencia sensorial é que os astros son fontes de luz (de diferentes tamaños) que se moven arredor da Terra como se formaran parte dunha gran bóveda esférica que xira constantemente, con un eixo intuíble que varía a súa inclinación coas estacións do ano. Hoxe sabemos que en realidade é a Terra a que xira sobre o seu propio eixo, e tamén arredor do Sol, dando lugar a ese efecto e a esos cambios de orientación. Esta foto ralentizada e este gráfico pódennos axudar a comprender mellor o que acabamos de dicir. Outro efecto óptico que nos crea a nosa perspectiva é que aparentemente as estrelas manteñen sempre a mesma posición fixada en esa “bóveda xiratoria”, que viría a ser un plano curvo no que esos puntos de luz están repartidos formando grupos dos que dende antigo a imaxinación humana quixo sacar imaxes e significados… son as constelacións. Pero de novo os avances no coñecemento nos sitúan noutra comprensión: en realidade eses puntos de luz que forman grupos están a diferentes distancias da Terra (enormes e moi variadas distancias…), e ademáis tamén se moven e seguen o seus propios rumbos, pero tan despacio á nosa vista que fan falta moitos anos para percibilo… Vexámolo mellor nestes gráficos, co exemplo do núcleo da constelación Osa Maior: (e eso que neste caso as estrelas están relativamente achegadas…) Con todo, aínda sabendo que as constelacións non son propiamente grupos de estrelas, o certo é que seguen a ser a maneira máis intuitiva e útil para situarse na observación do espacio dende a Terra, e por eso se manteñen as figuras e nomenclaturas antigas (heroes mitolóxicos, animais,…). 1

Upload: david-pose

Post on 22-Mar-2016

270 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

2ª Parte da Guia Astronomica

TRANSCRIPT

Introducción

Dende sempre o ser humano sentiu fascinación polo Sol, a Lúa e as estrelas que “cruzan” o noso ceo. ¿Que son estes seres? ¿Que tamaño teñen e a que distancia están? ¿Como explicar o seu “movemento”? ¿Que influencia teñen sobre nós? ... Moitas son as respostas que se teñen dado na historia, pero o laborioso desenrolo científico e tecnolóxico nos vai achegando cada vez máis á realidade deste universo que nos rodea, deixándonos a cada paso máis marabillados da súa grandeza e fermosura…

Vaiamos directamente ó campo da OBSERVACIÓN…

O que parece dicirnos a experiencia sensorial é que os astros son fontes de luz (de diferentes tamaños) que se moven arredor da Terra como se formaran parte dunha gran bóveda esférica que xira constantemente, con un eixo intuíble que varía a súa inclinación coas estacións do ano. Hoxe sabemos que en realidade é a Terra a

que xira sobre o seu propio eixo, e tamén arredor do Sol, dando lugar a ese efecto e a esos cambios de orientación.

Esta foto ralentizada e este gráfico pódennos axudar a comprender mellor o que acabamos de dicir.

Outro efecto óptico que nos crea a nosa perspectiva é que aparentemente as estrelas manteñen sempre a mesma posición fixada en esa “bóveda xiratoria”, que viría a ser un plano curvo no que esos puntos de luz están repartidos formando grupos dos que dende antigo a imaxinación humana quixo sacar imaxes e significados… son as constelacións. Pero de novo os avances no coñecemento nos sitúan noutra comprensión: en realidade eses puntos de luz que forman grupos están a diferentes distancias da Terra (enormes e moi variadas distancias…), e ademáis tamén se moven e seguen o seus propios rumbos, pero tan despacio á nosa vista que fan falta moitos anos para percibilo… Vexámolo mellor nestes gráficos, co exemplo do núcleo da constelación Osa Maior:

(e eso que neste caso as estrelas están relativamente achegadas…)

Con todo, aínda sabendo que as constelacións non son propiamente grupos de estrelas, o certo é que seguen a ser a maneira máis intuitiva e útil para situarse na observación do espacio dende a Terra, e por eso se manteñen as figuras e nomenclaturas antigas (heroes mitolóxicos, animais,…).

1

Con respecto á natureza deses puntos de luz que denominamos estrelas, chama a atención a diferencia de brillo dunhas a outras… ¿Será pola diferente distancia? ¿Ou polo diferente tamaño? ¿Por que emiten luz? As estrelas son inmensas bolas de gas (hidróxeno e helio principalmente), nas que, por presión da gravedade, teñen lugar no seu interior as potentísimas reaccións de fusión atómica que liberan tanta enerxía en forma de luz e calor, e dan nacemento a novos materiais para a construcción do universo… E en efecto, como xa dixemos, as estrelas están a moi variadas distancias, e tamén as hai de moi variados tamaños, e incluso de variadas cores… Velaquí un gráfico de exemplos:

(o Sol é unha estrela un chisquiño máis pequena que Alfa Centauri…)

Sirio (a 8´6 a.l., en Can Maior), Canope (a 310 a.l., en Carina-SUR), Alfa Centauri (a 4´5 a.l., en Centauro-SUR, a máis cercana), Arturo (a 37 a.l., en Pastor de Bois), Vega (a 25 a.l., en Lira), Capella (a 42 a.l., en Cocheiro), Rigel (a 770 a.l., en Orión), Proción (a 11´5 a.l., en Can Menor), Achernar (a 144 a.l., en Eridano), Betelgeuse (a uns 600 a.l., en Orión)

A abreviatura “a.l.” refírese a “anos luz”, que é unha medida de distancia, equivalente ó traxecto percorrido pola luz en un ano (uns 9´5 billóns de Km…). O feito de que os astros estén tan lonxe que a luz tarde tantos anos en chegar a nós pon en entredito a actualidade da observación, porque ¿aínda están ahí agora? En fin, esa é unha inevitable paradoxa coa que hai que contar… A abreviatura “m” ou “mag.” refírese á “magnitude”, que ven sendo a categoría de brillo coa que dende a Terra vemos ese corpo celeste; canto máis baixo é o seu número, maior é o seu brillo.

Pero de entre esa incontable multitude de puntos de luz que enchen o ceo nocturno, hai uns pouquiños que dende o principio chamaron moito a atención, porque a diferencia de tódolos demáis, éstes variaban rapidamente a súa posición e traxectoria, e por eso foron diferenciados das estrelas e se lles denominou “planetas” (que en grego significa “errantes”). Teñen tamén outra peculiaridade na observación: que o seu brillo non “tembla” (ou o fai moito menos que nas estrelas).

Unha vez máis, o avance científico permitiunos aclarar este “misterio”… Os planetas resultaron ser corpos máis semellantes á terra que ás estrelas, e de feito están moi próximos e son “compañeiros” xirando arredor da estrela que chamamos Sol, formando o “Sistema Solar”.

Vexamos un gráfico do tamaño a escala dos membros deste sistema:

O tamaño está a escala, pero a distancia non… Seguindo esta mesma escala, a Terra sería esa esferiña xirando a uns 12 metros dese Sol; Marte a uns 18 metros; e Xúpiter a uns 68 metros…

*Datos da escala real:- O Sol ten un diámetro de aprox. 1´4 millóns de Km.- A Terra ten un diámetro duns 12.700 Km, e está a uns 150 millóns de Km do Sol (a uns 8´3 minutos / luz).

- Marte ten un diámetro duns 6.800 Km, e está a uns 228 millóns de Km do Sol (a uns 78 millóns de Km da Terra = uns 4´3 min / luz)- Xúpiter ten un diámetro duns 143.000 Km, e está a uns 780 millóns de Km do Sol (a uns 43´3 minutos / luz).

2

“Planeta” cambiou entón o seu significado de “estrela errante” polo de corpo celeste semellante ós 8 grandes que formamos sistema co Sol (características xerais: non ser unha estrela pero orbitar arredor dunha, tamaño considerable, certa solidez e estabilidade, etc…). A curiosidade por atopar outros planetas fóra do noso sistema é moi grande, pero dado que as distancias tamén o son, e que estes corpos non emiten luz propia, é moi difícil descubrilos… Con todo, vanse atopando cada vez máis. Por agora o máis cercano sitúase a uns 10´5 a.l., arredor dunha estrela da constelación Eridano (Épsilon); trátase dun xigante sólido-gaseoso do estilo de Xúpiter. Recentemente atopouse un máis semellante á Terra (en tamaño, solidez e proximidade á súa estrela), a uns 20 a.l., onda unha estrela da constelación Libra (Gliese 581).

A medida que os instrumentos e técnicas de observación se foron mellorando, a visión do universo e dos seus astros foise facendo máis profunda e nítida, e foise descubrindo que en realidade moitos desos puntos de luz semellábanse máis ben a unha “gota de leite”, e chegouse á evidencia de que se trata de densos grupos de estrelas… Son os chamados cúmulos (se consisten en acumulacións globulares de decenas, centos, ou miles de estrelas) e galaxias (se son miles de millóns as que xiran agrupadas formando xigantes e variados “discos”). Tamén hai outros destes obxetos difusos que non son grupos de estrelas senón nebulosas: nubes de gases e polvo iluminadas por estrelas próximas.

Estos descubrimentos catapultaron a nosa perspectiva da grandeza do Universo… e tamén nos axudaron a situarnos con máis humildade e realidade en el… Entón púidose comprender por fin a misteriosa natureza desa gran “banda branca” que cruza o ceo estrelado, e que dende antigo se chamou Vía Láctea: trátase da galaxia á que pertenecemos nós, pero vista dende dentro (e polo tanto, “de canto”).

Resulta que non somos o centro do Universo, senón unha pequenísima parte case marxinal dunha galaxia normaliña dos moitos miles de millóns que hai…

A Vía Láctea ten aproximadamente uns 50.000 a.l.de radio (o Sol está a uns 30.000 a.l. do núcleo) e conta cuns 400.000 millóns de estrelas. Como en tódalas galaxias, a súa densidade e brillo son maiores no núcleo, onde cada vez con máis seguridade se intúe a presencia de grandes buratos negros...

As galaxias máis cercanas á nosa son a “Enana” de Can Maior (a uns 25.000 a.l.), a de Saxitario (a uns 78.000 a.l.), a de Draco (a uns 280.000 a.l.), etc… pero hai que ir a uns 2´3 millóns de a.l. para atoparnos cunha semellante á nosa: Andrómeda. As galaxias, seguindo tamén a Lei da Gravidade, agrúpanse en cúmulos e supercúmulos…

Os descubrimentos chegan cada vez máis lonxe e tráennos datos máis precisos sobre a realidade deste inmenso Universo que semella non ter límites… ¿ou si que os ten? Parece ser que está en expansión… ¿tivo entón unha orixe? ¿cando? ¿como? ¿onde? A famosa teoría do Big Bang, cada vez con máis firmeza aínda que con moitas dificultades e cuestións abertas, vai dando resposta científica a esos interrogantes, pero esto xa escapa das posibilidades desta sinxela guía introductoria para a observación astronómica, e hai que remitir a obras de divulgación ou profundización de Astronomía. Baste mencionar que se cree que todo comezou fai uns 14.000 millóns de anos cunha gran explosión de enerxía e de espacio, e que na expansión e enfriamento foron aparencendo logo as partículas, as estrelas, as galaxias, etc… Un observador medianamente curioso preguntaría pola localización dese lugar de inicio, para mirar cara el coa inquietude das orixes, pero parece ser que non é posible situar un centro do Universo (alomenos por agora…). Teremos que conformarnos con mirar cara o centro da nosa galaxia (en torno ás constelacións de Saxitario e Escorpio), e cara o centro do noso gran cúmulo de galaxias (en torno ás constelacións de Virgo e a Cabeleira)…

E sen máis desenrolo por agora, entremos directamente no campo da observación astronómica…

Simplemente indicar esta interpretación dos elementos dos mapas; e indicar tamén que a nomenclatura dos obxetos celestes corresponde cos principais catálogos astronómicos: Messier (M), e New General Catalogue (NGC). E outra cousa: tanto os datos como as fotos que aparecen nesta guía foron sacados e cotexados de fontes científicas serias.

3

+ º Estrela Polar (Localización: dirección β - α , a unhas 5 veces

a distancia entre elas. Marca o “centro xiratorio”

da bóveda celeste, e polo tanto o Norte) +

Osa Maior +

+

Cr 285 .- Cúmulo aberto de magnitudes entre 1´7 e 2´5.

M-81 Galaxia M-101 Galaxia M-97 Nebulosa da “Curuxa” (mag.7; dist-12 millóns a.l.) (mag.8; dist-27 millóns a.l.) (mag.10; dist-2.600 a.l.)

4

+

Osa Menor (sen imaxes)

Destaca a estrela Polaris (α), que é a denominada “Estrela Polar”, debido a que a súa posición apenas varía coa rotación, servindo como referencia en torno á cal “xira” o ceo estelar, e marca polo tanto o extremo norte do eixo rotatorio terrestre (Polo Norte).

En realidade non é unha estrela soa, senón que é un sistema triple, pero as outras dúas apenas se perciben. A súa magnitude é de 2, e está a uns 430 a.l.

Casiopea

As magnitudes das principais estrelas andan entre 2´2 e 3´4.

NGC 457 Cúmulo (80 estrelas) (mag.6´4; dist-9.000 a.l.)

(chámanlle “ET”, porque parece o simpático alieníxena cos brazos abertos…) M-52 Cúmulo (mag.7´3; dist-5.000 a.l.)

5

Cefeo Ic 1396 Cúmulo nebular “Trompa do Elefante” (mag.5; dist-3.000 a.l.)

Detalle: A magnitude das estrelas principais anda entre 2´4 e 3´7.

NGC 7160 Cúmulo NGC 7023 Cúmulo nebular (mag.6´1; dist-2.600 a.l) (mag.7´1; dist-1.300 a.l.)

NGC 7380 Cúmulo nebular NGC 6939 (cúmulo) e 6946 (galaxia) NGC 40 Nebulosa (mag.7´2; dist-7.200 a.l) (m.7´8; d-5.800, e 8´8; d-10 mill. a.l.) (mag.11; dist-3.500 a.l.)

6

Draco

A magnitude das estrelas principais anda entre 2´2 e 3´9.

NGC 6543 Nebulosa “Ollo de Gato” M-102 Galaxia NGC 6503 Galaxia (mag.8; dist-3.000 a.l.) (mag.10; dist-40 millóns a.l.) (mag.10´5;dist-18 millóns a.l.)

NGC 3147 Galaxia Grupo de Galaxias NGC 5985, 5982 e 5981

7

Hércules

A magnitude das estrelas principais anda entre 2´7 e 3´7, e son bastante cercanas (de 80 a 400 a.l.).

M-13 Cúmulo (case 1 millón de estrelas…) M-92 Cúmulo (mag.5´8; dist-25.000 a.l.) (mag.6´4; dist-27.000 a.l.)

NGC 6210 Nebulosa da “Tartaruga” Ic 4593 Nebulosa (mag.9´7; dist-6.500 a.l.) (mag.11; dist-9.200 a.l.)

8

Cisne

A magnitude das estrelas principais anda entre 1´2 (Deneb-α ) e 3´2.

NGC 7000 Nebulosa Norteamericana M-39 Cúmulo (30 estrelas) (mag.4; dist-1.800 a.l.) (mag.5; dist-800 a.l.)

NGC 6871 Cúmulo NGC 6992, 6995 e 6960 Nebulosa do “Velo” (mag.5´2; dist-5.100 a.l.) (mag.7; dist-1.400 a.l.)

9

Lira M-56 Cúmulo (mag.8´3; dist-33.000 a.l.)

M-57 Nebulosa do “Anel” (mag.9´4; dist-2.300 a.l.)

A magnitude das estrelas principais anda entre 0´04 (Vega-α, a 25 a.l.) e 5.

Pastor de Bois (sen imaxes) Cans de Caza (Canes Venatici)

M-94 Galaxia Galaxias M-51 e NGC 5195 (m.8´2; dist-14 mill. a.l.) (mag.8´4; dist-37 millóns a.l.)

(Arcturus-α, mag.0)

10

Leo

A magnitude das estrelas principais anda entre 1´3 (Regulus-α) e 3.

Grupo de Galaxias M-66, M-65 e NGC 3628 Grupo de Galaxias M-96, M-105, M-95,(m.8´9;d-35 mill / m.9´3;d-35 mill / m.9´5;d-35 mill.) NGC 3384 e NGC 3412

(m.9´2;d-38 mill / m.9´3;d-25 mill / m.9´7;d-38 mill /m.10;d-36 mill / m.10´5;d-37 mill)

Detalle da M-66 NGC 2903 Galaxia NGC 3521 Galaxia (mag.9; dist-20 millóns a.l.) (mag.9; dist-30 millóns a.l.)

11

Virgo

A magnitude das estrelas principais anda entre 1 (Spica-α) e 3´9.

M-104 Galaxia do “Sombreiro” M-49 Galaxia M-87 Galaxia (mag.8; dist-30 millóns a.l.) (mag.8´4; dist-60 mill. a.l.) (mag.8´6; dist-55 mill. a.l.)

(considérase o centro gravitacional do noso supuercúmulo de galaxias,

cun inmenso Burato Negro no interior, dende o que sae ese chorro de materia)

Galaxias M-60 e M-59 Galaxias M-86, M-84, etc. (do Cúmulo Virgo) M-61 Galaxia (m.8´8 e 9´6; d-60 mill. a.l.) (m.8´9 e 9´1; d-60 mill. a.l) (mag.9´6; dist-60 millóns a.l.)

12

Cabeleira (Coma Berenices)

A magnitude das estrelas principais anda entre 4´3 e 4´7.

M-53 Cúmulo M-64 Galaxia “Ollo Negro” Cúmulo de Galaxias de Coma (mag.7´6; dist-60.000 a.l.) (mag.8´5; dist-20 mill. a.l.) (+ de 1.000, a uns 300 mill. a.l.)

M-100 Galaxia M-88 Galaxia M-91 Galaxia (mag.9´6; dist-60 millóns a.l.) (mag.9´6; dist-60 mill. a.l.) (mag.10´2 ; dist-60 mill. a.l.)

13

Cangrexo (Cáncer) M-44 Cúmulo M-67 Cúmulo

(mag.3´1; dist-580 a.l.) (mag.6´1; dist-2.700 a.l.)

Xéminis

A magnitude das estrelas principais anda entre 1´1 (Póllux-β , e Cástor-α) e 3´5.

Cúmulos M-35 (mag.5´3; dist-2.800 a.l.) NGC 2392 Nebulosa do “Esquimal” e NGC 2158 (mag. 8´6; dist-11.000 a.l.) (mag.8´6; dist-4.000 a.l.)

14

Cocheiro (Auriga)

A magnitude das estrelas principais anda entre 0´1 (Capella-α) e 3.

M-37 Cúmulo M-36 Cúmulo (mag.4´6; dist-4.400 a.l.) (mag.6´6; dist-4.100 a.l.)

NGC 1893 Cúmulo e Ic 410 Nebulosa Ic 405 Nebulosa “Estrela Flameante” (mag.7´5; dist-10.600 a.l.) (mag.10; dist-1.500 a.l.)

15

Tauro (e as Pléiades)

A magnitude das estrelas centrais anda entre 0´9 (Aldebarán-α ) e 4´2. (θ é unha estrela binaria visible a ollo)

M-45 Cúmulo das “Pléiades” (+ de 200 estrelas)

“Hyades” (e tamén o cúmulo NGC 1647) (mag.1´6; dist-400 a.l.)

NGC 1817 e 1807 Doble Cúmulo M-1 Nebulosa do “Cangrexo” (supernova en 1054 d.C.)

(mag.7´7 e 7; dist-5.700 a.l.) (mag.8´4; dist-6.500 a.l.)

16

Orión

A magnitude das estrelas principais anda entre 0´1 (Rigel-β , 0´5-Betelgeuse-α) e 2´7.

M-42 e 43 Gran Nebulosa de Orión NGC 1975 e 1973 (mag.4; dist-1.600 a.l.) (mag.7; dist-1.500 a.l.)

IC 434 Nebulosa “Cabeza de Cabalo” (mag.9; dist-1.500 a.l.)

17

Can Maior

A magnitude das estrelas principais anda entre -1´4 (Sirio-α, a máis brillante; está a 8´6 a.l.) e 3.

NGC 2362 Cúmulo (mag.4´1; dist-5.000 a.l.) M-41 Cúmulo (mag.4´5; dist-2.300 a.l.)

(baixo Sirio) (en detalle)

NGC 2354 Cúmulo NGC 2383 e 2384 Doble cúmulo (mag.6´5; dist-13.300 a.l.) (8´4 e7´4; dist-6.500 a.l.)

18

Perseo

A magnitude das estrelas principais anda entre 1´8 e 3´4.

NGC 1499 Nebulosa de California NGC 869 e 884 Doble Cúmulo (mag.5; dist-1.000 a.l.) (mag.5´3 e 6 ; dist-6.800 a.l.)

M-34 Cúmulo (m.5´2; d-1.400 a.l.)

19

Andrómeda

A magnitude das estrelas principais anda entre 2 e 3´8.

M-31 Galaxia (mag.3´4; dist-2´3 millóns a.l.)

(é o corpo máis lonxano visible a ollo; é algo máis grande que a Via Lactea, sendo as 2 principais galaxias das 40 do noso grupo local;parece ser que as 2 se están achegando, e que poderían fusionarse dentro duns 5.000 millóns de anos…)

NGC 7662 Nebulosa “Bola de Neve” NGC 891 Galaxia (mag. 8´6; dist-5.600 a.l.) (mag.10 ; dist-30 millóns a.l.)

20

Pegaso

A magnitude das estrelas principais anda entre 2´4 e 3.

M-15 Cúmulo (con nebulosa e púlsares) NGC 7331 Galaxia (mag.6´2; dist-33.600 a.l.) (mag.9´5; dist-50 millóns a.l.)

NGC 7814 Galaxia NGC 7479 Galaxia (mag.10´6; dist-40 millóns a.l.) (mag.10´9; dist-105 millóns a.l.)

21

Piscis A magnitude das estrelas principais anda entre 3´6 e 4´3. M-74 Galaxia (mag.9´4; dist-35 millóns a.l.)

Balea (Cetus)

A magnitude das estrelas principais anda entre 2 e 3´5.

M-77 Galaxia NGC 247 Galaxia NGC 246 Nebulosa da “Caveira” (mag.8´9; dist-60 millóns a.l.) (mag.9; dist-12 millóns a.l.) (mag.11; dist-1.800 a.l.)

22

Acuario

A magnitude das estrelas principais anda entre 2´9 e 4´2.

NGC 7293 Nebulosa da “Hélice” NGC 7009 Nebulosa “Saturno” NGC 7606 Galaxia (mag.7´3; dist-650 a.l.) (mag.8´3; dist-3.000 a.l.) (mag.10´8; dist- 97 millóns a.l.)

detalle NGC 7009

Águia NGC 6709 Cúmulo (coa Vía Láctea de fondo)

(mag.6´7; dist-4.000 a.l.)

A magnitude das estrelas principais anda entre 0´7 (Altair-α) e 3´2.

23

Ofiuco e a Serpe

A magnitude das estrelas principais anda entre 2 e 4´7.

Ic 4665 Cúmulo M-5 Cúmulo M-16 Cúmulo-nebulosa da “Águia” (m.4´2; d-1.400 a.l.) (m.5´6; d-24.500 a.l.) (mag.6´4; dist-7.000 a.l.)

M- 10

Cúmulo M-12 Cúmulo (m.6´6; d-14.000 a.l.) (m.6´6; d-16.000 a.l.)

Detalle da nebulosa:

24

Escorpio

(Antares-α; mag.0´9)

NGC 6231 Cúmulo M-7 Cúmulo (coa Via Láctea de fondo)

(mag.2´6; dist-5.900 a.l.) (mag.3´3; dist-800 a.l.)

M-6 Cúmulo M-4 Cúmulo (ó lado de Antares)

(mag.4´2; dist-1.600 a.l.) (mag.5´8; dist-7.200 a.l.)

25

Hydra

A magnitude das principais estrelas anda entre 2 e 3´4.

M-48 Cúmulo M-83 Galaxia (mag.5´5; dit-1.500 a.l.) (mag.7´6; dist-15millóns a.l.)

M-68 Cúmulo (mag.7´8; dist-33.300 a.l.)

NGC 3621 Galaxia (mag.9´7; dist-22 millóns a.l.) NGC 3242 Nebulosa “Fantasma de Xúpiter” (mag.8´6; dist-1.400 a.l.)

26