guÍa didÁctica - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · guÍa didÁctica xestin de...

27

Upload: others

Post on 04-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das
Page 2: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

2

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

INTRODUCIÓNOs residuos urbanos constitúen unha das principais

ameazas medioambientais ás que debemos facer

fronte. Todos, sen excepción, producimos refugallos e,

ademais, facémolo a diario, sen ser conscientes do dano

que estamos a ocasionar ao planeta no que vivimos. Non

podemos permitir que o lixo perxudique a nosa contorna

e que acabe afectando á nosa saúde, ao noso benestar

e á nosa economía. É hora de actuar.

Conseguiremos minimizar este problema se

todos aportamos algo. Trátase de asumir a nosa

responsabilidade e levar á práctica pequenos xestos,

hábitos e comportamentos cos que contribuír a unha

xestión sostible do lixo.

Page 3: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

3

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Para que os cidadáns poidamos interioriorizar a

estratexia dos tres erres (Redución, Reutilización

e Reciclaxe), as accións de educación ambiental

resultan esenciais. Así, a pretensión desta guía non é

outra que a de proporcionar información básica sobre

a correcta xestión dos residuos domiciliarios a fin de

que sexa trasladada á comunidade educativa con

suficientes garantías.

INTRODUCIÓN

Page 4: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

4

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Ademais dos beneficios ambientais, a redución

da produción de refugallos e a correcta

clasificación dos mesmos en orixe trae consigo

importantes vantaxes económicas, xa que os concellos

consiguen diminuír o importe da factura que deben

pagar a Sogama, ao tempo que reciben máis ingresos

por parte dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX).

INTRODUCIÓN

Page 5: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

5

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Reducir, Reutilizar e Reciclar ou,

o que é o mesmo, a estratexia comunitaria dos tres

erres, constitúe o soporte de todo sistema de xestión

de residuos, con independencia do tratamento finalista

polo que se teña optado. No caso de Sogama, esta

Sociedade engade un cuarto R, o da Recuperación

enerxética da fracción non reciclable, que transforma en

electricidade. Así, logra poñer en valor, desde o máximo

respecto ao medio ambiente e á saúde pública, aquela

parte dos residuos que, doutro xeito, acabarían nun

vertedoiro, última opción na xestión xerarquizada que

promulga a Unión Europea.

OS TRES ERRES

Page 6: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

6

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Non é máis que producir menos residuos. O lixo que

acumulamos nas nosas casas ao final do día ten que ser

tratado correctamente a fin de evitar o seu negativo impacto

sobre a contorna. Se logramos diminuír a cantidade de

desperdicios xerados, axudaremos a protexer o medio

ambiente e a aforrar cartos. Porque a súa recollida e axeitado

tratamento constitúen servizos esenciais que, ao igual que

a auga, a luz, etc, debemos pagar. Cantos menos refugallos

xeremos, menos refugallos a tratar.

CLAVES PARA REDUCIRConsumir de forma responsable. O mellor é elaborar unha

lista do que realmente se necesite.

Evitar a adquisición de produtos sobreenvasados e

sobreempaquetados.

Dar preferencia aos envases grandes e de tamaño familiar, e

rexeitar os envoltorios individuais.

Evitar os artigos de usar e tirar.

Na medida do posible, prescindir das bolsas plásticas.

Recorda que o mellor residuo é o que non se produce.

REDUCIR

Page 7: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

7

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Consumir con racionalidade e diminuír a cantidade de comida que acaba

no lixo. No mundo desperdíciase cada ano un terzo dos alimentos que se

producen, cantidade coa que se podería nutrir a 2.000 millóns de persoas.

A campaña de Sogama “Comer si, tirar non”, proporciónache as claves

para colaborar na diminución do desperdicio alimentario:

•Revisa a despensa e a neveira para consumir

antes os produtos máis antigos.

•Compra só a comida que necesites.

•Axusta as racións ao número de comensais.

•Diferencia entre data de caducidade e data de consumo

preferente (a primeira indica o momento a partir do cal un

produto non se pode consumir por razóns de saúde e a

segunda o momento a partir do cal un produto pode perder

propiedades, pero continúa a ser apto para o consumo).

•Aproveita as sobras para elaborar novos menús.

MENOS DESPERDICIO ALIMENTARIO

Page 8: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

8

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Significa alongar a vida útil dos produtos antes de que

acaben sendo convertidos en residuos.

CLAVES PARA REUTILIZARUsar o papel polas dúas caras e optar polo papel reciclado.

Utilizar pratos e vasos de louza, cerámica e cristal e rexeitar

a súa versión en plástico.

Dar preferencia aos panos de mesa e panos de man de tea

en lugar de panos de mesa e panos de man de papel.

Os botes de vidro pódense utilizar de novo para envasar

distintos produtos e gardar determinados utensilios. Tamén

se poden empregar como elementos decorativos.

As latas de bebidas pódense converter en lapiceiros e

pequenas macetas para plantas. Coas argolas ata se

poden fabricar pulseiras.

REUTILIZAR

Page 9: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

9

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Consiste en clasificar axeitamente os residuos en orixe e

depositar cada tipoloxía no contedor correspondente a

fin de propiciar o seu posterior reciclado.

Á hora de separar, os envases pódennos dar pistas. A

través deste símbolo , coñecido como Punto Verde,

indícase que o fabricante que puxo un determinado

envase no mercado pagou unha cantidade de diñeiro

para facer posible a súa reciclaxe. Deste xeito teremos

a certeza de que ese envase, unha vez esgotada a súa

vida útil, poderá ser depositado no contedor de recollida

selectiva correspondente.

SEPARAR PARA RECICLAR

Page 10: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

10

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

ContedorAmarelodestinado a acoller envases de

plástico, latas e briks, ou, o que é

o mesmo, a denominada

“bolsa amarela”.

Botellas de plástico que contiveran líquidos (aceites

vexetais, refrescos, augas minerais, leite).

Botes de plástico groso que contiveran produtos de

aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, lavalouza,

suavizante, etc).

Latas de bebidas e de conservas.

Briks de leite, viño ou zumes de froitas.

Bandexas de porexpán ou cortiza blanca.

Redes de envoltorios de froitas ou verduras.

Plásticos filme: bolsas finas, plástico para envolver.

Envases mixtos distintos aos briks tales como bolsas de

aperitivos, envases de bolería industrial...

SEPARAR PARA RECICLAR

Page 11: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

11

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Non se debe depositar nestes recipientes residuos de plástico

que non sexan envases (por exemplo, xoguetes, cepillos

de dentes, rotuladores, películas de vídeo, carretes de

fotos, cables eléctricos, enchufes, etc) e, por suposto,

non introducir neste contedor cueiros, restos de alimentos,

papel, vidro, pilas, etc.

Recorda que o plástico elabórase cun dos recursos

naturais máis valiosos e non renovables da terra: o petróleo.

“Cada hora os españois tiramos ao lixo miles de botellas

de plástico coas que se podería cubrir toda a superficie da

península ao cabo dun ano”.

Ten en conta que:Para unha manipulación máis hixiénica e unha mellor

reciclaxe, aconséllase que os envases estean baleiros

antes de depositalos no contedor amarelo.

Non se deben introducir uns envases dentro doutros, xa

que isto dificulta o labor das plantas de clasificación.

É conveniente pregar todos os envases que o permitan, xa

que deste xeito ocuparán menos espazo, tanto no fogar

como no contedor.

SEPARAR PARA RECICLAR

Page 12: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

12

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

ContedorAzul no que debemos depositar

envases de papel e cartón.

Xornais e revistas.

Cadernos (sen argolas, grampas nin arames).

Papel de envolver, de embalar.

Caixas de cartón.

Cartóns de ovos.

Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou

cartón).

Libros.

Non se debe depositar papeis de calco, briks de leite, zume e

viño, así como papel ou cartón sucios de graxa.

Recorda que “cada ano tiramos ao caldeiro do lixo uns

3 millóns de quilos de papel e cartón. Con eles poderíase

levantar un muro dunha punta a outra do país”.

SEPARAR PARA RECICLAR

Page 13: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

13

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

IglúVerdedestinado á recollida de botellas,

frascos e tarros de vidro.

Non se deben depositar tapas, tapóns e cortizas, así como

vidros especiais (parabrisas, pantallas de televisión e

ordenador, lámpadas, espellos, etc.).

Recorda “cada semana tiramos ao lixo entre 20 e 25

toneladas de envases de vidro. Con eles poderías encher

un rañacaeos desde o sótano ata o último piso”.

SEPARAR PARA RECICLAR

Page 14: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

14

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Minicontedorde pilas:

Recorda que é necesario dar preferencia ao uso de pilas

recargables ou “verdes”, que non conteñen metais tales

como mercurio e cadmio. Aínda que, en principio, poden

resultar máis caras, a longo prazo saen máis económicas

(recárganse miles de veces) e son máis ecolóxicas.

pódese atopar en centros

escolares, concellos, asociacións,

establecementos comerciais, etc.

As pilas botón, utilizadas

especialmente en audífonos,

calculadoras e algúns reloxos, son máis contaminantes. Unha

soa pila de botón pode chegar a contaminar ata 600.000 litros

de auga, e unha alcalina, 167.000 litros.

SEPARAR PARA RECICLAR

Page 15: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

15

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

ContedorXenéricoNeste debemos depositar

a fracción resto (cueiros,

compresas, panos de mesa de

papel, etc).

Recorda que naqueles lugares nos que sexa factible, a

compostaxe doméstica pode representar unha magnífica opción

para reducir a produción de residuos e contribuír á reciclaxe da

materia orgánica, incorporándoa de novo ao solo en forma de

fertilizante natural co que mellorar a súa estrutura.

SEPARAR PARA RECICLAR

Page 16: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

16

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

As persoas que habitan en vivendas unifamiliares

que dispoñan de horta ou xardín, poden facerse cun

composteiro, ou ben fabricalo artesanalmente, para

depositar no mesmo a materia orgánica e elaborar

compost, un abono natural con excelentes propiedades

para o solo. Con esta práctica, diminuirán a cantidade de

lixo destinado ao contedor xenérico.

Toda a información en www.compostaconsogama.gal

SEPARAR PARA RECICLAR

Page 17: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

17

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

XOGOS INTERACTIVOS DE SOGAMA PARA REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLARTamén podemos aprender a xestionar os residuos urbanos

de forma sostible a través do xogo. Sogama pón a

disposición dos interesados os seguintes:

http://www.sogama.gal/gl/info/xogos-escolares

Xogo de Asociar (3 a 6 anos): Recolle!

Xogo de Secuencias (6 a 12 anos): Corre e percorre

Xogo de Toma de Decisións (12 a 16 anos): Únete, ti decides

Compostaxe doméstica: Experiencia Stop Motion

Nesta casa non se tira nada!

Separar para reciclar

Page 18: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

18

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

CADERNO VERDE:ESPÍRITU, COBERTURA Y OBJETIVOS

Caderno Verde é a plataforma educativa de

Sogama por excelencia na que se aborda a

xestión sostible dos residuos urbanos dunha

forma transversal, estando presente nas

distintas disciplinas obxecto de estudo en

Educación Primaria.

A través de ecocontos, fichas didácticas e

distintas actividades, os escolares fórmanse

nas boas prácticas ambientais vinculadas

á estratexia dos tres erres (Redución,

Reutilización e Reciclaxe).

www.cadernoverde.gal

Page 19: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

19

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMAEsquema de funcionamento dunha planta de transferencia tipo

FASE IO camión de recollida domiciliaria accede ao recinto e, despois de ser pesado, sube ata unha plataforma superior.

FASE IIIUn sinxelo émbolo introduce os RU nun contedor, sen empacamento nin apertura de bolsas ou cualquera outra manipulación.

FASE IIUnha vez situado en posición, realiza a descarga sobre a moega.

FASE IVFinalizada a descarga, a instalación queda pechada esperando a chegada do seguinte camión de recollida.

19

Page 20: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

20

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

O maior uso do tren para o transporte dos residuos

urbanos no modelo Sogama constitúe unha das

mostras máis evidentes da firme aposta que esta

empresa pública fixo pola mobilidade sostible. En

pouco máis de tres anos, o transporte de refugallos

por ferrocarril pasou do 25% en 2016 ao 55% en 2019.

A previsión é que, durante o próximo decenio, o maior

uso do ferrocarril permita aforrar a emisión de 2.230

toneladas de CO2 e preto de 800.000 litros de gasoil

cada ano.

Ademais do beneficio ambiental, o tren trae consigo

outras vantaxes tales como unha maior eficiencia,

maior sincronización nos horarios, menor sinistralidade

e, por suposto, menores molestias cidadás.

O TREN COMO MEDIO DE TRANSPORTE PREFERENTE

Page 21: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

21

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA

21

Emprazado no municipio de Cerceda, na provincia da Coruña,

no mesmo centralízase o tratamento dos residuos urbanos

producidos polos 295 concellos adscritos ao modelo de

xestión impulsado por esta empresa pública, que se sustenta

sobre a aplicación prioritaria da estratexia dos tres erres

(Redución, Reutilización e Reciclaxe) e a Recuperación

Enerxética da parte non reciclable.

Nesta infraestrutura industrial procésanse as dúas

fraccións de residuos que se atopan baixo a competencia

de Sogama: bolsa amarela e bolsa negra.

Con capacidade para tratar 1.000.000

de toneladas de residuos anuais, este

complexo está conformado por unha serie

de plantas, cada unha delas cun cometido

específico, que encadean de forma

secuenciada e harmoniosa todas as fases

polas que circula o residuo para a súa

posta en valor.

Page 22: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

22

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA:INSTALACIÓNS

22

(1)PLANTA DE CLASIFICACIÓN DE ENVASES LIXEIROS (PCLAS)

Recibe os mateirais que conforman a bolsa amarela, isto é, envases de plástico, latas e bricks, para ser separados de forma automática por tipoloxías. Tralo seu prensado e embalado independente, remítense aos centros recicladores para a súa transformación en novos produtos.

(2 e 4)PLANTA DE RECICLAXE, TRATAMENTO E ELABORACIÓN DE COMBUSTIBLE (PRTE) e PLANTA DE CLASIFICACIÓN DE MATERIAIS (PCM)

Ambas as dúas instalacións participan no tratamento da bolsa negra, seleccionando por tamaños e tipoloxías, os materiais susceptibles de ser reciclados (Polietileno de Alta Densidade, Polietileno de Baixa Densidade, PET, Polipropileno, Poliestireno, Plástico Mixto, Papel/Cartón, Briks, Vidro, ...) e transformando nun combustible derivado de residuos (CDR) a parte non reciclable.A nova Planta de Clasificación de Materiais, enmarcada na industria 4.0, comezou a operar en novembro de 2018 e incorpora os últimos avances tecnolóxicos existentes no ámbito da automatización, as comunicacións e os sistemas de información.

(3)PLANTA DE COXERACIÓN (PCOG)

Participa no proceso subministrando a calor necesaria para a fase de secado da fracción fina non reciclable.

(6)PLANTA TERMOELÉCTRICA

Aliméntase co CDR producido na fase anterior e na mesma prodúcese a electricidade equivalente ao consumo do 12% dos fogares galegos.

Page 23: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

23

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA:INSTALACIÓNS

23

O Complexo Medioambiental está dotado de importantes medidas de control e de protección ambiental, tanto a nivel de emisións como de depuración de augas, que garanten o rigoroso cumprimento da esixente normativa aplicable.

A actividade industrial desenvolvida no mesmo lévase a cabo coas tecnoloxías más innovadoras que permiten compatibilizar a operativa desta infraestrutura coa protección da contorna e a saúde pública.

Page 24: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

24

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

A súa función é recoller os residuos perigosos xerados no

fogar (fluorescentes, vernices, envases de insecticidas e

fitosanitarios, aceites vexetais usados, …); voluminosos

(mobles, colchóns, …), residuos de liña branca (lavadoras,

frigoríficos, …) e de liña marrón (televisores, equipos de

música, ordenadores), así como restos de pequenas obras

en domicilios.

Os puntos limpos son recintos pechados que contan con

contedores específicos para cada tipo de material.

Recorda que “cada residuo destínase ao seu

correspondente reciclador, onde recibe un axeitado

tratamento conforme as súas características e grao de

toxicidade”.

PUNTOS LIMPOS

Page 25: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

25

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMAPLANTA DE COMPOSTAXE INDUSTRIAL DE AREOSA

Con capacidade para 15.000 toneladas anuais,

procesará a materia orgánica procedente da recollida

selectiva dos concellos máis próximos, prevendo

obter cada ano entre 3.000 e 4.000 toneladas de

compost de alta calidade apto para o seu uso na

agricultura e xardinería.

Page 26: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das

26

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Coa reciclaxe de 1 quilo de latas de aceiro, afórrase a enerxía suficiente para manter acendida unha lámpada de 60 W durante dous días, mentres que tirar unha lata de aluminio equivalería a desperdiciar a enerxía de media lata de gasolina.

A enerxía que se aforra reciclando unha soa lata de aluminio pode facer funcionar un televisor durante tres horas.

Coa reciclaxe de 2 toneladas de briks afórrase o equivalente a unha tonelada de petróleo.

Non existe límite ao número de veces que se pode fundir e reutilizar o aluminio. A lata que estás bebendo hoxe pode ser parte doutro envase de hai 20 anos. E se a reciclas, poida que alguén beba dela dentro doutros vinte.

Na contorna natural, unha lata férrica de refresco tarda 8 anos en degradarse, e 100 anos se é de aluminio. Unha botella de plástico seguirá intacta 10 anos despois e, se non lle dá a luz, permanecerá inalterable durante séculos.

As bolsas plásticas non biodegradables tardan 4 séculos en descompoñerse.

Cunha tonelada de papel recuperado evitamos a tala dunhas 24 árbores adultas, así como o consumo de 24 metros cúbicos de auga e 4.100 Kw de electricidade.

O papel variado (que inclúe caixas de ovos, de zapatos, de cereais, de galletas, papel de regalo, sobres, propaganda, tubos de papel hixiénico, …) non se pode reciclar para converterse en papel de escribir de gran calidade, pero pódese transformar en cartolina (como a utilizada na caixas de cereais) e en papel para impermeabilizar tellados.

De cada 1.000 quilos de cartón que se recollen, obtéñense 850 quilos de cartón reciclado.

Reciclar unha soa botella de vidro pode aforrar enerxía suficiente para ter acendida unha lámpada de 100 W durante catro horas ou un televisor durante tres horas.

A partir da fracción non reciclable do lixo, Sogama produce electricidade para abastecer ao 12% dos fogares galegos.

SABÍAS QUE...

PARA MÁIS INFORMACIÓNwww.sogama.gal

Page 27: GUÍA DIDÁCTICA - sogama.gala didáctica profesorado 2019... · GUÍA DIDÁCTICA XESTIN DE RESIDUOS URBANOS INTRODUCIÓN NO MODELO SOAMA Os residuos urbanos constitúen unha das