grazas, lectoras/es!!!! a opiniÓn das profes de mates voz de baltar... · que lembrar que non...

2
Especial fin de curso Equipo de Redactores Quero dedicarlle un artigo a todas as persoas da revista. Os editores, estas oito persoas que traballaron moito durante o curso para que a revista puidera saír adiante. Para maquetala e facer o posible para que vos gustara. Non sempre acertamos cos diferentes números e tivemos erros dos que aprendimos e intenta- mos mellorar. Os editores son Carmen, Li- dia, Uxia, Sonia, Lili, Iria, Irito e Abelardo. Tamén darlle grazas a todos os redactores/as que buscaron información, inventaron e sem- pre nos mandan artículos para que todo isto puidera seguir saíndo. A Laura por aguantar- nos tódolos recreos, por axudarnos sempre e por facer de mediadora en bastantes casos. A todos os que mercan as revistas tódalas se- manas, aos que chegaron con propostas, con críticas e con contidos para publicar ou ben para que melloremos. En fin grazas a todos porque foi unha experiencia xenial e como todas as experiencias houbo momentos bos e non tan bos. Esperamos continuar o curso que ven con este proxecto e que vos anime- des a participar! Recadamos 150 euros que destinamos ao refuxio de cans de Cambados. Mer- camos lixivia, cepillos, e osíxeno activo para que os peludos vivan limpos e sans. Grazas a vós puidemos enviar 60 euros a Christa V. Calbos, voluntaria no refuxio de Eidomeni, en Grecia. Polo menos, du- rante un par de dias nenas e nenos refuxiados puide- ron comer froita fresca. Non é moito, pero enviá- moslles toda a nosa soli- dariedade. DEBATE ELECTORAL NO INSTITUTO Por Abelardo Rodiño O próximo martes 21, as alumnas de 4º teránunha charla política. Contaremos coa presenza de Telmo Martín Gonzalez Ex-Alcalde e Presi- dente do Partido Popular de San- xenxo, David Otero actual Portavoz do Grupo de Goberno Municipal e Presidente do BNG de Sanxenxo, Oscar Serantes Pupin Militante en activo do PSOE de Sanxenxo e con Gonzalo Gonzalo Pita, actual rexidor do concello pertencente a SAL “Sanxenxo Agrupación Libe- ral”.Aproximadamente 57 compañei- ras de todo 4º acudirán a esta cita o próximo martes pola tarde na Biblio- teca do centro, onde os representan- tes dos diferentes partidos contarán- nos cales son os intereses que defen- de cada partido e explicarannos deta- lladamente as diferenzas entre a dere- ita e a esquerdana política e como identificalas. As nosas compañeiras de 4º faranlles preguntas sen pelos na lingua ós representantes, iso si, sem- pre sen faltar o respecto. O ÚLTIMO DO CURSO Profesoras/es e alumnas/os do noso centro enfróntanse no último partido do ano.Un dos nosos compañeiros tivo a idea de retomar unha actividade que se deixou de facer no IES hai dous anos, o famoso partido“Profes Vs Alumnos”. Co permiso oportuno de Carlos Santiso e dadirección, o Último do Curso, o partido agardado, o derbi “Profes Vs Alumnos” cele- brarase o martes 21 na hora do recreo. Non perdades un dos mellores acontecementos do IES Sanxenxo!!!! A OPINIÓN DAS PROFES DE MATES María Brea e Fina Rodríguez. Como lectoras asiduas de A Voz de Baltar, tivemos o encargo de dar a nosa opinión ao respecto. Parécenos un proxecto moi interesante e motivador. Os alumnos participantes im- plicáronse tanto na súa elaboración que ata chegaron a pasar noites a medio durmir para que saise a revista a tempo. As ganas que puxestes e o carácter benéfi- co da recadación foron os principais moti- vos da nosa “subscrición” á revista. Na Voz de Baltar tratáronse moitos e di- versos temas que dunha forma ou outra preocupan ao alumnado deste centro, co- mo a moda, a sexualidade, os deportes, a crónica social, a música, … Como foi o noso primeiro ano neste insti- tuto, gustáronnos especialmente as entre- vistas ao persoal e ao alumnado do centro porque así tivemos a oportunidade de co- ñecelos un pouquiño máis. Aaah, acordá- devos de que Ángela e Justa dixeron que “somos un pouquiño porcalleiros”, mmmm, je, je, je. Esperamos que a experiencia acumulada este ano vos sirva para continuar co pro- xecto e manter o interese dos lectores. Co- mo suxerencia, parécenos interesante que consigades implicar aos distintos departa- mentos na elaboración dalgúns artigos. Se volvemos prometemos colaborar! Sofía Taboada Saímos do porto de Portonovo ás 9:15, e tardamos 1h en chegar alí, cando xa chegamos non había moi bo tempo, e máis dunha hora despois empezou a chover, pero non nos impedíu pasalo ben. Xo- gamos ó voleibol e bañámonos todo o que puidemos, algunhas per- soas andaron ata o faro, e outras quedaron todo o día na praia espe- rando haber se chegaba un raio de luz para chegar un pouco máis morenas a casa, a causa de iso case todos chegamos queimados. EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES Estes somos os editores que fixemos posible A Voz de Baltar. Animámosvos a que vos incorporedes o ano que vén e así poida ser moito mellor. Grazas por todo!! Grazas, lectoras/es!!!! Alba Fernández O FUTBOLEIRO A REINVINDICATIVA A PUNTUAL :P A ORGANIZADORA A FEMISISTA A CORRECTORA O OSO AMOROSO O INDEPENDIENTE A PERFECCIONISTA NÚMERO 22

Upload: duonghanh

Post on 09-Nov-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Grazas, lectoras/es!!!! A OPINIÓN DAS PROFES DE MATES VOZ DE BALTAR... · que lembrar que non existe eternidade, polo tanto, ide ... Por favor ponte en contacto con nós, ... O peor

Especial fin de

curso

Equipo de Redactores

Quero dedicarlle un artigo a todas as persoas

da revista. Os editores, estas oito persoas que

traballaron moito durante o curso para que a

revista puidera saír adiante. Para maquetala e

facer o posible para que vos gustara. Non

sempre acertamos cos diferentes números e

tivemos erros dos que aprendimos e intenta-

mos mellorar. Os editores son Carmen, Li-

dia, Uxia, Sonia, Lili, Iria, Irito e Abelardo.

Tamén darlle grazas a todos os redactores/as

que buscaron información, inventaron e sem-

pre nos mandan artículos para que todo isto

puidera seguir saíndo. A Laura por aguantar-

nos tódolos recreos, por axudarnos sempre e

por facer de mediadora en bastantes casos. A

todos os que mercan as revistas tódalas se-

manas, aos que chegaron con propostas, con

críticas e con contidos para publicar ou ben

para que melloremos. En fin grazas a todos

porque foi unha experiencia xenial e como

todas as experiencias houbo momentos bos e

non tan bos. Esperamos continuar o curso

que ven con este proxecto e que vos anime-

des a participar!

Recadamos 150 euros que

destinamos ao refuxio de

cans de Cambados. Mer-

camos lixivia, cepillos, e osíxeno activo para que

os peludos vivan limpos e

sans.

Grazas a vós puidemos enviar 60 euros a Christa

V. Calbos, voluntaria no

refuxio de Eidomeni, en

Grecia. Polo menos, du-rante un par de dias nenas

e nenos refuxiados puide-

ron comer froita fresca. Non é moito, pero enviá-

moslles toda a nosa soli-

dariedade.

DEBATE ELECTORAL NO

INSTITUTO Por Abelardo Rodiño

O próximo martes 21, as alumnas

de 4º teránunha charla política.

Contaremos coa presenza de Telmo

Martín Gonzalez Ex-Alcalde e Presi-

dente do Partido Popular de San-

xenxo, David Otero actual Portavoz

do Grupo de Goberno Municipal e

Presidente do BNG de Sanxenxo,

Oscar Serantes Pupin Militante en

activo do PSOE de Sanxenxo e con

Gonzalo Gonzalo Pita, actual rexidor

do concello pertencente a SAL

“Sanxenxo Agrupación Libe-

ral”.Aproximadamente 57 compañei-

ras de todo 4º acudirán a esta cita o

próximo martes pola tarde na Biblio-

teca do centro, onde os representan-

tes dos diferentes partidos contarán-

nos cales son os intereses que defen-

de cada partido e explicarannos deta-

lladamente as diferenzas entre a dere-

ita e a esquerdana política e como

identificalas. As nosas compañeiras

de 4º faranlles preguntas sen pelos na

lingua ós representantes, iso si, sem-

pre sen faltar o respecto.

O ÚLTIMO DO CURSO Profesoras/es e alumnas/os do noso centro enfróntanse no último partido do

ano.Un dos nosos compañeiros tivo a idea de

retomar unha actividade que se deixou de facer no IES hai dous anos, o famoso partido“Profes

Vs Alumnos”. Co permiso oportuno de Carlos

Santiso e dadirección, o Último do Curso, o

partido agardado, o derbi “Profes Vs Alumnos” cele-

brarase o martes 21 na hora

do recreo. Non perdades un

dos mellores acontecementos do IES Sanxenxo!!!!

A OPINIÓN DAS

PROFES DE MATES María Brea e Fina Rodríguez.

Como lectoras asiduas de A Voz de Baltar,

tivemos o encargo de dar a nosa opinión

ao respecto.

Parécenos un proxecto moi interesante e

motivador. Os alumnos participantes im-

plicáronse tanto na súa elaboración que ata

chegaron a pasar noites a medio durmir

para que saise a revista a tempo.

As ganas que puxestes e o carácter benéfi-

co da recadación foron os principais moti-

vos da nosa “subscrición” á revista.

Na Voz de Baltar tratáronse moitos e di-

versos temas que dunha forma ou outra

preocupan ao alumnado deste centro, co-

mo a moda, a sexualidade, os deportes, a

crónica social, a música, …

Como foi o noso primeiro ano neste insti-

tuto, gustáronnos especialmente as entre-

vistas ao persoal e ao alumnado do centro

porque así tivemos a oportunidade de co-

ñecelos un pouquiño máis. Aaah, acordá-

devos de que Ángela e Justa dixeron que

“somos un pouquiño porcalleiros”,

mmmm, je, je, je.

Esperamos que a experiencia acumulada

este ano vos sirva para continuar co pro-

xecto e manter o interese dos lectores. Co-

mo suxerencia, parécenos interesante que

consigades implicar aos distintos departa-

mentos na elaboración dalgúns artigos.

Se volvemos prometemos colaborar!

Sofía Taboada

Saímos do porto de Portonovo ás 9:15, e tardamos 1h en chegar alí,

cando xa chegamos non había moi bo tempo, e máis dunha hora

despois empezou a chover, pero non nos impedíu pasalo ben. Xo-

gamos ó voleibol e bañámonos todo o que puidemos, algunhas per-

soas andaron ata o faro, e outras quedaron todo o día na praia espe-

rando haber se chegaba un raio de luz para chegar un pouco máis

morenas a casa, a causa de iso case todos chegamos queimados.

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

Estes somos os editores que

fixemos posible A Voz de Baltar. Animámosvos a que vos incorporedes o

ano que vén e así poida ser moito mellor. Grazas por todo!!

Grazas, lectoras/es!!!!

Alba Fernández

O FUTBOLEIRO A REINVINDICATIVA

A PUNTUAL :P A ORGANIZADORA A FEMISISTA

A CORRECTORA

O OSO AMOROSO O INDEPENDIENTE

A PERFECCIONISTA

NÚMERO 22

Page 2: Grazas, lectoras/es!!!! A OPINIÓN DAS PROFES DE MATES VOZ DE BALTAR... · que lembrar que non existe eternidade, polo tanto, ide ... Por favor ponte en contacto con nós, ... O peor

Mensaxe do Dr. Love

Ola! Ben, este é o último número deste

curso, e polo tanto, tamén o é para o Dr.

Love. Aínda que algunhas/os xa o sabere-

des, chámome Moisés, estou en 3ºB e son

o Dr. Love. Xa sei que dixemos que iamos

cambiar de Dr. Love, pero decidimos que

era mellor que seguise sendo eu, asi que,

mentímosvos. Ups! Quero darvos moi-

tííííííísimas grazas a todas/os que apoiastes

esta sección cada día que saía, malia todos

os cambios bruscos que houbo. A expe-

riencia sendo o Dr. Love foi moi divertida.

Ademais de todo o que aprendín sobre te-

mas de amor, por suposto, todas as pre-

guntas que mandabades a principios de

curso eran moi graciosas. Foi todo un pra-

cer axudarvos cos vosos problemas perso-

ais e lembrade: Carpe diem! Aproveitade

o momento! Todo ten o seu final, temos

que lembrar que non existe eternidade,

polo tanto, ide agora mesmo xunto o/a ne-

no/a con que queiras ter algo e pídelle saír.

Que sexa o que el/a queira! E para a per-

soa a quen llo pidas: Dálle unha oportuni-

dade! Non deixes pasar a oportunidade tan

bonita de ter unha parella, de serdes felices

xuntos.

E con isto despídome, moitííííí-

siimas grazas por todo e

que teñades un bo ve-

rán!

DÍAS DE ODIO, TERROR E

IGNORANCIA

Por Carmen Segado

Esta semana fomos testemuñas de tres crimes movidos pola

ignorancia, o machismo, o fanatismo e o odio.

En primeiro lugar o asasinato de 50 persoas nun club de am-

biente en Orlando, a mans dun fanático relixioso e homófobo.

O pasado 10 de xuño de 2016 a cantante Christina Grimmie foi

asasinada durante unha firma de autógrafos despois dunha pre-

sentación no Teatro The Plaza Live de Orlando. O irmán de

Grimmie abordou de inmediato ao home armado, que durante

a loita se disparou na cabeza e morreu.

Por último, o 9 de xuño, a deputada británica Jo Cox foi asasi-

nada durante un acto de campaña en Londres. O presunto asa-

sino é un home de ideoloxía fascista e nazi. Jo Cox era unha

muller nova, membro do partido laborista, loitadora polos seus

ideais de igualdade e protección do medio ambiente.

Só podemos mostrar a nosa repulsa ante toda esta violencia, e

traballar para combater a

ignorancia que fai que se

cometan este terribles cri-

mes contra todas/todos

nós.

Imaxe da manifestación no

West End de Londres en apoio

ás vítimas da masacre de Orlan-

do.

CRITICA AO XORNAL “A VOZ DE BALTAR”

Por Lector Anónimo

Sinto dicilo, pero considero que o xornal do instituto caeu en decadencia. Nunca

participei, mais teño que escribir, xa que creo que debo dar a miña opinión sobre

este tema.

Dos primeiros números (do 1 ao 5), non teño ningunha queixa. O único fallo é a

desorde dos números, xa que se nos ficamos, os números van nesta orde: 0,1, 3,

3, 5, 6... e continúa con algúns erros.

A partir do número 7, e cando, na miña humilde opinión, o xornal vai empeoran-

do. Segue habendo algún artigo de actualidade, por exemplo o da súper bowl, ou

o da “vítima de selfies”, que me resultaron interesantes, aínda que cada vez hai

menos así. Achegándonos aos números máis recentes, podemos atopar as “xoias

xornalísticas” que fixeron que me decidise a facer este artigo, coma por exemplo

o artigo sobre o reggaeton, que aínda que ten razón sobre o sexismo das letras

(ben que o escoitades), ocupa case toda a portada, tendo unicamente 14 palabras

(titular incluído) e unha estrofa dunha canción. Non falarei sobre o debuxo do

alieníxena porque... Tamén temos o xenial “Sad Teen Blogger” que persoalmen-

te non me tomei demasiado en serio, xa que me parece unha trapallada de artigo

que ocupa toda a última páxina, na cal o único coherente é saber que unha alum-

na do centro publicou un relato na plataforma “wattpad”. Coma se non fose pou-

co, a páxina está decorada tamén con debuxos, entre os cales se atopa un debuxo

que pon unicamente “Boys suck”, que en galego significaría “os mozos apestan”

ou “os mozos dan noxo”. E logo despois falarán de machismo...

Con todo isto, o que quero dicir son dúas cousas. A primeira vai para os editores

do periódico. Por favor publicade este artigo.

A segunda vai para vós, lectores. Se estades de acordo comigo, tentade remedia-

lo contribuíndo máis facendo artigos interesantes remedialo contribuíndo máis

facendo artigos interesantes para que, polo menos, o xornal teña un bo remate de

curso. Sobre todo, os alumnos de 2º, xa son a parte do alumnado do instituto que

na miña opinión, ten un punto de vista totalmente oposto ao que ten o xornal,

que lle podería dar un xiro interesante. Sobre todo, algúns alumnos en concreto

con moito potencial para a crítica e a polémica, algo así coma min. Ademais non

hai ninguén editando ou dando artigos deste curso, que eu saiba. Que non custa

nada, mirádeme a min, eu fixen este texto nunha tarde.

ESTIMADO LECTOR ANÓNIMO:

Onde estiveches metido todo este curso? Con esa capacidade de análise, esa

retranca e esa maneira de escribir, es material de A Voz de Baltar. Nesta

redacción agradecemos moito máis as críticas que os eloxios, pois é o que

nos fai mellorar. Por favor ponte en contacto con nós, preséntate e non du-

bides unirte ao equipo o ano que vén. Precisamos lectores/as e redactores/as

coma ti! Tes moita razón nas cousas que dis, pero o mellor é falármolo en

persoa. Grazas!

O RITMO DO VERÁN

Mónica Soto

Neste verán as cancións

que farán que bailes toda a

noite serán:

1. Chino y Nacho ft. Dad-

dy Yankee “Andas en mi

cabeza”

3. Calvin Harris ft. Rihan-

na “This is what you came

for”

2. Sak Noel & SeanPaul

“Trumpets”

4. Maluma “El perdedor”

5. Enrique Iglesias ft Wi-

sin “Duele el corazón”

6. Jennifer Lopez

“Ain´tyour mama”

7. Shaggy ft. Pitbuul, Ge-

neNoble “Only love”

8. David Guetta Ft. Zara

Larson “This one is for

you”

HORÓSCOPO Pitonisa Belén

O mellor signo da semana

é Escorpio, terá moita sor-

te, pois non lle poñerán

deberes en toda a semana

excepto os mércores e ven-

res. Eles van aprobar todas

e non terán que estudar no

verán.

O peor signo da semana é

Aries, vaia mala sorte te-

ñen, moitos deberes, moi-

tos exames ata algún recreo

castigados. Van suspender

moitas e van ter que recu-

perar en setembro, pode ser

que ata algún repita curso.

Vaia mala sorte!

Moisé

s Luca

s Salaza

r

Dr.

Love

Artistas:

Carmen

Segado

Jorge Chouza

Iria riveiro