géneros televisivos

29
Xéneros Televisivos Entrevista-talk-debate-tertulia- coloquio Xéneros Televisivos

Upload: andrea-perez-presedo

Post on 09-Dec-2015

220 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Talk Show. Diferentes formas de realizar entrevistas en televisión.

TRANSCRIPT

Page 1: Géneros televisivos

Xéneros TelevisivosEntrevista-talk-debate-tertulia-coloquio

Xéneros Televisivos

Page 2: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

MONTSERRAT ROIG (Barcelona, 1946-1991)

Escritora e xornalista española. Realizou unha serie de entrevistas para o circuito catalán de TVE. Algunhas foron posteriormente publicadas en libros como Personatges e Retrats paral lels.

http://www.rtve.es/mediateca/videos/20090414/memories-tele-recorda-montserrat-roig/477071.shtml

Confesa que as noites das primeiras semanas as pasaba soñando coa gravación. Angustiábanlle dúas cousas: quedarse en branco e dicir simplezas. Xa non se trata só de manter unha conversa da que poidan extraerse respostas interesantes, senón que na Tv o diálogo ten que ser fluido, denso, áxil e dotado de interese. En canto a palabra sae da boca xa non se pode retirar e non son admisibles determinados fallos. 0 ollo da cámara é implacable e o público non deixa pasar nin a máis mínima (“se te escapa una mirada, una risa, te rascas el cogote justamente cuando te enfoca tu cámara…”).

Entrevista a Antoni Tàpies: http://www.rtve.es/alacarta/videos/arxiu/personatges-antoni-tapies/1315875/

Page 3: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

Xéneros Televisivos: o contexto do tratamento informativo nos xéneros dialogais

CONTIDO (tratamento informativo nos distintos xéneros) – XÉNERO INFORMATIVO

CONTINENTE (programa) – XÉNERO DE PROGRAMA

CONTEDOR (colocación da oferta pensando nos públicos)

XÉNERO De programa

Selección e aplicación de enfoque, estilo e construción do guión

PROGRAMACIÓN (medios e soportes –TDT/Web/Móbil…), horario, público/target) … Presenza cuantitativa e cualitativa dos xéneros dialogais audiovisuais (que se ofrece, onde, cando e por que) – ESTRATEXIAS

Produción

Realización

Formato Ritmo e tratamento informativo

Page 4: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

OS INTERLOCUTORES E AS VOCES NOS XÉNEROS DIALOGAIS

O contexto da conversa según os axentes que interveñen nela:

InterlocutorConvidado 1.

InterlocutorEntrevistador 2.

Realización 3.

PÚBLICO

Voces:

• Unha (un convidado)• Varias (máis dun convidado)

Voces:

• Unha (un entrevistador)• Varias (máis dun entrevistador)

Audiencia = mercado

Cidadanía = votos

Page 5: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

Page 6: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

• En función do formato do programa• En función do contido do programa• En función da programación• En función da actualidade/axenda (actualidade-magazine)• En función da relevancia da personaxe (actualidade-carácter-magazine)• En función do cargo/actividade profesional (actualidade-carácter-magazine-debates-tertulias-coloquios)

• En función da popularidade (actualidade-carácter-magazine-debates-tertulias-coloquios)• En función das aptitudes mediáticas (actualidade-carácter-magazine-debates-tertulias-coloquios)

CRITERIOS DE SELECCIÓN DOS CONVIDADOS

Os criterios de selección están directamente vencellados coa apertura das conversas (xustificación da personaxe na “intro” e presentación, en función dos contextos televisivos (obxectivos informativos).

O tratamento: vostede (para tutear hai que pedir permiso)

Page 7: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

Exemplo: a mesma fonte en diferentes contextos informativos (obxectivo informativo)

Retórica dialóxica e discurso televisivo

ORIXINALIDADE “En dos de cada tres casos el resultado es el mismo: no resulta una entrevista distinta

porque las preguntas son las de siempre” (GARCÍA MÁRQUEZ)

http://www.youtube.com/watch?v=FMKjqPwwRsw&feature=relatedhttp://www.youtube.com/watch?v=a6yzqTSKJgw

http://www.youtube.com/watch?v=-4ECCSU3IrE&feature=related

Promoción del CD Gato negro dragón rojo

Page 8: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

https://www.youtube.com/watch?v=jYwZbTmShAs

http://www.rtve.es/alacarta/videos/los-desayunos-de-tve/desayunos-tve-ada-colau-portavoz-plataforma-afectados-hipoteca/1718510/

Page 9: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

Xéneros dialogais informativos en TV

Esquema da funcionalidade informativa dos xéneros dialogais en televisión

PÚBLICO

Votante (propaganda)

Mercado (audiencias)

INTERESE INFORMATIVO

Linguaxe oral (fondo: qué)

Linguaxe xestual (forma: cómo)

Actitudes/motivacións (expectativas)+ programación + realización + criterios

de selección dos convidados

FORZA - Por qué

Quen, cando, onde, por que… - Inicio+desenvolvemento+peche - Tensión informativa – Profundidade+orixinalidade+relación+análise (ir máis aló e fuxir de tópicos) – Escoita empática – Guión estruturado pero aberto – Documentación – Interpretación comunicativa/naturalidade – nervios- Credibilidade

Page 10: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

O TEMPO: o control da liña de tempos

O manexo do ritmo e do interese informativo na construción do guión e na execución do mesmo durante o programa (fondo e forma)

O tempo real ven determinado pola duración do programa. A entrevista/debate, etc. pode ocupar a totalidade do tempo ou unha parte do mesmo (sección dun programa máis amplo). Son os minutos reais de conversa-contraste de opinións.

O tempo “sentido” está condicionado pola sensación interior do presentador-conductor durante o programa. É o que Montserrat Roig adoita chamar o “tempo en tensión”, estreitamente vencellado a factores como a relación co convidado (clima da conversa) e os temores interiores do xornalista (temor ao enmudecemento, a non ser capaces de encher con palabras o tempo asignado,…).

O entrevistador-conductor debe aprender a manexar o entorno e ser capaz de integralo con naturalidade nas súas dotes comunicativas para guiar a conversa (sentimento de globo/escafandra/burbulla), e facelo intuitivamente (exemplo de aprender a conducir).

O Tempo “percibido” está condicionado polo ritmo e o interese informativo que detecta o espectador, e que o leva a manter a súa atención ou desconectar do programa. Relaciónase coa temida reacción das audiencias (engagement co público) e, polo tanto, é clave nos debates sobre a espectacularización.

Page 11: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A FALA: LINGUAXE ORAL

Di Juan Cantavella que “la base de la improvisación acertada (guión en abierto) es la preparación previa” y que “no se puede ir a una cita (entrevista en televisión) sin una buena preparación”. Si es grave este descuido cuando se trabaja para la prensa, mucho más si estamos entrevistando por televisión, donde no podemos transformar nuestra ignorancia en sabiduría al escribirlo, sino que aparecemos tal cual somos”.

Cavarico recomenda que: “las preguntas deben denotar madurez intelectual y respetar al personaje no haciendo preguntas que denoten infantilismo, impreparación crasa o ignorancia absoluta”, aunque al mismo tiempo no debe olvidarse que “hay preguntas sencillas que desatan grandes respuestas”.

Cantavella, Juan (1996): Manual de la entrevista periodística. Barcelona, Editorial ArielCavarico, Edda (1989): Sala de redacción. La noticia y la entrevista en prensa, radio, TV. Bogotá, Colombia (2ª ed.)

DOCUMENTACIÓN

Page 12: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A FALA: LINGUAXE ORAL

“Preguntar significa trabajar. Significa haber estudiado muy bien a la persona que vas a tener delante y, de esa forma, demostrarle tu respeto. Si las preguntas no son acertadas la entrevista no hará justicia al invitado”. MERCEDES MILÁ, dixit

A documentación é a base imprescindible para aplicar a contextualización-interrelación-análise como clave de procura do interese informativo nos guións, fuxindo dos tópicos, das preguntas recurrintes e buscando “ir más alá” na procura de información, sexa cal sexa o xénero que se traballe (entrevista, debate…). Non confundir preguntas de “entrevista previa” coas que se deben facer no programa que se difunde.

DOCUMENTACIÓN

Page 13: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A FALA: LINGUAXE ORAL

O silenzo e a palabra: a escoita na fala (saber escoitar para saber preguntar)

O silenzo: elemento de recurso que pode aproveitarse para crear un ritmo lento, intimidade, complicidade… O gran mestre no emprego deste recurso en televisión é Jesús Quintero.

A palabra: que e como preguntar a través do cuestionario (guión) = escaleta

• A conversa existe toda vez que existe o diálogo e non se produce unha sucesión de monólogos (evitar os bustos parlantes que intercambian preguntas e respostas, sen garra nas preguntas e sen interese nas respostas. O equilibrio consiste en dominar constantemente o diálogo con intervencións breves e precisas conxugando a dimensión dos tempos entre preguntas e respostas (evitar que se repita unha estrutura plana).

• O cuestionario: o xornalista NON debe ceder á petición de entrega do cuestionario previo. SI está obrigado, como recolle Arturo Merayo, a informar ao convidado sobre aspectos como o tipo de programa, a audiencia á que se dirixe, os temas xerais que se abordarán, pero sen concretar as preguntas que se farán. Búscase manter a naturalidade do convidado durante a conversa, evitando as respostas excesivamente preparadas e de lucimento artificial do convidado (“venta”), e tamén evitar “gastar” os datos, opinións ou impresións dos convidados antes de estar diante da cámara como sostén Iván Tubau, lembrando os consellos de Giraud e Bourdon (débese combinar coa entrevista ou informe previo hoxe tan extendida pero que debe empregarse só como documentación).

• A escaleta actúa como instrumento de ordenación das accións e dos contidos no tempo do programa (documento propio da produción e a realización).

Page 14: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A FALA: LINGUAXE ORAL

A conversa debe ser aberta: a escoita empática precísase para lograr o don da oportunidade. Para saber preguntar hai que coñecer os temas en profundidade (documentación) e sabelos plantexar no momento axeitado. As preguntas deben formar parte dun plan aberto que debe adaptarse á evolución da conversa. Leonor Arfuch resalta a necesidade de non esquecer o nivel metacomunicativo de toda conversa, onde a palabra vólvese sobre sí mesma. Ernest Paper Mills, en Listening: Key to Communication (1974), estudiou en profundidade a destreza de escoitar que considera decisiva para lograr unha comunicación eficiente e cualitativa. A escoita empática conleva altos niveis de atención e concentración por parte do entrevistador para lembrar, para resumir, para interpretar e para avaliar e contextualizar.

O guión, aínda que moi elaborado (seguindo as pautas do interese no tratamento informativo), debe plantexarse sempre en aberto e suxeito ao devir da conversa (débense mover preguntas e mesmo bloques, e incluso improvisar sobre a base informativa da resposta). Débese levar interiorizado (matiz: non memorizado!!) e non ler continuadamente ás preguntas, salvo citas específicas. O xornalista Pedro Soler di que o bo entrevistador é o que está moi atento ás respostas do convidado (escoita empática) e traslada o interese do público en forma de novas preguntas (coidado con non repetir cuestións que, aínda previstas no guión, xa foron contestadas). Di que debe levar preparado un argumentario con posibles camiños a seguir (se a…, se b…).

Page 15: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A FALA: LINGUAXE ORAL

Presentación-Introducción (“Intro”): breve e concisa. Emili Prado di que, tanto na radio como na televisión, non se debe perder o tempo con obviedades e con agradecementos (aplicable ao corpo e ao eche da conversa). Dependendo do contexto –continente-, do obxectivo informativo (actualidade, carácter, debate…), do tema ou dsa personaxes, na introducción pódese incluir o saúdo aos espectadores (inicio de programa ou regreso dunha publicidade para a apertura da conversa). Ademáis, pódese xustificar só o tema, só a personaxe ou ambos.

Conducción-Corpo:

O interese no tratamento informativo.

Peche-Despedida: ao igual que a presentación-introducción, tamén debe ser breve e concisa, sen excesivos agradecementos. Ao peche da conversa pode seguir o peche do programa e a despedida do público, pode darse paso a unha interrupción publicitaria para continuar co programa ou pode enlazarse con outros contidos ou seccións do mesmo.

A retórica dialóxica: a lóxica da conversa.

ESTRUTURA DO GUIÓN-CUESTIONARIO

Page 16: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A CONSTRUCIÓN DO GUIÓN. O interese no tratamento informativo en función da:

ORIXINALIDADE:

PROFUNDIDADE

INTENSIDADE (informativa)

• Fuxir dos tópicos• Fuxir dos “sofás” ou “comodíns”• Fuxir das preguntas obvias e recurrintes • Sorprender ao convidado con novos plantexamentos no fondo e na forma (evitar preguntar o que xa se sabe: hai que empregar a documentación para “ir máis aló” e buscar o seguinte nivel informativo. Ás veces hai que preguntar por algo xa moi comentado: o fondo non se pode cambiar pero hai que ser orixinais na forma do plantexamento da cuestión).

1. Documentación2. Interrelación

• A modulación do interese informativo no tempo• Estrutura do guión en bloques • Xerarquización (preguntas principais, de apertura de bloque, de enlace, secundarias, de reforzo, de especial concentración informativa ou emocional…)

3. Contextualización4. Análise

Representación en curva:

Page 17: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

ESTRUTURA DE GUIÓN (xerarquización aplicable a todos os xéneros dialogais, incluidos os coloquiais)

Intro/Pres: --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

BLOQUE 1: “----Titulo---” (x’-minuts)1. ¿Qué……………………………………………………………………………………….. 1.1. (se a): …………………………………………………………………….. 1.2. (se b): …………………………………………………………………….2. ¿Qué………………………………………………………………………………………… 2.1. ……………………………………………. 2.2. ……………………………………………. 2.3. …………………………………………….

BLOQUE 2 “-----------” (x’)3. ¿Qué………………………………………………………………………………. 3.1……………………………………….. 3.2………………………………………..

BLOQUE 3 “-----------” (x’)10. ¿Qué………………………………………………………………………………. 10.1………………………………………..Peche/Des:

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Raccords

RaccordsRaccords

Raccords

Page 18: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A FALA: LINGUAXE ORAL

Raccords (costuras e xiros): A conversa debe estar ben fiada partindo dun guión estruturado (bloques) e xerarquizado que debe quedar en aberto condicionado ao diálogo.

• As “costuras” apóianse en raccords como: - Informativo- Cronolóxico- Narrativo- Lóxico- Dramático ou de contraste- Eco- Espello - Redundancia- Alcachofa (según Roberto Natali)- Gancho

• Entre os grandes “xiros” que podemos empregar figuran: - Temporais/cronolóxicos/vitais- Espaciais/xeográficos- Contido/temáticos

Page 19: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A FALA: LINGUAXE ORAL

• A forza informativa da pregunta directa: evitar as frases complexas e afastadas da linguaxe audiovisual. O sinxelo e directo concentra o interese informativo que, ademáis, debe apoiarse nunha correcta xerarquización do cuestionario (deseño de blocos, preguntas en cascada…)

• En relación coa orixinalidade, a profundidade e o interese/intensidade informativa, o cuestionario deber permitirnos “ir máis aló”: en lugar de preguntar por datos ou cifras que xa se coñecen a través do labor previo de documentación, débese buscar a interpretación e a análise. Por exemplo, en lugar de preguntar polo número de parados ou cantos enteiros subiu ou baixou a Bolsa, débese

plantexar se estamos no inicio dun desastre bursátil, á que se achaca o incremento do paro (mesmo coñecendo outras opinións preguntar que se está dicir que o paro aumenta por a, por b e por c, que se fará, por exemplo para paliar a e, a continuación, nunha segunda pregunta, plantexar que se fará respecto a b, etc.

• O cuestionario (preguntas): George Hills di que o entrevistador, diante do entrevistado, é o oínte invisible que está no seu fogar, mentras que para o espectador, o entrevistador é o seu representante. O entrevistador é un mediador entre os feitos, os protagonistas e a audiencia. García Jiménez di que, en ningún caso, o entrevistador debe ser un xuiz, nin un fiscal ou inquisidor; non é un compadre nin un cómplice; non é un simple e insensible notario; non é un confidente, nin un sacerdote nin un psiquiatra. É, sinxelamente, un informador e un comunicador.

• Débense evitar as consideradas preguntas difíciles (negativas…)

Page 20: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A FALA: LINGUAXE ORAL

Listaxe de consellos de redacción:

• Obxectivo informativo: contextualizar correctamente a actualidade (no caso da entrevista informativa) ou o perfil (entrevista de carácter). A hibridación só ten collida nas entrevistas en contexto magazine.

• Evitar as alusións temporais lonxanas e os tempos verbais en pasado, especialmente nas introduccións das entrevistas informativas/actualidade (evitar: a semana pasada, hai un mes…). Utilizar o presente ou o presente histórico que aproximan o tempo dos feitos.

• Nas presentacións, evitar expresións como “temos con nós…”, “contamos hoxe con”…

• Coidar especialmente os datos da presentación e tamén a cuestión de apertura (1ª pregunta ou arranque da conversa), tanto no fondo como na forma. Procúrase a forza informativa.

• Evitar a reiteración da estrutura contextualización-interrogación. A pesar dos raccords, os monólogos introductorios do xornalista adoitan rachar a conversa: búscase o diálogo e non a sucesión de monólogos. A regra das 3 “C”: preguntas claras, concisas e concretas.

• Traballar o ritmo da conversa: non se trata de “correr” senón que hai que vocalizar. O ritmo conséguese medindo correctamente o tempo entre pregunta e resposta: evitar os curtes bruscos (hai que deixar falar) pero evitar tamén as respostas demasiado longas (non “descansar” na personaxe para facer menos preguntas). Hai que saber medir o interese informativo das respostas.

Page 21: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

Listaxe de consellos de redacción (2)

• Evitar as “lanzadeiras” ou “comodíns” de arranque. Listaxe de cuestións a evitar (NON):- Cree que, opina que, considera que… + cuál es su opinión acerca de que…? + ¿Qué piensa acerca de que…? + ¿Qué es lo que…?- ¿Por qué cree que…? + ¿Qué cree que…? + ¿Por qué razón cree que…? + ¿A qué cree que se debe…? -¿Cuáles considera que son…? + ¿Cuál piensa que puede ser la razón por la que…?- ¿No cree que..? + ¿No es cie rto que…? + ¿No se siente…? + ¿No es así? + ¿No es cierto?- Cuéntenos + díganos + explíquenos…- Sobre a anterior, eliminar “algo + un pouco máis…”- ¿Qué siente? (só se permite ben contextualizado e interpretado)- ¿Cómo foi..? + ¿Qué tal foi…? + ¿Cómo vio…? + ¿Cómo ve…?- ¿Es esta…? + ¿Es esto…? + É a violencia de xénero…?- Medidas: ¿En qué media…? + ¿Qué medidas…?- Tal cousa OU tal outra (desdoblar en dúas preguntas)- Eliminar obviedades como: ¿de dónde surge la idea? + soños + recordos + influencias + que ten pensado facer? + Qué lle queda por facer? + Con quen che gustaría actuar + Con qué te quedarías…

• Evitar os personalismos coa primeira persoa de singular e plural: “me gustaría saber…/nos gustaría”

• Evitar reiterar o esquema: contextualización-interrogación (isto fomenta a sucesión de monólogos e resta diálogo e conversa)

• No peche evitar expresións como “non temos tempo para máis…” + “y a ustedes…/e a vostedes…”

• Neste sentido, evitar as preguntas xeralistas e superficiais que adoitan merecer unha “tese” doutoral como resposta. Perigo especial teñen as preguntas que suscitan unha “venta” política. Buscar a profundidade “desglosando” (cascada), interrelacionando, contextualizando e analizando os datos para plantexar, en lugar dunha pregunta ampla e xenérica que produce sensación de superficialidade, varias preguntas máis concretas, concisas e continuadas conformando bloque ou xerarquía secundaria dunha pregunta principal.

Page 22: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

A FALA: LINGUAXE ORAL

Heptálogo sobre as virtudes do redactor (según Selene Botero e Javier Darío Restrepo:

Botero, Selene y Restrepo, Javier Darío (1990): Periodismo diario en televisión. Medellín, El Propio Bolsillo

• Seguro• Claro• Oportuno (saber escoitar para saber preguntar)• Respetuoso (non servil)• Inspirar confianza• Coidar o tempo• Saber que o/os convidado/os é/son o/s protagonista/s• Non abusar de extensas presentacións nin despedidas

Escribimos para falar e improvisar: interpretar/comunicar

Page 23: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

LINGUAXE XESTUAL

A FORZA DA NATURALIDADE: CREDIBILIDADE E FORZA COMUNICATIVA

O valor da naturalidade: a “interpretación” comunicativa a prol da credibilidadeAdentrámonos no ámbito da comunicación persoal global entendida como a expresión integral do entrevistador. Trátase de traballar coa comunicación verbal e a non-verbal na procura da naturalidade como o grande reto comunicativo no que se sustenta a credibilidade do profesional. O entrevistador debe manifestarse como é, procurando evitar que a presenza das cámaras supoña unha influencia negativa na conversa. A naturalidade ten que vehicularse cara unha marca de estilo persoal (valor de marca) que debe ser acorde co estilo do formato, tendo en conta tamén o obxectivo informativo que se persegue e o contexto programático no que se enmarca (contido-continente-contedor). García Jiménez di que o interlocutor entrevistador debe saber controlar a súa expresión porque toda aparición diante dunha cámara de televisión supón unha actuación.

GARCÍA JIMÉNEZ, Jesús: Información audiovisual. Paraninfo. Madrid. 2000

“Un periodista oral, tanto si trabaja en radio como en TV, es siempre un actor. Puede que también escriba y, entonces, también es autor, pero fundamentalmente actúa. Los límites entre información y comunicación, entre ficción y realidad, son cada vez más difusos. Por eso, ser actor cada vez es más necesario para ser periodista de medios audiovisuales, por lo menos, si es de los que dan la cara y la voz. El personaje que interpreta el actor periodista de radio y Tv está basado en él mismo. Por eso, sirve para este trabajo quien saber ser él mismo”.

TUBAU, Iván: Periodismo oral. Hablar y escribir para radio y televisión. Paidós. Barcelona. 1993

Page 24: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

Xéneros dialóxicos informativos en TV

Retórica dialóxica e discurso televisivo

NATURALIDADE INTERPRETACIÓN-COMUNICACIÓN (ACTORES)

NATURALIDADE-CREDIBILIDADE (é mellor facer unha boa lectura que unha mala memorización)

LINGUAXE ORAL E XESTUAL: FORZA INFORMATIVA E FORZA COMUNICATIVA

APARIENCIA (VESTIARIO/MAQUILLAXE/PERRUQUERÍA)

INTERIORIZACIÓN DO GUIÓN E CONCENTRACIÓN:O CONTROL DOS NERVIOS E DA INFORMACIÓN

“El miedo escénico es inevitable pero cuando consigues controlar sus síntomas (tartamudeo, comienzo Atropellado, temblor de la voz, pérdida de la memoria…) incluso es positivoporque el aumento de adrenalina que produce sirve de estímulo para mejorar el rendimiento. Su control es cuestión de

preparación, de concentración y de práctica” (OLGA VIZA Y BALTASAR MAGRO, entre otros)

FORZA

“El cuerpo, aunque no nos demoscuenta, simpre proporciona infor-mación. La actitud, el gesto, las manos, la mirada, la postura, la vestimenta… envían información

al público” (Olga Viza)

Page 25: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

LINGUAXE XESTUAL

Consellos de Jesús García Jiménez: Información audiovisual. Paraninfo. Madrid. 2000 e de Iván Tubau: Periodismo oral. Hablar y escribir para radio y televisión. Paidós. Barcelona. 1993

• A VOZ: Vocalizar e coidar a voz: o ton, o timbre, o ritmo…

• O ROSTRO (linguaxe facial): Evitar xestos que distraian como mover as cellas, contorsións da cara e da lingua, “tics” físicos, asentimentos reiterados coa cabeza ou “tics” verbais (si, mm…, xa vexo…, xa, xa…, moi ben…, vale…,eh…, etc. (non respostar ao “pinganillo”).

• A MIRADA: Débese manter permanentemente o contacto visual co convidado (ollo-ollo). Evitar “refuxiarse” nos papeis/ordenador-tablet mentras o convidado fala e nos pensamos na pregunta que faremos a continuación (o principal perigo son os asentimentos, evitalos). Evitar “perder” a mirada nos laterais, cara arriba ou cara abaixo mentras “pensamos”. Lémbrese que sí está permitido facer lecturas en determinados momentos e coa interpretación correspondente. Neste caso, recoméndase matizar a lectura pero non dramatizar. Durante a conversa, sen embargo debe

manterse só o contacto visual co convidado en actitude de “saber escoitar”. Lémbrese, tamén, que o entrevistador só debe abandonar o contacto visual co convidado sempre que se dirixa á audiencia coa que deberá manter o contacto visual a través do obxectivo da cámara (ollo-obxectivo cámara), ou en ocasións puntuais na conversa (paso a VTR, publicidade…).

• O SORRISO: coidado coas expresións “inexpresivas” ou que restan naturalidade. Evitar a pose do permanente sorriso forzado.

Tanto a voz como o rostro reforzan o seu nivel comunicativo coas mans e o corpo.

Page 26: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

LINGUAXE XESTUAL

• AS MANS: Os movementos das mans pode imprimir grandes doses de comunicación corporal. As mans deben estar permanentemente visibles (enriba da mesa,…). Par un mellor manexo das mans, o entrevistador pode recurrir a un bolígrafo e mesmo aos papeis/ordenador-tablet sen que iso signifique “sentarse” nestes instrumentos que deben collerse correctamente.

Entrevista a Mercedes Milá: “P: Usted creó la comunicación táctil en las entrevistas televisivas con muy buenos resultados. ¿Se ha tenido que reprimir alguna vez o ha sentido rechazo a su acción de tocar al personaje?R.: Me he tenido que reprimir desde el momento en que algunos espectadores creían que lo hacía forzadamente. Es una pena, porque el tacto ayuda a la cercanía y a mí me sale de forma totalmente natural”. + REPETIR DVD inicio Julia Otero

Page 27: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

LINGUAXE XESTUAL

• Afondando no uso dos PAPEIS, é convinte que o presentador leve preguntas escritas de xeito que non dea a sensación de demasiada aparatosidade no manexo do guión (carpetas, cuartiñas…), xa que o labor de documentación debe integrarse perfectamente na pregunta que se formula. Tubau defende que os verdadeiros comunicadores son os que saben dicir un texto previamente memorizado como se o estiveran improvisando: os papeis están ahí –nas mans do presentador ou na mesa- para un emprego ocasional: é preciso saber facer unha boa lectura levantando a vista de cando en vez- que unha mala improvisación. O que cómpre é saber “botar unha ollada” aos papeis sen perder o contacto visual (como di Carrascal: “echar una ojeada a los folios es una comedia que pertenece al ceremonial de la tele”). Ás veces débense empregar as mans para conducir unha entrevista creando un código que previamente coñecen os membros do equipo e que deberemos indicar ao convidado (por exemplo: podemos dicirlle que cando ergamos o dedo índice levemente indicámoslle que debe cortar a súa intervención…). Estas recomendacións son trasladables ao uso de ordenador/tablet…

• O CORPO: A naturalidade coa que se debe comunicar obriga ao presentador a evitar os extremos que resultan incómodos para o espectador. Nin a excesiva xesticulación nin a rixidez ou a absoluta falta de expresividade son recomendables. A imparcialidade e a separación entre información e opinión por parte do entrevistado tamén ten que quedar patente na linguaxe xestual. O presentador debe saber moverse, non só as mans, tamén o tronco e o corpo enteiro, de novo nun equilibrio, sin demasiados excesos para non dificultar o traballo do realizador, pero o suficiente para non parecer inmobeis. Para manter unha boa postura corporal é preciso controlar a altura da mesa e as posturas sobre como sentarnos en sofás, sillas abertas, etc.

• SABER RECTIFICAR OS ERROS: en directo, o presentador debe manter a compostura, pedir disculpas ao público se é necesario e continuar. A naturalidade será vital.

Page 28: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

O ENTORNO

A escenografía e a imaxe persoal (vestiario e perruquería)

Débese cuidar a parte exterior e o atuendo, di García Jiménez, en sintonía coa escenografía que, á súa vez, dependerá do contexto informativo do programa (contido-continente-contedor). De novo a NATURALIDADE será a base fundamental sobre a que asentar a imaxe persoal do presentador xa que nin a maquillaxe, nin a perruquería nin o vestiario lle deben restar personalidade e estilo propio:• Evitar vestiarios excesivamente chamativos ou que choquen cos fondos escenográficos do plató (por exemplo, negro no Plató 1). Son tamén desaconsellables as raias e os cadros miúdos.• Coidado cos complementos: condicionan a temporalidade e poden producir problemas técnicos ademáis dun desaconsellable efecto sobre a finalidade informativa.• A maquillaxe debe ser natural pero estar presente: as bolsas nos ollos, a palidez…, amplificadas pola iluminación que “come” a cor natural da pel, restan capacidade comunicativa ao rostro que precisa dun reforzo.• Do uso das gafas di Tubau que algúns rostros gañan nivel comunicativo con elas e, sabendo manexalas, poden dar un vistoso xogo visual (como Gilda co guante).• O presentador debe buscar elementos que lle permitan sentirse cómodo no set.• Di Iván Tubau: “todos somos guapos-tú puedes salir en la tele”´. Non é preciso ser modelo de alta costura para facer xornalismo en televisión. Todos sirven se parecen persoas e non bonecos. A beleza procede do interior, está condicionada pola personalidade e transmítese a través da NATURALIDADE e con PROFESIONALIDADE.

Page 29: Géneros televisivos

Xéneros Televisivos

O ENTORNO

Serenidade fronte a nervos: as alertas da inquedanza

Unha das principais características que deben cumprir os presentadores é aparentar SERENIDADE a pesar de todo: a pesar das présas de última hora en pechar o guión, a pesar da tardanza do convidado que nos fixo sospeitar dun “plante”, a pesar do retraso na maquillaxe, a pesar de que feitos de última hora nos obriguen a “levantar” o guión ou a escaleta, a pesar dun posible choque entre os convidados, a pesar de que dous minutos antes de entrar haxa un grave fallo técnico (micrófonos, sinal…), a pesar de que estale un foco no plató,… e a pesar, en fin, de que teñamos a sensación de estar en branco, de que nos falte a respiración, de que a voz non sae e de que mans e pernas treman. OS NERVOS NON SE DEBEN NOTAR … PERO TEÑEN QUE ESTAR!!!

Ese estado de ansiedade previa, esa sensación de salto ao vacío sen rede, esas bolboretas no estómago fannos sentir alerta, a adrenalina sobe e iso permítenos estar ao 200% cunha forza interior que transmitir (sen desbocar) e que contribuirá á nosa concentración na información e no entorno que debemos saber manexar… e tranquilizar, mesmo, aos convidados (PÁXINA 17).

Contra os nervos insufla, solta a pouquiños e… NO AIRE… CON FORZA!!!