gaÑamos o premio polo traballo na a21eg
DESCRIPTION
GAÑAMOS O PREMIO POLO TRABALLO NA A21EGTRANSCRIPT
GAÑAMOS UN PREMIO DE 1.200 EUROS POLA NOSA
PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DA A21EG CUN PROXECTO TITULADO “VIVE AS TÚAS
EMOCIÓNS”
Entre as cousas que fixemos están estas que seguen:
-Construímos un mapa emocional cos nen@s de 6º de Ed. Primaria.
-Participamos na actividade “o alumnado é o protagonista”
-Algúns mestr@s presentamos unha comunicación relacionada coa elaboración do mapa emocional nas Xornadas de Formación do profesorado, a cal se vai publicar nun libro.
-Fixemos xabón a partir de aceite usado.
E estas son algunhas das imaxes que representan as cousas que fixemos:
Este é o noso póster nas Xornadas:
Esta é a comunicación que se publicará proximamente:
“Emocionámonos no entorno: O noso mapa emocional”
Silvia Folgueira Puente
Mª Elena Peteiro Cancelo
Vicente Vázquez Arias
C.E.P. PILAR MAESTÚ SIERRA
“Aprender a coñecer e a saber pero tamén a ser eles mesm@s e a convivir
c@s demais” é o obxectivo fundamental da nosa escola, por iso deseñamos e
desenvolvemos actividades que contribúan á formación de nen@s que se coñezan e
respecten a sí mesm@s e @s demais, e que coñezan e respecten o medio no que viven.
Unha escola que educa para a sostibilidade ten vontade de ser transformadora, e
aposta por cambiar estilos de SENTIR, de PENSAR e de ACTUAR. Implica prantexar
no alumnado a EMOCIÓN de facer preguntas ao mundo e atopar respostas para o
mundo. Darlle FERRAMENTAS que lle permitan cambiar a súa forma de PENSAR
o mundo para cambiar a súa forma de ACTUAR no mundo. O mapa emocional ben
a ser o resultado das diferentes formas de sentir e actuar nos diferentes espazos naturais
que analizamos.
INTRODUCIÓN:
Por que facer un mapa emocional na escola? Con que finalidade?
Para poder dar resposta ao obxectivo fundamental da nosa escola tal e como
citábamos ao principio, como fin último na realización das aprendizaxes emocionais e
perfectamente interrelacionadas coas aprendizaxes ambientais.
Dende o primeiro momento en que na escola pensamos formar parte do
proxecto da Axenda 21 Escolar Galega fixémolo coa idea de que este proxecto tiña que
ser un proxecto de centro que permitise establecer unha interrelación cos outros
programas en que estamos a traballar e todo elo para dar resposta ao principio básico da
A21EG. Tratamos de pór en relación o traballo da Intelixencia Emocional que
estabamos a desenvolver nas sesións de titoría co traballo da sostibilidade e do
desenvolvemento sostible na escola e no medio que nos rodea.
Pero ademais pensábamos que o traballo na escola debe empezar a basearse nun
traballo multidisciplinar baseado na metodoloxía por proxectos e onde o alumnado é o
protagonista da propia aprendizaxe pero sempre sen deixar de lado a importante
contribución que calquera aprendizaxe ten que ter na consecución ou logro das
competencias básicas propias da etapa e ciclo no que o alumnado se encontra
escolarizado. Dende esta perspectiva a elaboración do mapa emocional constitúe un
traballo multidisciplinar que estivo presente nos traballos realizados nas áreas de
Coñecemento do medio, o que nos permitiu reflexionar sobre lugares relevantes dende
o punto de vista natural e cultural así como nun maior coñecemento da nosa localidade
polo que de novedoso nos aportou esta nova visión, tamén dende a área de Educación
Artística, onde traballamos na decisión de cómo podíamos representar plasticamente as
emocións así como atopar o mellor xeito en que podíamos representar da maneira mais
clara os diferentes lugares que visitamos para a experimentación das emocións que
sentimos e vivimos en cada un deses lugares, tamén compre non esquecer o traballo
realizado dende a área de Educación Musical na procura das melodías mais acaidas
para as diferentes actividades que realizamos de recoñecemento das emocións. Para
rematar, e como xa resulta evidente, compre tamén salientar o traballo desenvolto na
área de Lingua, especialmente no que atinxe á Expresión Escrita e Oral para asi
podermos facer mais doada a explicación das emocións percibidas.
Con esta perspectiva interdisciplinar entendemos que a elaboración do mapa
emocional contribúe de forma clara á adquisición das competencias básicas que se
relacionan na descritiva desta experiencia pero que serían fundamentalmente:
Comunicación lingüística, Coñecemento e Interacción co mundo físico, Social e cidadá
e Autonomía e iniciativa persoal.
Dende este punto de vista o mapa emocional plasma as diferentes emocións que
vivimos e que determinan a relación que cadaquén establece co medio que o rodea, e as
súas reflexións posteriores.
Pretende facer visible aquilo que resulta invisible, incluso para nós mesmos en
ocasións, como son as emocións que vivimos e experimentamos ao longo dun paseo
polo medio natural. Supón tamén o descubrimento e a aceptación das diferenzas que
poden xurdir entre nós a partir distintas emocións vividas por cadaquén nun mesmo
lugar.
DESENVOLVEMENTO DA EXPERIENCIA:
Esta experiencia comeza a desenvolverse no curso escolar 2008-2009 cando
empezamos a traballar a identificación de emocións e sentimentos nas sesións de titoría,
mediante as actividades enmarcadas no Plan de Acción Titorial. Para poder recoñecer as
emocións que estamos a vivir nun determinado medio natural é preciso en primeiro
lugar a identificación das emocións básicas para posteriormente recoñecelas en calquera
situación nas que experimentemos algunha delas.
Para explicar como se levou a cabo o proceso de realización do mapa emocional
establecemos en primeiro lugar unha serie de obxectivos que se desenvolverán a
continuación, sendo o fin último destes como centro, que “@s nen@s aprendan a ser
eles mesm@s, e a convivir cos demais, pero tamén a saber e a coñecer”. En segundo
lugar describiremos paso a paso como se levou a cabo o proceso de realización das
actividades previas e de elaboración propiamente dita do mapa emocional.
Obxectivos:
☺ Participativo:
- Fomentar a participación activa d@s nen@s, convertendose el@s nos
protagonistas das actividades levadas a cabo en diferentes situacións de
aprendizaxe que permitirán a elaboración do mapa emocional.
- Coñecer e sentir o seu entorno próximo e trasladar estas experiencias a unha
representación gráfica desa realidade.
☺ Organizativo: Enfocar o mapa emocional como resultado do traballo
realizado nos ámbitos da intelixencia emocional e da educación ambiental incluídos nas
diferentes programacións do centro.
☺ Curricular: Integrar nesta actividade nos diferentes proxectos de centro
(P.A.T, TICs e Programacións de Aula)
☺ Contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas de Comunicación
lingüística, Coñecemento e interacción co mundo físico, Social e cidadá e Autonomía e
iniciativa persoal:
Organizar e autorregular o pensamento, as emocións e a conduta (Competencia
en comunicación lingüística)
Interiorizar os elementos clave da calidade de vida das persoas (Competencia en
coñecemento e interacción do mundo físico)
Ser capaz de poñerse no lugar d@ outr@ e comprender o seu punto de vista
aínda que sexa diferente ao propio (Competencia Social e Cidadá)
Desenvolver valores e actitudes persoais relacionadas co coñecemento de sí
mesm@, autocrítica e autoestima, responsabilidade, actitude positiva diante dos
cambios… (Competencia en Autonomía e Iniciativa persoal).
DESCRICIÓN DA EXPERIENCIA:
Para describir paso a paso como se foi desenvolvendo o proceso que nos levou
ao resultado que agora presentamos, realizamos actividades de varios tipos que imos
dividir en tres apartados fundamentais:
1. Actividades previas de traballo de aula
2. Actividades dirixidas á recopilación de datos para o mapa emocional
3. Actividades para o procesamento da información e representación plástica
de todo o recollido no que chamamos o MAPA EMOCIONAL.
A continuación explicaremos polo miudo todas e cada unha das actividades
realizadas en cada un dos grupos anteriores:
1. Actividades previas de traballo de aula:
Estas actividades de traballos previos da aula realízanse nas sesións semanais de
titoria que cada titor/a ten na súa aula, e que forman parte das actividades deseñadas
polo Departamento de Orientación do centro dentro do Plan de Acción Titorial, onde
traballamos de forma exhaustiva a identificación de emocións e sentimentos nun
primeiro momento despois dun traballo anterior onde buscábamos a valoración axeitada
dun mesm@.
As actividades de identificación de emocións seguiron o seguinte proceso:
primeiro fomos plantexando cada emoción básica por separado, traballando as seis
emocións básicas (tanto positivas como negativas): ledicia, tristura, medo, sorpresa,
amor, rabia. Para iso cada emoción se presentou cunha situación en forma de cómic na
que era necesario chegar a identificación da emoción que sentían eses personaxes nesa
situación, buscamos outras situacións similares nas que se puidese sentir esa mesma
emoción, achegando deste xeito as emocións ás vivencias persoais e cotiás do noso
alumnado. Despois deste primeiro proceso con cada unha das seis escollidas, utilizamos
fotografías e imaxes que representaban diferentes emocións para a identificación da que
podíamos observar en devandita imaxe. Intentamos pór diferente expresión en función
da emoción… E así algunhas
actividades máis que se
atopan recollidas no Plan de
Acción Titorial do C.E.P
Pilar Maestú Sierra.
Actividades para
debuxar emocións e asignar
cores coas que poderíamos
representar unha determinada
emoción. Neste aspecto @s
nen@s debuxan as emocións
a través de situacións que a provocarían e tamén debuxan a palabra da emoción
representándoa do xeito que ao vela xere na persoa que a observa esa emoción
Estes son algúns dos debuxos mais representa-tivos das emocións feitos pol@s
nen@s de 2º curso do 3º ciclo do C.E.P. Pilar Maestú Sierra.
Ademais asignamos unha cor a cada unha das emocións básicas. Cada nen@
escolleu unha cor para cada emoción, o que nos servirá para facer a representación
plástica das mesmas no propio mapa emocional. Despois disto, e como o que fixemos
foi un mapa emocional de toda a clase, recollemos as cores que foron asignando e
fixemos un reconto final que quedou como segue:
Emoción Cor asignada
LEDICIA Verde
TRISTURA Violeta
RABIA Azul
MEDO Negro
AMOR Vermello
SORPRESA Amarelo
Despois disto traballamos tamén na aula cada unha das emocións e cales son os
adxectivos que @s nen@s aplicaban a cada unha das emocións que podemos sentir.
Cada nen@ na aula sinalaba que adxectivos lle poderían aplicar. Despois disto e
insistindo na idea dun traballo en grupo seleccionamos cales foron os adxectivos máis
escollidos e que posteriormente servirán para identificar mellor a emoción que vivirán
ou sentirán en calquera situación que se lles presente.
Ao final quedounos a seguinte relación de emocións cos correspondentes
adxectivos e que será a que levará cada un d@s nen@s na visita polos diferentes lugares
nos que terá que anotar as emocións vividas en cada un:
LEDICIA: Entusiasmado, atrevido, fascinado, encantado, divertido, xoguetón
TRISTURA: So, desagrazado, avergonzado, tímido, culpable, deprimido.
RABIA: Dañino, furioso, celoso, egoísta, enfadado, irritado
MEDO: Abandonado, Confuso, desanimado, débil, inseguro, ansioso.
AMOR: Tenro, intimo, responsable,cariñoso, agradecido, contento
SORPRESA: Animado, divertido, fascinado, agradecido, contento, valioso
2. Actividades dirixidas á recopilación de datos para o mapa emocional:
A última actividade antes de chegar á elaboración propiamente dita do mapa
emocional foi a toma de decisións sobre cales ían ser os sitios que íamos visitar para
ver que emocións sentiríamos neles. Para iso escollemos lugares que fosen desde o
punto de vista d@s nen@s sitios coñecidos que transmitisen emocións positivas e
emocións negativas, é dicir lugares que consideraban bonitos e lugares que
considerarían desagradables. Esta toma de decisións levounos a visitar seis lugares do
Concello da Pobra do Caramiñal, como foron: A escola, dúas fábricas abandonadas a
carón do mar en proceso de desmatelamento, o Mirador do Curotiña que é un dos
lugares máis fermosos dende onde se pode divisar toda a ría de Arousa, a
Depuradora, e a Ponte dos patos e o Paseo do Rodel situado ao carón do río Lérez.
Nesta visita que realizamos en varios días as nenas e nenos de 2º curso do 3º ciclo de
Educación primaria foron escollendo cales eran as emocións que sentían en cada un
deses lugares, primeiro sinalando os adxectivos (porque resultáballes máis sinxelo
recoñecer despois a que emoción se refería) e despois sinalando algunha emoción das
básicas reflectidas máis arriba e cun máximo de dúas en cada lugar.
Unha vez rematadas estas visitas voltamos á clase e nela fixemos un reconto das
emocións de cada lugar que nos serviría para despois representar as emocións vividas
en cada lugar mediante pirámides de diferentes tamaños que expresaban a cantidade de
persoas que sentiran esa emoción. Así fixemos pirámides de tamaño moi grande,
grande, mediano e pequeño.
Ademais cada un d@s nen@s escribía as razóns polas que escollera dita
emoción, isto é cales eran os porqués de sentir dita emoción. Isto tamén o recollemos
nun cadro para despois construír o noso mapa emocional da clase.
3. Actividades para o procesamento da información e representación
plástica de todo o recollido no que chamamos o MAPA EMOCIONAL.
E este foi o resultado do mapa emocional do alumnado de 2º curso de 3º ciclo
de Educación Primaria, despois dun percorrido ambiental no entorno no que viven e se
desenvolven de forma cotiá:
Na parte superior representamos nun mapa do concello da Pobra do Caramiñal
os diferentes lugares que visitamos e nos que sentimos e vivimos emocións ben
diferentes. Na parte de abaixo do mapa construímos unha maqueta que reflectiría os
diferentes lugares que visitamos como se fosen vistos dende arriba na súa posición
xeográfica. Trátase dun traballo plástico realizado dende a área de Educación artística
na que @s nen@s coa axuda do seu mestre fixeron os diferentes elementos que
compoñen esta maqueta. Cada unha das pirámides que aparece en cada un dos lugares
representa as diferentes emocións sentidas pol@s nen@s en cada un deses sitios.
Nunha presentación power-point acompáñase este mapa coa explicación de por
qué escolleron cada unha desas emoción neses sitios concretos.
Este é o resultado gráfico dun traballo minucioso realizado durante todo o curso
pol@s nen@s do noso Centro.
CONCLUSIÓNS.
Chegar a definir entre tod@s como íamos darlle forma á construcción dun Mapa
Emocional foi unha tarefa dificil e mesmo complicada, pois ainda que tiñamos as ideas
de como podería ser, non foi sinxelo chegar a tomar as decisións oportunas para a súa
plasmación. Fundamentalmente porque, despois do prantexamente inicial, era necesario
que o alumnado, coa nosa axuda nos casos que foi necesario, debatera moito sobre as
tarefas que habería que facer como complemento das xa realizadas nas sesións de titoría
dende o pasado curso, sobre identificación e representación de emocións. Foi, sen
dúbida, un proceso lento pero que resultou moi interesante e motivador.
O desenvolvemento da actividade tamén resultou especialmente interesante e co
alumnado amosando unha motivación superior á que presentan no traballo regular da
escola. E como é obvio, non foron so @s nen@s quen se sentiron así, senón que nos
mesm@s, tamén adquirimos unha maior conciencia de algo que acontece de xeito
cotián pero que, nas mais das veces, pasa desapercibido. Despois deste traballo somos
moito mais conscentes do cambio de emocións sentidas e vividas segundo as
circunstancias ou lugares nos que nos atopemos, e de que percibimos estados de ánimo
diferentes que poden ir mudando en función do lugar ou dos diferentes espazos dun
mesmo lugar.
Elaborar un Mapa Emocional de grupo no que se reflicten as respostas
emocionais do conxunto de participantes supón que as actividades propias para a súa
realización enmárcanse claramente dentro dunha metodoloxía de traballo participativa e
cooperativa, onde o obxectivo final é un obxectivo de grupo, e onde o éxito ou non do
proceso, isto é, acadar ou non o obxectivo plantexado vai depender de xeito
inequívoco das aportacións de todos e cada un dos membros do grupo.
O reto que afrontabamos era a elaboración dun Mapa Emocional de grupo como
primeiro paso necesario para a consecución a medio prazo da realización dos Mapas
Emocionais individuais de todos e cada un dos nenos e nenas de 2º e 3º Ciclos do noso
centro.
En definitiva, o MAPA EMOCIONAL é o resultado dun traballo desenvolto ao
longo de dous cursos académicos, traballando sobre a identificación e representación
das emocións e trasladando esas aprendizaxes é educacióm ambiental, tentando
descubrir e plasmar graficamente a repercusión que ten o medio natural na vivencia de
diferentes emocións.
Cadreche, maio 2010