galicia

6
QUE É UNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA? Unha Comunidade Autónoma é un territorio que ten unhas características comúns: a súa historia, as súas tradicións... e, nalgúns casos, unha lingua propia ademais do castelán. Tamén ten unha organización propia con capacidade para decidir sobre algúns aspectos con autonomía.

Upload: gorecho

Post on 03-Jul-2015

441 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

QUE É UNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA?

Unha Comunidade Autónoma é

un territorio que ten unhas

características comúns: a súa

historia, as súas tradicións... e,

nalgúns casos, unha lingua

propia ademais do castelán.

Tamén ten unha organización

propia con capacidade para

decidir sobre algúns aspectos

con autonomía.

AS COMUNIDADES AUTÓNOMASAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

En España hai 17 comunidades autónomas e dúas cidades

autónomas. Algunhas están formadas por unha soa provincia,

como por exemplo a Rexión de Murcia e outras compóñense de

varias provincias, como por exemplo Andalucía.

GALICIAGALICIAGalicia é a nosa Comunidade Autónoma e

ten catro provincias: A Coruña, Lugo,

Ourense e Pontevedra. As linguas oficiais de

Galicia son o galego e o castelán.

Galicia ten un Estatuto de Autonomía, que

é a lei máis importante de cada

Comunidade Autónoma.

OS SÍMBOLOS DE GALICIAOS SÍMBOLOS DE GALICIAGalicia ten uns símbolos que a identifican e que

son:

• A bandeira: é un rectángulo de cor branca

cunha franxa azul diagonal.

• O escudo: ten un cáliz dourado, unha hostia e

sete cruces prateadas sobre fondo azul.

Complétase na parte superior cunha coroa real.

O himno é un poema de Eduardo Pondal con

música de Pascual Veiga.

O 25 de xullo celébrase o Día de Galicia.

INSTITUCIÓNS DA COMUNIDADE INSTITUCIÓNS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIAAUTÓNOMA DE GALICIA

As institucións de goberno da nosa

Comunidade son o Parlamento de Galicia e

a Xunta de Galicia.

Dúas das funcións do Parlamento son:

➢ Elaborar as leis propias da Comunidade.

➢ Elixir o Presidente da Xunta.

O Presidente e os Conselleiros forman a

Xunta de Galicia, que se encarga do

goberno da Comunidade.

TRADICIÓNS DE GALICIATRADICIÓNS DE GALICIAA gastronomía, a artesanía e os bailes son algunhas tradicións da Comunidade.

A gastronomía é o conxunto de comidas típicas coma o polbo, a empanada, o marisco ou o lacón con grelos.

A artesanía é a elaboración á man ou con máquinas sinxelas de diferentes produtos (cerámica, encaixes, cestos, zocos...)

A música e os bailes conforman o folclore de Galicia (muiñeira, ribeirá, danzas de espadas...) Estes bailes realízanse con traxes típicos e coa gaita, instrumento típico galego.