galego

17

Upload: esperanza-vazquez-dopico

Post on 06-Jul-2015

254 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Galego
Page 2: Galego

Introdución

Unha lingua é moito máis que unas cantaspalabras xuntas. É un aspecto da cultura moiimportante que une a moitas persoas parapoder comunicarse. Cada idioma ten unhascaracterísticas, palabras, frases, ditos…moitasveces pequenos detalles únicos do lugar quefan que sexa moi especial para a xente queforma parte del posto que unhalingua, ademais de unir , identifica a un grupode xente cunha cultura e cuns costumespropios.

Page 3: Galego

Quixen coñecer, de primeira man, as diferentesvisións que da nosa lingua teñen persoas dediferentes idades.

Para acadar este obxectivo realicei unha enquisamoi concreta sobre aspectos básicos da nosafala.

Page 4: Galego

Enquisa 1 (rapaza de 14 anos)

• Qué é para ti o galego?

O galego para min é a nosa lingua propia que se debefalar tanto en ambientes familiares como ensociais, que hai que conservalo porque senón se vaiperde.

• Falas habitualmente galego? Porque?

Non, porque é máis sinxelo falar castelán e como émaioritario por iso o falo. Só falo galego na clase delingua galega e coa xente que me fala galego.

Page 5: Galego

• Que pasaría se desaparecera da túa vida ogalego?

Nada.

• Consideras o galego como unha lingua inferior nasociedade?

Non, porque todas as linguas as considero iguaisaínda que no pasado se consideraba inferior polaxente que o empregaba.

• Que cre que deberiamos facer para que o galegoestivera máis presente nas nosas vidas?

Facer o esforzo por falalo.

Page 6: Galego

Enquisa 2 (xove de 18 anos)

• Qué é para ti o galego?É o símbolo propio da nosa cultura que se vaitransmitindo dende a antigüidade ata o día dehoxe, facéndonos a nós especiais por telo.

• Falas habitualmente galego? Porque?Depende do ambiente no que me atope. No ambientefamiliar faloo a cotío, pois é a lingua na que se dirixen amin ao igual que o falo se outra persoa me fala nel.Mais no día a día, cos meus amigos e entorno, utilizo ocastelán pois é a lingua maioritariamente empregada.

Page 7: Galego

• Que pasaría se desaparecera da túa vida o galego?

Sería como a desaparición dunha parte da miña historia pois semiro atrás moitos dos momentos máis especiais para min estánnarrados nesta lingua.

• Consideras o galego como unha lingua inferior na sociedade?

Lamentando moito a resposta,e nos tempos que estamos avivir, debo responder cun si pois os que formamos a sociedadesomos quenes o facemos inferior poñendo en superioridade aocastelán.

• Que cre que deberiamos facer para que o galego estivera máispresente nas nosas vidas?

Darlle a importancia que merece na sociedade,que sexa igual deutilizada que o castelán sen obter como resposta unha cara dedesconcerto ao empregalo en público .

Page 8: Galego

Enquisa 3 (adulto de 45 anos)

• Qué é para ti o galego?Para min o galego é todo: a miña lingua, amiña identidade, o meu existir, os meussentimentos, a miña cultura…é todo.

• Falas habitualmente galego? Porque?Faloo sempre porque é a miña lingua nai eporque é coa que sei e quero expresarme erelacionarme coa xente. Noutra lingua nonpodería facelo de igual maneira.

Page 9: Galego

• Que pasaría se desaparecerá da túa vida o galego?

Morrería unha parte moi importante de min e nonquero nin poido imaxinalo.

. Consideras o galego como unha lingua inferior nasociedade?

Eu non a considero pero tristemente hai moita xenteque así o pensa e a despreza. Hai grande cantidadede autoodio os propios galegos desprezamos eodiamos o que nos representa e iso é o máis tristeque lle pode pasar a un pobo.

Page 10: Galego

• Que cre que deberiamos facer para que ogalego estivera máis presente nas nosas vidas?

Deberiamos tentar falalo dándolle aimportancia que ten como lingua propia donoso país e mantendo unha política lingüísticadende que nacemos orientada a aprender eutilizar o galego con normalidade na nosa vidacotiá, cos amigos, na rúa, na escola, en todos osmomentos da nosa vida.

Page 11: Galego

Unha vez realizadas as entrevistas ás diferentespersoas cabe destacar o papel tan importante queten a idade cara ao compromiso coa nosa lingua.

Se votamos a vista atrás vemos que os nosos avósfalaban a meirande parte na nosa lingua galegaposto que era a mellor para expresarse e aúnica, en moitos casos, que sabían. Polo tantonótase ese agarimo tan profundo que sinten polasúa lingua, identificándoa como algo moiimportante da súa persoa e que superontransmitir aos seus fillos e fillas.

Page 12: Galego

A seguinte xeración formada polos nosos pais estácomposta por algunhas persoas que seguen a falala eoutras que xa decidiron cambiarse ao castelán porconsiderala unha lingua de maior prestixo social.Nembergantes, na actualidade, a xeración de xoves edos máis pequenos está formada por persoas que nonfalan case nunca galego porque podemos dicir que haipouco respaldo nos diferentes ámbitos que forman odía a día e pouco apoio do goberno actual da Xunta deGaliza, producindo un rexeitamento da lingua galegaco cal, pouco a pouco, estamos acabando con ela.

Page 13: Galego

Pola contra, existen institucións, asociacións eorganizacións con diferentes finalidades e ideoloxíasque teñen como bandeira o uso da nosa queridalingua galega en todos os ámbitos posibles da nosavida como no teatro, na escola, no xornal, nos librosde educación….O seu nivel de compromiso non semanifesta en todas por igual pero cada unha aporta oseu grao de area na revolución que, día a día, temosque manter viva para conseguir frear o descenso degalegofalantes e tentar recuperar o uso cotiá dogalego.

Page 14: Galego

Estes son algúns enlaces que me pareceron interesantes:

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/

http://www.blogoteca.com/cenlf/

http://www.realacademiagalega.org/

http://www.amesanl.org/

http://asociacionmedulio.blogspot.com.es/2012/11/proximas-actividades-programadas.html

Page 15: Galego

“Desengánate, non estás ti so. Falar, escribir e ler na túa lingua galegaé unha revolución que navega silenciosa nesas historias que estánna túa mente e saen ao mundo cando te expresas.

Pero veña, atrévete, fai dela estrondo. Abandona o teumedo, participa, comparte e deixa de ser invisible porque hai máisxente coma ti. Somos milleiros as persoas que amamos a nosalingua. Por iso esta revolución é imparable, non ten fronteiras ninlímites agás a túa vontade de formar parte dela.Veña, anímate, atrévete e compártea.”

Todos xuntos faremos unha revolución imparable como ben dixo axove escritora galega Rosa Aneiros.

Bule!

Page 16: Galego

Carta para a nosa lingua

Non che falo, é verdade. Pero sinto que algún día o fareiporque es importante para min e para a miña cultura e porque non queroperderte.

Gústame escoitarte nos máis pequenos, nos maiores, nos que che falan perfecto eata nos que poñen todo o seu empeño e esforzo tan só por intentalo.

Tes algo que fai que sexas capaz de transmitir dozura, ledicia e agarimo en cadapalabra ou son que que ti expresas.

Es único e elegante e ,sobre todo, es moi forte por sobrevivir tantos anos a pesardos malos momentos que pasaches na túa existencia e por resistir todos oscomentarios dos ignorantes que pensan que es inferior á lingua que eles falan.

Resiste amigo, todo vai a saír ben. Desexo e espero que en breves todos nosdeamos conta de que es moito máis ca lingua do noso país.

Polo tanto todos unidos e xuntos imos loitar por ti porque aínda que ás veces nono pareza, querémoste.

Page 17: Galego

TRABALLO REALIZADO POR:

ESPERANZA VÁZQUEZ DOPICO