galegas ilustres

12
TEMPO DE MULLERES MULLERES NO TEMPO 8 DE MARZO – DÍA DA MULLER TRABALLADORA Normal i zación Lingüís tica e Bibliot eca do CE P Cespón

Upload: fiz

Post on 13-Jan-2015

2.823 views

Category:

Entertainment & Humor


6 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Galegas  Ilustres

TEMPO DE MULLERES MULLERES NO TEMPO

8 DE MARZO – DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Nor

mal

izac

ión

Ling

üíst

ica

e

Bibl

iote

ca d

o CE

P

Cesp

ón

Page 2: Galegas  Ilustres

Nacida en 1880 na Coruña. Foi constante na dedicación á educación e instrución, á renovación educativa, á defensa dos dereitos das mulleres, á xustiza, liberdade, ao progreso,… Cursou a carreira de Maxisterio na Escola Normal de A Coruña. Puxo en marcha numerosas iniciativas de carácter pedagóxico. Alcanzou enorme prestixio polos seus métodos renovadores. Foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres e traballou pola súa emancipación social, cultural e profesional. Morreu no ano 1970.

Pioneira da renovación pedagóxica no primeiro terzo do século XX

María Barbeito

Page 3: Galegas  Ilustres

Emilia Pardo Bazán

Unha muller que viviu e loitou como muller nun mundo de homes

Emilia Pardo Bazán nace na Coruña. Estuda no Colexio francés de Madrid. Foi unha muller anticipada ao seu tempo que tiña a capacidade de non pasar inadvertida: escritora e xornalista prolífica, viaxeira e sobre todo feminista. Aos quince publica o primeiro dos seus numerosísimos contos (máis de cincocentos). É directora da Revista de Galicia. Publicou 18 novelas, entre elas Los pazos de Ulloa.

Page 4: Galegas  Ilustres

CONCEPCIÓN ARENALExcepcional intelectual que loitou polas mulleres máis desfavorecidas

Estudou en Madrid. É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Adicouse a axudar a mulleres presas e á literatura, escribindo multitude de obras, tanto en castelán como en francés.

Page 5: Galegas  Ilustres

María castañaUnha rebelde do século XIV que se convertiu nunha lenda popular

A xente, para falar de cousas antigas, di «nos tempos de María Castaña». Esta muller vivía no ano 1386 no que sería o actual concello da Pobra do Brollón (Lugo). María Castaña encabezou unha revolta contra o bispo en Lugo, a fins do século XIV, século difícil e duro para o campesiñado galego. María Castaña, xunto con outras moitas mulleres e familias enfrontáronse ao recadador do señor feudal. Un episodio máis das numerosas loitas que as mulleres levaron a cabo no mundo feudal na defensa do pan, da alimentación dos seus e da paz.

Page 6: Galegas  Ilustres

Rosalía de castroA nai das Letras Galegas, poeta do Rexurdimeto

Naceu en Santiago no 1837. Trasládase a Madrid, onde casa con Manuel Murguía. Aínda que boa parte da súa produción está en castelán, foron Cantares gallegos e Follas novas convertérona na escritora máis coñecida en idioma galego, musa do galeguismo. Cantares gallegos constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. Morre no 1885. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres (Santiago).

Page 7: Galegas  Ilustres

Maruja malloA máis recoñecida das artistas galegas do século XX

Nada en Viveiro (Lugo) en 1902. Estuda na Academia de Belas Artes de Madrid. Entabla amizade con persoeiros destacados como Salvador Dalí, Lorca, Buñuel, Rafael Alberti,… No 1931 expón en París, onde coñece a Picasso. Posteriormente trasládase a Bos Aires e Chile, onde coincide con Pablo Neruda. Recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes e expón no Centro Galego de Arte Contemporánea. Morre no 1995.

Page 8: Galegas  Ilustres

TERESA PORTELAA mellor deportista galega, das mellores do mundo

Teresa Portela (Aldán, Cangas, 1982) é a mellor remeira española da historia, con presenza en tres citas olímpicas consecutivas. Gañou numerosas medallas tanto a nivel nacional como internacional.

Campiona Mundial en 2 ocasións (ademais de 7 pratas e 4 bronces)

Campiona Europea en 7 ocasións (ademais de 2 pratas e 3 bronces)

Page 9: Galegas  Ilustres

Luz casalUnha das mellores voces da actualidade de Galicia

Nada en Boimorto no 1958. Estudou piano, solfexo e ballet. Aínda que a maioría da súa obra é en castelán, ten cancións en galego (Negra Sombra, con Carlos Núñez). Vendeu máis de 5 millóns de copias dos seus discos. Participou en bandas sonoras de varias películas: O bosque animado, Tacones lejanos, Solo mía. Cantante de fama internacional, sendo un ídolo en Francia.

Page 10: Galegas  Ilustres

Fina casalderreyUnha gran escritora de literatura infantil e xuvenil

Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerce a profesión de mestra. Autora de múltiples obras de literatura infantil e xuvenil, de gastronomía, pequenos contos,… Obtivo moitos premios en Galicia, a nivel nacional e internacional, entre eles: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (O misterio dos fillos de Lúa). Premio Merlín de Literatura Infantil (Dúas bágoas por Máquina). Finalista para o premio Hache 2010.

Page 11: Galegas  Ilustres

Mabel riveraPolifacética actriz galega

Esta actriz naceu en Ferrol no 1952. É licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago. Traballou en publicidade, foi presentadora, actriz de dobraxe,… Comezou no teatro, saltando á fama nunha serie da TVG (Pratos Combinados). Participou en varias películas, entre elas a que obtivo un Premio Oscar: Mar adentro, pola que obtivo un Premio Goya á mellor interpretación de reparto.

Page 12: Galegas  Ilustres

Carmen avendañoFamosa loitadora contra dos narcotraficantes

Naceu en Vigo no 1945. Presidenta da Asociación Érguete de axuda ao toxicómano, tras ter dous fillos con problemas de drogas. O labor de Carme Avendaño mereceu numerosos premios de recoñecemento de diversas entidades. Desde 1999, ten o cargo de presidenta da Fundación Érguete, adicada á inserción sociolaboral das persoas con dificultades de integración, en especial, dos toxicómanos. Baseada na súa historia persoal, rodaron a película Heroína.