fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico

4
HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DA RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO A tradición oral retrotrae a orixe desta tradición á segunda metade do século XVI cando a parroquia estaba a ser devastada por unha gran peste, momento no que dúas irmás ofreceron un par de eguas a San Lourenzo, patrón dá parroquia, a cambio de protección fronte á epidemia. Para evitar a enfermidade, as dúas irmás refuxiáronse nunha cabana non moi afastada do pobo. Aquelas dúas bestas, doadas ao párroco, foron liberadas no monte e multiplicáronse co tempo. Os datos históricos reflicten o azoute da peste bubónica en Galicia no último terzo do século XVI, entre 1567-1571, con dous novos brotes en 1578 e 1598. A epidemia entrou, probablemente, polo Grove e afectou a Santiago e a outras bisbarras galegas como a de Sabucedo. Por outro lado, a táctica de esconderse en cabanas ou refuxios para evitar o contaxio parece ser que era o método preventivo usado naquel século . Non obstante, no XVII tiveron lugar varios episodios de peste e a finais de século quedou constancia escrita, por primeira vez, da importancia das vacas e dos cabalos en Sabucedo, polo que tamén este período podería ter sido aquel ao que se refire a tradición oral. Outra razón que avalaría a historicidade desta lenda é o feito de que en data temperá, cara a 1724, está documentada a expresión “bestas do santo" para referirse ás que se lle ofrecían ou consagraban a San Lourenzo a título de devoción ou agradecemento por algún favor recibido, e que pertencían á igrexa da parroquia. Esta consagración manifestábase cortandolles a punta das orellas (orellas fanadas) aos poldros, chamados en Sabucedo "bichos". Na actualidade estes son marcados na coxa (eguas) ou na anca (cabalos) cunha marca que recorda á grella na que se martirizou a San Lourenzo. No XVIII tamén temos a primeira noticia da “baixa”, en 1732, e no segundo terzo do século aparecen documentados os termos rapar e curro. Unha figura importante da rapa foi a do mordomo fabriqueiro, cargo ocupado por un dos veciños do pobo para a atención, vixilancia e control das bestas. Nos séculos XVIII e XIX anotábanse no Libro de Fábrica da igrexa o número de bestas existentes e os nomes dos mordomos, costume que chegou ata 1864, ano no que pasou a ser un cargo voluntario e deixaron de asentarse os nomes

Upload: museo-etnoloxico

Post on 01-Jul-2015

176 views

Category:

Travel


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico

HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DA RAPA DAS BESTAS DE SABUC EDO

A tradición oral retrotrae a orixe desta tradición á segunda metade do

século XVI cando a parroquia estaba a ser devastada por unha gran peste,

momento no que dúas irmás ofreceron un par de eguas a San Lourenzo, patrón

dá parroquia, a cambio de protección fronte á epidemia. Para evitar a

enfermidade, as dúas irmás refuxiáronse nunha cabana non moi afastada do

pobo. Aquelas dúas bestas, doadas ao párroco, foron liberadas no monte e

multiplicáronse co tempo.

Os datos históricos reflicten o azoute da peste bubónica en Galicia no último

terzo do século XVI, entre 1567-1571, con dous novos brotes en 1578 e 1598.

A epidemia entrou, probablemente, polo Grove e afectou a Santiago e a outras

bisbarras galegas como a de Sabucedo. Por outro lado, a táctica de

esconderse en cabanas ou refuxios para evitar o contaxio parece ser que era o

método preventivo usado naquel século .

Non obstante, no XVII tiveron lugar varios episodios de peste e a finais de

século quedou constancia escrita, por primeira vez, da importancia das vacas e

dos cabalos en Sabucedo, polo que tamén este período podería ter sido aquel

ao que se refire a tradición oral.

Outra razón que avalaría a historicidade desta lenda é o feito de que en data

temperá, cara a 1724, está documentada a expresión “bestas do santo" para

referirse ás que se lle ofrecían ou consagraban a San Lourenzo a título de

devoción ou agradecemento por algún favor recibido, e que pertencían á igrexa

da parroquia. Esta consagración manifestábase cortandolles a punta das

orellas (orellas fanadas) aos poldros, chamados en Sabucedo "bichos". Na

actualidade estes son marcados na coxa (eguas) ou na anca (cabalos) cunha

marca que recorda á grella na que se martirizou a San Lourenzo. No XVIII

tamén temos a primeira noticia da “baixa”, en 1732, e no segundo terzo do

século aparecen documentados os termos rapar e curro.

Unha figura importante da rapa foi a do mordomo fabriqueiro, cargo ocupado

por un dos veciños do pobo para a atención, vixilancia e control das bestas.

Nos séculos XVIII e XIX anotábanse no Libro de Fábrica da igrexa o número de

bestas existentes e os nomes dos mordomos, costume que chegou ata 1864,

ano no que pasou a ser un cargo voluntario e deixaron de asentarse os nomes

Page 2: Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico

debido á progresiva desaparición do concepto señorial da sociedade e á toma

de conciencia propia do pobo. Desde ese momento quedou configurada e

asentada esta tradición que chegou aos nosos días sen cambios sustanciais.

Atendendo ao aspecto antropolóxico, hai que valorar tres momentos nesta

festa: a misa de alborada, a baixa e a rapa.

Misa de alborada

O compoñente relixioso estivo sempre presente e mantense hoxe a través

desta misa e das bestas do santo. Na Rapa de Sabucedo ten aplicación o que

o antropólogo Lisón Tolosana sinala como "orixinal triloxía hispana:

comunidade, festa, santo ou patrón titular."

Sen embargo, tamén actúan elementos de tipo máxico en certos ritos, así un

antigo costume dos veciños era o de levar a imaxe de San Lourenzo ao regato

de Trasdasichós e alí mollarlle os pés para pedirlle chuvia ao santo. O contexto

máxico relixioso aínda ten certo peso no subconsciente popular.

A baixa

É a operación de traslado das bestas desde os montes ata Sabucedo. Un

obxecto propio dese día e usado como apoio é o pau de moca, vara de carballo

con un vulto en forma de espulla ou excrecencia na parte que toca o chan. No

pobo teñen lugar dous encontros simbólicos, un é o da chegada da mocidade

coas bestas, intre no que se xuntan os mozos e a xente maior -que representa

a tradición viva da rapa- reafirmando así a identidade grupal. O segundo é o

dos veciños coas bestas do santo, é dicir, o encontro coa orixe mítica do pobo

como tal, xa que a eguada de San Lourenzo simboliza a súa propia existencia.

A rapa

É o acto máis espectacular grazas á valentía e á fortaleza dos mozos

(aloitadores) que se enfrontan as bestas. Antropólogos e sociólogos apuntan á

loita física como unha das características da festa: "a festa provoca certa

insensibilización física: os individuos fatíganse e líbranse a excesos

desacostumados que van facelos aceptar golpes ou mutilacións" (Gaston

Bouthoul). O aloitador, normalmente veciño de Sabucedo, encarna o espírito do

pobo e representao na loita pola súa identidade, na súa autoafirmación.

Page 3: Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico

A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO

Nos montes das serras do centro, do norte e do occidente de Galicia

aínda hoxe queda gando equino vivindo en liberdade, animais que son

reunidos unha vez ao ano para proceder ao seu marcado, corte de crinas e

selección de exemplares, actividade coñecida popularmente como "rapa" ou

"curro".

A Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) celébrase cada ano

no primeiro fin de semana do mes de xullo. Na mañá do sábado ten lugar unha

"misa de alborada" na que se pide protección a San Lourenzo, patrón da

parroquia, para a "baixa" dos cabalos -baixada do monte- e o posterior curro. A

continuación, un grupo formado por veciños e visitantes de Sabucedo

emprende a marcha cara aos montes onde teñen o seu hábitat estes animais,

unha fermosa paraxe natural que rodea o pobo. Unha vez localizadas as

bestas, as greas rodéanse e encamíñanse de forma combinada ata alcanzar a

bagoada do Peón, onde se agrupan e se dirixen xuntas cara ao pobo,

chegando alí despois do mediodía.

As bestas permanecen nun cercado próximo ata ben avanzada a tarde,

momento no que se trasladan ao curro -recinto circular con muros de pedra- no

que se enfrontarán aos aloitadores. O traballo destes é, pola perigosidade que

entraña e a valentía que demostran, o acto máis espectacular desta festa. A

diferenza doutras rapas galegas, nas que se usan cordas e varas para someter

aos animais, en Sabucedo tan só se emprega a forza do home en loita corpo a

corpo co animal. Os aloitadores seguen un ritual establecido, un código de

actuación, herdado de xeración en xeración: dous van á cabeza do cabalo e

outro suxéitao polo rabo. Un dos que van á cabeza debe ser o que salte enriba

e cabalgue sobre a besta. Finalmente, o animal inmobilizado pode quedar de

pé ou ser derrubado completamente, dependendo da resistencia que presente,

e logo procédese a cortar as súas crinas e ao marcado.

Outras rapas famosas de Galicia son as de Campo do Oso e Candaoso,

na provincia de Lugo; as de Capelada e Barbanza, na da Coruña, e as de

Morgadáns e Mougás na de Pontevedra.

Texto: Roberto Aneiros García (Conservador do Museo Etnolóxico)

Page 4: Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico

BIBLIOGRAFÍA :

CABADA CASTRO, M. (1992) A rapa das bestas de Sabucedo, Vigo, Ed. Ir

indo.

GONZÁLEZ REBOREDO, X. M (1997) Festas laicas, en Galicia Antropoloxía.

Relixión, crenzas, festas, Tomo XXVII, A Coruña, Hércules de Ediciones.