formulario aluguer de espacios rev - cidade da cultura · sala de vidros/sala eisenman edificio...

6
FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIA Edificio CINC-3º. 15707. Monte Gaiás Santiago de Compostela (A Coruña) G15721640 +34 881 997 564 | www.cidadedacultura.gal FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIA Edificio CINC-3º. 15707. Monte Gaiás Santiago de Compostela (A Coruña) G15721640 +34 881 997 564 | www.cidadedacultura.gal FORMULARIO ALUGUER DE ESPAZOS NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIA Edificio CINC-3º. 15707. Monte Gaiás Santiago de Compostela (A Coruña) G15721640 +34 881 997 564 | www.cidadedacultura.gal Referencia Nº (a cubrir pola FCCG) NIF/CIF/NIE Tipo de solicitante (Ver Condicións Xerais) Rúa Num. Andar Piso Porta CP Concello Provincia Correo electrónico ENTIDADE Tel. Empresa Móbil Nome e apelidos/Razón social/Organismo do Sector Público Representante DNI Cargo DATOS DO EVENTO Nome Día Montaxe Día Desmontaxe Día/s celebración Horarios Nº asistentes previstos Actividade /Sector DOCUMENTACIÓN ANEXA Para solicitantes do tipo 1 e 2 [ver tipos de tarifas nas Condicións Xerais (páx. 3)]: Escritura constitución de entidade ou documentación acreditativa da personalidade xurídica da/o solicitante. NIF da entidade RC ou documento contable xustificativo da autorización do gasto (para o caso de entidades do Sector Público non pertencentes a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria). Acreditación do poder de representación de quen asine a solicitude. Para solicitantes do tipo 1, 2, 3 e 4: Memoria do evento ou acto a organizar con indicación de aforo mínimo e máximo previsto, sinalética e instalacións provisionais.

Upload: others

Post on 04-Jul-2020

1 views

Category:

Documents

0 download

TRANSCRIPT

Page 1: formulario aluguer de espacios rev - Cidade da Cultura · Sala de Vidros/Sala Eisenman Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia Auditorio Aula 1 Aula 2 Edificio Museo Centro Gaiás

FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIAEdificio CINC-3º. 15707. Monte GaiásSantiago de Compostela (A Coruña)

G15721640+34 881 997 564 | www.cidadedacultura.gal

FORMULARIO ALUGUER DE ESPAZOS NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIAEdificio CINC-3º. 15707. Monte GaiásSantiago de Compostela (A Coruña)

G15721640+34 881 997 564 | www.cidadedacultura.gal

Referencia Nº (a cubrir pola FCCG)

NIF/CIF/NIE Tipo de solicitante (Ver Condicións Xerais)

Rúa Num. Andar Piso Porta

CP Concello Provincia

Correo electrónico

ENTIDADE

Tel. Empresa Móbil

Nome e apelidos/Razón social/Organismo do Sector Público

Representante DNI Cargo

DATOS DO EVENTO

Nome

Día Montaxe Día Desmontaxe Día/s celebración

Horarios Nº asistentes previstos

Actividade /Sector

DOCUMENTACIÓN ANEXA

Para solicitantes do tipo 1 e 2 [ver tipos de tarifas nas Condicións Xerais (páx. 3)]:

Escritura constitución de entidade ou documentación acreditativa da personalidade xurídica da/o solicitante.

NIF da entidade

RC ou documento contable xustificativo da autorización do gasto (para o caso de entidades do Sector Público non pertencentes a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria).

Acreditación do poder de representación de quen asine a solicitude.

Para solicitantes do tipo 1, 2, 3 e 4:

Memoria do evento ou acto a organizar con indicación de aforo mínimo e máximo previsto, sinalética e instalacións provisionais.

Page 2: formulario aluguer de espacios rev - Cidade da Cultura · Sala de Vidros/Sala Eisenman Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia Auditorio Aula 1 Aula 2 Edificio Museo Centro Gaiás

FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIAEdificio CINC-3º. 15707. Monte GaiásSantiago de Compostela (A Coruña)

G15721640+34 881 997 564 | www.cidadedacultura.gal

ESPAZOS A ALUGAR

Centro de Emprendemento Creativo de Galicia

Sala de Vidros/Sala Eisenman

Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia

Auditorio

Aula 1

Aula 2

Edificio Museo Centro Gaiás

Andar -1

Andar 0

Seminario

Locais Comerciais

Edificio Centro de Innovación Cultural e de Modernización Tecnolóxica de Galicia

Auditorio 1

Auditorio 2

Salón de Convencións 1 Grande

Salón de Convencións 2 Pequeno

Page 3: formulario aluguer de espacios rev - Cidade da Cultura · Sala de Vidros/Sala Eisenman Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia Auditorio Aula 1 Aula 2 Edificio Museo Centro Gaiás

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DOS ESPAZOS

FUNDACION CIDADE DA CULTURA DE GALICIAEdificio CINC-3º. 15707. Monte GaiásSantiago de Compostela (A Coruña)

G15721640+34 881 997 564 | www.cidadedacultura.gal

Coa sinatura do presente formulario, a/o SOLICITANTE acepta expresamente as seguintes cláusulas;

CONDICIÓNS XERAIS DA CESIÓN DAS INSTALACIÓNS I ESPAZOS CEDIDOS.

As presentes condicións son de aplicación en todos aqueles casos nos que entidades ou institucións alleas á Fundación Cidade da Cultura de Galicia soliciten o uso de espazos en edificios e instalacións da Cidade da Cultura de Galicia para actividades de curta duración, tales como a celebración de congresos, cursos, xornadas, exames, xuntanzas, exposicións e actividades culturais e/ou sociais, sempre que isto non afecte ao desenvolvemento normal das actividades propias da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

As entidades que conten coas tarifas "conveniadas", do xeito que posteriormente se definen, deberán facer uso da presente solicitude, con independencia de que as condicións de utilización e o réxime de autorizacións estea contemplado no convenio ou contrato asinado.

Serán de aplicación en cada exercicio as tarifas e condicións xerais que figuren no modelo de solicitude e na autorización da Directora-Xerente da Fundación Cidade da cultura de Galicia. Ás tarifas establecidas deberá aplicarse a porcentaxe que corresponda en concepto de IVE.

Existen catro tipos de tarifas atendendo ás características da/o solicitante:

Tarifa 1 “xeral” (solicitantes 1): aplicable a aquelas entidades do sector privado con ánimo de lucro e que organicen actividades alleas aos fins propios da Fundación.

Tarifa 2 “reducida” (solicitantes 2): aplicable a aquelas entidades do sector público e organismos oficiais non especificadas nas tarifas 3 e 4, así como ás asociacións e entidades sen ánimo de lucro, patróns e patroas da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, patróns e patroas da Fundación Gaiás e entidades pertencentes ao viveiro e espazo Coworking da Cidade da cultura de Galicia.

Tarifa 3 “conveniada” (solicitantes 3): aplicable a aquelas entidades que, en virtude dos convenios de natureza patrimonial ou de colabora-ción asinados coa Fundación, dispoñen de locais e instalacións (á marxe deste procedemento) nos termos e condicións económicas pactadas.

Tarifa 4 “exenta” (solicitantes 4): aplicable a aquelas/es solicitantes que reúnan as seguintes características:

- Ter asinados acordos de colaboración económica ou de patrocinio coa Fundación para o exercicio das actividades culturais propias desta.

- Pertencer á estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Actualmente, os importes e servizos que inclúen os distintos tipos de tarifas achéganse no anexo I, sen prexuízo da actualización da súa contía, se cabe, ao inicio de cada exercicio económico.

A sinatura da presente solicitude implica a aceptación das tarifas e do resto de condicións xerais e de uso específicas que estableza a

Fundación.

CONDICIONS ESPECÍFICAS DE UTILIZACIÓN

• En ningún caso a utilización pola/o SOLICITANTE das instalacións ou espazos obxecto desta solicitude poderá alterar o normal funciona-mento de servizos e actividades da Cidade da Cultura.

As solicitudes enviaranse escaneadas, coa documentación anexa completa (segundo a tipoloxía de solicitante), ás seguintes direccións:

[email protected]

Recibida a documentación, a Fundación comprobará que a documen-tación estea completa e solicitará do Departamento de Visitas e Eventos o correspondente informe de comprobación sobre a dispoñi-bilidade do espazo solicitado, de acordo co sistema de control e asignación que se teña establecido, estampando no espazo reservado na propia solicitude a correspondente información sobre a posibilida-de de reserva.

En calquera caso, para evitar calquera atraso, as/os interesadas/os poderán consultar en calquera momento as devanditas dispoñibilida-des chamando ao teléfono +34881995128 ou ben mediante correo electrónico a [email protected].

A emenda da documentación ou da solicitude por non existir dispoñi-bilidade de espazos nas datas indicadas, deberá realizarse no prazo de dous días hábiles dende o envío do correo electrónico indicado na solicitude. De non realizarse, entenderase que a/o solicitante desiste da súa petición, arquivándose o expediente.

No caso de que varias solicitudes coincidan en horarios e/ou datas, teranse en conta a orde de entrada da petición, dando preferencia ás/aos peticionarias/os pertencentes ás tarifas de tipo 4.

Á vista da documentación e dispoñibilidade do espazo, a Directora-Xe-rente da Fundación adoptará a decisión de autorización do espazo solicitado, que se materializará formalmente mediante a sinatura correspondente no espazo reservado a tal efecto na solicitude. A autorización escaneada (e no seu caso a denegación) será remitida mediante correo electrónico á/ao peticionaria/o, aos efectos oportu-nos, con dous días hábiles mínimos (dez días hábiles para as/os solicitantes da tarifa de tipo 1) de antelación á data de celebración do evento ou actividade.

Se a autorización da Fundación incluíse algún tipo de observación ou condicionante a maiores dos indicados na presente solicitude, esixirase a conformidade expresa do solicitante, igualmente mediante correo electrónico, con carácter previo á utilización do espazo cedido.

A autorización será trasladada directamente ao departamento de Visitas e Eventos, co obxecto de que xestionen as cuestións técnicas e de organización do espazo solicitado.

TIPOLOXÍA TARIFA REDUCIDA

Autorizada a actividade, xeraranse as seguintes facturas:

Peticionarias/os de tarifas de tipo 1.

Primeira factura, en concepto de reserva de espazos e instalacións, equivalente ao 25% da tarifa que corresponda. A devandita factura, que será emitida na mesma data da autorización (e no seu caso, da conformidade do peticionario) deberá abonarse mediante transferen-cia bancaria ao número de conta ES10 2080 0388 2930 4000 0198, con cinco días hábiles mínimos de antelación á data de celebración da actividade ou evento. No suposto de que non se realice o ingreso (mediante o resgardo correspondente), entenderase anulada a reserva formulada pola/o solicitante.

Segunda factura, en concepto de aluguer, equivalente ao 75% da tarifa que corresponda, unha vez celebrado o evento autorizado. O importe deberá facerse efectivo na conta anteriormente sinalada no prazo de trinta días seguintes ao da recepción da factura.

O exercicio do dereito de admisión ás instalacións e espazos cedidos corresponderá á/ao SOLICITANTE, se ben, no caso de non permitir a entrada de calquera persoa á zona cedida, de xeito debidamente xustificado, a/o SOLICITANTE poderá contar coa colaboración do persoal de seguridade de FUNDACIÓN, co fin de asegurar o abandono das Instalacións das persoas non admitidas.

A/O SOLICITANTE é responsable do trato que o persoal ao seu cargo dispense ao público asistente.

LIMPEZA

A Fundación conta cun servizo de limpeza para todo o recinto da Cidade da Cultura de Galicia. Non obstante o anterior, unha vez finalizado á desmontaxe, a/o SOLICITANTE deberá devolver o espazo ás condicións orixinais dos espazos e instalacións obxecto da cesión.

MANTENEMENTO

Durante a utilización das instalacións e dos espazos cedidos, a/o SOLICITANTE será responsable da conservación e mantemento das zonas afectadas por cesión asumindo o compromiso de mantelas en perfecto estado en todo momento.

Se ao final do período de utilización das instalacións e dos espazos cedidos se deteriorase algunha instalación ou espazo, a/o SOLICITAN-TE comprométese a repoñela á súa costa ao seu estado orixinal. • En caso de necesitar equipos especiais de iluminación, a/o SOLICI-TANTE encargarase de achegar os equipos autónomos necesarios. Igualmente, as posibles instalacións especiais (paneis, rótulos, etc.) serán a conta da/o SOLICITANTE. Os medios humanos necesarios para estas actividades deberán ser achegados pola/o SOLICITANTE. • Tras a finalización do acto, procederase á desmontaxe de toda instalación, deixando os espazos nas mesmas condicións nas que se encontraban antes do evento. • Cumpriranse todas as normas establecidas pola FUNDACIÓN para a seguridade e, no seu caso, a conservación, cuxo incumprimento supón a cancelación do acto.• A/O SOLICITANTE achegará todas as medidas de vixilancia e seguridade extraordinarias que fosen necesarias para a preparación e o desenvolvemento da actividade.

De ser o caso, os medios de comunicación asistentes ao acto ou evento poderán gravar as imaxes necesarias para a súa difusión, atendendo ás condicións indicadas pola FUNDACIÓN.

RESPONSABILIDADES

A FUNDACIÓN non se fará responsable do roubo, perda ou deterioro de calquera material propiedade da/o SOLICITANTE, que se encontre situado dentro dos espazos obxecto da cesión, calquera que fose a causa que o produza dende o momento de vixencia da correspondente autorización. A vixilancia e seguridade do mobiliario e equipamento da súa propiedade serán por conta da/o SOLICITANTE.

De igual forma, a FUNDACIÓN quedará exonerada de calquera responsabilidade que puidese resultar do exceso de ocupación por persoas do espazo arrendado, que de ningún modo poderá superar a normativa en vigor.

A/O SOLICITANTE será a/o única/o responsable de cantos danos, tanto físicos coma materiais, poidan ocasionarse a ocupantes e terceiros, que sexan consecuencia, directa ou indirecta, das activida-des exercidas por esta/e ou os seus dependentes e dos servizos que preste, eximindo de toda responsabilidade á FUNDACIÓN.

Así mesmo, o persoal contratado pola entidade cesionaria dependerá exclusivamente da/o SOLICITANTE, quen terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa condición de empregador, sendo a Funda-ción de todo allea ás devanditas relacións laborais.

O incumprimento destas obrigas por parte da/o SOLICITANTE, ou a infracción das disposicións vixentes sobre seguridade e saúde por parte do persoal técnico designado pola entidade cesionaria, non implicará responsabilidade ningunha para a Fundación.

PREZO

A/O SOLICITANTE abonará á FUNDACIÓN, en concepto de aluguer das instalacións, os espazos e servizos descritos na presente solicitude, a cantidade que figura no anexo I, prezos aprobados para o ano en curso e que se atopan igualmente publicados na web da www.cidadedacultura.gal.

PROCEDEMENTO DE AUTORIZACIÓN E FACTURACIÓN

A solicitude deberá ser cursada cunha antelación mínima de cinco días hábiles (quince días hábiles para as/os solicitantes pertencentes ás tarifas de tipo 1) á data prevista para a celebración da actividade. A petición suporá a aceptación das condicións fixadas no procedemento que se describe.

Peticionarias/os de tarifas de tipo 2, 3 e 4

Unha única factura, en concepto de aluguer, segundo a tarifa que corresponda, unha vez celebrado o evento autorizado. O importe deberá facerse efectivo na conta anteriormente sinalada, no prazo de trinta días a partir da recepción da factura.

En calquera caso, o impagamento no prazo establecido do importe facturado en concepto de aluguer de espazos, suporá a imposibilidade de contratar novas cesións de espazos con esa entidade ata que se abonen as cantidades pendentes.

OBRIGAS DA/O SOLICITANTE

En virtude das presentes cláusulas, a/o SOLICITANTE comprométese a:

a) Cumprir fielmente as indicacións e instrucións da FUNDACIÓN e do seu persoal para conseguir un mellor funcionamento e perfecto clima de convivencia. b) Queda expresamente prohibido á/ao SOLICITANTE a instalación de calquera cartel ou anuncio nas instalacións, sexa da clase que sexa, que non estea autorizado pola FUNDACIÓN.c) Utilizar os espazos cedidos conforme os máis altos estándares de calidade e imaxe, consubstanciais coa realización de eventos públicos.d) Velar pola boa orde no recinto dos espazos e instalacións.e) Adoptar as medidas precisas para asegurar a hixiene dos espazos e instalacións cedidos e a salubridade dos alimentos e bebidas, en caso de que se poñan a disposición das/os usuarias/os ou asistentes ao evento pola/o SOLICITANTE, en prevención de calquera enfermidade ou intoxicación das que de ningún modo sería responsable a FUNDA-CIÓN.f) Acreditar e xustificar sempre que o solicite a FUNDACIÓN o cumprimento de todas as obrigas ás que se refire o parágrafo anterior, a de seguridade e hixiene no traballo, regulamentación técnico-sanita-ria, se é o caso, manipulación de alimentos, etc.g) Cumprir cantas normas de sanidade e seguridade social afecten ao seu persoal, e estar ao corrente do cumprimento dos seus deberes laborais e fiscais de toda orde.h) Non incorrer en ningunha das prohibicións para contratar, sinaladas no art. 60.1 TRLCSP e que, especialmente, se encontra ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias, estatais, autonómicas e locais e de seguridade social que impoñen as disposicións vixentes.i) Contar en todo momento coas Licenzas Administrativas tanto locais, coma autonómicas coma estatais, que amparen a totalidade das actividades que desenvolva, e deberá cumprir fielmente a normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais e canta norma sectorial exista en materia de seguridade, ademais de satisfacer a totalidade dos tributos que por calquera concepto graven a súa

actividade. j) A/O SOLICITANTE obrígase a permitir o acceso ao espazo, ao persoal asignado pola FUNDACIÓN e aos operarios ou industriais mandados por esta, para a realización, inspección e comprobación de calquera clase de obras ou reparacións que afecten ao espazo cedido, dentro do horario normal de apertura.

SEGURIDADE E CONTROL DE ACCESO AO EVENTO

A FUNDACIÓN conta cun servizo de seguridade para todo o recinto da Cidade da Cultura de Galicia. Porén, o control de acceso aos espazos obxecto desta solicitude e a seguridade interior dos mesmos, dependerán da/o SOLICITANTE e para tal fin contará co persoal que estime oportuno, ademais de establecer para o devandito persoal os horarios que este determine en función das necesidades do evento.

O persoal de control de acceso levará de forma visible e permanente un distintivo que o identifique e o acredite como tal, que deberá ser validado pola FUNDACIÓN.

DIFUSIÓN DE IMAXES DO EVENTO.

A reprodución, difusión e comunicación das imaxes, sons, ou documentación do evento celebrado pola/o SOLICITANTE, en canto inclúa referencias ou imaxes, externas ou internas das instalacións, espazos ou zonas correspondentes á FUNDACIÓN en calquera medio de difusión imprimido, audiovisual, Internet, ou en calquera soporte, físico ou virtual será autorizado mediante comunicación expresa á/ao SOLICITANTE na correspondente autorización de cesión do espazo solicitado por parte da FUNDACION:

CESIÓN E SUBCONTRATACION

En ningún caso se admite a cesión ou subcontratación dos espazos ou instalacións obxecto da presente solicitude.

Page 4: formulario aluguer de espacios rev - Cidade da Cultura · Sala de Vidros/Sala Eisenman Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia Auditorio Aula 1 Aula 2 Edificio Museo Centro Gaiás

[email protected]@cidadedacultura.org

Page 5: formulario aluguer de espacios rev - Cidade da Cultura · Sala de Vidros/Sala Eisenman Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia Auditorio Aula 1 Aula 2 Edificio Museo Centro Gaiás

Page 6: formulario aluguer de espacios rev - Cidade da Cultura · Sala de Vidros/Sala Eisenman Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia Auditorio Aula 1 Aula 2 Edificio Museo Centro Gaiás

Anexo I. TARIFAS E SERVIZOS.

������������� ��������������

�����������������

�� ������������������������������������

�� ����������������������������������

�������������������������

���������������������portátil Yamaha 16 canles con 3 micros de mesa e un inalámbrico + proxector Panasonic 5.000 lumens ����������������

��������������� ���!� �"�� ������)

.�(�������������������������������� ���!��"�� ������/�'���������������������&����������������������

0�������������

1��2����������������������������������������������������������������

�������������� �����#��� �������������/��������������������������������������������,��

�������������������������������������������������������3�

- ����������������������������������������������������/���������, fóra dos horarios habituais.

- 4������������������������������������������������%��������5���������������������(������������6�������,�

��