formación de usuarios (docentes)_2

9
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP A LAMA Xornada de Formación de Usuarios (Docentes)

Upload: o-recanto-de-leo-ceip-a-lama

Post on 20-Mar-2016

218 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Segunda sesión de formación de usuarios para os docentes do CEIP A Lama na biblioteca do centro.

TRANSCRIPT

Page 1: Formación de usuarios (Docentes)_2

BIBLIOTECA ESCOLAR

CEIP A LAMAXornada de

Formación de UsuariosFormación de Usuarios(Docentes)

Page 2: Formación de usuarios (Docentes)_2

A ONDE VAMOS?

Continuando coa presentación do Plan Anual de Fomento da Lectura concretamos asprimeiras actividades e actuacións a desenvolver:

24 de outubro“DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES”

“Decobiblio”Facer do recanto da aula onde se gardan os libros da Biblioteca un lugar atractivo,

que chame a atención do alumnado, que invite á lectura,

PLA

N A

NU

AL

DE

LEC

TUR

A

que chame a atención do alumnado, que invite á lectura, que ensine as normas da Biblioteca, que axude á Hora de Ler, que sexa acolledor,

que se vexa organizado, que explore a creatividade…

“Que é unha Biblioteca para ti?”Pulsar, a través da creación literaria, que concepto ten o noso alumnado do que é unha Biblioteca. Este ano o estilo a empregar será a Banda Deseñada. Haberá que traballar os distintos códigos que acompañan aos textos: viñetas,

bocadillos, onomatopeas, debuxos… O escenario será a nosa biblioteca, pero a historia que aconteza nela pode ser inventada.

PLA

N A

NU

AL

DE

LEC

TUR

A

Page 3: Formación de usuarios (Docentes)_2

CANDO PRESENTAMOS?

O día 24 pola tarde verase na Biblioteca, unha recompilación de fotos dos recantos dasaulas, polo que terán que estar rematadas o xoves, 20 para tomar as imaxes e preparar apresentación.

Cada equipo de mestres dunha aula deberase por de acordo para desenvolver ostraballos cos alumnos.

Dado que as aulas (a excepción de EF e Orientación) teñen recanto de lectura dedicadoaos nenos, todas participarán desta actividade.aos nenos, todas participarán desta actividade.

Os traballos de banda deseñada, nos seus distintos soportes, serán presentados acontinuación por cada aula para todo o colexio.

A idea é que o escenario sexa a nosa biblioteca, pero a historia que aconteza nela podeser inventada.

O produto será un traballo feito en grupo por toda a clase, onde cada quen aporte o seugrao de area.

PLAN ANUAL DE LECTURA

Page 4: Formación de usuarios (Docentes)_2

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Proxecto

Pequeno traballo de investigación no que o alumnado traballa directamente coadocumentación, aprendendo a aprender e a traballar autonomamente.

Documental

A multitude de soportes fai que a información se atope nunha variedade ampla de tiposde documentos. Alfabetizar na procura de Información (ALFIN) e o seu tratamento é unhade documentos. Alfabetizar na procura de Información (ALFIN) e o seu tratamento é unhadas Competencias Básicas presentes no currículo.

Integrado

Promóvese a implicación de tódalas áreas e de todo o profesorado, así como o resto dacomunidade educativa, polo que estará integrado nas distintas programacións a elaborarpolos docentes.

Page 5: Formación de usuarios (Docentes)_2

FASES DO PDI

1ª Motivación

2ª Procura e Tratamento da Información2ª Procura e Tratamento da Información

3ª Exposición do aprendido

Page 6: Formación de usuarios (Docentes)_2

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

FASE DE MOTIVACIÓN (1º MES)

Actividades e dinámicas encamiñadas a espertar o interese do alumnado no tema que sevai traballar.

- Debates no grupo sobre o tema escollido- Exposición de documentos na biblioteca- Saídas para motivar a investigación…

Que conseguiremos:

- Detectar os coñecementos previos- Realizar un índice do que queremos investigar (ACOTAR)- Sinalar fontes de información- Programar actividades…

Page 7: Formación de usuarios (Docentes)_2

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

FASE DE PROCURA E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN (novembro a febreiro)

- Buscamos nas fontes:

� Orais� Escritas� Audiovisuais� Gráficas� Internet� Internet� Biblioteca: pública e cole.� Casa (familia)

- Analizamos a información e reflexionamos sobre o investigado.

- Plasmámolo en traballos: murais, PowerPoint, mapas conceptuais, vídeos,diferentes estilos de textos (carta, poesía, expositivo, teatro…), creación de museos,maquetas, dossier, blog…

Page 8: Formación de usuarios (Docentes)_2

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

FASE DE PRESENTACIÓN (determinaranse as datas para marzo)

- É o final do PDI

- Comunícase o aprendido

- O formato pode e debe ter conexión directa co escollido para os traballos

- Ensaiarase a presentación para que a mensaxe chegue o máis “nítida” posible aos- Ensaiarase a presentación para que a mensaxe chegue o máis “nítida” posible aosreceptores (resto da comunidade)

- Terá lugar na Biblioteca podéndose contar con todos os elementos tecnolóxicosque se precisen: ordenador, proxector, micrófono, lector de DVD, paneis, guiñol…

Page 9: Formación de usuarios (Docentes)_2

ITINERARIOS LECTORES

Proposta do Equipo de Biblioteca á Comisión de Coordinación Pedagóxica para que cadaequipo de ciclo elabore un itinerario lector.

O obxectivo destes itinerarios é que o alumnado, ao rematar cada ciclo teña lido candamenos, determinados textos escollidos.

Os criterios de selección poderían contemplar que:

- Se traballen distintos estilos literarios (poesía, biografía, narrativa, teatro…)- Se traballen distintos estilos literarios (poesía, biografía, narrativa, teatro…)- Estean representados determinados autores (recoñecidos)- A complexidade das lecturas sexa acorde coa idade- Enganchen aos nosos alumnos na lectura- Se manexen edicións especiais