fontao 8 gal · alternativa á liña o-man por transmitir tamén excelentes rasgos funcionais e de...
TRANSCRIPT
XENÉTICA FONTAO
Nº8 Setembro 2010
FINCA MOURISCADE,XENÉTICA DE ALTO NIVELEN PONTEVEDRA
FINCA MOURISCA MOURISCADE, O PROGRAMA GALEGOSORPRENDE AOS
XENETISTAS CHINESES
O PROGRAMA GALEGOO P OS AFRICOR DE LUGOE PONTEVEDRAVISITARON O CENTRO
BOER, O TOURO REVELACIÓN
BOS BOLIVER BOER ET
AFRICOCOR
xenetica_fontao_8_galego.indd 1 19/8/10 19:46:45
xenetica_fontao_8_galego.indd 2 19/8/10 19:35:45
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2010 3EDITORIAL
XENÉTICA FONTAO
EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 128
27080. Lugo
Tfno: +34 982.284.391
Fax: +34 982.284.626
E-mail: [email protected]
Web: www.xeneticafontao.com
PRODUCIÓN:Transmedia Comunicación & Prensa
Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A
27002. Lugo
Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893
E-mail: [email protected]
Web: www.transmedia.es
Tirada :7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008
A SENDA DA MELLORA CONTINUA
As últimas probas españolas de avaliación xenética, publicadas por
CONAFE en xullo do 2010, trouxeron moi boas noticias para Xenética
Fontao. Por un lado, Mario Xacobeo consolídase como indiscutible nú-
mero 1 na táboa dos sementais españois, por quinta vez consecutiva.
Por outra banda, emerxe un novo valor: Bos Boliver Boer ET, cun impre-
sionante ICO de 2.978 puntos.
Ambos os dous datos confirman que o labor de Xenética Fontao segue
a senda da continua progresión, tal e como corresponde a un centro
que quere compatibilizar a súa dobre condición de servizo público e de
centro de investigación en mellora xenética. De feito, estas dúas varia-
bles están intimamente relacionadas: non hai mellor xeito de servir aos
gandeiros produtores de leite que brindarlles as mellores ferramentas
xenéticas. Sobre todo, cando a investigación avanza a pasos axigantados
e cada vez importa menos o lugar onde se viva e traballe para acceder
a logros globais.
Nos últimos meses, no centro de Xenética Fontao en Esperante (Lugo)
recibimos a numerosas asociacións de gandeiros e xenetistas interesa-
dos no noso modelo de traballo e nos logros que acadou o programa de
mellora xenética de Galicia. Nas páxinas desta revista reflíctense algun-
has destas visitas. Entre elas, as dos Africor de Lugo e Pontevedra, cos
que traballamos de forma estreita e a quen podemos considerar coma
“da casa”. Pero tamén doutros colectivos xeograficamente distantes que
empezan a ter, ou poderán ter no futuro, lazos con Xenética Fontao.
Destacamos neste sentido a recepción brindada a membros da Coope-
rativa Ganadera del Valle de los Pedroches (COVAP), de Córdoba, que hai
tres anos empezou a implantar doses de touros de Xenética Fontao, con
especial interese cara a Xacobeo, Dancer e Lautamic, entre outros. E,
de forma moi especial, comentamos a visita dos principais responsables
do programa chinés de mellora xenética en gando frisón. Xenetistas e
profesores universitarios desta potencia mundial, cun mercado de seme
interno enorme, ficaron gratamente impresionados co modelo galego.
Isto non quere dicir que vender xenética galega en China sexa un
obxectivo cercano e facilmente alcanzable. Pero deteñámonos no feito
de que o noso modelo de mellora pode presentarse xa ante os ollos
máis esixentes, en igualdade de condicións coas principais xenéticas do
mundo.
Por último, aínda que non por iso menos importante, Xenética Fontao
segue a apoiar proxectos de investigación e innovación promovidos pola
Consellería do Medio Rural e executados polos axentes do sector. Tal é o
caso do programa de cruzamento industrial con razas de aptitude cárni-
ca, que se presentou no centro en maio. Todo o que signifique contribuír
ao afortalamento do sector gandeiro _neste caso, dotando dunha fonte
adicional de ingresos aos produtores de leite_ é algo que nos incumbe.
ÍNDICE
TOUROS PROBADOS: BOER............
CRUZAMENTOS CON RAZAS
DE CARNE........................................
LÍNEAS XENÉTICAS
EN FINCA MOURISCADE.................
VISITAS: AFRICORES, COVAP,
XENETISTAS CHINESES.................
4
7
8
12
xenetica_fontao_8_galego.indd 3 19/8/10 19:36:17
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 20104 TOUROS PROBADOS
BOER, A GRAN REVELACIÓNAs últimas probas españolas publicadas por CONAFE (xullo do 2010) reflicten, sen
dúbida, a aparición dun novo semental estrela: Bos Boliver Boer ET, que cun ICO
de 2.978 roza a mítica barreira dos 3.000 puntos, só superada ata o momento polo
indiscutible número 1 dos touros españois, Mario Xacobeo, que revalida a súa posición
de liderato por quinta vez consecutiva desde xullo do 2008, o momento da publicación
da súa primeira proba oficial.
Boer é un semental de cinco
anos e medio de idade cun-
ha liña xenética realmente
diferente e alternativa que
reúne algunhas das características máis
apreciadas hoxe en día na selección da
raza Holstein: altas producións de leite e
proteína, gran calidade de ubres e exce-
lentes caracteres secundarios.
Boer é un fillo de Boliver e da famosa
vaca de cría americana Lynncrest Bw
Marshl Horizon EX-91 USA GMD, mem-
bro á súa vez da profunda familia ameri-
cana “Converse Happy”.
A LIÑA PATERNA: BOLIVER
Boliver goza actualmente dun gran
prestixio como pai de touros a nivel in-
ternacional.
O seu recoñecemento comezou coa
evidente solidez das súas fillas de se-
gundo grupo e confírmase recentemen-
te pola presenza dos seus fillos entre
os mellores sementais do momento
(Super, Niagra, etc.), representando en
si mesmos unha máis que interesante
alternativa á liña O-Man por transmitir
tamén excelentes rasgos funcionais e
de saúde, pero con mellor calidade de
ubres e máis estrutura leiteira en xeral
cós innumerables fillos do mencionado
O-Man dispoñibles hoxe en día no mer-
cado.
End-Road Pvf Boliver ET naceu no ano
1998 na granxa Paradise Valley Farm
(PVF) de Ohio, EE.UU, froito da compra
de embrións do touro Amel (un neto do
célebre Chief Mark) e da vaca End-Road
Mathie Big Bang ET MB-85 na granxa
End-Road de Michigan, EE.UU. Nesta
granxa centenaria desenvolveuse unha
familia de vacas durante máis de 50
anos, que despois de varias xeracións
de MB e EX deu lugar a touros como
Bango (Leadman), Bright (Rudolph),
o mesmo Boliver (Amel) e os actuais
irmáns maternos Bronco (O- Man) e
Beacon (Shottle), situados ambos no
TOP TPI USA.
Boliver ten 500 fillas na súa proba es-
pañola, unhas 400 na canadense e case
25.000 na americana, e o seu patrón
de transmisión é claro e contundente:
as súas fillas son vacas con costelares
abertos, altas producións de leite e pro-
teína e, sobre todo, moi bos ubres. Os
seus puntos máis frouxos refírense á es-
trutura e capacidade, así como ás patas
(curvas) e as grupas (estreitas e con is-
quións altos). A vida produtiva é alta e os
Lynncrest Bw Marshl Horizon EX-91, nai de Boer
xenetica_fontao_8_galego.indd 4 19/8/10 19:36:35
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2010 5TOUROS PROBADOS
valores das células somáticas están en
torno á media.
Este patrón de transmisión de Boliver
é válido para a maioría dos seus fillos,
aínda que cando se acoplou ben, é dicir,
sobre liñas de vacas con fortes estru-
turas, boas patas e grupas ben nivela-
das (como é o caso de Horizon, a nai de
Boer e Bonabal, e a familia “Converse
Happy”), eses puntos débiles melloran
sensiblemente.
Boliver foi un touro amplamente usa-
do como pai de sementais, e en Xené-
tica Fontao, ademais de Boer e o seu
irmán completo Bonabal, temos outros
con intrigantes probas preliminares,
como Burres (Boliver x Comestar Mo-
del Liza Outside), o seu irmán completo
Brollón, Boeing (Boliver x Golden-Oaks
BW Sable), etc. E mesmo algúns touros
máis novos, postos en proba este mes-
mo ano (froito dunha segunda etapa no
uso de Boliver como pai de sementais),
como son os irmáns completos Destino
e Meigo (Boliver x ALH Oman Destiny x
Markwel Durham Daisy).
Cómpre destacar que, fronte ás liñas
O-Man imperantes na maioría de países,
Boliver foi a gran revelación como pai de
sementais nas últimas probas españo-
las en xeral e nas de Xenética Fontao en
particular, pois só no listado de mellores
touros por ICO con baixa fiabilidade, dos
9 touros presentes cinco son de Xenética
Fontao. Destes, catro son fillos de Bo-
liver (Boer, Bonabal, Burres e Boeing) e
un de O-Man (Once).
A FAMILIA MATERNA
A nai de Boer, Lynncrest Bw Marshl Ho-
rizon EX-91 USA GMD, é unha das me-
llores fillas de Mara-Thon BW Marshall
en EE.UU, con altísimas producións de
leite e proteína. Procede da prestixiosa
e profunda familia americana “Converse
Happy”, con 7 xeracións de vacas MB ou
EX que demostraron ser importantes va-
cas de cría, como acreditan os seus ga-
lardóns de GMD (medalla de ouro) e DOM
(nai de mérito).
A bisavoa de Horizon, Lynncrest Stan
Haley MB-88 USA DOM, foi unha vaca
que superou os 100.000 quilogramos de
leite ao 4 % de grasa e 3,40 % de proteí-
na de produción vitalicia. A avoa de Ho-
rizon, Lynncrest Converse Happy EX-91
USA GMD DOM, foi nai do touro probado
Lynncrest Corky Hayes, e a súa filla (e
nai de Horizon), Lynncrest Formation
Hush EX-90 USA GMD, foi a nai de Lyn-
ncrest Decision Hess, tamén touro pro-
bado.
Lynncrest BW Marshl Horizon é nai de
varios sementais en activo moi desta-
cados en diferentes países simultanea-
mente, como os seus fillos con O-Man:
Hanover, Horizon e Harmon en EE.UU ou
Mainau en Alemania; ou os seus fillos
con Boliver: Boer e Bonabal en España
e Hughes en EE.UU. Horizon demostrou
sobradamente o seu poder de transmi-
sión coa súa trintena de fillas e fillos con
pais tan variados coma Potter, O-Man,
Titanic ou Boliver.
O cruzamento de Horizon con Boliver
parece ser un dos máis apropiados, pois
con patas excelentes, e varias xeracións
na familia con tremendas estruturas e
altísimas producións de leite e proteína,
o resultado parece ser óptimo, tanto vía
macho (Boer e Bonabal) como vía femia.
Así o reflicten as irmás completas des-
tes: Lynncrest Boliver Honimaid ET MB-
89 USA e Bos Boliver Hora ET, ambas
con altas producións de leite e proteína
e destacados índices xenéticos en EE.UU
e España, respectivamente. Horizon
ten ademais fillas noutros países coma
Francia, Holanda ou Reino Unido e oito
delas foron calificadas MB en primeiro
parto.
A PROBA DE BOER
Boer, cun ICO de 2.978, é agora mesmo
o touro número 1 por ICO do listado oficial
de CONAFE dos mellores touros españois
con baixa fiabilidade, pois se ben esta é
suficiente na súa proba de produción, non
o é para a de morfoloxía. Se así fose, Boer
sería hoxe o touro número 2 do listado
dos mellores touros españois por ICO, in-
mediatamente detrás de Xacobeo.
A proba de produción reflicte un gran
potencial leiteiro, con cifras de +1.186
quilogramos de leite e +38 quilogramos
de proteína, cunha fiabilidade que xa su-
pera o 80%. Os recontos celulares son
lixeiramente mellores cá media (RCS
+102) e a lonxevidade é alta (+112).
As fillas de Boliver son vacas
con costelares abertos, altas
producións de leite e proteína e,
sobre todo, moi bos ubres
O cruzamento de Horizon con
Boliver parece ser un dos máis
apropiados, tanto vía macho como
vía femia
A proba de conformación, á espera de
alcanzar a fiabilidade suficiente nunha
próxima valoración, reflicte que as fillas
de Boer son vacas de boa morfoloxía en
xeral e de grande aptitude para a pro-
dución de leite, con estatura media, boa
anchura de peito e costelares amplos,
abertos e profundos. As patas son co-
rrectas e teñen boa mobilidade. Os ubres
son, sen dúbida, o punto forte das fillas
de Boer (ICU + 2,04), con boa textura, ben
insertados e con moi bo ligamento, pre-
parados para producir grandes cantida-
des de leite sen problemas.
A proba do seu irmán completo, Bona-
bal, reflicte un patrón moi similar, aínda
que con valores máis modestos. Aínda
así, e a falta de alcanzar a fiabilidade
suficiente na proba morfolóxica, cun ICO
de 2.345 situaríase entre os 15 mellores
touros por ICO de España.
O uso máis racional sería sobre
vacas con grupas anchas e ben
niveladas que necesiten mellorar
produción e rasgos do ubre
xenetica_fontao_8_galego.indd 5 19/8/10 19:36:42
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 20106 TOUROS PROBADOS
CONSELLOS DE APAREAMENTO
Tendo en conta o pedigrí de Boer (Bo-
liver x BW Marshall x Formation x Con-
verse x Bell Boss x Winken), é un touro
de fácil uso en canto a consanguinidade
se refire.
Boer é un touro ideal para mellorar as
producións de leite e proteína. O seu uso
máis racional sería sobre aquelas vacas
con grupas anchas e ben niveladas que
ademais da produción necesiten mello-
rar os rasgos do ubre.
Con todo iso, as liñas máis indicadas
sobre as que utilizar Boer serían:
Liñas Emory: fillas de Cid, Allen,
etc.
Liñas Lindy: fillas de Louro, Lhe-
ros, etc.
Liñas O-Man: fillas de Tranquil,
Marcador, Once, etc.
Liñas Durham: fillas de Dancer, Mr
Sam, Damion, Duplex, etc.
Liñas Rudolph: fillas de Landoi,
Champion, Vértigo, etc.
Liñas Talent: fillas de Magrebí.
Liñas Blitz: fillas de Lucus.
Así como sobre as fillas de Botafogo,
Elegant, Lupino, Mercurio, Javito, Su-
perman e Six, entre outros.
XENEALOXÍA
♀ LYNNCREST STAN HALEY MB-88 USA DOM (STAN-BITZIE BELL BOSS)
↓
♀LYNNCREST CONVERSE HAPPY EX-91 USA GMD DOM (HIGHLIGHT CONVERSE)
↓
♀LYNNCREST FORMATION HUSH EX-90 USA GMD (SHEN-VAL NV LM FORMATION)
↓
♀ LYNNCREST BW MARSHL HORIZON EX-91 USA GMD (MARA-THON BW MARSHALL)
↓
♂ BOS BOLIVER BOER ET (END-ROAD PVF BOLIVER)
De esquerda a dereita, Burreiro Boer Pinta, Chousa Boer Salomé e Chousa Boer Paula, fillas de Boer
xenetica_fontao_8_galego.indd 6 19/8/10 19:36:56
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2010 7INNOVACIÓN
UN PROGRAMA DE CRUZAMENTO INDUSTRIAL CON RAZAS DE APTITUDE CÁRNICA PRESENTOUSE EN XENÉTICA FONTAO
As instalacións de Xenética
Fontao, en Esperante (Lugo),
acolleron o pasado 28 de maio
a presentación dun programa
pioneiro en España de cruzamento indus-
trial de vacas frisonas con Rubia Galega
e outras razas de touros de aptitude cár-
nica. Ao acto acudiron o conselleiro de
Medio Rural, Samuel Juárez; o director
xeral de Produción Agropecuaria e pre-
sidente do Consello de Administración de
Xenética Fontao, José Álvarez Robledo, e
o presidente da Federación Frisona Gale-
ga, Álvaro Castro, así como outros res-
ponsables de asociacións gandeiras.
A Consellería do Medio Rural puxo en
marcha un estudo sobre o cruzamento in-
dustrial en Galicia coa finalidade de pór a
disposición dos gandeiros de Frisona infor-
mación fiable sobre as principais razas e
touros de aptitude cárnica con presenza no
mercado. O obxectivo é elaborar unha ofer-
ta de sementais perfectamente testados
para o seu emprego no cruzamento indus-
trial por parte dos produtores de leite.
Isto permitirá xerar un valor engadi-
do nas explotacións lácteas, pola vía
de destinar os machos nacidos nestas
granxas á venda para carne. Como sina-
lou Alejandro Fernández, director de Xe-
nética Fontao, durante a presentación do
programa, “na sesión do 19 de maio no
Mercado Nacional de Santiago de Com-
postela, un xato frisón macho de catego-
ría boa dun mes de idade cotizouse a 122
euros, fronte aos 425 euros dun macho
cruzado da mesma categoría”. Fernán-
dez engadiu que “este dato sería secun-
dario cando o prezo do leite é alto, pero
cobra importancia en épocas coma a ac-
tual, caracterizada polos baixos prezos”.
O programa posto en marcha pola
Consellería do Medio Rural será un dos
poucos do mundo que ofrecerá datos de
testaxe dos cruzamentos sobre vacas
frisonas. Os datos que permitirán avaliar
xeneticamente os sementais usados no
programa serán recollidos en explota-
cións en control leiteiro oficial por per-
soal técnico dos Africor (as asociacións
provinciais de control de rendementos).
Os datos a compilar son: facilidade de
parto (escala de 1 a 5), peso ao nace-
mento das crías (con báscula electrónica
móbil), perímetro torácico das crías, du-
ración da xestación, conformación (boa,
mala e regular) e cor da capa.
Os obxectivos técnicos finais do progra-
ma serán minimizar o risco de partos di-
fíciles, que orixinan importantes perdas
económicas (superiores aos 550 euros)
e maximizar o prezo de venda do xato en
base a unha mellor conformación.
Unha parte importante da produción
cárnica galega, comercializada en moi-
tos casos baixo o amparo da IXP Terne-
ra Gallega, procede do cebo de animais
obtidos mediante cruzamento industrial
de vacas frisonas con touros de aptitu-
de cárnica. Esta opción permite tanto a
xeración de rendas suplementarias nas
explotacións de leite coma a subminis-
tración de materia prima aos cebadeiros
industriais. Na actualidade o cruzamen-
to industrial representa o 17% do total de
cubricións da raza frisona, estimándose
nunhas 81.000 cubricións ao ano.
Os resultados obtidos no programa de
testaxe permitirán a revalorización da
Rubia Galega como raza de elección para
o cruzamento industrial nas explota-
cións de leite de Galicia. Isto consolidará
a posición da raza no mercado galego do
seme, ademais de propiciar a apertura
de mercados exteriores.
As razas Frisona e Rubia Galega cons-
titúen a base produtiva do vacún de leite
e carne de Galicia. As ganderías galegas
de frisón representan o 48% do total de
España e integran a máis de 200.000 re-
produtoras (o 40% do censo español).
A poboación de Rubia Galega conta cun
núcleo de selección de 50.000 cabezas
inscritas no Libro Xenealóxico, a maioría
censadas en Galicia.
De esquerda a dereita: Alejandro Fernández, director de Xenética Fontao; César Dorado, presidente de Acruga; Samuel Juárez, conselleiro do Medio Rural; José Álvarez Robledo, presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, e Álvaro Castro, presidente de Fefriga
xenetica_fontao_8_galego.indd 7 19/8/10 19:37:08
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 20108 MELLORA XENÉTICA
FINCA MOURISCADE, A MELLOR EXPLOTACIÓN DE ESPAÑA POR ICOFinca Mouriscade, explotación xestionada pola Deputación de Pontevedra, mantén
desde o ano 2000 un rabaño de receptoras de embrións, prestando un servizo
fundamental á mellora xenética das ganderías desta provincia. Na actualidade, cun
ICO de 1.938, é a explotación con mellor ICO de España.
Finca Mouriscade e a Xunta
estableceron no ano 2000 o
primeiro convenio para man-
ter un rabaño de receptoras
de embrións. As primeiras receptoras
foron 35 xovencas nacidas das vacas en
produción que daquela tiña a finca. Ese
mesmo ano vendeuse o rabaño de leite
e centrouse a actividade na extracción e
implantación de embrións.
A Xunta viña implantando entre 200 e
250 embrións ao ano, cifra demasiado
elevada para ser xestionada en exclusiva
pola UTE de Bos. Mouriscade asumiu un
30% desa cantidade, aproximadamente.
Os machos que nacen na Finca envíanse
a Xenética Fontao e as femias repárten-
se a cantidades iguais entre Mouriscade
e a UTE de Bos.
O convenio coa Administración foise re-
novando periodicamente ata o ano 2008. A
partir desa data non se volveu subscribir.
O rabaño actual da Finca está integra-
do por 110 reses, das que unhas 70 son
xatas e xovencas. Aos 13,5-14 meses, an-
tes de empreñar, fáiselles unha primei-
ra extracción de embrións. A partir do
primeiro parto, cada doante sométese a
tres extraccións por xestación.
Na Finca Mouriscade prímanse dous
aspectos das reses: o potencial para pa-
rir machos que poidan incorporarse a
centros de inseminación e a súa capaci-
dade de produción de embrións.
A tendenza na evolución da Finca foi
de redución progresiva do número de
embrións importados, ao tempo que au-
mentaba a produción propia de material
xenético. Desde o ano 2006 está autori-
zada para a exportación de material xe-
nético.
ESTATÍSTICAS
Durante o ano 2009 leváronse a cabo na
Finca Mouriscade 186 transferencias de
embrións. Nos primeiros sete meses do
2010, o número ascendía xa a 140.
O número de embrións colleitados no
ano 2009 foi de 336, dos que 182 foron
viables. Nos sete primeiros meses do
2010 colleitáronse 414 embrións (162
viables).
A Finca ten na actualidade case 100 ex-
plotacións colaboradoras, todas elas da
provincia de Pontevedra. Estas granxas
implantan embrións en xovencas de en-
tre 11 e 13 meses. Os animais pasan pre-
Vista xeral da Finca
xenetica_fontao_8_galego.indd 8 19/8/10 19:45:09
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2010 9MELLORA XENÉTICA
viamente rigorosos controis sanitarios,
que desde o ano 2006 levan a cabo as
agrupacións de defensa sanitaria (ADS).
Por outra banda, as explotacións cola-
boradoras tamén recorren á Finca para
facer extraccións de embrións.
En Mouriscade traballan 8 persoas: un
veterinario, un capataz, un vixilante e 5
operarios. A superficie agrícola aprovei-
table supera as 30 hectáreas, producín-
dose na finca toda a herba e o millo para
ensilar que se usan na alimentación do
gando.
PRINCIPAIS LIÑAS XENÉTICAS
Como consecuencia do intenso pro-
grama embrionario desenvolvido nos
últimos anos na Finca Mouriscade, ato-
pamos vacas e xovencas descendentes
das máis célebres familias americanas,
canadenses e europeas, todas elas cun
alto valor xenético e grande interese
como nais de sementais.
LIÑAS DE VACAS
Entre as vacas podemos destacar as
seguintes.
MOURISCADE TOYSTORY AROUSA MB-85
Arousa (que se atopa entre as mellores
vacas españolas por ICO) está actual-
mente na súa segunda lactación. Per-
tence á familia americana “Winchester
Joy”, caracterizada polas altísimas pro-
ducións de leite. De feito, a súa nai, Bos
Mouriscade Marsh Aloia ET BB-84 SM-
86, é unha das vacas máis produtoras do
rabaño, con máis de 53.000 quilos de lei-
te nas súas tres lactacións naturais.
MOURISCADE BOLIVER 0609 SILVIA
É un membro da familia “Decibel”, nai
e irmá materna de sementais de Xenéti-
ca Fontao: Anila Alexander Magno ET e
Mouriscade Kinteiro M. Carrio ET, res-
pectivamente. A súa irmá materna, Gva-
rela Toystory Saravia MB-85, é tamén nai
dun semental en proba: Gvarela Bolivia
Montrigo, á vez que unha das mellores
vacas españolas por ICO.
Mouriscade Toystory Arousa
Mouriscade Boliver 0609 Silvia
MOURISCADE BLITZ 0627 TREIXA
Neta da vaca Oconnors Tvf Rudolph
Lilly MB-88 CAN 28* (nai do semental
de Xenética Fontao Bos Titanic Torres
MB-86). Membro da familia “Laurie
Sheik”, que, con máis de 26.000 quilos
de leite ao 3,70% de graxa e 3,20% de
proteína na súa terceira lactación, os-
tenta o récord de produción das vacas
de 7 anos de idade no seu país de orixe
(Canadá).
MOURISCADE GOLDWYN TREVI MB-85
Esta vaca da familia “Buttercup”, cun-
ha chamativa morfoloxía, xa ten fillas
con Laurin, Sanchez e Xacobeo. Unha
xenetica_fontao_8_galego.indd 9 19/8/10 19:37:45
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 201010 MELLORA XENÉTICA
irmá completa da súa nai é Bos For-
bidden Butterfly ET EX-90 2E, avoa de
HS Xacobeo Butler, o primeiro fillo de
Xacobeo posto en proba por Xenética
Fontao.
BOS TOYSTORY WIJA ET BB-84
Wija é irmá completa do touro en espe-
ra de proba Bos Toystory Tomiño ET. A
nai de ambos, Wanja MB-89, é unha das
mellores fillas de Jocko Besn en Europa,
á vez que irmá completa dos touros pro-
bados Janosch, Jansen e Jackpot.
BOS JEFFERSON LILIANA ET MB-85
Liliana é irmá completa do semen-
tal en espera de proba Bos Jefferson
Bos Ramos Doris ET
Vixoi ET e nai do touro novo Mouriscade
Alexander Lilo. Liliana e Vixoi son fillos
da vaca canadense Vedderlea Durham
Lilac MB-88.
BOS TOYSTORY BELLA ET MB-86
Esta vaca da familia “Bellwood Linda” é
unha das mellores vacas españolas por
ICO e está contratada como futura nai de
sementais.
BOS TOYSTORY DRAGONA ET MB-85
Dragona é a única filla en España de
Vieuxsale Allen Dragonfly, membro des-
tacado á súa vez da prestixiosa familia
de vacas canadense “Dragonfly”.
Mouriscade Goldwyn Trevi
Bos Jefferson Lilliana ETBos Toystory Bella ET
BOS RAMOS DORIS ET
A única filla en España da célebre Rice-
crest Terry Tory EX-93 2E USA GMD DOM
1*. A súa irmá completa en EE.UU ten al-
tos valores xenómicos.
BOS FORTUNE MENTA ET
Esta vaca nova é un membro da familia
americana “Maui” e unha das poucas fi-
llas de Fortune no noso país. Menta está
recén saída do seu primeiro parto e xa
ten tres fillas nacidas con Xacobeo, froito
dun flushing cuando aínda era xovenca.
BOS BOLTON PERLA ET
Unha neta de Ricecrest Terry Tory, vía
unha Garter cualificada Excelente. Perla
xenetica_fontao_8_galego.indd 10 19/8/10 19:37:56
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2010 11MELLORA XENÉTICA
Bos Bolton Perla ET
Mouriscade Bolton Peta
é irmá completa de Bos Bolton Trudy ET,
o animal que acadou o máximo prezo na
poxa Top Bos deste ano.
BOS GARRISON CALIMA ET
Irmá completa do semental en espe-
ra de proba Bos Garrison Gardiman ET,
descendentes ambos da familia “Patron
Allie”. Calima xa ten fillas con Mr Burns,
Shottle, Airraid e Xacobeo.
LIÑAS DE XOVENCAS
Entre as xovencas con gran futuro, xe-
neticamente falando, podemos resaltar
as seguintes.
BOS FORTUNE TOYA ET
Unha filla de Fortune e da vaca Kildare
Blitz Latoya ET MB-85 (familia “Picolin”),
irmá completa do touro en proba Bos
Fortune Tardor ET.
BOS BOLIVER DESTI ET
Esta xovenca, cun suxerente pedigrí
(Boliver x O-Man x Durham) na familia
“Luke Rapture”, é irmá completa dos
touros novos Bos Boliver Destino ET e
Bos Boliver Meigo ET.
BOS PRONTO ALIZIA ET
Filla de Savage Leigh Zenith Liz EX-92
(familia “Bellwwod Linda”), é irmá ma-
terna de Bos Shottle Soutelo ET.
BOS PAGEWIRE OMANITA ET
Filla da vaca americana de altos índices
xenéticos De-Su Oman 6121 ET MB-86
GMD DOM. Ten dous irmáns completos
en proba: Bos Pagewire Padel ET e Bos
Pagewire Paypay ET.
BOS BAXTER PACHA ROJA ET
Filla da recoñecida vaca vermella ca-
nadense Gen-I-Beq September Sacha
MB-89, da familia “Aero Flower”. Ten un
irmán completo en Xenética Fontao, Bos
Baxter Flame Rojo ET.
BOS PLANET LEONIA ET
Da familia “Daurel”. Leonia é irmá com-
pleta de Bos Planet Leona ET; esta última
aparece na quinta posición do listado das
xovencas con mellor xenómica de Europa.
Leona e Leonia son fillas de Planet e de
La Presentation Leona ET MB-87 (Gold-
wyn x La Presentation Daurel ET).
BOS PRONTO EVA ET
Da familia “Broker Elegante”.
BOS JEEVES OREA ET
Da familia “Juror Faith”.
BOS PLANET LEASY ET
Da familia “Rudolph Essay”.
En canto aos machos nacidos na Fin-
ca Mouriscade, merece ser destacado
un semental de Xenética Fontao: Bos
Mouriscade Divino ET (familia “Dia-
monds”). Con alta fiabilidade, sitúase
aínda hoxe á cabeza dos mellores se-
mentais españois para morfoloxía (IGT:
+2,34) e, sobre todo, para ubres (ICU:
+2,61), sendo o terceiro mellor touro es-
pañol por tipo (detrás de Xacobeo) e o
cuarto mellor en ubres, inmediatamente
detrás de Dancer e Xacobeo.
xenetica_fontao_8_galego.indd 11 19/8/10 19:43:15
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 201012 CENTRO
VISITAS DO PERSOAL E DIRECTIVOS DE AFRICOR LUGO E AFRICOR PONTEVEDRA
Un grupo de 60 persoas de
Africor Lugo _directiva, téc-
nicos e a práctica totalidade
dos controladores_ visitou
as instalacións de Xenética Fontao o
pasado 30 de xuño. Da xunta directiva
acudiron, entre outros, José Manuel Ló-
pez Tellado, presidente da Africor; Álva-
ro Castro, actual presidente de Fefriga,
e José Carlos Vega, agora á fronte de
Conafe.
Foi un acto pouco protocolario, dada a
proximidade xeográfica dos visitantes e
os fortes lazos profesionais que hai en-
tre o centro de escolma e reprodución
e toda a estrutura do control leiteiro.
Comentouse cos visitantes os enormes
avances producidos neste eido nos úl-
timos 20 anos, desde os tempos en que
“había que ir convencendo aos gandei-
ros para que se sumaran ao control
leiteiro, e preguntaban para que valía
aquelo”.
As estatísticas que manexa o centro
serviron para ilustrar esta revolución si-
lenciosa, que levou a que Galicia teña na
actualidade máis de 4.000 ganderías en
control leiteiro, practicamente a metade
das que están neste sistema no conxunto
de España.
Por outra banda, destacouse o peso de
Xenética Fontao na proba de touros en
España, e o feito de que o seu volume de
actividade, e a profesionalidade coa que
se leva a cabo, implica ter varios semen-
tais no máis alto da táboa. Entre eles, o
actual número 1 de España, Xacobeo. Su-
bliñouse o feito de que a xenética desen-
volvida en Galicia empeza a ser valorada
e demandada por outros países, incluíndo
mecas da xenética bovina como son Esta-
dos Unidos e Canadá.
Despois da introdución, os convidados
fixeron un percorrido polo centro, visi-
tando tanto os laboratorios coma as na-
ves de gando.
AFRICOR PONTEVEDRA
O 15 de xullo tivo lugar outra visita si-
milar, desta vez de Africor Pontevedra, á
que tamén acudiron directivos, técnicos
e controladores, incluíndo o presidente,
José Manuel Madriñán, e o director téc-
nico, José Rodríguez.
A recepción desenvolveuse nos mes-
mos termos cá dos compañeiros de
Lugo. Visionaron o DVD sobre o centro e
coñeceron algunhas das cifras máis sig-
Foto de familia dos técnicos e directivos de Africor Lugo en Xenética Fontao
xenetica_fontao_8_galego.indd 12 19/8/10 19:43:21
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 2010 13CENTRO
A sede de Xenética Fontao re-
cibiu o 23 de xuño a visita
dun grupo de gandeiros e
técnicos da S.C.A Ganadera
del Valle de los Pedroches (COVAP) de
Córdoba. COVAP vén traballando desde
hai tres anos co seme de Xenética Fon-
tao. Nas explotacións da cooperativa
andaluza estanse a implantar moitas
doses de touros coma Xacobeo, Dan-
cer, Lautamic e outros sementais do
centro.
Os gandeiros andaluces puideron coñe-
cer o funcionamento do centro a través
dun vídeo e das explicacións dos seus
responsables. A visita completouse cun
percorrido polos laboratorios e as naves
do gando.
Con esta toma de contacto pretendeu-
se “estreitar os lazos de colaboración”
que existen entre a cooperativa anda-
luza e Xenética Fontao e, en xeral, con
todo o sistema da mellora xenética de
Galicia. Os gandeiros de COVAP visita-
ron tamén a Finca de Mouriscade e a
UTE de Bos, con quen teñen interese
en manter colaboración para implantes
de embrións.
Os gandeiros andaluces, observando o proceso de extracción de seme
Os visitantes de Africor Pontevedra
GANDEIROS E TÉCNICOS DE COVAP COÑECERON O CENTRO
nificativas sobre a produción de leite e a
actividade de Xenética Fontao.
Posteriormente a comitiva ponteve-
dresa visitou os laboratorios. Desta-
couse o feito de que Xenética Fontao é
nestes momentos o único centro a nivel
nacional que fai probas xenómicas. Os
visitantes tamén observaron a extrac-
ción de seme desde a galería acristala-
da, comprobado a pericia que deben ter
os encargados da recollida.
Finalmente, a expedición de Africor
Pontevedra fixo un percorrido polas na-
ves do gando.
A cooperativa Valle de los Pedroches
é na actualidade a maior de Andalucía.
Ten preto de 15.000 socios, a maioría da
provincia de Córdoba, pero tamén das
veciñas Badajoz e Ciudad Real.
xenetica_fontao_8_galego.indd 13 19/8/10 19:40:53
XENÉTICA FONTAO SETEMBRO 201014 CENTRO
UNHA DELEGACIÓN DE ALTO NIVEL DO PROGRAMA XENÉTICO CHINÉS VEU COÑECER O MODELO GALEGO
Unha decena de técnicos do
programa xenético de va-
cún da República Popular
de China, entre eles o seu
principal responsable, Zhang Yuan, visi-
tou Galicia a finais de xullo para coñecer
os fitos da comunidade nesta materia. O
día 29 estiveron nas instalacións de Xe-
nética Fontao.
Ademais de Zhang integraban a de-
legación a profesora Yachun Wang, da
Universidade Agrícola de Pequín, e res-
ponsables dos centros de inseminación
artificial de Pequín, Shanghai, Tianjin e
Heilongjiang, os catro maiores cos que
conta o país (e que producen arredor do
70% do seme do mercado interior).
Os chineses chegaron a Fontao despois
de visitar, en días anteriores, a UTE de
Bos e varias granxas de grandes dimen-
sións en Cataluña. O modelo de mello-
ra xenética de Galicia sorprendeunos
favorablemente, sobre todo polo feito
de tratarse dun programa desenvolvido
en ganderías pequenas, o que demostra
que nestas dimensións é tamén posible
alcanzar a excelencia xenética.
China pode ser un mercado de futuro
para a xenética galega, se ben resulta
difícil establecer vías de entrada no país,
supeditadas sempre a acordos políti-
cos. A importación de material xenético
está bastante limitada e, de momento,
mantense en porcentaxes residuais. En
Europa, os chineses teñen subscritos
convenios para a importación de mate-
rial xenético só con Francia, Alemaña e
Holanda.
De feito, esta foi a primeira visita a Es-
paña dunha delegación técnica do pro-
grama xenético chinés. Algúns dos visi-
tantes indicaron que si coñecían outros
países europeos.
Os visitantes recibiron información
sobre algúns dos sementais destacados
do centro, coma Mario Xacobeo, núme-
ro 1 por ICO en España e número 2 por
tipo no Reino Unido, do que proxima-
mente se porán a proba uns 20 fillos;
Bos Boliver Boer ET, número 2 por ICO
en España e nova promesa de Xenética
Fontao; Dancer, líder español en ubres,
ou Delete, espoñente dunha nova liña e
irmán completo de Atwood, o número 1
nas valoracións xenómicas de Estados
Unidos.
Os expertos chineses fixeron numero-
sas preguntas sobre como se leva a cabo
a produción e distribución de doses se-
minais en España, interesándose tanto
polos aspectos técnicos coma polos le-
gais.
A delegación chinesa, no exterior do centro ao final da visitaA delegación chinesa, no exterior do centro ao final da visita
Os visitantes, no salón de actos do centro
xenetica_fontao_8_galego.indd 14 19/8/10 19:41:03
xenetica_fontao_8_galego.indd 15 19/8/10 19:41:24
xenetica_fontao_8_galego.indd 16 19/8/10 19:41:34