flora galega 2014

34
FLORA GALEGA Fátima Fernández Feijó Fátima Lago Romero 1º BACH A

Upload: iesasorey

Post on 15-May-2015

104 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Flora galega 2014

FLORA GALEGA

Fátima Fernández Feijó

Fátima Lago Romero

1º BACH A

Page 2: Flora galega 2014

ULEX EUROPAEUS

Tamén coñecida como Toxo, pertence á familia Eguminosae e ten a súa orixe en Europa.

Trátase dun arbusto espiñento de entre 60 e 200 cm. de altura, con flores amarelas cuxo froito é unha legume recuberta de pelo con entre 2 e 8 sementes, que se adapta perfectamente ós solos pobres e secos e que arde con moita facilidade.

Page 3: Flora galega 2014
Page 4: Flora galega 2014

HIERACIUM PILOSELA

Tamén coñecida como “Vellosilla”, trátase dunha especie espermatófita pertencente á familia Asteraceae e orixinaria de Europa.

Esta planta ten uns estolóns largos e delgados tendidos no chan.

As súas follas teñen unha disposición circular e atópanse todas á mesma altura, son máis estreitas por abaixo e posúen pelos pálidos.As flores teñen entre 1,8 e 2,2 cm. de diámetro e a súa cor adoita ser amarelo pálido, con raias na superficie externa.

Florece de maio a setembro.

Page 5: Flora galega 2014
Page 6: Flora galega 2014

AMARYLLIS BELLADONNA

Tamén coñecida como "Dama desnuda", é unha planta perenne e bulbosa, con 5 ou 10 cm de diámetro cada bulbo, nativa de Sudáfrica coa peculiaridade de que que as súas flores atrompetadas aparecen antes que as follas.

A floración soe producirse en inverno e as súas flores saen no extremo dos talos, con cores que van dende o branco ata laranxa pasando polo rosa e o vermello.

As súas follas, que se producen en outono e so en caer en primavera, teñen entre 30 e50 cm de lonxitude, 2 o 3 cm de ancho e colócanse separadas en dúas filas.

Page 7: Flora galega 2014
Page 8: Flora galega 2014

CALYSTEGIA SILVATICA

Tamén coñecida como “Campanilla Mayor”, trátase dunha planta perenne e rubideira que pode alcanzar os 5 metros de lonxitude, con talos moi retorcidos e flores en forma de campá (de aí o seu nome común) de ata 6 cm, coa corola en embude e normalmente de cor branco ou,en contadas ocasións, rosadas e que ten a súa orixe na rexión mediterránea e en Asia sudoccidental.

A súa floración prodúcese de xuño a setembro.

Page 9: Flora galega 2014
Page 10: Flora galega 2014

DIGITALIS PURPUREA

Tamén coñecida como “Zapatitos de Cristo”, é unha planta herbácea perenne con talos de entre 50 ou 100 cm que ten a súa orixe en Europa, África del Norte y Asia occidental.

Esta planta florece dende a primavera e a súa floración dura entre seis e dez semanas.

As flores son tubulares, de ata 5 cm de longo, con pétalos de cor que varía dende o amarelo pálido ata o rosa intenso no exterior e púrpura no interior da corola e forman acios que colgan boca abaixo.

As súas sementes son dispersadas polo vento pero a polinización é realizada por abellas.

Page 11: Flora galega 2014
Page 12: Flora galega 2014

IRIS PSEUDACORUS

Tamén coñecida como lirio amarelo, é unha especie perenne da familia Iridaceae. É orixinaria de Eurasia.

Ten follas distincas. As flores aparecen preto de marzo ou xuño e poden ser solitarias ou en pares.

Alcanzan un diámetro de 8 a 10 cm e frecuentemente teñen manchas laranxas ou púrpuras. Os talos poden medir de 1 a 1,5 m (raramente a 2 m).

O seu hábitat é en pantanos e ribeiras de toda Europa.

Page 13: Flora galega 2014
Page 14: Flora galega 2014

BELLIS PERENNIS

Tamén coñecida como chiribita, margarida común, pascueta ou vellorita é unha planta herbácea moi utilizada para a decoración.

É unha planta herbácea perenne, ocasionalmente con pequenos rizomas,con follas  de 10-60 por 4-20 mm. As brácteas teñen pelos pluricelulares máis ou menos abundantes no dorso e as flores  de 5,5-8,5 mm son brancas, ás veces tinguidas de púrpura.

Nativa de Europa e Norte de África ata Asia Central e introducida no resto do mundo.

Florece e frutifica de outubro a xuño.

Page 15: Flora galega 2014
Page 16: Flora galega 2014

FUMARIA CAPREOLATA

Tamén coñecida como fumaria branca ou avelaíña, é unha planta herbácea anual da subfamilia Fumarioideae, nativa de Europa meridional.

Ten un talo rubideiro ou rastreiro, que alcanza os 100 cm de altura. Presenta follas plurilobuladas e alternas. En inverno ou a comezos de primavera aparecen nos talos acios de flores de 10 a 15 mm, brancos, con dous sépalos. A corola está composta por catro pétalos unidos no ápice pero libres.

O froito medra ao cabo dun pedicelo protexido por brácteas.

Page 17: Flora galega 2014
Page 18: Flora galega 2014

TARAXACUM OFFICINALE

Tamén coñecida como dente de león e meacamas, é unha especie de planta con flor da familia das asteráceas.

Considerada xeralmente como unha "mala herba", as súas follas consúmense en ensalada e atribuíronselle numerosas propiedades medicinais.

É unha planta anual e perenne con raíz primaria larga, pero non adoita alcanzar máis de 40-50 cm. Ten follas alternas cunha nervadura central. O talo permanece sempre acurtado, é por isto que se denominan plantas acaules. Teñen pedúnculos ocos, que ao romper emanan un xugo leitoso amargo. As flores son hermafroditas, cun cor amarelo dourado.

Florece en primavera a ata fins de verán. O froito é un aquenio con longo pico e vilano.

Page 19: Flora galega 2014
Page 20: Flora galega 2014

PAPAVER DUBIUM

Tamén coñecida como papoula é unha especie pertencente á familia das papaveráceas.

É moi parecida á papoula común, pero cos pétalos vermellos máis pálidos e curtos, de 1,5 a 3 cm, ás veces cunha mancha escura na súa base. Ten unha cápsula duns 1,5 e 2 cm de longo.

Florece en primavera e verán.

Atópase máis frecuentemente en terreos cultivados.

Page 21: Flora galega 2014
Page 22: Flora galega 2014

CISTUS PSILOSEPALUS

Tamén coñecida co nome de carpaza, é unha planta subarbustiva propia de sotobosques.

Ten follas planas, de cor verde viva, peludas por ambas as dúas páxinas. As flores son hermafroditas e actinomorfas, de ata 4 cm., solitarias ou en cumes paucifloras. Sépalos exteriores moito maiores, acorazonados, acrecentes no froito. Pétalos brancos, obovados e truncados. Estames numerosos.

O froito está contido nunha cápsula e é peludo.

Florece no verán.

Page 23: Flora galega 2014
Page 24: Flora galega 2014

ARENARIA MONTANA

É unha especie de planta herbácea pertencente á familia das cariofiláceas.

É unha planta herbácea moi ramificada, de talos finos, con certa tendencia rubideira sobre os arbustos da matogueira cando crece entre eles. Ten follas grandes entre 1-3 cm. O nervio medio destas case non se ve. As flores son pedunculadas, o tamaño do pedúnculo é igual ou maior que o dos sépalos, os cales presentan pelos. Teñen a corola branca, vistosa, cun diámetro duns 2 cm. Presenza de pelos glandulosos.

Medra en medios rochosos e pedregosos ou matogueiras de zonas cálidas litorais.

Page 25: Flora galega 2014
Page 26: Flora galega 2014

LAVATERA CRETICA

É unha especie de planta herbácea pertencente á familia Malvaceae.

As flores son de cor rosa moi clara, con veas de cor máis escura. Os pétalos están profundamente lobulados. Pódese confundir con Malvasylvestris, pero esta última ten a corola de cor rosa intensa, e ocalículo está formado por pezas pequenas e estreitas.

Florece dende o inverno e durante a primavera.

É moi común atopala en marxes de campos e camiños.

Page 27: Flora galega 2014
Page 28: Flora galega 2014

TRIFOLIUM REPENS

Tamén coñecida como trevo branco, é unha especie de trevo nativa de Europa, norte de África, e Asia occidental. É cosmopolita, ao aparecer en distintas ambientes dentro do clima morno húmido. É moi importante como forraxeira.

É unha planta herbácea e perenne. Alcanza unha altura de 10 cm. Propágase por estolóns e sementes. O sistema radical é ramificado na súa raíz principal. As follas son pecioladas e trifoliadas. Os estolóns atópanse abrazados por estípulas membranosas das follas. As flores son de tipopapilionáceo ou papilionoides. Os froitos conteñen tres ou carto sementes en forma de corazón, sumamente pequenas e de cor variable do amarelo ao marrón-avermellado.A semente ten forma redondeada cunha protuberancia que coincide coa posición da futura radícula.

Page 29: Flora galega 2014
Page 30: Flora galega 2014

OENANTHE CROCATA

Tamén coñecida como nabo do demo é unha especie da familia dasapiáceas.

Distínguese polos lóbulos das follas basais que son ovados ou redondeados, de dentes romos, e radios primarios e pedúnculos das umbelas que non engrosan en froito. Perenne, robusta e ramosa de ata 1,5 m. Flores brancas, en umbelas terminais de 10-40 raios primarios; brácteas e bracteolas pequenas. Froito cilíndrico de ata 6 mm, estilos a metade de longos.

Florece a final de primavera e en verán.

Habita en canles, beiras de mananciais e ríos.

Page 31: Flora galega 2014
Page 32: Flora galega 2014

PTERIDIUM AQUILINUM

Tamén coñecido como fento aguia, é unha especie de fento pertencente á familia Hypolepydaceae. Esta especie é un dos organismos vexetais de máis ampla distribución podendo encontrarse en todos os continentes, salvo a Antártida.

Fento  vivaz ou perenne cun rizoma subterráneo moi desenvolvido que chega a alcanzar ata un metro de lonxitude de cor parda e cuberta de peluxes escuras. 

Distribución mundial e ausente en zonas desérticas que habita sobre chans profundos ben drenados ata areentos e en zonas frescas con substratos pobres en bases ou lixeiramente silíceos.

Page 33: Flora galega 2014
Page 34: Flora galega 2014

FLORA GALEGA

Fátima Fernández Feijó

Fátima Lago Romero

1º BACH A