filosofía para nenos ii

3
Filosofía para nenos e nenas II CEIP As Covas – Meaño Curso 2012-13 XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O. U. CEIP As Covas - Meaño Rúa Herminia Fariña s/n 36968 Meaño (Pontevedra) Telf./fax: 986747262 [email protected] http://centros.edu.xunta.es/ceipdemeanhoascovas/

Upload: padin-solla

Post on 30-Mar-2016

218 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Filosofía para nenos II

Filosofía

para nenos e nenas

II

CEIP As Covas – Meaño

Curso 2012-13

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O. U.

CEIP As Covas - Meaño Rúa Herminia Fariña s/n 36968 Meaño (Pontevedra) Telf./fax: 986747262

[email protected] http://centros.edu.xunta.es/ceipdemeanhoascovas/

Page 2: Filosofía para nenos II

O Materialismo

PLAN DE DIÁLOGO

- Que significa material?

- Que significa inmaterial?

Pensemos en algo inmaterial.

Se tiveras que facer un agasallo non material ¿que sería?

Pódese xogar ao amigo invisible e agasallarse algo non material.

A Paz

PLAN DE DIÁLOGO E PROPOSTAS A PARTIRES DO CADRO VIVA LA PAZ DE PICASSO

1º- Ir amosando o cadro por partes (feito no Power-point ) e os nenos e nenas por quendas irán dicindo

que ven, non se trata de que adiviñen que pode ser se non que dean a súa opinión do que alí ven. Ata

que se descubre o cadro enteiro. É importante non dicirlles o autor de momento ….

2º- Plan de diálogo :

.Que vemos ?

.Que sensacións provoca (frío, calor, …) e que argumenten as razóns.

.Que sentimentos provoca. Argumentar. (Que expliquen por que ese cadro lles transmite ese

sentimento)

.Como se titulará este cadro? Por que?

.Que cores se empregaron? Por que o pintor ou pintora empregaría esas cores?

Ti empregarías outras? Por que? Cales?

3º- Outras propostas …

- Pódese facer unha pequena investigación sobre o autor do cadro.

- Pódese replantexar o cadro e cambiarlle de cor, facerlle outro escenario, vestir de xeito distinto

aos personaxes …

- Pensar unha música para esa danza facela.

- Crear unha historia colectiva ou en pequenos grupos a partires do que se ve no cadro.

Dramatizala.

- Ilustrar a historia usando un ou varios personaxes ou elementos do cadro …

4º- (………………………..? )

A cantiga deste mes tamén pode ser un bo tema para dialogar. CANTIGA DE IRMAUS

Page 3: Filosofía para nenos II

O racismo

PLAN DE DIÁLOGO A PARTIRES DA CANTIGA DE IRMAUS

1º- Sería interesante que os nenos e nenas fixeran unha pregunta a partires do texto e dialogar para

responder a esas preguntas.

2º- Aclarar conceptos precisos:

- Que significa: pobreza, inxustiza, rabexa, cobiza, ... poñer exemplos.

- Que significa: ser distinto, ser semellante a ... poñer exemplos.

3º- Que semellanzas e diferenzas temos con respecto a nenos e nenas do noso contorno e nenos e nenas

doutros países. Que temos en común?

4º- En you-tube hai un power con imaxes interesantes. No blog de E. D. L. da nosa escola.

Irmaus. Celso Emilio Ferreiro. Fuxan os ventos