filgueira valverde
TRANSCRIPT
LETRAS GALEGAS 2015
Breve Biografía
INFANCIA E ADOLESCENCIA EN PONTEVEDRA.
Naceu en Pontevedra, o 28 de outubro na praza do Peirao. Fillo de José María Filgueira Martínez, médico en Pontevedra, e Araceli Valverde
Yaquero. Comeza bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra. Tivo como profesores a figuras tan destacadas, claves na súa
formación, como Ernesto Caballero, Ramón Sobrino, Antón Losada Diéguez ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
1906 - 1922
OS ANOS UNIVERSITARIOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
En 1925 e nomeado Correspondente da Real Academia Galega. Tras doutorarse en Dereito e Filosofía e Letras, comezou a exercer en 1927
como profesor –máis tarde catedrático- no instituto de bacharelato de Pontevedra no que se mantivo activo ata a súa xubilación en 1976.
1922 - 1928
O RETORNO A PONTEVEDRA.
En 1923 foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, dirixindo a sección de Historia da Literatura.
En 1927 foi tamén un dos fundadores do Museo de Pontevedra. Será director do Museo entre 1942 e 1986.
En 1931 comeza unha intensa actividade política sendo elixido secretario técnico do Partido Galeguista, que centrará parte da súa actividade na
redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia.
Participa moi directamente na difusión e comercialización do Álbum Nós, a excepcional obra de Castelao
1928 - 1935
A CONSOLIDACIÓN DO SEU PRESTIXIO INTELECTUAL
En maio de 1935 encabezou unha escisión do Partido Galeguista, organizando unha Dereita Galeguista.
No ámbito profesional e académico, gana por oposición a Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto Balmes” de Barcelona. Por
concurso de traslados logra praza no Instituto de Lugo ata que en 1942 obtén a cátedra de Lingua e Literatura no Instituto de Pontevedra. En
Madrid, será calificado con sobresaínte na Tese de doutoramento, dirixida por Armando Cotarelo Valledor, que versou sobre La Cantiga CIII:
noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval.
En 1938 contrae matrimonio en Lugo con María Teresa Iglesias de Oscáriz. Terán 5 fillos, catro mulleres e un home.
En 1940 encárgase da dirección do Museo de Pontevedra do que xa era secretario dende 1929 e ata 1986 que é nomeado director emérito.
En 1941 é nomeado membro numerario da Real Academia Galega. En 1944 constitúe formalmente en Santiago o Instituto de Estudios Gallegos
“Padre Sarmiento”, facéndose cargo da dirección da sección de Arte. É nomeado director do Tribunal Provincial Tutelar de Menores.
1946, é nomeado director do Instituto de Pontevedra.
En 1953 e nomeado correspondente da Real Academia Española.
1935 - 1959
Breve Biografía
TODA UNHA VIDA
Tralas primeiras eleccións ao Parlamento Galego, foi designado Conselleiro de Cultura, desde o que contribuíu á creación
do Consello da Cultura Galega, organismo que presidiu desde 1990 ata a súa morte en 1996. 1991 foi un ano de intensa
dedicación ás tarefas programadas polo Consello da Cultura Galega.
No transcurso da súa vida, foi distinguido con numerosos premios, condecoracións e distincións. Sirvan de testemuña, por
un lado, as Medallas de Ouro das “súas” dúas cidades, Pontevedra e Santiago, e, por outro a súa elección como
Numerario da Real Academia Galega e da Real Academia da Historia.
En 1990 recibe o Premio “Trasalba”, concedido pola fundación Otero Pedrayo. En 1993, recibe en Madrid, o Premio “Galego
do ano”, concedido pola Enxebre Orde da Vieira. En 1996 é investido doutor “Honoris Causa” polas Universidades de
Santiago de Compostela e Vigo. Recibe o “Premio das Letras e das Artes de Galicia”, a Medalla de Ouro do Centro Rexional
Asociado da UNED en Pontevedra e o título de Fillo Predilecto da Cidade de Pontevedra.
1986 - 1996
OS ANOS DA ALCALDÍA. NOVAS INICIATIVAS. VELLOS COMPROMISOS CON GALCIA.
En 1959 foi nomeado alcalde de Pontevedra ata 1968.
Entre 1927 e 1976 foi director do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
En 1973 recibe o “´Pedrón de Ouro”, un dos galardóns de maior prestixio no ámbito cultural galego, e tamén o premio
“Galicia Letras”.
En 1981 toma posesión como membro da Real Academia da Historia.
Ao longo da súa vida, participou de maneira decidida e decisiva na creación ou potenciación de numerosas institucións,
algunhas de capital significación no panorama cultural do seu tempo. Merecen reseña, polas especiais circunstancias nas
que concorren, catro: o Seminario de Estudos Galegos (1923), o Museo de Pontevedra (1927), o Instituto Padre Sarmiento
de Estudios Gallegos (1944) e o Consello da Cultura Galega (1983).
1959 - 1986
A súa obra
A súa obra
OBRA EN GALEGO
A súa obra
OBRA EN CASTELÁN
Pontevedra. Anos de alcaldía
1. Defensa do patrimonio
histórico, artístico e cultural de
Pontevedra.
2. Participar nos plans de
industrialización de Galicia
especialmente no sector
forestal e agropecuario.
3. Proxección de Pontevedra
cara o exterior e normalización
das relacións coa que el
consideraba a cidade irmá,
Vigo.
• Proclamación da Igrexa de Santa
María como Basílica.
• Remate das obras e
inauguración de Celulosa e
Tafisa.
• Ampliación do Museo .
• Desecamento da Xunqueira de
Alba.
• Aprobación do Polígono de
Campolongo.
• Retirada do ferrocarril do centro
da cidade. Nova estación.
• Empedrado da zona monumental
e urbanización de numerosas
rúas.
• Escola de Maxisterio, O Ateneo,
Escola de capataces forestais,
Estadio da Xuventude, A Misión
Biolóxica, O Ambulatorio, O
Teléfono automático con Vigo e
Marín, Iluminación de rúas.
Pontevedra.
Novas iniciativas, vellos compromisos: museo, música…
O Museo de Pontevedra 1927 é ”a meniña dos seus ollos”. Os fundadores
(Castelao, Sánchez Cantón, Casto Sampedro e Filgueira) maxinaron un Museo
que fose un fogar e non un almacén de antigüidades, un fogar que recollese
os testemuños do pasado e que ofrecese o gozo da arte galega, un fogar que
ademais fose centro de estudos e investigación.
Hoxe o Museo conta con seis edificios. A súa biblioteca ten máis de corenta e
cinco mil volumes e unha gran hemeroteca. Auspiciada pola fundación Barrié
leva a Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia. Conta cunhas
coleccións únicas no mundo: acibeches, Castelao, sala Méndez Núñez,
Sargadelos, Arqueoloxía, etc. No eido da educación foi pioneiro no programa
de alumnos colaboradores, visitas, ciclos, conferencias, etc.
A música como fundamento da identidade na súa obra:
• As “pedras angulares” do seu proxecto: a música no Camiño de Santiago, o
Calixtino, os trobadores galego-portugueses, as Cantigas de Santa María, as
panxoliñas galegas.
• Promotor directo ou indirecto de: Coral Polifónica de Pontevedra (de
Castelao, Blanco Porto, Iglesias Vilarelle), Coro do Instituto de Pontevedra,
o do Mosterio de Poio, Música en Compostela “a luz dos candelabros”, o
Coro Ars Musicae, e grupo de Carlos Villanueva.
• A seu labor de divulgación sobre Martín Códax, P. Sarmiento, Manuel
Quiroga, Rogelio Groba, a “Festa dos Maios”, o Cancioneiro de Casto
Sanpedro, “A Panxoliña”, Cancioneiro de Galicia de Torne y Bal, etc.
Pontevedra.
Entre a xubilación e a renuncia á dirección do Museo de Pontevedra
Álbum: toda unha vida dedicada a Galicia
Filgueira Valverde de neno Cos seus pais Instituto de 2ª Ensinanza Pontevedra Coa súa familia
Seminario de Estudos Galegos (1928) Escavacións con Álvaro D’Ors (1955) No museo co Príncipe Juan Carlos Claustro do Instituto de Pontevedra
Presidente do consello da Cultura (1995) Académico da RAH 1981 Irmán na galeguidade: Antón Fraguas Honoris Causa USC 1996