ficha tarefa canicópolis

15
TAREFAS CON FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS 2016-2017 (CEIP Canicouva) CURSO 3º EP TITORA: PAULA REY SILVA ÁREAS LINGUAS GALEGA E CASTELÁ E LITERATURA EDUCACIÓN PLÁSTICA TEMPORALIZACIÓN 2º E 3º TRIMESTRE Título CANICÓPOLIS Descrición Durante o segundo e terceiro trimestre, e dentro do proxecto documental integrado do centro “A VOLTA AO COLE EN 80 LIBROS”, dende a titoría de terceiro traballamos a mitoloxía (grega e galega), dende o plan de animación á lectura e a escritura de aula: investigamos, limos, aprendemos, escribimos, contamos, debuxamos, xogamos, disfrazámonos e representamos teatralmente, mitos. Non empregamos todas as horas das áreas, senón que as fomos distribuíndo segundo ás necesidades. Produto GLOSARIO DE MITOS. Contexto Instalacións do centro ACTIVIDADE 1: MOTIVACIÓN-SORPRESA-EMOCIÓN PERCY JACKSON E O LADRÓN DO RAIO Cinco sesións de lectura da primeira semana do 2º trimestre. Cando chegaron do recreo o primeiro día atoparanse as persianas baixadas, as esterillas e coxíns preparados diante da pantalla branca e unha película preparada para proxectar, xerando curiosidade e desexo de saber que pasará. Puxemos a película. Algúns recoñecérona e pedímoslles que gardaran o segredo do que nela pasará. Aos poucos fóronse dando conta que trata sobre a mitoloxía grega. A película en cuestión é Percy Jackson e o ladrón do raio. A película proxectarase por

Upload: paulareysilva

Post on 28-Jan-2018

221 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ficha tarefa Canicópolis

TAREFAS CON FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS

2016-2017 (CEIP – Canicouva)

CURSO 3º EP TITORA: PAULA REY SILVA

ÁREAS LINGUAS GALEGA E CASTELÁ E LITERATURA

EDUCACIÓN PLÁSTICA

TEMPORALIZACIÓN 2º E 3º TRIMESTRE

Título CANICÓPOLIS

Descrición Durante o segundo e terceiro trimestre, e dentro do proxecto

documental integrado do centro “A VOLTA AO COLE EN 80

LIBROS”, dende a titoría de terceiro traballamos a mitoloxía (grega e

galega), dende o plan de animación á lectura e a escritura de aula:

investigamos, limos, aprendemos, escribimos, contamos, debuxamos,

xogamos, disfrazámonos e representamos teatralmente, mitos. Non

empregamos todas as horas das áreas, senón que as fomos distribuíndo

segundo ás necesidades.

Produto GLOSARIO DE MITOS.

Contexto Instalacións do centro

ACTIVIDADE 1: MOTIVACIÓN-SORPRESA-EMOCIÓN

PERCY JACKSON E O LADRÓN DO RAIO

Cinco sesións de lectura da primeira semana do 2º trimestre.

Cando chegaron do recreo o primeiro día atoparanse as persianas baixadas, as

esterillas e coxíns preparados diante da pantalla branca e unha película preparada

para proxectar, xerando curiosidade e desexo de saber que pasará. Puxemos a

película. Algúns recoñecérona e pedímoslles que gardaran o segredo do que nela

pasará. Aos poucos fóronse dando conta que trata sobre a mitoloxía grega. A

película en cuestión é Percy Jackson e o ladrón do raio. A película proxectarase por

Page 2: Ficha tarefa Canicópolis

partes, 30’ diarios durante unha semana.

Escollín esta película non só pola introdución ao mundo mitolóxico grego, senón

porque está baseada nunha novela de Rick Riordan. Aos nenos e nenas que lles

gustou moito leron os libros. Lembremos que o proxecto está vinculado co traballo

da biblioteca do centro.

Despois da última sesión de Percy pregunteilles se querían participar nun proxecto

sobre Mitoloxía e dixeron emocionados que si.

Estándares - Indicadores

LCB1.1.2. Aplica as normas sociocomunicativas: escoita atenta, espera de quendas,

respecto da opinión dos e das demais.

Segue con atención a película. Non interrompe durante a proxección e deixa

escoitar aos demais.

Participa activa e respetuosamente no debate e nas aclaracións durante o

visionado do filme.

ACTIVIDADE 2: CREACIÓN DE XOGOS

DEUSES DO OLIMPO E CRIATURAS MITOLÓXICAS

Estudaremos as súas calidades, atributos, etc dos olímpicos. Descubriremos onde

está o Olimpo e crearemos un xogo tipo Memory para emparellar ilustracións de

deuses e os seus nomes.

Dedicaremos outra sesión para crear o mesmo xogo pero coas criaturas

mitolóxicas que aparecen na película.

Noutra sesión, aproveitando as fichas do Memory xogaremos a Adiviña quen

son?. Un membro do equipo colle sen ver unha das ilustracións anteriores. Tira un

dado, se cae en 1 ou 2, terá que facer que o seu equipo adiviñe o personaxe facendo

mímica. Se cae e 3 ou 4, debuxará. Se toca un 5 ou 6 describirá.

Page 3: Ficha tarefa Canicópolis

Estándares – Indicadores

LGB1.3.1. Participa nunha conversa entre iguais, comprendendo o que di o

interlocutor e intervindo adecuadamente.

Evita as discusión e acepta os distintos puntos de vista.

ACTIVIDADE 3: A GRECIA CLÁSICA

MAPA, ALFABETO E LETRAS TIPO GREGO

Debuxamos o mapa Grecia Clásica, para poder situar sobre el, os lugares que nos

foron aparecendo nos mitos.

Coñecemos tamén o alfabeto grego clásico e a súa correlación co noso.

Escribimos mensaxes aos nosos compañeiros/as nesa lingua.

Rematamos incluíndo un alfabeto latino escrito con letras estilo grego, para que

puidera de ter de modelo a hora de escribir títulos nos seus traballos do glosario.

Estándares – Indicadores

LCB4.6.1. Compara aspectos (gráficos, sintácticos, léxicos) das linguas que coñece.

LGB3.7.2. Valora a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión

creativa.

LGB4.7.1. Valora a lingua galega dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de

España e de Europa.

É capaz de escribir unha curta mensaxe pasando do galego ao grego clásico co

apoio do alfabeto.

Participa activamente na elaboración dunha mensaxe creativa.

ACTIVIDADE 4: PERSONIFICACIÓNS DE MITOS

SOMOS GREGOS E GREGAS: OS MITOS DE CANICOUVA

Realizamos a elección de personaxes mitolóxicos para crear cada disfrace.

Previamente presentamos un tráiler onde llos animaba a que participara no

proxecto, que aprenderan, que descubriran, que gozaran. Vídeo elaborado pola titora

Page 4: Ficha tarefa Canicópolis

coa app IMovie

https://www.youtube.com/watch?v=rTt27IO2dSI

Logo do sorteo a repartición foi a seguinte: 14 deuses, 1 sátiro Pan, 1 Medusa, 5

heroes (Heracles, Aquiles, Teseo, Xasón e Perseo) e 3 ninfas. Como profe

disfraceime do centauro Quirón e dúas nais de Furias. Os disfraces fixémolos en

colaboración de familias voluntarias que viñeron ao colexio a axudarnos.

Os traxes levárono no desfile de Entroido do colexio, en Comparsa polo barrio e

posteriormente, nas gravacións e as representacións que fixemos para o resto de

alumnado do centro.

Aquí se poden ver na Comparsa: https://goo.gl/photos/4Mc7AbCGdaCfAt9B6

Estándares – Indicadores

EPB2.1.3. Manexa material diverso nas producións plásticas, explorando diversas

técnicas e actividades manipulativas.

EPB2.1.4. Practica o recorte e pega materiais de diferentes texturas.

EPB2.2.1. Coida e utiliza adecuadamente os recursos de traballo.

Participa activa e respectuosamente na elaboración do seu disfrace.

Emprega correctamente a técnica asignada.

Cumpre as normas das tarefa e respecta o traballo dos demais.

ACTIVIDADE 5: GLOSARIO I

OS E AS BLOGERS GREGOS/AS

Investigación e conclusións sobre cada personaxe. A partir de varios libros

achegados pola biblioteca do centro (e algúns aportados polo alumnado e pola

mestra) cada neno/a investigou sobre o personaxe que representou durante o

proxecto. De maneira moi resumida escribírono no blogue de aula.

Aproveitamos as sesións diarias de asemblea, para que cada día foron contando

dun en un o que aprenderon do seu personaxe.

http://orecunchodepaula.blogspot.com.es/search/label/Mitolox%C3%ADa

Page 5: Ficha tarefa Canicópolis

Estándares – Indicadores

LCB1.3.1. Participa activamente e con coherencia básica en diversas situacións de

comunicación: Exposicións orais seguindo un modelo, e guiadas, con axuda, cando

cumpra, das tecnoloxías da información e da comunicación.

LCB1.7.2. Interpreta diferentes personaxes, reflectindo as súas características

esenciais, memorizando e representando as súas accións e xestos máis definitorios.

LCB1.8.2. Organiza o discurso cunha secuencia coherente elemental, utilizando

nexos básicos.

LCB2.4.1. Dedica momentos de lecer para a lectura voluntaria.

LCB2.5.1. Consulta na biblioteca, de xeito guiado, diferentes fontes bibliográficas e

textos en soporte informático para obter información sobre temas do seu interese e

necesarios para as súas tarefas de aula.

LGB2.1.2. Identifica as ideas principais dun texto sinxelo (narrativo, descritivo,

expositivo).

LGB2.1.3. Busca, localiza e selecciona información concreta dun texto sinxelo.

LGB3.1.2. Elabora o texto, con coherencia xeral e de xeito creativo.

LGB3.5.1. Usa de xeito guiado, programas informáticos de procesamento de texto.

LGB3.6.2. Ilustra creativamente os seus textos con imaxes redundantes co seu

contido.

Le na hora de ler a descricións e as características do personaxe asignado.

Interpreta o texto e é quen de explicalo coas súas propias palabras.

Escribe no blog a presentación do seu personaxe con coherencia e

concordancia.

Coida a ortografía básica, amosa interese por corrixila.

ACTIVIDADE 6: KAMISIBHAI E VÍDEOS

NARRAMOS MITOS: ASÍ COMEZOU TODO

Aproveitando que contamos na clase cun Kamisibhai (teatrillo de cartón

xaponés) e logo de ler diferentes mitos sobre o principio do universo, os deuses e a

humanidade, segundo a mitoloxía grega, os nenos/as fixeron ilustracións alusivas

Page 6: Ficha tarefa Canicópolis

para poder contar estes mitos co kamisibhai (narración e ilustración).

Aproveitando o traballo anterior cos debuxos e gravando a narración cunha

gravadora dixital montamos uns vídeos co Movie Maker para facer os seguintes

relatos:

O principio de todo:

https://youtu.be/nCQbgQizwH4?list=PLdV6AQVH2aSpk2Az2VeDDSV

1yyBP2lgQM

Os fillos de Cronos:

https://www.youtube.com/watch?v=72ooM53Z800&t=16s&index=3&list

=PLdV6AQVH2aSpk2Az2VeDDSV1yyBP2lgQM

A guerra dos inmortais:

https://www.youtube.com/watch?v=gdEKk_1vnl8&t=11s&index=4&list=

PLdV6AQVH2aSpk2Az2VeDDSV1yyBP2lgQM

Tifón o Horror: https://youtu.be/JI33Ahky35s

Estándares – Indicadores

EPB2.1.2. Manexa lapis de cores, témperas, rotuladores, sombreamento, acuarelas

etc.) para a composición de obras.

EPB2.3.1. Leva a cabo proxectos en grupo respectando as ideas das demais persoas e

colaborando coas tarefas que lle foran encomendadas.

LGB1.5.5. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas.

LGB1.6.3. Amosa un discurso oral, claro, cunha pronuncia e entoación axeitadas e

propias da lingua galega.

LGB1.9.1. Interésase por expresarse oralmente coa pronuncia e entoación adecuada a

cada acto comunicativo.

Responsabilízase de ilustrar a viñeta asignada.

Esfórzase en relacionar texto e imaxe.

Realiza o debuxo con corrección plástica, especialmente o coloreado.

Participa dun proxecto en común con unha clara interdependencia entre todos

os membros da clase. O fallo de un ou unha afecta ao resto do equipo.

Page 7: Ficha tarefa Canicópolis

Interésase por expresarse con corrección en galego (pronunciación, entoación,

vocabulario, ...)

ACTIVIDADE 7: AUDIO LIBROS

O INICIO DA HUMANIDADE

En pequenos grupos realizaron audiolibros coa app Book Creator sobre os

mitos que para os gregos explicaban a creación da humanidade. A partir dun texto

dado tiveron que buscar imaxes alusivas, elixir o fondo das páxinas e gravar os

audios.

Prometeo enfróntase a Zeus:

https://www.youtube.com/watch?v=wH0JYljwHFY

A caixa de Pandora: https://www.youtube.com/watch?v=gdC4thISLTI

Estándares – Indicadores

EPB2.4.2. Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para buscar

material para as súas creacións artísticas.

EPB2.3.1. Leva a cabo proxectos en grupo respectando as ideas das demais persoas

e colaborando coas tarefas que lle foran encomendadas.

LGB1.5.5. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas.

LGB1.6.3. Amosa un discurso oral, claro, cunha pronuncia e entoación axeitadas e

propias da lingua galega.

LGB1.9.1. Interésase por expresarse oralmente coa pronuncia e entoación adecuada

a cada acto comunicativo.

Desenvólvese con soltura á hora de manexar a app.

É capaz de buscar unha imaxe en internet para mellorar o efecto artístico do

libro.

Acepta as decisións consensuadas polo grupo.

Interésase por expresarse con corrección en galego (pronunciación, entoación,

vocabulario, ...)

Page 8: Ficha tarefa Canicópolis

ACTIVIDADE 8: PRESENTANDO MITOS

SOMOS MITOLÓXICOS

As seguintes semanas aproveitamos diferentes momentos da xornada para facer

as gravacións e a montaxe grupo por grupo. Contamos con 2 Tabletas.

Partindo de breves textos extraídos dos libros dos que dispoñemos na biblioteca

de aula, cada quen tivo que subliñar o máis importante para facer un breve resumo

para poder contalo coas súas palabras. A dificultade radicou no resumo e a tradución

ao galego. A tarefa requiriu de moito máis apoio docente do que se esperaba.

Os vídeos realizáronse con Touch Cast, app que permite gravar voz e imaxe

coa posibilidade de cambiar un fondo verde por unha foto ou vídeo. Xa usaron esta

ferramenta, polo que a autonomía no seu uso foi importante. Para o Touch Cast

empregarán o vestiario de Entroido. Con esta técnica fan a montaxe dos mitos dos

heroes e criaturas. Unha vez montado cada clip empregarán a app IMovie para crear

a película do seu grupo. Publicáronse no blogue e na web do centro.

Empregamos IMovie para facer a montaxe dos deuses do olimpo e como fondo

empregamos o mural do Partenón de “Canicópolis”.

Unha vez rematadas as montaxes realizamos, entre todos, a avaliación da

exposición e as propostas de mellora. Dimos a oportunidade a cada equipo a que

mellorase os seus vídeos.

Estándares – Indicadores

LGB1.3.4. Participa no traballo en grupo.

LGB1.5.5. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas.

LGB1.6.1. Elabora un discurso oral coherente, utilizando un vocabulario adecuado á

súa idade.

LGB1.9.1. Interésase por expresarse oralmente coa pronuncia e entoación adecuada

a cada acto comunicativo.

LGB2.3.1. Realiza o subliñado das ideas principais dun texto sinxelo.

LGB2.4.2. Relé un texto e marca as palabras clave para acadar a comprensión,

cando é preciso.

Page 9: Ficha tarefa Canicópolis

LGB3.1.4. Aplica, de maneira xeral, a norma lingüística: ortografía, léxico,

morfosintaxe.

LGB3.2.4. Escribe textos coherentes empregando algúns elementos de cohesión.

LGB5.5.1. Participa activamente en dramatizacións de situacións e de textos

literarios.

LGB5.6.1. Valora a literatura en calquera lingua, como vehículo de comunicación e

como recurso de gozo persoal.

LCB1.7.1. Reproduce de memoria textos literarios, non literarios e propios, sinxelos

e breves, axeitados aos seus gustos e intereses.

LCB1.7.2. Interpreta diferentes personaxes, reflectindo as súas características

esenciais, memorizando e representando as súas accións e xestos máis definitorios.

LCB2.4.1. Dedica momentos de lecer para a lectura voluntaria.

LCB2.5.1. Consulta na biblioteca, de xeito guiado, diferentes fontes bibliográficas e

textos en soporte informático para obter información sobre temas do seu interese e

necesarios para as súas tarefas de aula.

LCB2.6.1. Coida, conserva e organiza os seus libros.

Le os textos onde falan do seu personaxe.

Amosa interesa por coñecer máis afondo este tema.

Resume e traduce ao galego, coa axuda da familia ou da mestra, o mito

asignado.

Responsabilízase de contar o seu mito.

ACTIVIDADE 9: MITOS E LENDAS GALEGAS

GALICIA DE LENDA

Pero como non só Grecia é rica en mitos e lendas, aproveitamos tamén para aprender

un pouco da nosa cultura popular. Con todo o que aprendemos representamos no

festival das Letras Galegas do cole, cun teatro de sombras catro lendas:

Castro ou Coto de Negros: lenda de Santo Estevo de Negros. Redondela.

https://youtu.be/KyycROXTZh4?list=PLdV6AQVH2aSpjop8WomchRbYaG

Page 10: Ficha tarefa Canicópolis

S-3AGu7

Lobishome: lenda de Cervantes. Lugo

https://www.youtube.com/watch?v=bhSmhdoj4Bw&t=5s

A Compaña: lenda dun camiño de San Martiño de Tabeaio. Carral. A Coruña

https://www.youtube.com/watch?v=k-

YZrRm3o0Q&index=3&list=PLdV6AQVH2aSpjop8WomchRbYaGS-

3AGu7&t=10s

Ferreiro de Castrelos: Vigo.

https://www.youtube.com/watch?v=Sv9-NHJjHLY

A montaxe dos vídeos foi realizada con IMovie. Os decorados foron elaborados polos

alumnos e alumnas.

Estándares – Indicadores

LGB5.1.1. Escoita, memoriza e reproduce textos sinxelos procedentes da literatura

popular oral galega (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos) e da literatura

galega en xeral.

LGB5.1.2. Valora os textos da literatura oral galega como fonte de coñecemento da

nosa cultura e como recurso de gozo persoal.

LGB5.5.1. Participa activamente en dramatizacións de situacións e de textos

literarios.

LGB5.6.1. Valora a literatura en calquera lingua, como vehículo de comunicación e

como recurso de gozo persoal.

LCB1.7.1. Reproduce de memoria textos literarios, non literarios e propios, sinxelos

e breves, axeitados aos seus gustos e intereses.

LCB1.7.2. Interpreta diferentes personaxes, reflectindo as súas características

esenciais, memorizando e representando as súas accións e xestos máis definitorios.

EPB2.1.3. Manexa material diverso nas producións plásticas, explorando diversas

técnicas e actividades manipulativas.

EPB2.1.4. Practica o recorte e pega materiais de diferentes texturas.

Responsabilízase de interpretar con corrección o papel asignado no teatro.

Page 11: Ficha tarefa Canicópolis

É capaz de contar coas súas palabras as lendas propostas.

Colabora activamente na elaboración dos decorados.

ACTIVIDADE 10: ARTIGO PARA A REVISTA

CANICÓPOLIS E MITOS E LENDAS GALEGAS

Revista do centro:

http://revistascanicouva.blogspot.com.es/2017/05/revista-letras-galegas-2017.html

Artigo de 3º:

https://drive.google.com/open?id=0B8SNytaJ2HsnVkY2ZDBNRDE5N00

Estándares – Indicadores

LGB2.1.1. Comprende a información relevante de textos sinxelos procedentes dos

medios de comunicación social ou propios de situacións cotiás.

Extrae as ideas principais do artigo presentado.

ACTIVIDADE 11: CONVIVENCIA CO CEIP JOSEFA ALONSO

OS DOCE TRABALLOS DE CANICÓPOLIS.

Durante a xornada de convivencia co alumnado de 3º do centro do barrio

veciños, no parque de Castrelos desfrutaron dunha actividade heroica.

Tiveron que superar en seis equipos, 12 probas de todo tipo. O deseño das

actividades estiveron relacionadas cos talentos humanos (unha por cada deus

olímpico). Ao superalas todas cada equipo recibiu un diploma escrito en grego

“clásico”.

Estándares – Indicadores

LCB1.1.2. Aplica as normas sociocomunicativas: escoita atenta, espera de quendas,

respecto da opinión dos e das demais.

LGB1.3.1. Participa nunha conversa entre iguais, comprendendo o que di o

Page 12: Ficha tarefa Canicópolis

interlocutor e intervindo adecuadamente.

LGB1.3.4. Participa no traballo en grupo.

LGB1.5.2. Respecta as opinións das persoas participantes nos intercambios orais.

Acepta os diferentes puntos de vista.

Expón, non impón, as súas ideas.

Valora a interdependencia positiva como garantía de éxito.

Participa na resolución das probas.

ACTIVIDADE 12: MOTIVACIÓN FINAL

PERCY JACKSON E O MAR DOS MONSTROS

Aproveitando o traballo acumulado ata este momento fixemos un parón la

lectura diaria para gozar da segunda parte da película de Percy Jackson. Durante o

visionadao paramos en momentos puntuais para ir comentando aspectos mitolóxicos

que aparecen e así puideron comprobar todo o que aprenderon durante o curso.

Estándares – Indicadores

LGB1.2.1. Usa e manexa documentos impresos, audiovisuais e dixitais para obter a

información máis importante e necesaria.

LGB1.3.2. Sigue unha exposición da clase e extrae o sentido global e as

informacións máis relevantes, preguntando se é necesario para verificar a súa

comprensión.

LGB1.5.6. Participa na conversa formulando e contestando preguntas.

Segue atentamente a película e sen interrumpir.

Participa nos debates durante a película.

Page 13: Ficha tarefa Canicópolis

ACTIVIDADE 13: PRESENTACIÓN DO PROXECTO

OS CONTADORES DE MITOS (LIBRO E EXPOSICIÓN)

Posto que é un traballo para a biblioteca do centro, coa idea de fomentar hábito

lector e escritor, nada mellor que acabar creando un libro colaborativo para deixar na

biblioteca do colexio. Cada un escribiu o seu mito, traballado na actividade 8.

Acompañámolo dun fundo ilustrado sobre o que pegamos a foto de cada neno/a

disfrazado do seu personaxe. Cada neno/a colaborou para levar a cabo os 4 mitos do

seu equipo. Este libro escaneado foi incluído no glosario que cada neno/a levou para

casa.

A segunda parte do producto presentado no PDI do centro foi unha exposición

onde cada neno/a disfrazado do seu personaxe conta en directo ao resto do cole o seu

mito, traballado na actividade 8, pero en lugar da gravación, fixérono en directo.

Estándares – Indicadores

EPB2.1.2. Manexa lapis de cores, témperas, rotuladores, sombreamento, acuarelas

etc.) para a composición de obras.

EPB2.3.1. Leva a cabo proxectos en grupo respectando as ideas das demais persoas

e colaborando coas tarefas que lle foran encomendadas.

LGB2.7.3. Participa en actividades literarias do centro.

LGB2.9.1. Amosa interese pola lectura como fonte de aprendizaxe e medio de

comunicación e de lecer.

Os mesmos das linguas que na actividade 8, coa diferenza de que teremos en

conta os nervios do directo.

ACTIVIDADE 14: AVALIACIÓN DO PROXECTO

CANTO APRENDEMOS!

Nunha sesión na aula de informática realizaremos unha avaliación sobre o

aprendido. Empregamos a ferramenta web kahoot. Creamos unha serie de preguntas

Page 14: Ficha tarefa Canicópolis

con catro posibles respostas a escoller e o alumnado terá que respondela. Tratamos

de crear preguntas graciosas e enxeñosas para que despois de todo o que traballaron

sobre a mitoloxía non se vexan presionados e vexan este xogo como un exame. O

que interesa é que vexan todo o que aprenderon sen necesidade de estudar nin

memorizar algo que non son capaces de explicar. Se no xogo hai moitos erros

significará que fracasei co que pretendía conseguir cando expuxen a actividade.

Terminaremos xogando a un LIM de mitoloxía elaborado por tres ex alumnas

cando estaban comigo en 6º.

https://getkahoot.com/

http://orecunchodepaula.blogspot.com.es/2015/04/percy-jackson.html

Estándares – Indicadores

Esta actividade servirá como avaliación docente. Do éxito nas respostas

depende o éxito do proxecto. Se hai moitos fallos quere dicir que non

conseguín que aprenderan mitos traballando lingua e lengua, especialmente.

Interésame avaliar a comprensión dos mitos durante todo o proceso. Isto é un

gran indicador da comprensión, memoria, atención, traballada a maiores que

os contidos curriculares anteriormente expostos.

ACTIVIDADE 15: GLOSARIO FINAL

ÁNFORAS GREGAS

Á CAZA DOS MITOS

Rematamos elaborando un glosario para levar a casa con todo o material

funxible elaborado. Relatos, debuxos, memory, alfabetos, ... Todo encadernado a

modo de libro mitolóxico.

Finalizamos as actividades plásticas co debuxo dunha ánfora grega onde cada

neno e nena plasmou de xeito plástico algún momento importante do seu mito.

Como colofón final elaboramos un libro colaborativo onde fomos recollendo

fotografías de elementos do noso contorno onde aparecen imaxes, nomes, debuxos,

típicos da mitoloxía grega. Por exemplo a estatua do rapto de Europa, a discoteca

Page 15: Ficha tarefa Canicópolis

Olimpo, a tenda de mobles Atenea, a xoiería a Caixa de Pandora,...

Estándares – Indicadores

EPB1.4.2. Procura información sobre artistas plásticos/as da cultura propia e de

outras, e sobre a súa obra

EPB2.1.2. Manexa lapis de cores, témperas, rotuladores, sombreamento, acuarelas

etc.) para a composición de obras.

Realiza a ánfora seguindo as instrucións dadas para que sexa representativa da

arte gregas (cores laranxa e negro).

Coidado do material elaborado durante o curso.

Presentación do mesmo.