festa de san xoan
TRANSCRIPT
Festa de San Xoan
Mon
Dap
orta
OS NENOS DA RATA LUÍSA
Hoxe é o día da entrada do verán. Xa está a caír a festa de San Xoan.
E para celebralo a mellor maneira é ao xeito de sempre, facendo as fogueiras.
Hai que ir buscar, á dos veciños, leña
ou cousa que arda: papel, palla, madeira…
unha cadeira coxa, unha porta vella,
caixas de cartón, unha ponla, unha cesta…
Os nenos do rueiro andan ás carreiras
amoreando todo no sitio da queima.
E ao facerse de noite, xuntarse a prendela
e saltar o lume para espantar as meigas.
E antes de ir prender o lume deixar ao sereo a auga
-co seu fiuncho, o romeu, a herba luisa, a menta mansa, rosas, macela, chuchamel…- para que se cargue de maxia
e nola entregue mañán ao lavar con ela a cara.
Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus
contiños.Abur!