facultade de informÁtica · facultade de informÁtica campus de elviña s/n, a coruña actualizada...

44
FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña Campus de Elviña s/n 15071 A Coruña. España Tel.: +34.981.167150 (Ext.:1283/1284) Fax: +34.981.167160 Páxina web: www.fi.udc.es Decano: Alberto Valderruten Vidal Coordinador ECTS Mario Francisco Fernández Tel.: +34.981.167.150 (Ext.:1222) Fax: +34.981.167160 Correo electrónico: [email protected] Calendario académico O período lectivo iníciase o día 26 de setembro de 2005 e finaliza o 17 de setembro de 2006 e divídese en dous cuadrimestres o primeiro dos cales abarca do 26 de setembro ao 27 de xaneiro, e o segundo do 20 de febreiro ao 9 de xuño. Os exames ordinarios teñen lugar nos períodos correspondentes do 30 de xaneiro ao 17 de febreiro, no primeiro cuadrimestre e desde o día 12 de xuño ao 5 xullo no segundo. Na convocatoria de setembro os exames terán lugar entre o 1 e o 16. Descrición xeral do centro A Facultade de Informática, que nace como tal en agosto de 1990 e que ocupa un edificio (desde o curso 93/94) situado no Campus da Coruña, en concreto no Campus de Elviña, imparte na actualidade as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de Enxeñeiro Superior en Informática, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas e Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión. No curso 2004/2005, na Facultade de Informática, en primeiro e en segundo ciclo matriculáronse un total de 2410 alumnos. As diferentes materias que se imparten nesta facultade clasifícanse nos seguintes departamentos: Departamento de Computación Este departamento dedícase a diversas ramas de investigación relacionadas principalmente coa intelixencia artificial, coas bases de datos e cos compiladores. Os seguintes laboratorios pertencen a este departamento: AI (Lab. de Intelixencia Artificial), COLE (Lab. de Compiladores e Linguaxes), DB (Lab. de Bases de Datos), LFCIA (Lab. de Fundamentos da Computación e a Intelixencia Artificial), LIDIA (Lab. de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial), OS (Lab. de Sistemas Operativos), GSA (Lab. de Grupo de Sistemas Autónomos). Departamento de Electrónica e Sistemas Este departamento ten os seguintes grupos de investigación: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Teoría do Sinal e Comunicacións, Tecnoloxía Electrónica e Electrónica. Departamento de Matemáticas Departamento dedicado ás áreas de Estatística, Investigación Operativa e Matemática Aplicada. Ten os seguintes grupos de investigación: Modelos e Métodos Numéricos en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas, Inferencia Estatística e Xeometría Diferencial. Departamento das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións Este departamento dedícase a diversas ramas de investigación relacionadas principalmente coa enxeñaría telemática, coa intelixencia artificial e coa enxeñaría do software. Ao TIC pertencen os laboratorios: GRIS, RNASA/GIB e ISLA. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Este departamento traballa nos campos: contabilidade financeira, contabilidade pública, contabilidade de xestión, auditoría e consolidación de estados financeiros. Ten a súa dirección na Facultade de Ciencias Empresariais. Departamento de Filoloxía Inglesa Este departamento ten a súa sede na Facultade de Filoloxía, pero ten docencia en diversos centros da universidade da Coruña. Na Facultade de Informática imparte a materia de Inglés Técnico.

Upload: buikhue

Post on 26-Aug-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña

Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña Campus de Elviña s/n 15071 A Coruña. España Tel.: +34.981.167150 (Ext.:1283/1284) Fax: +34.981.167160 Páxina web: www.fi.udc.es

Decano: Alberto Valderruten Vidal

Coordinador ECTS Mario Francisco Fernández Tel.: +34.981.167.150 (Ext.:1222) Fax: +34.981.167160 Correo electrónico: [email protected] Calendario académico O período lectivo iníciase o día 26 de setembro de 2005 e finaliza o 17 de setembro de 2006 e divídese en dous cuadrimestres o primeiro dos cales abarca do 26 de setembro ao 27 de xaneiro, e o segundo do 20 de febreiro ao 9 de xuño. Os exames ordinarios teñen lugar nos períodos correspondentes do 30 de xaneiro ao 17 de febreiro, no primeiro cuadrimestre e desde o día 12 de xuño ao 5 xullo no segundo. Na convocatoria de setembro os exames terán lugar entre o 1 e o 16. Descrición xeral do centro A Facultade de Informática, que nace como tal en agosto de 1990 e que ocupa un edificio (desde o curso 93/94) situado no Campus da Coruña, en concreto no Campus de Elviña, imparte na actualidade as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de Enxeñeiro Superior en Informática, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas e Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión. No curso 2004/2005, na Facultade de Informática, en primeiro e en segundo ciclo matriculáronse un total de 2410 alumnos. As diferentes materias que se imparten nesta facultade clasifícanse nos seguintes departamentos: Departamento de Computación Este departamento dedícase a diversas ramas de investigación relacionadas principalmente coa intelixencia artificial, coas bases de datos e cos compiladores. Os seguintes laboratorios pertencen a este departamento: AI (Lab. de Intelixencia Artificial), COLE (Lab. de Compiladores e Linguaxes), DB (Lab. de Bases de Datos), LFCIA (Lab. de Fundamentos da Computación e a Intelixencia Artificial), LIDIA (Lab. de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial), OS (Lab. de Sistemas Operativos), GSA (Lab. de Grupo de Sistemas Autónomos). Departamento de Electrónica e Sistemas Este departamento ten os seguintes grupos de investigación: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Teoría do Sinal e Comunicacións, Tecnoloxía Electrónica e Electrónica. Departamento de Matemáticas Departamento dedicado ás áreas de Estatística, Investigación Operativa e Matemática Aplicada. Ten os seguintes grupos de investigación: Modelos e Métodos Numéricos en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas, Inferencia Estatística e Xeometría Diferencial. Departamento das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións Este departamento dedícase a diversas ramas de investigación relacionadas principalmente coa enxeñaría telemática, coa intelixencia artificial e coa enxeñaría do software. Ao TIC pertencen os laboratorios: GRIS, RNASA/GIB e ISLA. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Este departamento traballa nos campos: contabilidade financeira, contabilidade pública, contabilidade de xestión, auditoría e consolidación de estados financeiros. Ten a súa dirección na Facultade de Ciencias Empresariais. Departamento de Filoloxía Inglesa Este departamento ten a súa sede na Facultade de Filoloxía, pero ten docencia en diversos centros da universidade da Coruña. Na Facultade de Informática imparte a materia de Inglés Técnico.

Page 2: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Departamento de Dereito Público Especial Departamento adscrito á Facultade de Dereito. Na Facultade de Informática imparte a materia Aspectos Xurídicos e Deontolóxicos da Informática. SERVIZOS DA FACULTADE DE INFORMÁTICA Biblioteca Reúne na súa colección aproximadamente 25.570 exemplares, que abranguen as diversas áreas do coñecemento propias da Facultade de Informática, destacando unha sección de títulos recomendados onde se atopan as lecturas básicas para as materias que se imparten na facultade. Tamén se permite a consulta de revistas, así como proxectos fin de carreira e teses de doutoramento presentadas nela. Este sitio web describe o funcionamento da biblioteca e ofrece un servizo de busca que permite o acceso ao seu catálogo, ademais doutros catálogos de bibliotecas nacionais e estranxeiras. O horario do servizo ao público na Biblioteca é de 9 a 21 horas ininterrompidamente, de luns a venres, excepto os meses de xullo e agosto en que o horario é de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:30 horas (en agosto só pola mañá). Centro de Cálculo da Facultade de Informática (CECAFI) O Centro de Cálculo da Facultade de Informática está constituído por todos os medios informáticos dedicados ao soporte da docencia da facultade. Así mesmo, prestará o seu apoio nas tarefas de investigación dos departamentos adscritos á Facultade. LINGUA DE ENSINO: Galega/castelá

ENXEÑEIRO EN INFORMÁTICA As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Enxeñeiro en Informática deberán proporcionar unha formación axeitada nas bases teóricas e nas tecnoloxías propias desta enxeñaría.

SAÍDAS PROFESIONAIS

SECTORES: centros de cálculo, departamentos de informática de grandes empresas, empresas de desenvolvemento de hardware e software. Entidades financeiras, empresas de telecomunicacións e de electricidade.

FUNCIÓNS: análise, dirección de informática e departamentos de desenvolvemento, dirección e organización deproxectos informáticos e centros de programación de datos. Mantemento de infraestruturas, arquitectura, análise edeseño de sistemas informáticos, técnico de sistemas, bases de datos e comunicacións, consultoría técnica, auditoríainformática e intelixencia artificial.

PLANO DE ESTUDOS 614 111

Data de homologación: 28/09/94

Data publicación BOE: 23/11/94

Curso de implantación: 94/95

DISTRIBUCIÓN DOS CRÉDITOS Ciclo Curso Troncais

(ECTS) Obrigatorias

(ECTS) Optativas (ECTS)

Libre configuración

(ECTS)

PFC Total (ECTS)

1º 67,5 (60)

- - - - 67,5 (60)

2º 22,5 (18)

39 (30)

- 12 (12)

- 73,5 (60)

3º 9 (7.5)

37,5 (30.5)

18 (13)

12 (9)

- 76,5 (60)

ACCESO DIRECTO: 4º 46,5

(39) 15

(13) 15 (4)

6 (4)

- 82,5 (60) 2º

5º 33 (27)

14,5 (14)

18 (12)

9 (7)

- 74,5 (60)

TOTAL 178,5 (151.5)

106 (87.5)

51 (29)

39 (32)

- 374,5 (300)

Page 3: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

PROXECTO FIN DE CARREIRA: Si CRÉDITOS POR EQUIVALENCIAS: ata 15 créditos de materias optativas e traballos fin de carreira por: - Prácticas en empresas, institucións públicas ou privadas etc. - Traballos academicamente dirixidos e integrados no plano de estudos. - Estudos realizados no marco de convenios internacionais subscritos pola Universidade.

ACCESO A 2º CICLO (Desde outras titulacións) (Ordes do 11/09/91, BOE 26/09/91 e do 08/10/91, BOE 17/10/91) Directamente - Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión - Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas - Diplomado en Informática

ACCESO A OUTRAS TITULACIÓNS Unha vez superado o 1º ciclo desta titulación terase acceso ao 2º ciclo de: - Licenciado en Ciencias e Técnicas Estatísticas (Directo BOE 28/9/95) - Enxeñeiro en Organización Industrial (Complementos BOE 28/9/95) - Licenciado en Investigación e Técnicas de Mercado (Complementos BOE 26/9/91 e 1/6/94) - Ademais Ldo. en Comunicación Audiovisual (BOE 12/6/92), Documentación (BOE 5/8/93), Publicidade e Relacións Públicas (BOE 12/6/92), Xornalismo (BOE 12/6/92), Historia e Ciencias da Música (BOE 28/9/95), Humanidades (BOE 27/12/93), Lingüística (BOE 13/1/93) e Tradución e Interpretación (B.O.E 27/12/93).

ORGANIZACIÓN DO PLANO DE ESTUDOS

Cód. Tipo MATERIA Créditos (ECTS)

Teórico Práctico

PRIMEIRO CICLO PRIMEIRO CURSO 101 T Estatística I ©2

Descrición. Estatística descritiva. Probabilidades. Métodos estatísticos aplicados. Obxectivos: Introducir o estudante nos fundamentos da teoría de probabilidade e inferencia estatística. Os tres obxectivos básicos son: - Análise de datos utilizando técnicas elementais de estatística

descritiva, - dominio dos conceptos básicos da teoría de probabilidade e, - coñecemento das ferramentas fundamentais de inferencia

estatística (estimación puntual, estimación por intervalos e contraste de hipóteses)

Complementariamente o estudante deberá saber interpretar as saídas dalgún software estatístico, para o cal deberá estar familiarizado con el. Programa: 1- Descrición estatística dunha variable. Conceptos xerais. Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas características. 2- Descrición estatística de varias variables. Vectores estatísticos. Regresión lineal. Correlación. 3- Probabilidade. Conceptos xerais. Definición axiomática de Kolmogorov. Asignación de probabilidades: regra de Laplace. 4- Probabilidade condicionada. Definición de probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Teoremas do produto, da probabilidade total e de Bayes. 5- Variables aleatorias unidimensionais. Concepto de variable aleatoria unidimensional. Variables aleatorias discretas e continuas.

7.5 (6)

4.5 3

Page 4: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Transformación de variables aleatorias. Medidas características dunha variable aleatoria. Desigualdade de Tchebychev. 6- Variables aleatorias multidimensionais. Concepto de vector aleatorio. 7- Distribucións notables discretas. 8- Distribucións notables continuas. 9- Introdución á inferencia estatística. Conceptos xerais. Mostraxe. 10-Xeración de variables aleatorias. 11- Estimación puntual. Propiedades dos estimadores. Métodos de obtención de estimadores. 12- Estimación por intervalos de confianza. Concepto de intervalo de confianza. 13- Contraste de hipóteses. Conceptos xerais. Procedemento xeral de contraste de hipóteses. 14- Contraste de hipóteses paramétricas. 15- Contraste de hipóteses non paramétricas. Bibliografía: - Cao, R., Francisco, M., Naya, S., Presedo,M.A., Vázquez, M., Vilar, J.A. e Vilar, J.M.. Introdución a la Estadística y sus aplicaciones. Ediciones Pirámide (Grupo Anaya). 2001. - Peña, D. Fundamentos de Estadística.. Alianza Editorial. Ciencias Sociales. 2001. - Walpole, R.E. e Myers, R.H. Probabilidad y Estadística para Ingenieros. Prentice Hall. 6ª edición. 1999. Avaliación Realizaranse dúas probas escritas de coñecemento. Unha delas consistirá nunha proba tipo test e na resolución dun conxunto de problemas. A segunda resolverase baseándose na utilización do software estatístico empregado nas clases de laboratorio. Profesores: Mario Francisco Fernández, José Antonio Vilar Fernández.

102 T Estrutura de datos e da información ©2 Descrición. Tipos abstractos de datos. Estrutura de datos e algoritmo de manipulación. Obxectivos: Ensino, aprendizaxe e dominio dos conceptos de estruturas de datos e os seus algoritmos de manipulación. Para isto introdúcense e escríbense en profundidade as estruturas de datos clásicas, utilizando a noción de tipos abstractos de datos (TAD) como elemento de deseño. Programa: 1- Introdución aos tipos abstractos de datos 2- Listas enlazadas 3- Pilas 4- Colas 5- Recursividade 6- Árbores 7- Árbores de busca 8- Grafos Bibliografía: - Hernández, R. Estructuras de Datos y Algoritmos. Prentice Hall. 2000. - Joyanes Aguilar, L. e Zahonero Martínez, I. Estructura de Datos. Algoritmos, abstracción y objetos. McGraw-Hill. 1998. - Aho, A.V., Hopcroft, J.E. e Ullman, J.D. Estructuras de datos y algoritmos. Addison-Wesley Iberoamericana. 1988. Profesor: Miguel Ángel Alonso Pardo.

6 (4)

4.5 1.5

103 T Tecnoloxía Electrónica ©2 7.5 4.5 3

Page 5: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Descrición. Electrónica. Periféricos. Obxectivos: Coñecementos básicos de semicondutores. Características e aplicacións prácticas de dispositivos de estado sólido, e de circuítos integrados analóxicos e dixitais. Programa: TEORÍA 1- Introdución 2- Dispositivos semicondutores 3- Circuítos dixitais 4- Convertedores de datos 5- Fontes de alimentación PRÁCTICAS LABORATORIO - Manexo da instrumentación do laboratorio: polímetro, fonte de alimentación e xerador de funcións. - Manexo da instrumentación do laboratorio: o osciloscopio. - Obtención de curvas características de díodos. - Circuítos rectificadores. - O transistor en conmutación. - O amplificador operacional: amplificador inversor e non inversor. - O amplificador operacional: comparadores. - Conversión A/D. - Sistema de adquisición de datos. - Fonte de alimentación regulada lineal. Bibliografía: - Sedra, Adel S. Circuitos microelectrónicos. Oxford University Press. 1998. - Millman, J. Microelectrónica. Circuitos y sistemas analógicos y digitales. Hispano Europea. - R. Malik, N. Circuitos electrónicos. Análisis, simulación y diseño. Prentice Hall. Profesores: José María Domínguez Legaspi, José J. Lamas Seco, Manuel Paradela López

(6)

104 T Tecnoloxía de Computadores ©2 Descrición. sistemas dixitais. Unidades funcionais: memoria, procesador periferia, linguaxes máquina e ensamblador, esquema de funcionamento. Obxectivos: Estudo dos sistemas dixitais desde un punto de vista funcional e como elemento do circuíto. Programa: 1- Sistemas dixitais combinacionais 2- Sistemas dixitais secuenciais 3- Descrición algorítmica de sistemas secuenciais Bibliografía: - Floyd, T. L. Fundamentos de sistemas digitales. Prentice Hall. 2000. - Hayes, J. Introducción al diseño lógico digital. Addison-Wesley Iberoamericana. 1996. - Baena, C., Bellido, M. J., Molina, A. J., Parra, M. P. e Valencia, M. Problemas de Circuitos Digitales. McGraw-Hill. 1997. Avaliación: Exame final: valerá 10 puntos e constará fundamentalmente de exercicios. Prácticas: haberá 12 semanas de prácticas para poder facer 8, de

9 (8)

4.5 4.5

Page 6: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

maneira que a partir da cuarta práctica sumarase 0.2 puntos á nota do exame por cada unha que se faga a maiores. Se non se fan 3 prácticas restarase 0.2 por cada práctica que falte para completar as tres, agás aos repetidores que as tivesen aprobadas do curso anterior. Para aprobar a materia haberá que ter polo menos un cinco na nota final. Profesores: Manuel Carlos Arenaz Silva, Guillermo López Taboada, María José Martín Santamaría, Xoán Carlos Pardo Martínez, José Rodrigo Sanjurjo Amado, Carlos Vázquez Regueiro, José Vidal Paz.

105 T Física das Máquinas Computacionais ©1 Descrición. Electromagnetismo. Estado sólido. Circuítos. Obxectivos: Que o alumno adquira coñecementos básicos de electromagnetismo e de teoría de circuítos. Programa: 1- Conceptos de física vectorial 2- Electrostática. Campo eléctrico 3- Electrocinética. Corrente eléctrica 4- Campo magnético. Indución 5- Sistemas 6- Física dos semicondutores Bibliografía: - Gettys, W.E., Keller, F.J. e Skove, M.J. Física clásica y moderna. McGraw Hill. - Serrano, V., García, G. e Gutiérrez, C. Electricidad y magnetismo. Estrategias para la resolución de problemas y aplicaciones. Pearson Educación. - Scott, D.E. Introducción al análisis de circuitos. Un enfoque sistémico. McGraw Hill. Profesores: Luis Castelo Ribas, Adriana Dapena Janeiro, José Juan Lamas Seco, Manuel Paradela López.

7.5 (7.5)

4.5 3

106 T Álxebra ©2 Descrición. Álxebra. Estruturas alxebraicas. Álxebra lineal. Obxectivos: Proporcionar dunha maneira concreta e precisa, unha variedade de conceptos, resultados, técnicas e aplicacións do álxebra que son particularmente útiles para os estudantes de informática. Así mesmo, preténdense desenvolver uns hábitos de abstracción e rigor necesarios para estes estudantes e incidir na aplicación das técnicas estudadas. Programa: ESTRUTURAS ALXEBRAICAS -Estruturas alxebraicas: - Grupos: - Aneis e corpos: ÁLXEBRA LINEAL - Sistemas de ecuacións lineais e matrices: - Determinantes: - Espazos vectoriais: - Aplicacións lineais: Bibliografía: - Biggs, N. L. Matemática Discreta. Vicens Vives, Madrid. 2ª edición. 1994. - Grossman, S. I. Álgebra Lineal. McGraw-Hill Interamericana de México. 5ª edición. 1996. - Hernández, E. Álgebra y Geometría. Addison-Wesley

7.5 (6)

4.5 3

Page 7: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Iberoamericana/Universidad Autónoma de Madrid, Wilmington. 2ª edición. 1994. Avaliación: Exame final escrito e unha avaliación continua en clases de teoría e problemas. Profesores: Mª Felicidad Aguado Martín, José Luis Doncel Juárez, Gilberto Pérez Vega, María José Souto Salorio, Concepción Vidal Martín.

107 T Matemática Discreta I ©1 Descrición. Matemática discreta. Combinatoria. Lóxica. Funcións xeratrices. Grafos e árbores. Obxectivos: Proporcionar de maneira concreta e precisa, unha variedade de conceptos, resultados, técnicas e aplicacións da matemática discreta que son particularmente útiles para os estudantes de informática. Asemade, preténdese desenvolver uns hábitos de abstracción e rigor necesarios para estes estudantes e incidir na aplicación das técnicas estudadas. Programa: 1.- Introdución á lóxica. 2.- Conxuntos, aplicacións e relacións. 3.- Teoría elemental de números. 4.- Combinatoria 5.- Grafos Bibliografía: - Biggs, N.L. Matemática Discreta. Vicens Vives. 1994. - Bujalance, E. et al. Elementos de Matemáticas Discretas. Sanz y Torres. 1993. - Bujalance, E. et al. Problemas de Matemáticas Discretas. Sanz y Torres. 1993. Profesores: María Felicidad Aguado Martín, José María Barja Pérez, Gilberto Pérez Vega, Concepción Vidal Martín.

7.5 (7.5)

4.5 3

108 T Cálculo ©1 Descrición. Análise matemática. Cálculo diferencial e integral nunha e dúas variables. Series. Métodos numéricos. Obxectivos Comprender os fundamentos do cálculo infinitesimal: límite, continuidade, derivación e integración nunha variable. Estendelos a funcións de varias variables. Introducir novos conceptos: series e ecuacións diferenciais coas súas aplicacións á modelización de problemas. Programa: 1- Nocións básicas. 2- Ecuacións diferenciais. 3- Funcións de dúas variables. 4- Series numéricas e funcionais. 5- Cálculo con Maple. Bibliografía: - García, A. et al. Calculo. CLAGSA. Volume 1 e 2. - Smith, T. e Minton. Calculo. McGraw-Hill. - Valderrama. Métodos matemáticos aplicados a las Ciencias Experimentales. Pirámide Profesores: José Jesús Cendán Verdes, Marta García Abel, Luís María

7.5 (7.5)

4.5 3

Page 8: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Hervella Nieto. 109 T Programación ©1

Descrición. Deseño de algoritmos. Linguaxes de programación. Deseño de programas: descomposición modular e documentación. Obxectivos: O alumno coñecerá os conceptos necesarios para manexar unha linguaxe de programación estrutura. O programa describe os conceptos que se queren transmitir. O alumno desenvolverá as habilidades necesarias para a construción de programas correctos e ben organizados. O alumno adquirirá bos hábitos ligados coa programación. Programa: 1- Conceptos básicos 2- Pascal 3- Módulos de arquitectura 4- Arrays, rexistros e conxuntos 5- Ordenación e buscas internas 6- Ficheiros 7- O tipo punteiro Bibliografía: - Lesstma, S e Nyhoff, L. Programación en Pascal. Prentice Hall. - Valls, J. e Camacho, D. Programación estructurado y algoritmos en Pascal. Pearson.Prentice Hall. Avaliación: Vanse realizar dous exames complementarios. Un será de tipo test no que se trata de medir o coñecemento da materia nos seus aspectos teórico e práctico. O outro será unha práctica de obrigada presentación en que o alumno demostrará que alcanzou as habilidades esixidas. A puntuación do test será o 80% da nota e a da práctica obrigatoria o outro 20%. Profesores: María del Carmen Bóveda Álvarez, Esteban García Martín, Joaquín Hernández Álvarez, Nieves Pedreira Souto, Juan Jesús Romero Cardalda, Alfonso Ruiperez Puente.

7.5 (7.5)

4.5 3

SEGUNDO CURSO 201 T Bases de Datos I ©2

Descrición. Estrutura da información. Ficheiros, bases de datos. Obxectivos: Familiarizarse cos diferentes algoritmos de manexo de ficheiros. Entender os fundamentos do modelo de bases de datos relacional. Desenvolver habilidades para o deseño conceptual e lóxico de bases de datos. Coñecer á perfección a linguaxe SQL. Entender o funcionamento dun sistema de xestión de bases de datos relacional. Programa: Programa de teoría 1. Revisión dos sistemas de ficheiros. 2. Introdución ás bases de datos. 3. Modelo conceptual: introdución ao modelo E/R. 4. Modelo relacional. 5. Deseño lóxico de bases de datos relacionais. 6. Outras características dos xestores de bases de datos relacionais. Programa de prácticas Práctica 1: Linguaxe SQL. Uso interactivo Práctica 2: Deseñar, crear e interrogar unha base de datos relacional que represente o sistema de información dunha organización.

7.5 (6)

4.5 3

Page 9: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Bibliografía: - Elamasri, R. e Navathe, S. Sistemas de bases de datos. Addison Wesley. 3ª edición. 2002. - Silberschatz, A., Korth, H.F. e Sudarshan, S. Fundamentos de Bases de Datos. Mc Graw Hill. 4ª edición. 2002. - Connolly, T. e Begg, C. Database Systems: A Practical Approach to Design, Implementation, and Management. Addison Wesley. 3ª edición. 2002. Avaliación: Exame final (é necesario a avaliación positiva das prácticas). Profesores: Luis Andrés González Ares, Juan Ramón López Rodríguez, José Ramón Paramá Gabía, Nieves Rodríguez Brisaboa.

202 T Tecnoloxía da Programación ©2 Descrición. Análise de algoritmos. Linguaxes de programación. Deseño de programas: descomposición modular e documentación. Obxectivos: O obxectivo principal é introducir o alumno na verificación de programas imperativos reais mediante extensións prácticas do método Floyd-Hoare. Programa: 1- Introdución 2-Semántica operacional 3- Semántica denotacional 4- Semántica asercional 5- Implementación Bibliografía: - Winskel, G. The Formal Semantics of Programming Languages. MIT Press. Profesores: David Cabrero Souto, Luis Freire Nistal, Javier París Fernández.

7.5 (6)

4.5 3

203 T Sistemas operativos I ©1 Descrición. Organización, estrutura e servizo dos sistemas operativos. Xestión e administración de memoria e de procesos. Xestión de entrada-saída. Sistemas de ficheiros. Obxectivos: Organización, estrutura e servizos dos sistemas operativos. Xestión e administración de memoria e de procesos. Sistemas de ficheiros. Xestión de entrada e saída. Programa: 1- Introdución aos sistemas operativos 2- Multiprogramación 3- Concorrencia 4- Entrada/saída 5- Sistemas de ficheiros 6- Interbloqueo 7- Memoria 8- Memoria virtual Bibliografía: - Silverschatz, Peterson e Galvin. Operating System Concepts. Addison-Wesley. - Nutt, Gary. Operating Systems, A modern Perspective. Addison Wesley. - Deitel. Introduction To Operating Systems. Addison Wesley.

7.5 (6)

4.5 3

Page 10: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Profesores: José Santos Reyes, Antonio Fermín Yáñez Izquierdo 204 D Computación Numérica ©2

Descrición. Algoritmos numéricos. Métodos finitos. FORTRAN Obxectivos: Comprender, deducir e programar os métodos numéricos básicos para a aproximación da solución dalgúns problemas matemáticos. Estudar e comparar a converxencia dos distintos algoritmos. Saber seleccionar os métodos máis adecuados para cada tipo de problema. Programa: 1- Resolución de ecuacións nunha variable. Separación de raíces. Métodos de dicotomía, regula falsi, iteración funcional, Newton. Converxencia, orde e aceleración. 2- Interpolación numérica. Problemas de Lagrange e Hermite. Diferenzas divididas. Erro de interpolación. Interpolación por splines. 3- Derivación numérica. O problema de derivación numérica. Fórmulas de tipo interpolatorio polinómico. Erro. Aproximación de derivadas de orde superior. Extrapolación de Richardson. 4- Integración numérica. Fórmulas de tipo interpolatorio polinómico, fórmulas de Newton-Cotes. Erro. Propiedades. Fórmulas compostas de integración. Elección de nodos: cuadratura gaussiana. 5- Resolución numérica de ecuacións diferenciais ordinarias. Métodos dun paso. Métodos multipaso. Métodos preditor-corrector. 6- Resolución numérica de sistemas lineais de ecuacións. Condicionamento. Métodos directos (Gauss, factorizacións LU, Cholesky e QR). Métodos iterativos clásicos (Jacobi, Gauss-Seidel, relaxación). Resolución de sistemas non lineais. 7- Programación de métodos numéricos en Fortran90. Bibliografía: - Burden, R. L. e Faires, J. D. Análisis Numérico. ITP. 1998. - Conde, C. e Winter, G. Métodos y Algoritmos Básicos del Algebra Numérica. Reverté. 1990. - Gerald, C. F. e Wheatley, P. O. Applied Numerical Analysis. Addison-Wesley. 1990. Profesores: José Jesús Cedan Verdes, Luis Hervella Nieto, Carlos Vázquez Cendón.

7.5 (6)

4.5 3

205 D Metodoloxía da Programación ©1 Descrición. Deseño de programas. Métodos e técnicas de programación. Plano e estratexia de probas. Obxectivos: O obxectivo da materia é familiarizar o alumno con diferentes paradigmas da programación, facendo especial fincapé na importancia da documentación e as probas no conxunto do produto software. Programa: TEORÍA - Introdución á enxeñaría do software - Configuración dun produto software - Características do deseño modular - Programación estruturada - Programación orientada a obxectos - Probas de unidade e de integración PRÁCTICA - Programación orientada a obxectos empregando a linguaxe JAVA. - Probas de unidade e de funcionalidade. Bibliografía: - Roger, S. Ingeniería del Software, Un enfoque práctico. Pressman.

7.5 (6)

4.5 3

Page 11: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

McGraw Hill. 5ª edición. 1997. - Sommerville, Ian. Software Engineerin. Addison-Wesley. 6ª edición. 1996. - Standard Program Documentation. Wichita State University. Avaliación A avaliación da materia levarase a cabo tanto mediante a realización de prácticas obrigatorias ao longo do curso como mediante a realización dun exame teórico-práctico en que o alumno demostrará os coñecementos adquiridos ao longo do curso. Profesores: Javier Andrade Garda, Juan Manuel Ares Casal, Rafael García Vázquez, Joaquín Hernández Almaraz, Santiago Rodríguez Yáñez.

206 D Algoritmos ©1 Descrición. Indución. Eficiencia. Algoritmos de grafos. Algoritmos xeométricos. NP-completud. Algoritmos paralelos. Obxectivos: O obxectivo da materia é utilizar as técnicas de análise da complexidade dos algoritmos para estudar, desde o punto de vista da eficiencia, as técnicas de deseño coas que se desenvolveron. Avalíanse alternativas para atopar implementacións eficientes con estruturas de datos adaptadas aos algoritmos estudados. Introdúcense elementos de estudo sobre a complexidade computacional. Programa: 1. Análise de algoritmos 2. Estrutura de datos 3. Algoritmos sobre secuencias e conxuntos de datos 4. Algoritmos voraces 5. Deseño de algoritmos por indución 6. Exploración de grafos 7. Complexidade computacional 8. Algoritmos paralelos Bibliografía: - Brassard, G. e Bratley, P. Fundamentos de Algoritmia. Prentice Hall. 1997. - Manber, U. Introduction to Algorithms - A Creative Approach. Addison Wesley. 1989. - Weiss, M.A. Estructuras de Datos en Java. Addison Wesley. 1998. Profesores: Alberto Valderruten Vidal, Jose Santiago, Jorge Castro.

6 (5)

3 3

207 D Programación Declarativa ©1 Descrición. Linguaxes de programación declarativa. Obxectivos: Introdución á programación lóxica e á programación funcional. Programa:

1- Programación lóxica: linguaxe PROLOG. 2- Programación funcional: linguaxe CAML.

Bibliografía: - Sterling L. e Shapiro e. The Art of Prolog. MIT Press. 1986. - Wikström Ä. Functional Programming Using Standard ML. Prentice Hall. Profesores: José Mª Molinelli Barba, Jorge Graña Gil.

6 (4)

3 3

208 D Estrutura de Computadores I ©1 Descrición. Unidades funcionais. Memoria, procesador, periferia,

7.5 (6)

6 1.5

Page 12: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

linguaxe máquina e ensamblador, esquema de funcionamento. Aritmética de computadores. Obxectivos: O obxectivo desta materia é o estudo da arquitectura, da organización, da función e do deseño do subsistema procesador dun computador. Programa: 1- Introdución os computadores 2- O repertorio de instrucións 3- Formatos de datos e aritmética dos computadores 4- O procesador: camiño de datos e unidade de control 5- Introdución aos procesadores segmentados 6- Segmentación avanzada PRÁCTICAS 1- Introdución ao hardware do PC 2- Introdución á linguaxe ensambladora 3- Codificación das instrucións 4- Chamadas a subrutinas 5- Operacións aritméticas 6- Saltos condicionais 7- Manipulación de cadeas de caracteres 8- Execución multiciclo 9- Introdución ao procesador segmentado 10- Salto retardado Bibliografía: - Patterson, D.A. e Hennessy, J.L. Estructura y diseño de computadores: interficie circuteria/programación. Reverté. 2000. - Hennesy, J.L. e Patterson, D.A. Computer Architecture, A Quantitative Approach. Morgan Kaufmann Publishers. 3ª edición. 2003. - Hamacher, V. Carl. Vranesic, Zvonko G. e Zaky, Safwat G. Organización de computadores. Madrid: McGraw-Hill. 5ª edición. 2003. Profesores: Margarita Amor López, Patricia González Gómez.

209 D Sistemas Conexionistas ©2 Descrición. Fundamentos biolóxicos. Representación do coñecemento. Aprendizaxe. Modelos. Programa: Parte I 1- Conceptos básicos 2- Aprendizaxe e adestramento 3- Adaline e perceptron 4- Perceptron multicapa 5- Redes autoorganizativas I 6- Redes autoorganizativas II 7- Rede de Hopfield Parte II 8- Sistemas conexionistas: evolución histórica 9- Fundamentos biolóxicos dos sistemas conexionistas 10- Modelos 11- Metodoloxía en redes de neuronas artificiais 12- Sistemas híbridos 13- Aplicacións básicas dos sistemas conexionistas Profesores: Julián Dorado de la Calle, Manuel Francisco González Penedo, Alejandro Pazos Sierra, Juan Jesús Romero Cardalda, Antonio Santos del Riego.

4.5 (3)

3 1.5

Libre configuración 12 (12)

Page 13: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

TERCEIRO CURSO 301 T Teoría de Autómatas e Linguaxes Formais ©1

Descrición. Máquinas secuenciais e autómatas finitos. Máquinas de Turing. Funcións recursivas. Gramáticas e linguaxes formais. Redes neuronais. Obxectivos: Teoría de autómatas e linguaxes formais. Máquinas secuenciais e autómatas finitos. Máquinas de Turing. Funcións recursivas. Programa: 1. Alfabetos e linguaxes 2. Linguaxes regulares 3. Linguaxes independentes do contexto 4. Máquinas de turing 5. Máquinas de turing e linguaxes. 6. Resolubilidade 7. Funcións mi - recursivas Bibliografía: - Kelley, D. Teoría de autómatas y lenguajes formales. Prentice-Hall. 1995. - Sudkamp, T. A. Languages and machines. Addison-Wesley. 1988. - Hopcroft, J. E., Motwani, R. e Ullman, J.D. Introducción a la teoría de autómatas, lenguajes y computación. Addison-Weley. 2002. Profesores: Antonio Blanco Ferro, Jorge Graña Gil.

9 (7.5)

6 3

302 D Sistemas operativos II ©2 Descrición. Sistemas de ficheiros en sistemas operativos actuais. Planificación de entrada-saída. Sincronización de procesos e programación recorrente. Memoria virtual. Sistemas operativos distributivos. Programa: 1- Introdución ao S.O. UNIX 2- Procesos en UNIX 3- Sistema de ficheiros de UNIX 4- Memoria en UNIX Bibliografía: - Bach, M. J. The design of the Unix Operating System. Prentice Hall. - McKusick, Bostic, Kerels e Quarterman. Design and implementation of the 4.4 BSD operating system. Addison Wesley. - Vahalia. UNIX Internals. Prentice Hall. Profesor: Antonio Yáñez Izquierdo.

6 (5)

3 3

303 D Estatística II ©2 Descrición. Modelos estatísticos aplicados. Obxectivos: Preténdese que o alumno coñeza e aprenda a utilizar os modelos de deseño de experimentos e análise de regresión lineal, para o que é necesario coñecer a formulación matemática do modelo, estimalo e contrastar que se verifican as hipóteses supostas. Para conseguir estes obxectivos, a docencia da materia ten un carácter eminentemente práctico, apoiándose no uso dun paquete estatístico (Statgraphics). Programa: 1- Conceptos de inferencia estatística (repaso) 2- Tests de hipóteses non paramétricas 3- A análise da varianza cun factor de variación 4- Deseño de experimentos

6 (5)

3 3

Page 14: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

5- Regresión lineal simple 6- O modelo xeral de regresión Bibliografía: - Vilar Fernández, J.M. Modelos estadísticos aplicados. A Coruña Universidade, Servizo de Publicacións. 2003. - Peña, D. Regresión y Diseño de Experimentos. Alianza Editorial. 2002. - Montgomery C. Diseño y análisis de experimentos. Grupo y Editorial Iberoamericana. 1991. Avaliación: O exame consta de dúas partes, a primeira parte é un exame teórico-práctico tipo test e a segunda é un exame de dous problemas, en ambos os problemas hai que obter unha puntuación mínima. Condicionalmente, poñerase un exame de prácticas de ordenador. As clases prácticas de laboratorio son obrigatorias. Profesores: Juan Vilar Fernández, Ricardo Cao Abad

304 D Medios de Transmisión ©1 Descrición. Tipos de sinal. Procesado de sinal. Medios de transmisión e de modulación. Obxectivos: Estudo das ferramentas básicas para a análise de sinais e de sistemas continuos tanto no dominio do tempo como no dominio da frecuencia. Estudo dos principios fundamentais do funcionamento dos sistemas de transmisión dixital con especial énfase no efecto que o ancho de banda e o ruído teñen sobre a velocidade de transmisión. Programa: Tema 1: Introdución PARTE 1: ANÁLISE DE SINAIS E SISTEMAS Tema 2: Conceptos básicos de sinais e de sistemas Tema 3: Sistemas lineais e invariantes no tempo Tema 4: Análise de Fourier de sinais e de sistemas continuos Tema 5: Representación dixital de sinais continuas PARTE 2: SISTEMAS DE TRANSMISIÓN DIXITAL Tema 6: Transmisión dixital banda base por canles de ancho de banda limitado Tema 7: Introdución aos procesos estocásticos Tema 8: Transmisión dixital banda base por canles con ruído Tema 9: Transmisión dixital paso banda Bibliografía: - Oppenheim A. W. e Willsky, A. S. Signals and Systems. Englewood Cliffs, Prentice-Hall. 2ª edición. 1997. - Couch L. W. Digital and Analog Communication Systems. Prentice-Hall. 6ª edición. 2001. Profesores: Luis Castedo Ribas, Daniel Iglesia Iglesias, Adriana Dapena Janeiro.

6 (4.5)

3 3

305 D Investigación Operativa ©1 Descrición. Programación lineal. Métodos da investigación operativa. Obxectivos: O alumno debe saber formular e resolver problemas de programación lineal, utilizando principalmente os métodos simplex, simplex revisado e simplex dual. Resolveranse algúns casos concretos de programación lineal coma son o problema do transporte e de asignación. Programa: 1- Introdución

6 (4.5)

3 3

Page 15: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

2- Modelos de programación lineal e aplicacións. . Formulación de modelos de programación lineal. Exemplos. . Solución gráfica de problemas de programación lineal con dúas variables. . Problemas de programación lineal en forma estándar. . Sistemas de ecuacións lineais. 3- O método do simplex. 4- Problemas especiais de programación lineal. . Problemas de transporte. . Problemas de asignación. 5- O método revisado do simplex. 6- Teoría da dualidade. 7- O método dual do simplex. 8- Análise de sensibilidade e programación paramétrica. 9- Programación lineal enteira. 10- Programación lineal multiobxectivo. Bibliografía: - Ravindran, A., Phillips, D. e Solberg, J. Operations Research: Principles and Practice. Wiley. 1987. - Hillier, F. e Lieberman, G. Introducción a la Investigación de Operaciones. McGraw-Hill. 1991. - Taha, H. Investigación de Operaciones. Alfaomega. 1991. Profesora: María Luisa Carpente Rodríguez

306 D Estrutura de Computadores II ©2 Descrición. Segmentación e anticipación. Arquitecturas vectoriais. Obxectivos: O obxectivo desta materia é o estudo da arquitectura, da organización, da función e do deseño dos subsistemas de memoria, buses e E/S dun computador. Programa: PARTE I: Xerarquía de memoria 1- Memoria principal 2- Memoria caché 3- Memoria virtual PARTE II: Interface entre procesadores e periféricos 1- Organización de entrada/saída 2- Interconexión con buses 3-Periféricos PRÁCTICAS: 1- Técnicas de optimización software do rendemento caché 2- Interrupcións software 3- Programación en ensamblador SPIM de E/S Bibliografía: - Hennesy, J.L. e Patterson, D.A. Computer Architecture, A Quantitative Approach. Morgan Kaufmann Publishers. 3ª edición. 2003. - Stallings, W. Organización y Arquitectura de Computadores. Prentice Hall. 2000. - Hamacher, V. Carl. Vranesic, Zvonko G. e Zaky, Safwat G. Organización de computadores. Madrid : McGraw-Hill. 5ª edición. 2003. Avaliación: O criterio de avaliación é a nota que se obtivo no exame e é obrigatorio facer as prácticas que se propoñen para poder aprobar. Profesores: Margarita Amor López, Ramón Doallo Biempica, Basilio B. Fraguela Rodríguez.

7.5 (7)

4.5 3

Page 16: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

307 D Redes de Comunicacións ©1 Descrición. Arquitecturas de redes. Comunicacións. Nivel físico. Nivel de enlace. Nivel de rede. Protocolos de acceso ao medio. Encadeamento. Obxectivos: Preténdese introducir o alumno nos principais conceptos de redes de interconexión, centrándose especialmente na arquitectura de rede definida por TCP/IP. O obxectivo final é familiarizar o alumno cos fundamentos teóricos que sustentan as arquitecturas de rede, exemplarizado no caso concreto de TCP/IP. O compoñente teórico da materia complétase coa formación práctica a nivel de programación en rede de diferentes aplicacións, o que ofrece ao alumno unha visión global da comunicación mediante redes. Programa: Os contidos da materia céntranse inicialmente en conceptos xenéricos para a introdución das arquitecturas de rede. A continuación, o enfoque oriéntase especificamente cara á pila de protocolos de TCP/IP, considerando os seguintes apartados como máis relevantes: 1- O protocolo IP, cunha descrición dos conceptos básicos de enrutamento en IP e subnetting. 2- Os protocolos ARP e RARP, para conversión de direccións do nivel de enlace con direccións do nivel de rede. 3- ICMP e os protocolos básicos de descubrimento de rutas: ping e traceroute. 4- Descrición detallada do enrutamento en IP, describindo as táboas de enrutamento e a resolución de erros, introducindo conceptos dos protocolos dinámicos de enrutamento e os seus efectos. 5- Introdución do protocolo da capa de transporte non orientado a conexión UDP, e as súas aplicacións e consideracións para broadcast e multicast. Definición da problemática do multicast e introdución a IGMP. 6- Descrición da resolución de nomes en TCP/IP con DNS. 7- Introdución de dous protocolos sinxelos, como TFTP e BOOTP e os seus principais casos de uso. 8- Descrición e afondamento no protocolo da capa de transporte que orienta a conexión, TCP. Consideracións sobre aperturas e peches de conexión, diagrama de estados. Xestión de TCP dos fluxos de datos interactivos (ACKs retardados e algoritmo de Nagle) e non interactivos (control de fluxo e control de conxestión). Temporizadorde persistencia e temporizador de keepalive. O contido teórico compleméntase con diversas prácticas de manexo de sockets en C en UNIX, para considerar a aplicación directa dos conceptos teóricos que se describiron máis relevantes. Bibliografía: - Stevens, W.R. TCP/IP Illustrated Volume I; The Protocols. Addison Wesley. 1995. - Comer Douglas, E. Internetworking with TCP/IP. Prentice-Hall. Volume I. 3ª edición. 1996. - Tanenbaum, A.S. Computer Networks. Prentice Hall. 3 edición. Profesores: Javier López Mato, Jesús Ángel Viña Castiñeiras.

6 (4.5)

3 3

Optativas Libre configuración

18 (13) 12 (9)

SEGUNDO CICLO CUARTO CURSO 401 T Arquitectura e Enxeñaría dos Computadores

10.5 (9)

6 4.5

Page 17: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Descrición. Arquitecturas paralelas. Arquitecturas que se orientan a aplicacións e linguaxes. Programa: 1- Introdución ao procesamento paralelo 2-Paralelismo a nivel de instrución 3- Procesamento vectorial 4- Paradigmas de programación paralela 5- Multiprocesadores de memoria compartida 6- Multiprocesadores de memoria fisicamente distribuída 7- Redes de interconexión para sistemas multiprocesador Bibliografía: - Hennessy, J. L. e Patterson, D. A. Computer Architecture: A Quantitative Approach. Morgan Kaufmann. 1996. - Patterson, D. A. e Hennessy, J. L. Estructura y Diseño de Computadores. Reverté. 2000. Profesores: Ramón Doallo Biempica, Juan Touriño Domínguez.

402 T Análise de sistemas informáticos ©1 Descrición. Análise e definición de requisitos. Análise de aplicacións. Obxectivos Iniciar os alumnos na aplicación de métodos de enxeñaría para o desenvolvemento de proxectos. Explicación e discusión de diversas técnicas de análise, de deseño e de modelaxe, que se basean no paradigma da orientación a obxectos, como coñecemento imprescindible para o exercicio da enxeñaría informática e co fin de que o alumno sexa capaz de concibir especificacións superiores en función dos obxectivos e das necesidades dos usuarios, e do entendemento do contexto para construír desta maneira solucións técnica e conceptualmente eficientes. Profundar no emprego de UML como linguaxe de modelaxe. Programa: 1- Introdución. 2- Análise e deseño orientados a obxectos.. 3- Resumo de conceptos OMT. 4- Visión xeral da metodoloxía OMT 5- A Linguaxe de Modelaxe Unificado (UML). 6- Comentarios sobre a modelaxe en UML. 7- Introdución aos patróns de análise.. PRÁCTICAS: 1- Memoria e formulación de proxectos. 2- Planificación dun proxecto de sistemas. 3- Determinación de clases e asociacións. 4- Integración de aplicacións legacy no contexto de traballo cooperativo. 5- Modelaxe dun sistema de xestión económica Bibliografía: - Rumbaugh. Object-Oriented Modeling and design. Prentice Hall. 1991. - Booch, Jacobson e Rumbaugh. The Unified Modeling Language. UML. Addison Wesley. Volumen Introduction.Volumen User guide. 1998. - Braude, E. Software Enginneering. An Object-Oriented Perspective. John Wiley and Sons Inc. 2001. Profesores: Miguel José Rodríguez Rubio.

7.5 (6)

6 1.5

403 T Deseño de Sistemas de Información ©2 Descrición. Análise e definición de requirimentos. Deseño,

7.5 (6)

4.5 3

Page 18: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

propiedades e mantemento do software. Deseño de sistemas operativos distribuídos. Obxectivos: Comprensión da necesidade de abordar o desenvolvemento de sistemas de información ao utilizar os conceptos propios da enxeñaría do software. Coñecemento de técnicas e de ferramentas para o deseño e construción de aplicacións. Valoración da utilidade dun deseño para a construción e a modificación de aplicacións. Valoración das vantaxes que ofrece o uso dunha linguaxe de modelaxe unificada. Identificación de problemas típicos de deseño e solucións froito da experiencia que os abordan satisfactoriamente. Programa: 1- Introdución 2- Deseño estruturado 3- Deseño orientado a obxectos 4- Deseño en base a patróns 5- Deseño por contrato Bibliografía: - Gamma, E.; Helm, R.; Johnson, R. e Vlissides J. Design Patterns: Elements of Reusable Object-oriented Software. Addison Wesley. 1996. - Booch J.; Rumbaugh J. e Jacobson I. The Unified Modeling Language User Guide. Addison Wesley. 1999. - Rumbaugh, J.; Jacobson, I. e Booch, J. The Unified Modeling Language Reference Manual. Addison Wesley. 1999. Profesor: David Cabrero Souto, Victor M. Gulías Fernández, Alberto Valderruten Vidal.

404 T Intelixencia Artificial Descrición. Heurística. Sistemas baseados no coñecemento. Aprendizaxe. Percepción. Obxectivos: - Introducir formalmente os conceptos básicos da intelixencia artificial. - Definir o marco de traballo como un espazo de estados. - Formular a busca heurística como un procedemento para resolver problemas. - Desenvolver e discutir os diversos formalismos para a representación do coñecemento. - Desenvolver e discutir os diversos modelos de razoamento, categórico e con incerteza. - Aprender os fundamentos de deseño, de construción e de validación de sistemas baseados en coñecemento. Programa: 1- Introdución 2- Resolución de problemas 3- Métodos formais de representación do coñecemento 4- Métodos estruturados de representación 5- Representación do coñecemento temporal 6- Sistemas de produción 7- Razoamento categórico e corrección bayesiana 8- Factores de certeza e de teoría evidencial 9- Conxuntos difusos e fundamentos de lóxica borrosa 10- Introdución á enxeñería do coñecemento e validación de sistemas intelixentes Bibliografía: - Russel, S. e Norvig, P. Inteligencia Artificial. Un enfoque moderno. Prentice Hall. 1996.

10.5 (9)

7.5 3

Page 19: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

- Russel, S. e Norvig, P. Inteligencia Artificial. Un enfoque moderno. Prentice Hall. 2ª edición. 2003. - Rich y Knight. Inteligencia Artificial. McGraw-Hill. 1994. Avaliación: Un alumno considérase "Presentado", se se presenta ao exame de teoría e/ou entrega as prácticas da materia. O exame, que será único por convocatoria, incluirá 20 preguntas curtas que se relacionarán con aspectos teóricos ou aplicados da materia que se impartiu. A nota final terá en conta, aproximadamente, a estrutura de créditos da materia: Nota final = (2xnota exame + nota prácticas)/3 Profesores: María Amparo Alonso Betanzos, Mariano Javier Cabrero Canosa, Berta M. Guijarro Verdinas, Vicente Moret Bonillo, Eduardo Mosqueira Rey.

405 T Compiladores Descrición. Compiladores. Tradutores e intérpretes. Fases de compilación. Optimización de código. Macroprocesadores. Obxectivos: O obxectivo é familiarizar o alumno co funcionamento dos compiladores, co contorno en que traballan, así como con algunhas ferramentas software para a construción dos mesmos. Para o que se estudan as diferentes fases do compilador: análise (léxica, sintáctica e semántica) e síntese (xeración de código intermedio, optimización de código e xeración de código obxecto). Programa: MÓDULO I: Conceptos básicos - Introdución. - Linguaxes e gramáticas. MÓDULO II: Análise - Análise léxica. - Análise sintáctica. - Accións semánticas. Avaliación de tipos. MÓDULO III: Síntese - Xeración de código. - Optimización de código. MÓDULO IV: Contorno - Táboa de símbolos. - Representación da información. Xestión da memoria. MÓDULO V: Complementos - Intérpretes. - Tradutores incrementais. - Montadores e cargadores. Bibliografía: - Aho, A.V. , Sethi, R. e Ullman, J.D. Compiler: Principles, Techniques, and Tools. Addison-Wesley, Reading, Massachusetts. 1991. - Sanchis J. e Galan, C. Compiladores: Teoría y construcción.Paraninfo. 1987. Profesores: Bernardino Arcay Varela, José Carlos Dafonte Vázquez.

10.5 (9)

7.5 3

406 D Matemáticas Discretas II ©1 Descrición. Números especiais. Funcións xeratrices. Convulición. Procesos infinitos. Obxectivos O obxectivo principal é introducir o alumno nas ferramentas formais para verificar sistemas informáticos. Na actualidade, cobre tamén un

6 (5)

4.5 1.5

Page 20: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

complemento de combinatoria que aínda non atopou cabida nas materias de primeiro ciclo. Programa: Combinatoria e recursión. 1- Principios fundamentais da contaxe. 2- Funcións xeratrices. 3- Relacións de recorrencia lineais. Sistemas de tipos - Sistemas de tipos. - Razoamento automático. - Manexo de probas. - Xeración de código. Bibliografía: - Grimaldi, R. P. Matemáticas discreta y combinatoria. Addison-Wesley Iberoamericana. 3ª edición. - Mott, J.L., Kandel, A. e Baker, T.P. Discrete Mathematics for computers scientists & mathematicians. Prentice Hall. - Graham, R.L., Knuth, D.E. e Patashnik, O. Concrete Mathematics, a foundation for computer science. Addison-Wesley. Profesor: José Luís Freire Nistal, José Luis Doncel Juárez.

407 D Bases de Datos II Descrición. Modelo entidade-relación. Modelos relacionais. Modelo en rede. Técnicas avanzadas de xestión. Obxectivos: Comprensión do proceso de deseño dunha base de datos, cun profundo coñecemento do modelo entidade relación estendido, incluíndo o tratamento do tempo na modelización conceptual, e a conversión dos esquemas conceptuais ao modelo relacional. Analizar os elementos implicados na administración dun SGBD e as súas aplicacións: integridade, optimización, catálogo, vistas, técnicas de recuperación e execución concorrente das transaccións, mecanismos de seguridade. Coñecer os principios de administración e deseño físico. Explorar as capacidades dun SGBD determinado e do SQL, relativas a todo o anterior. Programa: - Revisión de conceptos. - Deseño conceptual. - Conversión a modelo lóxico. - Modelización e representación de datos temporais. - Catálogo. - Restricións de integridade. - Vistas. - Procesamento e optimización de consultas. - Proceso transaccional e recuperación. - Concorrencia. - Seguridade. - SQL (ampliación). - Deseño físico e administración (Oracle). PRÁCTICAS: - Desenvolvemento dun exercicio que inclúa a formulación e estudo dun suposto real sobre o cal se realizara o deseño conceptual, o deseño lóxico, a implementación da base de datos e a elaboración de consultas complexas sobre ela. - Realización de exercicios de SQL que permitan desenvolver habilidades sobre o temario teórico e sobre a capacidade del SQL. - O SGBD que se utiliza é Oracle 9i. Bibliografía:

9 (8)

6 3

Page 21: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

- Elmasri, R e Navathe, S.B. Fundamentals of Database Systems. Addison-Wesley. 4ª edición. 2004. - Silberschatz, A., Korth, H. e Sudarshan, S. Database System Concepts (Traducción: Fundamentos de Bases de Datos). McGraw-Hill. 4ª edición. 2002. Avaliación: O exame consiste nunha maioría de preguntas de tipo test e nunhas preguntas de desenvolvemento ou de resposta curta. Os exames de xuño e de setembro valoraranse sobre 10 puntos, só se o ou a estudante ten realizadas e entregadas correctamente as prácticas que se determine. Noutro caso o exame valorarase sobre 7 puntos. Profesor: Luis Andrés González Ares

Optativas Libre configuración

15 (4) 6

(4)

QUINTO CURSO 501 T Enxeñaría do Software ©1

Descrición. Planificación e xestión de proxectos informáticos. Xestión de configuracións. Ferramentas da enxeñaría do software. Obxectivos: Preténdese introducir a noción de calidade e a súa aplicación ao desenvolvemento de software. Para iso darase unha pequena introdución aos patróns de calidade máis importantes e unha visión da súa aplicación nas empresas de desenvolvemento de software. A continuación trataranse os temas máis destacados nos primeiros pasos de mellora dun proceso software para lograr unha adecuada xestión da calidade. Programa: TEORÍA 1- Introdución á xestión da calidade no desenvolvemento do software 2- Ciclos de vida 3- Xestión e planificación de proxectos 4- Xestión de riscos 5 -Xestión da configuración 6- Xestión do coñecemento PRÁCTICAS - Sistemas de calidade en empresas. Conceptos e implantación - Práctica de ciclos de vida e xestión de proxectos - Prácticas de xestión de proxectos sobre MS-Project Bibliografía: - Pressman, R.S. Ingeniería del Software. Un enfoque práctico. McGraw Hill. 5ª edición. 1997. - Kehoe, R. e Jarvis, A. ISO 9000-3. A Tool for Software Product and Process Improvement. Springer. 1995. - López-Cortijo de Amescua Ingeniería del Software. Aspectos de Gestión. IIIS (www.iiis.es). 1998.

Avaliación: A materia será avaliada a través de 3 puntos: - Avaliación das prácticas (participación, elaboración e defensa) - Avaliación de coñecementos teóricos - Avaliación de aplicación de coñecementos teóricos a supostos prácticos Profesores: Javier Andrade Garda, Juan Manuel Ares Casal, Rafael García Vázquez, Santiago Rodríguez Yáñez.

7.5 (6)

4.5 3

502 T Redes 10.5 6 4.5

Page 22: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Descrición. Arquitectura de redes. Comunicacións. Sistemas distribuídos. Obxectivos No primeiro cuadrimestre formarase aos futuros enxeñeiros nos aspectos básicos das actuais redes de comunicacións de datos. Abordaranse as principais tecnoloxías LAN (Ethernet, Token Ring, FDDI, WLAN), tecnoloxías de conmutación de circuítos (RTC, RDSI, GSM), tecnoloxías de conmutación de paquetes (X.25, Frame Relay), redes de acceso residencial(xDSL, HFC) e modo de transferencia asíncrono (ATM) No segundo cuadrimestre pártese dun coñecemento básico da arquitectura de protocolos de TCP/IP para centrarse na evolución desta arquitectura con vistas a solucionar os problemas de deseño das actuais redes que se están a materializar, tanto en extensións como en novas versións de protocolos orixinais (por exemplo, IPv6 ), como na aparición de novos protocolos (IPSec, MPLS, RSVP ).

Programa: PRIMEIRO CUADRIMESTRE Parte I : Introdución Tema 1: Aspectos xerais das redes de comunicacións Parte II : Tecnoloxías LAN Tema 2: Redes de área local Tema 3: Interconexión de redes Parte III : Tecnoloxías WAN Tema 4: Conmutación de circuítos Tema 5: Conmutación de paquetes Tema 6: Redes de acceso residencial Tema 7: Modo de transferencia asíncrono (ATM) SEGUNDO CUADRIMESTRE Tema 1: Introdución Tema 2: IPv6 Tema 3: Conmutación IP Tema 4: Calidade de Servizo Tema 5: IP Móbil Tema 6: Seguridade Bibliografía: - Stallings, W. Comunicaciones y Redes de Computadores. Prentice Hall. 5ª edición. 2000. Este e o libro mais usado na clase - Stallings, W. Local and Metropolitan Area Networks. Prentice Hall. 2000. - Doraswamy, N. e Harkings, D. IPsec. The New Security Standard for the Internet, Intranets and Virtual Private Networks. Prentice Hall. 1999. Avaliación Parciais A materia contará con dous exames parciais (un en febreiro e outro en xuño) que teñen o mesmo peso sobre a nota final. Para poder aprobar a materia é necesario ter máis de catro puntos en cada un dos parciais. O cálculo da nota de cada parcial establécese co seguinte criterio: Parte teórica: exame escrito que ten un peso do 80% na nota do parcial. Parte práctica: exame escrito que ten un peso do 20% na nota do parcial. Convocatoria ordinaria (xuño) e extraordinaria (setembro) Para os exames das convocatorias ordinarias (xuño) e extraordinaria (setembro) poderanse liberar aquelas partes (teoría e práctica) de cada un dos seus parciais cunha nota superior os catro puntos. A nota final calcularase seguindo o mesmo criterio que para o cálculo dos parciais. Resto de convocatorias

(9)

Page 23: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Para o resto de convocatorias extraordinarias non se gardan as notas dos parciais. O exame constará UNICAMENTE DE PARTE TEÓRICA que suporá un 100% da nota final. Profesores: Fidel Cacheda Seijo, Victor Manuel Carneiro Díaz

503 T Integración de Sistemas Descrición. Metodoloxía de análise. Configuración, deseño, xestión, e avaliación de sistemas informáticos. Contornos de sistemas informáticos. Tecnoloxías avanzadas de sistemas de información, bases de datos e sistemas operativos. Proxectos de sistemas informáticos. Obxectivos: Esta materia céntrase no deseño e na implementación con J2EE, un framework estándar amplamente usado no mundo da industria, do que existen numerosas implementacións comerciais e gratuítas, para a construción de aplicacións empresariais (escalables, transaccionais e seguras) con Java. J2EE proporciona, entre outras, as seguintes APIs: JBDC (acceso a bases de datos relacionais), servlets+JSP+JSTL (capa vista dunha aplicación web) e EJB (compoñentes distribuídos, transaccionais, seguros e escalables que encapsulan a lóxica de negocio). Na materia tamén se explica Jakarta Struts, un framework Model-View-Controller para a construción de aplicacións web. En función da situación, unha aplicación pode usar todas ou só algunhas destas APIs. En calquera caso unha aplicación J2EE ben deseñada xira arredor dos patróns arquitectónicos Model-View-Controller e Layers, e emprega unha colección de patróns de deseño específicos para as capas modelo, vista e controlador. Na materia, á parte de explicar as tecnoloxías, explícanse os patróns de deseño máis relevantes de cada unha destas capas. Programa: Tema 1: Introdución a J2EE Tema 2: Acceso a bases de datos con JDBC Tema 3: Introdución a XML Tema 4: Tecnoloxías Web Tema 5: Compoñentes EJB Bibliografía: - Crupi, J., Alur, D. e Malks, D. Core J2EE Patterns. Prentice Hall. 2ª edición. 2003. - Marinescu, F. EJB Design Patterns. John Wiley and Sons. 2002. - Reese, G. Database Programming with JDBC and Java. O'Reilly. 2ª edición. 2000. Avaliación: Realización dun proxecto práctico ao longo de todo o curso (con entregas parciais) e un exame final. Profesores: Manuel Álvarez Díaz, Fernando Bellas Permuy, Juan Raposo Santiago.

15 (12)

- 15

504 D Enxeñería do Coñecemento ©1 Descrición. Sistemas baseados no coñecemento. Aprendizaxe. Heurística. Obxectivos: Adquirir o concepto de enxeñaría do coñecemento, a súa situación dentro da intelixencia artificial e a súa relación coa enxeñaría do software. Utilizar metodoloxías de modelado de coñecemento, coñecer e aplicar técnicas de adquisición de coñecemento, manexar contornos específicos de desenvolvemento de sistemas baseados en coñecemento, establecer os principios básicos de deseño e de

4.5 (4)

3 1.5

Page 24: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

implementación dos sistemas baseados en coñecemento, establecer os problemas asociados coa avaliación destes sistemas. Programa: TEORÍA 1- A enxeñaría do coñecemento e os sistemas baseados en coñecemento. Análise de viabilidade e especificación de requisitos e deseño. 2- Metodoloxías para a construción de sistemas baseados no coñecemento, con especial énfase nas aproximacións de modelado de coñecemento e, en particular, centrándonos na CommonKads. 3- O modelado do coñecemento na metodoloxía CommonKads. Construción dos modelos e esbozos de modelos. Elementos reutilizables. 4- Técnicas para a adquisición do coñecemento. Entrevistas, análise de protocolos, técnicas de escalamento psicolóxico, técnica de construtos personalizados e emparrillado, etc. Técnicas de adquisición a partir dun grupo de expertos. 5- Aprendizaxe máquina. Técnicas de adquisición automática de coñecemento. 6- Deseño e implementación de sistemas baseados en coñecemento usando CommonKads. 7- Avaliación dos sistemas baseados no coñecemento. Sistemas de verificación automática. Métodos de validación cualitativos e cuantitativos. Usabilidade e utilidade dos sistemas baseados en coñecemento. PRÁCTICAS Deseño e implementación dun sistema baseado en coñecemento usando CommonKads como metodoloxía e no contorno de desenvolvemento Nexpert Object. Bibliografía: - Schreiber, G. Knowledge engineering and management. MIT Press. 2000. - Guida, G. e Tasso, C. Design and development of knowledge-based systems. John Wiley and Sons. 1994. - González, A.J. e Dankel, D. The engineering of knowledge-based systems. Prentice Hall. 1993. Profesoras: Amparo Alonso Betanzos, Berta M. Guijarro Verdinas.

505 D Proxecto fin de carreira Descrición. Elaboración dun proxecto informático.

10 (10)

- 10

Optativas Libre configuración

18 (12)

9 (7)

NOTA: Todas as materias con © son cuadrimestrais

Cód. OPTATIVAS Créditos

(ECTS) Teórico Práctico

601 Algoritmos e Procesamento Paralelo Descrición. Programación sincrónica e asincrónica; composición paralela e secuencial. Sistemas reactivos.

6 4 2

602 Análise e Deseño Orientado a Obxectos ©2 Descrición. Análise e deseño co paradigma obxectual. Obxectivos: Esta materia céntrase no deseño e na implementación con tecnoloxías orientadas a obxectos para a integración de aplicacións heteroxéneas: CORBA e os

6 (4)

4 2

Page 25: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Servizos Web. CORBA é un framework estándar amplamente usado no mundo da industria, do que existen numerosas implementacións comerciais e gratuítas, para a construción de aplicacións distribuídas heteroxéneas co paradigma da orientación a obxectos. CORBA permite construír aplicacións distribuídas (principalmente en intranets) mediante a invocación de métodos de obxectos remotos, sen que importe a linguaxe en que estean escritos o chamador e o chamado, nin as plataformas (so e hw.) e as redes de comunicación intermedias. Existen implementacións de CORBA para case todos os sistemas operativos e as linguaxes máis usuais. CORBA é por tanto, unha tecnoloxía ideal (en intranets) para integrar aplicacións escritas en distintas linguaxes. Os servizos web constitúen a tecnoloxía de integración de aplicacións heteroxéneas máis recentes, que usa XML sobre HTTP como formato de intercambio de información entre aplicacións heteroxéneas, e foi adoptada rapidamente pola industria, dado que complementa moi ben aqueles dominios en que CORBA non se puido usar de maneira satisfactoria (integración de aplicacións heteroxéneas sobre internet). Ambas tecnoloxías son, por tanto, complementarias. De feito, os principais fabricantes da tecnoloxía de servizos web son tamén os de CORBA. Programa: Tema 1. Introdución ás tecnoloxías de integración de aplicacións Tema 2. Introdución a CORBA Tema 3. Deseño e implementación con CORBA. Caso de estudo: Java Tema 4. Introdución a XML Tema 5. Deseño e implementación con servizos web. Caso de estudo: Java Tema 6. Deseño de fluxos inter-aplicación. Tema 7. Integración de datos distribuídos. Bibliografía: - McGovern, J., Tyagi, S., Stevens, M.E. e Mathew, S. Java Web Services Architecture. Morgan Kaufmann. 2003. - Henning, M. e Vinoski, S. Advanced CORBA Programming with C++. Addison-Wesley. 1999. - Brose, G., Vogel, A. e Duddy, K. Java Programming with CORBA: Advanced Techniques for Building Distributed Applications, 3rd edition. OMG Press, John Wiley and Sons. 2001. Avaliación: Realización dun proxecto práctico ao longo de todo o curso (con entregas parciais) e un exame final. Profesor: Fernando Bellas Permuy.

603 Arquitectura Cliente / Servidor e Proceso Cooperativo ©2 Descrición. Comunicación avanzada programada. Programas de interfaces de comunicacións. “Casework services”. Procesos e arquitecturas cliente / servidor. Procesador cooperativo. Interfaces gráficas do usuario. Unidade lóxica de traballo (LUW). Transaccións e mensaxes. Protocolos de comunicacións. Obxectivos Coñecer o modelo cliente/servidor e explorar os elementos de base que o sustentan e as diferentes tecnoloxías que se apoian neste modelo. Programa: - Arquitectura de aplicacións - Procesos e arquitecturas cliente/servidor - Servizos de sistema operativo - Middleware - Comunicación clientes/servidores - Protocolos de comunicación - Protocolos de aplicación - Acceso remoto a base de datos - Transaccións e mensaxes - Unidade lóxica de traballo (LUW) - Arquitecturas de obxectos - Arquitecturas internet

6 (4)

4 2

Page 26: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Bibliografía: - Orfaly, R., Harkey, D. e Edwards, S. Essential Client/Server Survival Guide. John Wiley & Sons. 1999. - Comer, D. e Stevens, D. Internetworking with TCP/IP Vol III: Client/Server Programming and Applications. Prentice Hall. 1996. Profesor: Sebastián Bamonde Rodríguez.

604 Arquitectura da información empresarial Descrición. Planificación empresarial. Obxectivos estratéxicos. Modelos de xestión. Entramados operacionai e administrativos. Organización funcional. Circuítos de información empresarial. Estruturas esenciais do MIS.

6 4 2

605 Arquitecturas Tolerantes a Fallos ©2 Descrición. Fiabilidade. Redundancia. Tolerancia a fallos. Testabilidade. Obxectivos: . Coñecer os conceptos e a terminoloxía básicos referentes á garantía de funcionamento ou confiabilidade dos sistemas informáticos. . Coñecer e comprender as técnicas de tolerancia a erros que permiten deseñar sistemas de funcionamento garantido. . Estudar técnicas de modelado e de avaliación da tolerancia a erros. . Coñecer exemplos e campos de aplicación. . Realizar exemplos prácticos relativos a técnicas de redundancia e á avaliación dos sistemas tolerantes a erros. Programa: Tema 1: Introdución á garantía de funcionamento Tema 2: Técnicas de redundancia Tema 3: Arquitecturas dos sistemas tolerantes a erros Tema 4: Modelado e avaliación Tema 5: Aplicacións e exemplos de sistemas tolerantes a erros Bibliografía: Johnson, B.W. Design and analysis of fault tolerant digital systems. Addison Wesley. 1989. Pradhan, D.K. Fault-tolerant computer systems design. Prentice-Hall. 1996. Siewiorek, D.P. Reliable computer systems. Design and evaluacion. Digital Press. 1992. Profesora: Patricia González Gómez.

6 (4)

4 2

606 Aspectos Xurídicos e Deontolóxicos da Informática ©1 Descrición. Aspectos xurídicos e deontolóxicos da informática. Obxectivos . Expoñer un panorama das relacións entre o dereito e a informática. . Coñecer e manexar as categorías e os conceptos xurídicos básicos aplicables á informática. . Examinar as repercusións das tecnoloxías da información na estrutura xurídica e política das nosas sociedades. . Analizar as respostas xurídicas, éticas e deontolóxicas as cuestións e os interrogantes que presenta a Informática e reflexionar sobre o seu significado e o seu alcance. Programa: PARTE XERAL Lección 1- O dereito: un panorama. Lección 2 - As relacións entre o dereito e a informática. Dereito informático e informática xurídica. Lección 3 - A revolución da tecnoloxía da información e a sociedade rede. Características e consecuencias xurídicas, éticas e políticas. O modelo español de regulación da sociedade da información. Lección 4 - Dereito, deontoloxía e ética: a coexistencia de diversas ordes

6 (4)

4 2

Page 27: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

normativas na regulación da informática. O fenómeno da autorregulación: os códigos de conduta ou códigos tipo. Lección 5 - A ética na era da información. Existe unha ética específica para a sociedade rede? A ética hacker. PARTE ESPECIAL Sección 1. Informática, intimidade e datos de carácter persoal Lección 6 - A protección xurídica dos datos de carácter persoal Sección 2. Informática e dereito industrial Lección 7 - Teoría xeral da propiedade intelectual e a competencia Lección 8- A libre competencia Lección 9 - A competencia desleal Lección 10 - A publicidade económica Lección 11 - As patentes Lección 12 - Outros dereitos sobre creacións industriais Lección 13 - As marcas Lección 14 - Outros signos distintivos Lección 15 -Dereito de autor e dereitos afíns Bibliografía: - Davara Rodríguez, M. A. Manual de Derecho informático. Pamplona, Aranzadi. 5ª edición. 2003. - HIMANEN, P. La ética del hacker y el espíritu de la era de la información. Barcelona, Destino. Tradución de F. Meler Ortí. Edición 2002. - JIMÉNEZ SÁNCHEZ, G. Lecciones de Derecho mercantil. Madrid, Ariel. 8ª edición corrixida e posta ao día. Edición 2003. Profesor: José Antonio Seoane Rodríguez.

607 Auditoría Informática ©2 Descrición. Aproximación á psicoloxía da organización. Aproximación analítica. Técnicas de entrevistas e de cuestionarios. Programa: 1- Introdución. 2- O marco de control de xestión. 3- O marco de control de aplicación 4- Control de calidade de proxectos: quality assurance 5- Recuperación de sistemas informáticos en situacións de desastre. 6- Sistemas de xestión de problemas. Bibliografía: - De Marco, T. Controlling Software Projects. 1982. - Gordon B., D., Adams, D. e A. Schaller, C. Auditing an EDP. Institute of Certified Public Accountants. 1981. - Donn B., P. Crime by Computer. N.Y.. 1976. Profesor: Serafín Caridad Simón.

6 (4)

4 2

608 Bases de Datos III ©2 Descrición. Modelo entidade-relación estendido. Bases de datos orientadas a obxectos. Bases de datos distribuídas. Obxectivos . Coñecer os problemas do modelo relacional. . Coñecer os modelos de bases de datos: orientado a obxectos, dedutivo, activo e distribuído. . Familiarizarse coas técnicas de recuperación en web. . Familiarizarse cos sistemas de información xeográfica. Programa: 1- Críticas ao modelo relacional 2- Bases de datos orientadas a obxectos e obxecto-relacionais

9 (7)

5 4

Page 28: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

3- Bases de datos activas 4- Bases de datos espaciotemporais e sistemas de información xeográfica 5- Bases de datos dedutivas 6- Distribución e federación de bases de datos 7-Web semántica 8- Deseño físico e tunning de bases de datos 9-Bases de datos documentais e text retrieval PRÁCTICAS 1- PL/SQL 2- Triggers 3- BD espaciais e GIS 4- Coral (BD Dedutivas) 5- OntoWeb Bibliografía - Ullman, J. e Widow, J. Introducción a los sistemas de bases de datos. Prentice Hall. - Ullman, J. Principles of database and knowledge-base systems. Computer Science Press. Volumen 1. - Ullman, J. Principles of database and knowledge-base systems. Computer Science Press. Volumen 2. Avaliación: A avaliación da materia comprende dúas partes: - Exame escrito, que representa a maior porcentaxe da nota final. - Realización de prácticas: a primeira delas será obrigatoria para aprobar a materia, e a súa calidade afectará á nota final da materia en casos de dúbida (para pasar dun suspenso alto a un aprobado, de aprobado alto a notable etc.). A segunda práctica que se propón é optativa e serve para subir nota. Profesores: Nieves Rodríguez Brisaboa, Miguel Ángel Rodríguez Luaces, Miguel Rodríguez Penabad.

609 Ciencia Cognitiva ©2 Descrición. Procesamento humano da información. Métodos, modelos e arquitecturas. Atención, memoria e creatividade. Pseudotaxe. Obxectivos: Ensinar os fundamentos da ciencia cognitiva con énfase nos fundamentos computacionais. Programa: - A ciencia cognitiva como modelo computacional da mente. - Alcance e límite dos modelos simbólicos da mente. - Modelos cognitivos de: memoria, aprendizaxe, resolución de problemas e planificación, razoamento indutivo e dedutivo. - Evolución e cognición. - Mente consciente e mente non consciente. Bibliografía: - Johnson-Laird. The Computer and the Mind: an Introduction to Cognitive Science. Harvard University Press. 1988. - Johnson-Laird. El Ordenador y la Mente: Introducción a la Ciencia Cognitiva. Ediciones Paidós. 1990 Avaliación: - Convocatorias de xuño e de setembro: 85% exame, 15% prácticas - Convocatorias extraordinarias: 100% exame Profesor: Álvaro Barreiro García.

6 (4)

4 2

610 Computación Simbólica ©2 Descrición. Sistemas alxebraicos de computación. Representacións de datos. Algoritmos fundamentais. Simplificación polinómica. Integración formal.

6 (4)

4 2

Page 29: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Profesor: Ramón Pérez Otero.

611 Comunicacións Dixitais ©2 Descrición. Modulacións e códigos en transmisión dixital. Ecualización. Recuperación de portadoras. Supresión de ecos. Conmutación dixital. Deseño de redes conmutadas. Obxectivos: Expoñer os principios básicos que xorden na análise e deseño de técnicas de modulación e codificación en sistemas de comunicación dixitais. Programa: 1- Codificación de fonte. 2- Modulacións dixitais. 3- Demodulación óptima en presenza de ruído gaussiano. 4- Codificación de canle. 5- Transmisión dixital por canles de banda limitada. Bibliografía: Proakis, J.G. e Salehi, M. Communication Systems Engineering. Prentice-Hall. 2ª edición. 2002. Lathi, B.P. Modern Digital and Analog Communications Systems. Oxford University Press. 1988. Profesores: Luis Castedo Ribas, Miguel González López.

6 (4)

4 2

612 Control Industrial ©2 Descrición. Autómatas programables. Sistemas de control. Estruturas de control. Controladores. Análise de sistemas. Obxectivos: Introducir o alumno nos sistemas de control de procesos industriais. Unha primeira parte dedícase ao control dixital mediante PLC, e a segunda parte ao estudo dos sistemas de regulación de procesos, tanto analóxicos como dixitais, para caracterizar os distintos tipos de reguladores e de sistemas controlados e por último analizando a súa estabilidade. Programa: 1- Introdución aos sistemas de control . Elementos dun sistema de automatización . Sistemas cableados . Sistemas programados 2- Control dixital: o PLC . Software de programación . Programación estruturada . Operacións básicas . Operacións complementarias . Tratamento de sinais analóxicos 3- Regulación . Introdución . Reguladores: tipos e estratexias de control . Sistema controlado: a súa caracterización . Axuste de nós de control Bibliografía: - Siemens. Manuales de manejo del PLC 95U. - Marcombo. Introducción al control electrónico. - Ogata, K. Ingeniería de control moderna. Profesor: José María Domínguez Legaspi

6 (4)

4 2

613 Deseño de Sistemas Operativos ©1 Descrición. Deseño de sistemas de ficheiros. Deseño do sistema de procesos e de memoria. Deseño de sistemas entrada / saída.

9 (7)

6 3

Page 30: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Profesor: Ramón Pérez Otero

614 Deseño VLSI Descrición. Tecnoloxía CMOS. Deseño estruturado.

6 3 3

615 Estruturas e sistemas contables Descrición. Técnicas de administración e técnicas contables. Modelos informáticos de xestión.

4.5 3 1.5

616 Avaliación e madurez de sistemas de información Descrición. Medición de sistemas informáticos. Avaliación do rendemento. Medida do software.

6 4 2

617 Xestión de calidade Descrición. Análise e corrección de defectos. Secuencias de erros. Accións correctivas.

6 3 3

618 Xestión de configuracións Descrición. Introdución á xestión de configuracións. Mantemento de integridade dun produto. Xestión de cambios. Control de versións. Métricas.

6 3 3

619 Xestión de Redes ©2 Descrición. Capa de aplicación. TCP/IP. Internet. SNMP. Axentes. Wans. Obxectivos O obxectivo principal deste curso é ofrecer unha visión ampla e comprensible das tecnoloxías e os estándares de xestión de rede, así como permitir un coñecemento actualizado deste área tecnolóxica. O curso estruturase en dúas partes: unha teórica en que estudan en detalle os diferentes estándares de xestión de rede e outra práctica en que se aborda a aplicabilidade destes estándares e o soporte tecnolóxico para a súa implementación. Programa: PARTE I: INTRODUCIÓN Á XESTIÓN DE REDE E ESTÁNDARES PARTE II: ARQUITECTURA DE XESTIÓN DE INTERNET PARTE III. ARQUITECTURA DE XESTIÓN OSI PARTE IV. ARQUITECTURA TMN PARTE V. PLATAFORMAS DE XESTIÓN DE REDE Bibliografía: - Stallings, W. SNMP, SNMPv2 and CMIP: The Practical Guide to Network Management Standards. Addison Wesley. 1993. - Stallings, W. SNMP, SNMPv2, and RMON: pratical network management. Reading, Massachusetts Addison-Wesley. 2ª edición. 1996. Profesores: Alfonso Castro Martínez, Paula Montoto Castelao.

6 (4)

4 2

620 Gráficos en Computación ©1 Descrición. Ferramentas matemáticas para gráficos en computadores. Estruturas xeométricas en dúas e tres dimensións. Tratamento de imaxes. Elementos finitos. Resolución numérica da ecuación en derivadas parciais. Simulación. Obxectivos: O obxectivo principal da materia é coñecer os algoritmos de debuxo de primitivas en 2D e 3D que permitan realizar gráficos de forma eficiente sobre unha computadora. Tamén se estudan distintas técnicas para conseguir unha visualización realista. Entre elas están o recheo de polígonos, a realización do recorte, a utilización de cor, a iluminación de escenas e o sombreado de figuras. Tamén se estudan distintas linguaxes de definición de gráficos como VRML e OpenGL. Programa:

7.5 (4)

4 3.5

Page 31: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

1- Introdución 2- Debuxo de primitivas 3- Debuxo de obxectos 3D 4- Transformacións 5- Percepción e especificación da cor 6- Mellora de visualización 7- Visualización de figuras 3D 8- Procesado dixital de imaxe 9- Formatos gráficos e linguaxes de definición Bibliografía: - Foley, J.D. et al. Computer Graphics. Principle and Practice. Addison-Wesley. - Watt, A. 3D Computer Graphics. Addison-Wesley. 2ª edición. 1993 Profesor: Julián Dorado de la Calle.

621 Informática Biomédica ©1 Descrición. Procesado e parametrización de sinais biolóxicas. Modelos cualitativos, funcionais, causais e lineais. Sistemas de información hospitalaria. Algoritmos xenéticos. Obxectivos: O obxectivo fundamental da materia é coñecer as bases teóricas e prácticas, necesarias para o desenvolvemento de sistemas de información no ámbito da medicina. Para iso analízanse as distintas capas do sistema de información, isto é: adquisición, instrumentación, procesado dixital, bases de datos, sistemas de axuda a toma de decisións, redes etc. Programa: 1- Introdución. 2- Instrumentación biomédica. 3- Xestión da imaxe médica. 4- Sistemas de información hospitalaria. 5- Telemedicina. 6- Técnicas de intelixencia artificial en informática biomédica. Bibliografía: - Bronzino. The Biomedical Engineering Handbook. IEEE Press, CRC Press Inc.. 1995. - Oppenhein. Señales y sistemas. Prentice Hall. 1998. - Gonzalez. Tratamiento digital de las imágenes. Addison-Wesley. 1992. Profesores: Bernardino Arcay Varela, Alfonso Castro Martínez.

6 (4)

4 2

622 Enxeñería do Software de Xestión Descrición. Deseño, propiedades e mantemento do software de xestión. Planificación e xestión dos proxectos informáticos.

7.5 4.5 3

623 Inglés Técnico ©1 Descrición. Terminoloxía específica do inglés técnico. Escritura. Produción e recepción oral. Profesor: Pablo Cancelo López.

6 (4)

1.5 4.5

624 Interfaces co Usuario ©2 Descrición. Modelos conceptuais e formais. Ferramentas multimedia-hipermedia. Realidade virtual. Obxectivos Explicar aos alumnos os principios básicos do deseño de interfaces de usuario Programa: 1- Conceptos xerais 2- Aspectos humanos 3- Aspectos tecnolóxicos

6 (4)

4 2

Page 32: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

4- Métodos e técnicas de deseño 5- Utilización de UML para o deseño de interfaces de usuario 6- Utilización de patróns na construción de Interfaces 7- Contornos visuais de desenvolvemento de interfaces 8- Aplicacións WEB e interfaces de usuario Bibliografía: - Schneiderman, B. Designing the user interface. Addison-Wesley. - Horrocks, I. Construing the User Interface with Statecharts. Addison-Wesley. - Collins, D. Designing Object-Oriented User Interfaces. The Benjanin/Cunnings Publishin Company Inc.. Profesor: José María García-Tizón Iglesias.

625 Linguaxes Naturais ©2 Descrición. Análise sintáctica. Análise semántica. Análise do discurso. Obxectivos: Ensino, aprendizaxe e dominio das técnicas e dos métodos propios do procesamento da linguaxe natural. Programa: 1- Introdución 2- Análise léxico 3- Etiquetación 4- Análise sintáctico: linguaxes independentes do contexto 5- Análise sintáctico: linguaxes suavemente dependentes do contexto 6- Análise semántica 7- Recuperación e extracción de información 8- Análise pragmática Bibliografía: - Jurafsky, D. e Martin, J. Speech and Language Processing. An Introduction to Natural Language Processing, Computational Linguistics, and Speech Recognition. Prentice Hall, Upper Saddle River, New Jersey. 2000. - Dale, R., Moisi, H. e Somers, H. Handbook of Natural Language Processing. Marcel Dekker Inc., New York & Basel. 2000. Profesores: Miguel Ángel Alonso Pardo, Jorge Graña Gil.

6 (4)

4 2

626 Lóxica para a Computación ©1 Descrición. Lóxica de primeira orde. Dedución automática. Programación lóxica. Lóxicas non estándar. Obxectivos: Proporcionar un coñecemento activo de partes da lóxica relevantes para a computación Programa: - Nocións xerais - Lóxica de primeira orde - Lóxica e computación Bibliografía: - Ben-Ari, M. Mathematical Logic for Computer Science. Prentice Hall. 1993. - Gibbins, P. Logic with Prolog. Claredon Press - Oxford. 1988. - Nedore, A. e Shore, R. Logic for Applications. Springer-Verlag. 1993. Profesor: José María Barja Pérez.

7.5 (5.5)

4.5 3

627 Métodos de Cálculo Numérico ©1 Descrición. Aproximación. Diferenzas finitas. Elementos finitos. Resolución numérica de ecuación en derivadas parciais. Simulación. Obxectivos:

7.5 (5.5)

4 3.5

Page 33: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Coñecemento de métodos numéricos de diferenzas finitas e elementos finitos para modelos matemáticos de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais. Implementación en ordenador dos métodos. Programa: 1- Introdución. 2- Problemas de contorno para EDOs de segunda orde. 3- Introdución ás ecuacións en derivadas parciais (EDPs). 4- Métodos numéricos para EDPs parabólicas. 5- Métodos numéricos para EDPs elípticas. 6- Métodos numéricos para EDPs hiperbólicas. 7- Método de elementos finitos. 8- Programación de métodos numéricos en FORTRAN e MATLAB. Bibliografía - Baker, A.J. e Pepper, D.W. Finite elements 1-2-3. McGraw-Hill. 1991. - Hoffman, J.D. Numerical methods for engineering and scientists. McGraw-Hill. 1992. - Johnson, C. Numerical solution of partial differential equations by the finite element method. Cambridge University Press. 1992. Profesor: Carlos Vázquez Cendón.

628 Métodos Estatísticos ©1 Descrición. Control de calidade. Series de tempo. Análise multivariante. Obxectivos: Ao cursar esta materia, o alumno poderá ampliar os coñecementos de estatística adquiridos en cursos anteriores, mediante o estudo e a aplicación dalgúns métodos estatísticos avanzados: control estatístico da calidade, análise de series de tempo e análise multivariante. Programa: 1-Control de calidade. Introdución. Os gráficos de control. O control de fabricación por variables. O control de fabricación por atributos. O control de fabricación por número de defectos. O control de recepción. 2-Series temporais. Xeneralidades. O concepto de serie temporal. Compoñentes dunha serie temporal. O problema da predición. Técnicas de suavización exponencial. 3-Metodoloxía Box-Jenkins para a análise de series temporais. Introdución os procesos estocásticos: propiedades. Procesos autorregresivos (AR(p)). Procesos de medias móbiles (MA(q)). Procesos ARMA(p,q). Procesos non estacionarios: modelo ARIMA (p,d,q). Identificación de modelos ARIMA. Estimación nun modelo ARIMA. Diagnose en modelos ARIMA. Predición co modelo ARIMA. Introdución á regresión dinámica. 4-Análise multivariante. Introdución. Preliminares: distribucións multidimensionais. Análise de compoñentes principais. Análise factorial discriminante. Análise cluster. Escalamento multidimensional. Bibliografía: - Makridakis, S., Wheelwright, S.C. e Hyndman, R.J. Forecasting. Methods and applications. Wiley. 1998. - Mardia, K.V., Kent, J.T. e Bibby, J.M. Multivariate analysis. Academic Press. 1994. - Montgomery, D.C. Introduction to statistical quality control. Wiley. 2001. Avaliación: Exame escrito da parte teórica da materia e exame práctico no ordenador (ou traballos prácticos propostos) para a cualificación da parte práctica das materias. A parte teórica representa o 60% da cualificación final e a parte práctica o 40% restante. Profesor: Manuel Antonio Presedo Quindimil

6 (4)

4 2

629 Monitorización Intelixente

6 4 2

Page 34: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Descrición. Procesado simbólico e clasificación. Fusión de datos en tempo real. Monitorización distribuída. Toma de accións no tempo.

630 Optimización do Procesamento Paralelo ©1 Descrición. Análise de dependencias. Vectorización e paralelización. Obxectivos: Introducir o alumno en técnicas de programación de arquitecturas multiprocesador utilizando diversos paradigmas, realizando prácticas nun contorno real mediante a programación de supercomputadores situados no CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia). Programa: 1- Paradigmas de programación de computadores MIMD 2- Programación con paso de mensaxes: MPI (Message-Passing Interface) 3- Programación orientada ao paralelismo de datos: HPF (High-Performance Fortran) Bibliografía: - Pacheco, P.S. Parallel Programming with MPI. Morgan Kaufmann Publishers. 1997. - Snir, M. et al. MPI - The Complete Reference. The MPI Core. The MIT Press. Volumen 1. 1998. - Gropp, W., Lusk, E. e Skjellum, A. Using MPI, Portable Parallel Programming with the Message-Passing Interface. The MIT Press. 1994. Profesor: Juan Touriño Domínguez.

6 (4)

4 2

631 Optimización en Investigación Operativa Descrición. Optimización con e sen restricións. Algoritmos e converxencias. Teoría de inventario. Xestión de stocks. Fiabilidade. Programación non lineal.

6 4 2

632 Organización, Administración e Finanzas ©2 Descrición. O sistema económico e a empresa. Técnicas de administración e técnicas contables. Obxectivos: Proporcionar ao alumno os coñecementos empresariais básicos para un correcto entendemento entre os responsables das distintas áreas da empresa (financiamento, produción e comercialización) e os encargados do correcto funcionamento do sistema de información desta. Programa: 1: A empresa e o empresario 2: O sistema de información da empresa 3: Aspectos básicos das matemáticas financeiras 4: O financiamento da empresa 5: O investimento na empresa 6: Outras cuestións financeiras 7: O sistema de produción da empresa 8: O sistema de comercialización Bibliografía: - Suárez Suárez, A. Curso de Economía de la Empresa. Pirámide. 7ª edición. Madrid. 2002. - Aguirre Sábada, A. Fundamentos de economía y gestión de empresas. Pirámide. - Bueno Campos e outros. Economía de la empresa. Análisis de las decisiones empresariales. Pirámide. Profesora: Lucía Boedo Vilabella.

7.5 (5.5)

4.5 3

633 Periféricos e Interfaces ©1 Descrición. Interface serie paralelo. Periféricos de almacenamento. Presentación e adquisición de información. Microcontroladores.

7.5 (5.5)

4 3.5

Page 35: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Obxectivos: A primeira parte da materia está dedicada ao estudo da materia e da programación de microcontroladores. Preténdese que o alumno sexa capaz de desenvolver o software de aplicacións con microcontroladores. A segunda parte céntrase nos sistemas de vídeo. Nesta explícase o funcionamento de distintos tipos de pantallas e de tarxetas de vídeo. Ademais, revísanse os fundamentos dos sistemas analóxicos e dixitais de televisión. Programa: 1- Arquitectura de ordenador, de microprocesador e de microcontrolador 2- Conxunto de instrucións de ordenador, de microprocesador e de microcontrolador 3- Introdución aos microcontroladores 4- A familia 51 5- Organización da memoria nos microcontroladores 8051/8052 6- Programación dos microcontroladores 8051/8052 7- O macro-ensamblador MCS-51 8- Tarxeta de avaliación MCB-517A. Hardware 9- Tarxeta de avaliación MCB-517A. Software 10- Control de portos de entrada/saída 11- Temporizadores e contadores 12- Interrupcións 13- Porto serie 14- Circuítos de interface de liña 15- Aplicacións con microcontroladores (8051) 16- Pantallas de tubo de raios catódicos, LCD e de plasma 17- Tarxetas de vídeo 18- Sistemas analóxicos de televisión a B/N 19- Sistemas analóxicos de televisión a cor 20- Estándares de compresión de vídeo 21- Sistemas dixitais de televisión Bibliografía: - González, J.A. Introducción a los microcontroladores. McGraw Hill. - Martínez, J. Prácticas con microcontroladores de 8 bits. McGraw Hill. - Torres, L. Sistemas Analógicos y Digitales de Televisión. UPC. Profesores: Adriana Dapena Janeiro, José Lamas Seco.

634 Planificación estratéxica e sistemas de información Descrición. Teoría da decisión empresarial. Modelos informáticos de xestión. Planificación.

6 3 3

635 Programación Funcional ©2 Descrición. Lambda-cálculo. Reescritura. Construción e implementación. Compilación. Aplicacións. Programa: - Fundamentos - Programación utilizando linguaxes funcionais - Implementación de linguaxes funcionais Bibliografía: - Paulson, L.C. ML for the Working Programmer. Cambridge University Press. 1992. - Leroy, X. The Objective Caml System. INRIA. 1997. - Reade, C. Elements of Functional Programming. Brunei University. Addison-Wesley. 1989. Profesores: David Cabrero Souto, Víctor Manuel Gulías Fernández, Juan José Quintela Cabreira.

7.5 (5.5)

4.5 3

636 Programación Orientada a Obxectos ©1 Descrición. Encapsulación. Xerarquía. Herdanza. Métodos.

6 (4)

4 2

Page 36: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Obxectivos: Ensino, aprendizaxe e dominio dos conceptos propios do paradigma da programación orientada a obxectos. En primeiro lugar estudaranse con detalle as principais características e as propiedades da orientación a obxectos incluíndo aquelas que son compartidas polos tipos abstractos de datos (como abstracción, encapsulación, modularidade), como aquelas propias da orientación a obxectos (herdanza, polimorfismo, ligadura dinámica etc.). A segunda parte da materia centrarase en como utilizar as propiedades da orientación a obxectos para obter deseños correctos, para iso estudaranse os principios e patróns de deseño e analizaranse as características básicas da linguaxe de modelado visual UML (aprendendo a establecer unha relación bidireccional entre un deseño detallado UML e o código final resultante). As prácticas da materia, realizadas na linguaxe de programación Java, servirán para poñer en práctica os coñecementos adquiridos en teoría e para aprender como, a partir da definición dun problema, desenvolver un deseño detallado en UML dos obxectos que forman o dominio do problema e plasmar este deseño nun código dunha linguaxe de programación orientada a obxectos. Programa: Bloque temático I: programación orientada a obxectos 1. Introdución 2. Elementos básicos da orientación a obxectos 3. Propiedades básicas da orientación a obxectos Bloque temático II: deseño orientado a obxectos 4. Principios de deseño 5. Modelado visual de obxectos: UML 6. Patróns de deseño Bibliografía: - Arnold, K., Gosling, J. e Holmes, D. El lenguaje de programación Java. Addison-Wesley, Madrid. 2001. Signatura FIC: D32 (Jav) ARN. - Booch, G., Rumbaugh, J. e Jacobson. El lenguaje unificado de modelado. Addison-Wesley, Madrid. 1999. Signatura FIC: D22 BOO. - Gamma, E. et al. Design patterns: elements of reusable object oriented software. Reading, MA. Addison-Wesley. 1995. FIC: D211 DES - D123 PAT (español). Avaliación: Exame escrito sobre os conceptos teóricos da materia e algún concepto visto en prácticas. Corresponderá ao 70% da nota da materia. Entrega dunha práctica final que corresponderá ao 30% da nota da materia. Para facer media é necesario sacar un mínimo de 4 en cada parte. A nota de prácticas gárdase para as avaliacións realizadas dentro dun mesmo ano, a nota de teoría non. Profesor: Eduardo Mosquera Rey.

637 Protección e seguridade da información ©2 Descrición. Criptografía. Deseño de criptosistemas. Criptosistemas con chave secreta. Criptosistemas con chave pública. Protección e seguridade da información. Obxectivos: A materia de "Protección e Seguridade da Información" introduce o alumno nos fundamentos e nas técnicas utilizadas para a protección da información en sistemas informáticos, considerando a protección da información a nivel físico, lóxico, administrativo e legal. Programa: 1- Conceptos xerais da seguridade informática. 2- Antecedentes da protección e seguridade da información. 3- Aspectos administrativos e legais. 4- Fundamentos de criptografía e criptoanálise. 5- Métodos criptográficos tradicionais. 6- Criptosistemas de chave simétrica.

6 (4)

4 2

Page 37: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

7- Criptosistemas de chave asimétrica. 8- Sinatura dixital. Certificación dixital. 9- Conceptos xerais de protección e seguridade da información en sistemas operativos. 10- Conceptos xerais de redes de comunicacións. Protección e seguridade. 11- Mecanismos de seguridade en redes de comunicacións: filtros, cortafogos e proxys. 12- Sistemas de detección de intrusións (IDs). 13- Os sistemas de información e a súa seguridade. Políticas de seguridade. Bibliografía: - Anónimo. Linux máxima seguridad. Prentice-Hall. 2000. - Bauer, F. Decrypted secrets, methods and maxims of cryptology. Springer. 1997. - Caballero, P. Introducción a la criptografía. Ra-Ma. 1996. Profesor: Antonio Santos de Riego.

638 Redes de Neuronas Artificiais ©1 Descrición. Fundamentos biolóxicos das redes neuronais artificiais. Modelos. Aprendizaxe en redes de neuronas artificiais: tipos e regras. Metodoloxía e ferramentas de construción de redes de neuronas artificiais. Obxectivos: A materia "Redes de Neuronas Artificiais" céntrase na formación do alumno no desenvolvemento, no control, na xestión e na operación en redes de neuronas artificiais, a súa integración con outras técnicas e as súas posibilidades de aplicación. O desenvolvemento, o control, a xestión e a operación sobre estas arquitecturas constituirán os obxectivos xerais da materia. Programa: 1- Fundamentos das redes de neuronas artificiais. Neurocomputación. 2- Modelos desde a cibernética. 3- Modelos de redes de neuronas artificiais. 4- Aprendizaxe e sistemas intelixentes. 5- Metodoloxía de desenvolvemento. 6- Sistemas híbridos. 7- Modelos avanzados de redes de neuronas artificiais. 8- Computación evolutiva. 9- Procesado temporal. 10- Dominios de aplicación das redes de neuronas artificiais. Bibliografía: - Arbib, M. The handbook of brain theory and neural networks. MIT Press, Cambridge, Massachusetts. 1995. - Ashby, W. Introducción a la cibernética. Nueva Visión. 1972. - Diamantaras, K. e Kung, S. Principal component neural networks: theory and applications. Wiley, New York. 1996. Profesores: Julián Dorado de la Calle, Alejandro Pazos Sierra.

7.5 (5.5)

4.5 3

639 Robótica Descrición. Manipuladores. Actuadores. Sensores, arquitecturas. Linguaxes de programación: dominios semánticos, definición da semántica dunha linguaxe. Semántica denotacional. Semántica alxebraica.

6 4 2

640 Semántica das Linguaxes de Programación Descrición. Teoría alxebraica de tipos abstractos de datos. Semántica de linguaxes de programación: dominios semánticos, definición da semántica dunha linguaxe. Semántica denotacional. Semántica alxebraica.

6 4 2

641 Simulación Estatística ©2 Descrición. Xeración de variables aleatorias nunha e en varias dimensións. Simulación de procesos. Obxectivos:

6 (4)

4 2

Page 38: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Preténdese que o alumno adquira destreza na identificación de problemas reais que poden ser resoltos pola simulación, así como nesta resolución utilizando a citada aproximación por simulación. Para iso tratarase de que o alumno coñeza o funcionamento dos principais algoritmos de xeración de números aleatorios uniformes, así como métodos para simular as distribucións de probabilidade máis habituais na práctica (tanto discretas como continuas e no caso uni ou multidimensional) sendo capaz de implementalos nalgunha linguaxe de alto nivel. Tamén se pretende introducir o alumno nas principais técnicas de simulación para problemas reais: simulación estática e dinámica (por cantos ou por eventos, esta última), redución da variabilidade na simulación, redución da dependencia e dos problemas de estabilización. Programa: 1- Introdución. Conceptos de sistema real, de modelo e de definición de simulación. Experimentación real e simulación. Simulación necesaria e innecesaria. Vantaxes e inconvenientes da simulación. Contidos da materia. 2-Xeración de números pseudoaleatorios uniformes en (0,1). Introdución. Propiedades desexables dun xerador de números pseudoaleatorios uniformes. 3- Métodos dos cadrados medios e de Lehmer. Métodos congruenciais. Medidas estatísticas de calidade dun xerador de números pseudoaleatorios. 4- Métodos universais para a xeración de variables continuas. Método de inversión. Método de aceptación/rexeitamento e as súas variantes. 5- Métodos universais para a xeración de variables discretas. Método da transformación cuantil. Algoritmos baseados en busca secuencial. Algoritmos baseados en árbores binarias. Árbores de Huffman. Método da táboa guía. Métodos de truncamento. 6- Métodos específicos para a xeración de distribucións notables. Distribucións continuas: normal, chi-cadrado de Pearson, t de Student, F de Snedecor, expoñencial, Weibull, gamma, beta, loxística, Pareto. Distribucións discretas: equiprobable, binomial, xeométrica, binomial negativa, Poisson. Simulación de distribucións multidimensionais. Método das distribucións condicionadas. Método de aceptación/rexeitamento. Métodos de codificación ou de etiquetado. Métodos específicos para simulala normal multivariante. 7- Deseño de experimentos de simulación. Diferenzas e similitudes coa experimentación real. Simulación estática e dinámica. Simulación por eventos e por cantos. Técnicas de redución da varianza. Problemas de estabilización e de dependencia. Exemplos prácticos. Bibliografía: - Cao, R. Introducción a la simulación y a la teoría de colas. NetBiblo. 2002. - Devroye, L. Non-uniform random variate generation. Springer-Verlag. 1986. - Bratley, P. A guide to simulation. Springer-Verlag. 1990. Avaliación: A avaliación da materia durante o curso académico 2004/2005, realizarase por medio de prácticas que propoñerá o profesor así como un exame escrito da materia. A nota do exame escrito representará o 60% da cualificación global, mentres que o 40% restante corresponderá ás prácticas. Estas serán realizadas con ordenador na súa maioría durante cada sesión de prácticas (de dúas horas). A avaliación destas prácticas polo profesor será levada a cabo durante as sesións de prácticas. A non asistencia a algunha das prácticas supoñerá a cualificación de cero nesta. Co fin de poder permitir algunha ausencia por causa de forza maior, á hora de calcular a nota media de prácticas ao longo do curso, desbotarase o 15% das prácticas con peor nota de cada alumno. Excepcionalmente, se o número de alumnos matriculados fose tan grande que fixese inviable este sistema de revisión de prácticas por parte do profesor, propoñeríase a realización dunha única práctica no curso que entonces si requiriría da entrega dunha memoria explicativa do traballo realizado así como dunha presentación oral final. Tamén nese caso a nota da parte práctica da materia seguiría representando o 40% do total. Profesor: Ricardo Cao Abad.

642 Sistema de Adquisición de Datos ©1

6 (4)

4 2

Page 39: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Descrición. Transdutores. Acondicionadores de sinal. Convertedores de datos. Interface ordenador / sistemas. Obxectivos: Introducir o alumno nas distintas técnicas dos sistemas de adquisición de datos e os tipos de sensores máis habituais para a lectura de parámetros físicos en instalacións industriais. Programa: 1- Sistemas de adquisición de datos . Introdución . Convertedores DACs . Convertedores ADCs . Tarxetas de adquisición de datos 2- Sensores e transdutores . Características xerais . Sensores resistivos . Sensores indutivos . Sensores pezoeléctricos . Sensores ópticos 3- Acondicionadores de sinal . Amplificador de instrumentación . Amplificador de illamento . Linealización Bibliografía: - Martín Fernández, A. Instrumentación Electrónica. - Mazo, M. et al. Conversión de datos. - Pallas, R. Transductores y acondicionadores de señal. Profesores: José María Domínguez Legaspi, Manuel Paradela López.

643 Sistemas de Control con Computador ©2 Descrición. Control de tempo continuo e discreto. Modelo. Modelización de perturbacións. Tipos de control. Protección. Illamento. Obxectivos: Realizar unha introdución á análise e ao deseño de sistemas de control por computador. Programa: Tema 1: Introdución aos sistemas de control por computador . Conceptos básicos . Control en nó aberto e en nó pechado . Control analóxico e control dixital Tema 2: Transformada de Laplace. Definición . Transformada de Laplace dalgúns sinais básicos . Propiedades . Trasformada de Laplace inversa Tema 3: Sistemas de control continuos . Modelado de sistemas continuos . Sistemas descritos por ecuacións diferenciais lineais con coeficientes constantes. . Estabilidade de sistemas descritos por ecuacións diferenciais . Sistemas de orde 1 . Sistemas de orde 2 . Sistemas de orde superior . Interconexión de sistemas . Erro en estado estable de sistemas de control de nó pechado Tema 4: A técnica do lugar xeométrico das raíces . Avaliación xeométrica da transformada de Laplace . Ecuacións do lugar xeométrico das raíces . Propiedades do lugar xeométrico das raíces . Controladores PID Tema 5: Sistemas de control dixital . Conversión A/D e D/A

6 (4)

4 2

Page 40: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

. Realización dixital de sistemas continuos

. Trasformada Z

. Deseño de controladores dixitais

. Deseño de sistemas de control discretos Bibliografía: - Norman, S. Control Systems Engineering. John Wiley & Sons. 3ª edición. 2000. - Ogata, K. Modern Control Engineering. Prentice Hall. 3ª edición. 1997. Profesor: Luis Castedo Ribas.

644 Sistemas de Tempo Real ©1 Descrición. Tempo real. UNIX tempo real. Sincronización. Sistemas reactivos. Obxectivos: Nesta materia estúdanse as ferramentas hardware e software que se usan nos sistemas de tempo real. Préstase especial atención aos sistemas empotrados baseados en arquitecturas de DSP. Durante a materia utilizaranse DSPs da familia 6xxx de Texas Instruments. Programa: 1- Introdución ao tratamento dixital de sinal. 2- Proceso de conversión analóxico/dixital e dixital/analóxico. 3- Procesadores dixitais de sinal (DSP's) 4- Sistemas operativos de tempo real 5- Ferramentas de programación de tempo real para DSP´s 6- Programación avanzada Bibliografía: - [1]Lapsley, P. e Lee, S. DSP Processor Fundamentals: Arquitectures and Features. IEEE Press. 1995. - [2]Kehtarnavaz, N. e Keramat, M. DSP system design: using the TMS320C6000. Prentice-Hall. 2001. - [3]Burns, A. e Wellings, A. Sistemas de Tiempo Real y Lenguajes de Programación. Addison Wesley. 3ª edición. 2003. Avaliación: Prácticas obrigatorias (con data límite de entrega). A nota obtense dun exame teórico-práctico. Profesores: Carlos José Escudero Cascón.

6 (4)

4 2

645 Sistemas Expertos ©2 Descrición. Metodoloxías de deseño. Arquitecturas. Ferramentas. Obxectivos: - Introducir o concepto de axente e sistemas multiaxente. - Introducir as nocións básicas asociadas co deseño e a construción de sistemas multiaxente intelixentes. Programa: 1- Axentes intelixentes 2- Sistemas multiaxente 3- Resolución e planificación distribuídas 4- Aplicacións Bibliografía: - Wooldridge, M. An introduction to multiagent systems. John Wiley & Sons. 2002. - Weiss, G. Multi-agent systems. A modern approach to distributed artificial intelligence. MIT Press. 1999. - Ferber, J. Multiagent systems. An introduction to distributed artificial intelligence. Addison-Wesley. 1999. Profesores: María Amparo Alonso Betanzos, Francisco Javier Bellas Bouza.

6 (4)

4 2

Page 41: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

646 Técnicas de Simulación ©1 Descrición. Simulación de dispositivos electrónicos. Simulación lóxica. Simulación funcional. CAD, CAM, CAE. Obxectivos: Preténdese que o alumno coñeza a utilidade dos sistemas de deseño asistido por computador aplicados á electrónica dixital. Programa: 1- Introdución aos sistemas CAE, CAD e CAM. 2- Introdución ao sistema LOG. 3- Bases da simulación dixital: DIGLOG. 4- Simulación dixital xerárquica. 5- Simulación dixital VLSI. 6- Ampliación da biblioteca de circuítos: LOGED. 7- Simulación de sistemas secuenciais complexos. 8- Introdución ao deseño electrónico analóxico: ANALOG Bibliografía: - Documentación do sistema LOG en INTERNET. - Documentación do sistema LOG no CECAFI. - Óscar, B. Aplicación del Sistema LOG al diseño y simulación de circuitos digitales Avaliación: Os alumnos fan cinco prácticas por parellas e un exame individual tamén práctico. De aquí teñen seis notas a partir das cales se obtén a nota final. Profesor: José Rodrígo Sanjurjo Amado.

6 (4)

4 2

647 Técnicas Operativas de Xestión ©2 Descrición. Programación a custo mínimo en redes. Programación de proxectos a custo mínimo: PERT, CPM e MCE. Xestión de stocks. Teoría do inventario. Obxectivos: Ensinar o desenvolvemento histórico da investigación operativa e o seu uso en diversas situacións reais. Ensinar as técnicas básicas de análise de redes e os modelos de inventarios. Programa: 1- Desenvolvemento histórico da investigación operativa. . A 2ª Guerra Mundial. . O proxecto do canón de Babilonia. 2-Análise de redes: . Fluxo en redes. . Técnicas de planificación e de control de proxectos. 3-Xestión de stocks: . Modelos determinísticos. . Modelos estocásticos. Bibliografía: - Hillier, F. e Lieberman, G. Introducción a la investigación de operaciones. Mcgraw-Hill. - Romero, C. Técnicas de programación y control de proyectos. Pirámide. - Anderson, D., Sweeney, D. e Williams, T. Introducción a los modelos cuantitativos para administración. Grupo Editorial Iberoamericana. Profesora: Mª Luisa Carpente Rodríguez.

6 4 2

648 Teoría de Códigos ©2 Descrición. Introdución á teoría de códigos. Códigos lineais. Códigos cíclicos. Compresión de datos. Códigos Huffman. Codificación aritmética. Obxectivos:

6 (4)

4 2

Page 42: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Presentar unha introdución ás técnicas de codificación da información dixital para conseguir transmisións fiables (mediante códigos detectores e/ou correctores de erros) e eficaces (mediante códigos compresores). Programa: Primeira parte: códigos correctores de erros. . Introdución á teoría de códigos correctores de erros. . Códigos lineais. Definicións e propiedades. Corrección de erros cun código lineal. . Códigos Hamming. Código Hamming ampliado, Código Hamming truncado, Código Hamming xeneralizado. . Códigos de Golay. Códigos Reed-Muller. Segunda parte: códigos para a compresión de datos. . Introdución ás técnicas de compresión. . Códigos de decodificación única, códigos instantáneos, códigos Huffman. Bibliografía: - Raymond, H. A first course in coding theory. Clarendo Press, Oxford. - Roman, S. Introduction to coding and information theory. Springer-Verlag. - Pretzel, O. Error-correcting codes and finite fields. Clarendo Press, Oxford. Profesores: José Luis Doncel Juárez, José María Molinelli Barba.

649 Teoría de Colas ©1 Descrición. Procesos de nacemento e de morte. Modelos de colas. Redes de colas. Sistemas de tempo compartido. Simulación de procesos. Obxectivos: Preténdese que o alumno recoñeza as situacións da vida real en que se producen fenómenos de espera (especialmente aquelas no ámbito da informática e das telecomunicacións) e saiba modelizalas mediante a teoría de colas. Un segundo obxectivo consiste en obter a destreza necesaria para interpretar, traducir e resolver as cuestións de interese que aparecen en ditas situacións en termos das magnitudes fundamentais de todo modelo de colas ou redes de colas. Para isto requirirase de soltura no manexo dos coñecementos básicos sobre procesos estocásticos de nacemento e de morte. Por último, desde o punto de vista práctico, preténdese que o alumno sexa capaz de implementar (de forma computacionalmente eficiente) os modelos básicos da teoría de colas nalgunha linguaxe de alto nivel. Programa: 1- Introdución. 2- Introdución aos procesos estocásticos. 3- Introdución á teoría de colas. 4- Modelos con taxas de chegada e de servizo de tipo Poisson. 5- Redes de colas. 6- Colas con distribucións arbitrarias de chegada e de servizo. Bibliografía - Allen, A. Probability, statistics and queueing theory with computer science applications. Academic Press. 1990. - Gross, D. e Harris, C. Fundamentals of queueing theory. Wiley. 1985. - Cao, R. Introducción a la simulación y a la teoría de colas. NetBiblo. 2002. Avaliación: A avaliación da materia durante o curso académico 2004/2005, realizarase por medio de prácticas que propoña o profesor así como un exame escrito da materia. A nota do exame escrito representará o 60% da cualificación global, mentres que o 40% restante corresponderá ás prácticas. Estas serán realizadas con ordenador na súa maioría durante cada sesión de prácticas (de dúas horas). A avaliación destas prácticas polo profesor será levada a cabo durante as sesións de prácticas. A non asistencia a algunha das prácticas supoñerá a cualificación de cero nesta. Co fin de poder permitir algunha ausencia por causa de forza maior, á hora de calcular a nota media de prácticas ao longo do curso, desbotarase o 15% das prácticas con peor nota de cada alumno.

6 (4)

4 2

Page 43: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

Excepcionalmente, se o número de alumnos matriculados fose tan grande que fixese inviable este sistema de revisión de prácticas por parte do profesor, propoñeríase a realización dunha única práctica no curso que entón si requiriría da entrega dunha memoria explicativa do traballo que se realizou así como dunha presentación oral final. Tamén nese caso a nota da parte práctica da materia seguiría representando o 40% do total. Profesor: Ricardo Cao Abad.

650 Tratamento Dixital do Sinal©2 Descrición. Análise espectral, morfolóxica. Filtros dixitais: Wierner, ventás, FIR, IIR. Tratamento dixital da voz. Obxectivos: Nesta materia preséntanse as técnicas básicas do procesado dixital de sinais tales como: DFT, FFT, análise espectral, transformada Z, filtros dixitais e conversión A/D. Finalmente faise unha breve introdución ao procesado en 2D aplicado a imaxes. Programa: 1- Sinais e sistemas discretos 2- Análise en frecuencia de sinales discretos. Transformada de Fourier de sinais discretos 3- Transformada de Fourier discreta. Mostraxe no dominio da frecuencia: a DFT 4- Procesado de sinal en 2D 5- Transformada Z 6- Deseño de filtros dixitais Bibliografía: 1 Oppeheim, A. e Schafer, R. Discrete-Time Signal Processing. Prentice-Hall. 2ª edición. 1989. 2 Proakis, J. e Manolakis, D. Digital Signal Processing: Priciples Algorithms and aplications. Prentice Hall. 1996. Avaliación: Prácticas: 70% da nota. Obrigatoria a entrega das prácticas (con data límite de entrega) e exame destas. Teoría: 30% da nota. Profesor: Carlos José Escudero Cascón.

6 (4)

4 2

651 Visión Artificial ©2 Descrición. Segmentación. Análise: morfolóxica, sintáctica e espectral. Visualización espacial e temporal. Heurística da imaxe. Programa: 1. Introdución. 2. Transformadas e operacións 3. Mellora de imaxe I 4. Mellora da imaxe II (suavizado) 5. Mellora da imaxe III (Realce) 6. Segmentación I 7. Detección de bordos Bibliografía: - Rafael C. Digital image processing / Rafael C. Gonzalez, Richard E. Woods. Madrid, Addison-Wesley. 1992. - David, F. Computer vision : a modern approach / David A. Forsyth, Jean Ponce. Prentice Hall. 2003. - Linda, G. Computer vision / Linda G. Shapiro, George C. Stockman. Prentice Hall. 2001. Profesor: Manuel Francisco González Penedo.

6 (4)

4 2

NOTA: Todas as materias son cuadrimestrais

Page 44: FACULTADE DE INFORMÁTICA · FACULTADE DE INFORMÁTICA Campus de Elviña s/n, A Coruña Actualizada a novembro 2005 Nome: Facultade de Informática Universidade da Coruña

GLOSARIO T = Troncal D = Obrigatoria

©1 = 1er Cuadrimestre ©2 = 2º Cuadrimestre