exposiciÓn colectiva pandemia. novos retos · 2 days ago · 6 exposiciÓn colectiva 07.10 / 07.11...
TRANSCRIPT
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I V A
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos
San
ti P
ico
s
ORGANIZA: COLABORA:
CONCELLARÍADE CULTURA
Sala de exposicións do 3º andar do Pazo da Cultura
7 de outubro - 7 de novembro de 2020
De luns a venres de 19.00 h a 21.00 h
Sábados e domingos de función FIOT desde 1 hora antes do inicio e ata o comezo da obra
Cita previa: 981704300
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos
A Concellaría de Cultura do Concello de Carballo lanzou un desafío a un colectivo de
creadores da localidade para que mostren a súa visión sobre o momento que estamos
a vivir nesta época de crise sociosanitaria debida á COVID-19 e a necesidade da cultura
para superala. O resultado é a exposición “Pandemia. Novos retos”, unha mostra colectiva
de vinte obras de modalidades e técnicas diferentes.
Os dezasete artistas vinculados a Carballo que compoñen esta mostra de artes plásticas
son Antón Díaz, Cristina Castro, Esther Chamoso, Isa Fernández, Isabel Soutullo, Josecho
González, Laura Tova, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro,
O’Mighelo, Otilio Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl G. Herrera e Santi Picos.
Este catálogo complétase cunha serie de vídeos onde os e as artistas explican a técnica
e o significado da súa obra. Podes atopalos na canle de Youtube do Concello de Carballo
e na páxina web www.carballo.gal/cultura.
Pandemia. Novos retos
4
¿Por qué todos los capullos no se convierten
en mariposas?, de María Marticorena
CovidA, de María Marticorena
Tarda que arda, de Isabel Soutullo
Do outro lado do arame, de O’Mighelo
A nova liberdade, de O’Mighelo
Okupas silenciosos, de Milagros Cotelo
Primavera das ninfas, de Raúl G. Herrera
Elle s’appelle Corona, de Antón Díaz
El gran dictador, de Otilio Fernández
Emocións a flor de pel, de Mon Lendoiro
Serie B: Terror e Calma, de Cristina Santiago
Entre o amor e o medo, de Laura Tova
COVID 19, de Manuel Eirín
Sen título, de Peter Kramer
Fraxilidade, de Esther Chamoso
Conta, de Pedro Tasende
Isolamentum, de Josecho González
Mutación da nosa esencia, de Santi Picos
Sin adiós, de Isabel Fernández
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
ÍNDICE
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos
5
¿Por qué todos los capullos no se convierten en mariposas?
Sobre a autora
Instalación de 8 caixas con fotografías e mariposas monarcas, 22x18 (cada caixa).
A instalación de oito caixas con fotografías e mariposas monarcas é o resultado
da performance que a autora realizou na galería de arte Manolo Eirín de
Carballo. Nesa performance, onde naceron as mariposas, María Marticorena
traballa os conceptos de adaptación, cambio, transformación e renacer
a través da fusión e hibridación do corpo humano, a arte contemporánea
e a grandeza da natureza. Sobre unha cadeira e unha táboa de madeira, a
performer permaneceu sentada, sen moverse, durante catro longas horas, o
que dá conta da complexidade da obra.
María Marticorena (A Coruña, 1977) é artista visual e performer, profesora de
Educación Plástica e Visual e conservadora-restauradora de Bens Culturais.
Dedicada á arte de acción desde o 2004 como eixo da súa traxectoria artística.
Nese mesmo ano, recibe o primeiro premio “Novos Valores” e xa en 2006
gaña o primeiro premio de artes plásticas “Gzcrea” da Xunta de Galicia. Coa
súa obra performática ten participado en festivais, residencias de artistas,
museos e talleres tanto en Galicia, como a nivel nacional e internacional.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
6
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
CovidA
Sobre a autora
Instalación sonora.
A través do uso de obxectos cotiáns como un conxunto de pratos
apiñados, onde a maioría vería un quefacer diario, dun modo creativo
rómpese e reconstrúese ese imaxinario de asuntos mundanos.
A obra toma como inspiración e punto de inflexión o acto de lavar, a limpeza
e a pulcritude, aspectos máis que significativos do mundo pandémico no
que vivimos. Esta instalación lúdico-sonora pretende dialogar co espectador
a través do movemento e do son nuns actos máis que obsesivos, repetitivos
e rutinarios do colectivo social en tempos da COVID-19.
María Marticorena (A Coruña, 1977) é artista visual e performer, profesora
de EPV e conservadora-restauradora de Bens Culturais. Dedicada á arte de
acción desde o 2004 como eixo da súa traxectoria artística. Nese mesmo
ano, recibe o primeiro premio “Novos Valores” e xa en 2006 gaña o primeiro
premio de artes plásticas “Gzcrea” da Xunta de Galicia. Coa súa obra
performática ten participado en festivais, residencias de artistas, museos e
talleres tanto en Galicia, como a nivel nacional e internacional.
7
Tarda que arda
Sobre a autora
Técnica mixta, 50x105.
A obra semella unha cachela de San Xoán onde se queima o que non nos
gusta ou cousas vellas. Neste caso, a autora emprega as máscaras como
material para a obra, simbolizando a festa que fariamos celebrando a fin da
existencia da COVID-19.
Isabel Soutullo (Coristanco, 1971) comezou a pintar aos 20 anos, despois de
facer un curso de delineación. Formada en academias de debuxo e pintura,
é en gran parte autodidacta. Desde 2018 ten participado en diferentes
exposicións colectivas de Carballo e comarca.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
8
Do outro lado do arame
Sobre o autor
Acrílico sobre lenzo, 25x35.
O autor móstranos como se pode estar vivindo a crise do
coronavirus ao outro lado do arame. Así, fainos reflexionar sobre
como se estarán protexendo as persoas do terceiro mundo ou
en países en desenvolvemento. Terán a mesma facilidade para
adquirir máscaras? Porque esta crise non a estamos vivindo todos
de igual forma.
Miguel Anxo Calvo, ‘O’Mighelo’ (Carballo, 1959), comezou a pintar sendo
neno nas cinzas da lareira de súa avoa. Ao carón do lume, aprendeu que
podía debuxar, estampar e recrear os seus propios soños. Autodidacta, ten
participado en diferentes exposicións colectivas en Carballo. Tamén pinta
murais de arte urbana, participando no proxecto “Derrubando muros con
pintura” en Carballo ou nas Festiletras do Couto (Ponteceso).
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
9
A nova liberdade
Sobre o autor
Acrílico sobre lenzo, 150x63.
Ataduras que nos levan á liberdade. A través dunha máscara atada, o autor
manifesta que hai que tratar de ser libres pero con máscaras na boca.
A nosa medida de protección fronte ao virus. Directo, sinxelo e realista
para tratar a realidade que estamos vivindo nesta época da COVID-19.
Miguel Anxo Calvo, ‘O’Mighelo’ (Carballo, 1959), comezou a pintar sendo
neno nas cinzas da lareira de súa avoa. Ao carón do lume, aprendeu que
podía debuxar, estampar e recrear os seus propios soños. Autodidacta, ten
participado en diferentes exposicións colectivas en Carballo. Tamén pinta
murais de arte urbana, participando no proxecto “Derrubando muros con
pintura” en Carballo ou nas Festiletras do Couto (Ponteceso).
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
10
Okupas silenciosos
Sobre a autora
Óleo, 80x80.
O virus non se ve, é un okupa que entra nos nosos corpos sen pedir
permiso e utilízanos coma se foramos un tren, autobús ou calquera
medio de transporte que deixa e colle pasaxeiros coa única premisa de se
multiplicar. Así define a autora a súa visión sobre o coronavirus. No cadro
quixo reflectir o medo e a angustia da xente, que vía como eses trens e
autobuses viñan directamente contra ela. Corpos enfermos, moribundos,
cadaleitos en soidade, sen tempo para despedidas. Mais estes okupas non
fixeron nada que os humanos non fixeramos antes, destruíndo ecosistemas
completos. A obra convida a reflexionar sobre todo isto e a onde nos
diriximos como especie.
Milagros Cotelo (Carballo, 1959), leva varios anos pintando. Defínese
como semi-autodidacta, formándose en distintas técnicas en diferentes
obradoiros ao longo destes anos. Ten participado en numerosas exposicións
colectivas e propias en Carballo, boa parte da Costa da Morte e na Coruña.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
11
Primavera das ninfas
Sobre o autor
Acrílico sobre lenzo, 90x40.
A obra foi pintada na herba húmida debaixo das maceiras cheas de
flores na primavera de 2019 en Castro de Ribeiras de Lea, na Terra Chá
(Lugo). A peza é o resultado de deixar fluír a mente. O cadro segue a
forma de pintar do autor: derrama as cores axeitadas segundo a idea
que ten. Logo, espalla varios varridos coa espátula ou cartón, sen fixarse
no que acontece, senón como quen dirixe unha peza de música.
Raúl G. Herrera (Lille, 1975) é diplomado en Relacións Laborais e, no eido
artístico, conta con diferentes cursos de gravado e pintura. Desde o 2010
participa en exposicións colectivas de diversas agrupacións, expoñendo as
súas obras en Carballo, Malpica, Ponteceso, Ribadeo e Alcalá de Henares.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
12
Elle’s appelle Corona
Sobre o autor
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
Óleo sobre lenzo, 65x81.
A obra forma parte do traballo de fin de grao do autor sobre as vangardas
galegas. Marcada e inspirada por Luís Seoane, segue o seu estilo pictórico
para reinterpretar a súa obra “La emigrante” (1967). Deste xeito, critica
o social nun novo contexto histório onde os males de Galicia aínda
asemellan vir do estranxeiro e do non saber. Metáforas e simbolismos
agochan a intención desta peza: sinalar os problemas presentes nesta
nova normalidade. Algúns deles poderían ser a división da sociedade, os
escándalos da coroa, a incerteza e o inimaxinable.
Antón Díaz “Tucho” (Santiago de Compostela, 1998) defínese como
carballés e galeguista. Graduado recentemente en Belas Artes pola
Universidade de Salamanca, xa ten participado en diversas exposicións
pictóricas na Costa da Morte durante a súa adolescencia. Na etapa
universitaria estuda un ano na Universidade de Puerto Rico, onde sente a
morriña da terra e comeza a mergullarse na arte galega: investiga a obra
dos pioneiros da pintura galega como Maside, Laxeiro, Seoane e Castelao,
que guiarán o seu traballo como pintor.
13
El gran dictador
Sobre o autor
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
Ilustración dixital impresa, 42x52.
A obra é unha representación sensacionalista da orixe do virus, unha crítica
aos medios de comunicación que nos bombardean con falsas noticias e
unha burla a algúns líderes políticos, que son os novos ditadores desta
nova era.
Oti Fernández (Carballo, 1980) estudou deseño gráfico e fotografía na
EASD Pablo Picasso da Coruña. Traballou en publicidade e imprenta,
así como tamén formou parte do equipo de imaxe de Zara Home. En
Inditex puido traballar con grandes fotógrafos como Juan Gatti. De forma
autodidacta, aprende a traballar con vídeo, sendo tamén agora creador
audiovisual. Oti móvese no mundo do deseño gráfico, a foto e o vídeo. Moi
apegado ao mar, capturar momentos dentro da auga é a forma artística
visual que máis lle gusta.
14
Emocións a flor de pel
Sobre o autor
Acrílico sobre lenzo, 170x109.
A obra é o reflexo das emocións positivas e negativas que o autor descubriu
e experimentou durante o confinamento do estado de alarma provocado
pola COVID-19. As emocións pasaban dun extremo a outro coma nun ser
bipolar, de aí que a figura principal sexa debuxada xeometricamente e de
forma redonda, para dar constancia e continuidade aos cambios emocionais.
Na obra, o autor transmite os ditos estados a través da cor e os cambios
empregando a forma.
Mon Lendoiro (Carballo, 1971) é técnico superior en Artes plásticas, Deseño e
Gráfica publicitaria e técnico superior en Ilustración. Tralos seus estudos, segue
formándose realizando numerosos talleres artísticos, onde comeza a traballar
noutros campos como o gravado, o volume, a cerámica ou a ilustración. Ten
participado en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas. No
2014 abre o seu estudo-galería de arte “Garabato”, onde compaxina obradoiros
con exposicións artísticas, performance e incluso teatro.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
15
Serie B: terror e calma
Sobre a autora
Acrílico e rotulador, 40X50.
A obra consta de dous lenzos. Os cadros recórdannos a un cartel de película
de ciencia ficción, facendo un símil coa situación que vivimos, que parece
sacada dunha longametraxe de serie B dos anos 50. O monstro sería o virus e
o medo que produciría á xente estaría no descoñecemento que temos sobre a
súa orixe, propagación e contaxio.
As persoas asustadas no primeiro lenzo atopan o contrapunto no segundo
lenzo. Este parece outro mundo, onde todo é de cor de rosa. Nada de fuxir,
berrar ou entrar en pánico. Segue as recomendacións e usa máscara.
Nos dous lenzos todo é moi irreal e, á vez, a autora quere achegar coa súa
obra un punto de humor para quitar importancia a algo tan grave que tantos
falecidos está a causar.
Cristina Castro Santiago (Xixón, 1975) vive en Carballo desde nena. No 2008
decide realizar o ciclo superior de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña.
Comeza entón a participar en exposicións colectivas e individuais en Carballo,
Mugardos, Pontedeume, Arteixo, A Coruña, Madrid e México. É unha das primeiras
participantes no proxecto de arte urbana “Derrubando muros con pintura” de
Carballo. Despois desta experiencia, segue pintando muros en escolas.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
16
Entre o amor e o medo
Sobre a autora
Acrílico sobre papel, 50x65.
Con técnica mixta (colaxe, acrílico, tinta e lapis de cor), a obra é un autorretrato
emocional da autora na pandemia. Expresa ese refuxio interior que axuda a
seguir creando e vivindo, sen caer nas tentacións do medo.
Laura Tova (Carballo, 1989) estudou ilustración na EASD Pablo Picasso
da Coruña. Comeza co deseño de produto en 2014 para, posteriormente,
introducirse no mundo do deseño e da ilustración publicitaria. Participa en
diversas iniciativas de arte urbana como “Derrubando muros con pintura” ou
“Carballo mirando ao mar” en Carballo ou “Mulleres en acción, #violenciazero”
da Deputación de Pontevedra.
Imparte obradoiros nos que transmite a súa particular forma de interpretar
a linguaxe gráfica a través dos sentidos e do xogo. En 2018 introdúcese no
mundo editorial, ilustrando para editoras galegas como Xerais ou OQO.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
17
COVID19
Sobre o autor
Grafito, aceite sobre algodón, 150x100.
Como o propio título indica, o autor quere mostrar na súa obra o vivido
durante a pandemia da COVID-19, mostrando as proteínas S e os receptores
ACE2. O cadro representa unha fórmula matemática para que as pezas teñan
unha proporción áurea.
Manuel Eirín (Fisterra, 1967) é un artista multidisciplinar e defínese como
explorador contemporáneo. Comeza a súa andaina artística en 2002,
deseñando mobles con estilo único, funcional e contemporáneo. Actualmente
é propietario da galería de arte “Manolo Eirín” en Carballo, desde onde promove
e exhibe obras de artistas locais ou vinculados á comarca. Recentemente,
asina os murais cerámicos do parador da Costa da Morte en Muxía.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
18
(Sen título)
Sobre o autor
Corda, algodón e cúrcuma, 60x50.
A obra, feita durante o confinamento, son dúas urnas posando en silencio,
agardando a encherse ou baleirarse, segundo a mirada do observador. É unha
repetición de nós, onde o autor mostra a súa inquedanza por buscar a beleza
clásica a través dun tema que fala da morte.
Peter Kramer (Dinamarca, 1959) chegou Malpica en 1999. Na vila pesqueira
estaba de paso e, finalmente, resultou a súa parada definitiva. Peter Kramer
di que traballa para ocupar a maior parte de tempo posible e os cadros e
esculturas son o resultado desa actividade, dese medo ao baleiro.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
19
Fraxilidade
Sobre a autora
Acuarela sobre papel, 70x50.
A obra representa un dente de león que se desfai arrastrado polo vento.
O debuxo compleméntase cun poema que segue a métrica dun haiku xaponés.
A autora busca un paralelismo entre a condición de vulnerabilidade da flor e a
fraxilidade humana exposta á pandemia. Tanto a técnica da acuarela como o
lixeiro enmarcado acompañan á obra para dar consistencia á metáfora.
Esther Chamoso (Salamanca, 1980) estudou Arquitectura Técnica na
Universidade de Salamanca. Na súa provincia de orixe exerce a súa profesión
ata que en 2005 se traslada a Galicia, onde continúa traballando no campo
da arquitectura e da construción. O debuxo sempre formou parte da súa vida
pero é en 2016, coa entrada na Asociación Creaformas de Carballo, cando
comeza a participar en exposicións colectivas e individuais no municipio e a
facer públicos os seus traballos. Desde ese momento, compaxina o traballo de
arquitecta con diferentes proxectos artísticos, como a súa colaboración coa
escola de artes “El laboratorio” na Coruña.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
20
Conta
Sobre o autor
Tinta china sobre papel, 70x50.
A obra, enmarcada nun marco antigo de Manolo Eirín, forma parte da serie
“Presencias”, na que Pedro Tasende traballa desde 2019 e onde explora a
través do debuxo en negativo. A obra configúrase grazas ás reservas de papel
en branco dentro da masa de tinta negra. Ao autor gústalle facer a analoxía
cos pulmóns onde a súa esencia son as cavidades do aire. O resultado é froito
da improvisación absoluta, buscando a poética do xesto espontáneo. Neste
caso, revelouse un xesto repetitivo e monótono, que nos convida a pensar nas
interminables enumeracións de vítimas da pandemia. Ruda e rotunda, como
todo o que estamos a vivir.
Pedro Tasende (Carballo, 1985) conta que de pequeno lle era difícil atopar o seu
lugar entre tantas voces, rodeado de tres irmás maiores, polo que se refuxiou
nunha burbulla de xoguetes de debuxo e construción, desenvolvendo así o
talento creativo. Apaixonado pola construción, estuda enxeñaría en deseño de
produto e logo arquitectura. O deseño e auto-construción de mobles, obras
de arte e gráficos completan a súa experiencia universitaria. Tras o seu paso
por estudios de arquitectura internacionais en España e Francia, agora faino
coa súa propia marca T S N D estudio. Para el, o proceso creativo é unha
especie de dixestión emocional, unha procura do esencial.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
21
Isolamentum
Sobre o autor
Acrílico sobre lenzo, 30x90.
A obra foi creada durante o confinamento, algo que queda patente no propio
título e na paleta reducida de cores empregadas. Estas cores reflicten o estado
emocional do artista nesas datas e marcan así unha austeridade cromática non
habitual na obra do autor. Coma no resto das súas obras, non se transmite un
concepto concreto ou real, simplemente trata de converter a forma e a cor
no tema principal para crear un exercicio de pureza visual, recuperando así as
posibilidades da forma e da cor como medio pictórico.
Josecho González pretende nas súas obras que o que se presenta ante os
ollos, aquilo que non coñecemos, nos guíe por un novo modo de comprensión.
O autor convida a observar para sacar a nosa propia interpretación.
Josecho González (Carballo, 1969) estivo interesado no mundo plástico desde
pequeno. Non obstante, é na madurez cando comeza a ter contacto directo
coa arte. Interésase pola pintura, realizando traballos autodidactas. A súa
obra está baixo a influencia da abstracción e da xeometría, que se manifesta
a través de formas definidas pola composición minimalista e harmoniosa.
A súa carreira artística conta con notables exposicións, tanto individuais
como colectivas.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
22
Mutación da nosa esencia
Sobre o autor
Técnica mixta, 73’5x53’5.
Empregando ceras, carbón, estilógrafo, rotulador, lapis de cores e acrílico, a
obra destaca no uso das cores: estridentes, con partes en branco e negro,
transmitindo unha gran dose de pesimismo. O autor quere reflectir a vida
dunha persoa calquera nun lugar calquera, vivindo o malestar dunha pandemia
mundial sen máis compañía cás catro paredes da súa casa. A persoa pendura
dun cable dun televisor vello, simbolizando a dependencia e confusión xerada
polos medios de comunicación.
O teito e o chan son taboleiros de xadrez, onde a man dun ente descoñecido
coloca a primeira peza para iniciar a partida. Na parte superior, un papel rachado,
contén a frase: “O aillamento é unha espiral de pensamentos negativos”. O autor
quere dicirnos que unha sociedade illada acaba por ter carencias ou síntomas
de enfermidade. É esa enfermidade o que reflicte o cadro.
Santi Picos (Carballo, 1985), estudou ilustración na EASD Pablo Picasso
da Coruña. Ademais, completa a súa formación artística con diferentes
obradoiros de deseño gráfico, gravado, modelado en barro, caricatura e
acuarela. Ten participado en numerosas exposicións individuais e colectivas
tanto en Carballo como na Costa da Morte. Tamén participou en proxectos
de arte urbana como “Derrubando muros con pintura” en Carballo, “Mulleres
pioneiras”, “Arte na rúa” e “Ruar e rir”.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
23
Sin adiós
Sobre a autora
Barro de Buño moldeado á man.
A través de dúas mans unidas, a autora quere mostrar e render homenaxe
a toda aquela xente que non puido despedirse dos seus seres queridos durante
a época de confinamento da crise sociosanitaria da COVID-19.
Isa Fernández (Carballo, 1972) desenvolve desde pequena múltiples disciplinas
artísticas: canto, baile, gaita, teatro… Pero é en 2013 cando descobre a súa
verdadeira paixón. Nese ano realiza un curso de Oleira en Buño e aí comezou a
súa inquedanza pola escultura. Actualmente segue explorando as posibilidades
do barro de Buño para crear pezas artísticas. Ten participado en diferentes
exposicións colectivas en Carballo.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
07.10 / 07.11Pandemia. Novos retos
ORGANIZA: COLABORA:
CONCELLARÍADE CULTURA