explicación do proxecto - consellería do medio...

44

Upload: tranmien

Post on 02-Nov-2018

229 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Explicación do proxecto

Non queimes o Futuro

O proxecto Non queimes o Futuro realizado pola Consellaría de Medio Rural e polaAsociación Socio-Pedagóxica Galega consta dunha Unidade Didáctica deEducación Primaria, unha Unidade Didáctica para Educación SecundariaObrigatoria, unha exposición de vinte paneis e un vídeo.

Con este proxecto didáctico queremos facilitar aos centros de ensino ferramentasque faciliten o traballo aos ensinantes de cara a dotar o alumnado de instrumentosde reflexión sobre o papel que o medio rural e o monte, máis concretamente, xoganna nosa sociedade.

Do mesmo xeito, intentaremos profundar nos problemas ecolóxicos e sociais queprovoca o lume, para sensibilizalos á hora de comprender as dimensións ecolóxicase sociais que representa o problema dos incendios na nosa sociedade.

Introdución

Nos últimos tempos puidemos ver como os nosos bosques e as nosas fragas, e porextensión o noso rural, se converteron en cinza. O drama ecolóxico sumouse aodrama social, ao arrasar o lume centos de hectáreas próximas ás casas e cun fortevalor ecolóxico e económico.

Do lume somos responsábeis todos e todas, de xeito activo (en poucos casos) e dexeito pasivo na maioría deles. Educamos os nosos nenos e nenas sen ensinarlles ovalor real que ten o noso medio natural, tiramos lixo desde a ventá do coche ou dei-xamos as leiras das nosas familias sen limpar e sen arranxar.

Esta pequena guía que tes entre as túas mans non é máis que unha serie de reco-mendacións, exercicios e textos aclaratorios que poden ampliar o traballo que facercoa unidade didáctica de primaria Non queimes o futuro...!

Tanto coa unidade como coa guía queremos pór en valor o noso medio natural e ocontorno que nos rodea, plantéxanse actividades dinámicas que ao mesmo temposirvan de diversión e para reflexionar sobre o noso contorno e sobre o papel quetodos e cada un de nós xogamos á hora de mantelo limpo e coidado.

Este papel, como protagonistas do medio en que vivimos, debe ser interiorizadodesde que somos pequenos e pequenas, de aí a importancia e a responsabilidadeque a escola e a propia educación xogan nesta cuestión e noutras, cos nenos e asnenas.

Guía para o profesorado

Obxectivos:

- Comprensión do medio ambiente como un sistema integrado por ele-mentos sociais e naturais no que os seres humanos somos responsábeis donoso contorno.- Recoñecer o valor que ten o monte, non só a nivel ecolóxico, senóntamén económico.- Coñecer e sensibilizarse pola problemática dos incendios forestais.- Sensibilizar e concienciar no papel que todas e todos xogamos á hora deter un monte limpo e o papel que xogamos á hora de previr os incendios.- A importancia do coidado do noso monte relacionada coa defensa donoso patrimonio natural.

Presentación na aula:

Antes de comezar propiamente a traballar a Unidade Didáctica podemosfacer unha serie de actividades previas, cun afán motivador, sobre persona-xes principais e lugares onde se vai desenvolver a unidade.

- O lugar onde vive Anxo chámase Ferreiravella, a que cres que se adi-can as súas xentes?- Cal era o traballo do avó? Existen na actualidade este tipo de traba-llos? Cales son agora os empregos máis comúns?- A que te queres dedicar cando sexas maior?- Por que cada vez vive menos xente no rural? Que se pode facer?

Orientacións:

A unidade comeza co medo e a desesperación dos habitantes do lugar candoven que o lume avanza de xeito inexorábel sobre eles. O medo de perder assúas casas e de perder todo o que os rodea marca a súa forma de actuar.

O sentimento de perda que sofren todas as persoas que viven no lugar, só écomparábel ao momento en que o pai desesperado decide marchar para acidade. Podemos plantexarlles aos rapaces e rapazas que se poñan no lugardas persoas que viviron o incendio, quen pensa como o avó ou como Icía?

A unidade vainos levando por diferentes temas sobre o medio rural, desde ariqueza que o noso monte ten, pasando polas novas técnicas de aproveita-mento que se lle pode dar ao noso monte, remarcando a importancia que esteten para que no medio rural exista unha poboación viva que decida de xeitoconsciente participar e quedar a vivir nos lugares e nas aldeas do noso país.Na unidade móstrasenos a riqueza que teñen os nosos montes, desde os ani-mais que o habitan até as diferentes especies de árbores e cogomelos quemedran na nosa terra.

No rural hai futuro e isto queda claro ao longo de toda a unidade. No mediorural e do medio rural poden vivir as persoas que así o desexen, non teñenporque emigrar ás cidades para ter unha vida digna e de calidade.

Guía para o profesorado

6 Unidade didáctica de primaria

Actividades:

As actividades propostas teñen como obxectivo a concienciación dos nenose as nenas nun problema tan grave como é o dos incendios e indo máis aláo que significa o lume; facendo fincapé na desestruturación do rural e nunhapolítica territorial onde casas e monte se mesturan sen sentido.

Do mesmo xeito, con esta unidade tentaremos facer conscientes aos nososalumnos e alumnas da importancia que temos cada un de nós á hora deter un monte limpo e coidado, que isto é tarefa de todos e de todas. A pri-meira parte das actividades é de concienciación e tamén de "choque"para que mediante o contraste de situacións os nenos e as nenas se deanconta da importancia de se corresponsabilizaren do coidado dun mediorural, que ten valor ecolóxico, pero sobre todo social polas persoas queviven nel e del.

A segunda parte das actividades é unha posta en valor dun medio rural edun monte galego moi rico, non só economicamente senón ecoloxicamen-te. Atopámonos perante un medio rural que ten futuro, que se pode sosterpor si mesmo e que pode darlle futuro á xente que nel queira vivir. A maio-res, móstrase un mundo rural cunhas condicións de vida diferentes, e enmoitos casos mellores que as que se dan nas cidades do noso país.

Outras actividades, de reforzo e ampliación, para levar á aula:

1Con este texto podemos achegarlles aos nenos e ás nenas unha actividadeoral: Que significan as siglas ADEGA? Ou, que é unha organización ecoloxista?

Con estas preguntas pódese abrir un debate na aula sobre o papel destas orga-nizacións.

O MARTES foi lúa chea. A mesma que alumea Galiza, Bretaña ou Líbano.Desde Bretaña unha fermosa noite de luar axuda aos labregos a recollero trigo. Eles comparten ou alugan a maquinaria, polo que esta traballa denoite e de día. Unha boa distribución da función das terras fai imposiblesos incendios, cando estas se empregan en dar de comer ao gando e áspersoas.

No xornal do País, Ouest-France , leo: "En Galice, près de cent foyers, dontune quaranteine sous controle, etain recensés. La majorité de ces incen-dies sont volontaires" Falan incluso de crime organizado.

As terras abandonadas e as explotacións forestais de monocultivos (euca-liptos, piñeirais) sobredimensionadas fan que os bosques da nosa terrasexan bombas incendiarias fáciles de prender. Non é posíbel continuarcoa política agrícola e forestal herdada de anos de abandono e de malaintervención do monte e das terras de labor. Sábese que a maioría dosincendios son provocados. Antes fórono por unhas causas e agora seranopor outras. (...) Nesoutro día, en Carnota, mentres cantaba María do Ceo,un estralo de bomba foi seguido aos poucos minutos dunha chama incen-

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de primaria 7

diaria no bosque. Pregúntome: ¿A quen beneficia esta onda repentina deincendios?

Onte baixo aquel fermoso luar, pensaba que aquela mesma lúa non seríavisíbel na miña terra oculta baixo inmensas nubes de poeira que estánfacendo chover cinsa sobre as nosas cabezas e sobre as nosas almas. Aúnica nube de po que eu vía era a que levanta a terra ao segar o trigo.Sentín a choiva da cinsa destrutiva. Quero enviar a miña solidariedadecon todos os que están loitando contra os incendios. Temos que unir as for-zas todas para loitar contra o lume e para evitar que isto volte a aconte-cer. Penas exemplares para os culpables, se se encontran, e política fores-tal racional que dificulte os lumes. Nunca Máis.

Adela Figueroa PanisseSecretaria Xeral de ADEGA

2Con esta actividade podemos mostrar aos nosos alumnos as diferenzas exis-tentes entre a cidade e o rural. Podemos plantexar que fagan unha pequena

redacción con estas diferenzas.

Na cidade hai tanto coche!! E sempre nos temos que guiar polos sinaisque hai nas rúas. Gustaríache vivir nun lugar onde houbese moitos cochesou poucos, nun lugar onde houbese animais ceibos ou onde os cans fosenpor correa?Que cousas podes facer no rural que non poidas facer na cidade? E, aorevés, que cousas podes facer na cidade que non poidas facer no rural?A onde pertence cada imaxe, ao rural ou á cidade?

3A diversidade entre as aves do noso contorno é a tónica xeral; plantexamosaquí unha actividade para que o alumnado coñeza e recoñeza algunhas das

especies existentes no noso hábitat.

Cal é cada animal?

Guía para o profesorado

8 Unidade didáctica de primaria

Nomes: Curuxa, Lavandeira, Corvo, Pega, Merlo, Paporroibo, Estorniño, Andoriña,Garza, Bubela

4O lume pode ter diferentes causas; con este encrucillado poñemos sobre opapel diferentes causas da súa existencia, causas que poden ser naturais e

outras que poden ser un pouco "artificiais".

Busca no seguinte encrucillado aqueles elementos que poden ser causado lume.

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de primaria 9

P E R S O A S X S A C

Z X C V B N M X Z X A

S D M F G M H L K Ñ L

Q E R A T U I I O P O

P Ñ L H L T G S S A R

O I P U T E E D T R R

R A I O S E Z T U O U

T E U Q T R E A D S A

A S D F G H K L Ñ P O

L Ñ P M N B V E T U I

I M P R U D E N C I A

E A Q R T E E T O I P

V E R A N D F G H I L

5O Banco de terras é unha medida sobre a utilización das terras que xa se estáa levar a cabo en diferentes puntos de Europa. Nunha sociedade como a nosa

onde o valor da terra é algo persoal e na maioría das veces considerado comoprivado, unha medida coma esta pode ser tomada con reticencias. Con estes tex-tos podemos facer reflexionar o alumnado da importancia da socialización daterra e do papel que unha medida coma o banco de terras pode xogar nun paíscoma o noso onde hai moita superficie agraria que na actualidade está abando-nada.

Comenta as seguintes novas referidas ao Banco de Terras .

Guía para o profesorado

10 Unidade didáctica de primaria

Que Galiza vive das súasterras é unha realidade que nonse lle escapa a ninguén. Aíndaque é certo, cada vez son máisos campos agrogandeiros emontes que se manteñen impro-dutivos, "un luxo que Galizanon se pode permitir", segundoasegurou o conselleiro deMedio Rural da Xunta, AlfredoSuárez Canal, quen censuroueste feito.

O representante autonómicoanunciou a constitución dunBanco de Terras en 2006 que,xestionado polo seu departa-mento, aglutinará parcelasabandonadas á actividade ásque se lles buscará unha finali-

dade produtiva. A cesión dasleiras, a diferenza do plan daministra de Vivenda, MaríaAntonia Trujillo, que suscitaexpropiar os inmobles baleiros,será voluntaria.

Neste sentido, o titular dacarteira de Medio Rural evitouaclarar se a Administraciónbarallou a posibilidade de san-cionar aos propietarios que seneguen a explotar os seus culti-vos. A este respecto, apelou áprudencia que require unhamedida deste tipo, "onde a pre-cisión normativa e o rigor é moiimportante". A creación desteinstrumento normativo buscamobilizar as terras que se man-

teñen improdutivas e facilitar aoutros o cultivo destas parcelaspara redimensionar as súasexplotacións, ao tempo no quese abaratan custos e, no caso dosterreos forestais, faise posíbelunha economía de escala.

Se até agora os propietariosdestas terras non percibían nin-gún tipo de beneficio, coa nor-mativa en vigor terán asegura-do un 'aval público' que llesgarante unha renda. Iso si,poñendo as súas leiras en mansde quen as vai explotar.Ademais o departamento auto-nómico garante a devolucióndos campos no caso de que sedecida volver cultivalos.

Medio Rural creará en 2006 un Banco deTerras para explotar as leiras abandonadas

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de primaria 11

Ourense é a provincia galega con

máis superficie agraria abandonadaO banco de terras que deseña Medio Rural intentará revitalizar asleiras infrautilizadas. A Xunta prepara o proxecto que permitirá tra-ballar terreos en réxime de aluguer

"En Ourense hai tal despo-boamento do rural que parecedifícil mobilizar terras". Sonpalabras do director xeral deestruturas e InfraestruturasAgrarias, Xosé Carballido queonte se reuniu en Ourense cuncentenar de agricultores e gan-deiros da provincia para expli-carlles as accións de MedioRural para o 2007, entre as quese está perfilando o anteproxec-to do banco de terras.

Galicia só cultiva unha cuar-ta parte do seu terreo, dixoCarballido, o que é inferior aoresto de Europa onde está culti-vada a metade do chan. EnOurense, como no resto deGalicia, as leiras están moi frag-mentadas, ás veces até situa-cións case ridículas. E moitasdelas abandonadas. Pois para

evitar o seu ou abandono nace-rá ese banco galego de terras.Consiste no seguinte: o donodun terreo agrícola que nonqueira traballalo pode vendelo,alugalo ou, se quere, regalalo.Hai outra opción, apuntar esaleira no banco de terras, quedependerá da Xunta. Candoapareza outro agricultor quequere alugar esa leira, contacta-rá cos representantes desebanco. Este organismo garantirásempre que o terreo é propieda-de do seu dono e alugarao porun mínimo de cinco anos. Se oinquilino quere que llo aluguenpor máis anos, o banco pregun-tará ao dono. Este terá sempregarantía de cobro. "O bancopagará a renda sempre ao donoda leira", sinalou Carballido. EnGalicia hai xente interesada en

traballar terras en réxime de alu-guer. O prezo deste será estable-cido por unha comisión, esta-blecerase por comarcas e apro-barao o Consello da Xunta.Aínda que o propietario teña aleira apuntada no banco, podevendela mentres non a teña alu-gada. E mentres non a venda oualugue, deberá coidala. O bancoconservará a leira pero non atraballará.

Carballido expuxo aos agri-cultores e gandeiros ourensánsque se multará a quen teñanterras en grave abandono. Se asmeten no banco de terras, xanon serán sancionados. Ou sepola súa conta as venden, alu-gan ou doan a outra persoa.

Este anteproxecto pode sal-var o rural tan abandonado destaprovincia.

24 de novembro de 2006

Nesta parte da guía introducimos información que pode servirlle ao profe-sorado para ampliar actividades na aula sobre o lume, as súas causas eas súas consecuencias.

Do mesmo xeito amplíase información sobre os elementos que produce olume e cales outros serven para apagalo. Poñemos un punto de énfase encales son os tipos de incendio e, do mesmo xeito, en como se apagan.

O triángulo dos incendios

Neste triángulo podemos ver cales son os motivos que fan que un incendio se creee se propague; se un deles se elimina ou desaparece o incendio mitigarase eincluso pode chegar a desaparecer. Deste triángulo, que variábeis están nasnosas man e poderiamos lograr que desaparezan?

1. O que produce o lume !!

Guía para o profesorado

12 Unidade didáctica de primaria

Reacciónen cadea

OxíxenoCalor

Combustíbel

-Monóxido de Carbono

-Partículas de Carbono

-Dióxido de Sulfuro

FUMEHidróxeno

Combustíbel

CHAMA: Valores inflamábeis

-Vapor de Agua

-Dióxido de Carbono

-Outros Gases

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de primaria 13

A calor é unha forma de enerxía que é medida en graos de temperatura para sig-nificar a súa intensidade. Neste sentido, a calor é o produto da combustión res-ponsábel pola propagación do incendio. En sentido fisiolóxico, é a causante direc-ta das queimaduras e outras formas de lesións persoais. As lesións causadas polacalor inclúen a deshidratación, esgotamento, e lesións ás vías respiratorias, ade-mais das queimaduras.

A chama é o visíbel, o corpo luminoso dun gas en combustión. Cando un gas encombustión se combina coa adecuada cantidade de osíxeno, a chama faise máisquente e menos luminosa. Esta perda de luminosidade débese á completa com-bustión do carbón. Por esta razóns, a chama é considerada como produto da com-bustión. A calor, o fume e o gas con todo, poden xerar certo tipo de incendioslatentes sen a evidencia da chama.

O fume atopado na maioría dos incendios consiste nunha mestura de oxíxeno,nitróxeno, bióxido de carbono, monóxido de carbono, diminutas partículas de car-bón e produtos derivados que foron liberados dos materiais involucrados.

Algúns materiais emiten máis fume que outros. Os combustíbeis incluídos, poloxeral, xeran un denso fume negro. Os aceites, pinturas, vernices, melazas, azucre,gomas, xofre e moitos plásticos tamén emiten polo xeral grandes cantidades defume negro.

2. Axentes para combater o lume

Son variados os axentes extintores utilizados nos equipos portátiles, polo cal,resulta tamén variado o grao de efectividade de cada un deles e as limitaciónscanto á súa aplicabilidade. Pódense clasificar en:

Auga:

Pola súa abundancia resulta o máis común nas operacións de extinción deincendios. A súa acción extinguidora está fundamentada noarrefriamento da materia en com-bustión. Aplícase baixo a formadun chorro a presión, outamén como un orballo moifino sobre toda a superficieacesa.

Este axente extinguidor sópode ser aplicado nos lumesCLASE A, e nalgúns casos enlumes CLASE B, como osincendios de petróleo, ondese debe aplicar na forma des-crita. Nunca deben usarsenos lumes CLASE C, e menosaínda nos lumes CLASE D.

Escuma:

A escuma pódese producir mesturando unha solu-ción de sulfato de aluminio con outra de bicarbo-nato de Sodio e agregándolle un estabilizador.Nos equipos portátiles a escuma é producida polareacción das dúas solucións sinaladas, orixinán-dose unha presión interna como consecuencia daxeración de gas carbónico, capaz de impeler aescuma a unha distancia de sete metros.

A escuma eliminará o oxíxeno ao formar unha capa que impide o paso doaire, e ademais, arrefría un pouco. Aplícase en forma dunha capa quecubra a superficie do líquido en combustión. Con todo, en moitos casos, osvapores que se desprenden das substancias en combustión atravesan acapa de escuma, e se a súa concentración é suficiente, arderán encimadela.

É especialmente útil na extinción dos lumes CLASE B, e nos que o efectode sufocación do axente extinguidor é de gran importancia. Certos líqui-dos (alcohois, acetona, etc.) desfán a escuma, polo que non é convenien-te empregala en incendios destas sustancias. Por ser condutora de electri-cidade nunca debe empregarse en lumes CLASE C. Tamén esta contrain-dicada para os lumes CLASE D.

Dióxido de Carbono CO2:

Este gas pode almacenarse baixo presión nos extintores por-tátiles e descargarse a través dunha boquilla especial no sitioonde se necesita.

A característica extinguidora do gas carbónico, é o seu efectode sufocación acompañado dun lixeiro arrefriamento. Nondebe usarse en áreas pechadas ou de escasa ventilación, xaque o usuario pode ser obxecto de asfixia mecánica por insu-ficiencia de oxíxeno, É adecuado para lumes CLASE B eCLASE C. Non é adecuado para as outras clases de lume.

Po Químico Seco:

Constitúeno mesturas incombustíbeis de produtos finamentepulverizados, tales como Carbonatos de Sodio, Bicarbonatode Sodio, Sulfato de Sodio, Silicato de Sodio, Bentonita, etc.

Actúa por afogamento xa que se aplica procurando formarunha capa sobre a materia en combustión.

Nos equipos portátiles este axente extinguidor é expulsadopola presión liberada por unha cápsula de nitróxeno, situadano interior do extintor, a cal é rota no momento do seu uso.

Guía para o profesorado

14 Unidade didáctica de primaria

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de primaria 15

Teoría da extinción do lume

A extinción do lume está baseada na interrupción dun ou máis factores dos ele-mentos esenciais do proceso de combustión. A combustión con chama pode serextinguida reducindo a temperatura, eliminando o combustíbel, oxíxeno, oudetendo a reacción química en cadea. Se o lume se atopa na súa etapa latente,soamente existen tres opcións para a extinción: redución da temperatura, elimina-ción do combustíbel, e dilución do oxíxeno.

Extinción por Redución de Temperatura:

Un dos métodos máis comúns de extinción é por arrefriamento con auga.Este proceso de extinción depende do arrefriamento do combustíbel atéo punto onde non se produzan vapores suficientes que se poidan acender.Se observamos os tipos de combustíbeis e o vapor, atoparemos que oscombustíbeis sólidos e líquidos, e gases inflamábeis cun baixo punto deignición non poden ser extinguidos por arrefriamento con auga debido aque a produción de vapor non pode ser reducida significativamente. Aredución de temperatura depende da aplicación dun caudal adecuado,e en forma apropiada para así lograr establecer un balance negativo decalor.

Extinción por Eliminación do combustíbel:

Nalgúns casos, un incendio pode ser extinguido eficientemente coa remo-ción da fonte de combustíbel. Isto pódese lograr detendo o fluxo dun com-bustíbel liquido ou gasoso, ou removendo o combustíbel sólido da áreado gasoso do incendio. Outro método de remoción do combustíbel é opermitir que o incendio continúe até que o combustíbel sexa consumido.

Extinción por Dilución de Oxíxeno:

O método de extinción por dilución do oxíxeno é a redución da concen-tración de oxíxeno dentro da área de incendio. Isto pódese lograr introdu-cindo un gas inerte dentro do incendio ou separando o oxíxeno do com-bustíbel.

Este método de extinción non será efectivo en materiais auto-oxidantes ouen certos metais que sexan oxidados por efectos do bióxido de carbonoou nitróxeno, dous dos máis comúns axentes extintores.

Extinción por Inhibición Química da Chama:

Algúns axentes extintores, tales como o po químico seco e o halon, inte-rrompen a produción de chama na reacción química, resultando nunharápida extinción. Este método de extinción é efectivo só en combustíbeislíquidos e gases xa que eles non poden arder na forma de lume latente.Se se desexar a extinción de materiais na fase latente, requírese contarcon capacidade adicional para arrefriamento.

4. Tipos de incendio

Incendio Tipos de Materias Método de Extinción

Clase A Combustíbeis ordinarios A auga é utilizada para como: efectos do arrefriamento.

-Madeira-Roupa-Papel-Goma-Algúns Plásticos

Clase B Incendios que involucran: Efecto de sufocación-Líquidos Inflamábeis por exclusión do oxíxeno.-Graxas-Gases

Clase C Incendios que involucran: -Axentes extintores-Equipos Eléctricos non condutores.-Equipos Enerxizados.

Clase D Incendios que involucran -Non hai dispoñíbel un metais combustíbeis axente que efectivamentetales como: controle incendios en todo tipo-Magnesio de metais combustíbeis.-Titanio -Existen axentes extintores-Zirconio especiais para o control de-Sodio incendios para cada un dos-Potasio. metais e son identificados es-

pecificamente para ese metal.

Fonte: UNIVERSIDAD ALEJANDRO DE HUMBOLDT

Outras actividades complementarias e lúdicas:

Esta actividade plantéxase para levar á aula, para crear actividades lúdicasonde a reivindicación tamén estea presente nas actividades que poidamos facerna aula, para que ao mesmo tempo que se divirten poidan reflexionar sobre oque significan os incendios na terra.

Baixo o lema Os incendios son un crime contra a terra imos coller revistas,xornais e facer debuxos... nun papel de estraza grande imos ir pegandoas cousas que máis nos chamaron a atención... e xa veredes o ben quevai quedar.

Guía para o profesorado

16 Unidade didáctica de primaria

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de primaria 17

O traballo de campo é unha actividade interesante para levar a cabo co alumna-do que teñamos na aula; con esta actividade a maiores do traballo de campo oque se pode ampliar é o coñecemento do contorno que os rodea integrándoosmáis no seu contorno social e ambiental.

Collede papel e lapis e ide dar un paseo por unha zona próxima ao cole-xio onde haxa unha zona arborada, que os nenos e nenas vaian apuntan-do o que ven mentres van camiñando: que tipo de árbores hai?, que ani-mais ven no camiño?, cantos postes de luz ou teléfono se ven no paseo?,en que estado se atopa o camiño?...todas aquelas cousas que os nenos eas nenas vexan e lles parezan importantes.. despois diso poden escribirunha redacción e lela na clase.

O coidado da natureza e a reciclaxe son uns valores que os nosos nenos e nenasteñen que aprender desde que son pequenos. Con esta actividade que se plan-texa para facer nas aulas potenciaremos unha serie de valores que na actualida-de, cada día máis, están en desuso. O traballo en equipo e a responsabilidadepersoal son cuestións que é importante traballar desde as aulas por iso se plante-xa esta actividade.

Esta actividade consiste na creación dun bosque desde o propio colexio.É unha actividade que vai durar varios meses e coa que se pode traballarcon nenos e nenas de diferentes idades, desde os máis pequenos até osmáis grandes. É unha actividade participativa onde todo o alumnado seten que responsabilizar dunha parte do proceso e do coidado das súasárbores.

O primeiro paso é recoller cos máis pequenos as sementes que imos plan-tar, podemos recoller sementes de árbores autóctonas coma castañas,landras, semente do bidueiro, noces.. árbores que os rapaces poidan ternas súas casas. Isto serviranos para facer un traballo de selección e coñe-cemento previo a comezar a actividade. O seguinte paso é traer cartónsde leite baleiros da casa, eses serán os nosos tarros, é unha forma de reci-clar e ao mesmo tempo de que os nenos e as nenas se responsabilicendun traballo concreto.

Despois deste paso comeza o plantado, faremos varias plantacións dediferentes especies e durante uns meses temos que coidalos, regalos,arrincarlles as malas herbas... e todos os coidados que requiren as árbo-res, lembrádevos que un par de veces á semana hai que regalos, esta éunha tarefa que poden facer os nenos e nenas ...despois dun tempo vanmedrar...podes plantar unhas no xardín do colexio e cada neno e nenapode levar un para a súa casa e facerse cargo do seu coidado.

Lixo non !

Seguramente no teu Concello hai moitos lugares onde se tira lixo sen ser o verte-doiro municipal, iso coñécese como vertedoiro incontrolado. Fai unha lista detodos os que haxa no teu concello indicando o lugar e que tipo de restos teñen,de obra, electrodomésticos, etc

Guía para o profesorado

20 Unidade didáctica de secundaria

Obxectivos:

- Proporcionar os coñecementos básicos sobre o valor do monte e a pro-blemática dos incendios forestais.

- Contribuír a unha maior sensibilidade e conciencia das problemáticasasociadas aos incendios forestais, valorando a urxencia de os afrontar.

- Promover a participación crítica en accións que contribúan á prevencióne busca de solucións a este problema.

Contidos:

Os contidos que aparecen recollidos nesta unidade están adaptados ao alumna-do de 1º e 2º da E.S.O. E para que poidan ser traballados nas distintas materiasque compoñen o curriculum destes cursos da ensinanza obrigatoria.

Non se pretende acadar un amplo coñecemento do lume senón concienciar danecesidade da prevención e a valoración da importancia dos nosos montes comofonte de recursos.

Metodoloxía:

As actividades de que consta esta unidade foron deseñadas paraobter múltiples respostas que permitan a posta en común e odebate como fonte de coñecemento, sempre supervisado eguiado pola figura do profesor.

Por iso a guía do profesor non se concibe como un solu-cionario, senón como unha guía con orientacións detraballo e materiais complementarios que axu-den a clarexar calquera dificultade que puide-ra xurdir.

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 21

1. Presentación.

Comeza a unidade cunha presentación deAnxela e o lugar onde vive dende hai unsmeses. Con esta introdución téntase acercarao alumnado á realidade que nos últimos tem-pos está a vivir o noso País, un rural cada vezmáis despoboado e envellecido debido á faltade iniciativas.

O percorrido polas actividades iníciase cunhabreve composición, na que os alumnos e alum-nas reflectirán os seus coñecementos sobre onoso rural. Farase unha posta en común detodas as composicións para logo tratar depuntualizar algún aspecto concreto que nonquedara claro. Neste punto tamén se podenengadir, iniciativas levadas a cabo en colabo-ración coa Consellería do Medio Rural comoson a cría de gando nos montes, o pastoreo enzonas da montaña de Lugo e Ourense.

Medio Rural presenta 43 iniciativas gandeiras que

beneficiarán a 1.221 galegos e darán traballo a 149A Consellería de Medio Rural

presentou onte no Centro deRecursos Zooxenéticos de Gali-cia, no municipio ourensán de Co-les, 43 proxectos dinamizadoresda superficie agroforestal galegapara os que este departamentodestina 3.174.458 euros, dos que2,1 millóns se investirán na postaen marcha desas 43 accións. Omillón restante servirá para facerfronte a outros proxectos daAxencia Galega de Desenvolve-mento Rural (Agader).

As iniciativas repercutirán en18.208 hectáreas de monte que sedestinarán ao pastoreo de 8.980cabezas de gando vacún, ovino,equino, porcino e caprino, e pre-tenden beneficiar a 1.221 propie-tarios de montes veciñais en mancomún.

Os postos de traballo que sepretenden crear son 149, prefe-rentemente para mozos. MedioRural colocará 125.800 metros devalo, arranxará 17 quilómetros decamiños e construirá infraestrutu-ras para o coidado de animais.

A consellería de Medio Rural,a través do seu delegado na pro-vincia de Ourense, XoséRodríguez, deixou claro que estesproxectos "non deberían ser noti-cia, porque é ou que ten que facera consellería, e non como se facíaantes: destinar os fondos a pisci-nas, tanatorios e campos de golf".

Fixar a poboaciónO conselleiro Alfredo Suárez

Canal insistiu en que, con proxec-tos como estes, o seu departamen-to pretende mobilizar boa partedas 700.000 hectáreas de superfi-

cie agraria e forestal que estánabandonadas en Galicia, coobxectivo de fixar poboación naszonas rurais.

E é que a superficie agrariagalega só supón a día de hoxe o34% do territorio, fronte ao 60%da media na Unión Europea.

Por provincias, A Coruñalévase tres deses proxectos; Lugo,16; Pontevedra, 8, e Ourense,outros 16.

Ao acto de onte asistiu taméno vicepresidente da Xunta, AnxoQuintana, quen subscribiu a nece-sidade de fixar poboación nospobos e dar vida ás zonas ruraispara acabar cos incendios fores-tais, aumentar a biodiversidade edispoñer tamén de unidades deprodución rendíbeis en áreas des-favorecidas.

BUSCANDO A OPINIÓN DO ALUMNADO

Guía para o profesorado

22 Unidade didáctica de secundaria

Na actividade dúas traballarase a fisionomía de Galiza, as súas lendas e tradi-cións. Tratarase de que os rapaces e rapazas vexan que nesa fisionomía de manque ten Galiza hai un País no que conviven o rural máis profundo co urbanismomáis moderno, ambos cunha orixe común.

Pódense atopar unha grande variedade de lendas na seguinte páxina web:http://www.galespa.com.ar/arquivos_nosa_cultura.htm#LENDAS, así como da for-mación dos continentes en: http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2005/tr/24/elementos_da_vida/

A terceira parte desta introdución refírese á emigración. Os pais de Anxela, comomoitos outros galegos, emigraron en busca de un mellor porvir. Isto tivo, e ten, con-secuencias para a poboación galega, unha das máis envellecidas do territorioespañol e sobre todo estas consecuencias poden verse nas aldeas e nos seusarredores, abandonados e descoidados, cuestión esta que se abordará máisadiante como unha das causas dos lumes. Pero, co paso dos anos, ben sexa pormorriña ou porque agora na emigración as cousas xa non son o que eran, moitosdos emigrantes en países europeos, teñen que voltar. A que se adicarán os paisde Anxela agora? A maioría dos emigrantes retornan cun subsidio de desempre-go e cando esta prestación remata tratan de traballar en sectores como a cons-trución ou fábricas de contratación temporal, incluso algún busca oportunidadesno autoemprego. Podería o noso rural ofrecer emprego aos nosos emigrantesretornados? O servizo Público de Emprego Estatal, INEM, acolle nas súas listas amoitos destes emigrantes.

Remata este apartado cun texto de Manuel María sobre a emigración, texto coque podemos acercar os nosos escolares á figura deste escritor e a súa obra.

2. Preparando a nova casa.

Anxela segue o seu percorrido pola unidadecontando as súas vivencias dende que che-gou a Galiza. Detense neste apartado pararesaltar unha práctica agrícola moi habitualpara os homes e mulleres do campo: a quei-ma das rozas.

O lume é algo natural, unha ferramentaempregada polo home dende tempos inme-moriais, tendo os seus comezos cun uso nacalefacción, cociña e como ferramenta agríco-la na prehistoria. Pero os incendios son algodiferente, moitos deles son intencionados,polo tanto un lume artificial e con consecuen-cias catastróficas.

Insistirase neste punto na importancia detomar unha serie de medidas para facer unhaqueima controlada e que esta non se conver-

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 23

ta nun incendio de consecuencias impredecíbeis. Como axuda pódese botar mandos seguintes anexos

10 CONSELLOS PRÁCTICOS PARA FACER UNHA QUEIMA CONTROLADA

1Facer aqueima

nas primei-ras horas dodía, nun díade climaestábel econ combus-tíbeis secos

2Prepara o terreo

dende antescon valados

3Se oterreo é

inclinadocomezadende aparte alta e,sempre covento encontra

4Nas pen-dentes

cavar foxaspara atra-par as cha-mas

5Dividir oterreo en

pequenasparcelas

6Nuncafagas a

queima tisó, pideaxuda aosteus veci-ños

7Consultacon téc-

nicos fores-tais dazona

8Vixía ocompor-

tamento dolume

9Lembra:os des-

coidos pro-vocanincendios

10 Se olume

sae decontrol,avisa deinmediato

ACCIDENTE FACENDO UNHA QUEIMA

Guía para o profesorado

24 Unidade didáctica de secundaria

Cuestionario da noticia:

1.Cal coidas ti, que foi a causa do tráxico accidente da persoa que falaa noticia2. Que medidas se deben tomar a hora de facer unha queima controla-da?3. Que garante ter o permiso para facer unha queima controlada?4. Así mesmo no DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº125, Venres, 30 de xuño de2006 recóllese unha serie de medidas para facer unha queima controlada.

A Xunta achaca a unha imprudencia a morte

dun home durante a queima en Covelo

28/05/2006 | Galicia

A Consellaría de MedioRural cre que o veciño septua-xenario de Covelo que faleceuo venres durante unha queimade rastrollos incorreu en variasimprudencias que desemboca-ron nun "tráxico accidente".

Dous expertos daConsellaría investigan as cau-sas do incendio, e o seu infor-me, que será entregado á xuízade Ponteareas, podería estarterminado o luns.

Para a Xunta, o incendioproduciuse despois de que avítima realizase unha queima"que se lle foi das mans".

Medio Rural tamén confir-mou que Manuel FernándezRivera, de 77 anos e veciño deMaceira, tramitara o seu per-miso diante do concello e aXunta. A autorización estabaao seu nome e dispoñía dequince días para realizar aqueima.

Forenses do Instituto deMedicina Legal de Galicia(Imelga) realizaron onte aautopsia á vítima no institutoNicolás Peña. A finalidade eraindagar se o agricultor faleceu

por inhalación de fume, por ungolpe ao caer do pequeno trac-tor que conducía ou polaacción directa do lume. O fale-cido será enterrado hoxe polatarde. A Xunta lembrou quenas instrucións do permisopídese expresamente que osbeneficiarios non realicen aqueima controlada en díascomo o pasado xoves, solea-do, seco e con vento.

Tamén sinalou que os agri-cultores poden solicitar axudaaos axentes técnicos de distri-to cando queiran realizar unhaqueima grande. Os funciona-

rios acudirían ao lugar a super-visar a operación e, incluso,poderían facer os labores elesmesmos. "Pero a maioríadeclina esta oferta. A xentemaior pensa que ten experien-cia", din fontes da Consellaría.

Medio Rural advirte que asqueimas deben facerse nunlugar despexado, lonxe dasárbores, da maleza ou de cal-quera material combustíbel.Esa instrución vén recollidano permiso. Por iso non seexplican como o cadáver apa-receu no interior dun bosquede eucaliptos e piñeiros.

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 25

Paralelamente trabállanse conceptos como as unidades de medida do SistemaInternacional e unidades de medida de uso habitual nas distintas zonas da nosacomunidade.

Acercaremos os nosos alumnas e alumnos á nomen-clatura dos nosos pobos e ao porque dos seusnomes.

Nota aclaratoria: cando se fala de hectárea como medida de campo defútbol refírese a estadio de fútbol e a súa medida en metros cadrados

UN DESCOIDO FACENDO UNHA QUEIMA PROVOCA UN INCENDIO

Unha queima de rastrollos devora 480

hectáreas de arborado e pastos no Bierzo 10/08/2006

Un voraz incendio ini-ciouse onte na comarca leo-nesa do Bierzo, na localidade

de Valdelaloba, que se logroucontrolar a última hora deonte despois de calcinar 480hectáreas de pastos, mato earborado e que, disque, se

produciu por unha neglixen-cia ao utilizar a lume paraunha limpeza de rastrollosnunha zona poboada por cas-tiñeiros.

3. A nosa chegada o pobo.

A chegada de Anxela a súa aldea coincide cundeses días de agosto do verán do 2006. A súaviaxe e a chegada ao pobo comparte protago-nismo co lume. Sendo esta unha situación queprobabelmente os rapaces lembren desteverán, ben porque a viviron de preto ou porescoitala nos medios de comunicación ou nasconversas das súas casas.

Na actividade 1 e 2 recóllense frases que édoado escoitar ás xentes diante dun incendio.Os alumnos e alumnas terán que agrupalas,escollendo o criterio que lles pareza, ben porsinónimas, antónimas, tema do que tratan,etc... traballaremos estas actividades en gru-pos de tres ou catro alumnos/as, para rematar

Guía para o profesorado

26 Unidade didáctica de secundaria

xuntando as viñetas que poderán colocarse nun lugar visíbel, ben da aula ou docorredor do centro.

Tamén aquí podemos aproveitar esta actividade para que os rapaces atopen ascausas dos incendios en cada grupo facendo unha posta en común.

CAUSAS DOS INCENDIOS :

- Mala política forestal- Abandono do monte- Despoboamento do medio rural e o avellentamento da súa poboación- Climatoloxía- Ausencia dunha silvicultura de prevención: diversificando as masasforestais, establecendo descontinuidades con áreas de botafogos, res-pectando as árbores autóctonas, limitando o combustíbel con rozasmanuais e mecánicas, etc- Pirómanos- Imprudencias: cabichas, queimas de rastrollos- Causas naturais: raios dunha tormenta- Accidentes fortuítos: chispas das rodas do tren, chispa dunha soldadura

Trataremos cuestións como que:

- O lume non é exclusivo do verán- O feito de que sexamos unha rexión húmida fai que medre máis a vexe-tación co cal aumenta o risco de incendios se non se limpa o monte- Abandono do monte como causa principal- A venda da madeira.- A figura do pirómano: a que perfil responden as persoas que poñen lumede maneira intencionada.

Comentarase o esquema do triángulo do lume e os tres principais factores des-encadeantes dun incendio, sempre e cando conflúan outras circunstancias como:Vento, sobre todo os ventos do nordés; a presenza de eucaliptos; clima seco; gran-des pendentes (superiores ao 30%)

Clima Topografía

Combustíbel

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 27

O VENTO DO NORDÉS

Lume con rachas de 70 quilómetros por hora

Se os axentes forestais temenalgunha cifra é o trinta. Cando astemperaturas superan os trintagraos, o vento sopra a máis detrinta quilómetros por hora, apendente do terreo está por enci-ma do trinta por cento e a humi-dade por debaixo desta porcenta-xe.... se todo isto se produce eademais se declara un incendio,todos os axentes forestais sabenque se enfrontan a un "Factor30", unha das tipoloxías máisperigosas do lume xa que , pormomentos pode acelerarse e aca-dar rachas de até 70 quilómetrospor hora. En Galiza, a suma detres factores está facendo queapareza esta clase de incendios:ovento do nordés, que ten un efec-to secante sobre o terreo, os bos-ques de eucaliptos da franxaatlántica, unha especie de prendi-do rápido, e o clima seco, cunhahumidade moi baixa.

No Morrazo, Miguel García,presidente da Asociación Galegade Axentes forestais, foi testemu-ña de como un foco do diámetrodun caldeiro se convertía en dousminutos nun círculo de lume decen metros cadrados. "Co vento afavor, estes incendios propágansecreando focos secundarios, lan-zando bolas cara adiante"explica.

En San Pedro de Roca, un val

a quince quilómetros de Ourense,no contorno da Ribeira Sacra, aschamas chegaron a alcanzarrachas de setenta quilómetros,como relata Xosé Santos, un dosaxentes desprazados a esta zona.Asegura que en puntos comoOímbra ou Verín estanse a produ-cir situacións similares.

Miguel Agulló axente fores-tal, conta como as brigadas des-prazadas están plantando cara nacomarca do Deza a incendios queavanzan a velocidades superioresaos trinta quilómetros por hora econ unha gran capacidade paraabrir frontes secundarias e crearnovos lumes. "levo traballandovinte anos e nunca vin algo así"

confesa este especialista. Outra das estatísticas que

todos os axentes forestais teñengravadas na súa memoria é a dedoce metros por segundo. Esta éa velocidade que os técnicos pen-san que alcanzou o lume deGuadalaxara, o que rematou coavida de once membros dunhacuadrilla o verán pasado.

Sen chegar a estas situaciónstan extremas, AlejandroRodríguez Pazos, axente forestal,asegura que boa parte dos máisde cen de incendios que se estánproducindo a diario avanzansobre o terreo a un ritmo rápido ,cubrindo 300 metros en 15 minu-tos. Unha riada de lume.

O nordeste, eucaliptos e o clima seco fan que, en montes con grandes

pendentes, as chamas se propaguen á velocidade dunha riada

Un vento esponxa cómplice dos incendios

O vento do nordés chega a Galiza a través da costa do norte deLugo e de Asturias. Cando alcanza o litoral galego vén cargado dahumidade que recolle do mar e entón sóltaa. No entanto, o seu com-portamento é igual ao dunha esponxa que precisa volver a encherse.Ao varrer toda a franxa atlántica, absorbe até a última gota de humi-dade, o que se coñece como efecto Foehn e que na zona doMediterráneo ocorre co vento do levante e en Cataluña coa tramonta-na. "todo o mundo se terá decatado de que estes días seca mellor aroupa. Ocorre o mesmo cos bosques", explica Alejandro RodríguezPazos, quen engade que este tipo de vento ten un efecto secantesobre as árbores e a maleza, transformándoos no combustíbel perfec-to para un incendio. A situación empeora se ademais se trata de euca-liptos, unha especie que prende rápido e de follas e semente de moilenta descomposición, co que crea un manto sobre o solo.

Artigo do Faro de Vigo, xoves 10 de agosto de 2006

Cuestionario do artigo:

1. No texto di:"un "Factor 30, unha das tipoloxías máis perigosas dolume.." A que se lle chama factor 30?2. Que tres factores di o texto que se están a dar nese momento paraque o lume se estenda a gran velocidade?3. Comenta o título: un vento esponxa responsábel dos incendios.Como é este vento, e por que favorece os lumes?

Guía para o profesorado

28 Unidade didáctica de secundaria

Trataremos de explicar que non todos os lumes son iguais, facendo unha clasifica-ción dos graos de alerta

CLASIFICACIÓN DOS LUMES FORESTAIS SEGUNDO A SÚA GRAVIDADE

Os niveis de gravidade clasifícanse de acordo coa seguinte escala:

Nivel 0: poden ser controlados cos medios de extinción previstos e, aínda nasúa evolución máis desfavorábel, non supoñen perigo para persoas nonrelacionadas cos labores de extinción, nin para bens distintos dos da nature-za forestal.

Nivel 1: poden ser controlados cos medios de extinción previstos no Plano daComunidade Autónoma e inclúen a previsión, pola súa posíbel evolución, danecesidade de posta en práctica de medidas para a protección das perso-as non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos da natureza fores-tal que se poidan ver ameazados polo lume.

Nivel 2: na súa extinción está prevista a necesidade de que, a solicitude doórgano competente da Comunidade Autónoma, sexan incorporados mediosestatais non asignados ao Plano da Comunidade Autónoma, ou poidan com-portar situacións de emerxencia que deriven cara o interese estatal.Para a declaración do nivel 2 considéranse dúas situacións:

- 2.R-0 (relacionado co nivel 0). Se nun nivel 0 son necesarios mediosnon previstos no plano, pero só están en perigo bens forestais, pásasedirectamente a nivel 2.- 2.R-1 (relacionado co nivel 1). Estando no nivel 1, precísanse mediosnon previstos no plano.

Nivel 3: Referido a aqueles incendios que pola súa especial gravidade asísexan declarados polo Ministro do Interior.

TIPOS DE LUMES EN FUNCIÓN DE COMO SE TRANSMITEN

Os incendios de superficie afectan á vexetación deporte baixo (pastizais, matorrais, e a base das árbo-res). Segundo distintos factores ambientais (composi-ción e densidade da vexetación, orientación e inclina-ción da pendente, velocidade do vento, etc.), podenser máis ou menos intensos, pero polo xeral despren-den menor enerxía térmica que os incendios que sepropagan polo arborado.

Os incendios aéreos,dependentes da superficie.Neles o lume ascendepolas ramas baixas dasárbores, até acadar acopa, porén, a súa transmi-sión segue sendo basica-

INCENDIO SUPERFICIAL

INCENDIO AÉREO

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 29

mente superficial debido, por exemplo, a que o arbo-rado é disperso e as copas están demasiado distan-ciadas entre si.

Incendios de copas. A transmisión ten lugar a travésdas copas das árbores que forman unha masa bas-tante densa. A cantidade de calor xerado é bastantegrande, de modo que este tipo de lumes orixinan oseu propio sistema de correntes de ar que tende a ali-mentar as chamas e facilitar a súa propagación. Poreste motivo constitúen os lumes máis perigosos e des-trutivos.

Os incendios subterráneos: transmítense por debaixo da superficie, son demoi difícil detección, chegando a estenderse polos furados das toupas.

En caso de que atopemos un incendio:

1. Se o lume é pequeno atacalo na súa base.2. Se non se apaga facilmente avisar a central de incendios forestais3. Afastarse polas zonas laterais do lume e sempre en sentido contrario aoda dirección do vento.4. Procurar non dirixirse cara a barrancos, bagoadas, nin intentar escaparladeira arriba cando o lume ascenda por ela.5. Afastarse do incendio polas zona máis desprovistas de vexetación e teren conta que un cambio de dirección do vento pode facer que o lume nosrodee.6. Non atravesar a pé, ou con calquera tipo de vehículo a estrada afectadapor frontes de lume ou con zonas de intensa acumulación de fume que impi-da a visibilidade.

INCENDIO

SUBTERÁNEO

CLASIFICACIÓN DA CONSELLARÍA DO MEDIO RURAL DOS LUMES

Guía para o profesorado

30 Unidade didáctica de secundaria

4. Todo reducido a cinza.

A triste descrición que nos fai Anxela domonte despois da visita do lume pode servircomo punto de arranque para pescudar infor-mación sobre os últimos lumes que afectaron onoso País e a outras zonas, establecendo simi-litudes en canto ás causas, consecuencias eépoca do ano en que se producen os lumes,xa non so no verán arde o monte.

SUPERFICIE QUEIMADA E MAPA DE DISTRITOS

Superficie queimada en 2006

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 31

Distritos de Galicia

Como se cuantifica a superficie queimada?

Un gps perimetra a zona queimada, estes datos van a un planímetro e obtense onúmero de hectáreas queimadas

Guía para o profesorado

32 Unidade didáctica de secundaria

BÁGOAS POR COTOBADE

Bágoas por un Cotobade eterno

Nélida Piñón

O FOGO, que queimaCotobade, espállase polomeu corpo. Non hai aliviopara a dor que sinto. No Riode Janeiro, tan distante deGalicia, padezo e son inope-rante. ¿Quen son fronte áschamas que teiman enexpandirse como se o infernoteolóxico estivese agorasituado en Cotobade, centrosagrado das trece aldeasmáxicas que me poboaran ainfancia?Repaso na memoria a paisa-xe de Cotobade. As casas depedra, as veigas, os camiñosásperos. Un universo quepreservo nas gabetas secretasdo amor. Nestas horas des-consoladas, a memoria refor-za a materia concreta e trans-cendente de Cotobade querepousa no corazón. A retinagarda o que equivale a fotos,a filmes, a documentos.Ningún incendio pode roubarpedazo pequeno que sexa daterra amada. Ou facernoscrer que non doe ver estepequeno territorio subxugadopolas labaradas.As chamas, crueis e brillan-tes, avanzan, porén, sen pie-dade. Envolven Borela, terrado pai, Carballedo, terra dosavós, xa non sei por ondemáis andan. As noticias ché-ganme polo teléfono. O fogoé veloz, sistemático, impla-cable, indiferente aos lamen-tos colectivos. E, en canto seapresura, irradia unha luzexaltada que cega os ollos eo corazón. Só que as súaslabaradas, con total desprezoás nocións de distancia, cru-zaran o Atlántico e xa seencontran á beira da miña

casa, de onde contemplo asaugas límpidas da Lagoa.Estas augas cariocas que denada serven, non salvanCotobade da catástrofe.No escritorio da mesa ondeescribo, observo o cadro queretrata a ponte e a capeliñade Borela, ambas motivosiniciais do meu amor porGalicia. Bastoume velas porprimeira vez naquel novem-bro frío e chuvioso paranamorarme de cada detalle,aínda que non soubese,entón, o significado de estaralí na Galicia da que a fami-lia afirmaba que procedia-mos todos. Sentín de inme-diato o fardo dun amor aoque xamais renunciaría. Xaque Galicia, tendo invadidoas miñas vísceras e imaxina-ción, tornouse para a miñanarrativa mito, utopía, qui-mera. O territorio de promi-sión que o fogo se propóneliminar da miña alma, comose eu lle tivese concedido opoder de arrebatar da memo-ria materia tan esencial.Este cadro, coa capela e aponte en esmalte, foime ofre-cido no 2005, candoCotobade nunha fermosacerimonia me honrou co títu-lo de Filla Adoptiva. Unhahomenaxe tan emotiva, paramin e os meus mortos, queme pareceu estar recibindoeste premio directamente dasmans dun deus disposto arepartir sinecuras entre oshumanos co pretexto de vol-velos compasivos e xenero-sos. Para que aconchegasenno peito aquel sentimento devitoria oriúndo da honra e domérito.Este Cotobade, ao que agorame refiro, ten o destino atado

ao lume, arde. O propio Péda Múa, que cantei noslibros, nos discursos, en cer-tas reflexións, está presto adesaparecer. Aquel monteque na infancia, sempre aoalcance da vista, comparei aoEverest. Cantas veces, aovencer os seus camiños, tiñaa ilusión de estar dando ini-cio a unha aventura inesque-cible.Hoxe acordei coa noticia doincendio. E aínda agora nonsei a quen pedir socorrosenón a toda Galicia, aosmeus amigos españois. Ofogo avanza, trae o desacou-go. A traxedia ensombrece anosa sensibilidade. Pero assúas chamas, que nos desafí-an, esperan que eu esqueza aterra onde fun tan feliz. Eque me despreocupe deCotobade, entregada á dor.Como se o seu abatido pobo,que no pasado enviou fillosvalentes ás Américas, confia-do en que retornarían un día,fose incapaz de reaccionar,aceptase a acción do fogopresto a eliminar Cotobadedo mapa. Do mapa da histo-ria, da memoria, do corazón. Mais os galegos prepáransepara reconstruír Cotobade,para restaurarlle a paisaxesagrada. Mesmo que tal tare-fa esixa sacrificios, protestas,longas batallas cívicas. Nonnos ha faltar o que se intitulaesperanza ou amor, o reper-torio en fin das lendas e dasnarrativas. Todo o que seencontra aloxado no espíritohumano.O fogo non pasará.Cotobade ha de resistir. E oque as chamas acaso consu-misen, nós poñerémolo depé. Ao prezo que sexa.

A escritora brasileira de orixe galega, premio Príncipe de Asturias dasLetras e eterna candidata ao Nobel, fala de Cotobade, terra dos seusavós e espazo mítico da súa literatura

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 33

5. Que perdemos nun incendio?

Neste apartado analizaranse tamén as con-secuencias dos lumes que os alumnos e alum-nas poden lembrar dos paneis da exposiciónque acompaña as unidades didácticas ou ovídeo. E que se poden completar cos seguin-tes datos:

-Perdas ecolóxicas: algunhas de carác-ter irreversíbel como pode ser a des-aparición de especies singulares e úni-cas, destrución de hábitats vitais para afauna, morte de especies animais ouesgotamento da fertilidade dos solos.Noutros casos estas perdas actúancomo factores limitantes para a poste-rior rexeneración do ecosistema incen-diado: facilitando a aparición de pra-gas e enfermidades;esterilizando e ero-sión dos solos; modificación da calida-de e o réxime de caudais da auga, etc.

-Aumenta a contaminación atmosférica, influíndo tamén no cambio climáticoocasionado polo CO2

-Diminúe a humidade ambiental-A radiación solar incide directamente sobre o chan e desecado-Aumenta a luminosidade-Non protección do vento-Destrución de microorganismos do chan-Animais: mortos, feridos, famentos

-Efectos sobre o solo: Perda importante de materia orgánica do solo, debidoá combustión dela. Isto provoca unha desestabilización dos agregados, eunha disgregación progresiva dos mesmos. A materia sólida pode así ser eli-minada do solo pola acción erosiva da auga de choiva ou do vento.

-Formación de superficies hidrofóbicas, debido á formación de substanciasorgánicas repelentes á auga, así como pola modificación de determinadoscompoñentes minerais amorfos. O solo non se molla en contacto coa auga,o que facilita a súa erosión.

-Perda da fertilidade do solo debido a perda de solo e da súa materia orgá-nica o cal implica un empobrecemento en nutrientes.

-Alteración dos ciclos bioxeoquímicos de numerosos elementos que depen-den do compoñente biótico do solo debido a que moitos microorganismosmorren debido á calor, o cal supón unha diminución da actividade biolóxi-ca do solo.

-Perdas socioeconómicas: facilmente observábeis nos titulares dos distintosmedios de comunicación. Situacións de emerxencia que derivan en evacua-cións, persoas feridas e, no peor dos casos, perdas de vidas humanas, perda

Guía para o profesorado

34 Unidade didáctica de secundaria

de terreo de cultivos e cultivos, ademais de danos ambientais e as cifras dooperativo despregado na extinción.

-Extinguir e repoboar 1 hectárea custa uns 3.000 euros.-Nunha hora arde o traballo dunha vida-Cortes en comunicacións: autoestradas, ferrocarril,...-Cortes en cable eléctrico, depósitos de gas en perigo-Escaseza de auga-Na hostalería-Industria pirotécnica: verán de festas sen pirotecnia

PÓDENSE FACER TRES BLOQUES: CONSECUENCIAS A CURTO PRAZO, A MEDIO PRAZO E A LONGO PRAZO

Unha das consecuencias a medio prazo son as inundacións e arrastre de mate-riais cara os río e o mar. Como exemplo as inundacións do outono- inverno do 2006recollidas en todos os xornais da comunidade. Os rapaces poden pescudar infor-mación sobre as inundacións e as zonas afectadas, elaborar un mapa e superpo-ñelo ao mapa dos incendios observando as consecuencias

EFECTO BOLBORETA DO LUME

O fume de Galicia disparou

os niveis de ozono en Andalucía

(María Cedrón | redacción)

O satélite detectou na costaatlántica da Península Ibéricaunha nube de feluxe e po.

Os efectos contaminantes dosincendios que abordelaronGalicia chegaron a Andalucía. Asestacións de control ambientaldas provincias de Huelva e Cádizdetectaron durante a noite dosdías 10, 12 e 13 deste mes unsniveis de ozono superiores aos180 microgramos por metro cúbi-co, o límite a partir do que,segundo as medicións da UE, ogas comeza a ser prexudicial paraa saúde. A investigación abertapola Consellería de MedioAmbiente da Junta de Andalucía,

en colaboración coa Universidadede Huelva, determinou en baseaos niveis de po, sulfatos e feluxeque este fenómeno estaba relacio-nado co fume xerado polos lumesde Galicia. A esa determinacióntamén contribuíu o feito de queos máximos niveis alcanzadosproducíronse de noite, cando nonexisten radiacións solares.

Desprazamento O fume viaxara máis de

1.000 quilómetros desde o norteimpulsado polo vento, provocan-do o que se coñece popularmentecomo efecto bolboreta .

O ozono superficial (o que seesparexe entre a superficie terres-tre e os 10.000 quilómetros de

altura) deu lugar a unha nubedetectada polo satélite Modis(Acqua) do ServizoMeteorolóxico da Base Naval deRota. Este gas é un contaminantesecundario que se xera, entreoutras cousas, a partir de com-postos orgánicos volátiles, comoao parecer sucedeu neste caso.

O gas, que tamén pode pro-ducirse polas emanacións proce-dentes dos coches e das indus-trias, ten os seus efectos sobre aspersoas. Pode provocar unhadiminución da capacidade respi-ratoria, alteracións do sistemainmunolóxico ou problemas car-díacos. Anciáns, nenos ou perso-as alérxicas son os máis proclivesa sufrir as consecuencias.

O grao de feluxe, po e sulfatos localizados no ar determinaron a procedencia

galega da contaminación, segundo a investigación aberta pola Junta de Andalucía

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 35

Entre tanta tristura do monte ardido unha pequena esperanza, as vellas carballei-ras resistiron e venceron ao lume. Por que? Por que deixan pasar menos luz, co calhai menos vexetación de monte baixo, menos aire o que implica menos facilida-de para a combustión, maior humidade do chan pola capa de follas que formano humus, ausencia de produtos resinosos que actúen como renovador da forza dolume

NON TODO É NEGATIVO NO QUE AO LUME SE REFIRE. CANDO O LUME SE DEBEA CAUSAS NATURAIS (ALGO QUE CADA VEZ OCORRE CON MENOS FRECUEN-CIA), AXUDA A MANTER A SAÚDE DO BOSQUE, GRAZAS A MOBILIZACIÓN DENUTRIENTES E A ACCIÓN CONTROLADA QUE O LUME EXERCE SOBRE AS PRAGASFORESTAIS

Recomendacións en días de fume para a poboación:

1. As persoas maiores, nenos, enfermos pulmonares crónicos, asmáticos,etc... deben evitar a exposición prolongada aos ambientes exteriores.

2. Non é conveniente realizar exercicio físico excesivo en ambiente exterior

3. Sanidade pide que se cerren as portas e ventás

4. Os panos, máscaras contra o pó e calquera outra roupa mollada non pro-texen contra o fume.

6. Aqueles tempos en que todo se aproveitaba

Anxela lévanos a aqueles tempos en que omonte era un ben moi aprezado e polo tantomoi coidado. Canto cambiaron as cousasagora. Como están os nosos montes? Com-parando o antes e o agora do noso montepoderemos entender ben como se estendetanto o lume unha vez que comeza.

O monte como fonte de madeira é un dos usosque predominou nos últimos tempos, traendoasociado unha reforestación con especiescomo o eucalipto que teñen un crecementorápido e nefastas consecuencias para os nososmontes.

Quizais a madeira triturada podería reciclarsede restos doutras madeiras que hoxe por hoxese desaproveitan.

Ante o abandono dos nosos montes unha medida da consellería é a de obrigar ospropietarios a telos limpos, establecendo multas de até 3000 euros a quen nonlimpe a súa propiedade.

Guía para o profesorado

36 Unidade didáctica de secundaria

7. O lume tamén vai á praia

No insólito verán de Anxela non podían faltaros días de praia ensombrecidos neste casopolo fume. Polo que a nena conta poderíamosdeducir que os seus días de praia estiveron enTaragoña, Rianxo, Cotobade (zona cero)

Tamén aquí se pode facer a actividade dasuperposición de mapas de concellos deGaliza con zonas afectadas polos lumes

VOLUNTARIOS CONTRA O LUME

Se queres colaborar só tes que chamar ao 900400 800 e informarte de como axudar.

900400800 Teléfono en Defensa do MonteGalego. Número gratuíto habilitado polaVicepresidencia da Xunta para coordinar atodos os que queiran participar en tarefas devoluntariado

IMAXES DO SATÉLITE DA NASA SOBRE OS LUMES DE GALIZA

Día 1 de agosto. Comeza o mes máis caliro-so do ano, Galiza limpa delumes

Día 4. Aparecen os primei-ros lumes, esparexidos nascatro provincias

Día 5. Na provincia dePontevedra concéntranse amaioría dos lumes. Vigo tenproblemas de tráfico.

Día 6 En 24 horas triplícanse osincendios no litoral galego

Día 7. Grandes cortinas defume empuxadas polo nor-dés cara ao mar. Ao norteMalpica tamén ten lume

Día 8. Demasiados focosen Pontevedra para velosseparados. Tamén arde naCoruña.

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 37

Día 9. Mestúrase o fume dos lumes controlados codos incendios.

Fonte: La Voz de Galicia 11 de agosto de 2006

Día 10. Galiza acumula a maior parte dos lumes deEuropa

VÍTIMAS DO LUME

Morren dúas persoas en Cerdedo ao quedar

atrapado o seu coche por un incendio forestal

04/08/2006 | Galicia

Dúas persoas faleceron estatarde no municipio ponteve-drés de Cerdedo ao quedaratrapado o seu vehículo entreas chamas dun incendio fores-tal, informou unha voceira dadirección Xeral de ProtecciónCivil.

Os corpos calcinados dasdúas persoas foron achados noquilómetro 71 da estrada N-541, unha zona afectada polalume que se estendeu por unhazona próxima entre as localida-des de Cercedo e CampoLameiro, sinalaron as citadasfontes.

Agregaron que efectivos daGarda Civil acharon os cadá-veres para as 18:45 horas eapuntaron que segundo as pri-

meiras conclusións trátase dedúas mulleres de idade avanza-da, aínda que outras fontesindican que podería tratarsedun home e unha muller.

Un membro de ProtecciónCivil de Cerdedo indicou queas dúas persoas quedaron pro-babelmente atrapados par chá-mas que se formaron a unhabeira e outra da estrada e posí-belmente polo intenso fume.

O incendio orixinouse ás12:20 horas e propagouse porunha ampla zona de monte, oque obrigou ás autoridades acortar a estrada ao tránsito devehículos entre os quilómetros67 e 71.

O correspondente departa-mento da Xunta declarou onivel de urxencia 1, relativo aorisco de que as chamas poidan

afectar ás poboacións e viven-das da zona, para o incendio deCerdedo e para outro focorexistrado en Bermes, no veci-ño municipio de Lalín, preci-sou unha voceira da direcciónXeral de Protección Civil.

Un helicóptero sobrevoou azona de Cerdedo onde sedetectou o falecemento dasdúas persoas para determinar ograo de risco do incendio, quepodería afectar ás aldeas veci-ñas, agregaron as fontes.

Bombeiros de Pontevedra eDeza, persoal de ProtecciónCivil de Cerdedo e voluntariosdas veciñas localidades deForcarei, Carballliño eRibadavia, así como grupos deintervención rápida municipaiscolaboran nas tarefas de extin-ción do incendio.

Os falecidos, un home e unha muller, quedaron atrapados co seu

vehículo na gabia da estrada nacional que une Pontevedra e Ourense.

Guía para o profesorado

38 Unidade didáctica de secundaria

MANIFESTO CONTRA O LUME DE ADEGA

GALIZA CONTRA O LUMEO VALOR DO MONTE:

Dende sempre os montes do noso país teñen sido unha importante fonte de recursos naturais sobre os que foiposíbel boa parte do desenvolvemento do meio rural e da sociedade galega en xeral. Coa política de despovoamentorural que se inicia xa nos anos 60 cunha polí-tica de repovoación forestal que reduce os usos tradicionais do monteao uso forestal e cunha política agraria comunitaria orientada ao aban-dono das nosas explotacións agrogandeiraspara convertirnos a todos e a todas en consumidores dos excedentes europeos, o monte galego e boas partes das ter-ras agrarias pasan a ter un valor productivo residual convertíndose na súa meirande parte en almacén de madeira envivo para as plantas de papel de ENCE (Pontevedra) e NAVIA (Asturias). Aínda así, o monte nunca deixou de serun recurso ambiental de primeira importancia, -como soporte de toda unha ampla diversidade de ecosistemas e hábi-tats naturais ou como sostén e alimento de impor-tantes recursos hídricos-, nen tampouco un importante recursosocial como lugar para o lecer ou como recurso económico e social, -hoxendía son moitas as actividades e obras par-roquiais que se están financiando en base aos recursos económicos aportados polos montes veciñais en mán común.

OS IMPACTOS DO LUME:

Todo incendio forestal provoca graves impactos ambientais, económicos e sociais. Cando un monte se queima,perde, a primeira vista, a cuberta vexetal e, con esta, a producción forestal, o pasto para o gando ou os recursoscinexéticos, amáis de sinificar unha degrada-ción total da paisaxe de indudábeis impactos sobre o turismo. Maisperde tamén complexos ecosistemas e hábitats de flora e fauna (incluídos os microorganismos e a materia orgánicado solo) de incalculable valor ecolóxico e de moi dificil recuperación. E, a maiores destes, tamén os impactosderivados da erosión: perda de solo, disminución dos recursos hídricos (facendo máis dificil a recuperación do meionatural), conta-minación da auga dos ríos e das rías polas cinzas e productos de combustión arrastrados pola auga.

AS CAUSAS DO LUME:

Os incendios forestais parecen xa un andazo do monte galego. As súas causas remotas son, dende logo, de tipoestrutural: unha política agrogandeira decidida dende Europa orientada, -como se dixo arriba-, ao abandono dasexplotacións agrarias e ao despovoa-mento rural; unha política forestal, -iniciada xa nos anos 60 principalmente ori-entada ao monocultivo de pinos e eucaliptos para beneficio exclusivo das industrias da pasta de papel-, que nonsoubemos correxir a pesar de que, xa no 1.989, unha Iniciativa Lexislativa Popular solicitaba un novo Plano Forestalpara a posta en valor das funcións sociais, produtivas e ambientais do monte; xunto ao caos urbanístico que levou asurbanizacións ao monte e trouxo o monte até a cidade.

Pero o monte non arde se non se lle prende lume. Deixando a un lado a irresponsabilidade dos pirómanos, asimprudencias teme-rarias no manexo do lume e os incendios por causas naturais, son moitos os intereses que coinci-den en que o monte arda: conflitos de uso (a caza, o pasto, a gandeiría, os danos do lobo, etc); conflitos depropiedade; comercio da madeira; recalificacións urbanísticas; infraestruturas, etc. Todas elas, -incluída a industriado lume creada ao rredor da política de extinción-, han de ser consideradas en calquera investigación sobre a causali-dade dos incendios.

OS INCENDIOS DESTE ANO:

Mais ningunha destas causas, -aínda coincidindo cunhas condicións climáticas de seca, calor e vento completa-mente favorábeis á extensión e propagación do lume-, pode explicar os incendios destes primeiros días de agosto.Non hai lei de proba-bilidade que poda explicar tal proliferación de incendios concentrados exclusivamente na partemáis povoada do territorio, cun lume que empeza arredor das zonas máis urbanas e povoadas, con varios focos delume simultáneos que de seguida se convirten nun incendio incontrolado e cunha sofisticación de artefactos incendi-arios que nunca antes tiñan aparecido. As consecuencias: uns medios técnicos e humanos ben pronto sobardados entoda a súa capacidade por non poder empregar outros formas de loita contra-incendios que as de atender a salvar asvidas da xente e as casas asediadas polo lume.

PRIMEIRAS PROPOSTAS CONTRA O LUME:

En calquer situación dramática como a que se vivíu nestes primeiros días de agosto, non pode haber outra priori-dade que a loita contra o lume; mais ningún éxito é posíbel se primeiro non sabemos de onde nos vén. Así pois,compre empezar por identificar a intenciona-lidade que hai detrás destes incendios e, polo tanto, compre reclamar

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 39

8. O lume e a súa tradición.

Non todo nesta unidade ía ser de condena cara olume. O lume tamén ten as súas festas e, usadocon coidado pode ser un bo aliado en calqueraromaría ou celebración.

PREVENCIÓN:

- Postos de vixilancia- Tomas de auga- Mellora de pistas de acceso- Cortalumes- Traballos silvícolas- Ordenación da vexetación combustíbel con criterios biolóxicos, ecolóxicos,sociais, evitando especies susceptibles de incendios- Reforzar a formación e educación en materia de incendios- Vixiar a "economía do lume" evitando calquera situación lucrativa

9. Receita para crear un bosque.

medios policiais e xudiciais ao respecto, pero tamén a colaboración de toda a cidadanía e a implicación do parlamen-to, do governo e de todos os poderes públicos a fín de que non tardemos en saber que intereses e intencións teñendado lugar a esta vaga de lume que acabamos de sufrir.

E comprirá logo promover un gran pacto político e social que empece apartando o lume da loita partidaria; queavance na ordena-ción racional do territorio, e que, de forma urxente, -a máis de centrar a política da loita contra olume na prevención máis que na extinción-, bote a andar unha nova política para a posta en valor do meio rural (deforma que se logre frenar, se non invertir, o despovoamento que hoxe padecemos) e unha nova política para o monteque parta de integrar as funcións ambiental, social e productiva deste, reintroducindo, por unha banda, a diversidadede usos tradicionais no monte galego e a diversidade de especies na producción forestal, e por outra abandonandopara sempre o monocultivo do pino e do eucalipto para o lume ou para as industrias de pasta de papel.

Santiago, a 20 de Agosto do 2006.

ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA

Guía para o profesorado

40 Unidade didáctica de secundaria

ORIENTACIÓNS PARA A RECOLLIDA E SEMENTEIRA:

1. Recollida das landras do xénero Quercus: farémolo en setembro e outubro. Procuraremosque non teñan puntos nin marcas de actividade de insectos. Gardarémolas nun lugar seco eonde non lles dea directamente o sol (se lles dá moito estráganse en catro ou cinco días).Asemade, recolleremos follas caídas de carballo e conservarémolas na neveira.

2. Durante setembro e outubro recolleremos envases tetrabrick e mais botellas de plásticoPET de litro e medio. As botellas cómpre cortalas para aproveitar os dous terzos contadosdesde a base. Aos tetrabrick hai que cortarlles a tapa. Cunha navalla furaremos o centro dabase dos envases. Dos dous tipos de envases, o mellor é o tetrabrick. As botellas sonaxeitadas para ver como progresa a xerminación e como van crecendo as raíces.

3. Encher os envases con terra rica en humus. Se é posíbel poñer no fondo do envase unhacapa de area de río limpa.

4. Durante outubro e novembro, ou asemade coa recolleita, seleccionaremos as mellores lan-dras. Para iso, meterémolas nun caldeiro con auga e deixarémolas de cinco a dez minutos.Aproveitaremos as que axiña vaian ao fondo e teñan boa pinta: son as mellores.Rexeitaremos as que aboien (teñen aire dentro e, polo tanto, algún burato na casca feito porinsectos, pola caída da árbore, polo sol...).

5. Plantaremos as landras en outubro e novembro. Non debemos agardar moito desde arecollida pois perden a capacidade de xerminación nunhas semanas. Poñeremos as landras,dúas ou tres por envase, a uns oito ou dez centímetros da superficie, máis ou menos a unhaprofundidade que sexa de dúas a tres veces o diámetro da landra. Protexeremos a superficieda terra cunhas cantas follas das recollidas canda as landras e que temos gardadas no frigorí-fico.

6. Cómpre deixar os envases coas sementes no exterior: é necesario o frío do inverno paraunha boa xerminación e crecemento. Así e todo, evitaremos que a terra estea enchoupada.

7. En abril ou maio, cando saian os plantóns podemos levalos ao lugar escollido para plan-talos. Agardaremos a que teñan quince centímetros ou máis de lonxitude e varias follas bendesenvolvidas.

8. Para plantalos faremos un burato no chan dun tamaño un pouco máis longo que o recipi-ente. Con coidado, cortaremos as paredes do envase e sacaremos o plantón coa terra; cóm-pre ter coidado coa raíz principal: é moi longa e estará enrolada. Lembremos que para plan-tar as nosas árbores é necesario pedirlles permiso aos donos do terreo (xuntas de montes,propietarios particulares...).

9. Ás veces é necesario protexer as árbores acabadas de plantar cunha malla para coellos.

10. Mirar para as árbores, coidalas e gozar da súa presenza

O carballo con botas existe, no outono recollemos botas vellas, facémoslles buraquiños,enchémolas de terra e pousamos dentro delas belotas, castañas.... para empregalas comoviveiros forestais. Na primavera xorden os carballos (e castiñeiros, e nogueiras) con botas,que viaxan o longo do ano polas escolas como parte do proxecto de contos medioambientais,deixando a mensaxe de que dentro do vello, da destrución, do lixo... pode xurdir a esperanza,a vida, o futuro.

Fonte: ADEGA: Operación Carballo: unha iniciativa solidaria en defensa do bosque

COMO PLANTAR UN CARBALLO

Guía para o profesorado

Unidade didáctica de secundaria 41

Nas nosas orientacións trataremos que o bosque teña un aproveitamento paisa-xístico, silvicultura, cultivo de fungos, sendeirismo sen esquecer o aproveitamen-to social.

Rexeneración= conxunto de procesos que tentan arranxar o que foi destruído,semellante a cicatrización dunha ferida.

A PRIMEIRA DAS MEDIDAS SERÁ PROTEXER O SOLO

Nas etapas de rexeneración unhas comunidades van sendo substituídas por outrasmáis adecuadas, até chegar ao equilibrio, é o que se coñece como sucesión.

Fases dunha sucesión:

1. Herbáceas: poden ser introducidas por semente manual, hidrosemente, 2. Arbustos baixos3. Matogueiras: xestas, uz...4. Especies de crecemento lento: aciñeira, castiñeiro, faia

Factores que condicionan esta rexeneración:

1. Extensión2. Grao de destrución3. Topografía4. Tipo de solo5. Clima e época do ano: a choiva e humidade favorece e o vento desfavo-rece.

TEMPO DE RECUPERACIÓN:

MATO: 2-3 ANOSARBORES:10-12 ANOS (EN CONDICIÓNS DE BOA HUMIDADE E PRECIPITACIÓNS)

O Día da Árbore, 21 de marzo, é o primeiro día de outono no Hemisferio Sur e pri-meiro da primavera no Hemisferio Norte, día ideal para que os nenos das esco-las saian plantar unha árbore ao parque e che regalen unha árbore coa prensa

RECOMENDACIÓNS DE URXENCIA PARA MONTES QUEIMADOS

17 de agosto de 2006. Coa fin dos lumes non rematan os problemas ambien-tais. Alén da perda de biomasa e de biodiversidade, prodúcese tamén unempobrecemento do chan e, coas chuvias, o lavado do horizonte superficialdo solo arrastrando grandes cantidades de sedimentos.

Esta erosión e a diminución da materia orgánica no solo, unidas á bruscainxección de materiais nas canles fluviais e nas rías, son causa de gravesimpactos mesmo en áreas alonxadas das zonas queimadas. Eis uns conse-llos para evitar estes efeitos negativos. Grazas AMIGOS DA TERRA

Guía para o profesorado

42 Unidade didáctica de secundaria

Información compilada por AMIGOS DA TERRA

Un ecosistema forestal despois dun incendio queda nunha situación moi vulnerábelfronte a calquera outra agresión humana ou ambiental. Hai unha serie de recomen-dacións que convén ter en conta para non acumular impactos sobre os ecosistemas,ante todo hai que evitar danar máis o solo, a vexetación e a fauna supervivente.

O dano causado polo incendio depende especialmente da intensidade dese lume,pero as consecuencias van a ser complexas. En relación co solo hai dous factoresimportantes:

a) A pendente do terreo, que si é moi acusada fai ao solo moi erosionábel. b) A vexetación (viva ou morta), que protexe ao solo, tanto na parte aérea,protexéndoo do impacto da chuvia, como na parte soterrada, fixando ese soloe evitando a erosión.

QUÉ PODEMOS FACER?

Evitar a erosión do solo:

-Talar o menos posíbel, só as árbores de tamaño comercial, para evitar danos aosolo.-Non talar os esqueletos do mato.

Reter o solo ao máximo. Para elo, se pode:

-Repartir palla ou virutas, en zonas sensibles, en zonas con forte pendente, enzonas próximas a cursos de auga,... -Deixar os restos forestais sobre o solo en sentido perpendicular á pendente, parafrear a escorrentía. -Poñer filtros vexetais (restos de podas, broza,...) preto das canles dos ríos, parafrear os arrastres do solo e evitar a contaminación das augas. -Favorecer a alimentación e o refuxio da fauna, que actúan como dispersantes desementes e favorecen a recuperación da vexetación.

QUE NON DEBEMOS FACER?

-Pisar as zonas queimadas, xa que se aceleraría a erosión.-Cortar árbores e romper polas, porque supoñen unha protección contra a ero-sión. -Realizar sacas de madeira de modo agresivo para o solo.-Laborear e roturar o solo. Utilizar maquinaria pesada ou agresiva co solo. -Asustar ou danar á fauna. -Pastorear demasiado pronto, para evitar os efectos do gando sobre o solo esobre a vexetación. -Finalmente, ante calquera dúbida, pódese preguntar ao axente forestal ou áConsellaría do Medio Rural cal é a normativa vixente en materia de usos dunespazo forestal incendiado.

Información avalada por:X. M. Pesqueira e M. Casal. Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía.

Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela.Agosto de 2006.

O proxecto “Non queimes o futuro”, -coordinado por Xoán Costa Casas, presidente da

AS-PG- consta dunha unidade didáctica para Primaria, unha para secundaria, unha

exposición, un audiovisual e unha guía d@ profes@r.

Coordinación do proxecto: Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Autoras: Mari Luz Blanco Fernández e Raquel Abraira Sobrado

Ilustracións: Carlos Silvar

Maquetación: Chus Freire

Depósito Legal: C-867-2007 . ISBN: 84-89679-84-3