evitemos as emocións tóxicas
TRANSCRIPT
EVITEMOS ASEMOCIÓNS TÓXICAS
P. Ignacio Larrañaga
Unha persoa realmente intelixente limpa sen cesar o seu espírito e mente. De feito, ti, cada día dedicas un momento ao aseo corporal e material, pero canto tempo consagras a limpar a túa mente e a túa
alma?
Unha lei espiritual asegura que o pensamento determina o noso comportamento.
A túa alma e mente están condicionadas por un sistema de emocións e crenzas que che convén reprogramar. Segundo a lei de
atracción, chamas á túa vida o que cres e pensas.
Se as túas crenzas e emocións son negativas, á túa vida chegará o escuro, porque iso é o que atraes,
pero se as emocións son de amor e satisfacción, a túa
mente, alma e vida se encherán de luz e paz.
Elixe limpar a túa alma de todo
o que a contamina.
A desconfianza, o medo, o rancor, a culpa, a infravaloración e o orgullo, son lixo.
En especial, necesitas ser moi coidadoso con
estas sete emocións tóxicas:
ODIO
CULPA
MEDO
RABIA
TRISTEZA
CELOS
ENVEXA.
Busca por todos os medios que o exterior, por máis horrible que pareza, non afecte o teu mundo interior.
Iso é o que logra o sabio e, por iso, permanece imperturbable cando todos se alteran.
Unha grande axuda para estar harmonizado e ter boas emocións é regalarte pausas refrescantes para relaxarte, orar e meditar.
Podes facelo en silencio ou con música serena; tamén, visualizando algo fermoso ou enfocado na túa respiración pausada.
Hai moitas formas de meditar, e unha delas é facer moi ben o que estás facendo, sen distraccións.
Vive o que fas cando comes, camiñas, les ou te bañas. Fai iso e nada máis que iso. Fagas o que hagas, faino totalmente, inmerso
no que vives e apartado de todo o demais.
Daquela, non é raro que, de súpeto, te sintas como flotando, nun estado sereno de fluír como a auga.
Parece raro, pero poucas persoas logran facer algo con toda a alma, porque a súa mente anda errática.
Mentres comen ou se bañan elas están noutro lugar, e necesitan acougar e controlar a ‘tola da casa’.
Por iso dixo un sabio: “cuando te sentes, senta;
cando camiñes, camiña;
cando ores, ora”.
Aprende a respirar, foxe do ruído e da axitación, e vive o que fas nun estado de meditación serena e sen temores.
Ao violento e ao envexoso case sempre os apresa, devora e desequilibra un gran medo. Ese medo, en
boa medida, nace dunha grande inseguridade e serios baleiros emocionais.
O agresor infunde temor, quere amosar
unha forza que non ten e, atacando, camufla a
súa debilidade e fantasmas internos.
O medo é o motor de moitas reaccións
daniñas: agresión, ira, engano, envexa, celos.
. Como amansar o temor? Recoñecéndoo, afrontándoo, amándose e buscando a paz interior.
Cando un agresor recibe amor desármase, xa que non hai antídoto máis poderoso que o amor puro.
Fai todo con amor e verás como as tempestades cálmanse e os espíritos desármanse.
Gonzalo Gallo G.
Escritor - Conferencista
Desexo que teñas
UN FERMOSO DÍA!
http://peque-semillitas.blogspot.com.ar/