etb 1, etb 3, “euskadi” e “gaztea” en navarra!! (galego)

3

Click here to load reader

Upload: nafarroasalaketa

Post on 22-Jan-2018

346 views

Category:

Social Media


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: ETB 1, ETB 3, “Euskadi” e “Gaztea” en Navarra!! (Galego)

ETB 1, ETB 3,“Euskadi” e “Gaztea”

en Navarra!!O euskera é unha lingua propia de Navarra, así recoñecido por lei (Lei Foral 18/1986, de 15 de

decembro, do éuscaro, art. 2). Malia isto, numerosos obstáculos técnicos e legais impiden a sintonización dos seguintes MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN EUSKERA, que emiten desde la Comunidade Autónoma Vasca:

-ETB 1: Só se pode ver na televisión analóxica.

-ETB 3 (televisión infantil): Non se pode sintonizar nin en dixital nin en analóxico.

Page 2: ETB 1, ETB 3, “Euskadi” e “Gaztea” en Navarra!! (Galego)

-Radio “Euskadi irratia”: Non se pode sintonizar en todos os lugares de Navarra.

-Radio “Gaztea” (radio musical para a mocidade): Non se pode sintonizar na comarca de Pamplona, onde vive a maioría de vascofalantes de Navarra.

Page 3: ETB 1, ETB 3, “Euskadi” e “Gaztea” en Navarra!! (Galego)

Velaquí un compromiso asumido por España en Europa que non se está a cumprir en Navarra:

“As Partes comprométense a garantir a liberdade de recepción directa das emisións de radio e de televisión dos países veciños nunha lingua falada de maneira idéntica ou parecida a unha lingua rexional ou minoritaria, e a non se oporen á retransmisión de emisións de radio e de televisión dos países veciños na devandita lingua.”

(Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, artigo 11.2)

En 2012, o partido político Eusko Alkartasuna instalou unha antena para que a cadea ETB 1 se puidese ver en televisión dixital na comarca de Pamplona. O Goberno de Navarra denunciounos ao Goberno de España, o cal retirou a antena e impuxo unha multa de 45.000 euros a Eusko Alkartasuna.