espaÑa e galicia en europa e no mundo · duns estados unidos de europa para acabar coas...

25
ESPAÑA E GALICIA EN EUROPA E NO MUNDO 1.- O CAMIÑO CARA A INTEGRACIÓN EUROPEA: DAS COMUNIDADES EUROPEAS Á UE A actual Unión Europea (28 membros, comprendendo un espazo de 4´38 millóns de Km2), é o resultado dun longo proceso de integración supranacional que se foi afondando e ampliando. a) Os primeiros pasos cara a construcción de Europa comezaron trala Segunda Guerra Mundial. En 1946 o británico Winston Churchill declarouse a favor da creación duns Estados Unidos de Europa para acabar coas rivalidades entre países, coordinar as súas economías e formar unha terceira potencia mundial fronte aos EEUU e a URSS. b) Nos años 50 e 60, cos Tratados de París (1951) e de Roma (1957) puxéronse as bases da integración económica. •No Tratado de París creouse a CECA (Comunidad Europa do carbón e o aceiro) un mercado común do carbón e do aceiro integrado polo Benelux (Bélxica-Países Baixos-Luxemburgo) Francia, a República federal alemá e Italia. •No tratado de Roma os estados da CECA acordaron a creación da CEE e o Euratom •A CEE (Comunidade económica europea) establecía o mercado único e a libre circulación de persoas, mercadoría, servizos e capitais entre os membros. Tamén creaba unha política común agrícola e de transportes e preveía coordinar as políticas económicas e sociais. •O EURATOM (Comunidade Europea de enerxía Atómica) pretendía desenvolver a investigación e a industria nuclear con fins pacíficos e crear un mercado común de combustibles nucleares. A CECA, a CEE e o EURATOM constituíron as Comunidades Europeas e integraron as súas institucións. c) Nos años 70 continuou a construcción europea. A comunidade ampliouse polo norte, coa adhesión de Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido en 1973 e creáronse institucións para coordinar a política exterior (a CPE ou Cooperación Política Europea) e para estabilizar os tipos de cambio (o SME ou Sistema Monetario Europeo). d) Nos años 80 a Comunidade ampliouse cara o sur, primeiro co ingreso de Grecia (1981) e máis tarde cos de España e Portugal (1986). Tamén entrou en vigor a Acta Única Europea (1987), que reformou por primeira vez os tratados fundacionais e substituiu o nome de CEE polo de CE (Comunidade Europea). Os seus obxetivos principais eran: •Unah reforma institucional que aumentase o poder do Parlamento Europeo, ata entón unha cámara consultiva onde as resolucións carecían de forza. Para isto, estableceuse un sistema de cooperación lexislativo co Consello de Ministros.

Upload: tranque

Post on 17-Dec-2018

222 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ESPAÑA E GALICIA EN EUROPA E NO MUNDO

1.- O CAMIÑO CARA A INTEGRACIÓN EUROPEA: DAS

COMUNIDADES EUROPEAS Á UE

A actual Unión Europea (28 membros, comprendendo un espazo de 4´38

millóns de Km2), é o resultado dun longo proceso de integración supranacional que se

foi afondando e ampliando.

a) Os primeiros pasos cara a construcción de Europa comezaron trala Segunda

Guerra Mundial. En 1946 o británico Winston Churchill declarouse a favor da creación

duns Estados Unidos de Europa para acabar coas rivalidades entre países, coordinar as

súas economías e formar unha terceira potencia mundial fronte aos EEUU e a URSS.

b) Nos años 50 e 60, cos Tratados de París (1951) e de Roma (1957) puxéronse

as bases da integración económica.

•No Tratado de París creouse a CECA (Comunidad Europa do carbón e o aceiro)

un mercado común do carbón e do aceiro integrado polo Benelux (Bélxica-Países

Baixos-Luxemburgo) Francia, a República federal alemá e Italia.

•No tratado de Roma os estados da CECA acordaron a creación da CEE e o

Euratom

•A CEE (Comunidade económica europea) establecía o mercado único e a libre

circulación de persoas, mercadoría, servizos e capitais entre os membros. Tamén creaba

unha política común agrícola e de transportes e preveía coordinar as políticas

económicas e sociais.

•O EURATOM (Comunidade Europea de enerxía Atómica) pretendía

desenvolver a investigación e a industria nuclear con fins pacíficos e crear un mercado

común de combustibles nucleares.

A CECA, a CEE e o EURATOM constituíron as Comunidades Europeas e

integraron as súas institucións.

c) Nos años 70 continuou a construcción europea. A comunidade ampliouse polo

norte, coa adhesión de Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido en 1973 e creáronse

institucións para coordinar a política exterior (a CPE ou Cooperación Política Europea)

e para estabilizar os tipos de cambio (o SME ou Sistema Monetario Europeo).

d) Nos años 80 a Comunidade ampliouse cara o sur, primeiro co ingreso de

Grecia (1981) e máis tarde cos de España e Portugal (1986). Tamén entrou en vigor a

Acta Única Europea (1987), que reformou por primeira vez os tratados fundacionais e

substituiu o nome de CEE polo de CE (Comunidade Europea). Os seus obxetivos

principais eran:

•Unah reforma institucional que aumentase o poder do Parlamento Europeo, ata

entón unha cámara consultiva onde as resolucións carecían de forza. Para isto,

estableceuse un sistema de cooperación lexislativo co Consello de Ministros.

•A plena realización do mercado único comunitario en 1993

•Unha reducción das diferenzas de desenvolvemento entre os membros,

necesaria para o bo funcionamento do mercado único. Con este fin duplicouse a cuantía

dos fondos estruturais destinados ás rexións májs atrasadas.

Os tratados comúns son acordos vinculantes que fixan os obxectivos da UE e a

súa relación cos estados membros. Co tempo, os tratados fundacionais modificáronse

para preparar a incorporación de novos membros, aumentar a eficacia das institucións,

ou introducir novos ámbitos de cooperación.

e) Os años 90 estiveron marcados polos seguintes feitos:

•En 1992 asinouse o Tratado de Mastricht, que entrou en vigor en 1993, polo cal

a CE cambiaba o seu nome polo de Unión Europea (UE), e establecíanse os seus tres

piares básicos: a Comunidade Europea, que pretende lograr a unión económica e

monetaria e avances significativos en política social; a política exterior e de seguridade

común (PESC), e a cooperación nos ámbitos da xustiza e asuntos de interior.

•En 1993 implantouse o mercado único de forma definitiva

•1995 a UE ampliouse coa adhesión de Austria, Suecia e Finlandia

•En 1997 asinouse o Tratado de Ámsterdam, que entrou en vigor en 1999. De

acordo coo previsto, avaliou e revisou o Tratado de Maastricht, consolidando os seus

tres piares, pero incidindo na necesidade de lograr unha Europa máis democrática e

social ou próxima aos cidadáns.

Ademáis, admitía que a diversidade entre os membros aumentará coas novas

ampliacións e a posibilidade de que non todos quixeran ou puideran progresar ao

mesmo tempo. Por isto permitía as cooperacións reforzadas, é dicir, que un grupo

avance á velocidade superior no proceso de integración e que os membros máis

atrasados puideran incorporarse no seu momento aos países que van en cabeza.

•En 1997 aprobárase tamén a Agenda 2000, un documento da Comisión que

marcaba tres obxetivos para principios do século XXI:

-O fortalecemento da Unión. Supoñía reformas institucionais, previas á

ampliación; o desenvolvemento e reforma das políticas internas; e o incremento da

cohesión, mantendo e reformando os fondos estruturais e o fondo de cohesión.

-A ampliación da UE. Afectaba a varios países de Europa central e oriental, do

antigo bloque comunista (no 2004-2005, a entrada dos países bálticos, Polonia,

Chequia, Eslovaquia, Eslovenia, Hungría, mentres que Romanía e Bulgaria ingresaron

no 2007, aumentaron a 27 os socios da UE). As condicións para o seu ingreso (criterios

de Copenhague ) eran: institucións estables que asumiran a democracia parlamentaria, o

Estado de dereito, os dereitos humanos e a protección das minorías, unha economía de

mercado en funcionamento, capaz de competir dentro do mercado único, e a capacidade

de asumir o acervo comunitario u obligacións dos membros.

-O financiamento das políticas internas da Unión y da ampliación. Os

orzamentos para o período 2000-2006 reducían as cantidades destinadas a accións

estruturais a á política exterior, e creaban un novo capítulo para financiar o proceso de

adhesión dos candidatos que solicitaran ingresar na UE, que necesitaban fortes

investimentos para adaptar a súa economía á comunitaria.

MODIFICACIONES DE LAS INSTITUCIONES EUROPEAS

ESTABLECIDAS POR EL TRATADO DE NIZA

(diciembre de 2000)

En el Consejo de Ministros:

Se ponderan los votos de cada Estado para hacerlos más proporcionales a su

volumen demográfico: los grandes los multiplicarán por 2’9 (pasan de 10 a 29) y

los demás por una media de 2’4, por lo que ahora hay menos desequilibrio entre

población y votos (170 para los grandes y 175 par a os pequeños) España tendrá

27 votos (multiplica los que tenía por 3’37)

•Aumenta el porcentaje de los votos par la mayoría cualificada: del total de

votos en el Consejo, un mínimo de 73’9% en la Europa ampliada, frente al 71’2%

en la Europa de los 15.

•La suma de votos para bloquear las decisiones será en el futuro de 91 de un

total de 345, frente a los 26 de 87 en la Europa de los 15. España necesitará el

apoyo de dos países grande y uno mediano para bloquear decisiones.

La Comisión Europea variará su estructura a partir de 2005: los cinco

grandes países, que cuentan actualmente con dos comisarios, perderán el

segundo, y cada Estado que se incorpore tendrá uno. Cuando haya 27, se decidirá

la cifra definitiva, que será inferior a 27. el Presidente de la Comisión será elegido

por los estados miembro por mayoría (no por unanimidad como hasta ahora) y

tendrá más poderes sobre los comisarios; también nombrará varios

vicepresidentes.

El Parlamento Europeo, tras la ampliación, tendrá 732 escaños (frente a los

626 de la Europa de los Quince), lo que supone que los quince miembros actuales

contarán con menos parlamentarios. España tendría 50, frente a los 64 actuales.

f) En 2001 asinárase o novo Tratado de Niza, que unha vez aprobado polos

miembros, substituiu ao de Ámsterdam. Os seuus principais acordos foron os seguintes:

•A aprobación dalgunhas reformas institucionais para asegurar o funcionamento

da Unión tralas últimas ampliacións.

•A consolidación da cooperación reforzada. Esta podería darse co acordo de 8

países, sen que ningún outro poidera vetala, incluso no terreo da política exterior e de

seguridade común (aínda que non en cuestións con implicacións militares ou defensa).

Sen embargo, as cuestións más problemáticas aplazáranse ao 2004, ano no que

tería lugar unha profunda reforma da UE.

Por outra banda, no 2013, o ingreso de Croacia elevaría a 28 o número total de

membros da UE na actualidade (2016).

A REFORMA DE 2004

Ademáis da consolidación das políticas internas, a UE aprobou unha importante

reforma no 2004. O tratado de Niza aplazaba para esa data a solución de importantes

problemas de futuro. Entre ellos destacaban:

•A simplificación dos tratados e dos textos legais da UE

•A reforma das institucións con vistas a un funcionamento máis eficaz,

transparente e democrático

•O encaixe xurídico da Carta dos Dereitos fundamentais

•A organización política da Unión. A proposta máis aceptada era a dunha

federación de estados nacionais que transfirieran unha aparte da súa soberanía á Unión.

Por primeira vez propoñíase que esta federación tivera unha Constitución, á que podería

incorporarse a Carta de Dereitos Fundamentais.

•A clarificación do reparto de competencias entre as institucións europeas e os

estados comunitarios

•A fórmula de participación dos parlamentos nacionais nos asuntos comunitarios

•A ampliación da Unión cara o leste (como se comentou máis arriba) e a

reflexión sobre as súas fronteiras xeográficas definitivas.

•O papel da UE no mundo e o avance na política exterior e de defensa

comunitarias

Na actualidade (2016), rexe o Tratado de Lisboa (2009), que modificara o Tratado de

Maastricht (1992) polo que se creara a UE, para clarificar as competencias da UE e

mellorar o funcionamento das institucións, a democracia, a integración e a presenza da

UE no exterior.

2.- INSTITUCIÓNS PRINCIPAIS DA UE

As institucións fundamentais da UE garanten o funcionamento daquela:

a) O Consello Europeo. Fixa as orientacións xerais. Está constituido polos

Xefes de Estado ou de goberno dos países membros e o presidente da Comisión. As

funcións son impulsar o desenvolvemento da Unión, definir as liñas xerais de política

económica e social, e facer declaracións de especial importancia para a política exterior.

b) O Consello de Ministros. Está formado polos ministros de Asuntos

Exteriores dos estados membros, aínda que para temas específicos asiste o ministro

correspondente. A súa presidencia é semestral e rotatoria. O número de votos de cada

Estado no Consello é proporcional ao seu volume demográfico (Tratado de Niza). As

funcións do Consello son executivas: decidir sobre as leis propostas pola Comisión e

sobre as actividades relativas aos tres principios da Unión e elaborar o orzamento. As

decisións adóutanse por unanimidade, maoría cualificada, ou maioría simple. Para

mellorar a súa eficacia aumentaron as decisións para as que basta unha maioría

cualificada, aínda que menos do que se desexase, e mantivese o veto para os asuntos

máis sensibles.

c) A Comisión Europea. Propón as leis e supervisa o cumprimento da

lexislación, os tratados e os programas europeos. Está formada por un presidente e

varios comisarios, cada un dos cuales ocúpase dunha área da política comunitaria

durante cinco anos. As funcións da Comisión son tamén xestionar o orzamento.

O reparto de competencias entre a Comisión e os estados membros ríxense polo

principio de subsidiariedade, que pretende que as decisións que non corresponden

exclusivamente á UE sexan adoutadas polas autoridades máis próximas á cidadanía.

d) O Parlamento Europeo. Representa aos pebos da Unión. Está formado por

parlamentarios, elixidos por sufraxio universal cada cinco anos, que se reparten en

función da poboación do país. Actualmente son 751. No Parlamento están

representadas as principais correntes políticas, que se sentan no hemiciclo por grupos

ideolóxicos, nno por países. As súas funcións ampliáronse moito, aínda que non chegan

á dos parlamentarios nacionais: participa na lexislación comunitaria (mediante o

procedemento de codecisión co Consello de Ministros e as enmendas á lexislación);

controla á Comisión e ao Consello de Ministros (recibe informes das súas actuacións e

pode propoñer mocións de censura á Comisión, que , de aprobarse, obrígana a demitir) e

aprueba, modifica e/ ou enmenda o orzamento.

e) O tribunal de Xustiza. Está formado por un xuíz de cada país máis un

rotatorio, designados polos estados membros durante seis aos. A súa función consiste en

supervisar e garantir a aplicación dos tratados e resolver as disputas relativas ás leis comunitarias. As súas sentenzas son vinculantes para todos os estados membros.

f) O Tribunal de contas. Comproba que a Unión inviste o seu diñeiro de acordo

cos orzamentos e fins establecidos.

As institucións de carácter consultivo son:

g) O Comité Económico e Social. Está formado por 222 membros e ten

funcións consultivas sobre leis e temas económicos e sociais.

h) O Comité das Rexións. Proxecta o desexo de respetar as identidades

rexionais e de facelas participar na política da Unión. Está formado por 222 membros,

que exercen funcións de goberno próximas á cidadanía (a maioría son presidentes

rexionais ou alcaldes). O Comité debe ser consultado en certos asuntos, como redes

transeuropeas, saúde pública, educación, cultura e política rexional.

As institucións monetarias e financeiras da UE son:

i) O Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC)

j) O Banco Europeo de Investimentos (BEI). Concede préstamos a longo

prazo e baixo interese ás rexións máis desfavorecidas, e axuda á política de

cooperación da Unión con terceiros países.

3.- PERSPECTIVAS E RETOS DE FUTURO DA UE

As perspectivas e retos de futuro da UE son a consolidación e o fortalecemento

das súas posibilidades e das súas políticas internas, e o novo panorama derivado da crise

dos refuxiados e do chamado brexit ( a próxima saída do Reino Unido da UE)

2.1- A CONSOLIDACIÓN E O FORTALECIMIENTO DAS SÚAS POLÍTICAS

INTERNAS

As políticas común afectan a diversos ámbitos, como o medio ambiente, a xustiza e

asuntos de interior, a política exterior, agricultura e pesca, comercio, redes

transeuropeas de transporte e política rexional.

a) a política económica: a UEM

O obxectivo é a consolidación da Unión Económica e Monetaria (UEM).

•A unión económica supón a converxencia económica entre os membros e a

estabilidade económica. Ambas mídense polo cumprimento de diversos criterios

establecidos no Tratado de Maastricht de 1992, marcando como requisito

imprescindible para entrar na UEM (estabilidade de prezos e de tipos de cambio e

baixos niveis de déficit, débeda pública e tipos de interese).

•A unión monetaria supuxo a entrada en vigor na eurozona da moeda única o chamado euro no ano 2002. As súan vantaxas son o aforro, ao evitarse os cambios de

moeda e unha maior estabilidade monetaria. Tamén establecíase un Sistema Europeo de

Bancos Centrais (SEBC), que sustituiu ao Sistema Monetario Europeo desde 1999. Está

formado polo Banco Central Europeo que deseña a estratexia monetaria e decide sobre

os tipos de interese e os bancos centrais dos países participantes, que levan á práctica a

política do Banco Central Europeo.

O proceso cara a UEM iniciouse en 1990; en 1998 integráranse Alemaña,

Austria, Benelux, España, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia e Portugal; ao ano seguinte

as súas moedas quedaran axustadas entre sí de maneira irreversible; en 2001 uniuse

Grecia; e desde xaneiro de 2002 as moedas nacionais substituíronse plo euro. Quedan

fóra da UEM Dinamarca, o Reino Unido e Suecia, que decidiron non participar, aínda

que cumpren os criterios de converxencia. Unha vez culminada a UEM, o mantemento

da estabilidade económica segue sendo un obxectivo. Por iso os países participantes

subscribiron en 1988 o PEC (Pacto de estabilidade e crecemento), polo que se

comprometían a que a inflación non superara o 2% e a que o déficit no rebasase o 3%

do PIB, presentándose sancións para os países con déficit persistentemente alto.

b) A política social da UE

A Unión Europea pretende achegar os logros da integración á vida cotiá dos seus

cidadáns mediante unha política social que mellore o seu beneficio e a súa calidade de

vida. Aínda que de momento non existe unha política social común, lográronse algúns

avances:

•A elaboración da Carta de Dereitos Fundamentales que compendia os valores e

dereitos dos cidadáns europeos.

•A protección dos máis desfavorecidos por motivos económicos, de idade, sexo,

ou estado de saúde (xente xove sen emprego, anciáns, mulleres traballadoras,

minusválidos) dos emigrantes, e das áreas perxudicadas pola crise económica e a

reconversión industrial.

•A mellora das condicións laborais (con directrices sobre hixiene e seguridade

no traballo, formación profesional, reciclaxe laboral) e a creación dun pacto para o

fomento do emprego.

•A protección dos consumidores mediante o establecemento da libre

competencia e a desaparición de monopolios, e a regulación dos produtos (fabricación,

calidade, seguridade, información e publicidade).

•A adopción de medidas sobre educación (intercambios de estudantes e

profesorado, recoñecemento das titulacións, fomento do estudo dos idiomas

comunitarios, proxectos de cooperación de universidade-empresa) e medidas sobre a

investigación científica (investigacións comúns en ciencia e tecnoloxía)

c) A política de xustiza e de asuntos de interior da UE:

Os obxectivos desta política son os seguintes:

•O impulso da cidadanía europea. Supón que todo cidadán dun estado da Unión

Europea é tamén cidadán de toda a UE. Isto lle permite a libre circulación e residencia,

votar e presentarse ás eleccións municipais e europeas no Estado no que reside; os

dereitos de petición ante o Parlamento Europeo, de presentar reclamacións ao Defensor

del Pobo e de recibir asistencia diplomática de calqueira estado membro en terceiros

países onde o seu país non estea representado.

•A plena consecución da libre circulación de persoas. Con este fin todos os

membros, agás o Reino Unido e Irlanda, suscribiron o acordo Schengen para suprimir

progresivamente os controis sobre as persoas que crucen as súas fronteiras comúns.

•A adopción de medidas encamiñadas a evitar que a libre circulación favoreza

problemas como a delincuencia, o terrorismo, o narcotráfico e as redes de inmigración

clandestina. Entre estas medidas destacan a creación de Europol (Oficina Europea de

Policía); a toma de acordos comúns sobre o asilo e inmigración; actuacións contra a

criminalidade, e o blanqueo de diñeiro, e medidas para fomentar a cooperación policial

e xudicial (como a creación de Europa xusta para a coordinación entre as fiscalías e o

recoñecemento mútuo de sentenzas).

d) A política Exterior e de Seguridade Común (PESC)

Os obxectivos da PESC son a defensa dos intereses, a independencia e a

seguridade da Unión; o fortalecemento da paz, a seguridade e a cooperación

internacional, e o desenvolvemento da democracia e dos dereitos fundamentais.

Existe un consenso xeral de non forzar o ritmo de consecución destes

obxectivos, xa que a política exterior e, sobre todo a de defensa sen asuntos nos que os

estados membros son especialmente celosos da súa soberanía. De todas formas, o

obxectivo é que estes temas vaian pasando gradualmente a ser competencia comunitaria.

A seguridade e a defensa da Unión contempla a posibilidade de establecer un

futuro exército común, pero isto non se poderá crear sen a aprobación de cada Estado

membro. Actualmente a defensa comunitaria corresponde á UEO (Unión Europea

Occidental), organización defensiva exclusivamente europea, na que participan os

estados socios como membros ou observadores.

A política exterior pretende que a Unión adopte posicións e accións comúns ante

os grandes acontecementos internacionais. Ante o fracaso das primeiras experiencias

(antiga Iugoslavia, Oriente Medio) que incidiron negativamente na imaxe da UE no

mundo, adoutáronse as seguintes medidas:

•Crear un Alto representante da PESC, co fin de dar coherencia e sensibilidade

ás accións exteriores da Unión.

•Implantar unha unidade de planificación política e alerta rápida para prever as

crises e actuar a tempo con máis eficacia.

•Permitir unha maioría cualificada de países para realizar accións comúns

humanitarias, diplomáticas ouu militares. Ningún membro verase obrigado a participar

nelas, pero tampouco poderá impedilas.

•Crear estratexias comúns para cada rexión mundial que inclúen a celebración

periódica de cumios destinadas a fomentar as relacións institucionais, económicas e

culturais. Os máis destacados teñen lugar cos países do contorno mediterráneo, con

Latinoamérica, con Asia e con África. Ademáis intensifícanse relacións con países do

centro e leste de Europa, con Rusia e cos Estados Unidos.

A política de cooperación exterior ao desenvolvemento e axuda humanitaria é

outra importante faceta da política exterior da UE. Os Convenios de Lomé, asinados ata

2005 con 70 países en vías de desenvolvemento da África Subsahariana, do Caribe e do

Pacífico, concedían exencións aduaneiras para acceder ao mercado comunitario sen

esixir reciprocidade. Na Axuda Oficial ao Desenvolvemento a UE compromentérase a

incrementar a súa cuantía ata o 0’39 do PIB no 2006 e a unha maior apertura do seu

mercado aos produtos dos países menos adiantados; en axuda humanitaria, a UE é a

maior doante do mundo.

2.2- Prioridades cara o futuro inmediato

As prioridades comúns para o período 2010-2020 recóllense no documento Europa

2020. Proponse acadar un crecemento intelixente desenvolvendo o coñecemento e a

innovación; sostible, conxugando o aumento da competitividad eco uso eficaz dos

recursos e a protección medioambiental; e integrador, fomentando o emprego e a

cohesión social e territorial, evitando a exclusión social e as disparidades espaciais.

En canto aos retos e problemas máis preocupantes, a destacar:

As diferenzas entre os europeístas (partidarios dunha maior integración e cesión de competencias dos estados a favor da UE) e os euroescépticos (reacios a ceder

máis competencias á Unión ou, incluso, de abandoar aquela, como no caso

recenté do Reino Unido no 2016), o que fai que o proceso de integración política

pase por momentos de avances e de crise.

O lento avance dunha política exterior e de seguridade en común, feito que se

complicou coa crise actual de refuxiados polos conflitos en Siria e noutros

países, e a importante ameaza do terrorismo yihadista.

NATURALEZA E MEDIO NA UNIÓN EUROPEA

1.- O RELEVO

Como resultado da súa historia xeológica, Europa posúe diversas unidades

morfoestructurais.

a) O escudo báltico ou fenoscándico ocupa gran parte de Finlandia e Suecia e o

extremo NO de Escocia. É unha superficie plana moi erosionada que corresponde a

unha cordilleira precámbrica arrasada pola erosión, que desde entón permaneceu

estable.

b) Os zócalos, macizos e cuncas sedimentarias:

Os zócalos son superficies planas que resultan do arrasamento pola erosión das

cordilleiras levantadas en dúas oroxéneses da Era Primaria (caledonia e herciniana).

Estes zócalos fracturáronse pola presión de oroxéneses posteriores, que levantaron

algúns bloques (macizos antigos) e afundiron outros (cuncas sedimentarias)

Os macizos antigos presentan formas suaves: os caledonianos son os Montes

Escandinavos; os macizos do SO de Irlanda e de Gales (Montes Cámbricos). Os

macizos hercinianos localízanse en Gran Bretaña (Cadena Penina e Cornualles),

Bélxica (Árdenas); Alemaña (Selva Negra, Macizo Xistoso-Renano e Selvas de

Thüringen e Bohemia); Francia (Vosgos, Macizo Central e Macizo Armonicano); e

España.

As cuncas sedimentarias son hoxe relevos chans. As caledonianas foron

recubertas polo mar (mar do Norte e mar de Irlanda) o enchéronse con sedimentos

(Terras Baixas escocesas). As cuncas hercinianas atópanse en Londres, París, Alemaña

(fosa do Rhin) e España (Douro y Texo-Guadiana).

c) As cordilleiras alpinas e as depresións prealpinas formáronse na Era Terciaria,

a raíz da oroxénese alpina.

As cordilleiras alpinas, no sur da UE, xurdiron polo pregamento dos materiais

depositados nas fosas oceánicas do mar de Tethis (antigo mar Mediterráneo) ao chocar a

placa africana coa europea. (Béticas, Pirineos, Alpes, Apeninos, Pindo).

As depresións prealpinas, a ambos lados das cordilleiras alpinas, cubríronse de

pedras calcarias e arxilas e hoxe son relevos horizontais percorridos por grandes ríos

(Guadalquivir, Ebro, Aquitania e Po)

d) As chairas do norte da UE deben as súas formas actuais ás oscilacións

climáticas do Cuaternario: as costas resultan das transgresións e regresións mariñas e as

do interior dos sucesivos avances e retrocesos do casquete glaciar.

e) As illas volcánicas, como Canarias, Azores e Madeira, formáronse na Era

Terciaria a partir de emisións volcánicas xurdidas das fracturas abertas no océano pola

oroxénese alpina.

2.- AS PAISAXES BIOCLIMÁTICAS DA UE

Na UE pódense distinguir diversas paisaxes naturais en función das súas

características climáticas, vexetais e hídricas.

a) Paisaxe oceánica: exténdese polas Illas británicas e a costa occidental europea, penetrando profundamente cara o leste e surleste do continente.

O clima dos territorios máis abertos á influencia do atlántico é oceánico típico e

progresivamente máis continental cara o interior ao diminuir a influencia do océano (as

precipitacións redúcense a 700-500 mm anuais e presentan máximo estival; pola súa

parte, a amplitud térmica elévase, superando os 18˚C)

•A vexetación predominante é o bosque caducifolio, a landa e as pradeiras. Cara

o norte dá paso a grandes extensións pantanosas de herba e brións (turbeiras) e cara o

interior, ao bosque de coníferas.

•Os ríos son longos e presentan réxime pluvial oceánico, con caudal abondante e

regular que permite aproveitalos para a navigación e a producción hidroeléctrica (Sena,

Loira, Mosa e Rhein)

b) A paisaxe mediterránea ocupa o espazo máis meridional da UE.

•O clima é mediterráneo, con precipitacións escasas e seca estival. A súa

amplitude térmica é baixa na costa (16-18 ˚ C) e elevada no interior (superior a 18˚C).

•A vexetación dominante é o bosque perennifolio e os matorrais.

•Os ríos son curtos e salvan fortes pendentes. O seu réxime é fluvial

mediterráneo, con caudal reducido e irregular (máximos equinocciais e estiaxe estival),

sendo frecuentes as inundacións

c) A paisaxe continental e subártica exténdese por gran parte de Suecia e

Finlandia, que quedan ao abrigo do Atlántico pola barreira dos Montes escandinavos.

• O clima presenta precipitacións escasas (300-600 mm ao ano), con máximas en

verán e mínimas en inverno, por influencia do anticiclón polar. A amplitude térmica é

elevada.

•Na vexetación imponse o bosque de coníferas (pinos, abetos e abedules). Cara o

norte dá paso á taiga (bosque boreal de coníferas con árbores pequenas separadas e

abondantes liques) e ás turbeiras sobre o relevo plano dos escudos.

•Os ríos teñen réxime nivo-pluvial ou nival con mínimo en inverno (auga retida

en forma de neve) e augas altas en primavera (desxeo). Nesta zona son frecuentes os

lagos de orixe glacial.

d) Outras paisaxes de menor extensión son as siguintes:

•A paisaxe de clima ártico, nos extremos norte de Suecia e Finlandia. A

temperatura nunca sube de 0 C . A vexetación predominante é a tundra, formada por

brións.

A paisaxe de montaña domina nos macizos antigos e cordilleiras alpinas, con

precipitacións por enriba dos 1000mm anuais e as temperaturas medias anuais son

inferiores a 10 C. A vexetación gradúase en pisos: bosque, matorral e prados. A grandes

alturas existen lagos glaciais de circo e val.

A paisaxe subtropical de Canarias, Azores e Madeira conta cunha vexetación

orixinal, con especies propias, debido á súa insulariedade.

3.- SITUACIÓN DO MEDIO NA UE

a) Entre os problemas ambientais da UE destacan a contaminación atmosférica

das zonas máis densamente poboadas e industrializadas (norte de Renania e Westafalia

en Alemaña; os arredores de París e Londres ; Yorkshire e o NO de Inglaterra); a

deforestación, contaminación e erosión do solo na área mediterránea; a contaminación e

sobreexplotación dos ríos e acuíferos, polos verquidos industriais e urbanos, e as obras

realizadas para a navigación fluvial, a obtención de electricidade, o rego, o

establecemento e o control das inundacións (Rhein, Sena, Ródano, Po); a contaminación

da auga mariña de esteiros, portos e costas máis poboadas, agravadas polas mareas

negras que sofren as situadas nas zonas de paso dos grandes petroleiros (costa galegas,

Bretaña e o Canal da Mancha) e o aumento dos residuos sólidos e urbanos, que xeran

problemas de almacenamento, tratamento e contaminación.

b) A política ambiental da UE trata de resolver estes problemas mediante as

seguintes actuacións:

•A coordinación das políticas ambientais dos estados membros mediante os

Programas de Acción Ambiental.

•A conservación dos espazos naturais da UE (Rede Natura 2000)

•A prevención da degradación mediante o estudo previo do impacto ambiental

dos proxectos. Este sistema prefírese ao da reparación do dano causado; aínda que se

mantén o principio de “quen contamina paga”, que supón o abono dunha sanción.

•A promulgación de normas respeto aos diversos problemas ambientais. O seu

incumprimento provocou algunhas sentenzas condenatorias polo Tribunal de Xustiza

Europeo.

•Os programas de investigación para a protección do medio.

•A utilización racional dos recursos modificando os actuais modos de produción,

e integrando a dimensión ambiental en todas as políticas comunitarias e na opinión

pública, mediante a educación, a información e as campañas de sensibilización.

•A adopción de mediadas internacionais para superar os problemas ambientais.

A UE inclúe cláusulas de protección do medio en acordos con terceiros países, e

participa en acordos internacionais proteccionistas (Protocolos de Montreal, Kioto e

París).

•A concesión de fondos destinados á mellora do medio.

TRAZOS SOCIOECONÓMICOS DA UE

1.- A POBOACIÓN DA UE

A UE conta cunha poboación de 507 millóns de habitantes (2016). Os trazos que

a caracterizan son os seguintes:

a) Distribución desigual

A zona máis densamente poboada, denominada “dorsal europea” exténdese

desde o SE de Inglaterra ao NO e Italia, grazas ao desenvolvemento do comercio desde

a Idade Media e á posterior industrialización, que atraiu poboación e permitiu crear

aglomeracións urbanas e servizos. Desde aquí a poboación prolóngase polos eixes que

percorren o val do Po e o litoral mediterráneo. Este último benefíciase do

desprazamento de poboación e emprego ocasionado pola crise dalgunhas antigas

rexións minerais e industriais (reconversión da siderurxia).

A partir deste eixe, a densidade diminue progresivamente, elevándose so en

áreas dispersas (litoral atlántico, Terras Baixas escocesas) o en cidades illadas

(xeralmente as capitais estatais). As densidades máis baixas corresponden ás zonas

árticas e de montaña; e ás de recursos naturais escasos (interior das penínsulas ibérica e

helénica).

b) Escaso crecemento natural da poboación

O crecemiento natural da maioría dos países da UE atópase estancado ou en

regresión, debido ás súas baixas taxas de natalidade no ámbito mediterráneo (España,

Italia , Grecia) debido ao intenso descenso que experimentaron desde 1975. As taxas de

mortalidade máis elevadas corresponden aos países máis envellecidos (Reino Unido e

Alemaña)

c) Crecente presión migratoria desde países extracomunitarios

Desde a crise de 1975 aumentaron as migracións procedentes dos países

extracomunitarios (África, antigos dominios coloniais e Europa do leste). Estas afectan

a case todos os seus membros, pois o peche de fronteiras dos países con maior tradición

inmigratoria incrementou a presión sobre o flanco sur da UE, especialmente sobre

España e Italia. Isto fixo necesario avanzar no proceso de harmonización das políticas

de inmigración, iniciado no Cumio de Tampere (1999), situación agravada pola crise de

refuxiados e emigrantes procedente dos conflitos do Próximo Oriente nos últimos anos.

d) Estrutura avellentada e terciarizada

O avellentamento débese á caída da fecundidade e ao incremento da esperanza

de vida. Non obstante, existen diferenzas entre países con máis peso na poboación nova

(Irlanda) e países moi avellentadosdos (España, Alemaña e Bélxica).

A terciarización da poboación activa é xeral, aínda que con diferenzas entre

países (71% en Países Baixos e 50% en Portugal).

2.- UNHA INTENSA URBANIZACIÓN

Desde o punto de vista urbano a UE caracterízase por:

a) Existen elevadas taxas de urbanización (o 77% da poboación reside nas

cidades) e a densidade urbana é elevada. Os núcleos de máis de 10000 habitantes están

separados por unha media de 13 km).

b) Predominan as cidades pequenas e medianas, aínda que existen tres grandes

aglomeracións urbanas. Estas formáronse a partir da implantación nelas da industria

moderna, que provocou primeiro o crecemento do seu núcleo central e despois o da súa

periferia. Actualmente experimentan unha desconcentración de actividades económicas

e residenciais cara as periferias cada vez máis extensas e difusas e a concentración no

centro das actividades de maior rango.

c) A diagonal E-SE de Inglaterra- NO de Italia, especialmente en torno ao Mar

do Norte. Ao leste da diagonal as aglomeracións sucédense de maneira regular; ao oeste

as maiores densidades localízanse nas costas do Mediterráneo, mentres que no interior

destacan só as capitais nacionais.

d) As cidades constituen un sistema no que cada unha ocupa unha posición

xerárquica dependendo do seu tamaño, e sobre todo das súas funcións e da amplitude da

súa área de influencia. A función de maior rango é a internacional e a reteñen as

cidades con maior accesibilidade ao exterior mediante transportes rápidos e

telecomunicacións; con sedes de empresas multinacionais e institucións internacionais;

centros de turismo; economía diversificada e servizos de calidade.

De acordo con isto, establécese unha xerarquía en tres niveis: metrópoles

(cidades destacadas polo seu peso internacional, localizadas no espazo central europeo

,como as metrópoles mundiais de Londres e París) ;cidades medias (concentran as novas

tecnoloxías ; actividades económicas e residenciais procedentes de grandes cidades

próximas; actividades especializadas; ou a capitalidade de áreas rurales) e cidades

pequeñas, que tenden a diminuir o seu peso, agás as que contan con actividades moi

especializadas.

O sistema urbano da UE artéllase en torno a varios eixes:

•O eixe máis dinámico é a gran dorsal que se extende desde o SE de Inglaterra

ao NO de Italia, formando unha megalópole. O seu centro de gravidade é o triángulo

Londres-París-Bruxelas. En relación con este eixe, o sistema de cidades español ocupa

unha posición periférica.

•O eixe mediterráneo percorre a costa desde o mar e ramifícase cara o val do

Ebro e Madrid. Desde 1985 rexistra un alto crecemento e importantes investimentos,

debido ás deseconomías de aglomeración dos espazos centrais e factores ambientais

favorables. As cidades españolas máis dinámicas localízanse neste eixe (Madrid e

Barcelona).

•O eixe atlántico ou finisterrano abarca desde o oeste de Gran Bretaña a

Portugal, incluindo as cidades españolas do Cantábrico e Galicia. Son urbes con escaso

dinamismo; desconectadas física e funcionalmente; nuns casos en expansión e noutros

en declive.

•Os espazos continentais do interior de España e Francia contan con cidades

desartelladas e tendentes á desactivización aínda que existen algunhas metrópoles

medias (Tolouse, Valladolid).

•As periferias ou “sures” incluen o sur das tres penínsulas mediterráneas. Son

espazos pouco desenvolvidos e integrados no sistema urbano europeo. Están

constituidos por cidades moi poboadas, cun contorno agrícola de desigual

modernización, escasa base industrial e tecnolóxica, áreas de vacacións para o turismo

masivo, e déficits estructurais importantes.

Para lograr unha maior integración do sistema urbano, a UE está investindo

fondos en desenvolver as redes transeuropeas de transporte e comunicacións e en

reforzar o potencial das cidades periféricas.

3.- ACTIVIDADES ECONÓMICAS DESENVOLVIDAS

A UE é unha grande potencia económica. O intenso proceso de avellentamento

demográfico fai que os servizos sexan hox a actividade principal.

3.1- AS ACTIVIDADES AGRARIAS

As actividades agrarias perderon peso. Indicadores disto son a súa baixa

participación na población activa (5’2%) e no PIB (3%).

a) A estrutura agraria caracterízase por unha poboación activa escasa, aínda que

con diferenzas entre os estados que reflicten a diversa antigüidade e intensidade do

proceso de industrialización (1’45% no Reino Unido e 14’9% en Grecia); explotacións

agrarias de diverso tamaño (grandes explotacións empresariais orientadas ao mercado

na cunca de París, vales do Po e do Guadalquivir; explotacións familiares, con

tecnoloxía e ben xestionadas en Europa Occidental, e explotacións familiares medianas

e pequenas no área mediterránea), e técnicas de produción modernas (mecanización,

fertilizantes, selección xenética), que permiten unha produción elevada, xeradora de

fortes excedentes dalgúns produtos.

b) As áreas agrarias especializáronse en función das condicións naturais, da

accesibilidade e da demanda de mercado.

•As áreas de clima oceánico acentuaron a súa tradicional orientación gandeira.

Seguen predominando as pequenas explotacións familiares, aínda que se evoluciona

cara explotacións intensivas moi capitalizadas.

•Na área de clima continental predominan sistemas mixtos. A gandería, máis

extensiva e orientada á produción de carne, coexiste con áreas de agricultura de cereal

en rotación con plantas industriais e con áreas de especialización vitícola (Bordeaux,

Champagene, Rhein).

•Na área mediterránea, o secaño está dominada pola triloxía trigo-vide-oliveira;

e o regadío por cultivos intensivos e froitas e hortalizas orientadas ao mercado exterior.

•Na área de clima subártico- ártico predomina a explotación forestal e gandeira

extensiva de renos, que ocupan a unha poboación reducida e en constante emigración.

c) A política Agraria Comunitaria (PAC), creada en 1962, regula as cuestións

agrarias na UE.

Os seus obxectivos son garantir un nivel de vida xusto para os agricultores;

estabilizar os mercados, evitando as fluctuacións dos prezos e asegurar o abastecemento

dos consumidores a prezos razonables.

Os mecanismos adoutados para lograr estes obxectivos son:

•No mercado interior existen Organizacións Comúns de Mercado (OCM) para os

produtos agrarios máis representativos. Para cada un fixáronse prezos máximos (a

superación destes perxudicaría o consumo) e prezos mínimos (por debaixo dos cales os

ingresos dos agricultores non resultarían razoables). Estes prezos mínimos fixáronse

inicialmente por enriba do mercado mundial para estimular a produción (que entón era

deficitaria).

•No mercado exterior rexe o principio de preferencia para os produtos agrarios

comunitarios e aranceis comúns para evitar a competencia de terceiros países máis

baratos. Ademáis, os agricultores perciben restitucións ou subsidios á exportación para

compensar a diferenza de prezos comunitarios e os do resto do mundo. O custo recae

sobre FEOGA (Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria).

•Concédense axudas aos agricultores para mellorar e modernizar as

explotacións.

Os resultados da primeira aplicación da PAC foron unha enorme elevación dos

prezos agrarios comunitarios, a acumulación de grandes cantidades de excedentes de

algúns produtos (cereais, viño, leite, mantequilla e carne de vacún), almacenados con

grandes costes e vendidos con perdas no mercado intencional, e un aumento do

deterioro ambiental pola intensificación da produción en todo o territorio da Unión,

estimulada polos altos prezos.

Esta situación obrigou a realizar diversas reformas da PAC (1992 e 1999). O seu

obxectivo xa non era aumentar a produción, senón lograr o desenvolvemento rural e a

protección ambiental para crear unha agricultura ecolóxica e económicamente sostible.

Os mecanismos para logralos foron os seguintes:

•A diminución dos prezos mínimos dos produtos agrarios para facelos máis

competitivos no mercado internacional, compensando aos agricultores en parte con

axudas directas e en parte cunha autorización para aumentar os rendementos.

•A reducción de excedentes mediante xubilacións anticipadas; a imposición de

cuotas aos produtos excedentes, a extensificación da produción, incentivando o barbeito

e a silvicultura); a reorientación da produción cara os produtos novos; o destino dos

excedentes cara novas saídas industriais ou enerxéticas, e a limitación das axudas ás

explotacións viables a favor das máis atrasadas.

•A detención da degradación do medio incentivando a agricultura biolóxica, a

silvicultura e a reforestación.

•O aumento de fondos destinados ao desenvolvemento rural para frear o

despoboamento das áreas máis desfavorecidas e conservar o patrimonio natural e

sociocultural (creación de infraestruturas; mellora das explotacións e diversificación

económica; transformación dos produtos; turismo, etc.)

Os retos de futuro que debe afrontar o PAC son os seguintes:

•A crecente globalización e liberalización dos mercados choca co

proteccionismo que supón a PAC no territorio da Unión Europea e orixina presións

internacionais a favor dunha maior liberdade de mercado, sobre todo por parte de

Estados Unidos. As negociacións, levadas a cabo no seo da Organización Mundial do

Comercio, foron difíciles polas diferentes concepcións da agricultura que mantiveron no

seu momento europeos e americanos.

A ampliación da UE incorporarou países con importante peso agrario en

poboación activa e PIB, pero con productividade escasa e necesitada dunha completa

reestruturación. O problema é a harmonización progresiva con eles sen provocar

desequilibros na PAC.

3.3.- A ACTIVIDADE PESQUEIRA

A UE é a terceira potencia pesqueira mundial tras China e Perú.

a) A estrutura pesqueira caracterízase pola diminución da poboación activa (a

crise do sector levou á reducción da flota e á mecanización do traballo) e pola

utilización de técnicas cada vez máis modernas e mecanizadas.

b) As áreas pesqueiras reducíronse drásticamente a partir da implantación en

1982 das zonas exclusivas de pesca (ZEE), que obrigou á Unión a suscribir acordos con

países donos dos caladoiros.

c) A política Pesqueira Comunitaria (PPC), creada en 1983, regula as cuestións

pesqueiras da UE.

Os seus obxectivos son asegurar aos pescadores o seu medio de vida, evitar as

fluctuacións dos prezos, garantir aos consumidores e á industria transformadora un

abastecemento regular do peixe a prezos razoables e proteer as especies contra a pesca

excesiva.

Os mecanismos para lograr estes obxectivos son:

A creación de organizacións comúns de mercado (OCM) que fixan prezos

máximos e mínimos para as distintas especies; se baixan dese límite, as OCM poden

decidir a súa retirada para transformación industrial e os pescadores reciben fondos de

compensación do IFOP.

A regulación do acceso aos caladoiros comunitarios e extracomunitarios: a UE

autorizou aos membros a manter unha zona exclusiva de 12 millas mariñas durante 20

anos, desde 1983, e suscribe os acordos pesqueiros con outros países.

A reestruturación do sector, dado que a capacidade da flota é excesiva en

relación coas posibilidades de pesca. Con este fin concédense axudas procedentes do

IFOP e do Fondo Social Europeo, para crear unha flota máis moderna e competitiva,

redimensionando a súa capacidad (nun 30%), para apoiar ás rexións afectadas pola

crise do sector, fomentando nelas actividades alternativas, e para desenvolver a

acuicultura.

A regulación dos aspectos ambientais inclue o establecemento de cuotas para as

especies amezadas; normas sobre o tamaño do peixe, e a restricción ou prohibición de

certas artes pesqueiras. Para o cumprimento destas normas, a Unión intensificou as

inspeccións de barcos e as tecnoloxías de vixilancia.

Os resultados non foron os esperados: as subvencións usáronse para construir

barcos máis grandes e eficientes e aumentou o número de especies en perigo de

extinción. Por isto, na actualidad estáse deseñando unha reforma da PPC.

3.3. A INDUSTRIA

A UE é unha grande potencia industrial, como manifestan a poboación activa

industrial (25’6%) e a contribución da industria ao PIB. (30’6).

a) A estrutura industrial presenta unha poboación activa en descenso, tanto nos

sectores maduros como resultado de procesos de restructuración, como nos máis

dinámicos pola adopción de innovacións técnicas. As empresas, debido á crecente

globalización, vense obrigadas a aumentar a súa dimensión (mediante fusións, compras

e acordos), a internacionalizarse, a desenvolver procedementos innovadores de

produción e xestión, e a sacar produtos diferenciados, con calidade e deseño. A

produción inclúe sectores dinámicos (alimentario, químico, vehículos de motor,

enxeñería eléctrica, mecánica e metálica) e sectores en declive (siderurxia e

construcción naval).

b) As áreas industriais da UE localízanse selectivamente. A área máis

industrializada é o eixe en torno ao Canal da Mancha, que se prolonga cara o sur polos

vales do Rhein e a chaira do Po. Outro eixe secundario é o arco mediterráneo, que está

chamado a constituir a prolongación meridional do gran eixe europeo. No resto do

territorio, a industria céntrase en enclaves illados, correspondentes a capitais estatais e

outras grandes cidades.(Madrid, Lisboa, Atenas).

Estas áreas industriais son de diverso tipo en relación coa influencia de certos

factores de localización:

•As áreas de base extractiva están ligadas á transformación de recursos

voluminosos. O carbón foi a base das industrias siderúrxicas da primeira revolución

industrial en Gran Bretaña (Yorkshire, Midlands, Gales), Bélxica (Valonia), Alemaña

(Rhur e Sarre), Francia (Lorena) e España (Asturias e País Vasco), e o petróleo do Mar

do Norte favoreceu industrias químicas ou enerxéticas. Moitas destas áreas

especializadas en sectores maduros atópanse hoxe en declive e reconversión.

•As áreas portuarias instalaron industrias de primeira transformación

(petroquímica, siderurxia, aluminio), ou ligadas ao mar (asteleiros, conservas), empresas

de transporte e almacenamento, e de bens de consumo para o seu entorno. Este é o caso

de certos portos do Atlántico (Rótterdam, Antwerpen, Xénova, Barcelona, O Pireo).

Ademáis, a rede de ríos e canles navigables favoreceu a implantación de industrias en

portos fluviais do Rhein e do Ruhr (Duisburg, Mannheim, Strasbourg).

•As áreas industriais urbanas, polas economías externas, acolleron industrias

diversificadas (bens de consumo, de equipo e semielaborados); actualmente, atraen aos

sectores máis innovadores, aos servizos, á produción e as sedes de grandes empresas.

•As áreas de industria dispersa localízanse en espazos periurbanos, pequenas

cidades e áreas rurais. Débense a procesos de difusión e recolocación industrial ou a

iniciativas de industrialización endóxena. Estas últimas crearon distritos industriais (sur

de Suecia, sur de Baviera, Terceira Italia, Comunidade Valenciana).

c) A política industrial da UE céntrase nos seguintes aspectos:

•Reestruturar os sectores en crise, admitindo subvencións so no caso de que a

viabilidade da empresa estea asegurada, e desenvolver os sectores relacionadas coas

novas tecnoloxías.

•Superar o atraso investigador respecto á competencia norteamericana e

xaponesa, promovendo os investimentos, a I+D e a cooperación con empresas

estranxeiras e entre as empresas comunitarias.

•Favorecer ás empresas competitivas e innovadoras , en especial ás PIMES, e

garantir a libre competencia, evitando que xurdan monopolios. Para iso contrólanse os

acordos e fusións empresariais e exténdese a libre competencia a sectores

tradicionalmente pechados a ela, como o gas, a electricidade e as telecomunicacións.

•Evitar o deterioro ambiental por parte da industria, mediante medidas

preventivas e sancionadoras.

3.4. OS SERVIZOS

Na UE os servizos son a actividade principal, como se apreza na poboación

activa que ocupa (62’3%) e na súa contribución ao PIB (66’3%).

a) O sistema de transportes e telecomunicacións é esencial para a estruturación

da UE, a plena consolidación do mercado único e o desenvolvemento das rexións

atrasadas.

A política de transportes da UE presenta como obxectivos : fomentar as redes

transeuropeas de transporte; mellorar as infraestruturas das rexións periféricas para

favorecer a súa integración coas zonas centrais da UE; potenciar o transporte intermodal

(ferrocarril-estrada e ferrocarril-vías navigables) e reducir a repercusión ambiental dos

transportes mediante o estudo previo do seu impacto.

b) A UE é tamén unha grande potencia comercial.

O comercio intracomunitario (que supón máis do 50% das importacións e máis

do 60% das exportacións) realízanse dentro do mercado único. No comercio

internacional a UE ocupa o primeiro lugar mundial de importacións (alimentos,

produtos enerxéticos e materias primas) e exportacións (produtos químico-

farmacéuticos, maquinaria, equipos de transporte e outros de ramas tradicionais).

A política comercial inclúe un arancel común para terceiros países; un Sistema

de Preferencias Xeneralizadas que concede beneficios aduaneiros a certos produtos dos

países en desenvolvemento, e acordos de libre comercio con algúns espazos (países da

EFTA, Europa Central e Oriental, algúns países do contorno mediterráneo e do África

Subsahariana, do Caribe e do Pacífico).

c) O turismo adquiriu enorme importancia na UE, debido ao elevado nivel de

vida. Xunto ao turismo de praia no litoral mediterráneo e o de montaña cara as

cordilleiras alpinas, incrementouse o turismo rural; o de negocios cara as cidades de

rango internacional, e o cultural cara as cidades con patrimonio histórico.

A política turística da UE proponse facilitar o turismo como elemento de

integración; frear a estacionalidade fomentando novas modalidades; mellorar a

información e a protección do turista, e aumentar a preparación do sector (mellora da

formación profesional).

4. BENESTAR SOCIAL

O nivel de benestar acadado pola UE é elevado. Os gobernos

responsabilizáronse dun número crecente de servizos co obxecto de facelos accesibles

para amplas capas da poboación (sanidade, educación, medio, promoción da vivienda).

O chamado “Estado do Benestar”, de inspiración socialdemócrata, viuse amenazado

trala crise de 1975 e a aplicación de políticas neoliberais. A pesar disto, o gasto social

da UE aumentou a súa proporción no PIB. Non obstante, existen diferenzas

significativas entre os países do norte e do sur da Unión que reflicten as súas diferenzas

de desenvolvemento económico.

DISPARIDADES E POLÍTICA REXIONAL DA UE

1.- OBXECTIVOS DA POLÍTICA REXIONAL

Dentro da UE existen destacadas disparidades socioeconómicas entre rexións. A

unión é consciente de que estes desequilibros obstaculizan a cohesión imprescindible

para o bo funcionamento do mercado único e da unión económica e monetaria.

Por isto, desde 1975 leva a cabo unha política rexional que ten como obxectivos

coordinar as políticas rexionais dos estados membros e reducir as diferenzas entre as

rexións, apoiando ás máis desfavorecidas mediante axudas económicas.

2.- INSTRUMENTOS DA POLÍTICA REXIONAL

a) Os fondos estruturais son o instrumento básico. Destínanse para combater as

raíces estruturais do atraso económico das rexións. Desde a súa reforma en 1999

asignáronse a tres obxectivos:

•O obxectivo 1 é fomentar o desenvolvemento das rexións máis atrasadas, é

dicir, aquelas con renda per cápita por debaixo do 75% da media comunitaria. A estas

rexións se lles asigna actualmente máis do 70% do funcionamiento total.

•O obxectivo 2 é a reconversión socioeconómica das zonas industriais, rurais ou

urbanas con problemas estruturais. En todas elas trátase de diversificar a economía,

impulsando outras alternativas.

•O obxectivo 3 é fomentar os recursos humanos: apoio á modernización das

políticas e sistemas educativos de formación e emprego.

Os catro fondos estruturais dos que se serve a UE para lograr os seus obxectivos

son :

•O FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) axuda ás rexións

máis pobres fomentando as infraestruturas e o desenvolvemento do seu potencial

endóxeno.

•O FEOGA (Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria) financia a

adaptación dos agricultores a novas formas de agricultura e o desenvolvemento de

outras actividades económica nas zonas rurais

•O IFOP (Instrumento Financiero de Orientación Pesqueira) financia a

reestruturación e modernización da pesca e impulsa a acuicultura e a transformación e

comercialización dos produtos pesqueiros.

•O FSE (Fondo Social Europeo) destínase á formación profesional e de

emprego.

b) As iniciativas comunitarias, creadas en 1998, son programas da Comisión

Europea destinados a resolver problemas específicos graves que concernen a toda a UE.

Os gastos son cofinanciados polos fondos estruturais e os estados membros.

Actualmente as iniciativas son catro: INTERREG (para incrementar a cohesión entre os

territorios da Unión), LEADER (para fomentar a reconversión agraria e o

desenvolvemento rural), EQUAL (para combatir a discriminación laboral) e URBAN

(para rexenerar os barrios urbanos en crise)

c) O fondo de cohesión creouse no Tratado de Maastricht para axudar aos países

menos prósperos da UE (con PIB per cápita ao 90% de media comunitaria) a cumprir os

criterios de converxencia esixidos para entrar na Unión Económica e Monetaria. O

fondo, percibido por España, Portugal, Grecia e Irlanda, destínase a proxectos

ambientais e redes transeuropeas de transporte, nos que resultaría moi perxudicial unha

reducción da inversión estatal motivada pola necesidade de controlar o déficit público.

Unha vez que os países beneficiaros do fondo accederon á unión económica e

monetaria, acordouse mantelo, pero con menor dotación endurecéndose os requisitos

para percibir as axudas (esixindo o cumprimento do Pacto de Estabilidade e o

Crecemento).

3.- RESULTADOS DA POLÍTICA REXIONAL

Ata o momento, os resultados da política rexional foron estes:

a) Reforzou os factores de desenvolvemento das rexións atrasadas, ao mellorar

as súas infraestruturas; pero estas non bastan por si soas para alcanzar o

desenvolvemento, pois seguen pesando outros factores negativos. Así, as disparidades

reducíronse máis entre os estados (polo incremento progresivo do PIB dos menos

desenvolvidos) que entre rexións, que continúan presentando notables desequilibros.

b) As axudas beneficiaron tamén ás rexións máis avanzadas da UE, pois reciben

pagos por equipamientos e asistencia técnica.

c) Os fondos contribuíron ao emprego mantenendo ou creando un millón de

postos de traballo

A POSICIÓN DE ESPAÑA NA UE

1.- FACTORES EXPLICATIVOS

España ingresou na Comunidade Europea en 1986, case 30 anos despois da súa

constitución. As razónss deste atraso foron esencialmente políticas: o carácter

antidemocrático do Réxime franquista levou á CEE a rexeitar as peticións da

integración española. Ademáis, a súa estrutura económica e social presentaba un notable

atraso respecto á dos países comunitarios. A integración española foi o resultado dunha

actitude favorable por ambas partes na que pesaron factores político e económicos.

Políticamente, a morte de Franco (1975), a celebración de eleccións

democráticas (1977) e a promulgación da Constitución (1978), permitiron a España

iniciar as conversacións para o ingreso na CEE. Por parte europea, o desexo de construir

unha Europa unida supoñía a integración de novos membros e España era un país, que ,

ao longo da súa historia participara activamente nos acontecementos europeos, agás

breves períodos de illamento. Ademáis, a Comunidade vía na integración unha forma de

afianzar en España a nacente democracia e o Estado de dereito.

Económicamente, a crise de 1975 sacou á luz as graves limitacións da economía

española, encubertas durante a etapa do desenvolvementos. A incorporación á CEE

ofrecía a posibilidade de paliar os efectos negativos da crise e de achegar o nivel

económico ao europeo. Así, en 1977 España iniciou un programa de reformas alcanzado

por consenso. (Pactos da Moncloa) que constituíron un elemento clave para poder

presentar a súa integración con posibilidades de éxito. Pola súa parte, a comunidade,

obrigada a competir cos EEUU e Xapón, nunha progresiva globalización económica, vía interesante a incorporación de novos membros que achegasen diversificación

produtiva e mercado de consumo.

As negociacións para a adhesión fron difíciles, pois España ofertaba produtos

agrícolas e pesqueiros, que podían competir coa doutros países comunitarios.

Finalmente, culminaron coa firma do Tratado de Adhesión (1985), que entrou en vigor

o 1 de xaneiro de 1986.

2.- CONSECUENCIAS DA INTEGRACIÓN

A tardía incorporación de España á CEE colocouna entre os países periféricos,

cun claro retraso respecto ao espazo central europeo. A adecuación á Europa

desenvolvida requiriu un serio esforzo, que trouxo situacións conflitivas pero

necesarias, xa que, en caso de non levarse a cabo, a distancia sería cada vez maior. Os

efectos positivos da integración comezaron a anotarse a medio e longo plazo.

2.1.- CONSECUENCIAS POLÍTICAS

Cando España ingresou na CEE tiña un recente sistema democrático. A súa

integración na comunidade e nas súas institucións reforzaron o compromiso coa

democracia e co Estado de dereito.

2.2.- CONSECUENCIAS ECONÓMICAS

a) No momento da adhesión a economía española presentaba un claro atraso

respecto a Europa.

•Os indicadores económicos básicos estaban entre os máis baixos da

comunidade: a taxa de paro era o doble, e o seu PIB, renda per cápita e competitividade

eran claramente inferiores.

•As actividades económicas presentaban tamén un notable atraso que se traducía

nunha baixa productividade e nunha menor competitividade dos produtos españois, que

resultaban máis caros e de peor calidade.

b) Nestas circunstancias, a adhesión á CEE tivo repercusións positivas e

negativas.

•Puxo fin a décadas de illamento e de evolución económica diverxente respecto

aos países de Europa Occidental. A economía española abriuse definitivamente e

accedeu a un mercado de máis de 500 millóns de consumidores.

•España tivo que realizar reformas para adaptar a súa economía á comunitaria e

adoptar as políticas internas da Unión sobre a agricultura, pesca, industria, transporte,

comercio, etc. Isto esixiu un notable esforzo de modernización técnica; aumento de

calidade, productividade e competitividade ; e coidado ambiental.

•Neste esforzo contou con axudas económicas (foi o país máis beneficiado polos

fondos estruturais e os fondos de cohesión) e participou en proxectos europeos (redes

transeuropeas de transporte, cooperación industrial, I+D).

•Os indicadores económicos melloraron:

-O PIB per cápita creceu por enriba da media europea (pasando dun 70% en

1986 a un 86’6 no 2000), a pesar de que aínda as disparidades rexionais son moi

grandes.

-A moeda gañou estabilidade ao ingresar no Sistema Monetario Europeo, e

posteriormente na Unión Económica e Monetaria.

2.3.- CONSECUENCIAS SOCIAIS

Ao ingresar na CEE, España carecía dun estado de benestar homologable á de

outros membros. Desde entón as Administracións Públicas adicaron unha parte crecente

do gasto á súa creación e consolidación, a pesar da coxuntura económica adversa, con

dúas profundas recesións, destacando, especialmente, a crise iniciada no 2007-2008.

Así, e a costa dun forte endebedamento, produciuse un notable aumento das

prestacións sociais e a universalización dos servizos públicos básicos, como a sanidade

e a educación, poñendo fin a unha carencia histórica fundamental que diferenciaba a

España dos países máis avanzados de Europa.

3.– SITUACIÓN ACTUAL DE ESPAÑA EN EUROPA E

PERSPECTIVAS

a)A situación actual de España na UE ven dada por estes rasgos:

•A súa superficie e a súa poboación sitúana como o segundo Estado comunitario

máis extenso, despois de Francia, e o quinto máis poboado, despois de Alemaña, Reino

Unido, Francia e Italia, ainda que, en relación coa súa superficie, a súa densidade de

poboación é baixa.

•As súas características económico-sociais colócana entre os países

“periféricos” da UE. Aínda que o balance da integración foi positivo, non pode

olvidarse a distancia que ainda separa España dos países que van en cabeza da UE e da

media comunitaria en gran número de indicadores básicos, tanto económicos (PIB,

poboación activa, taxa de paro) como sociais (salarios medios, cuantía das pensións). A

plena integración é un proceso a longo prazo, no que deberán proseguir as accións

encamiñadas a lograr a converxencia cos países máis avanzados. A consideración da

maior parte das rexións españolas dentro do obxectivo 1 dos fondos estructurais

facilitará a recepción de fondos comunitarios e o proceso de converxencia.

•A súa situación xeoestratéxica, no extremo suroeste do continente europeo e

nunha encrucillada de mares e continentes, favoreceron o seu papel de mediación entre

a UE e os ámbitos atlántico e mediterráneo.

b) La ampliación nos últimos anos da Unión cara os países de Europa Central e

Oriental, con indicadores socioeconómicos máis baixos cós españois, poden ter diversas

repercusións:

•Supuxo un novo reparto dos fondos estruturais e onde a súa cuantía foi menor

para España, pues coas nuevas adhesións subiu o nivel respecto á media comunitaria.

Así, reducíronse as rexións de obxectivo 1 de dez a tres, no caso de España.

•A ampliación do mercado único acrecenta as posibilidades de mercado para os

produtos e os capitais españois. Pero tamén incrementa a competencia na venda de

produtos (as importacións dos novos membros resultan máis baratas) e a atracción de

investimentos estranxeiros a estes países pode afectar a España.

Para evitar efectos negativos é necesario aumentar a competitividade dos

produtos españois, que actualmente non dependen tanto do prezo de venda ou dos

custes de produción como do contido tecnolóxico, a calidade, o deseño, a diferenciación

e a participación en redes comerciais exteriores, que actúa como factor atractivo dos

investimentos.