españa baixo a casa de austria
DESCRIPTION
Presentación sobre a historia de España dos séculos XVI e XVII, incidindo sobre todo nos aspectos políticos.TRANSCRIPT
A ESPAÑA DOS
AUSTRIAS (SS. XVI e
XVII)
Carlos V (monarca entre 1516 e 1556) educouse nos Países Baixos e xa cumprira dezasete anos cando chegou a España.
En 1519 é elixido emperador do Sacro Imperio romano xermánico, o que conlevou gastos cuantiosos, especialmente subornos aos príncipes electores.
Fonte: CNICE. Kairós.
Antonio Gisbert (1860): Execución dos comuneiros
CONFLITOS SOCIAIS INICIAIS:
COMUNIDADES E XERMANÍAS
Os comuneiros (acaudillados por Bravo, Padilla e Maldonado), que reclamaban máis participación no goberno a través da Corte, a limitación dos excesos dos conselleiros flamengos no nomeamento de cargos, a prohibición de saída de ouro, prata e la, así como a residencia permanente do rei en Castela, foron derrotados e decapitados en Villalar (1521).
Os axermanados valenciáns, inicialmente artesáns protestando contra os elementos aristocráticos que dirixían o goberno local da cidade, converteron a insurxencia nun movemento antiseñorial no campo a partir de 1520. Finalmente, a autoridade real quedou afirmada coa derrota dos insurxentes.
Marcelino Unceta: Paz das Xermanías
POLÍTICA EXTERIOR:
RIVALIDADE CON FRANCIA
“Carlos V involucrou a España nunha longa contenda con Francia por un territorio alleo aos intereses españois, o ducado de Borgoña. O escenario da guerra foi principalmente Italia, onde os franceses foron derrotados en Pavía e o seu rei, Francisco I, caeu prisioneiro. O francés comprometeuse, entón, a entregar a Carlos o ducado de Borgoña e o Milanesado, no norte de Italia, mais cando se viu libre, incumpliu o tratado. Novamente encendeuse a guerra, e as tropas de Carlos V, entre as cales, ademáis de españois e italianos, enrolábanse rexementos de mercenarios alemáns e suizos, os famosos lansquenetes (moitos deles protestantes), asaltaron e saquearon Roma, aliada do francés. É il sacco di Roma.”
Juan Eslava Galán: Historia de España contada para
escépticos.
Francisco I de Francia
J. Ludwig Gotfried: Sacco di Roma
“As tropas acamparon ás portas de Roma e o papa tornou a refuxiarse en Sant’Angelo, con trece cardeais –entre os que estaba o meu avó- e tres mil persoas de toda índole que entorpecían os labores militares. Benvenuto Cellini contribuíu a defender o bastión, como artilleiro. Foi entón cando feríu ao príncipe de Orange, cun anaco de metralla, e o meu avó, furioso, quixo mandalo matar, pois entendía que con iso se malograban as perspectivas de pacificación […].
Os episodios subiron de tono, precipitándose. Roma foi conquistada nunha hora e saqueada sen freo. Os soldados imperiais que atravesaran Italia cubertos de andraxos andaban agora pols súas rúas vestidos de prata e ouro. Os seus sombreiros lostregaban polas pedrerías, e sobre os seus peitos peludos balanceábanse as sartas de perlas das grandes donas e das meretrices. A miña avoa perdeu o seu colar célebre. Mulleres ataviadas con suntuosidade demente, e cortexos de servidores, seguían onde fose aos rufiáns, portando cadros, esculturas, vasos preciosos e os espadóns dos seus amos, ergueitos como símbolos priápicos, que se entrelazaban en axorcas e cintas. O ferro da Santa Lanza foi atado á súa pica por un lansquenete de Lutero e, nas tabernas, entre os copóns do Santísimo, rebosantes de viño, o Veo da Verónica pasou de man en man. Entre tanto, en Sant’Angelo, non calaban as letanías e o fragor dos estouridos. O aroma do incenso envolvía o castelo que se levantaba, afumado, no horror, como un sagrado outeiro, último refuxio da fe e da orde.”
Manuel Mujica Láinez: Bomarzo.
P. Paul Rubens: Carlos V coroado
POLÍTICA EXTERIOR:
RIVALIDADE COS TURCOS
Barbarroxa
“No Mediterráneo, a guerra contra os turcos foi menos afortunada. Desde as súas bases no norte de África, os corsarios berberiscos atacaban e saqueaban o comercio español e os pobos do litoral. Un dos caudillos piratas, Barbarroxa, incluso se apoderou de Alxer. Carlos V contratacou, conquistando Túnez, mais fracasou noutra expedición contra Alxer, que quedaría en mans dos piratas e seguiría sendo un perigo para os intereses españois.”
Juan Eslava Galán: Historia de España contada
para escépticos.
POLÍTICA EXTERIOR:
A GUERRA CONTRA OS PROTESTANTES
“O Imperio tiña as súas servidumes. Do emperador esperábase que defendese á cristiandade, esa vaga sombra de unidade europea alentada polos papas sobre a lonxana lembranza do Imperio romano. Alemania era un mosaico de principados dos que a tutela a exercía Carlos na súa condición de emperador. O luteranismo estábase a estender rápidamente por aquelas terras. Carlos creuse na obriga de reprimir a herexía e manter o Imperio dentro da obediencia á Igrexa de Roma.”
Juan Eslava Galán: Historia de España contada
para escépticos.
Tiziano: Carlos V a cabalo en Mühlberg
• 1517: Inicio da reforma protestante
• 1545: Inicio do Concilio de Trento
• 1547: Vitoria sobre os protestantes en Mühlberg
• 1555: Paz de Augsburgo
O RÉXIME POLÍTICO BAIXO CARLOS I:
Monarquía autoritaria e réxime polisinodial
CONSELLO DE ESTADO (1521):
Política exterior, guerra,paz,…
CONSELLO DA CRUZADA
CONSELLO DA INQUISICIÓN
CONSELLO DE GUERRA (1522)
CONSELLO DE CASTELA
CONSELLO DE ARAGÓN
SECRETARIOSREAIS
VIRREIS
GOBERNADORES
CAPITÁNSXERAIS
Mosteiro de Yuste, lugar de retirada do emperador tras abdicar no seu fillo Filipe II e no seu irmán Fernando (ao que lega o Imperio)
O xeito de gobernar de Felipe II caracterizouse polo manexo dunha información exhaustiva e un papeleo incontrolable. As testemuñas dos coetáneos descríbeno como un rei sepultado entre os papeis, co maior servizo informativo do seu tempo: embaixadas permanentes en Roma, Venecia, Francia, Xénova, o Sacro Imperio, os cantóns suizos e Turín; en Lisboa ata 1580 e en Londres ata 1584.A relixiosidade foi unha das características máis destacadas da persoalidade de Felipe II. Ía a misa a diario, escoitaba os sermóns cando menos unha vez á semana e alonxábase periódicamente do goberno para concentrarse nas súas devocións. Chegou a posuir máis de 7.000 reliquias.
“O entusiasta apoio de Felipe II á persecución da herexía constitúe o reflexo máis famoso (ou infame) dunha convicción que o levaba a crer que el sabía exactamente o que Deus quería para o mundo”
Geoffrey Parker
FELIPE II (1556-1598)
As posesións europeas da monarquía hispánica en tempos de Felipe II
O imperio de Felipe II
MONARQUÍA HISPÁNICA DE FELIPE II
Temor á penetración do protestantismo
Existencia de moitos conversos
Defensa do catolicismo
Actuación da Inquisición
“Limpeza de sangue”
Illamento cultural de
Europa
Obxectivos prioritarios da súa política
GUERRAS EN EUROPA
Lepanto (1571)
Desastre da Gran Armada
Rebelión dos Países Baixos :
división en 2 partes (norte protestante e
sur católico)
Fronte aos TURCOS
Fronte a INGLATERRA
Fronte aos PAÍSES BAIXOS
Mantemento da hexemonía en Europa
Enormes gastos
SUCESIVAS BANCARROTAS
+
“A afirmación do principio de autoridade do rei e a crecente castelanización da monarquía hispánica foron evidentes. En 1568 producíuse o levantamento dos mouriscos de Granada –a minoría musulmá nominalmente convertida ao catolicismo- contra as medidas que prohibían o uso da súa lingua e das súas formas de vida. A guerra contra eles, conducida por Don Juan de Austria e alentada polo temor a unha posible complicidade de Turquía na rebelión, durou 2 anos.
En 1591 estouraron as “alteracións de Aragón”, crise institucional desencadeada pola decisión de Felipe II de nomear un vicerrei non aragonés, e polo caso “Antonio Pérez”, o ex secretario do Rei, detido en 1579 e fuxido a Aragón en 1590 polo asasinato de Escobedo, secretario de Don Juan de Austria (irmán bastardo do Rei), en realidade un grave conflito de competencias entre o Xustiza de Aragón, o maxistrado ao que quedou sometido Pérez tras a súa fuxida a aquel reino, e a Inquisición de Zaragoza á que Felipe II ordeou que xulgase a Pérez por herexía, o que violaba a soberanía xudicial aragonesa, e un conflito que derivou en graves alteracións de orde pública, zanxado coa intervención do exército real e a execución do Xustiza, Juan de Lanuza.”
Juan Pablo Fusi e F. Calvo Serraller: “El espejo del tiempo”.
PROBLEMAS INTERNOS
Don Juan de Austria
Antonio Pérez
ÉXITO CONTRA OS TURCOS: LEPANTO
(1571)
El Greco: Adoración do nome de Xesús
“A estabilidade no Mediterráneo, ameazada polo crecente poderío turco posto de relevo sobre todo pola conquista de Chipre en 1571 e polos continuos ataques de piratas berberiscos desde as costas norteafricanas, obrigou a unha intervención a grande escala que se concretou en 1571 tras a unión de España, o Papa e Venecia nunha Santa Liga (…): as escadras española e veneciá, uns 300 navíos e perto de 80.000 homes baixo o mando de don Juan de Austria, destruiron en Lepanto o 7 de outubro de 1571 a flota turca.”
Juan Pablo Fusi e F. Calvo Serraller: “El espejo del tiempo”.
DESACERTO EN FLANDES“España… non acertou, en efecto, en
Flandes. Ao producirse os primeiros brotes da sublevación antiespañola, España respondeu cunha durísima política de represión, que executou o duque de Alba, novo gobernador de Flandes entre 1567 e 1573, represión durísima, en efecto –máis de 1.000 persoas executadas neste tempo, entre elas algúns dos líderes da sublevación como Egmont e Hoorn- pero que prácticamente acabou coa insurrección, limitada en 1573 a tan só dúas provincias do norte, Zelanda e Holanda. (…) Feitos como o saqueo de Amberes en novembro de 1576 por tropas españolas amotinadas en protesta polas súas condicións de paga… fixeron moi difícil a paz. (…) Farnesio, duque de Parma, recobrou os Países Baixos do Sur –integrados desde 1579 na Unión de Arras-, que romperon así coas provincias rebeldes, unidas desde ese ano como Provincias Unidas dos Países Baixos na Unión de Utrecht.”
Juan Pablo Fusi e F. Calvo Serraller: “El espejo del tiempo”.
George Gower: Isabel I. Retrato tras a victoria sobre a “Armada Invencible”.
“O máis soado fracaso de Felipe II foi o da Armada Invencible, enviada contra Inglaterra. En realidade, nunca se denominou invencible: adxectivo adxudicáronllo, para meirande escarnio, os inimigos de España (…) Tratábase de expulsar do trono a Isabel e reinstaurar o catolicismo na illa (Grande Bretaña). Para isto bastaba con transportar o exército de Flandres á outra beira da canle da Mancha. Pero coas limitadas comunicacións da época era completamente imposible coordinar as dúas forzas, barcos e tropas. (…) A Armada Invencible saldouse con trinta e cinco barcos perdidos e dous de cada tres homes mortos, dos que só mil catrocentos pereceron en combate. Os dezaoito mil restantes morreron en naufraxios, por enfermidade e privacións, ou desembarcaron en Irlanda e foron asasinados polos ingleses.”
Juan Eslava Galán: Historia de España contada para
escépticos.
FRACASO CONTRA INGLATERRA
"Dos cinco Austrias, Carlos V inspira entusiasmo, Felipe II respeto, Felipe III indiferencia, Felipe IV simpatía, e Carlos II lástima.“
Gregorio Marañón
Carlos I Felipe II
Felipe IV
Carlos II
Felipe III
“O privado ou valido do século XVII, tal como nolo relata Tomás y Valiente, era á vez “amigo e ministro do soberano absoluto”.J.H. Elliot
Duque de Lerma Conde-Duque de Olivares
Nithard
Conde de Oropesa
O S. XVIIEN ESPAÑA.EVOLUCIÓN
POLÍTICA
FELIPE IV(1621-1665)
CARLOS II(1665-1700)
FELIPE III(1598-1621)
Fonte: Daniel Gómez. danielylosquince.blogspot.com
no interior
no exterior Anos de paz
Expulsión dos moriscos
no interior
no exterior
Reforma fiscal
Guerra dos Trinta Anos
no interior
no exterior
Reformas económicas
Persisten as derrotas
POLÍTICA EXTERIOR ESPAÑOLA
(S. XVII)
REANUDACIÓN DASHOSTILIDADES
Guerra cos Países Baixos
Sublevacións de Cataluñae Portugal
1648
Guerra dos Trinta Anos
FELIPE IV
CARLOS IIDEBILIDADE EIMPOTENCIA
PACIFISMOFELIPE III
Fonte: Daniel Gómez. danielylosquince.blogspot.com
Tregua dos Doce Anos
Paz con Inglaterra
Paz de WestfaliaHexemonía francesa e
perda de poder de España
Perda dos últimos territorioseuropeos, excepto os italianos
Proxectos de reparto ante a falta de descendencia de Carlos II
"Foi unha decisión política identitaria de representación do poder. Non é unha casualidade que ese mesmo día, o 9 de abril de 1609, se asinase a tregua cos protestantes holandeses tras a Guerra dos Doce Anos. Con este xesto Felipe III estáballe a dicir ao: Pactamos cos herexes protestantes, pero somos tan católicos que somos capaces de expulsar ao 4,30% da nosa poboación (unhas 300.000 persoas entre 1609 e 1614) -España a principios do siglo XVII tiña sete millóns de habitantes- por ser moriscos“Manuel Peña Díaz
EXPULSIÓN DOS MORISCOSA morisca Beatriz de Padilla foi executada
nunha pira de lume o 13 de decembro de
1598 en Cuenca,
acusada de practicar a
relixión islámica
Oromig e Peralta: Embarque dos moriscos de Vinaroz (1612-1613)
CRISE DEMOGRÁFICA(s. XVII)
Aumento da mortalidade
Emigración a América
Expulsión dosmoriscos
Guerras
Epidemias
Crise desubsistencias
Estancamento oureducción da poboación
Despoboamentodo interior
Mantemento eavance da periferia
De 8 a 7millóns dehabitantes
Fonte: Daniel Gómez. danielylosquince.blogspot.com
DECLINAN AS REMESAS AMERICANAS
Cantidades de ouro e prata chegadas a España, procedentes de América, calculadas en millóns de pesos. Un peso equivalía nesta
época a 28 gramos de prata.
TREGUA DOS DOCE ANOS
O mapa 'Leo Belgicus', de Claes Janszoon Visscher, que conmemora a Tregua dos doce anos (1609) dos Países Baixos con España, describe as 17 provincias dos Países Baixos como unha unidade en forma de león rampante.
POLÍTICA INTERIOR
DE OLIVARES
MEDIDA
CONSECUENCIAS
OBXECTIVOS
Fonte: Daniel Gómez. danielylosquince.blogspot.com
Manter a política exterior
Incrementar ingresos
Crise socioeconómica
Que contribúantodos os territorios
Fueros
UNIÓN DE ARMAS(1624)
Sistema militar de carácter defensivo
no que todos os reinosda Monarquía debían
contribuir de xeito proporcionado
Rebelión de CATALUÑA
Rebelión de PORTUGAL
Guerra (1640-1652)
Integración na CoroaMantemento dos fueros
Guerra (1640-1668)
Independencia (1668)
Antoni Estruch (1907): Corpus de sangue
“A galopante inflación conducíu a unha nova bancarrota e subida de impostos en Castela. A estas alturas, Olivares, impaciente, pensou en atacar Francia, a eterna inimiga, pola fronteira catalana, só para implicar a Cataluña na guerra. Os campesiños cataláns, molestos pola imposición de tropas reais que lles roubaban o gran e os porcos, alzáronse en armas en Barcelona e asasinaron ao vicerrei, é dicir, ao representante do poder central. O Corpus de Sangue, o de Els Segadors. Alá foi Troia: media Cataluña sublevada contra a monarquía durante doce anos. ”
Juan Eslava Galán: Historia de España
contada para escépticos.
REBELIÓN EN CATALUÑA
Guerra dos Trinta Anos(1618-1648)
Recomposición do mapa político europeo
Hexemonía continentalfrancesa
España pasa a ser unhapotencia secundaria
Afundimento do Imperio dos Austrias
Independencia de Holanda
Fragmentación de Alemania
PAZ de WESTFALIA(1648)
Predominio dosEstados- nación
Afirmación dasmonarquías absolutas
Caen as formasde poder
supranacionais
O rei como encarnacióndo Estado
Poder restrinxido só polas leis divinas, as naturais e os
parlamentos(non convocados)
Igualdade e liberdade relixiosas
Formación de igrexasnacionais protestantes;Sur de Europa católico
Fin das guerras de relixión
Fonte: Daniel Gómez. danielylosquince.blogspot.com
A Paz de Westfalia. A remodelación de Europa (1648-1659)
Fonte: CNICE.
“O rei é máis ben baixo que alto, fraco, non mal formado, feo de faciana; ten o colo longo, a faciana longa, a barbiña longa e como encorvada cara arriba; o beizo inferior típico dos Austrias; ollos non moi grandes, de cor azul turquesa e cute fino e delicado: Mira con expresión melancólica e un pouco asombrada.(...) O seu corpo é tan feble como a súa mente. De cando en vez dá sinais de intelixencia, de memoria e de certa vivacidade, pero non agora; polo común ten un aspecto lento e indiferente, torpe e indolente, parecendo estupefacto. Pódese facer con el o que se desexe, pois carece de vontade propia.”
Verbas do nuncio papal sobre Carlos II
Las damas le hechizan,Los frailes le pasman,Los lobos le aturden,Los cojos le baldan.
Hechizo pareceEsta lenta calma
Con su arrobamientoY su nariz larga.
Más que esté hechizadoparece bobada
pues nadie lo estáde los que le agravian
Versos satíricos sobre Carlos II
“O ENFEITIZADO” CARLOS II
Miré los muros de la patria mía,
si un tiempo fuertes, ya desmoronados,
de la carrera de la edad cansados,
por quien caduca ya su valentía.
Salime al campo, vi que el sol bebía
los arroyos del hielo desatados
y del monte, quejosos, los ganados;
que con sombras hurtó su luz al día.
Entré en mi casa, vi que amancillada
de anciana habitación era despojos;
mi báculo, más corvo y menos fuerte,
vencida de la edad sentí mi espada
y no hallé cosa en que poner los ojos
que no fuese recuerdo de la muerte.
Francisco de Quevedo
Decadencia do Imperio
Crise climática, “pequenaIdade de xeo” do XVII
Revoltas e liortas internas
Perda de poder en Europa
Crise demográfica