escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

36
ESCOLMA DE XOGOS POPULARES CEIP PORTO – CABEIRO CURSO 2009-2010

Upload: cabeiroweb

Post on 27-Jun-2015

425 views

Category:

Education


2 download

DESCRIPTION

Xogos recollidos polos alumnos/as dos seus avós e pais.

TRANSCRIPT

Page 1: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

ESCOLMA DE XOGOS POPULARES

CEIP PORTO – CABEIRO

CURSO 2009-2010

Page 2: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O BURRO”

“A miña nai contoume un xogo que lle contou a súa nai, chámase o burro”.

Trátase de que haxa un grupo de nenos e nenas, máis de 5, que esta en posición do burro. Tíñan que separar máis de un metro.

Page 3: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O BURRO”

• Despois un dos xogadores tiña que saltar por enriba deles coas as mans colocadas no lombo e saltando coas pernas abertas.

Page 4: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O BURRO”

• Cando saltes por enriba do último xogador colócaste coma un burro, e o primeiro empeza o xogo outra vez.

• Os burros teñen que ter a cabeza encollida para non mancarse.

• O que caia perde.

Page 6: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O XOGO DAS CAIXAS DOS MISTOS”

• Xogábase collendo varias caixas de mistos baleiras.

• Tirábase contra a parede e a caixa caía enriba das outras que estaban no chan.

• Gañábase se tocaba as caixas que estaban no chan, e son para o xogador.

Page 7: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O ARO”

• A miña avoa contoume que de pequena xogaba ao aro.

Page 8: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O ARO”

• Collían un aro dun caldeiro ou dun pipote, e outro ferriño máis pequeno, e con el construían o xogo.

Page 9: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O ARO”

• Quen aguante máis tempo co aro en movemento é o gañador.

• Non pode caer ao chan, se non perdes.

Page 10: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “A MONECA”

• A moneca de pao:

Este xogo díxomo a miña avoa. Cantos máis xogadores haxa, máis divertido é.

Page 11: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “A MONECA”

• A miña avoa de pequena, cunhas amigas, xogaba a crear unha moneca co corpo de pao ou cana.

Page 12: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “A MONECA”

• Os ollos podíanse facer de varias formas, segundo queiramos, pintados, poñéndolles un anaco de la etc.

Page 13: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “ A PEDRIÑA”

• Este xogo contoumo tamén a miña avoa. Os xogadores poden ser cantos queiramos.Consiste en marcar unhas liñas no chan, logo coller unha pedra ou un anaco de tella e tirala ao chan.

Page 14: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “ A PEDRIÑA”

• A pedra ou tella non pode tocar as liñas se non perdes. Tes que mover a pedra de casiña en casiña, dándolle toques co pé sen que toque as liñas.

Page 15: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “AS BRUXAS”– Póñense todos nun círculo menos un, que elixe a 3 ou 4 persoas para que sexan as bruxas.

• Cando as bruxas esten dentro do círculo cantan unha canción mentras dan voltas ao redor das bruxas. Cando termina a canción os xogadores din nomes do que foron dicindo as bruxas ao longo da canción.

• Feito esto o gran grupo dille ás bruxas: quen sodes? , o que elas responderan: “ As bruxas “.

• Todos empezan a escapar e as bruxas os intentan alcanzar.• Os últimos en ser atrapados poden ser as bruxas no seguinte xogo.

Page 16: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “AS BRUXAS”

Page 17: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “PASE MI SI”

• A miña avoa, Concha, contoume un xogo para xogar en grupo.

• Escóllense dous nenos que fan

unha ponte cos brazos e deciden que van preguntar paises,cidades, cores, etc

Page 18: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “PASE MI SI”

• Os demais nenos fan unha fileira e pasan por debaixo da ponte, mentras se canta a canción:

“Pase mi si, pase mi sa, polas portas de Alcalá. Os de diante corren moito, os de atrás se quedarán” .

Page 19: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “PASE MI SI”• Preme aquí

Ao rematar a canción os dous nenos que forman a ponte baixan os brazos e atrapan a un neno ao que lle preguntan que prefiren das cousas que escolleron antes.Segundo a resposta, pasan detrás do neno que lle corresponda.Cando se atrapan todos os nenos faise unha liña no chan, e os dous equipos tiran hacia atrás. O equipo que cruce a liña perde.

Page 20: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “ CASTELO DE CAROZOS”

• Necesíntanse carozos.

• Poden xogar un ou máis xogadores.

• Cada xogador ten que facer o seu propio castelo, poñendo 2 carozos en vertical, logo enriba 2 en horizontal e así ata que teñas un castelo.

• Gaña o xogador que consiga o castelo máis alto sen que lle caia.

Page 21: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “ O FÍO”

PREME NESTE VÍDEO

Page 22: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “ O FÍO”

Page 23: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O TIRAPEDRAS”• O xogo que me contaron é o

“tirapedras”

• O tirapedras consiste en coller unha pedra, metela entre a goma e despois tirar hacia atrás, e soltar.

Page 24: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O TIRAPEDRAS”

• Como se fai un tirapedras?

• Córtase un pao, pero a punta do pao ten que ter unha forma de i grega (“Y”), despois colles unha goma e atala nas dúas puntas.

Page 25: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “A PULGA”• A pulga facíase cunha capsuliña de calquera cousa, por exemplo dun

medicamento, na que se metía unha bola pequena de ferro

Page 26: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “A PULGA”• Coa pulga facíanse varios xogos.

• Un era facer circuítos.

• Facíanse cunha táboa de madeira na que se poñían obxectos que se pegaban na táboa e despois había que inclinar a táboa e intentar que a pulga esquive os obxectos.

• Preme aquí

Page 27: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “A PULGA”

• Outro xogo era ir pasando a pulga de man en man pero rodando sen que se lle caera a ninguén. Se alguén se lle caía quedaba descalificado.

• Este xogo podía ser de dous ou máis xogadores e os que perdían dábanlle unha pulga cada un ao gañador.

• Hoxe en día chámase:

“Tico-Tacos”

Page 28: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “AMO-ATÓ”• Vou contar un xogo que se chama amo-

ató e poden xogar de 4 a 20 persoas.• Dun grupo escóllense dúas nenas, unha

fai de nai e outra de ama, logo a nai ponse nuha esquina e a ama noutra.

• A que fai de nai ten con ela o resto das nenas e a ama canta para escoller unha nena

Page 29: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “AMO-ATÓ”• Ama: Amo-ató matarilerilerile, amo-ató matarilerilerón, chim-pon• Nai: Que quere vostede, matarilerilerile, que quere vostede matarilerilerón

chim-pon• Ama:Eu quero un paxe matarilerilerile, eu quero un paxe matarilerilerón,

chim-pon• Nai: Que paxe é ese matarilerilerile, que paxe é ese matarilerilerón chim-

pon• Ama: A “Sandra” polo sue nome matarilerilerile, a “Sandra”polo seu nome

matarilerilerón, chim-pon• Nai: Que oficio lle vai poñer? matarilerilerile, que oficio lle vai poñer?

matarilerilerón chim-pon• Ama: O oficio de mestra matarilerilerile, o oficio de mestra matarilerilerón,

chim-pon• Nai: Aquí a ten vostede, matarilerilerile, aquí a ten vostede matarilerilerón

chim-pon

Page 30: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “AMO-ATÓ”

• Logo xúntanse as tres, fan unha roda e cantan: “ Ao pasar o trébole, o trébole o trébole. Ao pasar o trébole a noite de San Xoán.

• E a filla despídese da nai gritándolle: Adeus mamá!. E así repítese todo ata que se rematen todas as nenas, tendo ao final cada unha o seu oficio.

Page 31: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO DE MANS

• Preme aquí para ver os movementos das mans

• Unha pomba,

punto e coma.

Quería saír do niño,

punto e seguido.

Quería ser cantante,

punto e aparte.

Pobre animal!

Punto e final.

Page 32: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O PATEIRO”• Este xogo que me contou o meu avó é moi antigo, e chámase o xogo da

billarda. É así:• Collemos dous paos un mais pequeno que o outro. O pequeno de 15 ou

20cm e o grande de 80 ou 90 cm

• Este xogo, ademáis de chamarse “ o pateiro” ou “a billarda”, tamén se chama “a pincha”.

Page 33: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

XOGO “O PATEIRO”

• Xogan os xogadores que queiran pero teñen que ser pares.• Ponse o pao pequeno no chan cun dos extremos un pouco

levantado para poder darlle co pao grande. Cando o pao pequeno está xirando no aire dámoslle co grande.

• O pao pequeno chámase “canícola” e o grande “vara”.

Page 34: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

OUTROS XOGOS

Page 35: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

OUTROS XOGOS

Page 36: Escolma de xogos ceip porto cabeiro 2010

RELACIÓN DE XOGOS

• “ O BURRO ”………………………………………………………………………..……….1• “ O XOGO DAS CAIXAS DE MISTOS ”…..……………………...........................…….3• “ O XOGO DAS CAIXAS”……………………………………………..............................5• “ O ARO”……………………………………………………………………………………..6• “ A MONECA DE PAO…………………………………………….………………………..9• “ A PEDRIÑA”………………………………………………………………………………12• “ AS BRUXAS ”……………………...……………………………………………………..14• “ PASE MI SI ”……………………………………………………………………………...16• “ O CASTELO DE CAROZOS ”………………………………………………………….19• “ O FÍO ”……………………………………………………………….............................20• “ O TIRAPEDRAS ”………………………………………………………………………. 22• “ A PULGA ”………………………………………………………………………………..24• “ AMO – ATÓ ”……………………………………………………….........................…..27• “ XOGO DE MANS ”………………………………………………………………………30• “ O PATEIRO ”……………………………………………………………………………..31• “OUTROS XOGOS: BOLICHE, CHAPAS, TABAS, CANICAS……………………….33

• Autores:Carla, Fernando, Andrea, Carla L. F.,Eva, Alexis, Andrea B., Uxía, David,Daniel, Breogán, Ana, Asunción, Lucía Mª, Laura, Miriam, José Mª, Alejandro,xunto coa colaboración dos seus avós, avoas, pais, nais …

• Mestra: Ánxela D.M.