escocia - afundación · do imperio británico” na época vitoriana: a gran mesquita central, a...

8
Escocia afundación.org

Upload: others

Post on 04-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Escocia - Afundación · do Imperio británico” na época vitoriana: a Gran Mesquita Central, a catedral, as fermosa vistas da universidade, concello, George Square e os estaleiros,

Escocia

afundación.org

Page 2: Escocia - Afundación · do Imperio británico” na época vitoriana: a Gran Mesquita Central, a catedral, as fermosa vistas da universidade, concello, George Square e os estaleiros,

1 de xullo - Santiago de Compostela - Madrid – Edimburgo– Glasgow Recollida dos pasaxeiros nos Espazos +60 e traslado ao aeroporto de Santiago. Trámites de

facturación e embarque. Recollida no aeroporto de Edimburgo ás 10.25 horas e saída en autocar

cara a Glasgow. Xantar en restaurante. Visita panorámica da coñecida como a “segunda cidade

do Imperio británico” na época vitoriana: a Gran Mesquita Central, a catedral, as fermosa vistas da

universidade, concello, George Square e os estaleiros, nos que se construíron famosos buques

como o Queen Mary ou o Real Britania… Traslado ao hotel. Cea e aloxamento.

2 de xullo - Glasgow Almorzo. Excursión a New Lanark, antigo centro téxtil considerado berce da Revolución Industrial.

Esta aldea, do século XVIII, acadou gran sona con Robert Owen, director do complexo, polas súas

avanzadas ideas sociais a prol dos traballadores. Xantar. A continuación, dirixirémonos a unha

destilaría para realizar a visita e unha pequena degustación. Regreso a Glasgow. Cea e aloxamento.

3 de xullo - Glasgow / Stirling / Terras Altas Almorzo. Saída cara a Stirling, cidade que une as Terras Baixas e as Terras Altas escocesas. Visita

do castelo, un punto estratéxico desde tempos inmemoriais e un símbolo da resistencia militar

escocesa contra a agresión inglesa na Idade Media, que foi atacado decontino durante a guerra da

independencia de Escocia. Alí producíronse, ademais, algunhas das batallas decisivas da historia de

Escocia. Xantar. Saída atravesando o Parque Nacional dos Trossachs, zona montañosa e boscosa

que serviu a miúdo de inspiración a sir Walter Scott. Chegada ás Terras Altas e ao noso hotel. Cea

e aloxamento.

4 de xullo - Terras Altas

Almorzo e saída cara ao norte para percorrer unha das rexións máis interesantes das Terras Altas, o

Wester Ross. Cruzaremos a ponte sobre Moray Fith e entraremos na rexión de Ross, unha paisaxe

impresionante, bordeando Loch Maree ata Gairloch para continuar ata Inverewe Gardens, xardíns

subtropicais iniciados por Osgood Mackenzie en 1862, que sobreviven na mesma latitude que San

Page 3: Escocia - Afundación · do Imperio británico” na época vitoriana: a Gran Mesquita Central, a catedral, as fermosa vistas da universidade, concello, George Square e os estaleiros,

Petersburgo grazas á cálida influencia da corrente do golfo. Xantar. Continuación á fervenza de

Measach, con breve parada para ver a garganta de Corrieshalloch Gorge coa impoñente fervenza

que cae desde unha altura de 45 metros. De regreso ao noso hotel, chegamos ao máis famoso

dos lagos escoceses, Loch Ness, onde daremos un marabilloso paseo en barco para percorrer

o máis profundo lago escocés no que a lenda di que habita Nessie. Chegada ao hotel. Cea e

aloxamento.

5 de xullo. - Terras Altas / Edimburgo Almorzo e saída cara a Scone Palace, visita imprescindible en calquera percorrido por Escocia.

Esta impresionante fortaleza, situada na antiga capital do reino Picto, era coñecida por albergar a

Pedra do Destino sobre a que se coroaba os reis de Escocia. Continuamos a nosa ruta ata Saint

Andrews. Xantar. Visita con guía local desta antiga e histórica cidade de Escocia na que se atopa

a catedral de Saint Andrews, actualmente derruída, igual que o seu castelo, e onde destaca unha

das universidades máis antigas e prestixiosas de Reino Unido. Considerada como o berce do golf,

conta co club e campo máis antigo do mundo. Proseguimos a Edimburgo. Cea e aloxamento.

6 de xullo - Edimburgo Almorzo. Visita da cidade de Edimburgo. Percorreremos o barrio xeorxiano da cidade, coñecido

co nome da Cidade Nova. Subiremos ao outeiro de Calton, convertido durante a Ilustración

escocesa na “acrópole” da cidade e desde a que se ten unha vista fantástica de Edimburgo.

Dirixirémonos logo á Cidade Vella, pasando pola zona de Holyrood, onde se encontran o Palacio

Real e a modernísima sede do Parlamento Escocés, deseñada polo arquitecto catalán Enric

Miralles. Percorreremos tamén a Milla Real, verdadeira columna vertebral da Edimburgo histórica,

que une o palacio de Holyrood e o castelo de Edimburgo. Xantar. Pola tarde realizaremos a visita

do castelo de Edimburgo sede das xoias da Coroa Escocesa; visitaremos os exteriores e iremos

subindo ao nivel medio e ao superior, onde se encontra a capela de Santa Margarita, o canón de

Mons Megy e un cemiterio de cans e do palacio de Holyroodhouse, residencia oficial da raíña en

Escocia. Visitaremos tanto o patio exterior coma o interior, ascendendo pola súa escalinata, onde

poderemos contemplar as magníficas pinturas, tapices e retrato de Isabel II, e posteriormente

chegaremos ás dependencias de María Estuardo. Cea e aloxamento.

Page 4: Escocia - Afundación · do Imperio británico” na época vitoriana: a Gran Mesquita Central, a catedral, as fermosa vistas da universidade, concello, George Square e os estaleiros,

7 de xullo - Edimburgo Almorzo. Pola mañá, excursión á capela de Rosslyn, situada nunha apracible localidade nas proximidades de Edimburgo, cuxos misteriosos relevos atraen sempre os visitantes e os amantes dos misterios e inspiraron a célebre novela de Dan Brown, “El Código da Vinci”. Regreso a a Edimburgo. Xantar. Tarde libre para pasear pola cidade. Cea especial de despedida Slainte Scottish nights. Aloxamento.

8 de xullo - Edimburgo / Madrid / Santiago de CompostelaAlmorzo. Tempo libre ata a hora do traslado ao aeroporto. Ás 17.05 chegada a Lavacolla e traslado

aos Espazos +60.

PREZOEn habitación dobre/persoa socia ABANCA: 2.375€

En habitación dobre/ persoa socia: 2.612,5€

Suplemento habitación individual: 500€

*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación,

o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.

O NOSO PREZO INCLÚE

Traslados desde os Espazos +60 ao aeroporto de Santiago, e viceversa.

Voos para traxecto Santiago- Edimburgo- Santiago en liña regular (IBERIA)

IB3895/3690 SCQMADEDI 06.35-07.50/08.35-10.25

IB3691/3878 EDIMADSCQ 11.00-15.00/15.50-17.05

Facturación dunha maleta de 23 kg por persoa.

Autocar para o grupo durante todo o percorrido.

Guía acompañante, durante todo o percorrido, de fala hispana.

7 noites de aloxamento en hoteis 4*

Réxime de pensión completa, cun total de 7 xantares e 7 ceas en hoteis.

Page 5: Escocia - Afundación · do Imperio británico” na época vitoriana: a Gran Mesquita Central, a catedral, as fermosa vistas da universidade, concello, George Square e os estaleiros,

Cea especial de despedida Slainte Scottish nights.

Bebidas incluídas: auga, ¼ de viño, cervexa ou refresco e café en xantar e cea .

Visitas: Visita panorámica de Edimburgo con guía local, Edimburgo histórico con guía local e

entradas ao castelo de Edimburgo e ao palaciode Holyroodhouse, entradas e visita da capela

de Rosslyn, visita con guía local de Saint Andrews, entradas a unha destilaría, entrada a Inverewe

Garden, paseo en barco polo Lago Ness, Stirling e Trossachs con guía local e entradas ao castelo,

panorámica de Glasgow con guía local, New Lanark con guía local e entradas.

Audio guía individual.

Seguro de viaxe e de cancelación.

HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARES Glasgow cidade: Hotel Juris Inn 4*

Terras Altas: Hotel Coylumbridge 4*

Edimburgo: Holiday Inn Edinburgh Zoo (132 Corstorphine Road) 4*

CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN

• 200 €/persoa desde o momento da reserva ata 91 días antes da saída

• 50% do importe total entre 90-61 días

• 75 % do importe total entre 60-31 días

• 100% do importe total entre 30-0 días

*O seguro de viaxe non é reembolsable, independentemente da antelación coa que se produza a

cancelación da viaxe

Page 6: Escocia - Afundación · do Imperio británico” na época vitoriana: a Gran Mesquita Central, a catedral, as fermosa vistas da universidade, concello, George Square e os estaleiros,
Page 7: Escocia - Afundación · do Imperio británico” na época vitoriana: a Gran Mesquita Central, a catedral, as fermosa vistas da universidade, concello, George Square e os estaleiros,
Page 8: Escocia - Afundación · do Imperio británico” na época vitoriana: a Gran Mesquita Central, a catedral, as fermosa vistas da universidade, concello, George Square e os estaleiros,

Información e reservasEspazos +60 Afundación ou Halcón Viajes. 981 22 86 09