escaravello de ouro - cumio · 7 o escaravello de ouro ola, ola! este tipo baila coma un tolo!...

18
cumio

Upload: others

Post on 05-Feb-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

cumio

Page 2: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

O escaravello de ouroEdgar A. Poe

Page 3: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

Edición a cargo de Francisco Villegas Belmonte

Primeira edición, xaneiro 2009

© do autor: Edgar Allan Poe© das ilustracións: Fino Lorenzo© da tradución: Susana Rodríguez Barcia

Maquetación: Natalia Susavila Moares

© da edición:Edicións do Cumio, S.A.A Ramalleira, 5 - 36140 Vilaboa (Pontevedra)Tel. 986 679 [email protected] / www.cumio.com

© Reservados todos os dereitos.De conformidade co disposto na lexislación vixente, o contido desta obra está protexido pola lei. Está prohibida a reprodución ou plaxio, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, fixada en calquera tipo de soporte, sen a preceptiva autorización por escrito.

ISBN: 978-84-8289-298-6Depósito legal: VG 6-2009Impresión: ImagrafImpreso en España

O escaravello de ouro

Page 4: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

7

O escaravellO de OurO

Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo!Picouno a tarántula.

(Todo ao revés)

Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun tal Señor William Legrand. Descen-día dunha antiga familia de hugonotes e

Page 5: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

8 9

tempo atrás tiña gozado de grande fortuna, ata que unha serie de desgrazas sumírono na pobreza. Para evitar a mortificación que segue a semellantes calamidades, abando-nou Nova Orleáns, a cidade dos seus avós, e instalouse na illa de Sullivan, preto de Charleston, na Carolina do Sur.

Esta illa é moi singular. Está formada case por completo pola area do mar e ten unhas tres millas de longo. A súa anchura non excede en ningún punto dun cuarto de milla. Encóntrase separada da terra fir-me por unha rada apenas perceptible, in-sinuada nunha desolada zona de xuncos e lodo, a morada favorita dos parrulos silves-tres. Como cabe supor, a vexetación é exi-gua ou alcanza moi pouca altura. Non se ven árbores de ningunha magnitude. Cara ao extremo occidental, onde se acha o Forte Moultrie e se erguen algunhas miserentas construcións habitadas no verán polos que fuxen do po e a febre de Charleston, pode advertirse a presenza da encrechada palma; pero, a illa enteira, agás esta punta oeste, e unha franxa de praia branca e dura na cos-ta, está cuberta por unha mesta maleza de

arraián, tan apreciado polos horticultores de Inglaterra. Este arbusto alcanza aquí con frecuencia unha altura de quince ou vinte pés, e forma unha espesura case impenetra-ble, impregnando o aire co seu recendo.

Nas máis recónditas profundidades desta espesura, non lonxe do extremo oriental e máis afastado da illa, Legrand construíra unha pequena choza, na cal vivía cando por vez primeira, e de xeito puramente casual, trabei relación con el. Pronto chegamos a intimar, pois a forma de ser daquel exiliado inspiraba interese e estima. Descubrín que posuía unha boa educación e unha intelixencia fóra do común, pero que estaba dominado pola misantropía e suxeito a lamentables alter-nancias de entusiasmo e melancolía. Tiña consigo moitos libros, aínda que raras ve-ces botaba man deles. Os seus principais divertimentos consistían na caza e na pes-ca, ou en deambular pola praia e por en-tre o arraián, na procura de conchas ou exemplares entomolóxicos; a súa colec-ción destes últimos podería ter suscitado a envexa dun Swammerdam.

Page 6: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

10 11

Nestas excursións acompañábao nor-malmente un vello negro, chamado Xú-piter, que fora manumitido pola familia Legrand antes de que comezaran os seus reveses, pero que non conseguiron conven-cer, nin con ameazas nin con promesas, de que abandonara o que consideraba o seu deber de coidar con celo ao seu mozo massa Will. E non é difícil supor que os parentes de Legrand, considerando a este un tanto desequilibrado, fomentaran esa obstina-ción en Xúpiter, coa intención de asegurar a vixilancia e custodia do errabundo.

Na latitude da illa de Sullivan os inver-nos son rara vez crus, e ao rematar o ano considérase todo un acontecemento o fei-to de que fora necesario prender un lume. Cara mediados de outubro de 18…, houbo, non obstante, un día considerablemente fresco. Xusto antes de poñerse o sol fíxen-me paso por entre a maleza ata chegar á choza do meu amigo, a quen non visitara en varias semanas; daquela eu residía en Charleston, situado a unha distancia de nove millas da illa, e as facilidades para ir e volver eran moito menores que as actuais.

Page 7: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

12 13

—Ah, se soubese que vostede estaba aquí! –dixo Legrand–. Pero hai moito tempo que non o vía, e como podía adiviñar que viría visitarme xustamente esta noite? Cando vol-vía a casa atopeime co tenente G…, do forte, e cometín a parvada de prestarlle o escarave-llo; de maneira que ata mañá pola mañá será imposible que o vexa. Fique aquí esta noite, e mandarei a Xup buscalo ao abrente. É a cousa máis encantadora da creación!

—O que? O abrente?—Que disparate! Non! O escaravello.

É da cor do ouro brillante, e ten o tamaño dunha grande noz, con dúas manchas de negro acibeche nun extremo do dorso, e outra, algo máis grande, no outro. As an-tennæ son…

—Non ten nada de estaño1, massa Will, xa llo dixen! –interrompeu Xúpiter–;

1 Na versión orixinal en inglés, Xúpiter emprega unha xerga propia dos negros do sur dos Estados Unidos. Na escrita, Poe representa este xeito privativo de fala a través de faltas no nivel ortográfico que caracterizan a Xúpiter dentro dun grupo determinado de falantes. Na tradución non trasladaremos esta particularidade, posto que na adaptación perderíase ou deformaríase a esencia da xerga, polo que obviaremos este aspecto.

Ao chegar á choza golpeei a porta, como era o meu costume e, como non obtiven respos-ta, busquei a chave onde sabía que estaba agochada, abrín a porta e entrei. Un magní-fico lume ardía no fogar. Era unha novida-de, e non desagradable por certo. Quitei o gabán, instaleime nunha butaca preto dos chispeantes troncos e agardei pacientemen-te o regreso dos meus hóspedes.

Pouco despois da noitiña chegaron e déronme unha acollida moi cordial. Xú-piter, sorrindo de orella a orella, afanábase na preparación dalgúns parrulos silves-tres para a cea. Legrand achábase nun dos seus ataques –que outro termo podería empregarse?– de entusiasmo. Atopara un bivalvo descoñecido, que constituía un novo xénero, e, ademais disto, perseguira e cazara, coa axuda de Xúpiter, un scara-bæus que consideraba totalmente novo, e acerca do cal desexaba coñecer a miña opinión á mañá seguinte.

–E por que non esta mesma noite? –pre-guntei, refregándome as mans ante as cha-mas, e enviando ao diaño á tribo completa dos scarabæi.

Page 8: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

14 15

Namentres el facía iso, eu permanecía no meu asento xunto ao lume, xa que aín-da gardaba o frío de fóra. Cando rematou o debuxo, entregoumo sen erguerse. Ao collelo, oíuse un sonoro ladrido, ao que seguiron unhas rabuñadas na porta. Xú-piter abriuna, e un enorme terranova, propiedade de Legrand, entrou ás carrei-ras, saltou aos meus ombros, e cubriume de aloumiños; pois eu déralle moitos me-cos nas miñas anteriores visitas. Cando remataron os seus choutos, mirei para o papel, e, a dicir verdade, fiquei non pouco abraiado polo que o meu amigo acababa de deseñar.

—Vaia! –dixen, logo de examinalo uns minutos–. Este é un escaravello realmente estraño, debo admitilo. Endexamais vin algo semellante… como non sexa un cra-nio, ou unha caveira, ao cal parécese máis que calquera outra cousa baixo o meu punto de vista.

—Unha caveira! –repetiu Legrand–. Oh, si! En fin, pode ter un aspecto pare-cido no papel, non cabe dúbida. As dúas manchas negras na parte superior dan a

o becho é un escaravello de ouro, todo de ouro macizo, dentro e por todas partes, salvo as ás… Nunca na miña vida vin un escaravello a metade de pesado.

—Ben, supoñamos que sexa así, –re-plicou Legrand, con mayor vivacidade, segundo o meu parecer, da que deman-daba o caso–. É esta unha razón para que deixes que se queimen as aves? A cor –e aquí volveuse cara a min– sería abondo para que a opinión de Xúpiter estivera xustificada. Nunca vería un reflexo metá-lico máis brillante do que emiten os seus élitros… pero non poderá xulgalo vostede mesmo ata mañá. Polo momento, tratarei de darlle unha idea da súa forma.

Ao tempo que dicía isto foi sentarse ante unha mesiña, na cal había unha plu-ma e tinta, pero non papel. Buscou nun-ha gabeta, sen atopalo.

—Non importa –dixo ao fin–; servirá con isto.

E extraeu do peto do seu chaleco un anaco do que semellaba un pergamiño sumamente lixado, sobre o cal procedeu a trazar un rudimentario esbozo coa pluma.

Page 9: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

16 17

impresión de ollos, eh?, e as máis grandes da parte inferior forman como unha boca, sen contar que a forma xeral é ovada.

—Pode ser –dixen–, pero temo, Legrand, que vostede non sexa un artista. Terei que esperar a ver persoalmente o escaravello, para facerme una idea do seu aspecto.

—En fin, non sei –dixo el, un tanto pi-cado–. Debuxo aceptablemente, ou polo menos debería ser así, xa que tiven bos mestres, e xáctome de non ser parvo.

—Pois nese caso, meu querido amigo, vostede está de chanza –dixen–. Esto re-presenta bastante ben un cranio, e mesmo podería dicir que é un excelente cranio, conforme ás nocións vulgares sobre esa rexión anatómica, e o seu escaravello sería o máis raro dos escaravellos do mundo se se lle parecese a iso. Incluso poderiamos inventar algunha pequena superstición moi arrepiante sobre esta cuestión. Coido que vostede denominará ao seu insecto scarabæus caput hominis, ou algo similar; existen moitos nomes semellantes na his-toria natural. Pero, onde están as antenas das que falaba vostede?

Page 10: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

18 19

Ergueuse por fin, colleu unha candea da mesa, e sentouse nun cofre situado no recuncho máis alonxado do cuarto. Alí volveu examinar ansiosamente o papel, dándolle voltas en todas as direccións. Non dixo nada, emporiso, a súa condu-ta deixoume perplexo; pero xulguei pru-dente non crispar máis o seu crecente mal humor con algún comentario. Pouco despois extraeu unha carteira do peto da súa chaqueta, colocou con coidado o pa-pel nela, e depositou todo nun escritorio, que pechou con chave. Recobrou entón a serenidade; pero o seu entusiasmo inicial desaparecera por completo. Aínda así, parecía moito máis abstraído que anoxa-do. A medida que avanzaba a tarde foi-se perdendo máis e máis nun entresoño, do que ningunha das miñas ocorrencias logrou arrincalo. Era a miña intención pasar a noite na cabana, como facía con frecuencia, pero, vendo ao meu hóspede nesta actitude, estimei máis apropiado marchar. El non tratou de reterme, pero, ao despedirse de min, estreitoume a man con máis cordialidade que de costume.

—As antenas! –exclamou Legrand, que parecía acalorarse inexplicablemente co tema–. Estou certo de que debe vostede ver as antenas. Debuxeinas con tanta cla-ridade como pode verse no insecto mes-mo, e presumo que con iso é suficiente.

—Moi ben, moi ben –dixen–; quizais o fixera, pero sigo sen velas.

E achegueille o papel sen máis observa-cións, para non irritalo; pero deixoume moi asombrado o xiro que tomara a nosa con-versa, intrigábame o seu mal humor; e, en canto ao debuxo do escaravello, non había en realidade antenas visibles, e o conxun-to amosaba unha marcadísima semellanza coa imaxe corrente dunha caveira.

Recolleu o papel moi enfurruñado, e estaba a piques de estrelalo, sen dúbida coa intención de botalo ao lume, can-do unha ollada casual ao debuxo recla-mou intensamente a súa atención. Nun instante a súa face virouse vermella vio-lentamente, para pasar a continuación a unha palidez extrema. Sen moverse de onde estaba sentado, continuou es-cudriñando o debuxo minuciosamente.

Page 11: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

20 21

dun lado para outro, coa cabeza baixa e os ombreiros levantados, e tan branco coma as plumas dun ganso? E facendo garabatos todo o tempo…

—Facendo que, Xúpiter?—Números, massa, e figuras… nunha

lousa; as figuras máis raras que nunca vin. Dígolle que estou empezando a asustar-me. Non podo sacarlle os ollos de enriba. O outro día escapoúseme antes da saída do sol e pasou fóra todo o santo día… Xa cortara unha boa vara para darlle unha malleira á volta, pero fun tan parvo que non tiven a coraxe de facelo; parecía tan desgraciado!

—Eh? Como? Despois de todo, creo que fas ben en non mostrarte severo de máis co coitado. Non o azoutes, Xúpiter, non po-dería soportalo. Pero, non tes idea do que lle puido orixinar esta doenza, ou máis ben este cambio de conduta? Aconteceu algo desagradable despois da miña visita?

—Non, massa, non pasou nada des-agradable desde entón, témome que foi an-tes; o mesmo día que vostede estivo alí.

—Como? Que queres dicir?

Transcorrera ao redor dun mes despois disto (e durante ese intervalo non volvín ver a Legrand) cando recibín a visita, en Charleston, do seu servente, Xúpiter. En-dexamais vira ao vello e bo negro tan de-caído, e temín que lle acontecera ao meu amigo unha desgraza seria.

—Pois ben, Xup –dixen–, que hai de novo? Como está o teu amo?

—Vaia, a dicir verdade, massa, non está tan ben como debería.

—Que non está ben? Sinto sincera-mente escoitar iso. E de que se queixa?

—Ah! Esa é a cousa! Nunca se queixa de nada… pero está moi enfermo.

—Moi enfermo, Xúpiter! Por que non mo dixeches enseguida? Está na cama?

—Non, non está! Non está en ningu-res! Iso é o que me dá mala espiña! Teño a cabeza trastornada polo pobre massa Will.

—Xúpiter, gustaríame entender o que me estás a contar. Dis que o teu amo está enfermo. Non che dixo que ten?

—Oh, massa, é inútil romperse a cacho-la pensando nisto. Massa Will non di o que lle pasa… pero entón, que fai andando así,

Page 12: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

22 23

—Pero, como sabes que soña con ouro?—Que como o sei? Pois porque fala

diso en soños; por iso.—En fin, Xup, quizais esteas no certo,

pero, a que afortunada circunstancia debo hoxe o honor da túa visita?

—Que quere dicir, massa?—Tráesme algunha mensaxe do señor

Legrand?—Non, massa, traio esta carta. E Xúpi-

ter achegoume unha nota que dicía:

Querido …:Por que hai tanto tempo que non

o vexo? Supoño que non cometería a parvada de sentirse ofendido por algunha brusquidade da miña parte; pero non, é improbable.

Desde a última vez que o vin ti-ven grandes motivos de inquietude. Hai algo que quero dicirlle, pero non sei como, e nin sequera estou seguro de se debería dicirllo.

Nos últimos días non me sentín de todo ben, e o pobre vello Xup amó-lame ata máis non poder coas súas

—Massa… refírome ao becho… nada máis.

—O que?—O becho… Estou seguro de que massa

Will foi picado nalgunha parte da cabeza por ese escaravello de ouro.

—E que motivos tes, Xúpiter, para fa-cer semellante suposición?

—Ten pinzas dabondo, massa, e tamén boca. Nunca vin un becho máis endiañado; pateaba e trababa todo o que pillaba cerca. Massa Will atrapouno primeiro, pero tivo que soltalo de seguida… Seguramente foi nese momento cando o picou. Tampouco me gustaba a min a boca dese becho, e por nada quería eu agarralo cos dedos, pero co-llino cun anaco de papel que atopei. En-volvino no papel e púxenlle outro cachiño de papel na boca, así o fixen.

—E ti pensas, logo, que o teu amo foi realmente mordido polo escaravello, e que esa trabadela enfermouno?

—Non o creo. Seino. Por que sempre está a soñar co ouro, se non é pola picadu-ra do becho de ouro? Eu xa escoitara falar destes bechos de ouro antes de agora.

Page 13: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

24 25

presaxiaba nada bo. Temín que a continua opresión do infortunio terminase por des-equilibrar de todo a razón do meu amigo. Sen vacilar un intre, prepareime para acom-pañar ao negro.

Chegados ao peirao, vin unha gadaña e tres pas, todas elas aparentemente no-vas, que xacían no fondo do bote onde iamos navegar.

—Que significa todo esto, Xup? –pre-guntei.

—É unha gadaña, massa, e tres pas.—Evidentemente; pero, que fan aquí?—Son a gadaña e as pas que massa Will

me fíxo comprar na cidade, e pagueinas moi caras, costaron uns cartos do diaño.

—Pero, en nome de todos os miste-rios: que vai facer o teu «massa Will» con gadañas e pas?

—Non me pregunte máis do que sei, e que me leve o diaño se eu sei máis. Pero todo é cousa do becho.

Vendo que non obtería aclaración al-gunha de Xúpiter, cuxo entendemento pa-recía absorbido polo «bicho», saltei ao bote e icei a vela. Cunha airexa agradable e forte

boas intencións e coidados. Quererá vostede crelo? O outro día preparou unha vara para castigarme por terme escapado e pasado o día, solus, nos montes de terra firme. Estou certo de que só o meu rostro fatigado salvou-me da tunda.

Non engadín nada novo á miña colección desde o noso último en-contro.

Se pode, e non lle ocasiona de-masiados inconvenientes, veña con Xúpiter. Veña. Desexo velo esta noite, para un asunto importante. Asegúro-lle que é da máis alta importancia.

Sempre seu,

William Legrand

Había algo no ton da carta que con-seguiu desacougarme. O seu estilo difería completamente do de Legrand. Con que podería andar a soñar? Que nova excentri-cidade posuíra o seu excitable cerebro? Que asunto «da máis alta importancia» podía el ter que resolver? O relato de Xúpiter non

Page 14: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

26 27

—Este insecto está destinado a facer a miña fortuna –continuou, cun sorriso triunfal–, ao restituírme as posesións da miña familia. É de estrañar, entón, que o aprecie tanto? Posto que a Fortuna quixo concederme esta dádiva, non me queda outra que usalo con xeito e así chegarei ata o ouro do cal é indicio. Xúpiter, tráe-me o escaravello!

—Que? O becho, massa? Prefiro non ter nada que ver con ese becho; mellor será que o colla vostede mesmo.

Nese momento Legrand levantouse, cun aire grave e impoñente, e sacou ao es-caravello dunha caixa de cristal na que es-taba encerrado. Era un fermoso scarabæus, e, naquel tempo, descoñecido polos natu-ralistas e, por suposto, unha peza de gran valor desde o punto de vista científico. Tiña dúas manchas negras e redondas nun extremo do dorso, e unha máis alongada no outro. Os élitros eran extremadamente duros e refulxentes, con toda a aparencia do ouro puído. O peso do insecto era bas-tante notable, polo cal, considerando ben a cousa, non podía reprocharlle a Xúpiter

axiña arribamos na pequena rada situada ao norte do Forte Moultrie, e unha cami-ñada de dúas millas deixounos na cabana. Serían as tres da tarde cando chegamos. Legrand estivera esperándonos con gran-de expectación. Estreitou a miña man cun nervioso expressément que me alarmou e fixo que temera aínda máis o que viña sos-peitando. A súa face estaba pálida coma a dun espectro, e os seus afundidos ollos re-fulxían cun fulgor anormal. Logo de inda-gar acerca da súa saúde, pregunteille, non ocorréndoseme nada mellor que dicir, se o tenente G… lle devolvera o escaravello.

—Oh, si! –replicou, ruborizándose vio-lentamente–. Recupereino a mañá seguin-te. Nada podería afastarme dese escaravello. Sabe vostede que Xúpiter tiña toda a razón con respecto a el?

—En que sentido? –preguntei, cun triste presentimento.

—Ao supor que era un escaravello de ouro verdadeiro.

Dixo estas palabras cun aire de pro-funda seriedade, e sentín un inefable des-acougo.

Page 15: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

28 29

—E como é posible?—Moi sinxelamente. Xúpiter e máis eu

partimos a unha expedición polos mon-tes, no continente, e precisamos a axuda dunha persoa na que poidamos confiar. Vostede é esa persoa. Triunfemos ou non, a excitación que percibe en min aplacara-se igualmente.

—Estou degoiroso por serlle de utili-dade –repliquei–, pero pretende vostede dicir que ese escaravello infernal ten rela-ción coa nosa expedición aos montes?

—Tena.—Entón, Legrand, non podo tomar

parte en tan absurda empresa.—Síntoo, síntoo moitísimo, porque

teremos que intentalo nós sós.—Intentalo vostedes sós! Ah, segura-

mente este home toleou! Pero dígame, canto tempo se propón estar ausente?

—Probablemente toda a noite. Partire-mos de seguida, e pase o que pase, estare-mos de volta á saída do sol.

—E pode prometerme vostede polo seu honor que, unha vez concluído ese capricho seu, e estea liquidado o asunto

a súa opinión ao respecto; pero que Le-grand compartise ese parecer resultábame imposible de comprender.

—Mandeino chamar –díxome, cun ton grandilocuente, cando completei o meu exame do bicho– para pedirlle consello e axuda no cumprimento dos designios do Fado e do escaravello…

—Meu querido Legrand –exclamei, inte-rrompéndoo–, evidentemente vostede non está ben, e faría mellor en tomar algunhas precaucións. Debería deitarse, e eu queda-rei con vostede uns días, ata que se repoña completamente. Ten vostede febre e…

—Tómeme o pulso –dixo.Así o fixen, e, a dicir verdade, non ad-

vertín o menor síntoma de febre.—Pero é posible estar doente sen ter

febre. Permítame esta vez que sexa o seu médico. En primeiro lugar, métase na cama. E despois…

—Equivócase vostede –interrompeu el–. Síntome tan ben como é posible esta-lo coa excitación que sufro. Se realmente desexa o meu ben, axúdeme a terminar con ela.

Page 16: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

30 31

polo momento, ata que puidese atopar medidas máis enérxicas con garantías de bo resultado. Entre tanto, en van, tratei de sondalo acerca dos propósitos da expe-dición. Unha vez que logrou convencer-me de que o acompañase, non semellaba disposto a manter unha conversación so-bre algún tema menor, e a todas as miñas preguntas non respondía outra cousa que «xa veremos!».

Cruzamos a rada nun esquife no ex-tremo da illa e, remontando os altos te-rreos da beira oposta, encamiñámonos cara o noroeste, atravesando unha rexión sumamente salvaxe e desolada, onde era imposible ver o menor rastro de pisada humana. Legrand avanzaba con decisión; deténdose aquí e alí, só algúns instantes, para consultar certas indicacións no te-rreo que tería deixado el mesmo nunha ocasión anterior.

Deste xeito avanzamos sobre dúas ho-ras, e púñase o sol cando entramos nunha zona infinitamente máis desolada do que viramos ata entón. Era unha especie de chaira, preto do cumio dun monte case

do escaravello (santo Deus!), volverá a casa e seguirá ao pé da letra as miñas pres-cricións coma as do seu médico?

—Si, prométollo; e agora partamos, pois non hai tempo que perder.

Cun fondo pesadume, acompañei ao meu amigo. A iso das catro, Legrand, Xú-piter, o can e máis eu puxémonos en mar-cha. Xúpiter levaba con el a gadaña e as pas –e insistiu para cargalas todo o tem-po– máis ben, pareceume a min, por medo de que algunha das ferramentas caese en mans do seu amo que por exceso de celo ou compracencia. Estaba dun humor de mil diaños, e «maldito becho» foron as únicas palabras que saíron dos seus bei-zos durante toda a viaxe. Pola miña parte, confiáranme un par de linternas xordas, mentres Legrand contentábase co scara-bæus, que levaba atado ao extremo dun fío; facíao xirar dun lado a outro, con aire de nigromante, mentres camiñaba. Can-do reparei nesa derradeira e clara proba da demencia do meu amigo, apenas fun quen de conter as bágoas. Considerei, non obstante, preferible seguirlle á corrente,

Page 17: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

32 33

minuciosamente. Cando rematou o es-crutinio, limitouse a dicir:

—Si, massa, Xup non viu nunca unha árbore á que non puidera rubir.

—Pois entón, sube o máis lixeiro posi-ble, porque axiña vai escurecer e xa non poderemos ver nada.

—Ata onde teño que subir, massa? –in-quiriu Xúpiter.

—Empeza polo tronco, e xa che direi o camiño que tes que tomar e… agarda aí! Leva este escaravello contigo.

—O becho, massa Will? O becho de ouro? –berrou o negro, retrocedendo con pavor–. Que debo rubir á arbore co escara-vello? Que me condenen se o fago!

—Se tes medo, Xup, un negro tan grande e forte coma ti, de levar na man un peque-no escaravello morto e inofensivo, podes levalo pola punta do fío. Pero se non queres collelo de ningún xeito, vereime na necesi-dade de abrirche a cabeza con esta pa.

—Que lle pasa agora, massa? –dixo Xup, evidentemente avergoñado e dispos-to a someterse–. Sempre ten que tomala co seu vello negro. Só era unha broma,

inaccesible, cuberta dun mesto arboredo desde a base ata o bico, e sementada de enormes penedos esparexidos no chan, e moitos deles poderían terse precipitado aos vales inferiores sen a contención dos tron-cos nos que se apoiaban. Profundos barran-cos, en distintas direccións, daban un aire aínda máis solemne a aquel escenario.

A plataforma natural á que rubiramos estaba cuberta de espesas silvas, a través das cales sería imposible ter pensado de non ter connosco a gadaña. E Xúpiter, baixo ás ordes do seu amo, empezou a abrir camiño en dirección a un xigantesco tulípero, alzado alí entre oito ou dez car-ballos, superándoos a todos, como supe-raría a todas as árbores que vira ata entón, pola beleza da súa follaxe e forma, pola colosal extensión da súa ramaxe e pola súa maxestosa aparencia.

Cando chegamos a esta árbore, Le-grand volveuse a Xúpiter e preguntoulle se quería gabear por ela. O vello ficou un tanto azorado e non contestou ao princi-pio. Achegouse por fin ao enorme tronco, deu a volta ao seu redor, e examinouno

Page 18: Escaravello de ouro - Cumio · 7 O escaravellO de OurO Ola, ola! Este tipo baila coma un tolo! Picouno a tarántula. (Todo ao revés)Hai moitos anos trabei unha íntima amiza-de cun

34 35

—Que camiño debo tomar agora, massa Will? –preguntou.

—Segue a póla máis grosa, a deste lado –indicou Legrand.

O negro obedeceu con prontitude, e aparentemente con poucos problemas; rubiu máis e máis alto, ata que desapare-ceu a súa figura rampante entre a densa follaxe que o envolvía. Pero a súa voz non tardou en chegarnos desde o alto:

—Canto máis teño que subir?—A que altura estás? –preguntou Le-

grand.—Estou tan alto tan alto –replicou o

negro– que podo ver o ceo a través da copa da árbore.

—Non te preocupes polo ceo, pero aten-de ben ao que che digo. Mira cara abaixo o tronco e conta as pólas que hai debaixo de ti nese lado. Cantas pólas pasaches?

—Unha, dúas, tres, catro, cinco. Pasei cinco grandes pólas por ese lado, massa.

—Entón sube unha máis.Poucos minutos despois escoitamos de

novo a voz, anunciando que xa chegara á sétima póla.

nada máis. Ter eu medo do becho? Que me importa a min o becho?

Colleu con coidado o extremo do fío, e, mantendo o insecto tan lonxe da súa persoa como o permitían as circunstan-cias, dispúxose a gabear pola árbore.

De novo, o tulípero, ou Liriodendron tulipiferum, a máis magnífica das árbores americanas, ten un tronco particularmen-te liso, que con frecuencia se eleva a unha grande altura, sen producir ramas laterais; pero, cando chega á súa madurez a codia vólvese rugosa e irregular, ao mesmo tempo que xorden no tronco numerosas pólas cor-tas. Por iso a dificultade da ascensión, neste caso, era máis aparente que real. Cinguindo o enorme cilindro como mellor podía, cos brazos e os xeonllos, asindo coas mans al-gúns saíntes e apoiando noutros os seus pés descalzos, Xúpiter, despois de estar a punto de caerse unha ou dúas veces, logrou aferrar-se finalmente á primeira gran bifurcación, e pareceu considerar que a súa angueira rema-taba alí. De feito, o maior perigo da empresa pasara, aínda que o escalador se atopaba a uns sesenta ou setenta pés de altura.