enxcavación arqueológica en o fuxiño, ourense

2
- 175 - A escavación arqueolóxica do xacemento de O Fuxiño formulouse como medida correctora trala localización do mesmo durante as tarefas de control e seguimento arqueo- lóxico da construción da Autoestrada (AG-53) Santiago-Ouren- se. Subtreito: enlace de Dozón-enlace de Cea, Fracción II. Dita actuación foi autorizada o 15 de febreiro de 2006, con prórroga de ampliación do 11 de abril de 2006. Os traballos desenvolvéronse do 1 de marzo ó 2 de xuño de 2006. O xacemento localízase na parte media dunha suave ladei- ra dun esporón con dirección NNE-SSW cerca do regato Asneiros (90m) que o percorre pola súa marxe E. e S. no lugar de O Fuxiño na parroquia de Santiago de Torrezuela, Conce- llo de Piñor, Ourense. As súas coordenadas UTM son: X: 580.915, Y: 4.709.315, Z: 635-615 m.s.n.m. Escavación arqueolóxica en O Fuxiño, Piñor (Ourense) MIGUEL A. VIDAL LOJO CD 102A 2006/092-0 II. ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS · 2. MEDIO RURAL Os traballos arqueolóxicos iniciáronse cunha fase previa de sondaxes avaliativas que xa presumían a existencia dun xacemento habitacional de envergadura. Nesta fase escavá- ronse 25 sondaxes de 5x5m e unha de 10x10m, para un total de 725m2. A partir deste momento e tralo positivo dos resul- tados ampliouse a área de intervención quedando a zona circunscrita a unha trama base de 130 m no eixo N-S e 70 m no eixo E-W, é dicir 9.100m2 divididos convencionalmente en 5 sectores. A grande superficie escavada foi posible grazas á axuda puntual no sector 2 dunha roza mecánica controlada que eliminou de maneira áxil o horizonte A. A escavación sistemática do sitio executouse seguindo unha estratexia de open area adoptando os principios de Matrix Harris. As medicións realizáronse con estación total. Ademais do rexistro fotográfico e videográfico, utilizouse a fotografía ortogonal como unha ferramenta de traballo que permite unha documentación precisa da escavación así como a articulación de planimetrías fotográficas en arquivos dixitais. RESULTADOS Os resultados preliminares amosan un xacemento excep- cional cunha tipoloxía i estructuras que indican un uso do- méstico do espazo con delimitacións de diferentes áreas de actividade (habitación, almacenaxe, limitación) e que se pode encadrar cronoculturalmente, de forma provisional (á espera de resultados analíticos e radiométricos), na Prehistoria Re- cente no intervalo Neolítico Final - Bronce Inicial. A nivel de estruturas hai que salientar a documentación dun interesante conxunto de seis fondos de cabana de tres tipoloxías diferentes, dous pequenos silos globulares, nume- rosas fosas, buracos de poste, seis estruturas de combustión, dúas gabias lineais tipo estacada, así coma dúas pequenas gabias de cimentación circulares interpretadas coma estrutu- ras aéreas de almacenaxe. Cunha única excepción, non hai unha superposición de estruturas no hábitat, esto non presu- pón unha sincronía para todo o xacemento intervido, de feito parece albiscar nesta primeira aproximación, polo menos dúas áreas de desenrolo diferenciadas, reflectindo momentos de ocupación diacrónicos que se desenvolveron nun lapsus tem- poral o suficientemente amplo como para configurar o hábi- tat existente, dentro moi posiblemente dun proceso acumula- tivo de ocupación semipermanente. Á área localizada ao S (sector 1 e 2), vincúlanse tres fondos de cabana con material arqueolóxico asociado que nos refire a un Neolítico Final en datas absolutas arredor do 2.500 a.C. Na parte superior negativos da gran cabana oval. En segundo plano, cabana circular no sector 1. Na fotografía inferior pegada da gabia de cimentación dun fondo de cabana circular no sector 4.

Upload: miguevidal

Post on 14-Jul-2016

232 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Resumen de resultados da excavación arqueolóxica en O Fuxiño, Piñor Ourense

TRANSCRIPT

Page 1: Enxcavación arqueológica en O Fuxiño, Ourense

- 175 -

A escavación arqueolóxica do xacemento de O Fuxiñoformulouse como medida correctora trala localización

do mesmo durante as tarefas de control e seguimento arqueo-lóxico da construción da Autoestrada (AG-53) Santiago-Ouren-se. Subtreito: enlace de Dozón-enlace de Cea, Fracción II.Dita actuación foi autorizada o 15 de febreiro de 2006, conprórroga de ampliación do 11 de abril de 2006. Os traballosdesenvolvéronse do 1 de marzo ó 2 de xuño de 2006.

O xacemento localízase na parte media dunha suave ladei-ra dun esporón con dirección NNE-SSW cerca do regatoAsneiros (90m) que o percorre pola súa marxe E. e S. no lugarde O Fuxiño na parroquia de Santiago de Torrezuela, Conce-llo de Piñor, Ourense. As súas coordenadas UTM son: X:580.915, Y: 4.709.315, Z: 635-615 m.s.n.m.

Escavación arqueolóxica en O Fuxiño,Piñor (Ourense)

MIGUEL A. VIDAL LOJO

CD 102A 2006/092-0II. ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS · 2. MEDIO RURAL

Os traballos arqueolóxicos iniciáronse cunha fase previade sondaxes avaliativas que xa presumían a existencia dunxacemento habitacional de envergadura. Nesta fase escavá-ronse 25 sondaxes de 5x5m e unha de 10x10m, para un totalde 725m2. A partir deste momento e tralo positivo dos resul-tados ampliouse a área de intervención quedando a zonacircunscrita a unha trama base de 130 m no eixo N-S e 70 mno eixo E-W, é dicir 9.100m2 divididos convencionalmenteen 5 sectores. A grande superficie escavada foi posible grazasá axuda puntual no sector 2 dunha roza mecánica controladaque eliminou de maneira áxil o horizonte A.

A escavación sistemática do sitio executouse seguindounha estratexia de open area adoptando os principios deMatrix Harris. As medicións realizáronse con estación total.Ademais do rexistro fotográfico e videográfico, utilizouse afotografía ortogonal como unha ferramenta de traballo quepermite unha documentación precisa da escavación así comoa articulación de planimetrías fotográficas en arquivos dixitais.

RESULTADOS

Os resultados preliminares amosan un xacemento excep-cional cunha tipoloxía i estructuras que indican un uso do-méstico do espazo con delimitacións de diferentes áreas deactividade (habitación, almacenaxe, limitación) e que se podeencadrar cronoculturalmente, de forma provisional (á esperade resultados analíticos e radiométricos), na Prehistoria Re-cente no intervalo Neolítico Final - Bronce Inicial.

A nivel de estruturas hai que salientar a documentacióndun interesante conxunto de seis fondos de cabana de trestipoloxías diferentes, dous pequenos silos globulares, nume-rosas fosas, buracos de poste, seis estruturas de combustión,dúas gabias lineais tipo estacada, así coma dúas pequenasgabias de cimentación circulares interpretadas coma estrutu-ras aéreas de almacenaxe. Cunha única excepción, non haiunha superposición de estruturas no hábitat, esto non presu-pón unha sincronía para todo o xacemento intervido, de feitoparece albiscar nesta primeira aproximación, polo menos dúasáreas de desenrolo diferenciadas, reflectindo momentos deocupación diacrónicos que se desenvolveron nun lapsus tem-poral o suficientemente amplo como para configurar o hábi-tat existente, dentro moi posiblemente dun proceso acumula-tivo de ocupación semipermanente.

Á área localizada ao S (sector 1 e 2), vincúlanse tres fondosde cabana con material arqueolóxico asociado que nos refirea un Neolítico Final en datas absolutas arredor do 2.500 a.C.

Na parte superior negativos da gran cabana oval. En segundo plano,cabana circular no sector 1. Na fotografía inferior pegada da gabia decimentación dun fondo de cabana circular no sector 4.

Page 2: Enxcavación arqueológica en O Fuxiño, Ourense

- 176 -

Nesta superficie documéntanse tres estruturas en negativo abase dunha gabia de cimentación continua interrompida nosámbitos de acceso, dúas de tendencia circular e de pequenotamaño (unha de 3.80 m x 3.20 m e a outra de 2,9 m x 2,37 m)e unha última de morfoloxía oval e gran tamaño (11,70 m x4,90 m) con diversas fosas centrais no seu espazo interno, oque permite internarse nun estudio microespacial de organi-zación interior da mesma. Ademais documéntanse outras es-truturas asociadas no espacio externo (buracos de poste, fo-sas i unha estrutura de combustión) así coma a caixa dunantigo camiño carreteiro, este xa de cronoloxía histórica. É desalientar a relación estratigráfica e microespacial destas trescabanas con 4 cerámicas campaniformes clásicas de estilo

II. ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS · 2. MEDIO RURALEscavación arqueolóxica en O Fuxiño, Piñor (Ourense)

internacional, de bandas, e un fragmento de punteado xeomé-trico. Este conxunto vese complementado no sector 2 pordúas estruturas circulares de pequeno tamaño que se interpre-tan con reservas como posibles estruturas aéreas de almace-namento, e dous silos de sección globular recuperando nundeles unha tapadeira fragmentada de granito.

A outra área de desenvolvemento localizase ao N da ante-rior (sectores 3, 4 e 5) onde se recuperou unha grande canti-dade de material arqueolóxico que se pode adscribir tipoloxi-camente a un Bronce Inicial con abundante presencia decordóns, mamelóns, vasos de medianas e grandes dimensións,recipientes tipo floreiro (dous recuperados practicamente en-teiros), abundancia de asas, presencia de campaniforme inci-so, fondos planos e perfís en «S», todos vinculados por proxi-midade con dous pequenos fondos de cabana de planta circular.

O conxunto ergolóxico proporcionou un amplo reperto-rio de produtos (preto de 1.500) que se distribúen entremateriais cerámicos, líticos e un metálico, destacando porcen-tualmente os rexistros cerámicos. En relación á industria líticadestacar que supón a décima parte do conxunto. Todo omaterial recollido está realizado sobre soporte pétreo autóc-tono (granitos e cuarzos). Non é posible reconstruír de formacompleta a cadea lítica operativa se ben é destacable a apari-ción de fragmentos que documentan procesos de talla, nú-cleos, lascas retocadas, non recuperando obxectos que corres-pondan a produtos finais ou morfotipos claros tal e comocabería esperar nun xacemento desta proxección. Sí se recu-peraron unha serie de obxectos que estarían incluídos nacategoría de erosionados e que teñen que ver coa actividadeeconómica desenrolada por estas sociedades: fragmentos demuíños de man (durmintes e moventes). Tamén hai que des-tacar a recuperación de tres placas de granito fragmentadas endiferentes lugares do xacemento con cazoletas nunha dassúas caras.

Unha análise máis minuciosa do rexistro arqueolóxicopermitirá facer inferencias sobre aspectos económicos, so-ciais, culturais e ambientais do xacemento tratando de afon-dar na definición precisa de áreas e espacios destinados áprodución, ao almacenaxe e a vivenda á vez que tratar deestablecer relacións diacrónicas e sincrónicas na ocupacióntendo en conta o conxunto ergolóxico recuperado.

Planta dos negativos de tres fondos de cabana i estructuras anexasno sector 1