entrevista chiuo praza das letras

2
Cal foi o primeiro libro en galego que leu? Pois posiblemente “Memorias dun neno labrego” de Neira Vilas, anque a miña memoria é moi volátil e puidera ser calquera outro. Lembro que a nosa profesora de galego falaba castelán, como os meus país conmigo (e non entre eles ou cos seus maiores), así que nunca foi un idioma atractivo ata que descubrín outros valores ligados a el. Pertenzo a esa xeración, imos a chamarlle X, que incorporou o galego na súa fala despois dos 25 anos, si a esto lle sumamos que vivo en Vigo dende fai 20 anos, pois xa tedes a fórmula. E un libro que fose especialmente importante na súa vida? En galego non teño un libro de referencia que marcara a miña traxectoria como persona. Lembro que empecei a miña relación coa literatura coa xeración Beat americana, aquel “Almuerzo Desnudo” de Burroughs foi un impacto profundo no meu cerebro, sobre todo nun momento no que xogaba con el. Esa xeración X que comentaba antes liamos cousas como “American Psycho” de Bret Easton Ellis, casi libro de cabeceira e como non, o peloxón Bukowski, anque eu era máis do Tom Wolfe. Despois, buscando equivalentes na nosa xeración atopeime con outros escritores como El Ángel (“Los planos de la demolición” foi esencial para min), Ray Loriga co seu “Días extraños” e Lucía Etxebarría ou Benjamín Prado, para que entendades por donde vou. En galego daquelas, que eu saiba, non había este tipo de literatura vital, había a necesidade (que ainda segue) de construir o pasado para proxectarse cara o futuro. Que libro lle gustaría ler en galego? Máis que ler un libro concreto en galego (Bourdieu, Baudrillard ou Debord, por exemplo) gustaríame que os galegos leran un dos libros de filosofía máis elocuentes dos últimos anos, sobre todo pola catarse que produce ao verse reflexado nun espello pouco esperanzador. Refírome ao filósofo portugués José Gil e a súa obra “O Medo de existir”, unha radiografía en clave sociolóxica dunha sociedade traumatizada que moitos clasificaron de traición á nación, ou de masoquismo. Si a traduciran ó galego saltarían chispas, non teño a menor dúbida. Cal pensa que podería ser un referente para a xente cativa e nova? Pois hai unha serie deles que tiveron e teñen a habilidade de chegar a todas as idades (dos 80 para arriba tamén) e que nós dende Escoitar.org utilizamos moito, e incluso traducimos algúns dos seus contidos. Falo de R. Murray Schafer, o canadiano creador do concepto de Paisaxe Sonora e que foi capaz de achegar a experiencia acústica a moitas persoas a través da lectura de textos. Aqueles libros (“El nuevo paisaje sonoro”, “Un rinoceronte en el aula”, “Cuando las palabras cantan”, etc.), foron capaces de descubrir ese intanxible que nos rodea, o son, e facelo dun xeito que no mesmo proceso de descubrimento tomábamos conciencia dalgúns valores esenciales como a contaminación acústica ou a importancia do son como nova vía de coñecemento das nosas sociedades, que é precisamente o discurso de Escoitar.org, dende o que estamos traballando, (xa en fase final) nunha nova publicación para o Proxecto Terra de, entre outros, Xosé Manuel Rosales. Que libro reservou este verán para ler nas vacacións? Pois varios, pero como naceo o meu fillo a cousa complicouse bastante. Estou vendo agora mismo na miña estantería dos “incomings” o esencial “Convergence Culture. La cultura de la convergencia de los medios de comunicación” de Henry Jenkins, tamén “Inteligencias en conexión. Hacia una sociedad de la web” de Kerckhove y varias lecturas sobre Estudios Culturales, porque temos a

Upload: chiu-longina

Post on 09-Jul-2015

255 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

sjhdgjkhgd

TRANSCRIPT

Page 1: Entrevista Chiuo Praza Das Letras

Cal foi o primeiro libro en galego que leu?

Pois posiblemente “Memorias dun neno labrego” de Neira Vilas, anque a miña memoria é moi volátil e puidera ser calquera outro. Lembro que a nosa profesora de galego falaba castelán, como os meus país conmigo (e non entre eles ou cos seus maiores), así que nunca foi un idioma atractivo ata que descubrín outros valores ligados a el. Pertenzo a esa xeración, imos a chamarlle X, que incorporou o galego na súa fala despois dos 25 anos, si a esto lle sumamos que vivo en Vigo dende fai 20 anos, pois xa tedes a fórmula.

E un libro que fose especialmente importante na súa vida?

En galego non teño un libro de referencia que marcara a miña traxectoria como persona. Lembro que empecei a miña relación coa literatura coa xeración Beat americana, aquel “Almuerzo Desnudo” de Burroughs foi un impacto profundo no meu cerebro, sobre todo nun momento no que xogaba con el. Esa xeración X que comentaba antes liamos cousas como “American Psycho” de Bret Easton Ellis, casi libro de cabeceira e como non, o peloxón Bukowski, anque eu era máis do Tom Wolfe. Despois, buscando equivalentes na nosa xeración atopeime con outros escritores como El Ángel (“Los planos de la demolición” foi esencial para min), Ray Loriga co seu “Días extraños” e Lucía Etxebarría ou Benjamín Prado, para que entendades por donde vou. En galego daquelas, que eu saiba, non había este tipo de literatura vital, había a necesidade (que ainda segue) de construir o pasado para proxectarse cara o futuro.

Que libro lle gustaría ler en galego?

Máis que ler un libro concreto en galego (Bourdieu, Baudrillard ou Debord, por exemplo) gustaríame que os galegos leran un dos libros de filosofía máis elocuentes dos últimos anos, sobre todo pola catarse que produce ao verse reflexado nun espello pouco esperanzador. Refírome ao filósofo portugués José Gil e a súa obra “O Medo de existir”, unha radiografía en clave sociolóxica dunha sociedade traumatizada que moitos clasificaron de traición á nación, ou de masoquismo. Si a traduciran ó galego saltarían chispas, non teño a menor dúbida.

Cal pensa que podería ser un referente para a xente cativa e nova?

Pois hai unha serie deles que tiveron e teñen a habilidade de chegar a todas as idades (dos 80 para arriba tamén) e que nós dende Escoitar.org utilizamos moito, e incluso traducimos algúns dos seus contidos. Falo de R. Murray Schafer, o canadiano creador do concepto de Paisaxe Sonora e que foi capaz de achegar a experiencia acústica a moitas persoas a través da lectura de textos. Aqueles libros (“El nuevo paisaje sonoro”, “Un rinoceronte en el aula”, “Cuando las palabras cantan”, etc.), foron capaces de descubrir ese intanxible que nos rodea, o son, e facelo dun xeito que no mesmo proceso de descubrimento tomábamos conciencia dalgúns valores esenciales como a contaminación acústica ou a importancia do son como nova vía de coñecemento das nosas sociedades, que é precisamente o discurso de Escoitar.org, dende o que estamos traballando, (xa en fase final) nunha nova publicación para o Proxecto Terra de, entre outros, Xosé Manuel Rosales.

Que libro reservou este verán para ler nas vacacións?

Pois varios, pero como naceo o meu fillo a cousa complicouse bastante. Estou vendo agora mismo na miña estantería dos “incomings” o esencial “Convergence Culture. La cultura de la convergencia de los medios de comunicación” de Henry Jenkins, tamén “Inteligencias en conexión. Hacia una sociedad de la web” de Kerckhove y varias lecturas sobre Estudios Culturales, porque temos a

Page 2: Entrevista Chiuo Praza Das Letras

intención de abrir moi pronto unha nova teoría da sociedade a través do seu imaxinario sonoro, é dicir, o que chamaremos Estudios Aurais. E tamén anda entre as miñas mans o xa clásico “El retorno de lo real” de Hal Foster, unha lectura obligada para quen ande embuligado entre a arte comtemporánea.

Que libro lle gustaría escoitar en voz alta?

Pois “Silencio” de John Cage. A el gustáballe dicir aquel proverbio chinés: “Escoita! Ou a túa voz volverate louco”.

Vostede válese das novas tecnoloxías para desenvolver o seu traballo artístico. Que obra literaria cre que podería ter novas lecturas a partir dunha instalación sonora?

Toda a poesía fonética e xa por si mesma unha instalación sonora. Hai pouco que rematou unha estupenda exposición comisariada por José Antonio Sarmiento, co que tiven a ocasión de traballar durante dous anos en Cuenca, sobre poesía experimental no século XX. Chamouse “Escrituras en libertad” e calquera daqueles autores poderíamolos escoitar cos ollos pechados. Por outra banda, penso que a propia Web Semántica (a 2.0) é unha grande instalación hipertextual e sonora. Sonora polo simple feito de escoitar música de fondo ou a propia paisaxe sonora da habitación cando un está navegando. Prodúcense sempre siñerxias moi interesantes, nun mundo de escuridade acústica os textos non serían os mesmos.