entrevista a neira vilas

2
ENTREVISTA A D. XOSÉ NEIRA VILAS ( feita polos alumnos de 4º de Primaria) P.O vivir na aldea,axudoulle a escribir libros? R.Si, si que me axudou a escribir; sobre todo recordando as miñas vivencias de cando era neno. P A que idade empezou a interesarse pola lectura? R. Eu empecei a interesarme pola lectura no momento en que aprendín a ler. Eu lía todo o que me caía nas mans porque sempre me gustou moito ler. P Que consellos pode darnos para escribir relatos? R Pois eu vos diría que para escribir ben hai que ler,ler moito e ler ben. Eu lin moito desde que aprendín a ler e despois hai que escribir todo aquelo que se vos ocorra sen ter vergoña. P Gústalle o fútbol? E que equipo e o seu preferido entre o Celta, o Deportivo e o Pontevedra? R Ah, caramba! Pois se digo a verdade non me gusta moito o fútbol, aínda que deses equipos que dis o equipo preferido é o Celta. P Dos libros que escribiu, cal foi o que máis lle gustou? R Pois a dicir verdade eu non renego de ningún, pero hai algúns como “Memorias dun neno labrego”,” Cartas a Lelo”, “Querido Tomás” son entre todos os máis queridos . P Cal é o seu recuncho favorito de Galicia? R Bueno ,a verdade é que toda Galicia é moi bonita e ten sitios marabillosose hai moitos galegos que viaxan ao extranxeiro e non coñecen case nada da súa terra.Pero eu se teño que decir unlugar , diría a casa onde nacín P Cantos libros escribiu? R Non sei, ao mellor 48 ou 50ª verdade que non levo a conta aritmética . Eu escribo e que conten os outros.

Upload: biblioteca-lulu

Post on 28-Mar-2016

232 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Entrevista feita polos alumnos de 4º

TRANSCRIPT

Page 1: Entrevista a Neira Vilas

ENTREVISTA A D. XOSÉ NEIRA VILAS ( feita polos alumnos de 4º de Primaria)

P.O vivir na aldea,axudoulle a escribir libros?

R.Si, si que me axudou a escribir; sobre todo recordando as miñas

vivencias de cando era neno.

P A que idade empezou a interesarse pola lectura?

R. Eu empecei a interesarme pola lectura no momento en que aprendín a

ler. Eu lía todo o que me caía nas mans porque sempre me gustou

moito ler.

P Que consellos pode darnos para escribir relatos?

R Pois eu vos diría que para escribir ben hai que ler,ler moito e ler ben.

Eu lin moito desde que aprendín a ler e despois hai que escribir todo

aquelo que se vos ocorra sen ter vergoña.

P Gústalle o fútbol? E que equipo e o seu preferido entre o Celta, o

Deportivo e o Pontevedra?

R Ah, caramba! Pois se digo a verdade non

me gusta moito o fútbol, aínda que deses

equipos que dis o equipo preferido é o Celta.

P Dos libros que escribiu, cal foi o que máis

lle gustou?

R Pois a dicir verdade eu non renego de

ningún, pero hai algúns como “Memorias dun

neno labrego”,” Cartas a Lelo”, “Querido

Tomás” son entre todos os máis queridos .

P Cal é o seu recuncho favorito de Galicia?

R Bueno ,a verdade é que toda Galicia é moi

bonita e ten sitios marabillosose hai moitos

galegos que viaxan ao extranxeiro e non

coñecen case nada da súa terra.Pero eu se teño que decir unlugar , diría a

casa onde nacín

P Cantos libros escribiu?

R Non sei, ao mellor 48 ou 50ª verdade que non levo a conta aritmética .

Eu escribo e que conten os outros.

Page 2: Entrevista a Neira Vilas

P Que lle gusta máis a historia, a

narrativa ou a poesía?

R.O que máis me gusta é a narrativa,

pero non deixo de lado nin a historia

nin a narrativa.

P Cando escribe, necesita estar

nalgún lugar especial para inspirarse?

Para min o sitio onde me sinto máis

cómodo é a miña casa da aldea onde

nacin,pero tamén Buenos Aires e

Cuba que foron os lugares onde

emigrei. Todos estes lugares foron a

miña fonte de inspiración.

PCando emigrou que cousas botou máis de menos de Galicia?

R Eu botei moitas cousas de menos , pero o que maís botei de menos foi

non poder falar na miña lingua xa que alí non me entendían.

P Foi un pracer facerlle esta entrevista.

R. E para min contestarvos.

P Que lle gusta máis a historia, a narrativa ou a poesía?

R.O que máis me gusta é a narrativa, pero non deixo de lado nin a historia

nin a narrativa.

Moitas grazas por prestarse a contestar as nosas preguntas