enerxía solar
DESCRIPTION
A enerxía soalr...TRANSCRIPT
![Page 1: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/1.jpg)
A ENERXÍA SOLAR
Alexandre Rodríguez Nieto Javier Rodríguez Gallardo Jesús Rivas Lazo
![Page 2: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/2.jpg)
1-A ENERXÍA SOLAR
A enexía solar é a enerxía radiante emitida polo sol como resultado de reaccións nucleares de fusión e de fisión . Esta enerxía constitúe unha das denominadas enerxías renovables, pertencente ás non contaminantes, tamén coñecida como enerxía limpa ou enerxía verde. Esta enerxía é absorbida por uns paneis solares que a transforman en enerxía eléctrica dunha maneira non contaminante. A potencia da radiación, tamén coñecida como irradiación, varía segundo o momento do día, das condicións atmosféricas e da latitude.A calor que producen estas radiacións pode ser utilizada polo ser humano o que axudaría a terminar coa dependencia do petroleo, unha enerxía non renovable.
![Page 3: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/3.jpg)
2-A RADIACIÓN SOLAR
A radiación solar son unha serie de radiacións en forma de campos eléctricos e magnéticos emitidos polo sol e que son absorbidas, en parte, pola Terra. A radiación solar que chega á superficia terrestre pode clasificarse en dous tipos, radiación solar directa ou radiación solar difusa.Radiación solar directa: é aquela que alcanza un punto da superficie terrestre sen ser absorbida ou reflectida.Radiación solar difusa: é aquela que chega á superficie terrestre despois de ser reflectida ou re-radiada.
![Page 4: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/4.jpg)
3-TIPOS DE ENERXÍA SOLAR
![Page 5: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/5.jpg)
3.1-ENERXÍA SOLAR ESPACIAL
Significa a conversión de enerxía solar adquirida dende o espacio en calquera tipo de enerxía, electricidade primordialmente. Pódese usar dende o propio espacio ou transmitila á Terra. A novidade deste tipo de enerxía reside na idea de recibir enerxía no espacio e transmitirlla a Terra para o seu consumo no planeta.
![Page 6: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/6.jpg)
3.2-ENERXÍA SOLAR TÉRMICA
Produce auga quente a baixa temperatura para o uso sanitario e a calefacción.
![Page 7: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/7.jpg)
3.3-ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA
Produce electricidade mediante placas de semiconductores que se alteran coa radiación solar.
![Page 8: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/8.jpg)
3.4-ENERXÍA SOLAR TERMOELÉCTRICA
Produce electricidade cun ciclo termodinámico convencional a partir dun aceite térmico.
3.5-ENERXÍA SOLAR HÍBRIDA
Combina a enerxía solar con outra enerxía que pode ser renovable ou fósil.
3.6-ENERXÍA EÓLICO-SOLAR
O aire quentado polas radiacións solares sube por unha cheminea onde están os xeradores de enerxía.
![Page 9: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/9.jpg)
4-RECEPTORES DIRECTOS DA ENERXÍA SOLAR
![Page 10: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/10.jpg)
4.1-COLECTORES DE PLACA PLANA
Os colectores de placa plana interceptan a radiación solar nunha placa de absorción pola que pasa o denominado fluído portador. Éste, en estado líquido ou gasoso, quéntase ó atravesar os canais por transferencia de calor dende a placa de absorción.
4.2-COLECTORES DE CONCENTRACIÓN
Son colectores de concentración máis complexos e costosos. Son dispositivos que reflicten e concentran a enerxía solar incidente sobre unha zona receptora pequena. Como resultado desta concentración, a intensidade da enerxía solar incrementase e a temperatura do receptor pode acercarse a centos ou miles de graos Celsius.
![Page 11: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/11.jpg)
GRÁFICO 1
Este primeiro gráfico amosa a importancia que posúe cada país da UE no mercado da enerxía solar.
Ligazón
![Page 12: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/12.jpg)
GRÁFICO 2
O gráfico representa a potencia da radiación solar nas diferentes áreas do planeta.
Ligazón
![Page 13: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/13.jpg)
GRÁFICO 3
Este gráfico representa a evolución do mercado europeo da enerxía solar térmica.
Ligazón
![Page 14: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/14.jpg)
2%
2%
2%3%
4%
4%
7%11%6%
13%
46%
AlemañaAustriaGreciaFranciaEspañaItaliaPaises BaixosChiprePoloniaSueciaOutros
GRÁFICO PERSOAL
O gráfico mostra a porcentaxe de superficie que adica cada un dos países da UE a colectores de captación da enerxía solar respecto do total.
![Page 15: Enerxía solar](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062307/557b9c27d8b42a631d8b4aec/html5/thumbnails/15.jpg)