empresarios de galicia 127 - fundación galicia...

21
EMPRESARIOS DE GALICIA

Upload: doanthuan

Post on 09-Nov-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

EMPRESARIOS DE GALICIA

Page 2: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA1917-1988

Page 3: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

Eulogio Gómez Franqueira naceu en Sanín, concello de Cenlle (Ou-rense), o 6 de xuño de 1917, no seo dunha familia de campesiños abas-tecidos, o seu avó, con quen se criou, era secretario do xulgado. Poucoantes do estoupido da Guerra Civil, en 1936, rematou os seus estudos deMaxisterio, na Normal de Ourense. Recibe a súa primeira escola en SantoAmaro. En 1942 casa con Sofía Álvarez Nieves, natural de Souto (Cas-trelo de Miño). Terán dous fillos: Manuel e Sofía. En 1945 logrará ocupara escola de Santa María de Castrelo de Miño, onde ensinará os seguintes20 anos. Morreu na súa casa de Razamonde o 20 de abril de 1988. O seu primeiro contacto co mundo dos negocios tivo lugar na minaría

do volframio durante os primeiros anos corenta. Andrés López Alejos,1fillo dunha familia de propietarios vitícolas fidalgos, descubriu un pequenofilón do prezado mineral nos seus montes de San Paio de Ventosela (Ou-rense). Casado cunha prima carnal de Sofia, ofreceulle a Franqueira levaras contas da explotación xa cando o negocio estaba para rematar. Para ex-traer o mineral bombeaban, por medio dun motor, auga desde o Miño ata

Luis Domínguez CastroProfesor titular da Universidade de Vigo

Xosé Ramón Quintana GarridoProfesor da Universidade de Vigo

O HOME DO CAMPO

1 Entrevista realizada a Andrés López Alejos (nacido o 1 de xullo de 1903), o día 28 dexaneiro de 1996, por Raúl Soutelo Vázquez. Conservada no Museo Etnolóxico de Ribada-via (MER), p. 23.

Page 4: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

516Empresarios de Galicia

o alto do Coto, onde fixeron un gran pozo para depositala, e empregala,logo, nas mesas de lavado do volframio. Colocaban o mineral directa-mente nos consulados alemán ou inglés de Vigo, grazas ás guías facili-tadas a Andrés por un maxistrado da Audiencia ourensá. Desta primeiraexperiencia quedará a importancia dos parentes e amigos como socios nassúas empresas futuras e as vantaxes de contar con apoios institucionais.

A forxa do cooperativismo vertical

O ano 1954 será outro momento básico para entender a súa biogra-fía empresarial. Daquela acada a presidencia da Hermandad de Labra-dores y Ganaderos de Castrelo de Miño,2 cargo que ocupará ata 1963.As primeiras noticias sobre a súa aposta polo cooperativismo, na súa ver-sión vertical estabelecida na Lei de cooperativas de 1942 e no seu Regu-lamento de 1943, témolas nestes anos de xerarca sindical. En efecto, en1957 o cabido que preside acorda realizar unha viaxe, con algúns labre-gos da zona, á cooperativa vitivinícola de Leiro —que se acababa deconstituír— para aprender e abrir unha no concello. Ao ano seguintecréase unha adega cooperativa na parroquia de Macendo que non pa-sou do papel. Aquí podemos ver outro trazo do futuro empresario, apren-der das experiencias que xa hai no mercado e convencer os socios cosfeitos.Desde 1945 a estrutura xerárquica do sindicalismo vertical agrario es-

taba conformada pola Xunta Nacional de Irmandades e pola IrmandadeSindical Nacional de Labradores e Gandeiros, as COSA provinciais e asIrmandades Locais, que tiñan o seu correlato cooperativo na UNECO,as UTECO provinciais e as cooperativas do campo locais.As UTECO estaban pensadas como axencias de distribución, entre as

cooperativas locais, de insumos que, por mor da autarquía, eran de difí-cil ou imposíbel obtención no mercado libre (criptogámicos, adubos,sementes, etc.). En 1959, nos albores da liberalización comercial doréxime, Franqueira é nomeado vicepresidente da COSA e xerente daUTECO de Ourense, un cargo, este último, pouco apetecíbel nunha pro-

2 De Juana (2000), p. 472.

Page 5: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

vincia sen apenas estrutura de cooperativismo agrario ao que servir. Peroel ve a oportunidade de poñer en marcha as súas ideas sobre o cooperati-vismo de produción. Como relator, xunto con outros amigos, da comisiónde traballo de cooperativismo agrario, do Consello Económico SocialSindical Provincial de 1961, presenta un programa de desenvolvementoda acción cooperativa, en cinco anos, baseado en dous piares, a vitivini-cultura e a gandaría.3 No primeiro caso, partindo da experiencia das coo-perativas de Leiro, Monterrei, Barco e Larouco, pretendíase crear 18novas cooperativas vitícolas que puidesen mellorar a calidade dos caldos,mediante a elaboración centralizada e asesorada por enólogos, e comer-cializar o 25% da produción provincial, eliminando a figura do tradicio-nal corredor intermediario, co que calculaban incrementar nun 50% o

517Eulogio Gómez Franqueira

3 Collarte (2003), pp. 71-74

Reunión de E. Franqueira eos vinte primeiros socios

Page 6: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

prezo do viño ao labrego, incremento que podería acadar o 100% se seoptaba por embotellalo.No segundo caso, o cooperativismo gandeiro, proponse a instala-

ción no nó ferroviario de Ourense-Empalme dun matadoiro xeral frigo-rífico e industrial e unha central leiteira explotada por unha cooperativaprovincial de produtores de leite; ademais tamén se contemplaba a insta-lación dun muíño de pensos e dunha fábrica de compostos. Polo que faia cooperativa provincial de avicultura que se acababa de crear, anímase aapertura dunha orientación cara á produción de ovos.Neste relatorio está esbozado, moi groseiramente, o modelo das fu-

turas empresas de Franqueira, un modelo que o seu principal divulgadorcientífico,4 define como ciclo de integracións verticais e horizontais degran magnitude dentro do concepto de agricultura de grupo cooperativo.Modelo que tamén responde ao esquema de integracións verticais e ho-rizontais dentro do concepto de agricultura sen terras, moi acaído a unharealidade de pequenas explotacións campesiñas, moi parceladas, como asque caracterizaban a provincia ourensá, xusto nos albores do proceso dedesagrarización que vai vivir Galicia.O primeiro éxito de Franqueira foi ir gañándose a confianza dos pre-

sidentes e secretarios das Irmandades de Labradores e Gandeiros, espe-cialmente da parte occidental da provincia, figuras moi respectadas nomundo rural de entón, sempre pola súa autoritas pero, en moitas oca-sións, tamén pola súa potestas. Sen dúbida, axudou a este propósito osaneamento da UTECO ao rastrexar no mercado libre insumos máis bara-tos cós subministrados desde os organismos oficiais, co apoio financeiroda Caixa Provincial de Aforros e dalgúns amigos que comezaran a desta-car como representantes de firmas multinacionais de insumos.5Convertido xa no líder do sindicalismo vertical agrario, Franqueira,

logo dunha viaxe a Navarra, reúne os seus amigos máis próximos e pro-ponlles crear a Caixa Rural, contando como primeiros depósitos cos dis-poñíbeis en todas as seccións de crédito agrícola das irmandades da

518Empresarios de Galicia

4 Fernández (1985), pp. 144-147.5 Entrevista realizada a José Andrade Usatorre (nacido en 1919), o día 9 de xaneiro de

1996, por Santiago Míguez Amil e Raúl Soutelo Vázquez. Conservada no MER, p. 36.

Page 7: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

519Eulogio Gómez Franqueira

provincia e coa autorización da Obra Sindical de Cooperativas, desdeMadrid. A Caixa Rural será unha ferramenta fundamental para financiaras empresas do grupo cooperativo ourensán.6

As cooperativas avícolas: polos e ovos

Coincidindo coa apertura aos capitais exteriores, a multinacional nor-teamericana do sector da alimentación Swift crea, en Sarria, unha granxapiloto de cría de galiñas. A idea era estabelecer unha rede de granxas ás quese lle facilitarían os poliños dun día e os pensos precisos para a súa crianza,pagando unha cantidade prefixada por cada unidade recollida para sacri-ficar no matadoiro de Lugo e logo comercializar nun mercado cun esca-sísimo nivel de saturación de consumo que na altura, en 1962, comezabaa andaina do desenvolvementismo e a uns prezos moi competitivos.Franqueira soubo ver a posibilidade de negocio que supoñía a idea da

Swift. Empregou como granxeiros a amigos non directamente vencella-dos coa agricultura, que puidesen avalar o soar e a construción das gran-xas; para a expansión futura contábase, se cumpría cunha liña de créditobrando a través da Caixa Rural e, se se precisaba, da Caixa de Aforros Pro-vincial. A innovación empresarial máis importante foi empregar comoinstrumento unha cooperativa de primeiro grao, integrada no paraugas dosindicalismo vertical, pero cunhas formulacións de responsabilidades ebeneficios individuais e de xestión profesionalizada moito máis próximasa unha típica aventura empresarial clásica dunha economía de mercadomoi intervida como era a da España franquista de entón.7En 1963 nace a Cooperativa Provincial Agrícola Gandeira, núcleo ori-

xinal das Cooperativas Ourensás (COREN), unha innovadora experiencia,esta das COREN, de cooperativa de segundo grao dentro da UTECO, con15 socios que, no mesmo ano, chegan a 100. Cada un destes socios tiñaunha granxa de 5000 galiñas todos cun contrato individual coa Swift, nostermos xa coñecidos. Antes da ruptura coa Swift, en 1965, danse os pri-meiros pasos cara á concentración vertical e horizontal das COREN. No

6 Fernández (1975), p. 286.7 Fernández (1993), p. 29.

Page 8: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

primeiro caso, en 1964, pídenlle a UTECO que lles constrúa unha fábricade pensos, coa licenza Swift;8 o diñeiro conséguese mediante un créditoda Caixa Provincial de Ourense –a Caixa Rural aínda non tiña calado su-ficiente para acometer este tipo de empresas– co aval dos cinco membrosda Xunta Rectora de UTECO e do propio Franqueira.9 No segundo, en1965, nace a Cooperativa Provincial de Produtores de Ovos, con 20 so-cios iniciais con granxas de 2000 a 3000 galiñas.En 1965 prodúcese a ruptura con Swift, convencidos Franqueira e o

seu núcleo duro —F. Contreras Brotóns, J. Vila Baceiredo, A. López Ale-jos, J. Andrade Usatorre...— da posibilidade de camiñar sós. Antes da rup-tura definitiva logran quedar con parte do equipotécnico de Swift Española, veterinarios especial-mente, para garantir o futuro das COREN. Na al-tura xa está deseñado e nos anos inmediatos im-plementado o entramado institucional do grupo.

UTECO convértese no núcleo reitor que llepresta servizos técnicos a todo o grupo, a travésdos seus departamentos de estudos económicos,asesoría xurídica, contabilidade, veterinaria, co-mercial e, xa desde moi cedo, de investigación.Encárgase de achegar e xestionar as industriascomúns ás cooperativas: matadoiro de aves, cla-sificadora de ovos, plantas de incubación, fábricade pensos, parque móbil de vehículos, todas elasfinalmente propiedade das COREN; asemadeencárgase de facer os estudos de mercado perti-nentes antes de lanzar unha nova iniciativa eleva a contabilidade xeral das COREN e a parti-cular de cada socio dos que se levan unha contade explotación inicial e unha conta corrente paraevitar a estacionalidade nos pagos. Cómpre lem-brar que as UTECO son institucións oficiais nas

520Empresarios de Galicia

Centro Procesado Avícola. Anos 60

8 Fernández (1975), p. 89.9 Fernández (1975), p. 349.

Page 9: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

521Eulogio Gómez Franqueira

que as grandes decisións se teñen que someter a asemblea xeral na quecada cooperativa ten un voto, xa que logo, as fantasmais cooperativas docampo, colgadas das estruturas das Irmandades de Labradores e Gandeiros,teñen unha sólida maioría. Como logran as COREN, en minoría, dispoñerda maior parte dos recursos de UTECO Ourense? Mediante unha eficazxestión por parte do consello reitor —ata 1975 xunta reitora— e da xe-rencia, e grazas ao carismático liderado que exercía Franqueira cos pre-sidentes locais. O decidido apoio prestado polo gobernador civil, J. M.López Ramón (máxima autoridade provincial desde febreiro de 1963ata xaneiro de 1970), debeu finalmente facilitar as cousas.

Page 10: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

522Empresarios de Galicia

A Caixa Rural, que ve como van medrando os seus depósitos co boomda chegada de remesas da emigración europea grazas á extensión da súarede de oficinas aproveitando os locais sociais das irmandades,10 convérteseno órgano de financiamento e control dos socios do grupo, tanto cos prés-tamos iniciais coma co control dos pagamentos do retorno cooperativo,obrigatoriamente realizados a través de contas correntes na institución. As cooperativas corren coa fase de produción para o caso das dedica-

das a produción de carne avícola (Cooperativa Provincial Agrícola Gan-deira), a partir da entrega de polos dun día, traídos desde Holanda poravión nos primeiros momentos e anos máis tarde dispoñíbeis desde aplanta de incubación de polos, creada en 1966. Este sector esta divididoen granxas de cría de galiñas nais reprodutoras, galiñas reprodutoras quepoñen os ovos que van logo á planta de incubación e, finalmente, gran-xas de engorde. O destino final de todas estas galiñas é o matadoiro deaves que UTECO pon en marcha en 1966.11A Cooperativa Provincial de Produtores de Ovos realiza un proceso

similar a partir tamén de polos dun día, con granxas de cría de reprodu-toras, granxas de reprodutoras, cría de poñedoras e granxas de poñedoras.A produción destínase á planta clasificadora de ovos, posta en marcha porUTECO en 1965.12A fase de transformación da produción das granxas avícolas de COREN,

como quedou dito, realízase no matadoiro e na planta clasificadora deovos onde traballan asalariados que non gozan da condición de socios. A fase de comercialización tamén se controla desde as COREN, ini-

cialmente mediante un concerto coa empresa semipública, situada enMadrid, MAPSA (Mercados Agropecuarios, S.A.) que se comprometía a dar-lle saída á totalidade da produción de carne e de ovos do grupo, estaba-mos no ano 1966. Dous anos máis tarde, MAPSA entra en crise e CORENmonta a súa propia comercial logrando quedar, como antes no caso da SwiftEspaña, con boa parte dos mellores comerciais de MAPSA. A ComercialCOREN arrinca con dous centros, un en Ourense e outro en Madrid.

10 Collarte (2004), p. 308.11 Fernández (1985), p. 158-160.12 Fernández (1985), pp. 161-162.

Page 11: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

A historia das granxas avícolas, buque insignia das COREN, é a dunéxito rotundo. Das 100 granxas de avicultura de carne de 1963 pasousea 311 en 1983, dos 1.837.736 quilos canal de carne de polo en 1966, pa-souse aos 27.907.432 quilos en 1983. Das 20 granxas de avicultura de postade 1965, pasouse as 308 en 1983, das 3.094.987 unidades de ovos de 1965,pasouse ás 557.813.159 en 1983.13 Certamente non todo foi un camiñode rosas. O final da ditadura franquista e os primeiros anos da transicióndemocrática resultaron treboentos no ámbito económico, político e so-

cial. Os derradeiros gobernos fran-quistas tentaron calmar a crecentecontestación social con políticas in-flacionistas e proteccionistas que fa-voreceron ás empresas destinadas aomercado interior, pero os primeirosgobernos democráticos tiveron queabrirse ao exterior, no contexto dasolicitude de ingreso na CEE, e rea -lizar un duro reaxuste deflacionista.COREN sufriu o impacto, igual cósseus competidores, nomeadamentea AVIDESA de L. Suñer. Moitasgranxas avícolas pecharon daquela.L. Suñer tentou saír da crise me-diante a comercialización de pratos

precociñados, sen éxito.14 As COREN lograron remontar o seu sector aví-cola recorrendo a varias estratexias, no eido da produción incrementarono tamaño das granxas e crearon granxas titularidade das cooperativas, aten-didas por asalariados, para as primeiras fases; no eido da transformación,diversificaron a gama de produtos do matadoiro, ao que se engadiu unhasala de despezamento: polos asados, hamburguesas, pensos de fariña animal,etc…; no eido da comercialización comezaron, timidamente, a venda di-recta de polos asados.

523Eulogio Gómez Franqueira

13 Fernández (1985), pp. 192-205.14 Reig Armero (2000), p. 441.

Historia doslogotipos de COREN

Page 12: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

524Empresarios de Galicia

Page 13: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

As cooperativas de vacún: carne e leite

Seguindo co programa trazado en 1961, as COREN poñen en mar-cha, desde 1967, o plan vacún. Tratábase dunha nova opción. Agora siinteresaba o agricultor con terras para garantir a autarquía propia da filo-sofía do grupo, as terras tiñan que subministrar as forraxes necesarias paraa alimentación das reses das granxas. O plan ponse en marcha co parau-gas da Acción Concertada de Gando Vacún do Ministerio de Agricul-tura,15 que axuda a financiar a compra das reses frisonas –de EE.UU. eCanadá, sobre todo– para poñer en marcha as granxas. En 1970, UTECOcrea para as cooperativas do plan unha central leiteira. Inicialmente, oplan contempla a creación de cooperativas familiares, integradas por unnúmero pequeno de granxeiros individuais que se dedican, fundamental-mente, á produción de forraxes e leite; recuperan así o secular sistema demutualismo gandeiro para compartir as posíbeis mortes ou a baixa produ-ción das reses e comparten a maquinaria e as instalacións comúns, comoo centro de muxidura; cooperativas comunitarias, os socios achegan asterras e o capital inicial e de ampliacións e desenténdense da xestión dia-ria das granxas, enconmendada a un encargado que dirixe os asalariadosnecesarios, como as anteriores estaban destinadas á produción de leite;cooperativas de recriadores de becerras, con granxas nas que cada sociomantén un número de reses en función das hectáreas dispoñíbeis paraobter forraxe, reses que se destinarán á produción de leite, á reproduciónou ao matadoiro, segundo os casos; e, por último, cooperativas de en -gorde de becerros, co mesmo sistema cás anteriores pero con destino úni -co cara ao matadoiro.16A experiencia do plan vacún foi a dun semifracaso. Das 6000 vacas pre-

vistas, só se acadaron 2700, á altura de 1971.17 O cooperativismo baseadona subordinación da agricultura con terras, chocou co minifundismo dasexplotacións labregas. So campesiños abastados e profesionais ou empre-sarios colateralmente vencellados ao campo, estaban en condicións de

525Eulogio Gómez Franqueira

15 Fernández (1975), p. 2019.16 Fernández (1985), pp. 170-181.17 Colino (1984), p. 37.

Page 14: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

ter granxas cun número rendíbel de reses. A produción de leite e derivados(queixo, iogures) nunca acadou un lugar significativo na facturación finalde COREN. Mesmo se permitiu que os granxeiros do vacún instalasengranxas de polos nas súas explotacións para faceren rendíbeis estas.

A fracasada aventura da cooperativa vitícola

O último piar daquel programa de 1961 era o cooperativismo vití-cola. Franqueira lanzou esta iniciativa fóra do grupo COREN. En 1968nacía a Cooperativa do Ribeiro, pola fusión da inexistente de Ribadaviae a de Leiro, inaugurada en 1953. Franqueira será o primeiro presidenteda súa xunta reitora. A cooperativa naceu cun primeiro grave problema,a descapitalización, xa que os socios, uns 1500 aproximadamente, a dife-renza do modelo COREN, non tiveron que achegar ningunha instala-ción, ningún terreo ou ningunha cantidade en metálico. Os fondosviñeron a través de créditos do Banco de Crédito Agrícola, a Caixa Rurale a Caixa de Aforros Provincial, por unha cantidade total de 109.341.125pesetas, segundo o propio Franqueira a un xuro alto e a un prazo curto.18Os socios tiñan que poñer a uva e pasadas as dúas primeiras vendimas,aínda non houbera ningún retorno cooperativo. As cousas foron maldesde o principio. Os muros das adegas viñéronse abaixo nunha invernía,en plena construción. Os depósitos tiñan tan mala calidade que o seuparafinado cedeu ás primeiras, derraman caldos e podrecen as paredes deformigón. O embotellado, sen suficiente tratamento e filtrado do viño,deixaba pouso e moitos pedidos foron devoltos polos clientes. No veránde 1969, decídese que todos os socios acheguen unha cantidade equiva-lente a 4 pesetas por quilo de uva entregada, para amortizar o 50% dadébeda, e reciben un xuro do 5%. Se non se fai a contribución pérdese acondición de socio. En poucos anos pásase dos 1500 aos 910 socios que,ademais, en moitos casos entregan as peores uvas e en cantidades cadavez máis minguadas. En 1972 a Caixa Rural volve conceder dous présta-mos, un de 60 millóns de pesetas para financiar o inmobilizado e as ins-

526Empresarios de Galicia

18 Acta da asemblea xeral do 6 de xullo de 1969. Libro de Actas da Asemblea Xeral daCooperativa do Ribeiro do 04/02/1968 ao 14/07/1974, pp. 4-5.

Fotografía da páx. anterior:E. Franqueira primeiros anos

Page 15: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

527Eulogio Gómez Franqueira

19 Acta da asemblea xeral do 19 de marzo de 1972. Libro de Actas da Asemblea Xeralda Cooperativa do Ribeiro do 04/02/1968 ao 14/07/1974, p. 15.

20 O resultado da votación foi de 270 votos en contra e 59 a favor. Acta da asembleaordinaria do 26.05.74. Libro de Actas da Asemblea Xeral da Cooperativa do Ribeiro do04/02/1968 ao 14/07/1974, p. 19.

21 Fernández (1975), pp. 351-352.

talacións e outro de 55 millóns para gastos de campaña que lles permiti-rían a entrega de anticipos aos socios, a un tipo de xuro, ambos os dous,do 7% e unha amortización de cinco e un ano e medio, respectiva-mente.19 En 1973, Franqueira renuncia á presidencia da cooperativa,algo que xa viña anunciando desde 1969, despois dunha asemblea xeralna que se cuestionan os balances presentados, ata o punto de que a actadesa asemblea non será aprobada na seguinte xa baixo outra presiden-cia.20 A incursión no cooperativismo vitivinícola sáldase, pois, cun sonorofracaso, aínda que a Cooperativa do Ribeiro lograría, anos despois,remontar o voo.

A política ao servizo da empresa

Mentres se desenvolvía o programa de 1961 e se sentaban as sólidasbases do grupo COREN, Franqueira comeza a súa actividade políticalogrando unha acta de procurador en Cortes, polo terzo familiar, na pri-meira lexislatura na que houbo representación familiar, a de 1967-1971;en 1971 revalidou esta ata 1977, daquela foi elixido deputado no Con-greso, nas filas de UCD, e mantivo a acta ata 1986. Franqueira entra enpolítica da man do seu protector, o gobernador civil López de Ramón,coa intención confesa de interesarse pola lexislación agraria, nomeada-mente pola nova Lei de cooperativas que se aprobará en 1975, e inte-grouse na Comisión de Agricultura.21 O vencello entre a actividadeempresarial, dentro da estrutura do sindicalismo vertical, e a políticaresulta, pois, evidente. Franqueira sofre un certo acoso político, mesmocunha inspección do Banco de España, nos tempos do gobernador Rega-lado Aznar e do presidente da Deputación Olano Guarriarán, temposque se levan por diante o seu íntimo amigo, Martín Esperanza, directorxeral da Caixa de Aforros Provincial, alcalde de Ourense e conselleiro

Page 16: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

528Empresarios de Galicia

nacional do movemento e que lle fan perder a Deputación Provincial,temporalmente, a outro íntimo, Ferrer Garrido, sucesor de Martín Espe-ranza no control da Caixa de Aforros. Superado este período de 1973-74.Franqueira vai tecer unha rede de relacións clientelares por toda a pro-vincia que lle van permitir un dominio absoluto do poder político, eco-nómico e social. En cada concello ten abertas oficinas da Caixa Rural, daCaixa de Aforros, das Irmandades, en cada concello ten axentes electo-rais en forma de granxeiros e/ou asalariados de COREN, en cada conce-llo hai ducias de lectores de La Región, xornal que sofre unha profundaremodelación accionarial, a finais de 1973; desaparece Acción CatólicaSocial S.A., a súa empresa propietaria, e nace La Región S.A., coa familiaOuteiriño, a Igrexa e Franqueira e os seus amigos como principais accio-nistas. De feito, o propio Franqueira e Martín Esperanza pasan a sermembros do consello de administración.

Eulogio Franqueira eManuel Franqueira en reunión

Page 17: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

As cooperativas de porcino

Ao mesmo tempo que supera a crise política e se fai forte en LaRegión, lanza unha nova liña de actuación nas COREN. En 1974 nace aCooperativa Provincial de Criadores de Gando Porcino. Unha volta aomodelo da agricultura sen terras, inicialmente concibida como comple-mento para os granxeiros avícolas, daquela nos comezos da crise dasegunda metade dos anos setenta, e os do plan vacún. Franqueira volverealizar aquí unha operación empresarial exitosa. En 1977 toma unpaquete minoritario das accións do matadoiro de Frigolouro no Porriño,daquela controlado polos Fernández. En 1979 faise co 98% das acciónse converte o matadoiro, que conta con túneles de refrixeración, salas dedespezamento e fábricas de embutidos, na saída natural dunha produ-ción de carne porcina en incremento.22 Ese mesmo ano nace a Coope-rativa Limitada de Gandeiros de Porcino de Ourense con 90 socios quepoñen en marcha granxas de ciclo pechado, nos que combinaban a mul-tiplicación e o engorde, mentres os 119 socios da primeira cooperativa sóse dedican ao engorde, ao deixaren a multiplicación nas mans de granxascomunitarias, con asalariados, ás que chegaban, desde Holanda nos pri-meiros anos, as porcas bisavoas.23

Os últimos retos e a sucesión

En 1980, acorde cos novos tempos políticos, as COREN desvincú-lanse totalmente de UTECO e fundan COREN Sociedade CooperativaLimitada como unha serpe que ripa a súa camisa. A nova empresa eradona de todas as instalacións do grupo e dos servizos técnicos que ata esemomento xestionaba UTECO. Foi unha muda de pel que deixou atrás opasado verticalista.A actividade pública e privada de Franqueira remata a finais de 1984

cando un derramo cerebral o deixa prostrado ata a súa morte, en 1988.Neses momentos andaba matinando en dúas grandes cuestións: mantera hexemonía en Ourense despois da desaparición de UCD e preparar

529Eulogio Gómez Franqueira

22 Vara (2000), p. 159.23 Fernández (1985), pp. 186-188.

Page 18: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

COREN para o reto do ingreso da CEE. No primeirotema argallou o nacemento de Coalición Galega(CG), solidamente instalada en Ourense, moi pre-sente en Lugo, con presenza en Pontevedra e na Co-ruña a través de náufragos da UCD e adornada copedigree do Partido Galeguista; CG pretendía ocuparo espazo centrista cun verniz populista e galeguista,un proxecto ilusionante que non superou a perdado seu fundador. No segundo tema, a entrada naCEE, a Caixa Rural, con 53 oficinas, con 170 em-pregados e cun beneficio neto de 858 millóns de pesetas –o seu último ano de vida, 1987– quedabapequena para as necesidades de expansión do grupo,a pesar de contar cos dous terzos dos recursos con-xuntos das catro galegas;24 en 1988 intégrase enCaixa Galicia, e ocupou Manuel Gómez Álvarez,fillo e sucesor de Franqueira a fronte de COREN,un posto no seu Consello de Administración; a ex-pansión precisaba tamén dunha nova estratexia co-mercial, en 1984 nace Gallega de Alimentación S.A.(GALSA), a filial que se vai encargar de todo o pro-ceso de comercialización do grupo ata o lanzamentoda estratexia de internacionalización lanzada en1990, coa fundación de Lourinho Conservas deCarne Ltda. en Portugal, e proseguida en 1995, conCoren Argentina S.A., e 1998, con Coren RumaníaS.R.L.; o grupo precisaba colocarse ben no novo es-cenario comunitario e manter o prestixio simbólicodas súas orixes avícolas e logra exercer a representa-ción diante da CEE de todos os produtores españoisde polos e ovos para o período inicial de 1987-1990;a expansión precisaba dunha diversificación maiorda produción, así, en 1986 nace a Cooperativa Ga-

Empresarios de Galicia

24 Terrón (1987), pp. 363-369.

Page 19: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa
Page 20: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

lega de Criadores e Produtores de Coellos, nótese que xa non é provin-cial como as súas predecesoras, e convértese a cunicultura nunha activi-dade rendíbel para o grupo.Manuel Gómez Álvarez continuará a filosofía do grupo COREN; lanza

novas liñas de produción como as granxas de pavos, desde 1996, e cons-trúe para elas unha sala de despezamento no matadoiro avícola de SantaCruz de Arrabaldo (2000) e unha planta de incubación en Portomarín(2001), que lles dan servizo aos 100 cooperativistas actuais; as granxasde patos, desde 2001, son a última experiencia. En 1991, nace Coren Grill,tendas de venda directa de toda a gama de produtos do grupo, tendas pro-pias e franquiciadas presentes pola xeografía galega, Madrid e Alacant,estas tendas foron a punta de lanza dunha estratexia de expansión comer-cial por España; aprovéitanse en moitos casos as dificultades dos rivais, conacemento de Coren Iberocatalana S.A. (1994 co nome de Coren Saiz,Barcelona), Coren Rives S.A. (1997, Alacant), Espinosa Coren S.A. (1995,Sevilla), ou Lázaro Coren S.A. (2000, Ronda), expansión centrada en zonasturísticas ou grandes cidades –Madrid é cuberta desde GALSA.O vacún segue sendo un sector que non rende plenamente, aínda

que nos últimos tempos, desde a adquisición de NOVAFRIGSA, en 1996,hai unha certa tendencia á especialización en carne de calidade, xa querepresentou máis do 40% dos animais certificados dentro da IndicaciónXeográfica Tenreira Galega —das 23 granxas de 1983 pasouse ás 80 de2001—; o sector lácteo veu desaparecer as granxas familiares —só sobre-vive a Cooperativa Agrogandeira de Tioira-Maceda, con 8 socios—, men-tres que as cooperativas comunitarias pasaron de 8 a só 3, de 261 a 102socios; o 1 de agosto de 2003 deixou de producirse o leite do día quedurante trinta anos abastecera os mercados da provincia ourensá.Unha das liñas de futuro, sustentada no centro de investigación

situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, é a aposta pola produción eco-lóxica, con máis de 60 explotacións, centradas en ofrecer unha gama dealimentos coa etiqueta de sans, naturais e de calidade: polos de curral,ovos campeiros, tenreira galega, etc.A importancia histórica de Euloxio Gómez Franqueria e das COREN

que el ideou, xestionou e consolidou ao longo de vinte anos decisivospode medirse pola pegada deixada na economía —e na política— galegaen xeral e na ourensá en particular. Como todo grande empresario hai na

532Empresarios de Galicia

Fotografía da páx. anterior:Centro Procesado Avícola2006

Page 21: Empresarios de Galicia 127 - Fundación Galicia Empresafundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol1_c27.pdf · a cooperativa provincial de avicultura que se acababa

súa biografía luces e sombras pero a hora de facer balance as primeirassuperan claramente as segundas. Creador dunha orixinal empresa coope-rativa, no único marco posibel entón do sindicalismo vertical, foi quen desaber sobrevivir exitosamente á liberalización e á comunitarización daeconomía española mentres outros competidores, AVIDESA sen ir máislonxe, quedaban abeirados polos novos ventos. Un modelo empresarialque foi capaz de preparar axeitadamente para o difícil momento da suce-sión sempre problemática nas iniciativas que dependen do liderazgocarismático irrepetibel do fundador. E todo isto nun entorno tan poucodinámico e plural como a provincia de Ourense que aínda hoxe ten enCOREN o seu principal referente empresarial e mesmo ideosincrático.Poucos homes poden deixar unha herdanza tan nítida.

533Eulogio Gómez Franqueira

Bibliografía

Colino Sueiras, J., (1984): La integraciónde la agricultura gallega en el capita-lismo. El horizonte de la CEE, Madrid,MAPA.

Collarte Pérez, A., (2003): «Aspectos docooperativismo agropecuario na dic-tadura franquista en Ourense» en Mur-guía. Revista galega de historia, 1, pp. 67-85.

— (2004): «La agricultura gallega y el ac-ceso al crédito agrario oficial en el fran-quismo» en Estudis d’història agrària,17, pp. 299-316.

De Juana López, J., (2000): «Eulogio Gó-mez Franqueira (1917-1988)» en To-rres, E. (dir.), 100 empresarios españolesdel siglo XX, Madrid, LID, pp. 472-477.

Fernández, G., (1975): Galicia y las coo-perativas orensanas, Madrid, EditorialDAGUR.

— (1985), El cambio agrario en Galicia,Madrid, Editorial DAGUR.

— (1993), Economía agraria gallega. Mo-dernización y convergencia con la CEE,Ourense, COREN.

REIG ARMERO, R., (2000): «Luís Suñer San-chís (1910-1990)», en E. Torres (dir.):100 empresarios españoles del siglo XX,Madrid, LID, pp. 439-443.

Terrón Muñoz, F. (1987): Las Cajas Ru-rales españolas. Nacimiento, auge yperspec tivas del cooperativismo agrariocrediticio en España, Granada, Univer-sidad de Granada.

Vara, A. (2000): «Coren. Ganadería sin tie-rra», en Grandes Empresas. GrandesHistorias, A Coruña, La Voz de Galicia,pp. 156-163.