elementos de tracicion oral relacionados co pan
DESCRIPTION
Algúns aspectos da tradición oral relacionados co pan, por Orlando Viveiro VeigaTRANSCRIPT
Algúns aspectos da tra dición oral relacionados co pan
por Orlando Viveiro Veiga
1. Relatos de oficios.
*Un canteiro galego, que andaba a traballar entremedias das comarcas de Bavia e Luna, na provincia de León, estaba en certa ocasión construíndo un forno para cocer o pan. Cando chegou o intre de rematar dito forno, a punto de colocar as derradeiras lousas, comenzou a recitar a xeito de ladaíña:
-“Tente forno, tente forno, tente forno, .......tente forno mentras cobro”!.
Abelgas, León.
*Un cerralleiro estaba nunha casa colocando un mendo a un pote. No burato introduciu con moito xeito unha pouca masa e logo decía con moita seriedade:
-“Tapa masa, mentras o cerralleiro pasa”!.Outeiro de Rei.
2. Xogos de cativos.
*Os cativos, durante o tempo de xogueta, representabamos o seguinte diálogo:
-Fixécheme o bolo?-Fixen.-Donde o pousaches?-No pé da ventá.-Quen o levou?-O gato bis-bis.-Como ía?-Co rabo dereito.-Imos un pleito?
Acto seguido comenzaba o “pleito” consistente en soprarmos un na cara do outro, tanto como fóramos quen de resistir, quedando por vencedor aquel que lograra soprar máis ca o seu adversario.
Matela/Aguiar, O. de Rei.3. Rezos de enfornar.
*Cando se remataba de enfornar o pan, xusto antes de tapar a boca do forno para evitar perda de calor, era común decir un rezo. A estructura do mesmo era sinxela e breve mais variaban os seus elementos dun lugar a outro.
-“San Pantaleón o arrequente e o faga bon,no forno e na alma, e no corpo dos cristiáns”.
Aguiar, Outeiro de Rei.
-“Vai o pan no forno,a gracia de deus polo mundo todo,deus o aumente nos agros
1
e no corpo dos cristiáns.A poder de deus e da virxe Maríaun painoso e un avemaría”.
San Fiz de Paz, Outeiro de Rei.
4. Esconxuros.
*Este dito era para esconxurar o trono e dicíase ao mesmo tempo ca se queimaba un ramallo de loureiro bendito polo día de ramos.
-"Santa Bárbara benditagarde o pan e garde o trigoe garde a xente do perigo".
Bonxe, Outeiro de Rei.5. Adiviñas.
*A importancia do pan na sociedade tradicional fixo que a súa presenza figure en cada parcela da vida e do patrimonio, tamén nas adiviñas.
-“entre valado e valado hai un boi espatalado”: a masa na artesa.
Outeiro de Rei.6. Sentenzas.
*A riqueza e variedade de ditos neste campo é moi abondosa, dando idea da importancia que tivo na nosa cultura.
-“polo san Xoán sécalle a primeira raiz ao pan(1) polo san Pedro sécalle a do medio,(2)pola santa Isabel colle a fouciña e vai segar a el”.(3)
(1) día 24 de xuño.(2) día 29 de xuño.(3) día 4 de xullo.
San Clodio, O. de Rei.
7. Refráns.
*Ditos breves, expresados en forma de “verdade” que semella absoluta.
-“os consellos non dan pan”-“pescador e troiteiro, nin meda nin palleiro”-“con pan e viño ándase o camiño”-“polo san Xoán tanto queixo coma pan”
Outeiro de Rei.
8.A figura do cuco.
*Facer unha “cavada” consistía en deixar ao descuberto un terreo montesío, quitando a capa vexetal que o cubría, con obxecto de sementar centeo ou trigo. Esta capa, arrincada co
2
eixado en forma de “terróns”, deixábase secar por uns días sendo despois aqueles amoreados en montóns, chamados “toles” ou “tolas”, para proceder logo á súa queima. Dito labor tiña lugar durante o verán coa finalidade de dispoñer da terra en condicións para “outonar” no seu tempo. O seguinte dito relaciona a presenza do cuco como garantía do bo tempo atmosférico necesario para efectuar estas cavadas.
-“canta o cuco despois do san Pedro, cava cavador sen medo”.Matela, Outeiro de Rei.
*Nestoutro caso queda patente a “habilidade” do cuco para fuxir do traballo, buscando saída para todas as situacións posíbeis.
-“Chamaron ao cuco para mallar:se chovía xa iría,se estaba nuboso tiña que cucar,e se ía sol á sombra tiña que estar”.
Aguiar, Outeiro de Rei.9.Contos/lendas.
*Cando Noso Señor andaba polo mundo castigou aos homes a quedarmos sen pan. Daquela san Lázaro pediulle que deixara unha espiga para darlle ao seu can. A partir dese suceso dise que non debemos comer sen dar un bocado aos cans. De aí quedou o dito:
-“Polo can temos o pan”Matela, Outeiro de Rei.
*Noso Señor castigou aos homes con quitar o pan, que tiña tres espigas, pero san Lázaro tiña un can que lle lambía as chagas e pediulle a Deus que non o quitara, entonces Noso Señor decidiu deixarlle unha espiga que é a que ten agora.
Aguiar, Outeiro de Rei.
*No intre de comer, unha muller moi enfadada co home dixo:-Por tí pan casei cun “cara de can”.
O home respostou:-Pan tivera e casara con quen quixera.
Aguiar, Outeiro de Rei.
10. Trabalinguas.
"Cacaracá mi amami ama cacaracá,vaiche na sega logo virá, logo virá,gra, gra, deus a dará, deus a dará".
Castelo, Outeiro de Rei.
3