elcorreogallego · sara márquez, mala-gueña, e vicente more-no, toledano, casaran en 1937,...

20
XOVES 17 DE MAIO DE 2018 el Correo Gallego

Upload: hoangcong

Post on 21-Nov-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

XOVES 17 DE MAIO DE 2018

elCorreoGallego

Page 2: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial2El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018

e chegou o momento culminante da ho-

menaxe a María Vic-toria Moreno, a quen este ano a Real Acade-mia Galega (RAG) lle dedica o Día das Letras Galegas 2018. Unha xornada que arrancará cunha sesión plenaria extraordinaria e pú-blica a partir das 12.30 horas no Teatro Prin-cipal de Pontevedra, cidade na que a escri-tora, profesora, editora e activista da lingua e a cultura de noso viviu desde 1963 e ata a súa morte en 2005.

Nun acto solemne e aberto ao públi-

co, a Academia cede-ralles a palabra a tres membros de número moi vinculados a Ma-ría Victoria Moreno: Marilar Aleixandre, Fi-na Casalderrey e Xesús Alonso Montero. Os tres ofrecerán aos asis-tentes tres olladas per-soais á vida e á obra da autora, e a sesión con-cluirá coa intervención do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.

a Academia escolleu o pasado mes de fe-

breiro Pontevedra para abrir a súa programa-ción do Ano María Vic-toria Moreno. Da man da comunidade educa-tiva do CEP Marcos da Portela, a institución académica presen-tou a nova edición do proxecto web Prima-vera das Letras (prima-veradasletras.gal) que fornece de recursos lú-dicos e didácticos arre-

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

a cidade do lérez réndese a Mª Victoria Moreno

texto Mario Álvarez

COS MOZOS É unha autora de referencia na literatura infantil e xuvenil galega. Foto: Arquivo familiar

dor do universo vital e literario da protago-nista deste 17 de maio, destinados aos cativos de Infantil e Primaria. Un espazo no que hai dispoñibles catorce ac-tividades interactivas e seis fichas descar-gables que permiten profundar, da man de María Victoria More-no, en competencias e contidos transversais do currículo escolar.

o Portal das Pala-bras (portaldas-

palabras.gal), o espazo para a divulgación do léxico da nosa lingua que a RAG ofrece coa colaboración da Fun-dación Barrié, tamén lle dedicará contidos á homenaxeada ao lon-go deste ano, como as Sete palabras de Ma-ría Victoria Moreno que percorren a súa traxectoria ou outro dedicado á amorosa autofonía que manti-ña, nas súas palabras, co idioma galego.

P or outra parte, e xa no mes de novem-

bro, a Real Academia Galega celebrará os días 27 e 28 na súa sede da Coruña o Simposio María Victoria More-no, dúas xornadas nas que se afondará, a tra-vés das disertacións de diversos especialistas, na personalidade e no legado da autora ho-menaxeada nesta edi-ción do Día das Letras Galegas. O encontro, destinado principal-mente ao profesorado de lingua galega e li-

teratura dos distintos ciclos e niveis educati-vos, está aberto ao pú-blico en xeral.

Nun ambiente máis lúdico, e tamén

para a xornada de hoxe, está prevista a celebración da que se-rá a V Carreira Camiño das Letras, que volve-rá unir o Pico Sacro coa Cidade da Cultura, nunha edición que con-tará cunha proba abso-luta seguindo a Ruta da Prata ata o Gaiás, e cun circuito nos exteriores da Cidade da Cultura para as categorías de menores.

a iniciativa, promo-vida por Xurdir

coa colaboración da Consellería de Cultu-ra, Educación e Orde-nación Universitaria, compaxina a celebra-ción do Día das Letras Galegas coa posta en valor do Camiño de Santiago desde o ámbi-to deportivo.

Todos os que finali-cen a proba recibi-

rán como agasallo un libro e mais o diploma Camiño das Letras, e a rapazada recibirá un-ha medalla conmemo-rativa da carreira.

Xunto a esta proba, a Xunta deseñou un

amplo programa de ac-tuacións para apoiar o coñecemento e valora-ción dunha das autoras de referencia da narra-tiva infantil e xuvenil, en colaboración coa súa familia e coas prin-

cipais institucións cul-turais da comunidade, entre as que destaca a exposición itinerante María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes.

e onte, o auditorio da sede Afundación da

cidade do Lérez acolleu o tradicional Concer-to das Letras Galegas, que con carácter anual organiza o Consello da Cultura Galega (CCG), en homenaxe á María Victoria Moreno.

Baixo a dirección de Maximino Zu-

malave, a Real Filhar-monía de Galicia, a soprano Anaís G. Fer-nández Cerneira e os coros Sólo Voces, Colle-gium Compostellanum e Coro da Cámara Rías Baixas interpretaron un repertorio moi lite-rario, que comezou coa Alborada galega (Pas-cual Veiga/Francisco María de la Iglesia) e a Dolora Sinfónica, de Gregorio Baudot.

De entrada libre e gratuíta, o concer-

to ten moito de festa li-teraria, e os asistentes disfrutaron coa estrea de Dous folios que fo-ron brancos, de Miguel Matamoro, tema inspi-rado nun texto de Ma-ría Victoria Moreno. Ademais, o espectácu-lo serviu para render unha homenaxe á poe-sía galega, musicando textos de Valle Inclán, Álvaro Cunqueiro, San-cho I, Ramón Cabani-llas ou Leandro Carré Alvarellos.

Page 3: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018 especial 3

Page 4: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial4El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018

María Victoria Mo-reno foi unha es-

critora galega. Que algúns textos falen de-la como “estremeña” é unha confusión debi-da ao descoñecemen-to de datos biográficos da súa infancia. Luís Seoane foi un pintor e escritor galego –non arxentino– malia nacer en Buenos Aires, e Italo Calvino un escritor ita-liano nacido en Cuba.

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

a lingua, a gran paixón de maría victoria morenotexto Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey,

académicas numerarias da RAG

A home-naxeada nesta edición do Día das Letras Ga-legas, María Victoria Mo-reno, durante unha das súas conferencias. Foto: Arquivo fa-miliar

O nacemento de María Victoria en Valencia de Alcántara (Cáceres) foi circunstancial.

Nin a súa nai nin o seu pai tiñan raí-

ces en Estremadura; Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na casa do seu irmán na

vila estremeña onde naceu María Victoria o 1 de maio de 1939 –hai outra confusión difun-dida pola propia auto-ra, que afirmaba ter nacido en 1941–. Logo duns anos en Badaxoz o seu pai foi destina-do en 1943 a Segovia, onde viviron até 1949, ano da morte de Vicen-te. Sara Márquez, re-matada a excedencia que solicitara como

mestra, puxo escola en Sepúlveda e alí foi vivir a familia.

Os estudos de Ma-ría Victoria de-

longáronse dous anos debido á situación eco-nómica, que non per-mitía enviar unha filla a estudar fóra, e á ausen-cia en Sepúlveda de ins-tituto, pois unicamente existían nas capitais de provincia e nalgunha

cidade máis. En 1951, grazas a unha bolsa, marchou para Barcelo-na a cursar o bachare-lato elemental, que ía dos 10 aos 14 anos, e o superior, dos 14 aos 17. Ela tiña 12 anos, o que pode explicar por que decidiu mudar a data de nacemento, para fa-cela coincidir coa das súas compañeiras. En Barcelona aprendeu catalán e francés, e so-

bre todo descubriu a li-teratura, lendo por vez primeira o Quixote ou O principiño, que se ha-bían converter nas súas obras favoritas. No ve-rán volvía ás aldeas se-govianas onde exercía de mestra a súa nai.

De 1958 a 1963 es-tudou Filosofía e

Letras, sección de Fi- loloxía Románica, na Universidade Complu-

Page 5: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018 especial 5

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

María Victo-ria Moreno atende ás palabas de Alonso Mon-to na pre-sentación, en 1986, de ‘Leonardo e os fontanei-ros’. Foto: Ar-quivo familiar

tense de Madrid. Alí coñeceu a José Luis Llácer, invidente, con quen casou ao finaliza­ren a carreira e co que se trasladou a Ponteve­dra en 1963, por ser el contratado no Colexio da ONCE. En Ponteve­dra viviu máis de co­renta anos, até a súa morte en 2005 pois, aínda que deu clase dous anos en Lugo e catro en Vilalonga, a súa casa sempre estivo nesta vila.

Podería ser máis acaído dicir que

era máis segoviana ca estremeña, aínda que tamén viviu sete anos cruciais da adolescen­cia en Barcelona ou cinco en Madrid antes de se instalar en Ga­licia. Á fin, debemos darlle a razón cando afirmaba ser galega: é a terra onde viviu máis tempo e sobre todo a terra e a lingua con que se identifi­cou.

A historia de amor entre María Victo­

ria e Galicia comeza en Pontevedra. Logo de dar aulas como in­terina nesa cidade, en 1965 aprobou as oposi­cións, sendo destinada ao Instituto Masculino de Lugo, onde ensinaba Xesús Alonso Montero, con quen manterá un­ha estreita amizade du­rante toda a súa vida. Grazas a el mergúllase na lingua e sobre todo na literatura galega:

“A actitude ante a lingua, a ética e o

compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mes­tre, de quen me hon­ro en recoñecer como mestre” escribiu no artigo “O mestre das palabras”, sobre Alon­so Montero. Desde ese momento María Victo­ria converteuse nunha activista a prol da lin­gua galega, un com­promiso vencellado ás reivindicacións de

democracia e xusti­za social. Ao regresar a “Na ditadura non se ensinaba a lingua ga­lega nin moito menos en galego, mais María Victoria Moreno dedi­caba parte das clases de Literatura españo­la dos venres a ensi­nar literatura galega, a que as alumnas practi­casen a escrita de tex­ tos en galego” Ponte­vedra en 1967 impar­tiu Literatura castelá no Instituto Feminino

(agora Valle Inclán).

Lembran as súas alumnas, entre elas

Rosario Álvarez Blan­co, que con María Vic­toria aprenderon tanto a tomar conciencia da realidade lingüís­tica e cultural de Ga­licia como a gozar da literatura. Na ditadura franquista non se ensi­naba lingua galega nin moito menos en gale­go, mais María Victo­ria dedicaba parte das clases de literatura es­pañola dos venres a en­sinar literatura galega, a que as alumnas prac­ticasen a escrita de tex tos en galego.

Nese contexto de represión, o seu

compromiso coa lin­gua expresouse ta­mén nos cursos de galego –a título vo­luntario, non remu­nerados– organizados pola asociación Ami­gos da Cultura de Pontevedra, nos que participou desde 1972, dirixidos a mes­

tras, mestres e per­soas que non tiveran a posibilidade de es­tudar a nosa lingua.

Unha participación que resultaba sos­

peitosa para o réxime, sobre todo se os cur­ sos eran organizados por entidades como o Ateneo de Ourense, di­rixido por Manuel Pe­ña­Rey, de coñecida militancia comunista, e considerado un ni­ño de subversión. Co­mo represalia, en 1974 foille retirado o pasa­porte. A contribución como escritora de Ma­ría Victoria á lingua e á cultura do país foi moi importante; con todo, poida que o fose aínda máis a súa actividade como profesora que, como reiterou en arti­gos e entrevistas, era a súa paixón.

O ano 1973 convér­tese nunha da­

ta significativa na súa traxectoria por va­rias razóns. Desde o punto de vista persoal

Vén da páxina 4

Page 6: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial6El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018

por iniciaren José Luís e mais ela o proceso de adopción dos seus fillos Begoña e Carlos, com-pletado formalmente en 1975.

Ediciós do Castro pu-blica o seu primeiro

libro, Mar adiante, en que vai incluído o re-lato Clarisca e Luceiro, que acadara o segundo lugar no Premio O Fa-cho. Esta primeira edi-ción leva ilustracións da autora, como a utili-zada pola RAG para fe-licitar o Nadal en 2017; en 2009 o libro foi ree-ditado por Edicións Xerais. Edita outrosí a antoloxía bilingüe Os novísimos da poesía ga-lega, que recollía textos de dez poetas nacidos despois de 1943, entre eles Xosé Vázquez Pin-tor, Xesús Rábade Pa-redes, Margarita Ledo e Darío Xohán Cabana, sendo responsable tan-to da selección como da tradución ao caste-lán. E abre en Ponteve-

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

CON SOM-BREIRO A escritora posando arredor do ano 2000. Fo-to: Arquivo familiar

dra, xunto a oito socias e socios, a libraría Xun-tanza, onde se vendían, entre outros, libros co-mo os de Castelao e Miguel Hernández pro-hibidos pola censura e editados fóra de Espa-ña, sobre todo en Bue-nos Aires. Isto é unha mostra das múltiples actividades que levou a cabo en relación cos libros: escritora, profe-sora de literatura, tra-dutora, editora, libreira ou conferenciante.

A publicación de Mar adiante tivo gran-

de impacto na prensa, convertendo a María Victoria nunha das au-toras pioneiras da lite-ratura infantil galega. É a historia, contada en primeira persoa, dunha mestra, na que non é difícil identificar a autora, que pon esco-la nun barco, o Arroás. Canda ela navegan Mi-guel, o mariñeiro que o fabricara, o capitán Xosé Luís, Lola a coci- ñeira, que aprendeu a camiñar sobre a auga,

e mais once rapazas e rapaces.

O libro constitúe un manifesto a favor

dunha escola diferen-te, en contacto coa na-tureza, a favor dunha relación de respecto e agarimo co alumnado, que María Victoria de-fendía tanto nas súas novelas como na súa vi-da. Unha escola en que ningún mestre amea-

zase os rapaces de Por-tosouril con guindalos ao mar cos libros ama-rrados ao pescozo, un-ha escola en que se aprendía ollando para as estrelas e mesmo fa-cendo trasnadas.

Mar adiante foi se-guido por O ca-

taventos (1979) que acadou o Premio O Fa-cho, A festa no faiado (1983), e Leonardo e os

fontaneiros (1986). Es-te último é un exem-plo da intensa relación de María Victoria cos animais, un cariño re-flectido na súa vida e en moitos dos seus li-bros. Leonardo, o pro-tagonista, é un can de palleiro, un can sen dono que se converte en amigo e confiden-te de Antón Andrade, rapaz de catorce anos moi dado a levar a ca-

bo falcatruadas, xunto cun feixe de compañei-ros de escola coñecidos como os fontaneiros.

María Victoria ado-itaba chamar “os

meus cachorros” tanto aos seus cans como ao alumnado e gabábase de tratalos igual. Afir-maba non facer nunca cos animais o que non faría coas persoas, pois entendía que quen lle fai mal a un animal in-defenso tamén é quen de llelo facer ás per-soas. Tampouco os alimentaba cos des-perdicios da comida, aínda que si lles entre-gaba os libros de mala calidade para que xo-gasen con eles até os desfacer. Outros tex-tos seus protagoniza-dos por animais son E haberá tirón de orellas? (1997), historia da ca-dela Alma –homenaxe a dúas cadelas que tivo a autora e ás que deu o mesmo nome– perdi-da, logo de se afastar da casa, Can branco, can negro e Un cachiño de

vén da páxina 5

Page 7: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018 especial 7

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

bica? dúas historias en verso que forman par-te, xunto con Xa non teño medo do libro Eu conto, ti cantas... (2005), o último que viu publi-cado en vida.

Ademais de historias infantís ou xuvenís,

a mediados dos 80 pu-blicou xunto con Xesús Rábade Paredes e Luís Alonso Girgado libros de texto de Literatura galega.

Outros fitos rele-vantes produ-

círonse en 1988. Neste ano Galaxia, por deci-sión de Carlos Casares, na altura o seu direc-tor, crea a colección Árbore de literatura in-fantil, que será dirixida durante dez anos por María Victoria More-no, Antonio García Tei-jeiro e David Otero. O obxectivo, segundo Da-vid Otero, era dispoñer de literatura en galego para todas as idades, dar visibilidade á escri-ta en Galicia, así como publicar traducións ao galego de libros de ca-lidade.

Tamén en 1988 pu-blica Anagnórise,

recoñecido en 1990 na Lista de Honra do IBBY (Consello internacional de libros para a moci-dade), que selecciona cada dous anos libros excelentes nas distin-tas linguas. Anagnórise está considerado o seu mellor libro e un clási-co da literatura xuve-nil galega. É a historia de Nicolau, un adoles-cente de dezasete anos que fai autostop, fuxin-do da casa e da súa vida anterior, e Xulia Andra-de, unha muller afouta que o leva no seu coche e que ten moito da au-tora. Nas conversas da longa viaxe entre unha vila da beiramar gale-ga e Madrid, Xulia fai reflexionar a Nicolau sobre a súa identidade, o que fixo na súa vida e o que quere facer en diante xa que segundo ela “as persoas estamos feitas para levar adian-te os proxectos máis fermosos”. É esta unha das frases máis coñe-cidas de María Victo-ria, e figura gravada na placa que o concello de Pontevedra colocou en 2006 na ponte da avenida de Vigo. Aín-da que era recoñecida

“a escribir a contra o reloxo”. Ao mesmo tempo, esforzouse por continuar a súa vida, dando clase durante cinco anos máis, até 2002, en que a súa saú-de a obrigou a xubilar-se: “Pensei que sendo unha todo terreo pode-ría superar o cancro, pero non quero que os meus alumnos paguen a miña vellez e enfer-midade. Na aula estou de marabilla e, a pesar de que levo cinco anos enferma, só faltei ás clases os días de chu-

desde os anos setenta como unha das auto-ras de máis calidade da literatura infantil e xuvenil galega, Ana-gnórise consolidou a súa consideración co-mo parte do canon.

En xaneiro de 1996 morreu o seu ho-

me, José Luis Llácer, e en 1997 foi diagnostica-da de cancro de mama. Comezou a loita contra a doenza, os tratamen-tos, a quimioterapia, o que a leva, segundo as súas propias palabras

FOTO DE FAMILIA. María Victoria Moreno, á dereita, coa súa filla, Begoña Llácer Moreno, e o seu segundo home e viúvo, Pedro Ferriol, nunha imaxe do arquivo da familia.

Page 8: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial8El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018

te”. As aulas, a relación co alumnado, eran pa- ra ela un paraíso, un espazo onde acougar, deixando o cancro fó-ra das portas da esco-la por unhas horas. En 1999 publicou a novela

17maio

DÍA

DA

S LE

TRA

S G

ALEG

AS

Entrega do terceiro Premio Barco de Vapor por ‘Leonardo e os fon-taneiros’ (1986). Foto: Arquivo familiar

xuvenil Guedellas de se-da e liño, recoñecida na Lista White Ravens da Biblioteca Internacio-nal para a Mocidade de Múnic en 2002. Co-mo Anagnórise, o libro explora os conflitos de identidade na adoles-cencia, neste caso a través de dúas rapazas,

Rato Chus e Vanessa, e do misterio dunhas incertas orixes. As in-quedanzas sociais da autora exprésanse no contraste entre o pazo, onde vive Rato Chus, e a marxinación de Va-nessa e os xitanos do arrabalde, “acusados xa pola cor da súa pel”.

En 2002 iníciase unha relación co mariño cu-bano Pedro Ferriol, a raíz dunha carta que el envía a través da edi-torial gabando Leonar-do e os fontaneiros. As cartas, chamadas tele-fónicas e correos elec-trónicos culminan en senllas declaracións de

amor, e a voda en maio de 2003.

María Victoria Mo-reno foi unha au-

tora de literatura para a xente nova, mais non só iso. A reflexión so-bre a súa experiencia co cancro reflíctese nun libro excepcional, o ensaio Diario da luz e a sombra (2004), no que combina a análise descarnada da enfer-midade, as súas conse-cuencias, a recepción social, os cambios no comportamento dos demais, incluíndo a ocultación, con humor e ironía. Un par de ho-ras antes da presenta-ción do libro, o 13 de decembro de 2004, co-municáranlle que tiña metástase, o que signi-ficaba unha sentenza de morte.

Porén, presentou o libro con serenida-

de e dignidade, a mes-ma da que fixo gala durante toda a doenza. En 2005 Pedro Ferriol pasou a ordenador a primeira novela escri-ta por María Victoria, aínda en castelán, en 1969, e enviouna a un premio en Salamanca, premio que acadou e foi recoller poucos me-ses antes da súa morte. Traducido ao galego, segundo vontade da autora, por Xavier Se-nín, Onde o aire non era brisa (2009) foi publi-cado postumamente. É unha crónica da dura vida das mestras –pro-bablemente inspirada na súa nai – nunha vila imaxinaria de Castela, nos anos 60.

Está artellada ao re-dor das metáforas

do leite: por unha ban-da a mestra fornece-dora de leite físico, o da axuda americana, e intelectual, para acal-mar a sede de coñece-

mento do alumnado; pola outra o espolio do alcalde e as forzas vivas da vila, acapa-rando o leite en po, simboliza a rapina le-vada a cabo polos fran-quistas. Elexías de luz, publicado en 2006, re-úne cinco cadernos de poemas, nos que agro-man tanto a súa sensi-bilidade como a ironía e a crítica.

Nos últimos anos da súa vida María

Victoria recibiu nume-rosas homenaxes, dos libreiros na Feira do li-bro de Pontevedra, do profesorado do IES To-rrente Ballester, o últi-mo no que dera clase e ao que legou a súa colección de libros, e outras que non viviu para presenciar, co-mo a do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, en 2006. Morreu o 22 de novem-bro de 2005.

Como apunta Isabel Soto, algúns trazos

fundamentais da obra de María Victoria son o lirismo, a conversión dos animais en prota-gonistas e a crítica a un ensino reseso. Con-tribuíu, xunto a outros autores e autoras da súa xeración, a situar a literatura infantil e xu-venil galega nun lugar digno; a poñer en valor o uso da lingua galega, falándoa e escribíndoa ben, a meterse na pel dos personaxes e go-zar coa literatura, coa beleza das palabras. Toda a súa vida é un exemplo de compro-miso coa causa da lin-gua galega e da xustiza social.

Agradecemos á RAG a autorización para repro-ducir esta biografía pu-blicada na páxina web da institución.

vén da páxina 7

María Victoria Moreno, a dereita, nun acto literario. Foto: Arquivo familiar

Page 9: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018 especial 9

Síntome moi pre-to da autora á que

este ano se rende ho-menaxe no Día das Letras Galegas. Este ano o galego ten co-mo voz a unha mu-ller, María Victoria Moreno, unha muller que non foi galega de nacemento pero si de elección como dicía ela, que e é como ta-mén eu me sinto. nha vez máis, estamos an-te un exemplo para entender que o sen-timento por Galicia e pola súa lingua non é único dos que nacen nesta comunidade, senón que se forxa a través das vivencias propias co idioma e coa comunidade ga-lega. Por iso quero reflexionar sobre o amor. Pola terra gale-ga que ás veces, cando chega, anega o cora-zón de quen o profesa e xa nunca máis pode soltarse de el, nacera onde nacera.

María Victoria Mo-reno era unha

muller que dominaba a lingua galega, espa-ñola, catalá, francesa, italiana e a portugue-sa, pero tamén co-ñecía outras linguas coma o latín, o ára-be, un pouco de ruso e tamén de romanés, e ata mesmo coñecía o sistema Braille. Aín-da con esta bagaxe cultural e lingüística, María Victoria More-no decidiu falar, vivir, escribir e sentir en galego. Ademais ta-mén traducía ao ga-lego publicacións de outras linguas e foi moi salientable o seu labor de divulgación da literatura galega contemporánea.

A celebración do Día Das Letras

Galegas comezou en 1963 para conmemo-rar a primeira edición de Cantares Gallegos, e foi unha coinciden-cia que nese mesmo ano Maria Victoria Moreno chegou a Ga-licia para xa non mar-char máis. Despois da infancia pasada en Es-tremadura e a época académica entre dife-rentes cidades, como Madrid e Barcelona, a poeta, novelista, en-saísta, tradutora, edi-tora, etc., trasládase

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

unha muller non galega de nacemento pero sí de elección, que é como me sinto eu

texto Alfredo García Rodríguez, presidente da Fegamp

A Federación Galega de Munici-pios e Provincias destaca o gran peso dos activistas culturais na defensa do galego. Foto: Fegamp

a Galicia onde des-empeña o seu labor como docente e como escritora. A cidade de Pontevedra será o seu destino definitivo, un-ha cidade da que fica namorada a autora.

Pero sobre todas as cousas María

Victoria Moreno ten paixón polo seu tra-ballo docente e os ne-nos e nenas son a súa bandeira e a súa ilu-sión. Ademais, nun momento no que non existían os libros en galego (porque non os había), e que cal-quera iniciativa nesta lingua atopábase con grandes atrancos, no libro Arroás do Bar-co de Mar Adiante, a autora fálalle aos máis pequenos en verso galego: Cónto-che o pouco que sei / do campo, do ceo e do mar/ para que non lle deas creto/ a quen che queira falar / de lobos que comen nenos / na sombra do carballal. Pero aos máis grandes tamén os soubo impre-

recunchos de Galicia, chegan voces de apoio ao galego, actividades de promoción da lin-gua, lecturas das le-tras galegas que nos motivan, recordos pa-ra os personaxes que teñen sido motivado-res do uso do galego e da súa permanencia coma lingua de cultu-ra e de vida.

Por iso a unión entre os conce-

llos galegos, reflecti-da na Fegamp, teñen como un dos seus obxectivos a defensa e promoción da no-sa lingua, por iso en-tre as nosas accións está a colaboración coa Mesa pola Nor-malización Lingüís-tica, onde se traballa pola promoción do uso do galego en to-dos os ámbitos da vi-da social. Na Fegamp, témonos comprome-tido tamén co uso do galego en todas as nosas comunica-cións que realizamos, e contamos ademais cunha publicación es-

tacional con contidos sobre o día a día da nosa federación in-tegramente en gale-go. Do mesmo modo empréndense inicia-tivas para sensibili-zar á poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como protexelo de agresións ou dis-criminacións para asegurarse de que se respecte o se uso in-dividual e colectivo.

A pesares de ser un día de celebra-

ción da lingua galega é imposible non sen-tir mágoa e tristura. É o sentimento normal que experimenta cal-quera galego ou gale-ga namorada da súa terra e da súa lingua; mágoa porque cada día dá a sensación de que son menos os ne-nos e nenas que a co-ñecen, e son menos tamén os e as galegos e galegas falantes que a defende, son menos os recunchos de esta meiga terra que reco-llen historias con eco galego. Ai do día que poidamos celebrar que a nosa lingua vi-ve! Ai do día que non teña medo a can-tar os versos de Ro-salía: “Tanto e tanto nos odiamos / tanto e tan mal nos quixemos /que por non verme moriche /e desque mo-rriche alento”. O noso 17 de maio é como esa gaita galega de Rosa-lía e tamén podo di-cirvos que eu sei que non canta, que chora.

O coidado do idio-ma é unha cues-

tión de todos e todas as galegas e temos que expandila as ta-refas cotiáns do noso día a día, so así po-derase manter o en-riquecemento dunha lingua tan amable e chea de cariño como é a lingua galega. O noso idioma, o gale-go, merece ser cele-brado todos os días do ano pero tamén é verdade que preci-sa dun día marcado no calendario para recordarnos o gran-de que é a fala galega e as fermosas obras que se poden facer con ela; ese é o senti-do do día 17 de maio.

sionar cos seus versos: / Eu quixera tecer en fíos de auga/ non as verbas do amado, / non as conversas que o solpor arrola,/ mais este doce laio / que habita nas distancias asequibles / resolto en vento maino./ Ela non tivo medo e dedicou o seu tempo vital ao ga-lego e a Galicia.

Por iso queremos destacar desde a

Federación Galega de Municipios e Pro-vincias o grande peso que tiveron os acti-vistas culturais, co-mo María Victoria Moreno, na defen-sa do galego xa que, aínda vivindo nun-ha época convulsa coma a da ditadura franquista, atreveuse a defender a lingua galega con accións como a creación da libraría Xuntanza, o

ensino do galego de forma clandestina, ou a fundación da Aso-ciación Galega do Li-bro Infantil e Xuvenil (GALIX ).

E os concellos ga-legos, moi preto

coma sempre dos ci-dadáns, non queda-mos indiferentes ante unha personalidade como a de Moreno. Como cada ano, poñe-mos en marcha todos os mecanismos ao no-so alcance para pro-mover a celebración do Día das Letras Ga-legas nos municipios. Son variadas e dife-rentes as iniciativas que se teñen posto en marcha desde os con-cellos para motivar e celebrar coa cidada-nía o amor pola lin-gua galega e o orgullo de defendela e conser-vala ben viva. Por iso hoxe, desde todos os

Page 10: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial10El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

Monaguillo antes que crego, Valentín García Gómez (Silleda, 1970) aprendeu a amar o ga-lego na cuna e ensinar a amalo dende o servicio de Normalización Lin-güística do concello de A Estrada. Ahora, aba-de na responsabilidade de potencialo seu uso como secretario xeral de Normalización Lin-güística, faino co pulo e determinación do ho-me convencido na cau-sa mais coa delicadeza de quen sabe que ó fon-do das persoas chégase polo doado camiño do convencimento e da pa-labra antes que polo da forza ou a imposición. E hoxe que se celebra

“O galegO ten unha delicada saúde de ferrO”texto Juan Salgado ACHEGAMENTO Á LUSOFONÍA Sen claudicar na normativa do galego, Valentín

García destaca as posibilidades que brinda achegarse ó idioma portugués. Foto: G

o Día das Letras, fala-nos da súa saude; da do idioma, claro.

Seguindo o vello re-frán do estado do do-ente segundo o médico a quen se lle pregunte, uns din que está na UVI e outros que está sano.

O estado de saúde do galego é bo. A min gús-tame dicir que o gale-go ten unha delicada saúde de ferro. É unha saúde que temos que tratar pero é unha saú-de que non ten proble-ma ningun. Cun índice de coñecemento da lin-gua do máis elevado do Estado e tamén de uso de todas as autono-mías, con 1.300.000 ga-legofalantes en Galicia

e calculamos que preto doutro millón fóra da Galicia territorial. Po-lo tanto, é unha lingua que ten usuarios pese a estar en contacto cun-ha das linguas máis im-portantes do mundo, que é o castelán. E, cla-ro, o castelán ocúpanos espazos que a nós gus-taríanos que ocupase o galego. Pero por con-tra temos a vantaxe de que os galegofalantes coñocemos outra gran lingua que é o castelán, que veñen do mesmo tronco e iso represen-ta unha fortuna, unha vantaxe.

Entón as críticas na diagnose qué son, mais políticas que sociais?

Non necesariamente todas, pero moitas de-sas críticas, as máis in-tensas que se escoitan no Parlamento, que se ven nos medios de co-municación, teñen que ver directamente con motivacións políticas. Pretenden buscar efec-tos pirotécnicos cando veñen as Letras Gale-gas. Sempre hai que di-cir algo contra a Xunta, contra o poder consti-tuido para botarlle to-da a culpa do galego. Pois nin o galego está tan mal nin tampouco a Xunta de Galicia ten tódalas culpas dos ma-les que ten o galego.

Hai aceptables niveis de implantación nas

institucións oficiais e mesmo no ensino, pe-ro aínda quedan eivas noutros eidos...

Efectivamente. Eu estou convencido de que o que lle falta ó galego agora mesmo son espazos de uso. Te-mos formación, a no-sa xuventude é a máis preparada da historia para ler, para escribir, para entender, e mes-mo para falar o galego, e teñen boa actitude. Que é o que nos pasa? Fáltanos crear espa-zos, crear sitios onde o usen. E cáles son esos espazos? A empresa, os equipos de fútbol, o ximnasio, a parella, o contorno afectivo, a fa-

valentín garcía. secretario xeral de política lingüística

milia, aí é onde temos que crear espazos para que a xente o fale.

Alúdese, como caren-cia, a espazos no comer-cio, no lecer...

Nós temos en marcha un plan que se aprobou en 2016, que é o plan de dinamización da lin-gua galega no tecido so-cioeconómico, e pasos xa se foron dando. Hai empresas coñecidas de todos, como poden ser Coca-Cola, Gadisa, Eros-ki, e outras máis que foron incorporando o galego á súa actividade comercial e publicita-ria. Sobre todo porque o galego no mundo da empresa marca proxi-midade, marca confian-za; porque por exemplo o 70 % do viño que se fai en Galicia, todo o incre-mento que tivo a produ-ción do viño en Galicia, está etiquetado en ga-lego. Por que? Porque o Galego no viño fai ta-mén Denominación de Orixe, marca calidade, proximidade, confian-za, iso é moi bo tamén para os nosos produtos.

Reclámase tamén máis esforzo coa mozi-dade.

Á mocidade hoxe en día non se lle pode dicir que fale o galego por-que si, porque o man-de a Xunta, porque o di o profesor... por que

Page 11: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018 especial 11

iso parencelles milongas. Hai que facelo atractivo, e por ahí vai a nosa idea de implicar a sociedade no seu conxunto. Non é só cuestión das administracións públicas ou dos medios de comunica-ción, temos que nos impli-car todos. Ese é o sentido do plan que vimos de presentar para a mocidade. Facerlles ver a utilidade dunha lingua que supón unha fiestra aber-ta para poder comunicarse con 250 millóns de persoas a través do portugués, coas fa-cilidades que iso representa, mesmo de tipo laboral. De-cirlles tamén que o galego é unha lingua de prestixio, un-ha lingua literaria, unha lin-gua que é afectiva, que nos dá identidade, que nos mar-ca. Todo iso é o que hai que contarlles.

O multilingüismo é sem-pre unha riqueza, pero aín-da quedan estamentos, dun e doutro lado, que o rexeitan.

Son dinámicas sociais que leva tempo cambiar. Calque-ra persoa que se achegue un pouco á sociolingüística ou á socioloxía, entende que as sociedades avanzadas, as so-ciedades maduras, son so-ciedades plurilingües. Hai que ser conscientes dunha cousa, o 40 % da poboación de España é plurilingüe, vive en comunidades onde hai va-rias linguas, e o 60 % da po-boación europea fala varias linguas; é dicir, o plurilin-güismo sempre foi riqueza, a poligloxia que dicían os gregos. Falar varias linguas sempre foi simil de socieda-de madura, avanzada cultu-ralmente e próspera.

A RAG, en medio das liortas, tamén ten tempo para pedirlle políticas pro-activas...

A RAG sempre recomen-da políticas... en realidade o labor da RAG é facer gra-máticas, dicionarios, iso é o que ten que facer a Real Aca-demia Galega. A RAG, que é unha entidade centenaria, con moito prestixio, á que por certo este ano lle sub-vencionamos con 100.000 euros máis ata un total de 750.000, estamos seguros que saberá saír pronto desas liortas internas e esas gue-rras que xa duran máis tem-po do que nos gustaría, e que faga o que ten que facer un-ha academia. Que é iso, facer gramáticas, dicionarios, ac-tividades cos mozos, e ahí terán sempre o apoio do Go-berno galego como non pode ser doutra maneira. Pero Ga-licia necesita unha academia dinámica, unha academia que estea moi en contacto coa sociedade.

O binormativismo podería dar acobillo a escritores que

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

sinalado co máximo rango, que é un día festivo. Somos dos poucos países do mundo no que o día das súas letras é festivo, e iso o que fai é si-nalalo socialmente e darlle prestixio, e logo facer que se implique todo o mundo na tarefa, desde empresas ata asociacións, medios de co-municación, a sociedade, que todo o mundo estea penden-te das letras e da lingua, xa non só por un día cada ano senón, como di vostede, por un mes ou máis dun mes, o que coloca á lingua nun es-tatus de primeira orde, de primeira magnitude.

teñen apostado por unha aproximación á lusofonía...

Aí si que me fai unha pre-gunta complicada á que lle estamos dando voltas agora mesmo. Está claro que te-mos que dar pasos de aproxi-mación á lusofonía, pero este é un proceso que é delicado no sentido de que non pode-mos espertar outra vez a lo-ita normativa, algo que non só se deu en Galicia senón que no País Basco foi moito máis dura aínda que aquí, pero claro, unha lingua ne-cesita unha norma estándar, necesita unha normativa adecuada que todos coñeza-mos. Empezar a variar moito a normativa o primeiro que supón é facerlle perder pres-tixio á lingua. Tamén é cer-to que temos que aproveitar moito máis os vínculos coa lusofonía, e aí si que temos que dar pasos, pero témolos que dar moi consensuados e moi medidos. En todo caso, o que temos que facer é abrir-nos á posibilidade de utilizar máis a norma portuguesa. É dicir, os escritores que quei-ran escribir en portugués, que teñan un mercado e que teñan tamén un espazo en Galicia. Por que non o van a ter? Se somos capaces de ler a Camoens ou a Paulo Co-elho en portugués, por que non imos poder ler un autor galego que decida libremen-te escribir en portugués? pois ó mellor temos que fa-cernos a esa idea.

A persoeira elixida este ano para celebrar as Letras levantou certas suspicacias sobre o seu nomeamento...

Hai escritores que dan máis xogo que outros; non esquezamos que vimos ago-ra de Carlos Casares, escri-tor poliédrico, que toda a súa vida a dedicou en Galicia a facer literatura. Evidente-mente non todos poden ser Carlos Casares. Neste ano, María Victoria Moreno é un bo exemplo de persoa que vindo de fóra, abraza a causa galeguista, o galego e a cultu-ra galega. Unha mestra que no ámbito educativo e no ámbito docente fixo un labor inmenso, e aí é onde máis es-tá traballando o mundo do-cente e o mundo do ensino porque, claro, é unha pro-fesora que escribiu para os rapaces, para os mozos, pa-ra os nenos, e ese é o grande exemplo que nos deixa.

O Día das Letras evolu-cionou xa como un mes das Letras, en que medida esa celebración axuda ao labor do seu departamento?

Pois moito, porque o que fai é centralizar a atención sobre os aspectos da lingua, da literatura, da cultura, e o que fai primeiro é ter un día

COMPROMISO COA CULTURA O secretario Xeral de Políti-ca Lingüística destaca o tra-ballo de María Victoria More-no na defensa da cultura e da lingua. Foto: Ar-quivo familiar

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

PREMIOÓ MELLOR PROXECTOINFANTIL

Page 12: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial12El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018

O Día das Letras Gale-gas é unha celebración comunal de adhesión a unha lingua, unha lite-ratura e unha cultura. É un eixo vertebrador para todos os galegos, que, sen dúbida, parti-cipan deste verdadeiro consenso social que é o 17 de maio.

Cando hai máis de medio século os pro-motores deste día se reuniron por vez pri-meira para conme-morar o centenario da publicación dos Canta-res gallegos de Rosalía de Castro seguramente non podían imaxinar que aquela pequena xuntanza de galeguis-tas acabaría por se

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

O exemplO de maría VictOria mOrenO

Román Rodríguez GonzálezConselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

converter no que hoxe é: a grande festa do no-so idioma.

Este ano, a figura ho-menaxeada por deci-sión da Real Academia Galega e ratificación do Parlamento de Ga-licia é a escritora e do-cente María Victoria Moreno Márquez, ga-lega de Cáceres, que voluntariamente dedi-cou todos os seus es-forzos á promoción e dignificación da nosa lingua, converténdose nunha das máis sen-lleiras autoras infan-toxuvenís do último medio século.

Obras de ficción pa-ra o lectorado máis no-vo como Anagnórise, Leonardo e os fontanei-ros ou Guedellas de se-da e liño, novelas como Onde o aire non era bri-sa ou poemarios como Elexías de luz, amais de

ensaios como Diario da luz e a sombra, son xa referencias fundamen-tais da nosa escrita e, en todos os centros de ensino, estes últimos meses volveron lerse as súas páxinas, pro-fundando no maior e mellor coñecemento tanto da obra da au-tora como da súa cir-cunstancia biográfica.

Narradora, poeta, ensaísta e tradutora, María Victoria More-no reúne na súa persoa dúas condicións exem-plares: dunha banda, a da profesora que, con determinación e en-trega, traballou arreo a prol da ensinanza e es-pallamento da lingua e, doutra parte, a da escritora que se serviu desta para crear obras memorables e amosar, así, as posibilidades es-téticas do idioma.

Neste momento en que os máis recentes estudos demostran que nunca antes a no-sa mocidade tivo un coñecemento do ga-lego coma o presente, en que o fomento da lingua se está a poten-ciar decididamente a través de campañas como a do Plan de di-namización da lingua galega na mocidade e que moitas das nosas creadoras e creadores triunfan nos sistemas literarios do mundo enteiro ou que o gale-go se estuda en 40 uni-versidades do mundo enteiro, todo confirma o interese pola nosa lingua e a súa proxec-ción de futuro, algo que non sería posible se figuras como a de María Victoria More-no non tivesen aberto camiño coa súa incan-sable dedicación á no-bre causa do idioma e da súa escrita.

Por todas estas ra-zóns, como responsa-ble da Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universita-ria da Xunta de Galicia, préstame congratular-me pola dedicatoria e celebración deste Día das Letras Galegas 2018 a unha escrito-ra modélica, unha ex-traordinaria docente e

unha cidadá admira-ble. A conmemoración ha de servirnos para recoller o seu exemplo e continuar a propul-sarnos en clave de país na decidida aposta po-la lingua, a literatura e a cultura de noso.

Edición de Xerais do ensaio ‘Dia-rio da luz e a sombra’. Foto: ECG

Page 13: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018 especial 13

Page 14: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial14El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018

Cando lle preguntaban a María Victoria More-no pola súa condición preferente (escritora, editora, activista cultu-ral) ela sempre respon-día: “profesora. Non hai mellor oficio no mun-do. Nin máis feliz nin mais agradecido”. Pro-fesora para alumear camiños. Profesora moi principalmente de adolescentes, aín-da que non exclusiva-mente, pois polas súas aulas pasaron peque-rrechos e adultos. Pero os mociños e mociñas dos institutos eran sen dúbida os seus prefe-ridos, aqueles nos que debrocaba todo o seu saber, a súa devoción e actividade. Profeso-ra da palabra, porque a palabra (a lingua) é a chave do mundo, esa

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

unha profesoraVíctor F. Freixanes Presidente da Real Academia Galega

parte de nós máis ín-tima, na que máis nos recoñecemos, que nos enraíza na memoria do que somos e, ao mes-mo tempo, nos proxec-ta colectivamente cara ao futuro.

A lingua da xente. Iso era o que máis a moti-vaba . Porque a lingua non é só un sistema de signos, pronomes me-llor ou peor colocados, adxectivos máis ou me-nos brillantes. A lingua son, sobre todo, os fa-lantes: homes e mulle-res deste país, novos e vellos, que foron os que realmente lle interesa-ron á profesora cando con 23 anos chegou a nós e aquí, entre nós, decidiu instalarse.

A lingua que axuda a descubrir e compren-der o mundo, mesmo para comprendernos e coñecernos a nós mesmos. Por iso tiña tanto interese nos ado-lescentes. O tempo da adolescencia (mociños e mociñas dos institu-

tos) é a primeira gran-de encrucillada do ser humano, aquela on-de afrontamos os pri-meiros interrogantes, os primeiros medos, as primeiras dúbidas, o descubrimento do sexo e do amor, aca-so tamén as primeiras traizóns, as primeiras ausencias, a morte ou desaparición dun ser querido, os primeiros desacordos e desen-cantos… Na adolescen-cia están as grandes preguntas, e o ser hu-mano, o adolescente, vén sendo coma un pa-pel en branco, un len-zo que hai que encher non tanto de respostas (que non sempre son doadas e, en calquera caso, sempre son per-soais) como de valores, actitudes, principios básicos, hábitos, esa configuración primei-ra do mundo que, co-ma quen dispón dun compás de navegación, nos axuda a orientar-nos. E aquí aparecen

os libros: a literatura.A boa profesora ad-

ministra a lectura (os libros) coma quen ad-ministra un tesouro. Seguramente nos li-bros non están todas as respostas, pero están as preguntas e, se acaso, o camiño para viaxar cara ás respostas per-

soais. Todos temos un libro: agardando por nós nalgún recanto agochado, ás veces na voz ou consello dunha profesora intelixente. María Victoria Moreno converteuse en guiei-ro de varias xeracións que levan a súa marca, a memoria da docen-

te que entregou unha parte moi importante do seu tempo, e mes-mo da súa vida, á cau-sa de axudar a navegar, e mais que prendeu a curiosidade pola na-vegación (pola vida), o compromiso coa fala, que para ela foi tamén unha descuberta, expe-riencia que a marcou para sempre.

Tamén dicía outra cousa: “para ir a clase cómpre poñerse ele-gante e, sobre todo, transmitir alegría. Sen alegría non hai coñece-mento”. Fóra tristezas! Fóra depresións! Certo que hai mil razóns pa-ra ser pesimista, mais o pesimismo é unha actitude reaccionaria que, irremediablemen-te, acaba conducindo á derrota. Ao ser huma-no perténcelle a aven-tura de transformar a realidade, de construír e soñar un mundo me-llor, pois como dicía o clásico “somos o que soñamos”, estamos fei-tos da materia dos so-ños.

EN CHANTADA María Victoria Moreno asinando exemplares na primeira edición da Feira do Libro Infantil en 1994. Foto: Arquivo familiar

Page 15: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018 especial 15

A elección de Maria Vic-toria Moreno como a fi-gura á que este ano se lle dedica o Dia das Le-tras Galegas provocou algunha reacción de sorpresa, cando non de perplexidade. A súa es-casa militancia no Par-naso literario galego, o ter sido unha cultiva-dora ante tempo dunha literatura infanto-xu-venil, hoxe tan vigorosa no campo literario gale-go e, ademáis, o tratar-se dunha muller nacida e formada fóra de Gali-cia, ata que por motivos de traballo chega aquí como profesora de en-sino medio, converte-ron en algo inesperado a escolla da RAG para esta efeméride cultural. Non vou entrar no seus méritos académicos e

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

María Victoria Moreno, esa “desconcertante foránea”Ramón

Villares Presidente do Consello da Cultura Galega

literarios, que terá me-llores valedores noutras persoas, nomeadamen-te no dia de hoxe. Só me gustaría subliñar a súa condición de “descon-certante foránea”, to-mando emprestada a expresión de X.Alonso Montero, un dos seus confidentes máis in-fluíntes desde que se coñeceron nun Institu-to da cidade de Lugo, mediados os anos se-senta. Daquela era cer-tamente unha foránea que, co paso do tempo, deveu en autóctona que asumiu con entusiasmo o cultivo da lingua e da literatura galega.

A importancia des-ta “conversión” a un-ha lingua e cultura que non era a súa ten, sen embargo, un valor

cualitativo extraordi-nario. Costuma pensar-se, e mesmo gabarse, o feito de que persoas formadas en linguas e culturas consideradas minoritarias adopten como propias outras linguas de máis pres-tixio e presenza no con-certo das letras. Como non pensar, a título de exemplo, nas biogra-fías de Conrad, Kafka, Kundera ou Semprún. Este parece ser o cami-ño máis común e mes-mo recoñecido como un mérito. Pero desan-dar este proceso, non merece tamén tanto ou máis recoñecemento?.

O caso de Maria Vic-toria Moreno foi un exemplo, modesto pero simbolicamente alen-tador, de que é posible

ir en dirección contra-ria. Ela era unha profe-sora e escritora nacida en Extremadura, que chega a Galicia en 1963 para exercer como pro-fesora de educación secundaria. Era unha persoa, por tanto, non só alóctona senón ta-mén alófona, no sen-tido de non ser galega de nación e de non ter o galego como lingua materna. Pero resulta que, por obra do am-biente no que viviu, das persoas coas que se so-cializou e da propia de-cisión persoal, aquela profesora experimen-

tou unha transforma-ción cultural radical, ata o punto de que ela mesma se viu como un-ha “conversa” despois da “revelación” que ti-vo en Galicia, especial-mente durante a súa estadía na cidade de Lugo. Estaba a nacer esa “foránea” que entre Lugo e Pontevedra es-taba a ingresar na cul-tura galega, a través da súa profesión de ensi-nante e do seu compro-miso coa lingua galega, coa súa escrita e co seu ensino. Foi un proce-so progresivo que tivo a súa primeira culmi-nación na redacción e inmediata publicación do libro Mar adiante (1973), ao que seguirían varias obras máis.

Alén das razóns per-soais que explican esta “conversión”, creo que esta decisión explica cabalmente a capacida-de inclusiva que ten a cultura galega. En tem-pos nos que conviven tensións cosmopolitas con apostas por cons-truír muros, que unha persoa foránea adopte como propia unha nova cultura e unha nova lin-

gua, cualificada como minoritaria, debería ser considerado como un triunfo colectivo en tempos nos que están á orde do dia visións pe-simistas sobre o porvir da cultura galega. Pois resulta que desde un-ha raíz popular e con escaso amparo institu-cional durante séculos, a lingua galega tivo o atractivo suficiente co-mo para ser un espazo de chegada para xentes de fóra que aspiren ou desexen incorporar-se á mesma. Este non é, certamente. O pri-meiro caso que ocorre, desde Martínez Salazar a Marilar Aleixandre, por citar só duas figu-ras académicas de onte e de hoxe. Nese ronsel está por decisión pro-pia e por recoñecemen-to institucional Maria Victoria Moreno, quen deixou de ser esa “des-concertante foránea” para se converter en figura central da festa maior da cultura que é o Dia das Letras Ga-legas. Mérito dela e da cultura que foi quen de a seducir. Que ben haxan as dúas.

A escritora e profesora María Victoria Moreno

Page 16: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial16El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018

“Un fito especial-mente relevante

cara á normalización social do galego na prensa escrita, po-lo menos dende unha perspectiva cualitati-va, dáse o 6 de xanei-ro de 1994 cando sae á rúa o primeiro número de O Correo Galego...”, en 2003 este xornal deixou de publicarse e no seu lugar apareceu Galicia Hoxe, ambos

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

O CORREO E GH: O PODER DE ACHEGAR O GALEGO ÁS XENTES

texto Xavier Cea

DÍA DE REIS MÁXICO A imaxe mostra a portada do primeiro nú-mero de O Co-rreo Galego, o 6 de xaneiro do ano 1994

publicados pola editora de EL CO-RREO GALLEGO. “Por primeira vez ponse en circula-ción un diario en lingua galega que ofrece informa-ción de actualida-de sobre Galicia e as súas comar-cas, sobre España e o mundo, sobre econo-mía, deportes, cultura, sociedade, etc. Se ben

é certo que nun prin-cipio os seus contidos eran practicamente os mesmos ca os de EL

CORREO e a súa venda era moito menor ...”, “... a súa aparición supuxo un paso imprescindi-

ble no chamado proceso de nor-malización, sen que supuxese un estímulo para a aparición de máis cabeceiras en ga-lego”. As palabras que acaban de ler aparecen impre-

sas nunha publi-cación do ano 2008 editada polo Conse-llo da Cultura Galega: ‘Lingua, sociedade e

medios de comunica-ción en Galicia’, e son clarificadoras. O Co-rreo Galego, como que-da dito, deixoulle o seu lugar ao xornal Galicia Hoxe, moito máis am-bicioso desde o punto de vista xornalístico e igual de poderoso no aspecto normaliza-dor da lingua. Porque, efectivamente, as dúas cabeceiras pioneiras pariron centos de mi-les de páxinas de todas as temáticas nos seus 17 anos de vida, desde 1994 ata 2011.

Naceron ambas con afán de cubrir un

doloroso baleiro para, desde unha esencial vocación informativa, colaborar na constru-ción de espazos desco-ñecidos, inexplorados e case inaccesibles pa-ra a lingua galega.

O Correo Galego e Galicia Hoxe es-

pallaron a maior oferta de información cultu-ral das coñecidas ata daquela no ámbito da

Page 17: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018 especial 17

prensa galega. Os lec-tores e as lectoras re-cordarán seccións que se converteron en re-ferencias e que aínda o seguen sendo, como Maré ou Revista das Letras.

Non quedou aí a cousa, no apego

do galego polas páxi-nas de cultura. As súas páxinas voaron polos aires políticos dunha autonomía con maiús-culas, e ata chegou a publicar, Galicia Hoxe, unha editorial en por-tada defendendo un Estatuto de Nación.

A súa atención non esquivou ningún

tema, e todos os asun-tos tiveron cabida: economía, educación, sanidade, medio am-biente, economía, de-porte, ciencia, cousas de preto e cousas de lonxe... Tamén acubi-llaron innumerables artigos de opinión que as situaron no mapa

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

NACE GALICIA HOXE Páxinas dun dos libros de portadas de GH nas que se ven os números 1 e 2

da máis vasta plurali-dade.

Ademáis das incur-sións diarias na in-

formación, os xornais abordaron tarefas de divulgación a través de suplementos sema-nais que transitaron tanto polos mundos literarios como polos científicos ou ecoló-xicos. Foron entregas semanais de oito páxi-nas que axudaron a completar o xornal con textos e imaxes non tanto de actuali-dade pero si de gran interese.

Outra achega foron as revistas e libros

abandeirados da diver-sidade que se entrega-ron de balde por miles e que atenderon ás ex-pectativas tanto da xente miúda como aos gustos de mozas e mo-zos ou de xente adulta. Precisamente os días de conmemoración das Letras Galegas fixéron-se e regaláronse vo-lumes dedicados ás

figuras home-naxea-das ou mesmo se pubicaron traballos da súa auto-ría, completando outra vía de difusión e coñe-cemento das súas vi-das, das súas obras.

A vocación de abrir portas tradicional-

mente pechadas xerou unha iniciativa que fixo realidade soños devezados, pdero que precisou de gran au-dacia e que implicou un risco empresarial asumido xenerosa-mente polo xa falecido Feliciano Barrera. Os resultados, como pasa

con calquera proxecto complexo que supoña unha andadura de tan-tos anos, seguramente camiñan por conforta-bles partes lisas pero tamén por incómodas aristas.

O que é indubitable é que O Correo

Galego e Galicia Hoxe axudaron a debilitar as resistencias sociais ao uso da lingua pro-pia de Galicia, tiveron moito que ver na súa aprendizaxe e en face-la máis familiar e cer-cana en casas, escolas

e rúas. Ta-mén con-s e g u i r o n

que a nosa lingua frecuentase lu-gares habitados po-la intelectualidade e que tivera máis brillo, un algo máis de pres-tixio.

Foron considerados, pois, clave no pro-

ceso de recuperación do patrimonio lingüís-tico, aínda que convén non esquecer que ta-mén actuaron con de-cisión na defensa da diversidade, dos mar-xinados, dos move-mentos sociais ou da construción dun terri-torio sustentable. Foi,

o de O Correo Galego e o de Galicia Hoxe des-pois, un rumbo de diá-logo e de concordia. En galego. Nunha da-ta tan sinalada como a do primeiro número do Galicia Hoxe, o titu-lar da primeira páxina non puido ser máis elo-cuente e máis cercano ao espírito do xornal: “O galego terá axiña norma de concordia”. Na editorial a carón, faciase alusión á voca-ción inquebrantable da lingua e Galicia.

Pasaron 17 anos, desde 1994 a 2003

O Correo Galego e des-de o ano 2003 a 2011 Galicia Hoxe, nos que os dous xornais axu-daron a facer normal o uso do galego en to-dos os ámbitos xeográ-ficoe e sociais, nos que derrubaron moitos muros que parecían indestrutibles, e fixé-rono cun norte ben definido: a liberdade e a tolerancia, e sempre coa mirada clavada en Galicia.

vén de páxina 16

Page 18: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial18El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018

Coa puntualidade que rexistra o calendario, xa temos en portas un novo Día das Letras Galegas, efeméride que cumpre agora cincuen-ta e cinco anos, pois foi en 1963 cando, a ini-ciativa de Francisco Fernández del Riego, a Real Academia Gale-ga instituía esta home-naxe ás nosas letras co gallo do centenario da publicación de Canta-res Gallegos (1863) de

17maio

DÍA

DA

S LE

TRA

S G

ALEG

AS

Un novo Día Das Letras (1963-2018)Rafael Silva

Costoyas Propietario da librería Follas Novas

Rosalía de Castro. No presente 2018 a figu-ra homenaxeada é a profesora de Lingua e Literatura de Ensino Medio, María Victoria Moreno Márquez (Va-lencia de Alcántara, Cáceres, 1939-Ponteve-dra, 2005), estremeña de orixe, mais galega de adopción e tamén de lingua que desen-volveu o seu labor do-cente en institutos de Lugo e Pontevedra,

traballo que alternou co cultivo da escrita nos ámbitos do conto e da novela. Anagnórise (1988) foi o seu libro de máis éxito; Leonardo e os fontaneiros (1986), o título preferido por ela entre todos os que pu-blicou. A día de hoxe son numerosos os li-bros que, aproveitando esta significativa data do 17 de maio, estudan e analizan a xeira bio-gráfica, o labor no ensi-no e a obra literaria da escritora.

Como tantas outras librerías da nosa Co-munidade Autóno-ma, a Librería Follas Novas ten ao dispor do público lector es-ta recente produción bibliográfica ao tem-po que participa acti-

vamente nalgúns dos actos de homenaxe á escritora que se pro-ducen ben na esfera do ensino, ben na da RAG e outras institucións culturais de Galicia. Na súa condición de Librería-Editorial, Fo-llas Novas presentará un novo poemario do poeta galego Xoán Xo-sé Fernández Abella, e

outro –este con carác-ter póstumo–, de Xo- sé Abeal. Os dous apa-recerán na colección Libros do Lourei- ro, editados pola pro-pia Librería-Editorial Follas Novas, que ta-mén impulsou, e con-tinúa a facelo, outras coleccións como Fon-seca, Libros del Cara-col e a xa rematada

Libros da Frouma. A estas iniciativas

hai que sumar outra, esta de carácter eco-nómico e pensada pa-ra vitalizar a compra de libros. En efecto, a librería Follas Novas ofrece aos interesados no libro galego exclusi-vamente, un desconto do 10% os días 16 e 18 do presente mes.

Page 19: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018 especial 19

e la, María Victoria Moreno é moito

máis que Mar adiante, o seu libro máis coñe-cido, e ainda que esa e boa xanela para en-trar na terra das súas letras, nesta reportaxe imos a salientar outras obras que paga a pena ter na biblioteca de ca-sa e nas augas da alma pois esta muller ten pouco igual no campo da nosa literatura in-fantil e xuvenil.

Mar adiante (Edi-cións do Castro,

1973), o seu primeiro libro en galego (ilus-trado por ela mesma), sae un ano despois

17maio

DÍA

DA

S LE

TR

AS

GA

LEG

AS

ELA É MOITO MÁIS QUE AS AUGAS DE ‘MAR ADIANTE’texto Rosa Cano

LIBROS Portada do libro ‘Mar diante’, a obra máis importante de María Victoria Moreno, aquí ollada xunto a otros catro libros da súa importan-te bi9bliografía infantil e xuvenil.Fotos: G./RAG

de gañar con Crarisa e o luceiro o segundo premio do Concurso Nacional de Contos In-fantís do Facho. Con esta primeira novela, a profesora de orixe es-tremeña convertíase nunha das voces pio-neiras da narración en galego destinada ao pú-blico máis novo, ao que dedicaría tamén boa parte da súa produ-ción literaria posterior con notable recoñe-cemento tanto da crí-tica como do público, e dese xeito o salienta a RAG. a cuberta asi-nouna Carmen Arias, Mimina, compañeira en Cerámicas do Cas-tro e na vida de Isaac Díaz Pardo. A segun-da edición, no mesmo selo, leva debuxos de Araceli Liste. Hoxe, po-de atoparse agora no catálogo de Xerais con ilustracións de Manuel Uhía. Na súa primeira andaina editorial Mar adiante foi prologada por Xesús Alonso Mon-tero, a quen María Vic-toria coñeceu cando foi destinada ao Insti-tuto Masculino de Lu-go. Ambos, segundo a RAG, establecerían unha fonda amizade que quedou reflectida nos nomes de parte do alumnado do Arroás, os dos fillos do pro-fesor e académico, o mestre do seu compro-miso coa lingua galega, chegou a asegurar a es-critora.

A festa no faiado (Ga-laxia, 1983; con

ilustracións de Manolo Uhía) “Podería pasar o día enteiro cos ollos pe-chados, se non fose por Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis di-vertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a enten-der mellor o mundo”. Ese é un fragmentoque

amosa a imaxinación de Morena neste libro que na actual edición de Galaxia ten ilustra-ción de Irene Fra. É unha obra con moiota sona no eido da litera-tura infantil e xuvenil.

O cataventos (Sote-lo Blanco, 1989).

Por culpa do fachendo-so galo Don Pío, as gali-ñas e os paxariños son as únicas criaturas que non podem vivir en li-berdade na aldea. Ese é o arguimento deste conto que nunha re-cente edición de Urco Editora con debuxos de Lara Torres.

e u conto, ti cantas, o faiado (Xerais,

2005). Xuntanza de contos en verso para rapaces, tres tramas de animais (¡Xa non teño medo!, Can bran-co, can negro e ¿Un ca-chiño de bica?), relatos que foron publicados o ano da norte da escri-tora, e que reeditou na colección Merlín.

A brétema (Ir Indo, 1999). Xuntanza

de contos en verso pa-ra rapaces, tres tramas de animais (¡Xa non teño medo!, Can bran-co, can negro e ¿Un ca-chiño de bica?), relatos que foron publicados o ano da norte da escri-tora, e que reeditou na colección Merlín.

0utros libros dela son... Leonardo e

os fontaneiros (Galaxia, 1986); Anagnórise (Ga-laxia, 1989); ¿Un cachi-ño de bica? (SM, 1994); ¿E haberá tirón de ore-llas? (Galaxia, 1997); e Guedellas de seda e li-ño (Galaxia, 1999), si-nala a ficha da Real Academia.

Page 20: elCorreoGallego · Sara Márquez, mala-gueña, e Vicente More-no, toledano, casaran en 1937, estando el mobilizado na guerra. Ela ficou vivindo na ... tos en galego. N. ese contexto

especial20El Correo Gallego. JUEVES 17 de MAYO de 2018