duran te o sécul o xvi, baixo os r einados d e carlos i ... eso tema... · ademais dos territorios...

3
2º ESO - Tema 10 - páx. 1 Tema 10.- O imperio dos Austria. 1.- O Imperio universal: Carlos I. Durante o século XVI, baixo os reinados de Carlos I (1516-1556) e do seu fillo Filipe II (1556-1598), a Coroa de España converteuse no imperio máis extenso que existira ata o momento, con posesións en Europa, América, África e Asia. Pola súa extensión e riqueza, exerceu a hexemonía política en Europa, o cal provocou a inimizade e desconfianza doutros monarcas. 1.1.- A formación do imperio español. N 1.- Le detidamente o apartado 1.1 na páxina 166. Despois, coa axuda do mapa da páxina 167, completa o seguinte cadro: Herdanzas que recibiu... O imperio de Carlos I do seu pai Filipe I da súa nai Xoana I do seu avó Fernando o Católico do seu avó Maximiliano de Habsburgo Conquistas de Carlos I 1.2.- Os problemas internos. N 2.- Le detidamente este apartado na páxina 168. Despois le o texto Os comuneiros e responde as seguintes preguntas: a.- Quen é o autor do texto? En que ano está redactado? De que trata? b.- Por que estalou a revolta das Comunidades? En que lugares se desenvolveu? c.- Que demandas lle expoñen os comuneiros ao rei neste fragmento? d.- Como rematou o conflito? 1.3.- Os conflitos exteriores. N 3.- Le este apartado na páxina 167. Despois elabora un sinxelo esquema sobre a política exterior de Carlos I. Segue este modelo: Conflito con: Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado 2.- O imperio hispánico: Filipe II.

Upload: trantuyen

Post on 01-Oct-2018

213 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

2º ESO - Tema 10 - páx. 1

Tema 10.- O imperio dos Austria.

1.- O Imperio universal: Carlos I.

� Durante o século XVI, baixo os reinados de Carlos I (1516-1556) e do seu fillo Filipe II (1556-1598), a Coroa de España converteuse no imperio máisextenso que existira ata o momento, con posesións en Europa, América, África e Asia. Pola súa extensión e riqueza, exerceu a hexemonía políticaen Europa, o cal provocou a inimizade e desconfianza doutros monarcas.

1.1.- A formación do imperio español.

N 1.- Le detidamente o apartado 1.1 na páxina 166. Despois, coa axuda do mapa da páxina 167, completa o seguinte cadro:

Herdanzas que recibiu... O imperio de Carlos I

do seu pai Filipe I

da súa nai Xoana I

do seu avó Fernando o Católico

do seu avó Maximiliano de Habsburgo

Conquistas de Carlos I

1.2.- Os problemas internos.

N 2.- Le detidamente este apartado na páxina 168. Despois le o texto Os comuneiros e responde as seguintes preguntas:a.- Quen é o autor do texto? En que ano está redactado? De que trata?b.- Por que estalou a revolta das Comunidades? En que lugares se desenvolveu?c.- Que demandas lle expoñen os comuneiros ao rei neste fragmento?d.- Como rematou o conflito?

1.3.- Os conflitos exteriores.

N 3.- Le este apartado na páxina 167. Despois elabora un sinxelo esquema sobre a política exterior de Carlos I. Segue este modelo:

Conflito con: Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado

2.- O imperio hispánico: Filipe II.

2º ESO - Tema 10 - páx. 2

� Filipe II foi o monarca máis poderoso do seu tempo. Ademais dos territorios herdados de Carlos I en 1556, Filipe II incorporou novas áreas enAmérica e no Extremo Oriente, e en 1580 anexionou Portugal e o seu gran imperio colonial, que se estendía por África, Asia e Brasil. Foi entón candose dicía que nos seus dominios non se poñía o sol. O rei gobernaba todas as posesións desde Madrid, onde instalou a súa Corte, porque considerabaque España era o centro da súa monarquía. Por iso se lle deu ao seu imperio o nome de Monarquía Hispánica.

N 4.- Fíxate no mapa do imperio de Filipe II que tes no anverso (páx. 1). Despois realiza as seguintes actividades:a.- Enumera os territorios que formaban o imperio español no reinado de Filipe II.b.- Que cres que significa a expresión no imperio español nunca se puña o sol?

2.1.- O goberno de Filipe II.

N 5.- Le detidamente este apartado na páxina 168. Despois responde as seguintes preguntas:a.- Que cambios introduciu Filipe II no goberno dos seus reinos?b.- Que eran os Consellos? Que tipos de Consellos había?

2.2.- A defensa da ortodoxia católica.

N 6.- Le detidamente este apartado na páxina 168. Despois realiza as seguintes actividades:a.- Le o fragmento Lei en defensa do catolicismo e responde as preguntas que sobre el se formulan.b.- Realiza a actividade 6 da páxina 179 (Comenta o texto).

2.3.- A política exterior.

N 7.- Le este apartado na páxina 169. Despois elabora un sinxelo esquema sobre a política exterior de Filipe II. Segue este modelo:

Conflito con: Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado

� As continuas guerras que mantivo a monarquía hispánica durante o século XVI supuxeron un constante e extraordinario gasto para o sostementodo exército e a administración, gasto que foi soportado sobre todo pola Coroa de Castela.

C Á morte de Filipe II (1598) o imperio hispánico seguía sendo a potencia hexemónica en Europa, pero o custo do mantemento de tan extensos ediversos territorios esgotara xa os recursos de Castela, polo que o imperio entrará en decadencia nos reinados seguintes.

3.- O século XVII: o declive do Imperio hispánico.

� A principios do século XVII España posuía o imperio máis rico e poderoso do mundo. Pero padecía graves problemas internos e numerosos conflitoscon outras potencias. En poucas décadas perdeu a hexemonía en Europa en favor de Francia, e sufriu unha profunda crise económica e social.

C O reinado de Filipe III caracterizouse polo pacifismo, isto é, pola conclusión das guerras que herdara do século anterior, para intentar solucionara grave situación económica da monarquía.

C Con Filipe IV España volveu a involucrarse nos conflitos do continente: participou na Guerra dos Trinta Anos e enfrontouse con Holanda e Francia.Para facer fronte a esta situación e intentar manter a hexemonía española en Europa, o conde-duque de Olivares, valido do rei, propuxo centralizare unificar o poder da Monarquía. O proxecto, coñecido como Unión de Armas (1624), tiña dous obxectivos básicos: establecer en todos os territoriospeninsulares as leis de Castela, as máis favorables ao poder do rei, e crear un exército permanente no que participasen todos os reinos. O proxectofoi rexeitado e provocou en 1640 a rebelión de varios reinos, entre os que destacan Cataluña e Portugal (que acadaría a independencia en 1668).

C A perda da hexemonía da Monarquía hispánica foi definitiva durante o reinado de Carlos II. De constitución débil e enfermiza, foi incapaz de exerceros labores do cargo (polo que a súa nai e distintos validos dirixiron o goberno), e non tivo descendencia.

C Carlos II morreu no ano 1700. Con el extinguiuse a rama española da Casa de Austria, que reinara en España desde Carlos I, durante case douscentosanos. A nova dinastía que asumiu o trono español foi a dos Borbón, de orixe francesa.

N 8.- Le detidamente o apartado 4 nas páxinas 174 e 175. Despois responde as seguintes preguntas:a.- Que monarcas ocuparon o trono de España no século XVII? Que cambios introduciron no goberno?b.- Identifica e sitúa os feitos principais da política interior e exterior do reinado de Filipe III.c.- En que consistiu a Guerra dos Trinta Anos? Que razóns explican a participación de España?d.- Cal foi o momento máis crítico do Imperio español? Por que motivos?e.- Como finalizou a dinastía dos Habsburgo en España?

N 9.- Le detidamente o seguinte texto. Despois razoa as cuestións que sobre el se formulan:

Teña a Vosa Maxestade polo negocio máis importante da súa Monarquía, o facerse Rei de España: quero dicir, Señor, que non se contente a Vosa

Maxestade unicamente con ser Rei de Portugal, de Aragón, de Valencia, Conde de Barcelona, senón que traballe e pense con consello maduro e

secreto, por reducir estes reinos de que se compón España, ao estilo e leis de Castela sen ningunha diferenza, que se a Vosa Maxestade o consegue,

será o Príncipe máis poderoso do mundo.Gran Memorial do conde-duque de Olivares. 1624.

a.- Quen é o autor deste fragmento? A quen vai dirixido? Cando foi redactado?b.- Explica o contido do fragmento.c.- Que razóns explican a redacción do texto?d.- Que consecuencias provocou o proxecto que se formula?

2º ESO - Tema 10 - páx. 3

N 10.- Observa o mapa da páxina 175. Despois responde as seguintes cuestións:a.- Describe o mapa: que espazo se representa? en que época se sitúa?b.- En que momento alcanzou maior extensión o imperio europeo dos Austria?c.- Identifica e sitúa no tempo as perdas territoriais que sufriu a Monarquía hispana no século XVII.

N 11.- Busca e explica o significado destes conceptos, que aparecen ao longo do tema:

a.- Comunidades de Castela.b.- Xermanías.c.- Corrixidor.d.- Inquisición.e.- Mouriscos.f.- Validos.

N 12.- Sitúa no tempo os seguintes feitos, que aparecen ao longo do tema:

Carlos I, rei de España, recibe o título de emperador

Revolta das Comunidades de Castela

Revolta das Xermanías en Valencia e en Mallorca

Carlos I derrota ao rei francés Francisco I na batalla de Pavía

O emperador Carlos V derrota os príncipes protestantes na batalla de Mühlberg

División de Europa entre católicos e protestantes: a paz de Augsburgo

Carlos I abdica e cede o poder ao seu fillo Filipe II

Filipe II establece a capital da Monarquía hispánica en Madrid

Sublevación dos mouriscos nas Alpuxarras (Granada)

Vitoria do exército español sobre o francés na batalla de San Quintín (Norte de Francia)

A Liga Santa (o Papado, Venecia e España) derrota os turcos na batalla de Lepanto

Fracaso da Gran Armada (a Armada Invencible) no intento de invadir Inglaterra

Inicio da sublevación dos Países Baixos contra a Monarquía hispánica

Filipe II é nomeado rei de Portugal e anexiona o territorio portugués á Coroa española

A monarquía hispánica firma a Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas

Expulsión da minoría mourisca das terras peninsulares

Europa en guerra: a Guerra dos Trinta Anos

Crise xeral da Monarquía hispánica: levantamentos de Portugal, Cataluña e Andalucía

A fin da hexemonía española en Europa: da paz de Westfalia á paz dos Pireneos

Extinción da dinastía dos Austria en España: Carlos II designa herdeiro a Filipe de Anjou