Download - XOGUETES
SUXERENCIAS PARA MERCAR OS XOGUETES EN CALQUERA ÉPOCA DO ANO. DEBERIAMOS LEMBRAR QUE:
O xogo é a principal atividade do neno e a nena porque xogando relacionanse co mundo.
Xogar é unha actividade de desenvolvemento da afectividade, da creatividade e da imaxinación.
Xogando desenvolven actitudes e comportamentos de cooperación, amistade e respeto as diferencias e as relación de igualdade.
O xoguete sexista ensina un reparto discriminatorio dos papeis sociais.
SE VAS MERCAR UN XOGUETE LEMBRA:
Que deberá adaptarse a cada neno ou nena segundo as sua idade e personalidade.
Non agobialos con demasiados xoguetes, podemos destruir o seu interese e ilusión cumha morea que os desborda.
Se probamos a construir con el ou ela algún xoguete, descubriremos que lle resulta igual de interesante ou mais que os do comercio.
Boa parte dos xoguetes modernos son tan sofisticados e automatizados que non permiten empregar a imaxinación e desenrolar habilidades. Por iso, pasada a novedade, o neno ou nena perde interese e deixao de lado.
O XOGUETE APROPIADO DEBE CUMPLIR DUAS FUNCIÓNS:
DIVERTIR E INTERESAR Ó NENO OU NENA
ACTIVAR AS SUAS FACULTADES MOTRICES, IMAXINATIVAS, INTELECTUAIS E SOIAIS…
Todos lembramos que a imaxinación converte caixas valeiras, chapas, corchos, tacos de madeira en xoguetes maravillosos, porque nos mesmos lles demos un sentido e unha utilidade e teñen vida nas nosas mans. O neno ou nena disfruta construindo.