Download - Unidade 4 por que somos máis listos
![Page 1: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/1.jpg)
Por que somos máis listos?Intelixencia e cerebro
Unidade 4
![Page 2: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/2.jpg)
Índice
• O encéfalo humano• O cerebro humano• A encefalización• Cerebro e alimentación• Xenes e linguaxe• A neotenia humana
![Page 3: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/3.jpg)
Índice
• O encéfalo humano
![Page 4: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/4.jpg)
O encéfalo
• Os seres humanos posuímos unha intelixencia moito máis desenvolvida que o resto dos animais.
• A rexión do noso organismo encargada de realizar esas funcións é o encéfalo, que está aloxada no interior da cavidade cranial e componse de tres órganos, o cerebro, o cerebelo e o bulbo raquídeo.
![Page 5: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/5.jpg)
![Page 6: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/6.jpg)
O encéfalo humano• De xeito xeral pódese dicir
que as funcións superiores relacionadas coa intelixencia lévanse a cabo no cerebro (por exemplo a capacidade de abstracción, a asociación de información ou a habilidade para codificar e descodificar información nunha linguaxe artillada), que está dividido en dous hemisferios (dereito e esquerdo).
![Page 7: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/7.jpg)
O encéfalo humano
• O cerebelo encárgase da coordinación motora xeral e do equilibrio do corpo.
![Page 8: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/8.jpg)
O encéfalo humano
• O bulbo raquídeo constitúe un auténtico “piloto automático” encargado de regular funcións tales como o ritmo respiratorio e o latido cardíaco.
![Page 9: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/9.jpg)
O encéfalo humano
• As investigacións dedicadas a estudar a evolución do encéfalo nos homínidos enfocáronse en dous aspectos básicos: cuantificar o aumento de tamaño do propio encéfalo ao longo da evolución dos homínidos, ou proceso de encefalización, e analizar a morfoloxía dos seus órganos, especialmente a dun deles: o cerebro.
![Page 10: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/10.jpg)
Índice
• O cerebro humano
![Page 11: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/11.jpg)
O cerebro humano
• En 1990 o Dr. Paul Maclean desenvolveu a teoría do cerebro triuno:
1. O complexo reptiliano.
2. O sistema límbico.3. O neo-córtex
![Page 12: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/12.jpg)
O cerebro humano
![Page 13: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/13.jpg)
O cerebro humano
1. O complexo reptiliano.• É a parte máis antiga e se
atopa na base do cerebro. O seu motor é o instinto, e esta parte controla a nosa primitiva técnica de supervivencia: fuxir ou loitar. Esta reacción aínda ocorre no noso cerebro cando experimentamos momentos de medo ou de estrés.
![Page 14: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/14.jpg)
O cerebro humano
2. O sistema límbico é a parte do cerebro responsable das emocións, un sistema de crenzas e valores, e da memoria a longo prazo.
![Page 15: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/15.jpg)
O cerebro humano
![Page 16: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/16.jpg)
O cerebro humano
3. O neo-córtex situado na parte de arriba do cerebro, é a área do pensamento cognitivo. Divídese en:• Hemisferio dereito• Hemisferio esquerdo
![Page 17: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/17.jpg)
![Page 18: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/18.jpg)
O cerebro humano• Hemisferio dereito: é o máis
intuitivo e é o responsable dos traballos creativos e imaxinativos, aínda que necesita ver o panorama á hora de recibir ideas novas.
• Hemisferio esquerdo: é máis analítico e funciona dunha maneira secuencial desde as partes cara o total. A linguaxe, a lóxica e os conceptos dos números son as funcións principais deste hemisferio.
![Page 19: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/19.jpg)
Índice
• A encefalización
![Page 20: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/20.jpg)
A encefalización expresada en peso-
+
Chimpancés: 400 g.
Gorilas: 500 g.
Ser humano: 1.250 g.
Elefante: 5. 700 g.
Balea: 6.800 g.
PRO
MED
IO D
A ES
PECI
E EN
GRA
MO
S
O ser humano non ten o encéfalo maior en termos absolutos.
![Page 21: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/21.jpg)
A encefalización expresada en pesoChimpancés: 400 g.
Gorilas: 500 g.
Ser humano: 1.250 g.
Elefante: 5. 700 g.
O ser humano non ten o encéfalo maior en termos absolutos.
![Page 22: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/22.jpg)
Alometría ou Lei da Disharmonía
• O tamaño do encéfalo aumenta máis despazo que o tamaño do corpo, i.e., o encéfalo vaise facendo proporcionalmente menor ao aumentar o tamaño dos mamíferos.
• Este fenómeno recibe o nome de alometría ou Lei da Disharmonía.
![Page 23: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/23.jpg)
Alometría ou Lei da Disharmonía
![Page 24: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/24.jpg)
Cociente de encefalización
• Dado que o encéfalo dos mamíferos crece alometricamente respecto do tamaño corporal, a única maneira de comparar o encéfalo de especies de tamaños diferentes é a de calcular o peso encefálico que debería ter cada unha delas segundo o seu peso corporal e comparar ditos “pesos encefálicos ideais” cos seus pesos encefálicos reais. Aquela especie que presente un maior superávit no peso encefálico será a máis encefalizada.
![Page 25: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/25.jpg)
![Page 26: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/26.jpg)
As especies con maior cociente de encefalización son sociais
![Page 27: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/27.jpg)
Evolución e encefalización
• Ao longo da evolución humana o lóbulo frontal experimentou unha grande expansión, tanto en termos absolutos como en proporción ao resto do cerebro.
![Page 28: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/28.jpg)
Evolución e encefalización
• Ademais doutras funcións (como o control das funcións motrices primarias) é o responsable dunha serie de capacidades psíquicas que son exclusivas dos seres humanos (establecer a secuencia de movementos do aparato fonador que compoñen a fala, o control das emocións, a posibilidade de concentrarse nunha tarefa, a planificación, a anticipación de acontecementos, o mantenimento dunha idea na mente durante longo tempo e o control do uso da memoria para integrar experiencias e aprendizaxes previos na toma de decisións).
![Page 29: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/29.jpg)
Evolución e encefalización
• Katerina Semendeferi sostén que o grande tamaño do cerebro da nosa especie non é a causa dos nosos grandes lóbulos frontais senón a súa consecuencia. Así, o desenvolvemento do lóbulo frontal foi o motor da nosa encefalización.
![Page 30: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/30.jpg)
Evolución e encefalización
![Page 31: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/31.jpg)
Evolución e encefalización
Óso esfenoide
![Page 32: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/32.jpg)
Evolución e encefalización
Óso esfenoide
![Page 33: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/33.jpg)
Evolución e encefalización
• Fai 60 millóns de anos os prosimios tiñan un esfenoides horizontal e plano como a inmensa maioría dos demais animais con cerebro.
• Fai uns 40 millóns de anos, nos simios o esfenoides tiñan unha primeira inclinación cara abaixo o que permitía un aumento da capacidade encefálica. Os lóbulos occipitais obtiveron máis espazo e así logrouse un perfeccionamento da visión estereoscópica e probablemente da memoria visual.
• Fai menos de 12 millóns de anos se produciu unha nova inclinación cara abaixo, isto na liña evolutiva deu orixe aos antropoides, o cal implica un cerebro aínda maior en proporción ao resto do corpo.
![Page 34: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/34.jpg)
Evolución e encefalización• Fai uns 6 millóns de anos, cos Australopithecus, a inclinación do
esfenoides volveuse a acentuar, e con elo incrementouse a capacidade neurocranial.
• Fai 2 millóns de anos se produciu a mesma inclinación cara abaixo do esfenoides, coincidindo cun total bipedismo no Homo erectus. Tal bipedismo, supón a necesidade dun cerebro voluminoso con redes neuronais complexas como para manter esa posición oposta á gravidade. É tamén probable que esa nova posición dos esfenoides permitiran unha fala rudimentaria, cuns fonemas que eran chasquidos e tons guturais.
• Entre 200.000 e 160.000 anos atrás o esfenoides obtivo a inclinación que se encontra no Homo sapiens. Este feito coincide cun aumento da capacidade cerebral, (en especial dos lóbulos frontais) e unha maior irrigación sanguínea para o cerebro.
![Page 35: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/35.jpg)
Índice
• Cerebro e alimentación
![Page 36: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/36.jpg)
Cerebro e alimentación
• Sir Arthur Keith sinalou en 1891 que nos primates existía unha relación inversa entre o tamaño do cerebro e o do estómago: canto maior é o estómago menor é o cerebro.
![Page 37: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/37.jpg)
Cerebro e alimentación
• Leslie Aiello e Peter Wheeler en 1995 sinalaron que o cerebro é un dos órganos máis custosos no metabolismo dos individuos (queima 1/5 da comida que consumimos), un aumento do seu volume só sería posible a cambio da redución doutro órgano con similar consumo de enerxía.
![Page 38: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/38.jpg)
Cerebro e alimentación
• Os órganos enerxeticamente máis custosos do corpo humano son o corazón, os riles, o cerebro e o conxunto formado polo tubo dixestivo máis o fígado (representa o 15% da taxa metabólica basal do organismo).
![Page 39: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/39.jpg)
Cerebro e alimentación
• Se o ser humano ten un cerebro bastante maior do que lle corresponde a un hipotético primate non humano do noso tamaño, tamén ten un tubo dixestivo menor do que lle correspondería. Logo, a expansión cerebral produciuse no Homo a costa do acurtamento do tubo dixestivo.
![Page 40: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/40.jpg)
Cerebro e alimentación• Co Homo habilis hai a hipótese
que relaciona o crecemento evolutivo do cerebro co cambio de dieta; consumían cantidades maiores de carne e graxas animais, que son de máis fácil asimilación que os produtos vexetais e gran poder calorífico. A fabricación de utensilios de pedra permitiulles desgarrar a carne dos animais mortos; ao carecer de caninos grandes e cortantes, usaron estas pedras talladas como ferramentas. Tamén sabemos que el Homo habilis consumía carraña.
![Page 41: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/41.jpg)
Cerebro e alimentación
• Non quere dicir que o cambio de dieta producira automaticamente un aumento do tamaño do cerebro, pero estes autores insisten en que era necesario que nos fixéramos carnívoros para poder ser intelixentes.
![Page 42: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/42.jpg)
Índice
• Xenes e linguaxe
![Page 43: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/43.jpg)
Xenes e linguaxe
• En 2001 , científicos do Centro Wellcome de Xenética Humana da Universidade de Oxford, liderado por Fisher, identificaron o primeiro xene relacionado coa fala. Este xene suponse foi el primeiro impulso para que o home puidera empezar a desenvolver a súa capacidade lingüística.
![Page 44: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/44.jpg)
Xenes e linguaxe• Este xene denomínase FOXP2,
abreviatura en inglés de Forkhead Box ( a caixa da cabeza do garfo). Este xene se require durante o desenvolvemento embrionario cedo para a formación das rexións do cerebro asociadas coa fala e a linguaxe. É verdade que non está demostrado que FOXP2 sexa o principal xene implicado na maioría dos trastornos da linguaxe, pero a súa destrución lévanos á incapacidade de poder falar correctamente.
![Page 45: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/45.jpg)
Xenes e linguaxe• A identificación deste xene, foi a través
do estudo dunha familia ( a familia KE) na que un 50 % dos seus membros presentaban un trastorno severo relacionado coa linguaxe. Os membros afectados non eran quen de executar coordinadamente, os movementos da lingua e dos beizos que son necesarios para falar con claridade (dispraxia verbal) . Os afectados, sen ser xordos son incapaces de xesticular e de realizar os movementos da boca indispensables para pronunciar calquera frase. Estes membros da familia tamén presentaban síntomas de dislexia e dificultades gramaticais que lles impedían escribir correctamente.
![Page 46: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/46.jpg)
Índice
• Neotenia humana
![Page 47: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/47.jpg)
Neotenia humana
• A neotenia (do grego neo-, ‘xove’, e teinein, ‘estender’) é un fenómeno que en Antropoloxía describe a retención das características de individuos inmaturos (xoves) durante máis tempo e alén da madurez sexual.
![Page 48: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/48.jpg)
Neotenia humana
• Un dos aspectos que contribuíu a nosa especiación foi a nosa capacidade para reter as nosas características de neno durante máis tempo e o desenvolvemento do encéfalo que elo permite.
![Page 49: Unidade 4 por que somos máis listos](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022062320/558fbfa01a28ab68488b4633/html5/thumbnails/49.jpg)
Neotenia humana
• Un cambio no noso ADN permitiu un período de desenvolvemento posnatal máis longo: un cranio con características xuvenís máis tempo, unha proliferación celular máis prolongada e capacidade durante máis anos de variabilidade (plasticidade neuronal) e desenvolvemento do encéfalo.