CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 1 de 28
PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ASISTENCIA
TÉCNICA PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN PARA O CENTRO DE FORMACIÓN A
AIXOLA 1/08/2015 A 30/06/2016
INTRODUCCIÓN
Con data 2 de Xuño de 2015 a Consellería do Medio Rural e do Mar asinou unha
encomenda de execución en materia de formación para impartir un programa
de accións formativas nos anos 2015 e 2016 no Centro de Formación A Aixola.
Para a correcta execución da mesma resulta necesario a contratación de
asistencias técnicas docentes.
Co fin de unificar o proceso de contratación de docencia, inclúese neste
contrato a contratación do curso de certificado de Redeiro, previsto na
encomenda da Consellería do Medio Rural e do Mar para a impartición dun
programa de formación en Aixola nos anos 2014 e 2015, con data 15/05/2014. A
impartición deste curso tivo que ser aprazada pola dilatación do proceso de
acreditación do Centro, polo que dita encomenda foi prorrogada ata finais de
2015 con data 23/04/2015.
OBXECTO
A presente licitación ten por obxecto a contratación de asistencias técnicas a
Cetmar para impartir a docencia dos cursos que se detallan nos pregos, que se
impartirán entre o 1 de agosto de 2015 e o 30 de xuño de 2016.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 2 de 28
RESUMO DE IMPORTES E IMPORTE POR LOTES DAS PARTES ESPECÍFICAS:
LOTES CURSOS
IMPORTE (sen
IVE)
LOTE 1 Parte
específica
Empastador-Laminador de poliester (280 h.)
28.500,00 €
Composites, Modelismo, Modelado Manual,
Infusión e Baleiro (580)
Reparacións polivalentes en embarcacións
semirríxidas (sección poliéster) (90 h.)
LOTE 2 Parte
específica
Innovacions en madeira. Autoconstrucción (380 h.) 28.800,00 €
Carpintería de ribeira (580 h.)
LOTE 3
Módulos transversais: Prevención de Riscos
Laborais (220 h.); Calidade e xestión de residuos
(solidos urbans, toxicos) (280 h.); Ecoconstrución e
label ecolóxico (200 h); Educación compensatoria
(170 h.); I+D+i na formación (80 h.)
28.500,00 €
LOTE 4 Parte
específica
Mecánico Instalador Polivalente en embarcacións
de poliéster (435 h.) 20.100,00 €
Instalación eléctrica de barcos (235 h.)
LOTE 5 Parte
específica
Velería e acastillaxe (335 h.)
21.300,00 € Reparación de Embarcacións Pneumáticas (285 h.)
Reparacións polivalentes en embarcacións
semirríxidas (sección pneumáticas) (90 h.)
LOTE 6 Parte
específica
Manipulador de polietileno e polipropileno en
barcos de pesca e acuicultura I (185 h)
14.100,00 € Especialista manipulador en plásticos técnicos
para acuicultura e pesca (285 h.)
LOTE 7 Parte
específica
Confección e mantemento de artes e aparellos (320 h.)
28.800,00 € Confección e mantemento de artes e aparellos (320 h.)
Confección e mantemento de artes e aparellos (320 h.)
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 3 de 28
LOTE 8
Modulos complementarios de búsqueda de
emprego e creación de empresas: Búsqueda de
emprego (44 h.); Elaboracion de CV e
presentación (44 h.); Orientación ao
utoemprendemento (40 h.); Titorías de apoio ao
autoemprendimento (25 h.)
4.590,00 €
TOTAL 174.690,00 €
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 4 de 28
LOTE Nº 1: CURSOS DE EMPASTADOR-LAMINADOR DE POLIESTER, COMPOSITES,
MODELISMO. MODELADO MANUAL, INFUSIÓN E BALEIRO, REPARACIÓNS
POLIVALENTES EN EMBARCACIÓNS SEMIRRÍXIDAS (SECCIÓN POLIESTER) NO
CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
Consta das seguintes accións formativas:
ACCIÓN FORMATIVA EMPASTADOR-LAMINADOR DE POLIÉSTER
DURACIÓN DA ACCIÓN 280 HORAS. Parte específica
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO 15
NÚMERO DE CURSOS 1
OBXECTIVO DO CURSO
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos para desempeñar as tarefas
propias da ocupación de empastador laminador de poliester reforzado con
fibra de vidro, conseguindo un correcto acabado e facendo especial nas
normas de calidade, seguridade e saúde laboral..
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o MATERIAS PRIMAS EMPREGADAS.
o APLICACIÓN DE DISTINTOS TIPOS DE PASTAS.
o DIFERENTES TIPOS DE LIXAS. GRANULOMETRÍA
o MAQUINARIA E ÚTILES DE TRABALLO, FUNCIONAMENTO,
CARACTERÍSTICAS E PRECAUCIÓNS.
o LAMINADOS PLÁSTICOS.
o CONSTRUCIÓN NAVAL EN POLIESTER.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 5 de 28
ACCIÓN FORMATIVA COMPOSITES, MODELISMO. MODELADO MANUAL,
INFUSIÓN E BALEIRO
DURACIÓN DA ACCIÓN 580 HORAS. Parte específica
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO 15
NÚMERO DE CURSOS 1
OBXECTIVO DO CURSO
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos para desempeñar as tarefas propias
da ocupación de técnico en composites, modelista laminador de poliéster
reforzado con fibra de vidro, infusión e baleiro. Tendo en conta os novos sistemas
de traballo, na fabricación do contramolde en pezas na Infusión e no baleiro e
conseguindo un correcto acabado do modelo a realizar e facendo especial
fincapé nas normas de calidade, seguridade e saúde laboral.
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o MATERIAS PRIMAS EMPREGADAS.
o INTERPRETACIÓN DE PLANOS E ENSAMBLAXES.
o MAQUINARIA E ÚTILES DE TRABALLO, FUNCIONAMENTO,
CARACTERÍSTICAS E PRECAUCIÓNS.
o CONSTRUCIÓN DE MOLDES EN POLIÉSTER
Coidado do modelo.
Preparación do modelo.
Preparación previa ao Gel-Coat.
Aplicación a man ou con pistola do Gel-Coat no modelo.
Fórmulas das resinas e do Gel-Coat.
Colocación de capas de fibra no molde.
Tipos diferentes de reforzos nun molde.
Curado do molde.
Desmoldeo.
Limpeza do molde.
o INFUSIÓN E AS SÚAS PARTICULARIDADES
o BALEIRO E AS SÚAS PARTICULARIDADES
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 6 de 28
ACCIÓN FORMATIVA REPARACIÓNS POLIVALENTES EN EMBARCACIÓNS
SEMIRRÍXIDAS (SECCIÓN POLIÉSTER)
DURACIÓN DA ACCIÓN 90 horas de poliéster dun curso de 200 h. Parte
específica
NÚMERO
ALUMNOS/CURSO
12
NÚMERO DE CURSOS 1
OBXECTIVO DO CURSO
Realizar operacións básicas de identificación de desperfectos e reparación
en embarcacións semirríxidas, cumprindo as prescripciones de seguridade
para as persoas, medio ambiente e instalacións.
CONTIDOS:
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o O casco de poliéster.
o Coñecementos básicos das resinas e distintos tipos de fibras.
o Tempos de secado e catalizado.
o Empastado de pezas.
o Reparación de casco de poliéster.
o Acabados e pulido.
Orzamento máximo de licitación LOTE Nº 1: 28.500,00 € sen IVE.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 7 de 28
LOTE Nº 2: CURSOS DE ELABORACIÓN E COLOCACIÓN DE CUBERTAS DE MADEIRA,
CARPINTERÍA DE RIBEIRA, TÉCNICAS INNOVADORAS EN COMPOSITES E MADEIRA
(SECCIÓN MADEIRA) NO CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
Consta das seguintes accións formativas:
ACCIÓN FORMATIVA INNOVACIONS EN MADEIRA. AUTOCONSTRUCCIÓN
DURACIÓN DA ACCIÓN 380 horas de madeira sobre un curso de 400 h. Parte
específica
NÚMERO DE
ALUMNOS/CURSO
15
NÚMERO DE CURSOS 1
OBXECTIVO DO CURSO
Capacitar para a elaboración de embarcacións menores de madeira
utilizando as técnicas de autoconstrución conforme ás normas de calidade,
seguridade e saúde laboral.
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o INTERPRETACION DE PLANOS DE MONTAXE.
o ELABORACION DE MODELOS.
o SISTEMAS DE MOLDES A UTILIZAR.
o SISTEMAS DE TRABALLO EN AUTOCONSTRUCION.
o MAQUINARIA E FERRAMENTA.
o MATERIAS PRIMAS.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 8 de 28
ACCIÓN FORMATIVA CARPINTERÍA DE RIBEIRA
DURACIÓN DA ACCIÓN 580 HORAS. Parte específica
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO 12
NÚMERO DE CURSOS 1
OBXECTIVO DO CURSO
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos para desempeñar as tarefas propias da
ocupación de carpinteiro de ribeira, conseguindo un correcto acabado e facendo
especial fincapés nas normas de calidade, seguridade e saúde laboral.
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o MAQUINARIA E ÚTILES DE TRABALLO.
o MATERIAS PRIMAS EMPREGADAS.
o O PROXECTO DA EMBARCACIÓN.
o TÉCNICAS DE CONSTRUCIÓN: TRADICIONAL E NOVAS TÉCNICAS.
o PLANIFICACION E CONTROL DO TRABALLO
o PROCESO DE TRABALLO.
1. O bastidor de montaxe.
2. Gálibos de seccións.
3. Roda, Quilla.
4. Forros.
5. Baos e cuberta, estruturas.
6. Laminados.
7. Alistonados.
Orzamento máximo de licitación LOTE Nº 2: 28.800,00 € sen IVE.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 9 de 28
LOTE Nº 3: MÓDULOS DE PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES, MÓDULOS DE
CALIDADE E XESTIÓN DE RESIDUOS (SÓLIDOS URBANS E TÓXICOS), MÓDULOS DE
ECOCONSTRUCIÓN E LABEL ECOLÓXICO, MÓDULOS DE EDUCACIÓN
COMPENSATORIA, MÓDULOS DE I+D+I NA FORMACIÓN NO CENTRO DE
FORMACIÓN A AIXOLA
Consta das seguintes accións formativas:
ACCIÓN FORMATIVA MÓDULOS DE PREVENCION DE RISCOS LABORAIS
DURACIÓN DA ACCIÓN 220 HORAS
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO Os propios de cada curso
OBXECTIVO DO CURSO
Acadar a formación teórica en Prevención de Riscos Laboráis para integrar as
prácticas de prevención e seguridade laboral na actividade de formación en taller.
CONTIDOS
RISCOS XERAIS NO CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA.
RISCOS ESPECÍFICOS DE CADA TALLER.
EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL ESPECÍFICOS.
ACCIÓN FORMATIVA MÓDULOS DE CALIDADE E XESTIÓN DE RESIDUOS
(SÓLIDOS URBANS E TÓXICOS)
DURACIÓN DA ACCIÓN 280 HORAS
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO Os propios de cada curso
OBXECTIVO DO CURSO
Minimizar os riscos para a saúde e o medioambente na xestión de residuos, de
acordo coa lexislación vixente: Identificar residuos sólidos urbáns e residuos tóxicos.
Xestionar a recolleita, almacenamento, transporte e eliminación dos residuos
producidos nos obradoiros do Centro Formación Aixola.
CONTIDOS
CONCEPTO E TIPOS DE RESIDUOS.
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS: CARACTERÍSTICAS, PRODUCIÓN RECOLLEITA.
RESIDUOS TÓXICOS E PERIGOSOS: CARACTERÍSTICAS, PRODUCIÓN RECOLLEITA.
XESTIÓN DOS RESIDUOS:MINIMIZAR, TRANSFORMAR, ELIMINAR
ENVASADO.
ETIQUETADO E IDENTIFICACIÓN.
ALMACENAMENTO.
RECOLLIDA.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 10 de 28
DOCUMENTACIÓN PERTINENTE E LEXISLACIÓN APLICABLE.
RESPONSABILIDADES.
ACCIÓN FORMATIVA MÓDULOS DE ECOCONSTRUCIÓN E LABEL
ECOLÓXICO
DURACIÓN DA ACCIÓN 200 HORAS
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO Os propios de cada curso
OBXECTIVO DO CURSO
Reforzar os coñecementos do impacto ambiental das diferentes actividades de
construcción naval, mecánica naval, plásticos técnicos, redes e velería. Potenciar as
prácticas que minimicen o impacto a través da optimización dos procesos de
traballo e da innovación orientada á sostenibilidade.
CONTIDOS
CONCIENCIA ECOLÓXICA E DE PROTECCIÓN DO MEDIO NATURAL.
ANÁLISE DO CICLO DE VIDA (ACV) DUN PRODUTO.
O LABEL ECOLÓXICO.
IMPACTO AMBIENTAL DE LA CONSTRUCIÓN EM MADEIRA, EM POLIESTER, OS
PLÁSTICOS TÉCNICOS, AS REDES, AS VELAS E OS MOTORES MARIÑOS.
ECODISEÑO, ECOCONSTRUCIÓN E PROPULSIÓN VERDE.
ACCIÓN FORMATIVA MÓDULOS DE EDUCACIÓN COMPENSATORIA
DURACIÓN DA ACCIÓN 170 HORAS
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO Os propios de cada curso
OBXECTIVO DO CURSO
Posta a nivel do alumnado en conceptos de operatividade básica elemental para
poder afrontar os cálculos de medidas e mixturas necesarios na práctica dos obradoiros.
CONTIDOS
Números positivos e negativos
Operatividade elemental: Sumas, restas, multiplicacións e divisións con e sin
decimais.
Porcentaxes. Cálculos de mixturas
O Sistema métrico decimal
.- Magnitudes: masa, peso, lonxitude, superficie e volumen
.- Conversión de unidades
.- Equivalencias
Ecuacións de 1º grado
.- Membros dunha ecuación
.- Resolución de ecuaciones sinxelas
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 11 de 28
Nocións elementais de:
.- Forza traballo e presión. Unidades
.- Voltaxe, intensidade e resistencia. Unidades
.- Vectores. Composición
ACCIÓN FORMATIVA MÓDULOS DE I+D+I NA FORMACIÓN
DURACIÓN DA ACCIÓN 80 HORAS
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO Os propios de cada curso
OBXECTIVO DO CURSO
Adquirir conciencia das técnicas de innovación e do desenvolvemento de procesos
novedosos aplicables nas práticas nos obradoiros así como da importancia dos
procesos de I+D+i na industria actual.
CONTIDOS
Conceptos básicos de Investigación, Desenvolvemento e información
Aplicacións concretas no ámbeto dos cursos
.- Área de madeira
.- Área de composites
.- Área de Instalacións
.- Área de velería acastillaxe e pneumáticas
.- Área de redes
.- Área de plásticos técnicos
Novos materiais e novas técnicas. O processo
.- Detección de necessidades
.- Fase de deseño e discusión
.- Fase de búsqueda de materiais
.- Fase de aplicación de técnicas
.- Análise de resultados. Prototipos
.- Probas e test
.- Conclusións e melloras
Técnicas de búsqueda de información (materiais, tecnoloxías....)
Orzamento máximo de licitación LOTE Nº 3: 28.500 € sen IVE.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 12 de 28
LOTE Nº 4: CURSOS DE MECÁNICO INSTALADOR DE MOTORES EN EMBARCACIÓNS
DE POLIESTER, INSTALACIÓN ELÉCTRICA DUN BARCO NO CENTRO DE FORMACIÓN
A AIXOLA
Consta das seguintes accións formativas:
ACCIÓN FORMATIVA: MECÁNICO INSTALADOR POLIVALENTE EN
EMBARCACIÓNS DE POLIÉSTER
DURACIÓN DA ACCIÓN: 435 HORAS. Parte específica
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO: 12
NÚMERO DE CURSOS: 1
OBXECTIVO DO CURSO:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos para desempeñar a función de
operario nun taller/estaleiro naval, facendo especial fincapé na normativa de
prevención de riscos laborais, calidade e tratamento de residuos.
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o Ferramentas utilizadas, uso das mesmas e operacións básicas de
mecanizado.
o Soldadura eléctrica básica.
o Interpretación de planos sinxelos
o Sistemas de propulsión en embarcacións de poliester.
o Motores diesel: funcionamento, montaxe, posta a punto e instalación
dos servizos auxiliares.
o Nocións de hidráulica básica.
ACCIÓN FORMATIVA: INSTALACIÓN ELÉCTRICA DUN BARCO.
DURACIÓN DA ACCIÓN: 235 HORAS. Parte específica
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO: 12
NÚMERO DE CURSOS: 1
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 13 de 28
OBXECTIVO DO CURSO:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos para desempeñar a función de
axudante dun Técnico electricista, así como as normas relativas a seguridade
laboral, calidade e tratamento dos residuos.
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o FERRAMENTAS UTILIZADAS E USO DAS MESMAS.
o FUNDAMENTOS TEÓRICOS BÁSICOS.
o INTERPRETACIÓN DE PLANOS.
o MANEXO DOS INSTRUMENTOS DE MEDICIÓN ELÉCTRICA.
o XERACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA A BORDO: ALTERNADORES E
CADROS DE CONTROL.
o DISTRIBUCIÓN DA ENERXÍA ELÉCTRICA NO BARCO: INSTALACIÓN
DE FORZA, INSTALACIÓN DE ALUMEADO E CADROS DE CONTROL
o BATERÍAS: AGRUPAMENTOS, CADRO DE CARGA E CONTROL
o O ALUMEADO DE NAVEGACIÓN.
o CADROS DE CONTROL E ALARMA.
o INTRODUCIÓN AS INSTALACIÓNS FOTOVOLTAICAS
Orzamento máximo de licitación LOTE Nº 4: 20.100,00 € sen IVE.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 14 de 28
LOTE Nº 5: CURSOS DE VELERÍA E ACASTILLAXE, REPARACIÓNS EN EMBARCACIÓNS
PNEUMÁTICAS E REPARACIÓNS POLIVALENTES EN EMBARCACIÓNS SEMIRRÍXIDAS
(SECCIÓN PNEUMÁTICAS) NO CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
Consta das seguintes accións formativas:
ACCIÓN FORMATIVA VELARÍA E ACASTILLAXE
DURACIÓN DA ACCIÓN 335 HORAS. Parte específica
Nº DE ALUMNOS/CURSO 12
NÚMERO DE CURSOS 1
OBXECTIVO DO CURSO: Deseñar, cortar, coser distintos tipos de velas e aparellos e
realizar operacións de reparación, seguindo as normas de calidade, seguridade,
saúde laboral.
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
TEORÍA: Tecnoloxía naval. Nomenclatura. Historia da navegación. Evolución
nas velas. Teoría da vela. Funcionamento das velas. Tipos de tecidos. Novos
materiais. Interpretación de planos. Cálculo de superficies vélicas.
Funcionamento das máquinas de coser. Mantemento das máquinas de coser.
PRÁCTICAS:
DEBUXO TÉCNICO. DEBUXO DE PLANOS DE VELAS.
CÁLCULO DE SUPERFICIES VÉLICAS.
DESEÑO DE VELAS E APARELLOS.
COÑECEMENTO DOS DISTINTOS TIPOS DE MATERIAIS.
TRABALLOS PRELIMINARES COAS MÁQUINAS DE COSER.
DESEÑO CORTE E COSIDO DE DISTINTOS TIPOS DE VELAS.
FABRICACIÓN DE FUNDAS, BOLSAS E SACOS.
TÉCNICAS DE REPARACION: Achatar bolsa, recortar baluma, cambiar
protector UV, converter a full batten, adaptar vela de proa para
enrollador, converter spi en Gennaker , reforzar puños, cambiar panos,
repasar costuras, colocar ou cambiar números, adaptar vela dun
barco a outro, cambiar accesorios, colocar argolas de rizos, etc....
MONTAXE DE MASTROS E VELAMES CON CABOS E ENXARCIAS
ARBOLADO DO APARELLO, TIPOS: A TOPE, FRACCIONADO, CLÁSICO
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 15 de 28
ACCIÓN FORMATIVA CURSO DE REPARACIÓNS EN EMBARCACIÓNS
PNEUMÁTICAS
DURACIÓN DA ACCIÓN 285 HORAS. Parte específica
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO 12
NÚMERO DE CURSOS 1
OBXECTIVO DO CURSO:
Formación nos distintos tipos de reparación das lanchas pneumáticas, seguindo as
normas de calidade, seguridade e saúde laboral.
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o DESCRICIÓN DE EMBARCACIÓNS PNEUMÁTICAS.
Tipos e materiais.
Coñecementos de válvulas de inchado e seguridade.
Lanchas de supervivencia no mar.
Accesorios e complementos.
o TRABALLOS PRELIMINARES.
Recoñecemento dos distintos tipos de ferramenta de traballo.
Distinción de materiais.
Familiarización cos materiais.
o TÉCNICAS DE REPARACIÓN.
Lavado e revisado.
Avaliación de danos.
Recoñecemento dos distintos tipos de avarías
o VÁLVULAS.
Técnicas de desmontado das válvulas.
Limpeza das válvulas.
Colocación de membranas.
Instalación de válvulas.
o TIPOS DE PISO E COLOCACIÓN.
Montaxe e desmontaxe de pisos.
Pegado de pisos.
Distinción de materiais nos pisos.
o O CASCO
Unión de casco a balón.
Montaxe de cascos ríxidos sobre balóns en PVC e neopreno.
Desmontaxe de cascos ríxidos sobre balóns en PVC e neopreno.
Limpeza de cascos ríxidos.
o REPARACIÓNS CON GEL-COAT.
Reparación de boias.
Avaliación da avaría.
Técnicas de parcheado.
o COLOCACIÓN DE GRILLETES, CINCHAS, ETC.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 16 de 28
ACCIÓN FORMATIVA REPARACIÓNS POLIVALENTES EN EMBARCACIÓNS
SEMIRRÍXIDAS (SECCIÓN PNEUMÁTICAS)
DURACIÓN DA ACCIÓN 90 horas de pneumáticas dun curso de 200 h. Parte
específica
NÚMERO ALUMNOS/CURSO 12
NÚMERO DE CURSOS 1
OBXECTIVO DO CURSO
Realizar operacións básicas de identificación de desperfectos e reparación en
embarcacións semirríxidas, cumprindo as prescripciones de seguridade para as
persoas, medio ambiente e instalacións.
CONTIDOS:
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o MÓDULO 1: MATERIAIS E FERRAMENTAS.
o MÓDULO 2: OS FLOTADORES. CARACTERÍSTICAS, TIPOS.
o MÓDULO 3: IDENTIFICACIÓN DE AVARÍAS.
o MÓDULO 4: TIPOS DE VÁLVULAS E INSTALACIÓN DAS MESMAS.
o MÓDULO 5: PEGADO E REVISADO.
o MÓDULO 6: UNIÓN DE CASCO E BALÓNS.
Orzamento máximo de licitación LOTE Nº 5: 21.300,00 € sen IVE.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 17 de 28
LOTE Nº 6 : CURSOS DE MANIPULADOR DE POLIETILENO E POLIPROPILENO EN
BUQUES DE PESCA E ACUICULTURA E ESPECIALISTA MANIPULADOR EN PLÁSTICOS
TÉCNICOS PARA ACUICULTURA E PESCA NO CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
ACCIÓN FORMATIVA MANIPULADOR DE POLIETILENO E POLIPROPILENO EN
BUQUES DE PESCA E ACUICULTURA.
DURACIÓN DA ACCIÓN 185 H. Parte específica
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO 12
NÚMERO DE CURSOS 2
OBXECTIVO DO CURSO
Formar especialistas cos coñecementos teórico-prácticos necesarios para proceder á
soldadura e manipulación de tubarias e pranchas de polietileno e polipropileno de
forma axeitada, aplicado a instalacións en buques de pesca e acuicultura (mariña e
de terra), procurando un correcto acabado do traballo e facendo especial fincapé
na normativa de seguridade laboral, calidade e tratamento dos residuos.
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
o Uso do pe e pp na pesca e acuicultura (mariña e terra).
o Introdución ao polietileno (pe) e polipropileno (pp).
o Introdución ás ferramentas, máquinas manuais, automáticas e
semiautomáticas.
o Procedemento de soldadura por termofusion do pe e pp.
o Procedemento de soldadura por extrusion do pe e pp.
o Procedemento de soldadura e montaxe das tuberias de pe e pp.
o Manipulacion e montaxe de instalacións de pe e pp.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 18 de 28
ACCIÓN FORMATIVA ESPECIALISTA MANIPULADOR DE PLÁSTICOS
TÉCNICOS PARA ACUICULTURA E PESCA.
DURACIÓN DA ACCIÓN 285 HORAS
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO 12
NÚMERO DE CURSOS 1
OBXECTIVO DO CURSO
Formar especialistas cos coñecementos teórico-prácticos necesarios para proceder á
soldadura e manipulación de tubarias e pranchas de diversos materiais plásticos de
forma axeitada, aplicado ao sector marítimo-terrestre (industria pesqueira e naval,
industria conserveira, acuicultura, etc.), procurando un correcto acabado do traballo
e facendo especial fincapé na normativa de seguridade laboral, calidade e
tratamento dos residuos.
CONTIDOS
MÓDULOS ESPECÍFICOS:
INTRODUCCIÓN AOS PLÁSTICOS TÉCNICOS.
IDENTIFICACIÓN E TIPOS DE PLÁSTICOS TÉCNICOS.
INTRODUCCIÓN ÁS FERRAMENTAS, MÁQUINAS MANUAIS, AUTOMÁTICAS E
SEMIAUTOMÁTICAS.
APLICACIÓN E USO DOS PLÁSTICOS TÉCNICOS NA PESCA E ACUICULTURA
(MARIÑA E TERRA).
INICIACIÓN A INTERPRETACIÓN DE PLANOS.
CONCEPTOS BÁSICOS DE TERMINOLOXÍA ESPECÍFICA.
TÉCNICAS CONSTRUCTIVAS DE XAULAS MARIÑAS (MAR).
TÉCNICAS CONSTRUCTIVAS DE CUBAS E DEPÓSITOS DE ACUICULTURA (TERRA).
PROCEDEMENTO DE SOLDADURA POR ELECTROFUSIÓN (TUBARÍA)
PROCEDEMENTO DE SOLDADURA POR EXTRUSIÓN (TUBARÍA E PRANCHA)
PROCEDEMENTO DE SOLDADURA SOCKET (CASQUILLO+TUBO).
PROCEDEMENTO DE SOLDADURA A TOPE (TUBARÍA E PRANCHA).
MANIPULACIÓN E MONTAXE DE INSTALACIÓNS PLÁSTICAS.
Orzamento máximo de licitación LOTE Nº 6: 14.100,00 € (I.V.E.non
incluído).
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 19 de 28
LOTE Nº 7 : CURSOS DE CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS NO
CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
ACCIÓN FORMATIVA CONFECCIÓN E MANTEÑEMENTO DE ARTES E
APARELLOS
DURACIÓN DA ACCIÓN 320 HORAS
NÚMERO DE ALUMNOS/CURSO 12
NÚMERO DE CURSOS 3
OBXECTIVO DO CURSO
Confeccionar e montar as artes e os aparellos de pesca, así coma efectuar a
súa reparación e mantemento, seguindo as indicacións dos planos e/ou os
procedementos tradicionais.
CONTIDOS
MONTAXE DE ARTES E PARELLOS DE PESCA
o PREPARACIÓN PARA A CONFECCIÓN E MONTAXE DE ARTES E
APARELLOS DE PESCA: PLANOS E MATERIAIS.
o ELABORACIÓN DE PAÑOS E ELEMENTOS EN ARTES E APARELLOS DE
PESCA
o ARMADO E MONTAXE DE ARTES E APARELLOS
MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS
o REPARACIÓN DE ARTES E APARELLOS DE PESCA
o CONSERVACIÓN DE ARTES E APARELLOS DE PESCA
MÓDULO DE PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS DE CONFECCIÓN E
MONTAXE DE ARTES E APARELLOS
Orzamento máximo de licitación LOTE Nº 7: 28.800,00 € sen IVE.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 20 de 28
LOTE Nº 8 : MODULOS COMPLEMENTARIOS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO E
CREACIÓN DE EMPRESAS: BÚSQUEDA DE EMPREGO; ELABORACION DE CV E
PRESENTACIÓN; ORIENTACIÓN AO UTOEMPRENDEMENTO; TITORÍAS DE APOIO AO
AUTOEMPRENDIMENTO NO CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
ACCIÓN FORMATIVA MÓDULO DE BÚSQUEDA DE EMPREGO ON LINE.
DURACIÓN DA ACCIÓN 4 HORAS
Nº ALUMNOS/CURSO 15
NÚMERO DE CURSOS 11 – Programados en paralelo cos cursos de contido
técnico
OBXECTIVO DO CURSO: Apoiar a búsqueda de emprego dos alumnos mediante a
formación no uso de ferramentas on line e redes sociais.
CONTIDOS:
- Internet como fonte de información na búsqueda de emprego
- As bases de datos de emprego
- Redes sociais na búsqueda de emprego
ACCIÓN FORMATIVA CREACIÓN DE CV E PRESENTACIÓN
DURACIÓN DA ACCIÓN 4 HORAS
Nº ALUMNOS/CURSO 15
NÚMERO DE CURSOS 11 – Programados en paralelo cos cursos de contido
técnico
OBXECTIVO DO CURSO: Mellorar as capacidades dos alumnos para afrontar unha
entrevista de traballo e presentar adecuadamente o seu perfil, así coma
confeccionar un CV.
CONTIDOS:
- Preparación dun CV
- Promoción persoal a través do CV: planificación de distribución
- A entrevista de traballo: presentación persoal
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 21 de 28
ACCIÓN FORMATIVA ORIENTACIÓN AO AUTOEMPREGO
DURACIÓN DA ACCIÓN 20 HORAS
NÚMERO DE
ALUMNOS/CURSO
15
NÚMERO DE CURSOS 2 – Programase un para cada anualidade
OBXECTIVO DO CURSO: Promover a xeración de proxectos de autoemprego
mediante a órientación no eido empresarial e no proceso de formulación de
proxectos.
CONTIDOS:
- Formulas empresariais: Sociedades, comunidades de bens, cooperativas
- Proceso de creación dunha idea de empresa
- Planificación dunha empresa
- Búsqueda de apoios para a montaxe de proxectos.
ACCIÓN FORMATIVA TITORIAS DE APOIO AO AUTOEMPREGO
DURACIÓN DA ACCIÓN Programadas en función da demanda, tra – la
celebración de cada módulo de orientación ao
autoemprego
NÚMERO DE
ALUMNOS/CURSO
Titorías individualizadas ou dirixidas a grupos de ata 10
persoas.
NÚMERO DE HORAS 25
OBXECTIVO DA ACIÓN: Acompañar o proceso de maduración de ideas de
empresa, a planificación de proxectos de autoemprego e a búsqueda de apoios.
CONTIDOS: Se realizará un acompañamento personalizado dos alumnos dos
cursos de orientación ao autoemprego, para profundizar nos contidos do mesmo
en función das súas necesidades.
Orzamento máximo de licitación LOTE Nº 7: 4.590,00 € sen IVE.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 22 de 28
DURACION DO CONTRATO
Finaliza o 30/06/2016.
SOLVENCIA TECNICA E FINANCEIRA PARA CADA LOTE
MEDIOS DE ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA
A solvencia económica e financeira probarase mediante un dos seguintes
medios, segundo se establece no artigo 75.1 do TRLCSP:
1. Declaración apropiada de institucións financeiras (modelo no Anexo III)
Reputarase solvente o licitador que achegue unha declaración dunha
institución financeira de que ao seu xuízo o licitador ten solvencia económica
suficiente para a execución deste contrato (obxecto contractual relacionado
nesta carátula) no caso de resultar adxudicatario.
2. Xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos
profesionais.
Neste caso, considerarase solvente o licitador que acredite ter subscrito dito
seguro cunha entidade aseguradora por un capital equivalente ao
orzamento de licitación do lote /lotes que correspondan, mediante copias
compulsadas da póliza e da documentación xustificativa de estar ao corrente
do pagamento e/ou, se é o caso, certificacións.
3. Declaración, selada e asinada, sobre o volume global de negocios,
correspondente como máximo aos tres últimos exercicios dispoñibles en
función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na
medida en que se dispoña das referencias de dito volume de negocios,
segundo se establece no artigo 75.1.c) do TRLCSP.
No caso de presentar unha declaración da cifra de negocio da sociedade,
reputarase solvente aquela que teña un volume de negocio igual ou superior
ao do orzamento base de licitación do lote/lotes que corresponda/an
multiplicado por tres.
Segundo establece o artigo 75.2 do TRLCSP, se por unha razón xustificada o
empresario non está en condicións de presentar as referencias solicitadas,
autorizaráselle a demostrar a súa solvencia económica e financeira por medio
de calquera outro documento que se considere apropiado polo órgano de
contratación.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 23 de 28
K. MEDIOS DE ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA OU PROFESIONAL A solvencia técnica ou profesional probarase mediante o seguinte medio:
1.Unha relación (necesariamente, segundo o cadro-modelo que se reflicte a
continuación), selada e asinada, dos principais servizos ou traballos de
natureza análoga ao obxecto do presente contrato, realizados nos tres últimos
anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles. Os
servizos ou traballos efectuadas acreditaranse mediante certificacións
expedidas ou visadas polo órgano competente cando o destinatario sexa
unha entidade do sector público, ou cando o destinatario sexa un suxeito
privado, mediante unha certificación expedida por este, ou a falta desta
certificación mediante unha declaración do licitador.
Reputarase solvente o licitador que acredite mediante os referidos certificados
ou, no seu caso, mediante unha declaración do licitador, a execución dun
conxunto de traballos que garden relación co obxecto do contrato e que
supoñan un importe igual ou superior ao orzamento de licitación do/s lote/s
aos que se presenta.
De acordo con isto, e en relación coa solvencia técnica ou profesional, o
contratista deberá cumprimentar e asinar o seguinte cadro que se incluirá no
sobre A:
Relación dos servizos prestados no curso dos últimos tres anos acompañada
de certificados ou, no seu caso, declaración do licitador
Denominación e
obxecto concreto
do contrato
Importe Data de
finalización da
execución
(día/mes/ano)
Destinatario
Para os efectos da valoración da súa relación ou non co correspondente á
presente contratación, deberán estar correctamente identificados os
respectivos obxectos dos traballos referidos.
O citado período de tres anos abranguerá:
- Respecto do ano 2012, dende o día equivalente ao seguinte da finalización
do prazo de presentación de proposicións e ata o 31 de decembro.
- Os anos 2013 e 2014 completos.
- E o período transcorrido do ano 2015 ata o día de finalización do prazo de
presentación de proposicións.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 24 de 28
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
1. Prezo 60 puntos
2. Plan de Execución do servizo 25 puntos
3. Melloras 15 puntos
1. Prezo
A valoración da oferta económica (excluído o IVE), realizarase do seguinte
xeito:
Puntúase con 60 puntos a oferta máis baixa. O resto das puntuacións calcúlase
de maneira proporcional, restando á puntuación máxima a proporción de
puntos igual á diferencia porcentual de prezo:
Puntuación máxima: 60
Prezo min = 60
Prezo 2 = 60 – (60*(1-Prezomin / precio2))
2. Plan de Execución do servizo
Se valorarán os seguintes aspectos con un máximo de 25 puntos:
o Deseño curricular: Adecuación ós contidos plantexados nos
pregos técnicos e desenvolvemento coherente dos mesmos, con
exposición clara e pormenorizada da impartición de cada
módulo. Se puntuará cun máximo de 15 puntos
o Metodoloxía didáctica: presentación da metodoloxía didáctica
para a impartición dos cursos. Se puntuará cun máximo de 10
puntos
3. Melloras:
Se tomarán en consideración tódalas melloras presentadas polo conxunto de
licitadores, e concedráselle a cada unha unha puntuación máxima, de xeito
que o conxunto de tódas as melloras na súa puntuación máxima sume 15
puntos. Aestos efectos se considerarán separadamente os lotes das seccións
específicas (1,2,4,5,6,7) dos lotes das seccións transversais e complementarias (3
e 8).
O tipo de melloras que se terán en consideración inclúen cuestión coma o uso
de audiovisuais e TIC na docencia e seguemento, titorías de consulta, material
complementario, e todas aquelas propostas que permitan acadar con maior
éxito os obxectivos dos cursos.
Outros aspectos:
En aplicación do previsto no artigo 152 do TRLCSP e 85 e 86 do R. D. 1098/2001,
do 12 de outubro, consideraranse proposicións económicas (importe total
ofertado) con valores anormais ou desproporcionados as que se atopen nestes
supostos, segundo a concorrencia de licitadores:
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 25 de 28
Un único licitador: cando sexa inferior ao orzamento base de licitación en máis
do 25%
Dous: a que sexa inferior en máis do 20% á outra oferta
Tres: as que sexan inferiores en máis do 10% á media aritmética das ofertas
presentadas. Porén, excluirase do cómputo da dita media a oferta de contía
máis elevada cando sexa superior en máis do 10% á dita media. En calquera
caso, considerarase desproporcionada a baixa superior ao 25%.
Catro ou máis: as que sexan inferiores en máis do 10% á media aritmética das
ofertas presentadas. Porén, se entre elas existen ofertas que sexan superiores á
dita media en máis do 10%, procederase ao cálculo dunha nova media só coas
ofertas que non se encontren no suposto indicado. En todo caso, se o número
das restantes ofertas é inferior a 3, a nova media calcularase sobre as 3 de
menor contía.
E cando empresas pertencentes a un mesmo grupo (as que se encontren
nalgún dos supostos do art. 42.1 do Código de Comercio) presenten distintas
proposicións para concorrer individualmente á adxudicación dun contrato ou
cando se presentaren distintas proposicións por sociedades nas que concorra
algún dos supostos alternativos establecidos no dito artigo respecto dos socios
que as integran, tomarase unicamente a oferta máis baixa, producíndose a
aplicación dos efectos derivados do procedemento establecido para a
apreciación das ofertas desproporcionadas respecto das restantes ofertas
formuladas polas empresas do grupo.
Nos casos de existencia de ofertas con valores anormais ou desproporcionados,
tras a aplicación das anteriores regras, daráselle/s audiencia (por 3 días hábiles)
ao/s licitador/res que a/s presentaren para que xustifique/n a valoración da
oferta e precise/n as condicións dela, co fin da estimación polo órgano de
contratación sobre a posibilidade de cumprimento, segundo o procedemento
establecido no artigo 152 do TRLCSP.
Se existise empate na valoración entre dous ou máis licitadores, aplicaranse as
seguintes fórmulas de desempate e pola orde de prelación que se indica a
continuación:
1º) En caso de igualdade entre dúas ou máis proposicións, desde o punto de
vista dos criterios obxectivos que serven de base para a adxudicación, terá
preferencia na adxudicación do contrato a empresa que conte no seu cadro
de persoal cun número de traballadores fixos discapacitados superior ao 2%. No
caso de que varias empresas se encontren nas circunstancias expresadas no
apartado anterior, terá preferencia na adxudicación do contrato o licitador
que dispoña da maior porcentaxe de traballadores fixos discapacitados no seu
cadro de persoal. (Acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 8-04-2010,
ao abeiro do establecido na disposición adicional cuarta do TRLCSP).
2º) De conformidade co establecido nos artigos 11 e 19 da Lei 2/2007, do 28 de
marzo (DOG nº 72, do 13-04-2007), do traballo en igualdade das mulleres de
Galicia, aquela empresa que teña implantado un plan de igualdade ou, se é o
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 26 de 28
caso, tivera obtido a Marca Galega de Excelencia en Igualdade (neste caso,
durante o ano natural seguinte ao da súa obtención), terá preferencia na
adxudicación, sempre que a súa proposición iguale nos seus termos á máis
vantaxosa desde o punto de vista dos criterios obxectivos que serven de base
para a adxudicación.
DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN PRESENTAR OS LICITADORES
Os licitadores que desexen tomar parte neste procedemento presentarán, DOUS
SOBRES sinalados coas letras A e B, nas condicións e lugares establecidos na
cláusula 5.2 deste prego.
Para os efectos do disposto no artigo 140 do TRLCSP, os licitadores poderán
designar como confidencial a documentación que conteña información
facilitada que consideren con tal carácter. A designación deberá realizarse
mediante un carimbo, ou similar, co que se imprima a palabra “confidencial”,
en cada unha das páxinas que conteña información deste tipo.
O contido de cada un dos sobres, será o seguinte:
1º. Sobre A (documentación xeral: administrativa)
De acordo co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP, engadido pola Lei
14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa
internacionalización, será suficiente con achegar unha declaración
responsable do candidato indicando que cumpre as condicións establecidas
legalmente para contratar coa Administración (segundo modelo que se
achega como Anexo I).
De acordo co artigo 146.5 do TRLCSP, o momento decisivo para apreciar a
concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar
con CETMAR será o de finalización do prazo de presentación de proposicións,
data que debe ter en conta o licitador aos efectos de podelos acreditar, si
resulta adxudicatario.
En todo caso o órgano de contratación, en orden a garantir o bo fin do
procedemento, poderá recabar, en calquera momento anterior á adopción da
proposta de adxudicación, que os candidatos aporten documentación
acreditativa do cumprimento das condicións establecidas para ser
adxudicatario do contrato.
Obrigatoriamente os licitadores deben acompañar escrito no que fagan
constar as empresas coas que están vencelladas e no caso de non estar con
ninguna outra facelo constar tamén.
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 27 de 28
2. Sobre B (documentación da oferta económica e outros criterios avaliables
de forma automática, e se fose o caso resto de documentación técnica)
Nel incluirase a seguinte documentación:
1. Unha relación de todos os documentos contidos neste sobre.
2. Oferta económica e demáis criterios avaliables de forma
automática segundo o modelo que se achega como Anexo II deste
prego.
3. Documentación técnica:
Se presentará unha memoria técnica, que inclúa un plan de execución
do servizo que contemple o deseño curricular de cada curso, e a
metodoloxía didáctica proposta. A metodoloxía didáctica poderá
propoñerse para o conxunto dos cursos do lote ou dos lotes aos que se
licita, ou ben desglosarse por curso ou por lote segundo se considere
oportuno.
Igualmente se presentará unha relación das melloras propostas, coa
descripción das mesmas.
4. Se é o caso, para a aplicación do establecido na cláusula N
(criterios de valoración –fórmulas de desempate-) desta carátula, a
relación laboral con persoas con discapacidade acreditarase
mediante a achega neste sobre da seguinte documentación:
- Declaración responsable do número de traballadores fixos
discapacitados e porcentaxe que estes representan sobre o total do
cadro de persoal.
- Documento TC2 (relación nominal de traballadores) correspondente
a todo o persoal da empresa.
-Relación dos traballadores fixos discapacitados acompañada da
resolución ou certificación acreditativa do grao e vixencia da
discapacidade.
- Contrato de traballo dos traballadores fixos discapacitados.
5. Se é o caso, documentación xustificativa de ter implantado a
entidade un plan de igualdade ou de ter obtido a Marca Galega de
Excelencia en Igualdade, de conformidade co establecido na Lei
2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de
Galicia, para os efectos do disposto nos seus artigos 11 e 19, segundo o
reflectido na cláusula M (criterios de valoración -fórmulas de
desempate-) desta carátula.
Os licitadores que desexen tomar parte neste procedemento presentarán unha
oferta económica por correo ordinario postal ou persolamnete no Rexistro de
CETMAR na seguinte dirección:
CONCURSO AIXOLA 2015-2016
Cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
UNIÓN EUROPEA Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Páxina 28 de 28
CENTRO TECNOLÓGICO DEL MAR – FUNDACIÓN CETMAR
A/A Secretaría General
C/Eduardo Cabello s/n
36208 Vigo
Na oferta debe facerse referencia expresa ao obxecto do contrato así como
ao proxecto CURSOS DE FORMACIÓN PARA O CENTRO DE FORMACIÓN A AIXOLA
1/08/2015 A 30/06/2016
CUMPRIMENTO DO CONTRATO E FORMA DE PAGO
O contrato rematará no momento no que se dea por concluída a acción de
asistencia técnica contratada e sexa entregado á CETMAR un informe final do
proxecto
O contratista comprométese a cumprir os obxectivos marcados para a acción
formativa e á entrega dun informe final, da avaliación de alumnos e dunha
breve valoración económica sobre o custe no mercado do material elaborado
durante a formación, así como un inventario do taller.
FORMA DE PAGAMENTO:
Pagos parciais, a medida que se realizan os servizos, con entrega de factura, e
tras a comprobación por CETMAR do cumprimento das estipulacións dos pregos
de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na presente
contratación, así como das condicións descritas na oferta presentada polo
adxudicatario.
De acordo coa nova Disposición Adicional 33ª do TRLCSP debe ser presentada
en formato electrónico a través do Sistema electrónico de facturación da Xunta
de Galicia, que poderá consultarse no siguiente enlace:
https://factura.conselleriadefacenda.es/eFactura_web/
Os pagos se realizan mediante transferencia bancaria á conta que consta na
factura.