Download - Sistemas de goberno Gregos e Romanos
A antiga Grecia non tivo unidade política: era un mosaico de cidades independentes unhas das outras que coñecemos co nome de polis. Este feito tivo dúas consecuencias desde o punto de vista da súa forma de goberno:
1. Cada unha das polis coñeceu os seus propios sistemas de goberno, pasando moitas delas por diferentes fases.
2. Algunhas polis, en virtude do seu éxito económico e militar, exerceron influencia, moitas veces interesada, sobre outras, que adoptaron os sistemas políticos das primeiras.
A forma de goberno espartana, de carácter
fortemente militar, mantívose case
invariable desde o seu establecemento no s. VII
por Licurgo, pasando pola súa época de
esplendor (403-371 a.C.), ata a súa
decadencia, na segunda metade do s. IV a.C. Por iso o sistema chegou a ser chamado eunomía
(“bo goberno”) por moitos contemporáneos.
A RHETRA ESPARTANA
APELLA ou Asamblea de cidadáns
Elaboración de proxectos de lei
Decisión sobre a guerra e a paz
2 REIS (diarquía)Xefatura do
Exército
5 ÉFOROSPoder
executivo
Poder xudicial
XERUSÍA(Consello de 28 anciáns
máis os 2 Reis)
Poder lexislativo
Poder xudicialelixe
Escravo castigado
Ruínas de Esparta
Estatua de Leónidas
Non debemos pensar que a Apella estaba aberta a todo o mundo. Quedaban excluídos os seguintes grupos, que non eran suxeitos de dereitos:
1. As mulleres e os menores.
2. Os periecos ou residentes de orixe extranxeira.
3. Os hilotas: os orixinarios das rexións de Laconia e Mesenia, minguados nos seus dereitos polos espartanos á súa chegada desde o norte da península grega: debían traballar a terra para os seus amos.
Pola contra, Atenas evolucionou desde
formas monárquicas (s. XI-X a.C.), ata
oligárquicas (s. X-VI a.C.), pasando por unha tiranía (s. VI a.C.), ata o modelo de democracia
instaurado por Clístenes e encarnado por Pericles (s. V a.C.), que decaerá nas primeiras décadas
do s. IV a.C.
A DEMOCRACIA ATENIENSE
ECCLESIA ou Asamblea de cidadáns (maiores de 20 anos: uns 30.000)
Poder lexislativo Poder xudicial (ostracismo) Decisión sobre a guerra e a paz
MAXISTRADOS10 ESTRATEGOS 9 ARCONTES
(anuais) (anuais)
Xefatura do Exército Poder xudicial
Embaixadas Culto relixioso
BULÉ ou Consello (500 membros)
Elaboración de proxectos de lei
Supervisión da Facenda pública
propón
PRITANÍA ou Consello de 50 membros
Convoca á ECCLESIA e á BULÉ
elixe
CONSELLO DO AREÓPAGO
(ex - arcontes)
Tribunal para os delitos de asasinato
elixe
HELIEA ou Tribunal Popular (5.000 membros)
elixe
Vista do outeiro do Areópago Reconstrucción da Pnyx,
lugar de reunión da Ecclesia
Pericles, importante estratego ateniense
A ateniense non era unha democracia asimilable por completo ás actuais, posto que existían escravos, e os extranxeiros (chamados alí
metecos) e as mulleres non tiñan dereitos políticos. Sen embargo, conceptos como o deber moral de participar na vida e na xestión da
comunidade ou a liberdade de expresión eran xa patrimonio da Atenas do s. V a.C.
O estudio da Historia de Roma toma como referencia precisamente as tres formas de goberno que tivo a cidade (e o imperio que conquistou):
-Monarquía (753-509 a.C.)
-República (509-27 a.C.)
- Imperio (27 a.C.-476 d.C.)
A MONARQUÍA ROMANA
COMITIA CVRIATA ou Asamblea de cidadáns (formada só por
patricios: 3 tribus, 30 curias, 300 gentes)
Ratificación das leis Poder xudicial (apelación) Decide sobre a guerra e a paz
elixen
REIXefatura do Exército
Autoridade relixiosa
SENADO
(Xefes das familias patricias, ata un número de 300)
Asesoramento ó Rei
Ratificación dos actos dos COMITIA CVRIATA
propón
Rómulo (calquera dos dous), primeiro rei de Roma
Reunión dos comitia curiata
Tarquinio o Soberbio, derradeiro rei
En realidade, o primeiro réxime de Roma era unha
oligarquía, pois só os patricios (nobreza terratenente) tiñan
dereitos políticos: o rei era un deles, mais tratábase dun primeiro entre iguais.
A REPÚBLICA ROMANA
COMITIA CENTVRIATA (Asamblea de cidadáns segundo o seu poder
económico)
Decisión sobre a guerra e a paz
Poder xudicial (apelación)
COMITIA TRIBVTA(Asamblea de cidadáns por tribus,
incluíndo patricios e plebeios)
Poder lexislativo
elixen elixen
MAXISTRADOS cum imperio (anuais)
CÓNSULES (2)
Convocatoria das Asambleas
Xefatura do Exército
PRETORES (2; logo 16)
Xustiza
MAXISTRADOS sine imperio (anuais)
CUESTORES (2, logo 20)
Recadación dos impostos
EDÍS (4)
Administración municipal
SENADO
(Ex - maxistrados)
Asesoramento xeral
Facenda pública
Política exterior
COMITIA
CENTVRIATA
elixen
COMITIA
TRIBVTA
elixen
SENADO
PROPÓN
MAXISTRATURAS EXTRAORDINARIAS
SINE imperio (QUINQUENAL)
CENSOR (2)
ELABORACIÓN DO CENSO, INCLUÍNDO A LISTA DE
SENADORES
VIXIANCIA DOS COSTUMES
XESTIÓN DO PATRIMONIO DO ESTADO
sine imperio (anuaL)
TRIBUNO DA PLEBE (10)
DEREITO DE VETO A CALQUERA DECISIÓN DUN
MAXISTRADO OU A UN DECRETO DO SENADO
CVM imperio (SEMESTRAL, NOMEADO
POR UN CÓNSUL)
DICTADOR (1)
CONCENTRACIÓN DO PODER XERAL PARA UN CASO DE EMERXENCIA
CAPACIDADE DE NOMEAR UN AXUDANTE (MAGISTER
EQVITVM)
Reunión do SenadoCónsul Nos comitia centuriata os
participantes ían como soldados
Logo da expulsión dos reis, os dereitos de cidadanía amplíanse ós plebeios: o grupo dirixente comprenderá agora tamén,
ademais dos nobres propietarios, ós plebeios enriquecidos por diversas actividades comerciais e industriais. A pesar da
existencia das maxistraturas, será o Senado o que concentre o auténtico poder: as primeiras tiñan unha duración temporal,
mentres que a pertenza ó Senado era vitalicia.
O IMPERIO ROMANOEMPERADOR
Poder lexislativo Poder xudicial Xefe do Exército Facenda
elixe e convoca
SENADOConsello
numicipal de Roma
MAXISTRADOS
(Función decorativa)
elixe
nomea
PREFECTOSDo Pretorio (Garda
Imperial)
Da Annona (abastecemento)
Dos Bombeiros
Da Cidade (Policía)
Das Provincias
MINISTROSAsuntos Exteriores
Facenda
Xustiza
Defensor do Pobo
Augusto, primeiro Emperador
O exército, auténtico árbitro do poder imperial
Víctima dunhas institucións
insuficientes para gobernar un amplo
territorio, a República deriva en terribles
guerras civís. Será Gaio Octavio, coñecido como Augusto, quen lles porá
fin e establecerá un reparto de poder co
Senado, a fin de contas nomeado por el. Pola
súa banda, o Emperador nomeará
unha serie de funcionarios que sustituirán por
completo ás antigas maxistraturas.