Download - Sendeirismo Cespón
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN
FÍSICA IES DA CACHADA
2
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) e o
Departamento de Educación Física do IES da Cachada organizan esta
actividade, que denominamos sendeirismo cultural, dentro das medidas
tomadas para acercar ao noso alumnado á realidade cultural na que se
desenvolven. Unha realidade conformada polo propio medio físico-xeográfico e
polas creacións que o xenio popular foi capaz de producir.
Aproveitando as rutas trazadas no calendario que se fixo o curso pasado, que
discorren polas distintas parroquias do concello, levarase a cabo unha ruta
cada tres meses na que participarán de forma voluntaria profesores/as,
alumnos/as e calquera persoa interesada. Estas saídas faranse en horario non
lectivo. Iranse dando a coñecer elementos da cultura popular que por próximos
posiblemente nunca se repararon neles nin no seu valor artístico, ao mesmo
tempo que gozamos dunha actividade ao aire libre que ademais de servirnos
de exercicio físico axúdanos a completar unhas xeiras de convivencia.
Esta primeira ruta facémola por San Vicenzo de Cespón parroquia que se
localiza no leste do concello de Boiro. Segundo o padrón municipal de 2004 ten
2075 habitantes (1084 mulleres e 991 homes) distribuídos en 25 entidades de
poboación e nunha extensión de 11,8 km2 .
3
DATA : 13 de novembro de 2008.
DISTANCIA : 7,5 Km.
TEMPO : 2,5 horas.
DIFICULTADE: Baixa.
PERFIL : Plano.
HORA DE COMEZO : 15,30 h.
ITINERARIO : En San Roque ao pé da capela e do Calvario comezamos
a ruta. Indo cara á Arribada chegamos pouco despois á beira do río Brea, onde nos espera un acolledor recuncho poboado coas especies vexetais
típicas de ribeira; alí atopamos o muíño de Romero; enfronte un fermoso pombal. Seguindo o curso do río chegamos a súa desembocadura
e logo ás aldeas de Comba e Nine. Beireando a Ría chegamos ao pequeno
peirao de Pedra de Sar, desde onde poderemos gozar dunhas preciosas
vistas da Ría con Rianxo ao fronte e, ao fondo, Vilagarcía. Seguindo á
beira da Ría chegamos ao castro de Neixón e ao Centro Arqueolóxico do Barbanza. De alí, indo cara a Quinteiro e á beira da Praia de San Vicenzo do Mar, podemos contemplar o restaurado pazo de Ribademar.
Rematados a camiñata diante da igrexa parroquial de San Vicenzo de Cespón.
4
OS CRUCEIROS
Os cruceiros están considerados como unha das manifestacións máis
xenuínas da arquitectura popular galega e a súa orixe remontase segundo
algúns autores á época prehistórica en lugares nos que existían menhires,
e que logo, coa chegada do cristianismo deixaron constancia da súa
existencia pero baixo formas cristianizadas. Aseméllanse, pero o certo é
que non é doado encontrar un igual. A súa presencia nos camiños e
lugares sagrados esténdese por toda a nosa xeografía.
Os cruceiros son cruces de pedra que se colocan en lugares como son
os cruces de camiños, adros de igrexas, ermidas, ou incluso en entradas a
cemiterios, sempre en relación con lugares de culto. Tamén se fala
algunhas veces de cruceiros ó referirse ás cruces do viacrucis. Estas
cruces adoitan alzarse sobre unha plataforma con banzos que é común en
Galicia e Irlanda, se ben na nosa comunidade autónoma tamén existen
exemplares de cruceiros sen eles.
TIPOS
5
ELEMENTOS
Plataforma:
Triangular, cuadrangular, hexagonal,
octogonal, circular, etc.
Pedestal:
Como no elemento anterior faise unha
relación das formas xeométricas � �
6
Varal :
Pódense estudar polas súas sección xeométricas (cuadrangular,
octogonal, circular etc), por posuír ou non pedestal e polo tipo de
decoración (sen labrar, con estrías, con estrías en espiral etc.)
Capitel :
Ademais dos estilos clásicos: xónico, corintio e toscanos, atópanse
formas xeométricas variadas:
Anverso:
Cristo crucificado, desencravo, resurrección etc.
Reverso :
Hai numerosas representación da Virxe en diferentes advocacións,
ademais da presenza de santos, patróns locais, etc.
7
MUÍÑOS
Os primeiros muíños encontrados en Galicia datan do Neolítico e son muíños de
man, chans onde se moían os grans fregando unha pedra contra outra. En época
romana utilizáronse os muíños circulares de man que na alta Idade Media
aumentaron en tamaño e pasaron a ser movidos por auga.
O muíño é unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moer o gran.
Para iso move dúas grandes pedras e no medio o gran; estas grandes pedras
son capaces de converter o gran en fariña, sexa de centeo, trigo ou millo.
Os muíños de río presentan dous tipos fundamentais: os de rodicio coa roda
motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes e os de bruia coa
roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome de aceas. O
muíño destinado ó trigo denomínase muíño albeiro
Os muíños poden ser comunitarios, neste caso cada veciño dispón dunhas
horas prefixadas para usalo- e reciben o nome de muíños de herdeiros. Tamén
poden ser de propiedade particular e entón reciben o nome de maquías por
chamarse así a cantidade de gran que cobran por moer ( a maquía era sobre
una libra - 600 grs. por cada once quilos- e onde se alugaban a cambio de
fariña).
Os muíños foron pezas moi importantes na economía e no desenvolvemento
da vida nas aldeas, así como do seu folclore, e das súas lendas. Hoxe,
cubertos moitos por hedras e silvas, fálannos dun pasado que se vai e da
utilización de novos medios técnicos para moer o millo , o trigo e ou o centeo.
No muíño xurdiron cancións, refráns, contos e ata unha danza: "a muiñeira".
Unha muiñada era unha antiga xuntanza festiva de mozos e mozas en torno os
muíños, mentres se esperaba pola vez para moer...
8
OS CASTROS
Un castro é un poboado típico do noroeste da Península Ibérica durante a Idade de Ferro, no que se coñece como Cultura Castrexa.
Citania e cividade son sinónimos de castro, se ben en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.
Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galicia pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, inda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.
Na punta de Neixón, debido talvez ao estreito do seu istmo que permitía unha doada defensa ou tamén pola abundancia de moluscos nas augas que a rodean, foi lugar de asentamento hai miles de anos para uns homes que deixaron neste chan abundantes pegadas da súa cultura
9
A IGREXA
IGREXA DE SAN VICENZO
O templo é un edificio de notable interese histórico-artístico, con importantes restos
románicos conservados, cun baldaquino gótico excepcional e unha reforma
arquitectónica notable no século XVIII.
A igrexa parroquial de Cespón preséntase hoxe coa envoltura dos períodos
posteriores, reflectindo a transformación dos volumes románicos orixinais en
estructuras máis complexas, sobre todo debido ás grandes reformas dos séculos XVII e
XVIII.
O altar, a cabeceira da igrexa, é o elemento estructural que conserva in situ a meirande
parte de elementos románicos. No lado sur, ao exterior preserváronse cinco
canzorriños que, aínda que puideron ser sido movidos para as diversas reparacións do
tellado, estarían situados no seu lugar orixinal. Pola contra, non podemos ver o que
acontece no lado norte xa que é neste punto onde se adosou máis tarde unhas das
novas estancias, hoxe sancristía. Estes canzorriños, típicos do románico rural do século
XII presentan motivos xeométricos e figurativos, destancando unha cabeza de bóvido e
unha representación antropomorfa.
10
ACTIVIDADES
CRUCEIRO
1.- Ao pé de que capela está situado do Cruceiro?
2.- De que tipo é?
3.- Como é?
- a plataforma (forma)
- o pedestal (forma)
- o varal (sección)
- capitel (forma)
- anverso
- reverso
4.- Altura aproximada
MUÍÑO
1.- Nome
2.- Nome do río no que está situado
3.- Anota as especies vexetais que ves ao seu redor
11
CASTRO DE NEIXÓN
1.- ¿Canto mide o castro pequeno?
- Que descados etnográfos galegos escavaron este castro?
- Restos que atoparon.
- Época en que se sitúa a súa existencia.
2.- O castro grande
- Cal é a súa forma?
- Canto o seu diámetro?
- O montículo de terra que o rodeaba canto chegou a ter de altura
A IGREXA PARROQUIAL
1. Que é o que máis che gusta da igrexa?
2. Que leva a imaxe de San Vicenzo en cada man? Que hai ao seu pé?
3. San Benito, en Galicia, en un santo avogoso contra
12
4. Como se chama en Cespón á Virxe da Asunción?
5. Que santo ademais de ter unha imaxe na igrexa ten unha capela nas
proximidades.
1.- Calvario
Lectura � “Vai o escritor cara á parroquia de Cespón, o Sispalone ou Sispaón
que aparece latinizado nalgúns escritos antigos, e bate no lugar de San Roque.
Diante do cruceiro triple, que adoitaba ser punto de remate daqueles Vía Crucis
campestres que viñan dende Abanqueiro, contempla os asentos desta obra sobre
unha bancada de pedra con dúas cruces laterais máis pequenas que a central e coa
particularidade de teren os brazos inclinados cara ao Cristo. Nos pedestais
simbolizan caveiras e tibias, e o varal leva a un capitel con volutas, adobsso
vexetais e anxos dos que nace unha cruz leñosa con nós, na que ao Cristo,
crucificado, a dor lle fai agachar a cabeza e pechar as mans. No reverso, unha virxe
rezadora cruza as mans no peito”
Antón Riveiro Coello
2.- Muíño
Cantiga �
Unha noite no muíño
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa sí é muiñada.
13
3.- Castro de Neixón
Lectura � O CASTRO PEQUENO. A uns 120 metros da punta do cabo hai un
estreitamento que utilizaron os primeiros poboadores para levantar un gran montículo
de terra aproveitando os terrapléns naturais que dan perpendicularmente ao mar.
Mide 30x16x8 m. e pecha o que se coñece como Castro Pequeno . Escavaron este
castro entre outros Florentino López Cuevillas e Fermín Bouza Brey. Destacan que a
presenza dos caramuxos mesturados con ósos de mamíferos sinala un cambio no
sistema alimenticio dos moradores do Castro. Sitúan a existencia uns 600 anos a. de
X.C. e resumen así o que debeu ser a súa vida: “establecéronse sedentariamente
xentes, que pola cativeza do hábitat compre supor pouco numerosas. Estas xentes
coñecían a percura dos cerais e moían o gran dun xeito primitivo; pastoreaban bois e
porcos; fundían o bronce; fabricaban olas e potes, que traballaban a mau “
O CASTRO GRANDE. A uns cento trinta metros do Castro Pequeno atópase o Grande. É
dun só recinto e forma case circUlar, medindo oitenta e un metros de diámetro na súa
parte máis longa. Estivo portexido en tempos por un montículo de terra que chegou a
acadar os oito metros de altura e un foso de ata seis metros de ancho.
4.- Igrexa
As devocións en Cespón a través do tempo.
De entrada, chama a atención a extraordinaria abundacia de imaxes de diferentes
advocacións
A advocación máis antiga é probablemente o propio patrón San Vicente, ou en galego,
San Vicenço, como aparecía na documentación aínda a inicios do s. XVII. San Vicente
preside o retábulo maior vestido de diácono, cun libro nunha man, a palma no martirio
na outra e un corvo ao seu pé. A iconografía vén tomada da historia do Santo
zaragozamo morto a inicios do s. IV e recollida na Lenda Dourada no s. XIII. Nela
cóntase como durante o seu martirio é sometido a imnumerables tormentos (asado
nunha parrilla, foi despelexado…) Unha vez morto o corpo é arroxado ao deserto para
ser devorado polas bestas salvaxes, pero uns corvos protexen o cadáver. Vén sendo o
santo patrón da parroquia dende a configuración da organización eclesiástica
parroquial en época altomedieval
14
Acodou un impulso coa doazón dun fragmento de tibia polo frade Xosé Arredondo
Abade do Mosteiro bieito de Monserrat no ano 1791 (o documento da doazón esta no
libro base deste traballo na páx 88-89). A reliquia foi colocada nunha cruz a modo de
relicario, que aínda hoxe en día se saca para ser bicada polos fregueses durante a súa
festividade e a de San Bieito.
Tamén de orixe medieval debeu ser advocación a San Benito representado como
abade con báculo na man dereita e o libro da regula na esquerda. En Galicia adoita ser
avogoso contra as enfermidades da pel, as espullas, doenzas de oídos…
O grupo máis numeroso de devocións existentes na igrexa parroquial son as
introducidas ao longo da Idade Moderna. De todos eles a devoción máis importante é
a da Virxe dos Anxos, tal como se coñece en Cespón ou a Virxe da Asunción, como se
nomea oficialmente. A imaxe da Santa representa unha Virxe coroada, coas mans
xuntas en actitude de oración e encaramada sobre un pequeno estrado de nubes e
anxos, de aí a denominación popular.
A orixe da fonda devoción que suscita vén dada por un miragre local acontecido no
mesmo Cespón e personificado na figura de Cosntanza de Xesús, que chegou a ser
priora do convento das Orfas en Santiago de Compostela. Do extraordinaro feito
temos o testemuño dunha veciña:
“A Nosa Señora dos Anxos évos unha santa moi milagreira, fixera un
milagre moi grande hai trescentos anos ou así. Unha señora, que era
irmá do cura, estaba eivada dunha perna, e rezáballe á Virxe. Un día
rezando apagóuselle a vela e nesas a Virxe díxolle:
- Constanza! Érguete e ponme outra vela. E a señora contestoulle que non podía, que estaba coxa.
- Si, si que podes Constanza – replicoulle a Virxe. E Constanza levantouse e entroulle unha enerxía así por dentro, que
saou de todo. Despois a Constanza fíxose monxa e foi priora dun
convento de Santiago. Dende aquela había unha muleta de madeira
ofrecida enriba do retablo, que ao final se quitou porque apodrecera.”
15
O Santo lisboeta San Antón aparece representado como un xove, vestido co hábito
franciscano, sostendo o neno Xesús no colo e unha flor na man esquerda. Actualmente
segue a celebrarse a súa festividade, sendo avogado das mozas casadeiras que lle atan
cintas na man para procurar mozo.
Outro Santo relevante en Cespón é San Roque do que hai unha imaxe na igrexa
parroquial e ademais venérase nunha pequena capela situada nas proximidades. A súa
difusión en Galicia esta directamente relacionada cos diferentes episodios pestíferos
que atacaron o noso territorio durante toda a Idade Moderna, especialmente entre a
segunda metade s. XVI e as primeiras décadas do s. XVII.
De introdución máis recente son probablemente a Virxe do Carme, importante nas
vilas costeiras por ser padroa dos mariñeiros, e a Virxe de Fátima de ampla presenza
en Galicia pola proximidade xeográfica do santuario portugués.