Transcript
Page 1: Ruta das Fragas e Corgas do Río Gorgua Padrenda Ourense · Roteiro polo concello de Padrenda, lindeiro con Portugal polo sur e ao norte co Val do Miño en Pontevedra. Discorre preto

Ruta das Fragas e Corgas do Río Gorgua Padrenda - Ourense

.xf

Contacto:

Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, 1º andar

Tlf. fixo 981 528 740

(Só martes e xóves de 19 a 21h)

Tlf. Móbil 647 790 104

665 810 094

Roteiro polo concello de Padrenda, lindeiro con Portugal polo sur e ao norte co Val do Miño en Pontevedra.

Discorre preto do río por unha fraga onde non faltan carballos e castaños centenarios, chea de regatos que,

antes de entregar as súas augas aos rios Gorgua e Esmoriz, deléitannos con numerosas corgas ou fervenzas.

Tamén atoparemos muíños ou o que queda deles. O último tramo un pouco máis “urbano” lévanos polas

aldeas de Chan do Forno, Chan do Crego, Ludeiro, Alén, Monte Redondo, Lampiñeiras e por último Freáns.

En Chan do crego atopamos un miradoiro con excelentes vistas do Val do Miño así como das provincias de

Ourense e Pontevedra.

[email protected]

www.clubvialactea.es

16093184 Saída dende Santiago o 15 de xullo

- Av. Rodríguez de Viguri : 07:15 h.

- Rúa Do Hórreo : 07:20 h.

- Entrada de Televés : 07:30 h.

Ruta Tipo: Circular

Dificultade: Moderada

Distancia: 14,45 km

Dur. aprox.: 5,00 h

Saída e chegada: Freáns

Top Related