Download - Reunión inicio familias
Hábitos:
- Biberóns e chupetes desaconsellados.
- Deitarse pronto.
- Controlar o que ven na tele e o tempo.
- Acostumalos a espirse e a vestirse sos, lavar as mans sos, soarse …
- Acostumalos a axudar a recoller a súa habitación, a mesa, gardar xoguetes …
Non lle faledes mal ao voso fillo diante de outros nenos. A autoestima é fundamental para o bo desenvolvemento.
Procurade falarlle ben do colexio e dos seus mestres.
Ante situacións de apego e tristeza pola separación, falade cousas positivas do cole.
Intentade evitar comentarios negativos do seu comportamento diante doutros adultos.
Valorádelle o esforzo que fan os nenos cando levan algo para a casa que fixeron.
Lerlles contos aos nenos.
Tratade de non agobialos pola lectoescritura. Cada neno ten o seu ritmo. As mestras levamos métodos individualizados. É unha aprendizaxe na que sentamos as bases no colexio e débese evitar interferir con sistemas alternativos de ensinazadesde a casa que os confundirían.
Lembrade revisar a diario as mochilas e saquiños de merenda dos vosos fillos.
Está establecido que sexa os 1º e 3º martes de cada mes
de 4:15-5:15. Sempre que se vos requira ou queirades
falar co titor, farase nesta hora.
Esta reunión será entre nais/pais e profesores, polo que
se recomenda non traer aos nenos.
Calquera comportamento extraño no voso fillo ou
dúbida, faládeo coa mestra titora primeiro. Xa que é ela a
que mellor pode informar do acontecido e aclarar
calquera dúbida.
Puntualidade: Os de Infantil entran ás 9:15 a
continuación de Primaria e saen ás 14:00 para non
coincidir.
A asistencia é obrigatoria e deben acudir regularmente
ao centro.
As faltas de asistencias deberán ser xustificadas.
As chegadas ou recollidas fóra de horario deben de
recollerse na folla de rexistro de chegadas e saídas de
alumnado en Dirección.
Os nenos deberán entrar sos tanto nas entradas como
fóra de horario.
A porta de acceso á zona de Infantil deberá permanecer
sempre pechada.
Recollida por persoas non habituais traer autorización.
Os nenos que estean enfermos deben quedar na casa.
Administración de medicamentos
No caso de que un neno se faga pis, procurade ter a
alguén dispoñible para vir cambialo.
Débese procurar mandar a merenda
respectando o calendario semanal.
Aconsellamos un biscoito ou similar para compartir.
No caso de reparto de chuches como moito dúas ou
tres.
Os nenos levarán no seu día unha coroa e un libriño
dedicado por tódolos compañeiros.
A roupa deberá ser cómoda para que os nenos vaian ao
baño sós (sen botóns, nin tirantes, nin cinturóns) e o
calzado con velcro.
Tantos os mandilóns como as chaquetas e cazadoras
deberán vir correctamente identificadas e con cinta para
colgar.
Son unha forma de traballo máis dinámica, máis viva e máis
participativa. O alumnado está aprendendo a través da súa
propia búsqueda de información. Por iso, para poder levar a
cabo esta forma de traballo, precisamos contar coa
colaboración das familias aportando diferentes tipos de
material cada vez que se vos requira (fotos, xornais , libros…)
Existen efemérides como Samaín, Magosto; Nadal, Día da Paz
Entroido, … nas que debedes participar.
- Non se ensinan contidos que veñen impostos nun tempo
senón que, os coñecementos xorden dependendo do tempo e
o lugar.
- A aula é un lugar onde espertamos esas curiosidades que
serán os centros de interese.
- A partir dos centros de interese imos construíndo unha
aprendizaxe traballando todos os ámbitos: psicomotor,
artístico, lingüístico, lóxico matemático…
- http://cedec.educalab.es/es/noticias-de-portada/1559-8-claves-
del-aprendizaje-por-proyectos
¨Significa : Outros Algoritmos e Operacións Aritméticas”.
É un método no que se manipula todo tipo de material
para traballar as matemáticas: legos, obxectos
contables, material de refugallo.
Se crean materiais novos a partir de outros materiais,
Aprendizaxe da construción e descomposición do
número como cantidade, non como cifra.
Aprendizaxe de todos os conceptos matemáticos a
través do xogo e da manipulación: descomposición,
seriación, cuantificación, agrupación con recursos
elaborados na aula (propios)
O tema elixido este curso para o centro é:
“COIDA O PLANETA”
Desde Infantil enfocaremos o traballo da PDI coa seguinte distribución temporal:
› O primeiro trimestre trataremos as 3R: Reciclar, Reducir e Reutilizar.
› O segundo e terceiro
trimestre trataremos O Mar.
Actividades adicadas ao
coidado e o respeto ao
mar e os seus habitantes.
Faremos saídas relacionadas
co tema do Mar.
Os maletíns conteñen o conto en préstamo que
cada semana se colle na biblioteca do cole.
Estes van e veñen todas as semanas.
Celebraranse dúas sesións continuadas dos mércores
antes do recreo e serán os seguintes:
› Obradoiro de Lectoescritura
› Obradoiro de Cociña
› Obradoiro de Dramatización en lingua inglesa.
› Obradoiro de Emocións
* Comezaremos o segundo trimestre.
Blogs do centro.
http://chancelinhas.blogspot.com.es/
http://chancelotes.blogspot.com.es/
http://endldoceipdechancelas.blogspot.com.es/
http://bibliorabbit.blogspot.com.es/
http://englishinchancelas.blogspot.com.es/
http://musicaenchancelas.blogspot.com.es/
http://audicionelinguaxechancelas.blogspot.com.es/
É moi importante que manteñades actualizadas as
direccións e que os teléfonos móbiles.
Procurade que estes teléfonos que nos facilitades
estean sempre operativos.