-
REUNIÓN DA COMISIÓN 6ª, INDUSTRIA,
ENERXÍA, COMERCIO E TURISMO
Día: 03.02.2021 Hora: 10:30
-
A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 3 de febreiro de 2021, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto único.- Proposicións non de lei
1.1 5651 (11/PNC-000679)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Dacosta, María del Carmen e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto denominado ecobarrio anunciado para a cidade de Ourense no ano 2018, así como a apertura no barrio da Ponte da oficina de información adxudicada no ano 2019Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 25.11.2020
1.2 6314 (11/PNC-000756)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoFernández Alfonzo, Ramón e 2 máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa diversificación das actividades no estaleiro de Navantia na ría de FerrolPublicación da iniciativa, BOPG n.º 63, do 16.12.2020
1.3 6686 (11/PNC-000789)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSeco García, Martín e 2 máisSobre a demanda ao Goberno galego para a elaboración e remisión ao Parlamento de Galicia dun estudo sobre o grao de cumprimento das obrigas de seguridade e mantemento por parte das empresas eléctricas respecto da conservación axeitada da infraestrutura eléctrica e unha relación de posibles melloras necesarias na rede de subministración, así como a elaboración dun plan de acción e cooperación con outras administracións e operadores co fin de asegurar aos concellos do rural deGalicia a operatividade das redes eléctricas, especialmente nos casos previstos na chegada de temporaisPublicación da iniciativa, BOPG n.º 76, do 14.01.2021
1.4 7135 (11/PNC-000811)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e Fernández Alfonzo, Ramón
-
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para a creación dun centro en Galicia para a competitividade e a I+D+I no almacenamento da enerxíaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
1.5 8794 (11/PNC-000916)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaTellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en colaboración co Goberno do Estado tendentes a lograr que empresa GAMESA-SIEMENS manteña a actividade da planta das SomozasPublicación da iniciativa, BOPG n.º 82, do 26.01.2021
1.6 8884 (11/PNC-000926)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaVázquez Domínguez, Sandra e 6 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impulso de novas iniciativas e instrumentos de valorización dos resultados científico-tecnolóxicos e de transferencia dos resultados da I+D+i ao mercado. (Procedemento de urxencia)Publicación iniciativa carácter urxencia, BOPG n.º 82, do 26.01.2021
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seishoras antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2021
-
Marta Nóvoa Iglesias
Presidenta da Comisión
-
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 6ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO
E TURISMOPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidentaMarta Nóvoa Iglesias P
VicepresidentaCristina Sanz Arias P
SecretariaMaría Leticia Gallego Sanromán S
José Antonio Armada Pérez PRamón Fernández Alfonzo BNGMaría do Carme González Iglesias BNGDaniel Pérez López BNGOvidio Rodeiro Tato PMartín Seco García SMiguel Ángel Tellado Filgueira PSandra Vázquez Domínguez PBorja Verea Fraiz P
-
Reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 03.02.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1. Proposicións non de lei
-
Reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 03.02.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 5651(11/PNC-000679)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación co proxecto denominado ecobarrio anunciado para a
cidade de Ourense no ano 2018, así como a apertura no barrio
da Ponte da oficina de información adxudicada no ano 2019
Publicación da iniciativa, 52, 25.11.2020
-
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas e dos seus deputados Carmen Rodríguez Dacosta, Martín Seco
García, Marina Ortega Otero e Juan Carlos Francisco Rivera, a través do seu
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei en Comisión 6.ª,
Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
Exposición de motivos
Foi en marzo do ano 2018 cando foi presentado o proxecto “ Ecobarrio” no
salón de Plenos do Concello de Ourense de Galicia. Anunciaba daquela o
presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, xunto co alcalde, Jesús
Vázquez, o conselleiro de Economía, Francisco Conde e a delegada territorial da
Xunta de Galicia, Marisol Díaz, entre outros que o Proxecto Ecobarrio
convertería a Ourense na primeira cidade de Europa en utilizar xeotermia, que
contaría cunha inversión de 20 millóns de euros e unha previsión de crear 300
postos de traballo, na súa primeira fase, xerando calefacción e auga quente para
31 edificios públicos e 18 vivendas privadas.
Manifestaba o presidente da Xunta de Galicia en declaracións os medios de
comunicación que consistía nunha aposta polas enerxías renovables, cun
proxecto de “futuro, pioneiro e estratéxico“, cunha actuación prevista no barrio
da Ponte, que pasaría a converterse nun Ecobarrio, cos aproveitamentos dos
recursos existentes no subsuelo.
Resaltando que este proxecto suporía para Ourense que esta se converterá na
primeira cidade europea en utilizar este tipo de enerxía, e referencia na loita
contra o cambio climático, aproveitando para elo “o gran potencial con que
conta. A xeotermia que nos está esperando”. Ademais durante a presentación do
proxecto, na que tamén participou o entón comisario polo Clima e Enerxía da
Comisión Europea, D. Miguel Arias Cañete, o presidente da Xunta de Galicia
destacou que, na súa primeira fase, levara consigo unha inversión de 20 millóns
de euros e a estimación de crear uns 300 postos de traballo.
CS
V: R
EX
ISTR
Oli3
Ked
tKW
3V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · [email protected]
En xuño de 2018 faise público polo Goberno galego a aprobación do protocolo
de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, así coma o
Adif para a execución de proxecto “Ecobarrio”.
Nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2019 consignáronse para este
proxecto 2,4 millos de euros e nos do ano 2020, 741.000 euros.
En Maio do 2019 o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), organismo
dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria anunciaba que
acaba de dar un importante paso co fin de desbloquear unha das pezas do
“Ecobarrio” da Ponte adxudicando a implantación dunha oficina destinada a
proporcionar información a persoas interesadas, comunidades de propietarios e
usuarios de edificios públicos, como punto de información de referencia para
interesarse polas axudas e outras actuacións que se levarán a cabo, destinando a
tal fin a Xunta de Galicia 467.907 euros, o que segundo afirmaron, permitiría
tela aberta ata o 31 de decembro de 2021.
Na actualidade esta oficina permanece pechada dende hai máis dun ano o remate
das obras de acondicionamento do local. Dos 20 millóns de euros anunciados so
nos consta unha execución de 695.856 euros.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en
Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que execute o Proxecto
“Ecobarrio” anunciado polo presidente da Xunta de Galicia o 19 de marzo do
2018, dotando a partida orzamentaria suficiente nos orzamentos do ano 2021 da
Xunta de Galicia, así como se proceda a apertura da Oficina de Información
Ecobarrio adxudicada en maio de 2019.
Pazo do Parlamento, 19 de novembro do 2020
CS
V: R
EX
ISTR
Oli3
Ked
tKW
3V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · [email protected]
Asinado dixitalmente por:
María del Carmen Rodríguez Dacosta na data 19/11/2020 17:18:00
Martín Seco García na data 19/11/2020 17:18:08
Marina Ortega Otero na data 19/11/2020 17:18:19
Juan Carlos Francisco Rivera na data 19/11/2020 17:18:30
Gonzalo Caballero Míguez na data 19/11/2020 17:18:41
CS
V: R
EX
ISTR
Oli3
Ked
tKW
3V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
Reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 03.02.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 6314(11/PNC-000756)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e as
demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa
diversificación das actividades no estaleiro de Navantia na
ría de Ferrol
Publicación da iniciativa, 63, 16.12.2020
-
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
dos deputados e deputada Ramón Fernández Alfonzo, Carme González Iglesias e
Daniel Pérez López, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 6ª, sobre a
diversificación de actividades en Navantia.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O plan industrial que precisa a comarca de Ferrol, eterna promesa de todos os
gobernos, non é outro que poñer Navantia a traballar, desfacéndose das restricións
actuais e aproveitando todos os segmentos de actividade que potencialmente poderían
concorrer nas instalacións de Navantia na ría de Ferrol.
Non hai ningunha outra posibilidade real de traer nada a Ferrol que poida
substituír ou equipararse á construción naval: en volume de emprego, na diversidade de
actividades que concorren na construción dun barco, no seu nivel tecnolóxico, en
potencial exportador, e no efecto multiplicador do prezo da obra na economía comarcal:
4,5€ por cada 1€ segundo cálculos de Sea Europe.
A industria da construción naval e das tecnoloxías marítimas, é intrinsecamente
diversa, sendo os antecedentes históricos de Navantia na ría de Ferrol bo exemplo de
esta diversificación industrial, que debería recuperarse e promoverse.
Un de eses segmentos de actividade son os contratos para o sector da eólica
mariña nos que ven traballando Navantia, que deberían aproveitarse para recolocar a
CS
V: R
EX
ISTR
OFa
oQdU
4my9
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
-
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
fábrica de turbinas nese sector, ampliando a participación de Navantia ría de Ferrol
naqueles elementos de maior valor engadido de estes proxectos.
Neste sentido preocúpannos os pasos, precisamente en sentido contrario, que a
dirección de Navantia está a dar, que parecen encamiñados a abandonar a eólica mariña,
xa que segundo información transmitida polo comité de empresa estase a negociar un
contrato marco para prover de monopiles a Iberdrola durante 5 anos, no que a
participación de Navantia na UTE con Windar pasaría dun 70% a menos dun 10%. A
participación de Navantia redúcese a facer de caseiro da Windar.
Mentres o presidente da Xunta acudía a Fene a celebrar os fitos da alianza
Navantia-Windar, a CIG xa advertía de que cando Navantia non ten persoal propio
nestes proxectos, cando renuncia a controlar a subcontratación de empresas na parte da
obra que lle correspondía pola súa participación na UTE, cando renuncia a
determinados proxectos de asesoramento, formación, ou reparación internacionais en
favor da súas contratas, é porque non ten interese no sector.
Estes feitos coinciden no tempo coa decisión de que a fábrica de turbinas deixe
de ser unha división con dirección propia dentro de Navantia.
Xusto nun momento en que a descarbonización da mobilidade marítima é a
chave para facerse un oco no sector, a fábrica de turbinas, que podía e debía ser o cerne
dunha nova área de actividade de forte impronta tecnolóxica e innovadora, perde galóns,
recursos e actividade.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte
proposición non de lei para debate na Comisión 6ª:
CS
V: R
EX
ISTR
OFa
oQdU
4my9
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
-
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a:
1. Solicitar a súa entrada no Consello de Administración de Navantia conforme
ao establecido no artigo 55 do Estatuto de Autonomía de Galiza.
2. Demandar do Goberno do Estado a constitución dunha mesa de ámbito galego
para a promoción da diversificación de actividades nos estaleiros de Navantia ría de
Ferrol, e nomeadamente:
a. Potenciar a participación de Navantia ría de Ferrol no sector da eólica
mariña con recursos propios, manténdose, cando non sexa posíbel, como socia
maioritaria nas UTEs con Windar ou con calquera outra sociedade.
b. Dotar a fábrica de turbinas de dirección e recursos propios suficientes para a
definición de novos produtos destinados ao sector das enerxías renovábeis en xeral, para
fomentar a súa introdución e participación nos contratos da eólica mariña en particular.
c. Introducir tamén á fábrica de turbinas naqueles segmentos de actividade
relacionados cos novos modelos sustentábeis de mobilidade marítima, procurándose as
colaboracións con centros de investigación ou empresas que fosen precisas.”
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020
Asdo.: Ramón Fernández Alfonzo
Carme González Iglesias
Daniel Pérez López
Deputados e deputada do G.P. do BNG
CS
V: R
EX
ISTR
OFa
oQdU
4my9
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
-
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Ana Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Pontón Mondelo na data 10/12/2020 18:10:32
Daniel Pérez López na data 10/12/2020 18:10:36
María do Carme González Iglesias na data 10/12/2020 18:10:46
Ramón Fernández Alfonzo na data 10/12/2020 18:10:53
CS
V: R
EX
ISTR
OFa
oQdU
4my9
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
-
Reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 03.02.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.3 6686(11/PNC-000789)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e 2 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego para a elaboración e
remisión ao Parlamento de Galicia dun estudo sobre o grao de
cumprimento das obrigas de seguridade e mantemento por parte
das empresas eléctricas respecto da conservación axeitada da
infraestrutura eléctrica e unha relación de posibles melloras
necesarias na rede de subministración, así como a elaboración
dun plan de acción e cooperación con outras administracións e
operadores co fin de asegurar aos concellos do rural de
Galicia a operatividade das redes eléctricas, especialmente
nos casos previstos na chegada de temporais
Publicación da iniciativa, 76, 14.01.2021
-
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados e da súa deputada, Martín Seco García, Luís Manuel Álvarez Martínez
e Leticia Gallego Calvar, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo
160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate na Comisión 6ª.
Unha vez máis, chegado o tempo dos temporais, volvemos a asistir ás continuas
interrupcións do subministro eléctrico, que nalgún caso se prolonga ata 3 días,
unha situación que debe ser investigada pola Xunta de Galicia, esixíndolle ás
compañías titulares das redes de distribución o cumprimento da normativa
vixente, coa obriga de mantelas en condicións adecuadas de conservación e
idoneidade técnica.
Segundo o propio Ministerio de Industria este subministro atópase en peor
situación do que se atopaba hai 5 anos e no 2018 producíranse un 48 % máis de
apagamentos, con especial incidencia no noso medio rural, onde se producen
catro veces máis apagamentos que no ámbito urbano, medido cos índices de
número de interrupcións e tempos de interrupcións, o que dá un 1,61 do rural
fronte a un 0,41 nas zonas urbanas.
Os pasados 11, 12 e 13 de decembro deste ano a borrasca co nome de Dora,
chegou á montaña de Lugo e producíronse importantes cortes de luz,
comunicación telefónica e problemas nos viarios dos concellos da zona, algo ao
que xa están acostumados nestes concellos, pero que este ano afectou
especialmente nos concellos de Castroverde, Baleira, Samos, Baralla, O Corgo e
Láncara, e na maior parte dos casos, ditos cortes foron o dobre de longos do
habitual.
Os temporais non son algo que poidamos controlar, pero si que se poden
minimizar os efectos destes temporais cando as empresas subministradoras de
enerxía cómpren coas súas obrigas, evitando deficiencias da infraestrutura da
rede eléctrica, efectuando en continuo os traballos de mantemento das liñas
eléctricas e atendendo con présa os problemas técnicos que poidan xurdir.
No caso do sucedido en decembro deste ano 2020, a empresa subministradora
de enerxía é Naturgy, principal operadora en Galicia, unha empresa que lle leva
sacado moito rendemento aos nosos recursos naturais, que levou a cabo o peche
CS
V: R
EX
ISTR
OqL
ZB6a
SH
T4V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
da central térmica de Meirama, ou que deslocalizou o servizo de atención
telefónica fóra de Galicia, dito todo isto o mínimo esixible a dita empresa por
parte da nosa administración é ter corresponsabilidade co país, despois do
beneficio que leva obtido dos recursos naturais da nosa terra, uns recursos que
leva explotando durante moitos anos, e que semella non lle importa cando toma a
decisión de marchar do noso territorio.
Resulta imprescindible que dende o Goberno da Xunta de Galicia, fagan un
esforzo por levar a cabo un bo traballo de inspección sobre o estado no que se a
atopa a infraestrutura eléctrica, esixíndolle ao operador, unha correcta
conservación e as melloras necesarias para ditas instalacións.
Só fai falla saír á rúa, sobre todo no ámbito rural, para observar como se atopa a
nosa rede eléctrica, cuns tendidos máis propios do século pasado e cunha falla de
limpeza da súa contorna que afecta directamente ao incremento de posibilidades
de cortes eléctricos e a posibilidade de que se produzan incendios por esta falla
de limpeza.
Por todo isto, o Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte proposición
non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1. Elaborar e remitir ao Parlamento de Galicia un estudo sobre o grao de cumprimento das obrigas de seguridade e mantemento por parte das
empresas eléctricas respecto da conservación axeitada da infraestrutura
eléctrica e unha relación de posibles melloras necesarias para a nosa rede
de subministro, detectando os concellos e lugares destes concellos nos que
se producen reiteradamente estes cortes temporais.
2. Desenvolver un plan de acción, cooperando con outras administración e operadores, para asegurarlle aos concellos do rural de Galicia a
operatividade das súas redes eléctricas na chegada de temporais,
especialmente, cando estes son previstos polos servizos meteorolóxicos.”
Pazo do Parlamento, 21 de decembro de 2020
CS
V: R
EX
ISTR
OqL
ZB6a
SH
T4V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
Asinado dixitalmente por:
Martín Seco García na data 21/12/2020 11:26:45
Luis Manuel Álvarez Martínez na data 21/12/2020 11:27:01
María Leticia Gallego Sanromán na data 21/12/2020 11:27:20
Gonzalo Caballero Míguez na data 21/12/2020 11:27:30
CS
V: R
EX
ISTR
OqL
ZB6a
SH
T4V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
Reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 03.02.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.4 7135(11/PNC-000811)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para
a creación dun centro en Galicia para a competitividade e a
I+D+I no almacenamento da enerxía
Publicación da iniciativa, 73, 11.01.2021
-
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da
deputada e deputado Noa Presas Bergantiños e Ramón Fernández Alfonzo, ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei
para o seu debate na Comisión 6ª, relativa á creación dun centro en Galiza para a
competitividade e a I+D+i no almacenamento de enerxía.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O coñecido como Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030
(PNIEC) establece obxectivos, políticas e medidas para, segundo o goberno do Estado,
alcanzar a neutralidade climática antes de 2050. Sinala o almacenamento de enerxía nas
súas diversas formas como unha das tecnoloxías que serán claves para a
descarbonización, incluíndo 6 GW para a próxima década no sector eléctrico, cun
balance de case que 250 TWh para 2030. Tamén prevé a elaboración dun Plan de
Desenvolvemento Industrial que permita capturar o máximo potencial en canto a
xeración de desenvolvemento económico e emprego industrial derivados da transición
enerxética, no que o ámbito do almacenamento pode supoñer unha oportunidade para
desenvolver unha cadea de valor propia que sexa competitiva a nivel galego, estatal e
internacional.
Segundo a información dispoñible na web de Rede Eléctrica de España (REE)
sobre o último balance eléctrico en Galiza (2020, provisional ao 31 de outubro), co
peche político-administrativo e/ou de mercado das dúas térmicas de carbón e coa
problemática das electrointensivas, nomeadamente os centros de Alcoa na Coruña e na
CS
V: R
EX
ISTR
O4L
dTm
TDhG
9V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
Mariña, Galiza continúa a derivar unha parte importante (33 %) da súa xeración
eléctrica fóra do propio País, cun dato relevante: a xeración renovable (10 TWh) supera
á demanda (8,7 TWh).
Doutra banda, aínda co abandono dos 1,4 GW que ata o de agora se movían con
base de carbón importado, o carácter do municipio das Pontes (A Coruña) segue
impregnado de enerxía; o ciclo combinado de gas, dúas centrais hidroeléctricas e cinco
parques eólicos achegan máis de 1 GW ao sistema eléctrico ibérico. É necesario
contabilizar, tamén, no mix enerxético pontés o seu recentemente estudado potencial
renovable, que, segundo o documento, establécese en 437 MW de eólica (fronte aos 112
MW en funcionamento), 44 MW hidráulicos (60 MW actuais), 0,87 MW de biogás, e
981 MW fotovoltaicos -considerando só o 60 % da capacidade máxima instalable-,
cunha xeración anual duns 2,1 TWh, que representaría o 24 % da demanda de Galiza en
2020 -ata o 31 de outubro-, segundo o dato anterior de REE. A potencia total sería de
2,5 GW, entre a renovable, existente e potencial, e a correspondente ao ciclo de gas
(856 MW).
A pesar das reiteradas solicitudes dos últimos meses, e iniciadas xa as poxas de
renovables e en pleno proceso de consulta previa pública sobre as bases das poxas da
capacidade de acceso dos nós chamados de transición xusta - Meirama e As Pontes en
Galiza-, o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico non informou nin
fixo público o dato da capacidade de evacuación dos citados nós.
Así mesmo, a Xunta de Galiza mantense na súa política de opacidade e falta de
iniciativa, sen manifestar propostas, opinións ou oposición ás decisións ou falta de
decisión do goberno central. Compróbase o fracaso das directrices enerxéticas
aprobadas durante o anterior mandato de Núñez Feijoo e a falta de vontade para deseñar
CS
V: R
EX
ISTR
O4L
dTm
TDhG
9V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
de forma proactiva e dialogada un novo modelo enerxético galego ao servizo das
necesidades territoriais, sociais e económicas.
Atendendo aos datos públicos de REE para o caso das Pontes, o potencial de
xeración do municipio, en fontes e en produtividade, xunto ao carácter histórico
imposto a Galiza de produtora e exportadora de electricidade, evidencian a oportunidade
e a necesidade -e a obriga de compensación para con ela e as súas xentes- de, dentro da
Estratexia de Almacenamento Enerxético, situar en Galiza un centro tecnolóxico
encargado de levar a cabo os proxectos, xestionar e monitorizar os mesmos, así como
participar no desenvolvemento de ferramentas e tecnoloxías que melloren a
flexibilidade e a seguridade da rede eléctrica, que posibiliten dispoñer dunha verdadeira
“smartgrid” ou rede intelixente; nel participarían as administracións competentes en
enerxía e cambio climático, xunto ás responsables de áreas relacionadas e de interese
(industria, mobilidade, urbanismo, formación, I+D+i, ...), así como empresas,
institucións e organismos interesados.
A aplicación de diversas tecnoloxías de almacenamento dentro dunha mesma
rede, o desenvolvemento e testado de novos sistemas, e a investigación e
desenvolvemento no campo do almacenamento enerxético teñen nas Pontes un enclave
perfecto para a súa implantación, no que o deseño de cada instalación de
almacenamento, así como a súa programación temporal, coordinaríase co ritmo da
instalación das fontes renovables no termo municipal, posibilitando dar resposta á
necesidade de probar, en escenario real, o comportamento das diferentes tecnoloxías
eléctricas, electroquímicas, mecánicas, térmicas e químicas do almacenamento, a gran
escala, en redes, e a nivel de usuario final.
CS
V: R
EX
ISTR
O4L
dTm
TDhG
9V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte
proposición non de lei para debate na Comisión 6ª:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a:
1. Demandar do Goberno do estado a creación do Centro en Galiza para a
Competitividade e a I+D+i no Almacenamento de Enerxía, fundación do sector público
estatal, adscrita ao Instituto de Transición Xusta, coa participación e achega económica
dos ministerios de, polo menos, Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, de
Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, de Educación e Formación Profesional, de
Industria, Comercio e Turismo, de Ciencia e Innovación, e de Universidades.
2. Negociar e acordar co goberno do estado, coa participación do concello das
Pontes, aspectos relacionados coa xestión, achegas económicas, instalacións, medios
materiais e humanos, programación de actividades para 2021-2030, e posta en
funcionamento inmediata do Centro en Galiza para a Competitividade e a I+D+i no
Almacenamento de Enerxía.
3. Comprometer a participación e achega económica no Centro en Galiza para a
Competitividade e a I+D+i no Almacenamento de Enerxía das consellarías de, cando
menos, Economía, Emprego e Industria, Infraestruturas e Mobilidade, de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda, de Cultura, Educación e Universidade, e de Emprego e
Igualdade.
4. Realizar unha convocatoria pública, unha vez constituída e formalizada, para
a participación e/ou colaboración de institucións, organismos e/ou empresas interesadas
no Centro en Galiza para a Competitividade e a I+D+i no Almacenamento de Enerxía.”
CS
V: R
EX
ISTR
O4L
dTm
TDhG
9V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
5
Santiago de Compostela, 04 de xaneiro de 2021
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Ramón Fernández Alfonzo
Deputada e deputado do G.P. do BNG
Ana Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Pontón Mondelo na data 04/01/2021 10:19:57
Ramón Fernández Alfonzo na data 04/01/2021 10:20:01
Noa Presas Bergantiños na data 04/01/2021 10:20:09
CS
V: R
EX
ISTR
O4L
dTm
TDhG
9V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
Reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 03.02.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.5 8794(11/PNC-000916)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia
en colaboración co Goberno do Estado tendentes a lograr que a
empresa Gamesa-Siemens manteña a actividade da planta das
Somozas
Publicación da iniciativa, 82, 26.01.2021
-
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa das deputadas e deputados Miguel Tellado Filgueira, Diego Calvo Pouso, José Manuel Rey Varela, Marta Nóvoa Iglesias, Cristina Sanz Arias, José Antonio Armada Pérez, Ovidio Rodeiro Tato, Sandra Vázquez Domínguez e Borja Verea Fraiz abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión 6ª , Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. Exposición de motivos: O mantemento da actividade industria e do emprego na planta que Siemens-Gamesa ten no Concello das Somozas é fundamental non só para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, senón para o conxunto de Galicia, xa que se trata dunha empresa fundamental para o crecemento e desenvolvemento do sector eólico galego. A planta, que dá emprego a 300 traballadores, viña tendo ata o momento unha importante carga de pedidos no mercado nacional e no internacional. Sen embargo, nos últimos anos creouse un clima de inestabilidade no sector enerxético, ante dunha política única e coherente por parte do Goberno de España que achegue certezas ao tecido industrial. Neste contexto, Siemens-Gamesa vén de anunciar a súa intención de pechar as planta das Somozas (Galicia) e a de Cuenca (Castela-A Mancha), que se suman ao xa producido en Aoiz (Navarra) o verano do pasado ano, unha decisión totalmente inxustificable que afecta tanto aos 215 traballadores da factoría galega coma a outros centos de empregos indirectos na nosa comunidade. Siemens Gamesa ten unha oportunidade de mercado do primeiro nivel co pulo que están tendo as enerxías renovables no proceso de transición ecolóxica que está promovendo a Unión Europea como un dos vectores da recuperación económica, e especialmente co desenvolvemento do sector eólico galego. Polo tanto, a empresa carece de razóns obxectivas para propor o peche da fábrica das Somozas, máxime cando desde a administración pública galega se propuxeron alternativas para buscar solucións que dean viabilidade a un proxecto industrial cun potencial incuestionable. Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:
CS
V: R
EX
ISTR
Oo1
0jX
wzC
w6
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
-
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
1. Demandar á empresa Siemens-Gamesa que suspenda o ERE da Planta das
Somozas e acepte a formación dunha mesa de traballo conxunta co Goberno de
España, a Xunta de Galicia e a representación dos traballadores da empresa,
que teña como obxectivo atopar solucións que garantan a viabilidade e o futuro
da planta.
2. Instar á Xunta de Galicia a que, en colaboración co Goberno do España,
utilicen todos os mecanismos á súa disposición para lograr que GAMESA-
SIEMENS manteña a planta das Somozas, apostando pola súa modernización e
pola implantación de novos proxectos industriais que garantan a carga de
traballo para os traballadores da empresa.
Santiago de Compostela, 21 de Xaneiro de 2021
Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 21/01/2021 17:29:40
Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 21/01/2021 17:29:53
Diego Calvo Pouso na data 21/01/2021 17:30:08
José Manuel Rey Varela na data 21/01/2021 17:30:23
Marta Nóvoa Iglesias na data 21/01/2021 17:31:06
Cristina Sanz Arias na data 21/01/2021 17:31:16
José Antonio Armada Pérez na data 21/01/2021 17:31:34
Ovidio Rodeiro Tato na data 21/01/2021 17:31:55
CS
V: R
EX
ISTR
Oo1
0jX
wzC
w6
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
-
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Sandra Vázquez Domínguez na data 21/01/2021 17:32:12
Borja Verea Fraiz na data 21/01/2021 17:32:28
CS
V: R
EX
ISTR
Oo1
0jX
wzC
w6
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
-
Reunión da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 03.02.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.6 8884(11/PNC-000926)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación co impulso de novas iniciativas e instrumentos de
valorización dos resultados científico-tecnolóxicos e de
transferencia dos resultados da I+D+i ao mercado.
(Procedemento de urxencia)
Publicación iniciativa carácter urxencia, 82, 26.01.2021
-
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
A Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia a través do seu Portavoz e por iniciativa
das deputadas e deputados, Sandra Vázquez Domínguez, Miguel Tellado Filgueira,
Borja Verea Fraiz, José Antonio Armada Pérez, Marta Nóvoa Iglesias, Ovidio
Rodeiro Tato e Cristina Sanz Arias, ao abeiro do disposto no artigo, 98, 160 e
concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte
proposición non de lei para o seu debate na Comisión 6ª, Industria, Enerxía,
Comercio e Turismo, polo trámite de urxencia.
Xustificación da urxencia
A urxencia ven motivada pola necesidade de que o Parlamento de Galicia se posicione canto antes sobre esta cuestión. Exposición de motivos
Nun contexto como o actual, marcado pola pandemia Covid-19, fíxose patente para o
conxunto da sociedade -e non só para a esfera empresarial e política-, a relevancia da
ciencia e a tecnoloxía para proporcionar solucións aos problemas que expoñen os retos
económicos e sociais. Na cadea de valor do laboratorio ao mercado ou á sociedade, a
efectividade e a eficacia dos procesos de transferencia de coñecemento son decisivos
para lograr -a tempo- a conversión dos resultados das actividades de investigación e
desenvolvemento en valor económico e social.
Nos últimos anos, Galicia afrontou un proceso de fortalecemento e especialización do
seu sistema de xeración e transferencia de coñecemento para abordar os novos retos
sociais, ambientais e de mercado, focalizando o desenvolvemento das infraestruturas
de I+D+i en ámbitos científico-tecnolóxicos con destino a sectores estratéxicos de alto
potencial.
As políticas de estímulo e financiamento en materia de innovación, desenvoltas no
marco da RIS3, e de fomento da investigación por parte do Goberno da Xunta de
Galicia propiciaron o fortalecemento e vertebración do Sistema Galego de I+D+i
dinamizándoo e dotándoo dos distintos elementos para completar o proceso de
innovación.
CS
V: R
EX
ISTR
OfV
HIY
JrJk
1V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Ademais destas políticas favorecedoras da transferencia impulsáronse tamén novos
instrumentos, algúns deles con carácter pioneiro a nivel estatal como no caso do
Programa de Proba de Concepto IGNICIA, instrumentos de Compra Pública
Innovadora ou o primeiro programa nacional para o desenvolvemento temperá de
fármacos; a estes hai que engadir o esforzo realizado para promover Unidades Mixtas
de Investigación-UMIS entre empresas e centros tecnolóxicos ou a creación de Hubs
de Innovación Dixital.
A pesar dos esforzos realizados, en termos de transferencia aínda é necesario afondar
nas melloras que permitan consolidar un sistema galego de xeración de coñecemento
que aprenda e se conecte á realidade do tecido produtivo para responder e adiantarse
ás necesidades da sociedade, articulando modelos de colaboración entre axentes e
dinamizando procesos de valorización e transferencia que maximicen a orientación a
resultados. Ademais a transferencia require de importantes capacidades organizativas
e profesionais para o seu desenvolvemento.
Por todo o anterior, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición
non de lei en Comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a impulsar novas iniciativas e
instrumentos de valorización dos resultados científico-tecnolóxicos e de transferencia
dos resultados da I+D ao mercado, a través da continuidade dos mecanismos de
financiamento, fortalecendo as capacidades organizativas e profesionais das estruturas
e dos centros, impulsando unha cultura da transferencia na comunidade investigadora,
incentivando a función de transferencia de coñecemento, mellorando as capacidades
dos nosos xestores de transferencia ou establecendo mecanismos de monitoraxe da
transferencia”.
CS
V: R
EX
ISTR
OfV
HIY
JrJk
1V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021
Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 22/01/2021 13:02:01
Sandra Vázquez Domínguez na data 22/01/2021 13:02:23
Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 22/01/2021 13:02:41
CS
V: R
EX
ISTR
OfV
HIY
JrJk
1V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
-
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Borja Verea Fraiz na data 22/01/2021 13:03:00
José Antonio Armada Pérez na data 22/01/2021 13:03:21
Marta Nóvoa Iglesias na data 22/01/2021 13:03:38
Ovidio Rodeiro Tato na data 22/01/2021 13:04:02
Cristina Sanz Arias na data 22/01/2021 13:04:19
CS
V: R
EX
ISTR
OfV
HIY
JrJk
1V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
CONVOCATORIA DO 03 do febreiro do 2021RELACIÓN DE MEMBROS1. Proposicións non de lei1.1 11/PNC-0006795651
1.2 11/PNC-0007566314
1.3 11/PNC-0007896686
1.4 11/PNC-0008117135
1.5 11/PNC-0009168794
1.6 11/PNC-0009268884