![Page 1: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022070218/6126c24d513da5673437335a/html5/thumbnails/1.jpg)
RETO MUSICAL 7:
“CONSTRUIMOS UN INSTRUMENTO”
(Mándame unha foto/vídeo do resultado ao correo, co
voso nome e curso)
Para esta actividade necesitamos:
- Material de refugallo que teñades pola casa que xa non
precises: cartón, plástico, papel, latas…
- Cousiñas para decorar: cores, pegatinas, lazos…
- Moita imaxinación!
Como cada un/unha de vós vai a escoller o
instrumento que máis lle guste ou lle apeteza
construír, déixovos por aquí algúns exemplos:
INSTRUMENTOS PARA GOLPEAR:
TAMBOR
Cunha maceta vella podes facer a estrutura do tambor e cun globo a ‘membrana de pel’ para golpear.
Para atar a membrana á maceta podes empregar unha goma ou un cordón fino.
![Page 2: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022070218/6126c24d513da5673437335a/html5/thumbnails/2.jpg)
Se non atopas unha maceta, podes facelo cunha lata de conservas.
Anímate a facer tamén unhas BAQUETAS cuns paus e unhas
pelotas vellas ou teas para tocar o teu tambor.
CASTAÑOLAS
Pegando dúas chapas ou dous tapóns de brik nun cartón.
![Page 3: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022070218/6126c24d513da5673437335a/html5/thumbnails/3.jpg)
INSTRUMENTOS PARA SACUDIR
MARACAS
Enchendo calquera envase baleiro con arroz ou legumes.
Poden ser de todos os tamaños:
pequeniñas (usando o ‘oviño amarelo’ do ‘ovo kinder’),
medianas (cun envase de ‘actimel’)
ou grandes (cunha botella de plástico ou un tetrabrick).
Podes usar culleres de plástico para facer o mango das maracas.
PAU DE CHOIVA
Clavando puntas en espiral ao longo dun tubo de cartón e
enchéndoo con arroz ou legumes.
![Page 4: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022070218/6126c24d513da5673437335a/html5/thumbnails/4.jpg)
Se non tes un tubo longo podes unir 3 tubos de papel
hixiénico.
INSTRUMENTOS PARA GOLPEAR E SACUDIR
PANDEIRETA
Cosendo cun fío gordo (no que vaias colgando cascabeis ou algo
que faga ruído) o perímetro dun prato de cartón ou caixiña de
quesitos.
INSTRUMENTOS PARA SOPRAR
TROMPA
Colocando nos extremos dun tubo flexible (dos que levan os cables
da luz), un funil e un ‘matasogras’.
Podes enroscar o tubo como se fose unha trompa para que sexa
máis manexable.
![Page 5: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022070218/6126c24d513da5673437335a/html5/thumbnails/5.jpg)
FRAUTA DE PAN
Cortando canas, tubos o palliñas de plástico de diferentes
lonxitudes e uníndoas.
INSTRUMENTOS PARA PUNTEAR
ARPA ou GUITARRA
Colocando unhas gomas nunha estrutura de cartón ou corcho.
![Page 6: RETO MUSICAL 7 2021. 3. 15. · Como cada un/unha de vós vai a escoller o instrumento que máis lle guste ou lle apeteza construír, déixovos por aquí algúns exemplos: INSTRUMENTOS](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022070218/6126c24d513da5673437335a/html5/thumbnails/6.jpg)
Como esta actividade ten moitas opcións, escollede a que máis vos
guste! A ver se conseguimos facer unha gran exposición de
instrumentos!
Deixo tamén aquí uns enlaces con máis ideas:
https://www.youtube.com/watch?v=XSQ-fRTtbaA
https://www.youtube.com/watch?v=10JUZS7Fp_Y
https://www.youtube.com/watch?v=7sUNXA4NYKI
https://www.youtube.com/watch?v=6KSbM5CxNfE
http://www.doslourdes.net/Construccion_instr_musicales.htm
“Con moito coidado e moita atención,
construiremos o noso instrumento,
sexa de corda, vento ou percusión!”
MANS Á OBRA!!