Download - Recomendacións de Nadal
Para todos:
Imprescindible. No
seu 50ª aniversa-
rio, esta obra de
Xosé NEIRA VI-
LAS sigue sendo
de obrigada lectura. Nas súas páxi-
nas mestura a tenrura, a visión inxe-
nua da infancia, o duro camiño da
aprendizaxe, as primeiras frustra-
cións,... Un libro que nos ensina as
verdades da vida, coas súas luces e
sombras, e nos axuda a lembrar co-
mo foi a infancia dos nosos maio-
res. Será o noso título clásico
deste curso.
“Memorias dun neno labrego”
Editorial Galaxia
Para os que len moito:
Elvira Lindo é a autora des-
ta serie tan coñecida.
Manolito é un neno que vive
nun barrio de Madrid. Cónta-
nos as súas vivencias coa
familia, na escola, cos ami-
gos, coas novas experien-
cias,...Moito sentido do
humor, cunha linguaxe
sinxela e temas que
“enganchan” aos lectores a
partir de 8 anos.
“Manolito Gafotas”
Editorial Alfaguara
Desde o Niño da Curuxa, a biblioteca escolar do C.E.I.P. “Os Muíños”, queremos desexar a todas as familias un ano cheo de lecturas felices, de fermosas historias e de boa música. Non deixedes de visitarnos na escola e na web.
As nosas portas están sempre abertas.
BIBLIOTECA ESCOLAR
C.E.I.P. “OS MUÍÑOS”
Ilustración de Noelia de la Fuente Paz (4º)
Para os que aínda non len:
Son libriños feitos en
cartón duro, pequenos
e doados de manexar, con
furadiños onde meter os
dedos mentres contamos.
Nesta colección atoparás
títulos como: “Dedín,
dedín”, “Este é o maimi-
ño”, “Rei, rei”, “Pedro
Chosco”, “Imos de paseo”,.... Todos
eles teñen as rimas que nos cantaban a
nós e que debemos transmitir aos nosos
pequenos,
Colección Dediños Editorial
Tambre-Edelvives
Para os que empezan a ler:
Este conto de
Anthony Browne
está baseado
nunha tradición
guatemalteca,
na que se pre-
tende protexer aos nenos dos
seus pesadelos. Unha historia ten-
ra, coas ilustracións propias do
autor, que servirá para espantar
os monstros que perturban os so-
ños, e para aprender a fabricar os
nosos propios “sacapenas”
“Sacapenas” Editorial Kalandraka
“Palabras de Caramelo”
Editorial Anaya
Para os que xa len:
Calquera título desta colección
pode ser un fermoso agasallo.
Son as historias clásicas dos
irmáns Grimm, editadas con fer-
mosas ilustracións, e inclúen un
CD con cancións e o propio conto.
Xa están publicados: “Os sete ca-
buxos”, “Os tres osos”, “A casiña
de chocolate”, ”Os catro amigos”,
“O galo Quirico”, “Branca de Neve
e os sete ananos”…
Para ler e escoitar.
Sen dúbida, unha das
historias máis tenras
que se poden contar
hoxendía. Un libro que
fala da amizade, da
comprensión, da solidariedade, … Todo
dentro do mesmo libro. Un achegamento
á vida doutros nenos no deserto do
Sáhara.
Quen dixo que non nos gusta
a poesía? Este libro de Fran
Alonso ten de todo: humor,
música, ritmo, xogos,... e po-
esía por todas partes. Todo
un tesouro.
Colección Audiocontos Editorial Galaxia
“Palabras de Caramelo”
Editorial Anaya
“O meu gato é un poeta”
Editorial Xerais