-
Programación
Matemáticas
Métodos Estatísticos e Numéricos. MEN.
Curso 2020/21
LOMCE
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Pontevedra.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 1
IES Frei Martín Sarmiento Matemáticas índice PROGRAMACIÓN DE MATEMÁTICAS. – Métodos Estatísticos e Numéricos.
INTRODUCCION E CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN. ......................................................................................................................... 3
Departameto de Matemáticas. ........................................................................................................................................................................................................ 3
Contextualización da programación. .............................................................................................................................................................................................. 3
COMPETENCIAS CLAVE. .......................................................................................................................................................................................... 6
OBXECTIVOS XERAIS DO BACHARELATO. ............................................................................................................................................................. 6
CONCRECIÓN PARA CADA ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE DOS OBXECTIVOS, CONTIDOS, TEMPORALIZACIÓN,
COMPETENCIAS CLAVE E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA. ............... 7
APRENDIZAXES IMPRESCINDIBLES NON ADQUIRIDAS O CURSO ANTERIOR. ................................................................................................ 11
SECUENCIA DE CONTIDOS. TEMPORALIZACIÓN. ............................................................................................................................................... 11
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. .................................................................................................................................... 13
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. ............................................................................................................................................................................ 13
Proba extraordinaria. ...................................................................................................................................................................................................................... 15
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS. ...................................................................................................................................................................... 15
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS, INCLUIDOS OS LIBROS DE TEXTO. ................................................................................................... 16
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. ............................................................................................................................................................ 17
PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES. ................................................................................................................................................ 17
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR. ............................................................................................................................................... 18
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DAS TIC’S.............................................................................................................................................. 19
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 2
ACCIONS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA. ............................................................................................................................... 20
INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE. .................................................................... 20
PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN. ........................................................................................................................ 25
CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO. ............................................................................................................................................... 26
ANEXO. TRANSICIÓN AO ENSINO NON PRESENCIAL. ........................................................................................................................................ 26
SINATURAS. ............................................................................................................................................................................................................. 28
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 3
INTRODUCCION E CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN.
Departameto de Matemáticas.
O Departamento de Matemáticas do “I.E.S. FREI MARTÍN SARMIENTO” está integrado no presente curso académico polos/as docentes que se
relacionan ao final, tendo a Xefatura de Estudios constancia das materias e número de horas lectivas asignadas a cada un/unha deles/as.
As reunións ordinarias do Departamento terán lugar no día e hora, en cada momento, se estableza a tal efecto, levantándose acta das mesmas
únicamente se os temas tratados así o aconsellen. Tamén se contempla a posibilidade de que as actas redactadas resuman os asuntos abordados
en varias xuntanzas sucesivas. Celebraranse todas aquelas reunións de caracter extraordinario solicitadas por calquer membro do Departamento
ou forzadas por situacións que requiran tomar unha decisión de forma urxente.
Contextualización da programación.
A presente programación adecuase á normativa vixente: Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, Decreto
86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de
Galicia no que se refire aos obxectivos xerais do bacharelato, a Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre
configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu
currículo e a súa oferta (DOG do 21 de xullo de 2015) e as directrices emanadas da Comisión de Coordinación Pedagóxica, incorporándose
anualmente as modificacións prospostas no Departamento encamiñadas a mellorala.
E segue o establecido no PEC deste IES no punto referente a Señas de Identidade, no que se desenvolve a Ideoloxía, Lingua, Liña metodolóxica e
a xestión institucional.
As matemáticas proporcionan ferramentas para a creación de modelos no estudo de diferentes fenómenos. En ocasións é posible definir relacións
funcionais entre as magnitudes implicadas, obténdose modelos deterministas, pero moitos fenómenos son tan complexos no seu comportamento e
interveñen neles tantas magnitudes que precisan modelos estocásticos para un mellor estudo. Faise necesario, xa que logo, complementar a
formación científica xeral que o alumnado de bacharelato alcanza a partir doutras materias cunha educación neste pensamento estatístico e
probabilístico.
A materia de Métodos Estatísticos e Numéricos contribúe especialmente ao desenvolvemento da competencia matemática, recoñecida como clave
pola Unión Europea co nome de "competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía". Esta consiste en formular, transformar
e resolver problemas a partir de situacións da vida cotiá, doutras ciencias e das propias matemáticas. Para lograr isto cómpre analizar a situación,
identificar o que é verdadeiramente relevante, establecer relacións, facer a modelización e ser quen de representala e comunicala utilizando
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 4
diferentes linguaxes e rexistros, formular outros problemas, outras preguntas e mesmo atopar outras respostas que aparezan tras a análise, o
traballo, a argumentación e a resolución da situación de partida. É necesario utilizar conceptos, propiedades, procedementos e as linguaxes
axeitadas para expresar as ideas matemáticas, e resolver os problemas asociados coa situación en cuestión. Estas actividades esixen a
argumentación e a análise dos procedementos empregados e as solucións propostas. É dicir, a competencia matemática consiste en adquirir un
hábito de pensamento matemático que permita establecer hipóteses e contrastalas, elaborar estratexias de resolución de problemas e axudar na
toma de decisións adecuadas, tanto na vida persoal como na súa futura vida profesional.
A habilidade de formular, interpretar e resolver problemas, e de modelizar a realidade, poñen en xogo distintas formas de pensamento: o
pensamento converxente, indispensable para estruturar coñecementos de forma lóxica; o pensamento diverxente, que permite incorporar novas
solucións ou asociacións non convencionais ao problema investigado; e os pensamentos abstracto, algorítmico e computacional, vinculados á
capacidade de abordar un problema automatizando o proceso e procurando solucións transferibles ou xeneralizables. Neste proceso están
involucradas todas as competencias: a de comunicación lingüística, ao ler de forma comprensiva os enunciados e comunicar os resultados obtidos;
a de aprender a aprender, ao desenvolver a capacidade de abstraer e simplificar; a de sentido de iniciativa e espírito emprendedor, ao establecer
un plan de traballo en revisión e modificación continua, á medida que se vai resolvendo o problema; a competencia dixital, ao tratar
adecuadamente a información e, de ser o caso, servir de apoio á resolución do problema, a comprobación da solución e a presentación de
resultados; a competencia social e cívica, ao implicar unha actitude aberta ante diferentes enfoques e solucións; e a de conciencia e expresións
culturais, na medida en que o proxecto incorpore elementos culturais ou artísticos con base matemática.
Seguindo as recomendacións da Orde ECD/65/2015, para potenciar a motivación da aprendizaxe destas competencias é desexable unha
metodoloxía activa e contextualizada, baseada nunha aprendizaxe cooperativa, onde cada persoa poida desenvolver distintos papeis, achegando
ou incorporando ideas, asumindo responsabilidades e aceptando erros. Unha metodoloxía baseada na resolución de problemas faise
imprescindible para desenvolver capacidades como a comprensión e o emprego de diferentes linguaxes matemáticas, a análise de datos, a
formulación, a comprobación e a aceptación ou o rexeitamento de hipóteses, o deseño, o emprego e o contraste de estratexias, a toma de
decisións, etc. Ademais, é resolvendo problemas que traten situacións reais onde os conceptos e os métodos estatísticos e numéricos
empregados amosan tanto a súa potencia como a súa relevancia.
Os contidos de estatística e probabilidade seleccionados para estes métodos estatísticos e numéricos apóianse nos estudados na educación
secundaria obrigatoria e nas Matemáticas do bacharelato, ampliándoos nalgúns casos. Así sucede coas series temporais, coa mostraxe e a
estatística inferencial e coa probabilidade condicionada, que ademais proporcionan bases para modelar e resolver unha gama máis ampla de
problemas. Así mesmo, os métodos numéricos proporcionan modos de resolución de problemas, que non poderían abordarse de maneira
simbólica e para cuxa realización se precisan a calculadora ou programas informáticos. O emprego destas ferramentas tecnolóxicas non só libera
tempo de tarefas repetitivas para outras como a reflexión, o razoamento, a toma de decisións e a interpretación dos resultados, etc., senón que é
tamén unha axuda no ensino de conceptos e propiedades.
Os contidos están estruturados en seis bloques: "Mostraxe", "Estatística inferencial", "Probabilidade condicionada", "Series temporais",
"Programación lineal" e "Métodos numéricos". O coñecemento dos contidos que se propoñen e dalgunhas das múltiples aplicacións que a
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 5
estatística ten no mundo biolóxico, físico, económico, histórico, xeográfico, social ou político proporciónalles aos/ás estudantes as bases para
abordar estudos posteriores. Así mesmo, cos coñecementos adquiridos a través desta materia pódense analizar diversas situacións cotiás ou as
informacións que, revestidas dun formalismo estatístico, aparecen nos medios, contribuíndo á formación dos alumnos e das alumnas como
cidadáns e cidadás con autonomía e criterio propio, e achegándoos/as ás técnicas necesarias para alcanzar un coñecemento máis profundo da
complexidade do mundo.
Currículo.
Enténdese por currículo a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas e
etapas educativas.
O currículo está integrado polos obxectivos, as competencias, os contidos, os criteriosde avaliación, os estándares e os resultados de aprendizaxe
avaliables, e pola metodoloxía didáctica.
O bacharelato ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lle
permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para
acceder á educación superior.
O Decreto 86/2015 define os seguintes aspectos xerais do currículo:
a) Obxectivos: referentes relativos aos logros que o alumnado debe alcanzar ao rematar o proceso educativo, como resultado das experiencias de
ensino e aprendizaxe intencionalmente planificadas para tal fin.
b) Competencias: capacidades para aplicar de xeito integrado os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a
realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.
c) Contidos: conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa
educativa, e á adquisición de competencias. Os contidos ordénanse en disciplinas, que se clasifican en materias, ámbitos, áreas e módulos, en
función das ensinanzas, das etapas educativas ou dos programas en que participe o alumnado.
d) Criterios de avaliación: referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado. Describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado
debe lograr, tanto en coñecementos coma en competencias, e responden ao que se pretende conseguir en cada disciplina.
e) Estándares de aprendizaxe avaliables: especificacións dos criterios de avaliación que permiten definir os resultados de aprendizaxe e que
concretan o que o alumnado debe saber, comprender e saber facer en cada disciplina. Deben ser observables, medibles e avaliables, e permitir
graduar o rendemento ou o logro alcanzado. Deben contribuír a facilitar o deseño de probas estandarizadas e comparables.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 6
f) Metodoloxía didáctica: conxunto de estratexias, procedementos e accións organizadas e planificadas polo profesorado, de xeito consciente e
reflexivo, coa finalidade de posibilitar a aprendizaxe do alumnado e o logro dos obxectivos suscitados.
COMPETENCIAS CLAVE.
As competencias clave do currículo son as seguintes:
Comunicación lingüística (CCL).
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).
Competencia dixital (CD).
Aprender a aprender (CAA).
Competencias sociais e cívicas (CSC).
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
Conciencia e expresións culturais (CCEC).
OBXECTIVOS XERAIS DO BACHARELATO. O bacharelato contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan: a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade. b) Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais. c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especialás persoas con discapacidade. d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá. f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras. g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 7
h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social. i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida. l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego. m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico. n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural. ñ) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar condutas e hábitos saudables. o) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria. p) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
CONCRECIÓN PARA CADA ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE DOS OBXECTIVOS, CONTIDOS, TEMPORALIZACIÓN, COMPETENCIAS CLAVE E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA.
Os obxectivos (referenciados aos xerais do Bacharelato), contidos, criterios de avaliación, competencias claves, estándares de aprendizaxe e os valores mínimos para a superación da materia, están integrados e recóllense nas seguintes táboas (ordenadas por nivel) que os integran e relacionan. Tamén aparecen referenciados e interrelacionados os entándares de aprendizaxe cos instrumentos de avaliación, os indicadores de logro (en %) e os criterios de cualificación. A clave utilizada según o nivel educativo son: PE (probas escritas) e T(traballo dentro e/ou fora da aula).
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 8
Claves: PE: Probas escritas. T: Traballo (dentro e/ou fora da aula) Pesos do 1 ao 4.
Métodos Estatísticos e Numéricos. 2º de bacharelato
Obx
ectiv
os
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe
Mín
imo
Com
pete
ncia
s
Cla
ve
Tem
a
Ava
liaci
ón
Instrumentos de avaliación
PESOS
PE
20%
T
80%
Bloque 1. Mostraxe
h
i
l
m
B1.1. Fundamentos probabilísticos. Distribucións de probabilidade.
B1.1. Identificar os fenómenos que poden modelizarse mediante as distribucións de probabilidade binomial e normal, calculando os seus parámetros, asignando a probabilidade aos sucesos correspondentes e tomando decisións ante situacións que se axusten a unha distribución binomial ou normal, por medio da asignación de probabilidades aos sucesos correspondentes.
MENB1.1.1. Distingue fenómenos aleatorios, discretos ou continuos, que poden modelizarse mediante unha distribución binomial ou normal, e manexa con soltura as correspondentes táboas para asignarlles probabilidades aos sucesos, analizándoos e decidindo a opción máis conveniente.
Si. CMCCT 2 1 4 4
i
l
B1.2. Poboación e mostra.
B1.3. Mostraxe: tipos.
B1.4. Parámetros poboacionais e estatísticos dunha mostra.
B1.5. Distribucións dunha mostra.
B1.2. Planificar e realizar estudos concretos partindo da elaboración de enquisas, selección da mostra e estudo estatístico dos datos obtidos acerca de determinadas características da poboación estudada para inferir conclusións, asignándolles unha confianza medible.
MENB1.2.1. Valora a representatividade dunha mostra a partir do seu proceso de selección.
Si. CMCCT
CSIEE
4 2 4 4
MENB1.2.2. Aplica os conceptos relacionados coa mostraxe para obter datos estatísticos dunha poboación e extrae conclusións sobre aspectos determinantes da poboación de partida.
Si. CMCCT 4 2 4 4
a
b
c
d
e
f
g
h
i
l
m
n
ñ
o
p
B1.6. Identificación das fases e tarefas dun estudo estatístico. Elaboración e presentación da información estatística. Análise e descrición de traballos relacionados coa estatística e o azar, interpretando a información e detectando erros e manipulacións.
B1.3. Presentar e describir ordenadamente información estatística utilizando vocabulario e unhas representacións adecuados, e analizar de forma crítica e argumentada informes estatísticos presentes nos medios de comunicación, publicidade e outros ámbitos, prestando especial atención á súa ficha técnica e detectando posibles erros e manipulacións na súa presentación e conclusións e analizando, de forma crítica, informes estatísticos presentes nos medios de comunicación e noutros ámbitos, detectando posibles erros e manipulacións na presentación de determinados datos.
MENB1.3.1. Analiza de forma crítica e argumentada información estatística presente nos medios de comunicación e outros ámbitos da vida cotiá, valorando a incidencia dos medios tecnolóxicos no tratamento e representación gráfica de datos estatísticos que proveñen de diversas fontes.
Si. CCL
CMCCT
CD
CSC
CCEC
4 2 4 4
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 9
Métodos Estatísticos e Numéricos. 2º de bacharelato O
bxec
tivos
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe
Mín
imo
Com
pete
ncia
s
Cla
ve
Tem
a
Ava
liaci
ón
Instrumentos de avaliación
PESOS
PE
20%
T
80%
Bloque 2. Estatística inferencial
i
l
B2.1. Estimación puntual e por intervalos.
B2.2. Decisións estatísticas. Hipóteses estatísticas. Contraste de hipóteses. Cálculo das rexións de aceptación e rexeitamento, e formulación da regra de decisión.
B2.3. Erros de tipo I e II. Nivel de significación. Potencia dun contraste. Relacións entre σ, μ e o tamaño da mostra.
B2.1. Estimar parámetros descoñecidos dunha poboación cunha fiabilidade ou un erro prefixados.
MENB2.1.1. Obtén estimadores puntuais de diversos parámetros poboacionais e os intervalos de confianza de parámetros poboacionais en problemas contextualizados, partindo das distribucións mostrais correspondentes.
Si. CMCCT 4 2 4 4
MENB2.1.2. Leva a cabo un contraste de hipóteses sobre unha poboación, formula as hipóteses nula e alternativa dun contraste, entende os erros de tipo I e de tipo II, e define o nivel de significación e a potencia do contraste.
Si. CMCCT
CAA
5 2 4 4
Bloque 3. Probabilidade condicionada
i
l
B3.1. Experimentos simples e compostos. Probabilidade condicionada. Dependencia e independencia de sucesos.
B3.2. Regra do produto. Regra das probabilidades totais. Regra de Bayes.
B3.1. Asignar probabilidades a sucesos aleatorios en experimentos simples e compostos.
MENB3.1.1. Aplica as regras do produto, as probabilidades totais e a regra de Bayes ao cálculo de probabilidades de sucesos.
Si. CMCCT 2 1 4 4
i
l
B3.3. Cadeas de Markov. Distribucións estacionarias. Cadeas absorbentes.
B3.4. Clasificación, identificación e cálculo das probabilidades dos estados en cadeas de Markov.
B3.2. Modelar situacións contextualizadas dos mundos científico, tecnolóxico, económico e social, utilizando as cadeas de Markov para estudar a súa evolución, asignándolles probabilidades aos diferentes estados.
MENB3.2.1. Identifica fenómenos da vida cotiá que se modelizan mediante cadeas de Markov, distingue os seus estados, represéntaos e calcula as probabilidades correspondentes, utilizando as operacións con matrices ou outros métodos.
Si. CMCCT 3 2 4 4
Bloque 4. Series temporais
i
l
B4.1. Series de tempo: compoñentes.
B4.2. Curva de tendencia. Determinación de curvas de tendencia por diversos métodos como o axuste por mínimos cadrados.
B4.3. Índice estacional. Índices cíclicos. Variación irregular.
B4.1. Analizar e interpretar cuantitativa e cualitativamente series cronolóxicas mediante o estudo das compoñentes que aparecen nelas.
MENB4.1.1. Describe e interpreta, cualitativa e cuantitativamente, os compoñentes das series de tempo que representan distintos fenómenos científicos ou sociais cando veñen dadas por unha táboa ou por unha gráfica, e calcula e utiliza a curva de tendencia e os índices cíclicos e estacionais como modelos matemáticos que permiten realizar predicións.
Si. CCL
CMCCT
8 3 4 4
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 10
Métodos Estatísticos e Numéricos. 2º de bacharelato O
bxec
tivos
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe
Mín
imo
Com
pete
ncia
s
Cla
ve
Tem
a
Ava
liaci
ón
Instrumentos de avaliación
PESOS
PE
20%
T
80%
Bloque 5. Programación lineal
i
l
B5.1. Desigualdades. Inecuacións lineais. Problema estándar de programación lineal. Función obxectivo. Solución factible.
B5.2. Problema dual.
B5.3. Formulación e resolución de problemas de programación lineal con dúas variables por métodos gráficos e interpretación das solucións obtidas.
B5.1. Resolver problemas de optimización extraídos de situacións reais de carácter científico, tecnolóxico, económico e social enunciados na linguaxe natural, traducíndoos á linguaxe alxébrica e utilizando as técnicas de programación lineal, e interpreta as solucións obtidas.
MENB5.1.1. Resolve problemas provenientes de diversos campos, utilizando a linguaxe alxébrica con soltura e a programación lineal con dúas variables para obter a solución, e interpreta os resultados obtidos no contexto do problema formulado.
Si CMCCT
CAA
CSC
1 1 4 4
Bloque 6. Métodos numéricos
i
l
B6.1. Díxitos significativos. Truncamento e arrendondamento. Erro acumulado. Erros absoluto e relativo.
B6.2. Converxencia.
B6.3. Métodos de resolución de ecuacións cunha incógnita.
B6.4. Métodos de resolución de sistemas lineais.
B6.5. Métodos de cálculo de integrais definidas. Cálculo de superficies.
B6.1. Utilizar as técnicas de cálculo numérico na resolución de problemas contextualizados dos campos científico, tecnolóxico ou económico, traducíndoos á linguaxe alxébrica adecuada e estudando as relacións funcionais que interveñen neles.
MENB6.1.1. Analiza os problemas e determina o método de cálculo da solución apropiado a cada caso, empregando números aproximados e acoutando o erro cometido, e contrasta o resultado coa situación de partida.
Si. CMCCT
CSIEE
6 3 4 4
MENB6.1.2. Calcula áreas utilizando métodos numéricos. Si. CMCCT 6 3 4 4
i
l
B6.6. Interpolación polinómica. B6.2. Utilizar táboas e gráficas como instrumento para o estudo de situacións empíricas, axustándoas a unha función, e obter os seus parámetros para adquirir información suplementaria, empregando os métodos de interpolación e extrapolación adecuados.
MENB6.2.1. Axusta os datos obtidos a partir dunha situación empírica a unha función e obtén valores descoñecidos, utilizando técnicas de interpolación e extrapolación.
Si. CMCCT 7 3 4 4
MENB6.2.2. Analiza relacións entre variables que non se axusten a ningunha fórmula alxébrica e amosa destreza no manexo de datos numéricos.
Si. CMCCT 7 3 4 4
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 11
APRENDIZAXES IMPRESCINDIBLES NON ADQUIRIDAS O CURSO ANTERIOR.
A materia non imparida o curso anterior foi a seguinte: T12. Distribucións bidimensionais que non é imprescindible para lograr os obxectivos desta
materia.
SECUENCIA DE CONTIDOS. TEMPORALIZACIÓN.
A relación da secuenciación (contidos) é a seguinte:
Primeira avaliación. T 1. Programación lineal. 7 sesións. Desigualdades. Inecuacións lineais. Problema estándar de programación lineal. Función obxectivo. Solución factible. Formulación e resolución de problemas de programación lineal con dúas variables e interpretación das solucións obtidas. T 2. Probabilidade. 7 sesións. Variable aleatoria. Experimentos simples e compostos. Probabilidade condicionada. Dependencia e independencia de sucesos. Regra do produto. Regradas probabilidades totais. Regra de Bayes. Distribucións de probabilidade: normal. Segunda avaliación. T 3. Cadeas de Markov. 7 sesións. Procesos estocásticos finitos. Cadeas de Markov. Clasificación, identificación e cálculo das probabilidades dos estados en cadeas de Markov. T4. Inferencia estatística I. Mostraxe. Distribución dunha mostra. 7 sesións. Mostraxe: tipos. Parámetros poboacionais e estatísticos dunha mostra. Distribucións dunha mostra. Estimación puntual e por intervalos da media e da proporción. Distribución de medias e proporcións mostrais. Intervalos de confianza para a media e a proporción mostrais. Relacións entre σ, μ e o tamaño da mostra. T 5. Inferencia estatística II: Contraste de hipóteses. 8 sesións. Contraste de hipóteses. Cálculo das rexións de aceptación e rexeitamento, e formulación da regra de decisión. Erros de tipo I e II. Nivel de significación. Potencia dun contraste. Terceira avaliación. T 6. Métodos numéricos. Resolución de ecuacións. 9 sesións. Díxitos significativos. Truncamento e arrendondamento. Erro acumulado. Erros absoluto e relativo. Converxencia. Métodos de separación de raíces: Bolzano e Rolle. Métodos de resolución de ecuacións cunha incógnita (cálculo de raíces): método de iteración, método de bisección, método da corda e de Newton. Métodos de resolución de sistemas lineais: método de iteración. Métodos de cálculo de integrais definidas: Trapecio e Simpson. Cálculo de superficies. Interpolación numérica.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 12
T 7. Interpolación polinómica. 7 sesións. Polinomio de interpolación. Interpolación lineal. Polinomio interpolador de Newton. Polinomio interpolador de Lagrange. Polinomio interpolador de Taylor. T 8. Series temporais. 5 sesións. Análise de series temporais. Compoñentes. Modelos de análise de series. Identificación da tendencia. Curva de tendencia. Determinación de curvas de tendencia: axuste por mínimos cadrados. Índice estacional. Índices cíclicos. Variación irregular.
Observación: probas parciais e recuperacións. 8 sesións. Total: 65.
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. A adquisición dos contidos seran controlados mediante a observación de traballo dentro e/ou fota da aula (T) e as probas escritas (PE), nas que se medirá obxectivamente o grao de adquisición dos contidos a través dos estándares avaliables. Nese sentido, a puntuación de cada pregunta poderá ser gradual según os indicadores de logro citados anteriormente. Nas probas escritas poderán constar: exercicios, problemas e preguntas teóricas. Así poderemos valorar se sabe aplicar as técnicas que lle estamos ensinando en cada momento, que as sabe aplicar na practica e que mellora a súa capacidade de razoamento. Para a cualificación destas probas teranse en conta os seguintes criterios: valorarase positivamente que sepa plantexar un problema aínda que por erro no cálculo non chegue á solución final, a coherencia ordenada e razonada da exposición da resposta, a claridade de exposición, a utilización dunha adecuada terminoloxía e notación matemática e a facilidade e precisión na realización do cálculo. Asemesmo, valorarase negativamente que ao resolver un problema, o alumno/a obteña un resultado absurdo e que non se dea conta (por exemplo ao calcular a idade dunha persoa, obteña un resultado negativo). Tamén se valorará negativamente a ausencia de explicacións nun problema, podendo acadar unha puntuación nula se só aporta a solución numérica dun problema ou cuestión sen ningunha explicación. Valorarase negativamente a ausencia de unidades no resultado dun problema. É obrigatorio escribir con bolígrafo, non se admitirán exames feitos a lapis. O alumnado deberá levar a calculadora cando o profesor ou profesora o indique. No caso de utilizala nos exames, non estará permitido compartila cos compañeiros(as). Non está permitido o uso de calculadoras programables ou gráficas. Tampouco está permitido o uso de reloxs tipo smartwatch ou calquer tipo de mecanismo que facilite a realización dunha proba de forma fraudulenta. O traballo e as probas escritas reliazadas mediante calquer método fraudulento, serán cualificadas con cero puntos. No caso de non poder asistIr a un exame por motivo xustificado, o docente poderá establecer outra data para facelo, ou determinará unha cualificación en función dos datos que ten do alumno. O instrumento de avaliación da proba extraordinaria de setembro é o exame de dita convocatoria.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 13
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.
- A adquisición dos contidos seran controlados mediante as probas escritas (PE), nas que se medirá obxectivamente o grao de adquisición dos contidos a través dos estándares avaliables.
- Nestas probas escritas poderán constar: exercicios e problemas. Así poderemos valorar se sabe aplicar as técnicas que lle estamos ensinando en cada momento, que as sabe aplicar na practica e que mellora a súa capacidade de razoamento. Para a cualificación destas probas teranse en conta os seguintes criterios: valorarase positivamente que sepa plantexar un problema aínda que por erro no cálculo non chegue á solución final, a coherencia ordenada e razonada da exposición da resposta, a claridade de exposición, a utilización dunha adecuada terminoloxía e notación matemática e a facilidade e precisión na realización do cálculo. Asemesmo, valorarase negativamente que ao resolver un problema, o alumno/a obteña un resultado absurdo e que non se dea conta (por exemplo ao calcular a idade dunha persoa, obteña un resultado negativo). Tamén se valorará negativamente a ausencia de explicacións nun problema, podendo acadar unha puntuación nula se só aporta a solución numérica dun problema ou cuestión sen ningunha explicación. Valorarase negativamente a ausencia de unidades no resultado dun problema.
- Valorarase o traballo (T) medianre observación: as actividades que se lle propoñan en clase. - É obrigatorio escribir con bolígrafo, non se admitirán exames feitos a lapis. - O alumnado deberá levar a calculadora cando o profesor ou profesora o indique. No caso de utilizala nos exames, non estará permitido
compartila cos compañeiros(as). Non está permitido o uso de calculadoras programables, gráficas ou que calculen directamente inversas de matrices, resolvan sistemas, realicen cálculos de integrais ou resolvan derivadas. Tampouco está permitido o uso de reloxos tipo smartwatch ou calquer tipo de mecanismo que facilite a realización dunha proba de forma fraudulenta.
- Os traballos e as probas escritas reliazadas mediante calquer método fraudulento, serán cualificadas con cero puntos. - No caso de non poder asistIr a un exame por motivo xustificado, o docente poderá establecer outra data para facelo, ou determinará unha
cualificación en función dos datos que ten do alumno. - O instrumento de avaliación da proba extraordinaria de setembro é o exame de dita convocatoria.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.
A nota de cada avaliación será a suma dos seguintes conceptos: 20% dos exames realizados (PE – Proba ou probas escritas) e o 80 % que corresponderá coas anotacións realizadas polo profesor e nas que terá en conta cuestións ou aspectos como o traballo diario das tarefas encomendadas dentro da aula (T). No caso de facer dúas probas escritas nunha avaliación, entrará na segunda, a materia da primeira. A nota numérica por este concepto (PE), será a media ponderada, sen nota mínima, correspondente ao 40% do primeiro exame e 60% do segundo.
Probas escritas puntuadas sobre 2 puntos. (PE) Observación na aula. (Tarefas realizadas na pizarra e/ou na aula.) (T)
20% 80%
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 14
Rúbrica da puntuación da observación do traballo na aula (T).
A valorar: Puntos
Non traballa, non fai as actividades propostas. 0
Traballa intermitentemente ou fai as actividades sen rematalas ou non traballa modificando a súa actitude despois de
chamarlle a atención.
0´5
Traballa, fai as actividades propostas. 1
A puntuación total correspondente á puntuación de traballo T en cada avaliación, calcularase facendo media aritmética de todas as puntuacións
obtidas da observación.
Un alumno/a aproba unha avaliación se a suma das puntuacións dos dous conceptos (probas escritas e traballo, (PE+T) é maior ou igual a 5. Para
calcular as notas inferiores a 4 ou superiores a 5, aplicarase redondeo. No caso de notas superiores a 4 e inferiores a 5, a cualificación resultante
será 4
Por outra parte, tendo en conta que a puntuación no apartado de traballo diario (T) lógrase presencialmente, a puntuaciín correspondente do
traballo realizado nas datas que o alumnado non asista a clase, será de 0 puntos. Considérase falta de asistencia calquera ausencia do alumno,
excepto as provocadas pola participación do alumnado en actividades organizadas polo centro dentro ou fora do centro, as citas médicas, ingreso
hospitalario ou confinamento domiciliario polo COVID-19, debendo xustificar documentalmente a situación.
Despois de cada avaliación realizarase unha proba de recuperación da avaliación suspensa, excepto na terceira, que coincidirá e realizarase na mesma recuperación final. Un alumno aproba a materia dun curso, se supera todas as avaliacións. No caso de ter avaliacións suspensas, ao final de curso, haberá unha recuperación final por avaliacións (puntuada sobre 10 puntos en cada avaliación a recuperar). A nota da recuperación sustitúe a nota da avaliación suspensa. Os alumnos que desexen subir nota, poderán presentarse ás recuperacióons da primeira ou segunda avaliación e á recuperación final. Os alumnos que teñan que realizar unha recuperación de calquera avaliación ou a recuperación final, farano cunha proba escrita puntuada sobre 10 puntos en cada avaliación a recuperar e usada como único instrumento de avaliación. Neste caso, para aprobar o curso, deberá aprobar ditas recuperacións.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 15
A cualificación final na avaliación ordinaria de xuño, será a media aritmética das notas con dúas cifras decimais acadadas nas tres avaliacións, ou
se é o caso, da correspondente recuperación, aplicando o seguinte criterio: para calcular as notas inferiores a 4 ou superiores a 5, aplicarase
redondeo. No caso de notas superiores a 4 e inferiores a 5, a cualificación resultante será 4.
Os/as alumnos/as que non superasen a materia de Métodos Estatísticos e Numéricos tras a avaliación final ordinaria, disporán de outra
oportunidade no mes de setembro, presentandose a unha proba extraordinaria de recuperación, que incluirá toda a materia dada no curso, na data
que a Dirección do Centro determine.
Os alumnos que desexen subir nota, poderán presentarse ás recuperacióons da primeira ou segunda avaliación e á recuperación final.
Proba extraordinaria.
O único instrumento de avaliación da proba extraordinaria de xuño é o exame de dita convocatoria, que será puntuado sobre 10 puntos.
Un alumno aproba esta proba de setembro se a nota numérica resultante é maior ou igual a 5 sobre 10. Para calcular as notas inferiores a 4 ou
superiores a 5, aplicarase redondeo. No caso de notas superiores a 4 e inferiores a 5, a cualificación resultante será 4.
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS.
As propostas metodolóxicas son as seguintes: Utilizar situacións próximas ao alumnado que posibiliten a identificación e comprensión dos problemas e posteriores solucións. Resolución de problemas en situacións e contextos distintos aos propostos previamente. Uso de materiais e procedementos de resolución variados. Uso das tecnoloxías da información e comunicación, ferramentas de cálculo, simulación, contraste, aproximación e estimación ou calquera outra que favoreza o proceso de abstracción. Valorar distintos camiños de presentación e de resolución de problemas, así como as solucións estéticas e creativas. Fomentar o traballo individual e en equipo promovendo a disertación e a análise rigorosa con fin de conseguir que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento das súas capacidades Propoñer situacións diversas que posibiliten a investigación. Antes de cada unidade farase unha sondaxe previa sobre os coñecementos dos/as alumnos/as respecto dos contidos a tratar e, apoiándose neles, levarase a cabo o desenvolvemento da unidade programada, pretendendo deste xeito que os novos contidos conecten cos xa estudados e
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 16
aprendidos en anos anteriores. Esta sondaxe permitirá tamén o/a profesor/a detectar lagoas e determinar quen vai necesitar algún tipo de axuda. Neste caso, recomendarase a realización dunha serie de actividades de reforzo enfocadas a solucionar esas carencias. O desenvolvemento das unidades didácticas comezará coa exposición de situacións problemáticas a partir das cales, mediante un proceso de xeneralización e abstracción, serán abordados os contidos da aprendizaxe. Despois de introducir un procedemento, este poñerase en práctica ata conseguir un certo automatismo na súa execución. Para isto, formularanse exercicios que contribúan a consolidar a materia explicada, a ser posíbel relacionados con situacións reais. Aínda que a cantidade de actividades que se deben efectuar e o tempo que se lles debe dedicar dependerá da competencia dos/as alumnos/as, evitarase insistir esaxeradamente no emprego de algoritmos que non estean orientados á resolución de problemas, xa que esa aprendizaxe viría a ser rutineira e pouco motivadora. É tamén moi importante fomentar a participación dos/as alumnos/as, posto que quen aprende debe ser o/a principal protagonista no proceso da súa aprendizaxe. Isto pódese conseguir formulándolles preguntas, propoñéndolles actividades en equipo e, especialmente,incitándoos/as a que compartan cos/coas demais as dificultades que lles vaian xurdindo. Polo tanto, propiciarase a reflexión persoal e tamén en grupo sobre o traballo realizado, elaborando conclusións sobre o aprendido. Se no proceso de avaliación continua se advertise que un/unha alumno/a non progresa adecuadamente, adoptaranse medidas de reforzo educativo coa finalidade de que o alumno adquira as aprendizaxes necesarias para continuar no proceso. O desenvolvemento desta metodoloxía debe ter un gran punto de apoio na utilización das ferramentas tecnolóxicas da información e a comunicación, que poderán ser de moita utilidade tanto na introdución das unidades didácticas, como na facilitación de diversos cálculos ou mesmo como métodos de investigacións de diversa índole. A utilización da calculadora, de distintos programas informáticos e mesmo de distintas páxinas web serán de gran utilidade para desenvolver os distintos temas. Esta materia plantéxase nunha dinámica práctica, enfocando o traballo diario a dita tarea salvo as introduccións e explicacións teóricas necesarias para realizala. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS, INCLUIDOS OS LIBROS DE TEXTO. Utilizarase o libro gratuíto en formato pdf “Matemáticas aplicadas a las Ciencias Sociales II Manual práctico para Bachillerato” dos autores José A. Martínez Martínez, Ana Roldán López e Santiago Vidal Martínez. Tamén facilitarase ao alumnado material en formato electrónico a traves da aula virtual do centro. Calculadora recomendada: Casio FX-570SP X. Destacar que no presente curso a utilización das ferramentas tecnolóxicas dentro da área de Matemáticas adquire especial importancia no desenvolvemento da programación, tratando que o seu aproveitamento sexa máximo dentro das posibilidades que as características do centro onde nos atopamos permita.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 17
O profesorado poderá utilizar o ordenador instalado nas aulas e as aulas de informática. A aula virtual utilizarase como plataforma de traballo da materia, dispoñendo o alumnado de todo o material entregado (preferiblemente en formato electrónico). En ocasións o uso do telefono móbil coas aplicacións axeitadas, será tamén moi útil para o desenvolvemento da matéria. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. Non todo o alumnado non está dotado das mesmas capacidades, nin ten a mesma motivación, nin posúe o mesmo ritmo de aprendizaxe. Dentro do complexo que é poder atender ós distintos tipos de alumnado dentro da aula, serviremonos das posibilidades que nos presentan os libros de texto que temos como postos, nos que as actividades foron clasificadas atendendo a criterios didácticos que contemplan especialmente o grao de dificultade e o tipo de utilización que se pode facer con elas. Os profesores do Departamento poderaán recomendar que se realicen unha serie de actividades de reforzo ou ampliación se fora o caso. Ditas actividades poderán ser en formato electrónico. PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES. Ademais dos obxectivos e contidos propios de cada área, existen outros contidos que non son específicos de ningunha área e que deben estar, na medida do posíbel, presentes en todas elas. Estes contidos corresponden a educación en valores:
1. Educación Moral e Cívica 2. Educación para a Paz e a Convivencia 3. Educación para a Igualdade dos dous sexos 4. Educación para a Saúde 5. Educación Ambiental, Educación Sexual 6. Educación do Consumidor 7. Educación Viaria 8. Tratamento e Desenvolvemento da Cultura Propia da Comunidade Galega
A relación existente entre cada área e a educación en valores é heteroxénea, posto que non todas as áreas se implican do mesmo xeito no tratamento dun determinado valor. A responsabilidade das Matemáticas no estudo deste tipo de temas vencéllase fundamentalmente aos procedementos e ás actitudes. Así, é importante a introdución ou presentación feita en cada un dos contidos matemáticos a estudar, ao igual que a alección do enunciado dos problemas e exercicios propostos e das situación s formuladas para aplicar estes contidos. Deste modo contribúese ao coñecemento e á análise cualitativa do tema obxecto de estudo. O consumo é algo cotián na vida dos/as alumnos/as, por isto resulta imprescindíbel tratar a Educación para Consumidor dende está área. É evidente que non só coas Matemáticas se pode ser bo consumidor pero, sen elas tampouco. Actividades sobre porcentaxes, estimación e tipos de medida, interpretación de gráficas de fondo social ou económico, axudan a concienciar aos/ás alumnos/as respecto deste temas.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 18
Os contidos relativos a valores, normas e actitudes adoitan ter un claro compoñente moral, neste sentido, o rigor, a orde, a precisión, etc., na elaboración e presentación de tarefas, a perseveranza e a participación democrática na buscade solucións, a exploración sistemática de alternativas ou a flexibilidade para modificar o propio punto de vista en función dos resultados obtidos, son actitudes que contribúen a unha sólida Educación Moral e Cívica.
Son moitas e variadas as situacións que se presentaran no desenvolvemento diario da clase para abordar outros distintos temas. Evitaranse os comportamentos e os contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero,
Por exemplo, distintos agrupamentos de alumnos/as na execución dunha determinada tarefa favorecen unha correcta Educación para a Igualdade dos dous Sexos, tamén permitindo afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e potenciando o sentido crítico. A realización de exercicios ou traballos estatísticos sobre temas relacionados coa protección do medio ambiente, sobre hábitos de saúde, etc., son actividades que, á vez permiten valorar procedementos puramente matemáticos (recollida de datos, reconto de frecuencias, construción de táboas, trazado de diagramas, etc.), contribúen a que os alumnos/as adopten actitudes positivas cara a una educación integral.
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR. Para cumprir co disposto no Anexo V do Decreto que regula a ESO, o Departamento de Matemáticas do IES Frei Martín Sarmiento levará a cabo
distintas actividades que fomenten nos alumnos/as actitudes favorables cara ó habito da lectura e ó mesmo tempo traten de consolidalo.
Este Departamento participa na consecución dos obxectivos previstos no proxecto Lector do instituto, buscando acadar as competencias
enunciadas no Decreto 133/2007, fomentando o hábito de lectura no alumnado recomendando nos diferentes cursos distintas lecturas
relacionadas coa aprendizaxe das matemáticas, integrando a lectura na dinámica da clase e promovendo o uso da biblioteca do instituto como
centro de recursos ao servizo do alumnado, utilizando os libros como consulta e resolución dos problemas propostos coa materia explicada na aula
ou como ampliación dos coñecementos adquiridos.
Estas actividades terán un caracter continuo ó longo de todo o curso co que se pretenderá que a lectura resulte un elemento imprescindíbel na
clase de Matemáticas. A relación alumno/a-lectura dentro e fora da aula é unha necesidade tanto para a aprendizaxe como para a formación de
persoas autónomas.
Para fomentar esta labor o profesor/a indicará ó inicio de cada tema unha lectura relacionada coa materia a estudar nas próximas sesións, tratando
que sexan o máis amenas posibles, cun vocabulario axeitado ós alumnos/as do grupo e que esperte neles curiosidades e ganas de aprender. Os
textos elixidos convertéranse nun recurso para unha ensinanza activa e participativa que afiance dun xeito máis lúdico os conceptos a tratar dentro
da programación.
O libro de texto presenta ó comezo de cada tema lecturas que relacionan o que se vai estudar con distintos e interesantes episodios da historia
das Matemáticas, outras amosan curiosidades e tamén nalgunhas aparecen reflectidas situacións da vida cotiá onde as Matemáticas son a axuda
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 19
necesaria para resolvelas. Ditas lecturas poderán ser cambiadas polo profesor/a cando este considere que outras distintas poidan espertar máis
reflexión, curiosidade e motivación por parte do alumnado.
Durante o desenvolvemento dos temas adicarase tempo a lectura de enunciados de problemas e cuestións coa que se tratará de mellorar a
comprensión lectora. Procurarase elixir enunciados atraentes, que aborden situacións da vida cotiá e onde non aparezan propostas puramente
Matemáticas, procurando deste xeito resulten próximos ós alumnos/as.
Por outra banda intentarase que as actividades relacionadas coa lectura teñan un carácter progresivo dedicando sempre un tempo mínimo na
clase pero tratando de implicar ós alumnos/as en novas lecturas relacionadas coa área pero fora da aula. Para elo presentaranse na clase libros
que poidan crear no alumnado un acercamento as Matemáticas, véndoas desde un punto de vista máis lúdico que incite neles unha actitude
investigadora e que estimule e poña a proba a súa capacidade de comprensión lectora.
Obxectivos do Proxecto Lector do centro:
- Animar a lectura desde a área de Matemáticas.
- Coñecer parte da historia das Matemáticas e os seus protagonistas.
- Traballar as Matemáticas en contextos diferentes ós habituais.
- Mellorar as actitudes dos alumnos cara as Matemáticas facéndolles descubrir a “maxia” que hai nelas.
- Impulsar a actitude investigadora dos alumnos/as.
- Mellorar a comprensión lectora coa utilización de diversas estratexias.
- Realizar actividades que poñan en contacto as Matemáticas coa sociedade.
Lecturas recomendadas e que temos no Departamento, para ceder ao alumnado:
- HISTORIA DE LAS MATEMÁTICAS JoséLuisCardavilla Fernández Informativo
- EL DIABLO DE LOS NÚMEROS HansMagnusEnzensberger Novela
- ¡ALUCINA CON LAS MATES Johny Ball Libro informativo
- A VUELTAS CON LOS NÚMEROS José Mª Chamoso y W. B. Rawson Libro informativo
- UN CUENTO ENMARAÑADO LewisCarrol Novela
- UNA HISTORIA DE LAS MATEMÁTICAS PARA JÓVENES Ricardo Moreno Castillo y otros.
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DAS TIC’S.
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) forman parte da cultura tecnolóxica que nos rodea e coa nos toca convivir amplían as nosas capacidades mentais, e as posibilidades de desenvolvemento social.
O profesorado do Departamento poderá utilizar ou recomendar o uso de software ou App´s de aplicación docente especialmente matemática.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 20
O profesorado do Departamento que o estime conveniente, pode facer uso das ferramentas coas que conta o Centro: material do plan Abalar, aulas de informática e os ordenadores existentes na aulaterminal da intranet existente en cada aula. Tamén poderá utilizar a aula virtual como ferramenta de traballo, utilizandoa incluso como instrumento de avaliación dentro do apartado correspondente a probas escritas.
En 1º e 2º da ESO, participamos no plan E-Dixgal, o cal supón unha aprendizace dixital activa mediante o uso de ordenadores.. ACCIONS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA.
Departamento de Matemáticas contribuirá ao seu cumprimento da seguinte forma:
- Controlará as faltas de asistencia e de puntualidade. - Nos exames, o alumnado permanecerá na aula todo o tempo de duración dos exames. - Prohíbese nas aulas o uso de aparatos electrónicos que impidan o normal desenvolvemento das clases. - Evitaranse as agresións físicas ou morais e promoverase a igualdade entre alumnos e alumnas. - Prohíbese comer, beber ou mascar chicles nas aulas. - Para, na medida do posible, evitar roubos, o profesorado pechará as aulas cando remate a clase antes dos períodos de lecer ou cando non
haxa máis clases. - O profesorado iniciará os procesos de resolución dos casos de conduta contrarios á convivencia. - Son moitas e variadas as situacións que se presentaran no desenvolvemento diario da clase para abordar outros distintos temas. Por
exemplo, distintos agrupamentos de alumnos/as na execución dunha determinada tarefa favorecen unha correcta Educación para a
Igualdade dos dous Sexos, a realización de traballos estatísticos sobre temas relacionados coa protección do medio ambiente, sobre
hábitos de saúde, etc., son actividades que, á vez permiten valorar procedementos puramente matemáticos (recollida de datos, reconto de
frecuencias, construción de táboas, trazado de diagramas, etc.), contribúen a que os alumnos/as adopten actitudes positivas cara a una
educación integral.
AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
O número de actividades a realizar ven condicionado pola densidade do programa nestes grupos, non obstante estan previstas unhas xornadas de
orientación, que teñen por finalidade o mostrar ao alumnado a oferta educativa coa que se van topar ao remate desta etapa.
Está previsto realizar o II Concurso de Fotografía Matemática.
INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE. Cuestionario para a autoavaliación da práctica docente.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 21
O cuestionario constitue unha estratexia para desenvolver o proceso de autoevaluación, no que analízanse cuestións como a organización da aula,
atención á diversidade, planificación do traballo docente, distribuación de tempos, actividades de aula e avaliación dos alumnos.
1 2 3 4
Explícanse os obxectivos e habilidades a acadar en cada unidade.
Ao principio de curso, pásase una proba inicial para coñecer os coñecementos
previos e a diversidade da clase.
Deseñánse ou utilízanse distintos tipos de actividades para acadar cada un dos
obxectivos.
Empréganse metodoloxías diferenciadas atendento á necesidade dos alumnos.
Cómprobase que os alumnos comprenderon as explicacións da fase expositiva.
Cómprobase que os alumnos comprenderon as tarefas pendentes.
Facilítanse estratexias de aprendizaxe.
Propóñense actividades para favorecer a aprendizaxe autónoma.
Compróbase o traballo dos alumnos.
Distribúese o tempo adecuadamente diferenciando o adicado a exposición do
restante para que os alumnos realicen actividades ou exercicios.
Organízanse diferentes actividades para atender á diversidade.
Algunhas actividades propostas están relacionadas con problemas da vida real.
Empréganse recursos variados para acadar os obxectivos.
Baixo demanda ou por iniciativa propia, facilítanse pautas para que os alumnos
podan traballar a materia.
Infórmase aos alumnos dos criterios de cualificación.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 22
Infórmase aos alumnos da puntuación de cada pregunta nas probas escritas.
Séguese á programación á hora de dar a clase.
Revísase á programación coa finalidade de axustala e mellorala.
Trabállase coordinadamente cos profesores de Matemáticas que imparten o
mesmo nivel.
Pónse en práctica as decisións tomadas no Departamento.
TOTAL
Máximo: 80
Análise do grao de cumprimento coa programación.
Na memoria final de curso, constará un estudo detallado por grupo no que figurarán ás unidades previstas, as impartidas, a porcentaxe e as
causas de desviación según a seguinte táboa. Calcularase o resultado total dos temas impartidos en relacion aos previstos que medirá o grao de
consecución dos obxectivos marcados na programación.
GRUPO /
NIVEL MATERIA/ÁREA/MÓDULO
PROGRAMACIÓN IMPARTIDA 1CAUSAS DESVIACIÓN
Unidades
Previstas
Unidades
Impartidas %
TOTAL
(1)Posibles causas polas que non se impartiron as unidades previstas na Programación:
1. Imposición programática inaxeitada á idade.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 23
2. Exceso de materia programada.
3. Sometemento ao libro de texto.
4. Apatía do alumnado.
5. Alteración frecuente do clima de clase.
6. Dificultades no espazo.
7. Ratio alta.
8. Deficiente preparación previa do alumnado.
9. Falta de tempo.
10. Absentismo dos alumnos.
Na memoria final de curso, constará un estudo detallado por grupo no que figurarán os % de aprobados así coma as posibles causas que afecten
negativamente aos citados resultados
RESULTADOS ACADÉMICOS
NIVEL ASIGNATURA / MÓDULO
% Aprobados
1º Avaliación
% Aprobados
2º Avaliación
% Aprobados Avaliación Ordinaria
% Aprobados Avaliación Extraordinaria
Sobre presentados
Curso e grupo
POSIBLES CAUSAS QUE AFECTARON NEGATIVAMENTE AOS RESULTADOS ACADÉMICOS
(Valorar de 1 a 5)
DIURNO
Disciplina dos alumnos
Actitude dos alumnos
Nivel curricular baixo
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 24
O absentismo do alumnado
Estratexias de aprendizaxe
Dificultade dos contidos
Falta de material didáctico
Deficiencias nos espazos
A coordinación entre profesores
Os horarios da materia
Influenza da familia
OUTROS
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 25
PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN. Farase un seguimento da programación e ao remate do curso poderemos ter unha visión global da efectividade da programación e procederase a
axustala convenientemente para o seguinte curso, no caso de que sexa conveniente. Para proceder a esta avaliación teranse en conta os factores
que afecten medindo os segintes items:
Grao de cumprimento das programacións (en %):
Precisión da temporalización :
Excesiva Axeitada Insuficiente
Alcanzáronse os obxectivos planteados inicialmente na programación?
Si Non Parcialmente
A metodoloxía e as técnicas docentes empregadas, foron as correctas?
Si Non Ás veces
Dentro dos recursos didácticos e actividades desenvolvidas polo departamento cales foron os mellores:
Actividades de aula
Actividades de reforzo
Actividades extraescolares
Prácticas fóra do centro
Recursos didácticos clásicos
Recursos informáticos
Outros
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 26
CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO. Ao comezo do curso, cada un dos profesores do Departamento explicará aos seus alumnos como vai a ser a planificación do curso, con respecto
ás probas escritas a realizar, cales son os contidos, os obxectivos a acadar, os criterios de cualificación e os procedementos e instrumentos de
avaliación. Indicandolles ademáis que unha copia da programación estará a súa disposición no Departamento para consulta, na páxina web do
Instituto ou na aula virtual e na Xefatura de Estudios.
O profesorado de cada grupo remitirá ó seu alumnado, un correo electrónico un documento no que constarán os contidos da materia e os criterios
de cualificación.
ANEXO. TRANSICIÓN AO ENSINO NON PRESENCIAL.
Tendo en conta unha posible transición ao ensino non presencial, se esta fose necesaria, e nas
1. Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en relación ás medidas
educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se
imparten as ensinanzas da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato
2. na ORDE do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a
Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos
públicos na Comunidade Autónoma de Galicia publicada no DOG do 17/9/20
esta programación base (deseñana para a modalidade presencial) será modificada nos seguintes supostos e nos apartados que figuran a
continuación, manténdose o resto.
A. No caso de ensino semipresencial rotatorio.
Excepcionalmente, no caso de organizar o ensino de bacharelato en réxime semipresencial como recolle a orde do 16 de setembro
anteriormente citada, neste caso será de aplicación o todo contemplado na programación ordinaria réxime presencial das diferentes materias que
se imparten no bacharelato. Engádese o seguinte:
Metodoloxía. Nesta modalidade de ensino requírese unha adaptación do ritmo de clase para que todo o alumnado reciba as
mesmas explicacións da materia nos distintos grupos rotatorios, de xeito que cando estean presentes reciban as
mesmas explicacións derivando a maior parte do traballo práctico persoal para a quenda non presencial.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 27
B. No caso de ensino non presencial.
B. 1. No caso de confinamento dun alumno/a nun período curto, alumnos dunha aula ou dunha aula completa.
A programación didáctica da materia será a programación ordinaria pensada para o ensino presencial coas seguintes
consideracións/modificacións:
Criterios de cualificación. Serán os mesmos que no ensino presencial, tendo en conta que o alumnado realizará as probas escritas unha vez
se incorpore á clase presencial, unha vez rematado o confinamento, excepto se por causas sanitarias relativas ao
COVID-19 non fora posible, as probas escritas realizaríanse on-line.
Metodoloxía. Engádese o seguinte:
1. Coidar e fomentar a comunicación, estimulando a continuidade no traballo do alumnado. 2. Utilizar un modelo de traballo guiado e sinxelo. 3. Propoñer exercicios baseados naqueles aspectos que sexan fundamentais na materia a traballar. 4. Atender ao alumnado nas súas dúbidas respecto ao desenvolvemento da materia. 5. Facer un seguimento individualizado do alumnado. O alumnado pode realizar consultas sobre a materia ou
calquera asunto relacionado no que precise axuda, mediante correo electrónico ou calquera medio facilitado para esa finalidade, como poden ser os foros dos cursos da aula virtual do centro.
B. 2. No caso de confinamento xeral.
A programación didáctica da materia será a programación ordinaria pensada para o ensino presencial coas seguintes
consideracións/modificacións:
Criterios de cualificación. As probas escritas realizaríanse on line.
A valoración correspondente ao traballo:
Métodos Estatísticos e numéricos. O 80% correspondente a Tarefas realizadas na pizarra e/ou na aula T
valolarase mediante tarefas e/ou exercicios on line puntuados de 0 a 10.
En todos os cursos, a nota correspondente ás tarefas /exercicios on line obterase calculando a media aritmética de
todas as puntuacións. Deberán entregarse nos prazos indicados en cada momento, puntuándose con 0 puntos as
non entregadas ou entregadas fora de prazo.
-
I.E.S. Frei Martín Sarmiento. Métodos Estatísticos e Numéricos. 2020/21. 2º BACH - Páxina 28
Metodoloxía. Engádese o seguinte:
1. Coidar e fomentar a comunicación, estimulando a continuidade no traballo do alumnado. 2. Utilizar un modelo de traballo guiado e sinxelo. 3. Propoñer exercicios baseados naqueles aspectos que sexan fundamentais na materia a traballar. 4. Atender ao alumnado nas súas dúbidas respecto ao desenvolvemento da materia. 5. Facer un seguimento individualizado do alumnado. O alumnado pode realizar consultas sobre a materia ou
calquera asunto relacionado no que precise axuda, mediante correo electrónico ou calquera medio facilitado para esa finalidade, como poden ser os foros dos cursos da aula virtual do centro.
Contidos esenciais. Serán os coincidentes cos contidos mínimos da programación didáctica presencial de cada materia.
SINATURAS.
Alberto López Liñares Tattiana García Santiago Nerea Vilela Barreira Eva Cota Muñiz
Flavio Piñeiro Sarille - X. D. José Otero Bargos Enrique Farré Rey