PLAN DE REACTIVACIÓN ASISTENCIAL NO
ÁMBITO HOSPITALARIO EN RELACIÓN
COA INFECCIÓN POLO VIRUS SARS-CoV-2
1
Subdirección xeral de Atención Hospitalaria
Dirección xeral de Asistencia Sanitaria
Para a elaboración deste documento constituíse un grupo de traballo cos seguintes integrantes:
• Arantón Areosa, Luis. Director de Procesos de Enfermaría. Área Sanitaria de Ferrol.
• Crespo Casal, Manuel. Facultativo especialista en Medicina Interna. Xefe do servizode Medicina Interna. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Área Sanitaria deVigo.
• Do Casar Bertolo, Luis. Facultativo especialista en Psiquiatría. Xefe do servizo dePsiquiatría. Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Área Sanitaria Ourense,Verín e o Barco de Valdeorras.
• Farjas Abadía, Pilar. Médica especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública.
• Fernández Villar, José Alberto. Facultativo especialista en Pneumoloxía. Xefe doServizo de Pneumoloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Área Sanitariade Vigo.
• Flores Arias, José. Médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. DirectorAsistencial da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
• García García, Manuel. Facultativo especialista en Cirurxía Xeneral e do AparelloDixestivo. Xefe do Servizo de Cirurxía. Complexo Hospitalario Universitario deOurense. Área Sanitaria Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras.
• Hervada Vidal, Xurxo. Subdirector xeral de Información sobre Saúde Pública eEpidemioloxía. Dirección Xeral de Saúde Pública.
• Malfeito Jiménez, Rocío. Facultativa especialista en Xeriatría. Complexo HospitalarioUniversitario de Lugo. Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
• Martinón Sánchez, José María. Médico especialista en Pediatría. Presidente doConsello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia.
• Míguez Rey, Enrique. Facultativo especialista en Medicina Interna. Xefe da unidade deEnfermidades Infecciosas-VIH. Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.Área Sanitaria da Coruña e Cee.
• Pereira Rodríguez, M.ª José. Facultativa especialista en Medicina Preventiva e SaúdePública. Xefa do servizo de Medicina Preventiva. Complexo Hospitalario Universitariode A Coruña. Área Sanitaria da Coruña e Cee.
• Rascado Sedes, Pedro. Facultativo Especialista en Medicina Intensiva. ComplexoHospitalario Universitario de Santiago. Área Sanitaria de Santiago e Barbanza.
2
• Regueiro García, Benito. Facultativo especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía.Xefe do servizo de Microbioloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. ÁreaSanitaria de Vigo.
• Rodríguez Alonso, Andrés. Facultativo especialista en Uroloxía. Xefe do servizo deUroloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Área Sanitaria de Ferrol.
• Rodríguez Pascual, Carlos. Facultativo especialista en Xeriatría. Xefe do servizo deXeriatría. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Área Sanitaria de Vigo.
• Turnes Vázquez, Juan. Facultativo especialista en AparelloDixestivo. Xefe do servizode Aparello Dixestivo. Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. ÁreaSanitaria de Pontevedra e Salnés. Membro do Consello Asesor do Sistema Público deSaúde de Galicia.
• Varela Durán, Marina. Facultativo especialista en Anestesioloxía e Reanimación. Xefade sección do servizo de Anestesioloxía e Reanimación. Complexo HospitalarioUniversitario de Pontevedra. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Vázquez Lima, Manuel José. Coordinador de Urxencias Hospitalarias. ComplexoHospitalario Universitario de Pontevedra. Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
• Vázquez Estévez, Sergio. Facultativo especialista en Oncoloxía. Xefe do servizo deOncoloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Lugo. Área Sanitaria de Lugo, AMariña e Monforte de Lemos.
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
• Bravo Ricoy, José Antonio. Médico especialista en Medicina Preventiva e SaúdePública. Técnico da Subdirección xeral de Asistencia Hospitalaria.
• Hurtado Taboada, Rosa. Xefa do servizo de Calidade Asistencial da subdirecciónxeral de Atención Hospitalaria.
• Otero Barrós, María. Médica especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública.Técnica da Subdirección xeral de Asistencia Hospitalaria.
• Peleteiro Pensado, Luisa Fernanda. Médica especialista en Psiquiatría. Técnica doservizo de Saúde Mental. Subdirección xeral de Atención Primaria.
• Tajes Alonso, María. Xefa do servizo de Saúde Mental. Subdirección xeral deAtención Primaria.
• Durán Parrondo, Carmen. Subdirectora xeral. Dirección xeral de Asistencia Sanitaria.
Este documento foi consensuado na Comisión Clínica para a Xestión da crise sanitaria do
COVID-19.
Santiago de Compostela 15 de maio de 2020
3
Índice
1. Introdución………………………………………………………………………….. 5
2. Obxectivos………………………………………………………………………….. 7
3. Marco teórico………………………………………………………………………. 7
4. Marco de actuación…..……………………………………………………………. 8
4.1. Criterios epidemiolóxicos…………………………………………………. 9
4.2. Criterios asistenciais……………………………………………………… 10
5. Liñas de actuación………………………………………………………………… 11
5.1. Vixilancia da infección polo SARS-CoV-2 …………………………….. 11
5.2. Prevención da infección polo SARS-CoV-2……………………………. 12
5.3. Control da infección polo SARS-CoV-2………………………………… 16
6. Reactivación asistencial…………………………………….…………………….. 17
6.1. Medidas xerais da reactivación asistencial hospitalaria……….……… 17
7. Etapas da reactivación asistencial hospitalaria………..……………………….. 20
7.1. Etapa I…………………………………………………………….………... 21
7.2. Etapa II…………….…………………………………………….…………. 36
7.3. Etapa III…………………………………………………………..………… 44
7.4. Etapa IV……………………………………….……………………………. 49
7.5. Táboas das etapas da reactivación asistencial hospitalaria…………. 52
Bibliografía…………………………………………………………………………….. 75
Anexo I: Enquisa clínico-epidemiolóxica COVID-19……………………………… 78
4
1. Introdución
A COVID- 19 é unha infección respiratoria emerxente causada polo SARS-
CoV-2 (severe acute respiratory syndrome coronavirus 2), un coronavirus que
se detectou por primeira vez en decembro de 2019 na cidade de Wuhan,
China. Este abrocho inicial en Wuhan propagouse rapidamente, afectando
outras áreas de China e posteriormente a outros países o que levou á
Organización Mundial da Saúde (OMS) a declarar a pandemia mundial o día 11
de marzo.
En España, o primeiro caso de COVID-19 foi detectado a finais do mes de
xaneiro e dende entón, o número de contaxios aumentou de maneira
progresiva e a gran velocidade o que deu orixe a unha crise sanitaria sen
precedentes que requiriu a adopción de medidas excepcionais co obxectivo de
protexer a saúde e a seguridade da cidadanía, conter o progreso da
enfermidade e mitigar o impacto sanitario. Con esta finalidade, o pasado 14 de
marzo procedeuse á declaración do Estado de Alarma en España que
posteriormente, prorrogouse en tres ocasións (na actualidade está oficialmente
prorrogado ata o 9 de maio).
Un día antes da declaración do Estado de Alarma, o Acordo do Consello da
Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020, declaraba a situación de emerxencia
sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia o que obrigou a
adoptar unha serie de medidas transitorias dirixidas a garantir ao mesmo
tempo, a seguridade dos profesionais sanitarios e dos pacientes mantendo en
todo momento, o correcto equilibrio no exercicio de dereitos e obrigas da
cidadanía galega.
Por outra banda e co fin de facer fronte á epidemia do novo coronavirus e dar a
mellor resposta a unha situación tan dinámica, foi necesario levar a cabo un
5
proceso continuo de adaptación e reorganización do sistema sanitario no que
respecta a súa actividade e recursos materiais e humanos.
Neste senso, o Servizo Galego de Saúde deseñou un plan de continxencia
integral no que se reflicten as medidas dirixidas a garantir o mantemento da
atención urxente, a reforzar a capacidade asistencial, de diagnóstico e de
recursos para a asistencia dos pacientes COVID-19 e a asegurar a protección
dos profesionais.
Dende o inicio da epidemia ata o 20 de abril, notificáronse máis de 2 millóns de
casos de COVID-19 en todo o mundo (160.000 falecementos) dos que
204.178 corresponden a España (con 21.282 falecementos). Durante este
período de tempo tanto España coma Galicia transitaron polos escenarios de
contención e mitigación da pandemia e na actualidade, a tendencia decrecente
no número de novos casos é compatible co inicio da etapa de desaceleración,
última etapa da fase pandémica.
Durante esta etapa é necesario planificar a adecuada suspensión progresiva
das medidas establecidas no Plan de Continxencia da COVID-19, que se ben,
se mostraron efectivas á hora de garantir a capacidade do sistema sanitario
para facer fronte á demanda asistencial, ocasionan un importante impacto no
conxunto da actividade hospitalaria, debido fundamentalmente ao cese da
actividade asistencial programada.
O contexto epidemiolóxico, sanitario e de saúde pública actual permite o inicio
deste proceso de normalización da asistencia hospitalaria ou reactivación, que
debe ser avaliado de maneira continua para comprobar a súa efectividade e
acompañarse da introdución doutras medidas específicas que se deberán
manter máis alá da fase pandémica.
6
2. Obxectivos
• Definir o marco de actuación para a toma de decisións durante o
proceso de normalización da asistencia hospitalaria.
• Determinar as liñas de actuación de vixilancia, prevención e control para
este proceso de reactivación.
• Establecer as medidas a adoitar nas diferentes etapas do proceso de
reactivación na atención hospitalaria.
3. Marco teórico
Na dinámica de propagación das enfermidades infecciosas dentro dunha
poboación existen catro factores determinantes:
• A existencia dun número determinado de individuos susceptibles que, no
caso da infección polo SARS-CoV-2, ao non existir inmunidade previa
fronte ao virus nin vacina posible, implicaba á totalidade da poboación.
• A existencia de poboación infectada con capacidade de contaxiar cuxa
estimación real presenta dificultades debido en parte á capacidade
limitada de realizar probas diagnósticas, á heteroxeneidade da vixilancia
epidemiolóxica e á existencia de casos leves e/ou asintomáticos que non
se detectan.
• O patrón de contactos que se dan entre os individuos dunha sociedade e
a propia estrutura da poboación.
7
• A probabilidade de que se produza un contacto efectivo entre un
individuo infeccioso e un susceptible.
As principais medidas de intervención nas fases de contención e mitigación da
pandemia focalizáronse nestes dous últimos factores, é dicir, a diminuír o
número de contactos diarios (confinamento da poboación e outras medidas de
distanciamento social) e a probabilidade de contacto efectivo (emprego de
equipos de protección individual e máscaras cirúrxicas).
Aínda que estas intervencións de Saúde Pública non conseguiron erradicar a
epidemia de COVID-19, constitúen unha ferramenta fundamental para atrasar a
propagación do virus e así dispoñer de tempo para poñer en marcha as
medidas necesarias para garantir a capacidade do sistema sanitario para facer
fronte á demanda asistencial e outras que melloren a capacidade de controlar a
epidemia (dispoñibilidade de vacina ou de tratamento efectivo).
Co obxectivo de establecer un marco técnico que permita a reactivación da
actividade asistencial e a reavaliación destas medidas, así como introducir
outras intervencións específicas para esta fase de normalización,
categorizáronse 3 liñas de actuación (vixilancia, prevención e control) no
ámbito da asistencia hospitalaria.
4. Marco de actuación
Na toma de decisións ante riscos non coñecidos aplícase o principio de
precaución, como supuxo establecer unha serie de medidas transitorias
dirixidas a protexer aos profesionais, reforzar a seguridade dos pacientes
fráxiles ou máis vulnerables e garantir unha adecuada asistencia dos pacientes
COVID-19. Na actualidade disponse de información cada vez máis sólida
8
acerca da incidencia da enfermidade, os requerimentos asistenciais e a
dinámica de transmisión do virus, o que permite a transición a un novo
escenario.
Dado que a reactivación da asistencia hospitalaria debe ser un proceso seguro,
gradual e de carácter dinámico é preciso elaborar unha resposta adaptativa,
tendo en conta os seguintes criterios e parámetros:
4.1. Criterios epidemiolóxicos
Para iniciar a reactivación da actividade asistencial hospitalaria é necesario
valorar a existencia dunha diminución sostida do número de casos confirmados
de infección polo SARS-CoV-2 na poboación xeral (excluindo residencias de
anciáns, sociosanitarios e profesionais sanitarios) a través da incidencia
acumulada nos tres días previos ao inicio da mesma (incidencia ≤ 3 casos
novos de COVID-19 por 100.000 habitantes/día).
Por outra banda, no proceso de avaliación continua das medidas establecidas
nesta etapa é recomendable ter en conta outros indicadores para valorar a
necesidade de interromper o proceso de reactivación ou incluso a posibilidade
de retroceder no mesmo:
• Diminución do tempo de duplicación de casos (<5 días).
• Incremento sostido do número de casos confirmados (>10% durante 3
días consecutivos).
• Incremento de casos confirmados entre os profesionais sanitarios
(>10%).
9
4.2. Criterios asistenciais
En relación ao sistema sanitario débense cumprir os criteiros:
• A atención a pacientes COVID-19 nos servizos de urxenciashospitalarias supón <50% da actividade asistencial destes servizos.
• Taxa de hospitalización de pacientes COVID-19 <30% da ocupacióntotal.
• A ocupación das camas nas unidades de coidados intensivos (UCI) porpacientes COVID-19 é <50%.
Durante esta etapa de normalización, é imprescindible a avaliación continua do
estado do sistema sanitario atendendo aos criterios descritos anteriormente.
Así mesmo, é preciso ter en conta os seguintes parámetros relativos á
demanda asistencial e á capacidade dos servizos sanitarios para xestionar un
posible incremento das mesmas:
• Valorar a capacidade estrutural e de recursos humanos en activo para a
atención de pacientes COVID-19 nos servizos de urxencias hospitalarias
así como na hospitalización convencional e nas Unidades de Coidados
Intensivos/Reanimación. Neste senso, é necesario dispor de protocolos
organizativos que garantan o acollemento e illamento de novos casos
sospeitosos ou confirmados de infección polo SARS-CoV-2.
• Garantir a atención hospitalaria habitual ante un eventual incremento de
casos COVID-19.
• Valorar a capacidade de recursos materiais (equipos de protección
individual, máscaras cirúrxicas, test diagnósticos) para facer fronte a un
posible aumento de pacientes COVID-19.
10
• Avaliar a proporción de pacientes hospitalizados COVID-19 (en
hospitalización convencional e nas unidades de coidados críticos (UCC)
fronte ao total de hospitalizados.
O contexto actual da situación de emerxencia sanitaria cumpre as condicións
epidemiolóxicas adecuadas para a normalización e reanudación da actividade
asistencial nos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde. Esta
reanudación deberá realizarse de maneira progresiva en función da evolución
dos contaxios, a capacidade asistencial e a aparición de abrochos a nivel local.
Baixo esta premisa estableceranse diferentes etapas para normalización da
asistencia hospitalaria.
5. Liñas de actuación
As medidas a levar a cabo na reactivación abarcan os ámbitos sanitario,
sociosanitario e socioeconómico. Neste documento descríbense as liñas de
actuación específicas para o ámbito sanitario, en concreto para a asistencia
hospitalaria, no tocante á vixilancia, prevención e control da infección polo
SARS-CoV-2.
5.1. Vixilancia da infección polo SARS-CoV-2
Para deter a transmisión hospitalaria e evitar a aparición de novos abrochos, é
necesaria unha labor de vixilancia e monitorización continuas, tanto para a
detección precoz de novos casos de COVID-19 e dos seus contactos, como
para o seguimento dos mesmos.
Para elo, realizaranse as seguintes actividades:
11
• Detección precoz en traballadores: ante a aparición de sintomatoloxía
compatible con infección por SARS-CoV-2, indicaráselle illamento
preventivo domiciliario e realizaráselle unha PCR. No casos en que ésta
fora negativa realizaráselle un estudo serolóxico.
• Detección precoz nos pacientes non-COVID ingresados: naqueles
pacientes que inicien sintomatoloxía compatible con COVID-19
(descartada outra etioloxía), indicarase illamento e realizarase unha
PCR.
5.2. Prevención da infección polo SARS-CoV-2
A estratexia desta liña de actuación baséase na aplicación de medidas dirixidas
a protexer aos profesionais do ámbito sanitario, aos pacientes ingresados e
resto de persoas que transiten polo hospital, reducindo a probabilidade de
contacto cos casos COVID-19.
Os eixos principais da estratexia serían a información e formación dos
profesionais, a información da poboación, a aplicación de medidas de
protección persoal e a adaptación da organización asistencial á situación
epidemiolóxica existente.
5.2.1. Formación e información
Un dos pilares da prevención da infección é a adecuada información e
formación dos profesionais. Así, faise necesario garantir a comunicación
adecuada e continua da información actualizada sobre as características da
enfermidade (mecanismo de transmisión, sintomatoxía, etc.), medidas de
prevención da transmisión da infección polo SARS-CoV-2 e protocolos de
12
actuación. Esta información será complementada con actividades formativas
que incidan nas medidas de protección baseadas na transmisión por gotas e
contacto, facendo fincapé na hixiene de mans.
Ademais, aqueles profesionais hospitalarios susceptibles de atender a casos
posibles ou confirmados de COVID-19 recibirán formación específica e
adecuada ás exposicións de risco que podan xurdir na súa práctica asistencial,
prestando especial atención á correcta utilización dos equipos de protección
individual (EPI).
No que respecta aos cidadáns, informarase das medidas de prevención da
infección polo SARS-CoV-2 mediante o emprego de infografías e carteis
situados en lugares clave do centro hospitalario (entrada principal do hospital e
do servizo de urxencias, salas de espera, lugares de tránsito, etc.). Incidirase
na importancia da hixiene de mans e respiratoria así como no mantemento das
medidas de distanciamento interpersoal. Non obstante, e para diminuir o risco
de transmisión da infección polo SARS-CoV-2 por contacto indirecto, deberán
eliminarse das salas de espera, controis de enfermaría e zonas comúns do
centro hospitalario folletos, xornais, revistas, trípticos, etc.
5.2.2. Medidas de protección persoal
Con respecto ás medidas de protección persoal, deberán manterse e
reforzarse en todos os ámbitos de traballo as seguintes medidas de
precaución:
• Hixiene de mans: lavado frecuente e meticuloso das mans, con auga e
xabón ou con solucións/xeles hidroalcohólicos.
13
• Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca para evitar a transmisión a través
das mans.
• Hixiene respiratoria – Etiqueta respiratoria:
◦ Usar panos desbotables ao tusir ou esbirrar e desbotalos nunha
papeleira tras o seu uso. De non dispoñer de panos desbotables,
cubrir a boca e o nariz coa flexura do cóbado.
◦ Despois de tocar secrecións respiratorias (esbirrar, tusir, uso de
panos) e/ou obxectos que poideran estar contaminados, deberase
realizar hixiene de mans.
• Utilizar os equipos de protección individual (EPI) de maneira adecuada e
proporcional ao risco fronte ao que debe ofrecer protección segundo a
actividade a realizar. Deberase favorecer o emprego de máscara
cirúrxica por parte dos profesionais (con obrigatoriedade nos espazos
comúns se non se pode garantir a distancia de seguridade de 2 metros).
5.2.3. Medidas organizativas
En relación ás medidas organizativas deberanse manter ou establecer aquelas
que diminúen o risco de infección polo SARS-CoV-2, adaptándoas ao
escenario epidemiolóxico existente en cada momento.
A estratexia de prevención nos centros hospitalarios contemplará as seguintes
medidas, que se desenvolverán en todos os servizos e implicarán á Fundación
Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 :
14
• Establecemento en todos os servizos de urxencias hospitalarias dun
circuíto específico e independente de triaxe, atención e illamento
diferenciados para pacientes con patoloxía suxestiva de infección polo
SARS-CoV-2.
• Posta en marcha, de acordo coa Fundación Pública Urxencias Sanitarias
de Galicia-061, dos mecanismos necesarios para garantir a recepción
segura dos pacientes nos servizos de urxencias hospitalarias,
respectando os circuítos de pacientes con patoloxía suxestiva de
infección polo SARS-CoV-2 e dos pacientes con patoloxías tempo-
dependentes. Ademais deberase garantir a seguridade dos profesionais
tanto na transferencia dos pacientes como na recuperación da
operatividade posterior.
• Establecemento de áreas específicas para a atención de pacientes
COVID-19 en hospitalización convencional, unidades de coidados
críticos e quirófanos. Tamén definiranse circuítos de tránsito específicos
para estes pacientes nos centros hospitalarios (circuítos para traslado a
quirófano, radioloxía, planta de hospitalización, etc.).
• No que respecta ás consultas externas e probas diagnósticas
ambulatorias, reorganizarase a atención co obxectivo de evitar as
aglomeracións de persoas nas salas de espera e para garantir o
mantemento da distancia de seguridade.
• Desenvolverase ademais un protocolo que contemple a entrega de
máscaras cirúrxicas aos pacientes con síntomas suxestivos de COVID-
19, asegurando a súa correcta utilización, que garanta a dispoñibilidade
de solución hidroalcohólica nos puntos estratéxicos de atención e que
15
estableza o réxime de limpeza e desinfección de todas as áreas
hospitalarias.
• Tamén considérase necesario manter unha política de visitas e
acompañamento de pacientes restritiva.
5.3. Control da infección polo SARS-CoV-2
Esta liña estratéxica recolle o conxunto de intervencións que tratan de evitar
que as persoas infectadas diseminen a enfermidade no ámbito hospitalario e
extrahospitalario. Para elo, débese incidir tanto nas medidas de detección
precoz de casos e do seu illamento, como no seguimento dos pacientes
diagnosticados da COVID-19.
Pola súa banda, a realización de probas microbiolóxicas para a despistaxe do
SARS-CoV-2 nos profesionais sanitarios e non sanitarios pode contribuír a
incrementar o coñecemento sobre a circulación do virus nesta poboación así
como ao control da enfermidade.
Dentro das intervencións para o control da infección polo SARS-CoV-2
pódense destacar:
• Establecemento precoz das medidas de illamento dos casos
confirmados e con sospeita de infección polo SARS-CoV-2 e estudo dos
seus contactos hospitalarios, tanto traballadores como pacientes e
acompañantes.
• Desenvolvemento dunha estratexia de detección precoz de casos
mediante a despistaxe de síntomas suxestivos de COVID-19 entre os
pacientes hospitalizados e os traballadores.
16
• Control e seguimento dos pacientes diagnosticados de COVID-19 tras a
alta hospitalaria mediante o servizo de teleasistencia domiciliaria
(TELEA) ou consultas telefónicas.
• Garantir a elaboración, difusión e cumprimento dos protocolos de control
da infección por SARS-CoV-2 nos distintos servizos hospitalarios
(limpeza e desinfección de lugares de traballo e superficies, protocolos
de illamento e seguimento de casos, etc.).
6. Reactivación asistencial
De forma xeral a reactivación asistencial será gradual, dinámica e reversible, e
deberá permitir a normalización e recuperación da actividade asistencial nos
centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde, sen incrementar o risco de
aparición dunha nova onda epidémica.
Esta normalización deberá realizarse de maneira progresiva en función da
evolución dos contaxios, a capacidade asistencial e a aparición de abrochos a
nivel local.
Por outra banda, as medidas que se establezan deben de responder ao
coñecemento da enfermidade e á evidencia científica xa dispoñible, e serán
adoptadas polos centros hospitalarios en función das súas características,
capacidade asistencial e organización interna.
6.1. Medidas xerais da reactivación asistencial hospitalaria
Neste apartado detállanse as medidas que de forma xeral, deben contemplarse
na reactivación asistencial hospitalaria, se ben adaptaranse as características e
17
idiosincrasia de cada centro e servizo hospitalario.
En primeiro lugar, garantirase a implantación e cumprimento de todas as
medidas e intervencións que faciliten a vixilancia, control e prevención da
infección polo SARS-CoV-2 e que poden resumirse en:
• Protocolización da detección precoz da COVID-19 en pacientes e
profesionais así como das medidas de illamento.
• Implantación e desenvolvemento dun programa informativo e formativo
dirixido aos profesionais hospitalarios que incida na utilización adecuada
dos equipos de protección individual e na hixiene de mans e respiratoria.
• Establecemento das instrucións precisas que eviten a incorporación dos
profesionais con febre ou clínica respiratoria aguda ao seu posto de
traballo ata que se valore a súa situación.
• Protocolización da utilización das máscaras polos profesionais: emprego
de máscara cirúrxica (con obrigatoriedade nos espazos comúns se non
se pode garantir a distancia de seguridade de 2 metros), máscaras
FFP2/ N95 ou superior naquelas situacións de risco para as que está
recomendado o seu uso, como por exemplo a posibilidade de produción
de aerosois.
• Garantir a dispoñibilidade de solución hidroalcohólica en puntos
estratéxicos dos hospitais (entrada/saída, zonas de maior tránsito de
persoas, zonas de especial risco, habitacións de hospitalización, etc.).
• Planificación das medidas de limpeza e desinfección segundo as
recomendacións do servizo de Medicina Preventiva.
18
No que respecta á organización asistencial:
• Estableceranse áreas específicas e circuítos diferenciados para
pacientes COVID-19 nos distintos servizos hospitalarios, tendo en conta
as zonas de tránsito.
• Manteranse activos os equipos COVID-19 na primeira etapa da
reactivación, contando coa colaboración dos mesmos en etapas
posteriores para a correcta xestión dos posibles brotes e ingresos de
pacientes afectos da COVID-19. Por outra banda, potenciarase nos
centros a investigación e coñecemento da enfermidade, facilitándose as
actividades formativas ao respecto.
• A recuperación paulatina da actividade desenvolverase nun contexto de
xestión que incida no mantemento das consultas non presenciais
(telefónica ou telemonitorización a través de TELEA) e a e-consulta. A
este respecto, as axendas deberán incluir as diferentes prestacións
referentes as actividades tanto presenciais como non presenciais
(consulta telefónica, TELEA, resposta e-consulta, etc.).
• Desenvolverase un sistema de xestión de citas na actividade presencial
que evite as aglomeracións nas salas de espera e que permita a citación
dos pacientes con maior vulnerabilidade en tramos horarios específicos.
Ademais, minimizaranse os desprazamentos dos pacientes aos centros
hospitalarios para a realización de trámites administrativos (solicitude
telemática de probas radiolóxicas e de laboratorio).
19
Na política de visitas/acompañamento no centro hospitalario seguiranse
as seguintes directrices:
• Permitirase unha única visita por paciente na primeira etapa,
flexibilizando a mesma en etapas posteriores.
• As persoas que visiten ou acompañen aos pacientes terán a
obrigatoriedade de portar máscara.
• Recoméndase que o acompañante sexa menor de 70 anos.
• Os familiares/acompañantes non deben acudir ao centro sanitario se
presentan síntomas de infección respiratoria.
• Manteranse as medidas de distanciamento social (mínimo 2 metros).
• Realizarase hixiene de mans á entrada e saída das unidades de
hospitalización.
• Darase prioridade á información telefónica e considerar a posibilidade de
habilitar a realización de videochamadas.
7. Etapas da reactivación asistencial hospitalaria
A reactivación asistencial na atención hospitalaria constará de catro etapas, de
15 días de duración cada unha, que se desenvolverán en función do contexto
epidemiolóxico e da capacidade asistencial do centro hospitalario. Ademais
avaliarase de maneira continua cada unha das etapas da reactivación co fin de
constatar a necesidade de interromper este proceso de normalización ou
incluso a necesidade de retroceder o mesmo.
20
7.1. Etapa I (do 4 ao 18 de maio)
O plan para a normalización e recuperación da asistencia hospitalaria nesta
primeira etapa, seguirá as seguintes recomendacións que deberán adaptarse
ás características de cada centro hospitalario:
7.1.1. Medidas xerais
• Continuarase a potenciar a consulta non presencial e o seguimiento dos
pacientes a través da teleasistencia domiciliaria (TELEA), consulta
telefónica, etc.)
• Iniciarase o novo modelo de xestión da citación para a actividade
presencial, que permita evitar as aglomeracións de persoas nas salas de
espera e dependencias hospitalarias e a citación dos pacientes con
maior vulnerabilidad en tramos horarios específicos.
• Manteranse as medidas oportunas que garanten a hixiene de mans e o
mantemento da distancia interpersonal de seguridade (marcar os
asentos das salas de espera que non deben ser ocupados, empregar
cintas adhesivas para evitar a aproximación aos mostradores de
atención, etc.).
• Seguirase a utilizar a infografía referente as medidas de prevención da
infección como ferramenta de difusión da información, si ben non se
utilizarán tripticos, folletos, etc.
• Ademais da formación específica sobre a infección polo SARS-CoV-2 e
as medidas de prevención de riscos laborais, reiniciaranse as sesións
clínicas e a actividade das comisións clínicas sempre que se asegure o
21
cumprimento da distancia de seguridade interpersoal e das medidas de
protección dos profesionais. Potenciarase a realización destas
actividades a través de medios telemáticos.
• Intensificarase a comunicación con atención primaria para
potenciar/manter as vías rápidas de cancro como ferramenta do
diagnóstico destas enfermidades.
• En relación aos pacientes, lembraráselles no momento da citación, a
necesidade de acudir sós ou acompañados por una única persoa
naquelas situacións que así o requiran (menores de idade, persoas
dependentes), manter a distancia de seguridade interpersoal, realizar
hixiene de mans e portar máscara (proporcionaráselle unha de non
levala ou ser inadecuada). Así mesmo, requeriráselles puntualidade para
acudir á cita na hora programada co fin de manter o fluxo regular nas
instalacións e evitar o exceso de ocupación.
• Empregarase a canle de comunicación existente entre a Administración
sanitaria e a cidadanía a través de mensaxes SMS e/ou correo
electrónico para informar ao paciente, no momento do recordatorio da
cita, dos síntomas suxestivos de infección por SARS-CoV-2 e do
procemento a seguir no caso de presentalos ou no caso de convivir
cunha persoa con sospeita ou confirmación de COVID-19 (contacto co
médico de familia, teléfono específico para a xestión da COVID-19, etc.).
• No que respecta á política de visitas de pacientes COVID-19, nesta
primeira etapa iniciarase unha flexibilización moi limitada na política de
visitas, especialmente nas unidades de coidados críticos, que garanta a
seguridade dos pacientes, familiares e persoal do centro hospitalario.
Ademais, sempre que sexa posible, permitirase o acompañamento ao
22
final da vida empregando o equipo de protección adecuado.
• Manteranse e reforzaranse os programas de seguridade do paciente e
de seguridade nos coidados (programas Zero, programa Úlceras fóra,
prevención de caídas, código sepse, etc.).
7.1.2. Medidas específicas para a Fundación Pública Urxencias Sanitarias
de Galicia-061 e os Servizos de Urxencias hospitalarias
• Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
━ Manterase a consideración de paciente sospeitoso de COVID-19 en
todas aquelas situacións clínicas compatibles e utilizaranse os
equipos de protección individual adecuados a cada situación.
━ A asistencia e traslado dos pacientes COVID-19 realizarase co
número mínimo de intervencións e profesionais necesarios para a
adecuada atención.
━ Os pacientes serán trasladados con máscara cirúrxica e permitirase
un acompañante en situacións especiais que así o requiran (menores
de idade, grandes dependentes, etc.).
━ Empregaranse os circuítos de acceso e saída dos servizos de
urxencias hospitalarios para pacientes COVID-19.
• Servizos de Urxencias hospitalarias
━ Manteranse os circuítos de atención e de illamento diferenciados e a
triaxe específica para pacientes con patoloxía respiratoria aguda.
23
━ Empregaranse os circuítos específicos para o traslado de pacientes
COVID-19 aos servizos de radioloxía e plantas de hospitalización.
━ O paciente permanecerá illado e, en consecuencia, non poderá estar
acompañado por familiares durante a súa estancia no servizo. De ser
imprescindible a súa visita ou acompañamento, o familiar deberá
cumprir as medidas de protección.
━ Seguiranse as recomendacións establecidas nos seguintes
documentos: “Pacientes con sospeita de infección por COVID-19.
Atención urxente hospitalaria” e “Recomendacións para os servizos
de urxencias hospitalarias polo COVID-19: circuíto de illamento
(https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Atención-urxente-
hospitalaria).
━ Na reordenación dos servizos de Urxencias valorarase a capacidade
estrutural e de recursos humanos en activo.
7.1.3. Medidas específicas para a hospitalización convencional
• Manteranse os equipos COVID para a súa activación inmediata no caso
de aparición de novos abrochos.
• Manteranse as áreas especificas e os circuítos de desprazamento
intrahospitalario para a realización de probas diagnósticas e
intervencións cirúrxicas diferenciados para pacientes COVID-19 e non
COVID-19.
• As visitas médicas na planta de hospitalización realizaranse por un
grupo reducido de profesionais.
24
• Reordenaranse progresivamente os servizos que se unificaron dende o
punto de vista asistencial e funcional.
• Valorarase a capacidade estrutural e de recursos humanos en activo
(reordenación de quendas, mobilización de persoal, etc).
• Utilizaranse as ferramentas electrónicas (TELEA) e a coordinación con
hospitalización a domicilio (HADO) para axilizar as altas.
• Continuarase coa despitaxe de síntomas COVID-19 e contactarase co
equipo COVID do centro hospitalario e/ou co servizo de Medicina
Preventiva no caso de sospeita de infección polo SARS-CoV-2.
• Permitirase un único acompañante por paciente, incidindo no
mantemento da distancia de seguridade, na obrigatoriedade de levar
máscara e na necesidade de realizar hixiene de mans.
7.1.4. Medidas específicas para a hospitalización na Unidade de Coidados
Intensivos/Reanimación (UCI/REA)
• Reordenaranse de maneira progresiva os distintos espazos que foron
habilitados para uso como unidade de coidados críticos.
• Manteranse espazos diferenciados e separados nas unidades de
coidados críticos para a atención de pacientes COVID-19 (priorizando as
habitacións pechadas para o ingreso destes pacientes).
• Na reordenación valorarase a capacidade estrutural e de recursos
humanos en activo.
25
• Manterase a formación sobre a utilización dos equipos de protección
individual (EPI) incidindo nas secuencias de colocación e retirada. Neste
sentido, é recomendable a supervisión dun observador adestrado e a
utilización dun check-list de colocación e retirada.
• Iniciarase unha flexibilización moi limitada na política de visitas que
garanta a seguridade dos pacientes, familiares e persoal do centro
hospitalario. Ademais, sempre que sexa posible, permitirase o
acompañamento ao final da vida empregando o equipo de protección
adecuado.
7.1.5. Medidas específicas para o hospital de día xeral
• De ser posible, estableceranse circuitos diferenciados para a atención
de pacientes con sospeita de COVID-19. De non ser así, atenderase aos
pacientes como se fosen COVID-19.
• Aqueles pacientes nos que os síntomas da súa patoloxía de base non
permitan descartar infección polo SARS-CoV-2, deberán ser atendidos
como casos COVID-19.
• Recuperarase paulatinamente o horario e a actividade do hospital de
día, priorizando aos pacientes en base a criterios clínicos.
• Para a citación dos pacientes terase en conta o tipo de procedemento
clínico e terapéutico co fin de adecuar as instalacións (padiolas, cadeiras
con brazos, etc) ás necesidades do paciente.
• Establecerase un sistema de citación con discriminación horaria co fin
de favorecer a citación das persoas con maior vulnerabilidade en tramos
26
horarios específicos.
• Incrementarase a separación entre os postos do hospital de día co fin de
garantir o mantemento das medidas de distanciamento social entre os
pacientes (mínimo 2 metros). De non poder garantirse esta separación,
colocaranse mamparas protectoras.
• Os pacientes poderán estar acompañados na área de tratamento só nas
situacións especiais que así o requiran (menores de idade, persoas
dependentes, etc.). Os acompañantes terán a obriga de acudir con
máscara.
• Disporase na sala de espera do hospital de día de dispensadores de
base alcohólica para favorecer a hixiene de mans.
• No hospital de día entregarase unha máscara cirúrxica a todos os
pacientes, instruíndo aos mesmos na súa correcta utilización.
7.1.6. Medidas específicas para o hospital de día Oncohematolóxico
• Citaranse aos pacientes por tramos horarios segundo a duración do
tratamento (longos, curtos, orais). A primeira hora citaranse os
tratamentos longos e á última os orais.
• Contemplarase o establecemento de consultas en horario de mañá e
tarde para evitar aglomeracións nas salas de espera.
• Xestionarase, na medida do posible, un sistema non presencial para
informar aos pacientes da dispoñibilidade do seu tratamento
27
quimioterápico (por exemplo, aviso a través de SMS) co obxectivo de
evitar a presencia dun número elevado de persoas na sala de espera.
• Os pacientes poderán estar acompañados na área de tratamento só nas
situacións especiais que así o requiran (menores de idade, persoas
dependentes, etc.). Os acompañantes terán a obriga de acudir con
máscara.
• Disporase na sala de espera do hospital de día de dispensadores de
base alcohólica para favorecer a hixiene de mans.
• No hospital de día entregarase unha máscara cirúrxica a todos os
pacientes, instruíndo aos mesmos na súa correcta utilización.
• Incrementarase a separación, no posible, dos postos do hospital de día
Oncohematolóxico, para garantir a distancia de seguridade (mínimo 2
metros). De non poder garantirse esta separación, colocaranse
mamparas protectoras.
7.1.7. Medidas específicas para a área de consultas externas
• No inicio das consultas presenciais priorizarase aos pacientes
oncolóxicos (vías rápidas contempladas no decreto de garantía de
tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias) e consultas
urxentes doutras patoloxías.
• Potenciaranse as consultas de acto único (nun só acto/consulta
realizarase a proba diagnóstica, darase o resultado da mesma e
establecerase o plan terapéutico pertinente).
28
• Manterase e potenciarase a actividade non presencial (as axendas
deberán incluir as diferentes prestacións referentes as actividades tanto
presenciais como non presenciais):
- E-consulta: primeiras consultas, consultas entre servizos do hospital,
e valoración das consultas preferentes.
- Consulta telefónica: estableceranse circuítos para as consultas de
resultados de probas diagnósticas e consultas de revisións.
- Iniciaranse programas de teleasistencia domiciliaria (TELEA) para
pacientes con patoloxías susceptibles de seguimento hospitalario.
• Xestionaranse as citas e os tempos das consultas presenciais e
contemplarase o establecemento de consultas en horario de mañá e
tarde para evitar aglomeracións nas salas de espera.
• Establecerase un sistema de citación con discriminación horaria co fin
de favorecer a citación das persoas con maior vulnerabilidade en tramos
horarios específicos.
• Manteranse as restricións en relación ás medidas de acompañamento,
recomendando ao paciente acudir só ou cun único acompañante nos
casos estritamente necesarios.
• Xestionarase a solicitude de novas citas por canle interna ao servizo de
Admisión, preferiblemente mediante a utilización do xestor de peticións
(XPE). Este servizo comunicará ao paciente a data da nova cita por vía
telefónica ou SMS, indicándolle as recomendacións a seguir (levar
máscara, acudir só, manter a distancia de seguridade, realizar a
adecuada hixiene de mans) e o procedemento establecido no caso de
29
aparición de síntomas suxestivos de infección polo SARS-CoV-2.
• Manterase a entrega a domicilio de medicamentos que se facilitan no
ámbito hospitalario.
• Desenvolveranse as ferramentas adecuadas para minimizar os
desprazamentos dos pacientes aos centros hospitalarios para
realización de trámites administrativos.
• Establecerase un procedemento de limpeza e desinfección para as
consultas externas.
7.1.8. Medidas específicas para a realización de probas
• Manterase a realización das probas de carácter urxente.
• Darase prioridade as probas para patoloxías incluídas no decreto de
garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias.
• Protocolizaranse os procedementos invasivos con risco de xeración de
aerosois ou de contacto con fluidos potencialmente contaminados.
• Xestionaranse as citas e os tempos das consultas e contemplarase a
realización de probas en horario de mañá e tarde para evitar
aglomeracións nas salas de espera.
• Establecerase un sistema de citación con discriminación horaria co fin
de favorecer a citación das persoas con maior vulnerabilidade en tramos
horarios específicos.
• Protocolizarase a comunicación telefónica de resultados polo médico
30
responsable do paciente.
• Establecerase un procedemento de limpeza e desinfección para as salas
de radioloxía.
7.1.9. Medidas específicas para a área cirúrxica
Cada área sanitaria adaptará a organización dos seus centros hospitalarios
para a diferenciación de circuítos e áreas COVID-19, non COVID-19 e
preCOVID-19. Ademais avaliará a posibilidade da especialización dos centros
en función da súa estrutura hospitalaria e organización funcional, co fin de
minimizar os riscos de transmisión nosocomial e exposición profesional, e
optimizar o rendemento cirúrxico.
Cada centro elaborará o seu propio plan de reactivación da actividade cirúrxica
seguindo os criterios xerais descritos a continuación:
• Estableceranse áreas específicas de atención a pacientes COVID-19
tanto na planta de hospitalización cirúrxica como nos quirófanos, con
circuítos diferenciados.
• Manterase a actividade cirúrxica urxente e de patoloxías cuxa demora
poida comprometer a viabilidade dun órgano ou a situación clínica do
paciente.
• Incrementarase a programación cirúrxica de forma paulatina para as
prioridades 1 e patoloxías incluídas no decreto de garantía de tempos
máximos de acceso ás prestacións sanitarias en función da demora
existente.
31
• Protocolizarase a despitaxe da infección polo SARS-CoV-2 no
preoperatorio mediante a realización dunha enquisa telefónica clínico-
epidemiolóxica (anexo I) e a vixilancia dos síntomas suxestivos da
COVID-19 tras a intervención.
• Minimizarase, na medida en que sexa posible, o número de profesionais
para a realización da intervención cirúrxica.
• Formarase aos equipos cirúrxicos no uso adecuado dos equipos de
protección individual (EPI) incidindo nas secuencias de colocación e
retirada. Neste sentido, é recomendable a supervisión dun observador
adestrado e a utilización dun check-list de colocación e retirada.
• Se fose posible, estableceranse sistemas telemáticos para comunicarse
cos familiares tras a cirurxía, evitando que esperen en salas comúns. De
non ser así, habilitaranse espazos para informar que permitan adoptar
as medidas de seguridade establecidas.
7.1.10. Medidas específicas para os servizos de Psiquiatría
• Unidades de Rehabilitación Psiquiátrica Hospitalaria
- Reordenaranse de maneira progresiva os distintos espazos que foron
previamente habilitados para o seu uso como zonas de
hospitalización convencional.
- Aos pacientes que ingresen nestas unidades procedentes doutras
áreas de hospitalización, realizaráselles unha despistaxe da infección
polo SARS-CoV-2 a través dunha enquisa clínica e probas
microbiolóxicas (PCR negativa nas últimas 72 horas antes do
32
ingreso).
- Incrementarase a frecuencia coa que se mantén a comunicación
telefónica do paciente e equipo asistencial cos familiares/titores, e
farase de xeito diario no caso de que existan modificacións no
estado de saúde dos pacientes.
- O desenvolvemento de actividades grupais poderase levar a cabo só
coa garantía de que se executen coa axeitada distancia de
seguridade.
- Promoverase o uso de ferramentas de telecomunicación para
favorecer o contacto dos doentes cos seus familiares.
- Permitirase a realización de paseos e actividades ao aire libre
supervisados, en pequenos grupos e dentro das instalacións do
centro hospitalario.
- No que respecta as visitas, permitirase unha visita á semana pola
persoa de referencia con cita previa. Estas visitas realizaranse nas
seguintes condicións:
▪ Elaborarase unha listaxe de persoas de referencia para cada
paciente que deben estar exentas de síntomas compatibles coa
COVID-19 para poder realizar a visita (enquisa clínico-
epidemiolóxica).
▪ Verificarase que realizan unha hixiene de mans adecuada e
facilitaráselles unha máscara.
▪ Organizaranse quendas de visitas con cita previa.
33
▪ Analizarase a dispoñibilidade de espazos e capacidade para
establecer un número máximo de persoas de forma simultánea.
• Hospital de día psiquiatría
- Recuperación progresiva da actividade presencial no hospital de día,
garantindo que se poda manter unha distancia mínima de seguridade
interpersoal de 2 metros.
- Na realización de actividades grupais dividirase aos pacientes en
grupos pequenos. Procurarase que os integrantes dun grupo sexan
atendidos nos distintos días por un mesmo profesional. Con tal
finalidade flexibilizaranse os horarios de atención.
- Evitarase o uso compartido de materiais (periódicos, libros, material
de terapia ocupacional) e eliminaranse aparellos de uso común (por
exemplo: xarras). Suspenderase o uso de máquinas de vending e
similar.
• Unidades de hospitalización psiquiátrica (pacientes agudos)
- Manterase e fomentarase o desenvolvemento dos programas de
hospitalización a domicilio.
- Manterase a terapia electroconvulsiva en situacións urxentes.
- Permitirase, de ser posible, unha única visita por paciente, incidindo
no mantemento da distancia de seguridade e na hixiene de mans.
- Adaptaranse as quendas de comidas para garantir o mantemento da
distancia de seguridade interpersoal (mínimo 2 metros).
34
- Valorarase diariamente o estado de saúde física dos pacientes
mediante a aplicación de cuestionarios de identificación de síntomas
suxestivos de COVID-19.
- No caso de que un paciente fose diagnosticado da COVID-19,
trasladarase a unidade COVID do centro hospitalario, garantindo un
seguimento intensivo polo servizo de Psiquiatría e adaptando o
entorno de xeito que se minimicen os riscos de autolesións.
• Unidades de saúde mental
- Potenciarase a consulta non presencial e de acto único.
- Non se desenvolverán intervencións terapéuticas de carácter grupal.
- Serán de atención prioritaria presencial as persoas que presenten
risco de suicidio, altas hospitalarias, trastorno mental grave e
situacións traumáticas derivadas da COVID-19.
- Permitirase un acompañante por doente, sempre e cando non
presente síntomas suxestivos de COVID-19, especialmente no caso
de pacientes con discapacidade intelectual, trastornos de
neurodesenvolvemento, persoas con déficits cognitivos e menores de
idade. Procurarase que o acompañante sexa menor de 70 anos .
- No que respecta aos programas sociosanitarios e unidades de
psicoxeriatría, potenciarase a consulta non presencial e a
telemonitorización a través de TELEA.
- Manterase o programa de atención psicolóxica aos profesionais.
35
- Promoverase o establecemento de programas de enlace destinados
as persoas con vivencias traumáticas e procesos de dó relacionados
co COVID 19.
- Nas unidades de saúde mental infantoxuvenil, eliminaranse os
xoguetes nas consultas e espazos comúns.
7.2. Etapa II (do 19 maio ao 2 xuño)
7.2.1. Medidas xerais
• Manterase a consulta non presencial, o seguimiento dos pacientes a
través da teleasistencia domiciliaria (TELEA) e o modelo de xestión da
citación para a actividade presencial que evite aglomeracións nas salas
de espera.
• Nesta etapa seguirase promovendo as medidas dirixidas a prevención
da infección polo SARS-CoV-2 como a hixiene de mans e respiratoria e
o mantemento da distancia interpersoal de seguridade.
• No que respecta á política de visitas, iniciarase a política xeral de visitas
do centro hospitalario para pacientes non COVID-19.
7.2.2. Medidas específicas para a Fundación Pública Urxencias Sanitarias
de Galicia-061 e os servizos de Urxencias hospitalarias
• Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
- Manteranse as medidas establecidas na etapa I (número mínimo de
36
intervencións e profesionais necesarios para a adecuada atención,
traslado do paciente con máscara cirúrxica, empregar os circuítos de
aceso e saída dos servizos de urxencias hospitalarios para pacientes
COVID-19, etc.).
- Incorporaranse os sanitarios en período de formación (MIR e EIR) ás
asistencias e traslados en ambulancias dos pacientes en escenarios
fóra do hospital.
• Servizos de Urxencias hospitalarias
- Manteranse os circuítos de atención, illamento e de mobilidade
diferenciados e o de triaxe especifica para os pacientes con patoloxía
suxestiva da COVID-19.
• Incorporaranse os sanitarios en período de formación (MIR e EIR) á
actividade asistencial coa supervisión adecuada.
• Iniciarase unha campaña proactiva en colaboración co 061 para a
detección dos pacientes con patoloxías tempo-dependentes (ictus,
infarto agudo de miocardio e sepse).
7.2.3. Medidas específicas para a hospitalización convencional
• Completarase a reordenación dos servizos que se unificaron dende o
punto de vista asistencial e funcional.
• Reiniciarase o réxime de visitas habitual do centro hospitalario,
garantindo as medidas de distanciamento interpersoal e incidindo na
hixiene de mans. No caso de pacientes COVID-19 limitaranse as visitas
37
a situacións excepcionais (unha única visita, utilización do EPI adecuado
e hixiene de mans).
• Manteranse o resto de medidas descritas na etapa I, especialmente as
referidas á detección de novos casos.
7.2.4. Medidas específicas para a hospitalización na Unidade de Coidados
Intensivos/Reanimación (UCI/REA)
• Completarase a reordenación dos distintos espazos que foron
habilitados para funcionar como unidades de coidados críticos. Na
medida do posible manteranse a funcionalidade das áreas de expansión
ante a posibilidade de aparición de abrochos.
• Manteranse espazos diferenciados e separados nas unidades de
coidados críticos para a atención de pacientes COVID-19.
• Iniciarase a política habitual de visitas nas unidades de coidados críticos.
No caso de pacientes COVID-19, permitirase a visita dunha persoa
durante unha hora ao día, garantindo o cumprimento das medidas de
seguridade (utilización do EPI, distancia interpersoal de seguridade e
hixiene de mans).
7.2.5. Medidas específicas para o hospital de día xeral
• Manteranse as medidas establecidas na etapa I (adecuación das
instalacións ás necesidades do paciente, garantir o distanciamento
social).
38
• Flexibilizarase a política de acompañamento en función do espazo
dispoñible no hospital de día e das necesidades do paciente. En
calquera caso, respectarase a distancia de seguridade interpersoal, a
utilización de máscaras e a hixiene de mans.
• Recuperarase o horario habitual dos hospitais de día e contemplarase a
posibilidade de realizar actividade en horario de tarde para manter a
distancia de seguridade entre os pacientes.
• Iniciarase a reordenación dos hospitais de día de Pneumoloxía.
7.2.6. Medidas específicas para o hospital de día Oncohematolóxico
• Manteranse as medidas establecidas na etapa I: citación por tramos
horarios segundo a duración do tratamento, acompañamento de
pacientes á área de tratamentos non permitido salvo casos estritamente
necesarios, manter a separación dos postos do hospital de día
Oncohematolóxico, etc.
7.2.7. Medidas específicas para a área de consultas externas
• Manteranse as medidas establecidas para a etapa I: consultas de acto
único e actividade non presencial (E-consulta, consulta telefónica e
TELEA), minimizar os desprazamentos aos centros hospitalarios (XPE,
notificación telefónica ou por SMS de novas citas, entrega domiciliaria
de medicación, etc.) e evitar aglomeracións de pacientes (xestión de
citas e tempos de consultas.
• Ademais das consultas presenciais dos pacientes con patoloxías
39
incluídas no decreto de garantía de tempos máximos de acceso ás
prestacións sanitarias, incrementarase de maneira paulatina a citación
de pacientes en consultas externas doutras patoloxías. Dita citación
priorizarase tendo en conta criterios clínicos (por exemplo consultas
preferentes) e a orde de inclusión en lista de espera.
• Flexibilizarase a política de acompañamento en función do espazo
dispoñible no hospital e das necesidades do paciente.
7.2.8. Medidas específicas para a realización de probas
• Incrementarase de maneira paulatina a realización de probas tendo en
conta criterios clínicos (por exemplo probas preferentes) e a orde de
inclusión en lista de espera. Así mesmo, programaranse as probas
diagnósticas necesarias derivadas das consultas externas e as que
garantan a actividade cirúrxica.
• Na medida do posible, a realización de probas diagnósticas será
coordinada coa actividade das consultas externas para potenciar a
consulta de acto único.
• Manteranse as probas endoscópicas urxentes e iniciaranse as
colonoscopias preferentes e as derivadas do programa de detección
precoz de cancro de colon.
7.2.9. Medidas específicas para a área cirúrxica
• Manteranse as medidas establecidas para a etapa I: circuítos e áreas
diferenciadas (na planta de hospitalización e quirófanos), realización da
40
enquisa telefónica para a detección de posibles pacientes con COVID-
19, minimizar na medida en que sexa posible, o número de profesionais
necesarios para a cirurxía, etc.
• Na etapa II manterase/iniciarase a actividade cirúrxica que se detalla a
continuación:
- Actividade cirúrxica urxente.
- Patoloxías cuxa demora poida comprometer a viabilidade dun órgano
ou a situación clínica do paciente.
- Patoloxías incluídas no decreto de garantía de tempos máximos de
acceso ás prestacións sanitarias.
- Iniciaranse as intervencións cirúrxicas das prioridades 2 non
oncolóxicas, tanto de cirurxías que requiren hospitalización como de
cirurxía maior ambulatoria (CMA) seguindo a orde de inclusión en
lista de espera.
7.2.10. Medidas específicas para os servizos de psiquiatría
• Unidades de Rehabilitación Psiquiátrica Hospitalaria
- Finalizarase a reordenación dos espazos que foron previamente
habilitados para o seu uso como zonas de hospitalización
convencional.
- Os pacientes poderán saír do entorno hospitalario, acompañados por
un membro do equipo profesional. As saídas estarán debidamente
41
xustificadas no contexto de programas de fomento da autonomía. Os
doentes e acompañante deberán portar máscara.
- Seguiranse as recomendacións de visitas da etapa I, que poderán
ver incrementada a súa frecuencia en dúas visitas semanais,
realizadas sempre pola mesma persoa.
- Para o resto de aspectos específicos, seguirán resultando de
aplicación as medidas adoptadas na etapa I.
• Hospital de día psiquiatría
- Consolidaranse as novas medidas organizativas e recuperarase a
actividade dos programas terapéuticos.
• Unidades de hospitalización psiquiátrica (pacientes agudos)
- Se a situación clínica do paciente o aconsella, permitirase unha visita
ao día pola persoa de referencia con cita previa. Estas visitas
realizaranse nas mesmas condicións que nas unidades hospitalarias
de rehabilitación, coa excepción de que non poderán realizarse fóra
da unidade de hospitalización.
- Reactivaranse a realización de intervencións terapéuticas grupais,
axeitando os espazos para poder manter unha distancia mínima
entre as persoas participantes de 2 metros.
- Reactivaranse os ingresos programados para programas de
desintoxicación.
- Para o resto de aspectos específicos, seguirán resultando de
42
aplicación as medidas relacionadas para a etapa I.
• Unidades de saúde mental
- Reactivaranse a realización de intervencións terapéuticas grupais,
axeitando os espazos para poder manter unha distancia mínima
entre as persoas participantes de 2 metros.
- Para o resto de aspectos específicos, tanto no programa xeral como
nos programas sociosanitarios, unidades de psicoxeriatría, unidades
de psiquiatría infantoxuvenil e programas de psiquiatría e enlace
resultarán de aplicación as medidas adoptadas na etapa I.
7.2.11. Medidas específicas para as unidades de fisioterapia
Na etapa II, reiniciarase a actividade das unidades de fisioterapia dos centros
hospitalarios adoptando as seguintes medidas:
• Priorizar as derivacións realizadas con carácter urxente e preferente.
• Realizar unha primeira valoración non presencial ao paciente (revisión
da historia clínica e consulta telefónica) que permita establecer o
tratamento requirido así como priorizar a atención aos pacientes en base
á criterios clínicos. Ademais, deberase realizar una enquisa clínico-
epidemiolóxica de despistaxe do virus SARS-CoV-2 48-72 horas antes
da cita programada.
• Xestionar as citas e tempos de consulta para evitar as aglomeracións de
pacientes nas salas de espera e unidades de fisioterapia. Neste senso,
estableceranse as medidas necesarias para garantir o mantemento da
43
distancia de seguridade interpersoal (2 metros).
• Protocolizarase a utilización dos equipos de protección individual
necesarios en función do tratamento ou técnica.
• Establecerase un procedemento de limpeza e desinfección das unidades
(superficies, material, etc) e garantirase o seu cumprimento.
7.3. Etapa III (do 3 xuño ao 18 xuño)
7.3.1. Medidas xerais
• Manterase as medidas xerais da etapa II.
• Establecerase a política de visitas habitual do centro hospitalario para
pacientes non COVID-19.
• Reanudarase, na medida do posible e segundo as posibilidades do
centro hospitalario, todas as actividades da carteira de servizos
hospitalaria.
• Planificarase un programa de formación continuada que agrupe a
evidencia científica respecto á COVID-19 así como que incida nas
medidas de vixilancia, control e prevención da enfermidade.
• Manteranse actualizados os plans de continxencia para a COVID-19.
44
7.3.2. Medidas específicas para a Fundación Pública Urxencias Sanitarias
de Galicia-061 e os servizos de Urxencias hospitalarias
• Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
- Manteranse as medidas establecidas na etapa I e II (número mínimo
de intervencións e profesionais necesarios para a adecuada
atención, traslado do paciente con máscara cirúrxica, empregar os
circuítos de aceso e saída dos servizos de urxencias hospitalarios
para pacientes COVID-19, etc.).
- Recuperarase a actividade normal da rede de transporte sanitario
urxente (as ambulancias específicas de traslado de pacientes
COVID-19 recuperaranse para a actividade normal).
• Servizos de Urxencias hospitalarias
• Manteranse o circuíto diferenciado e a triaxe específica para os
pacientes con síntomas suxestivos de infección polo SARS-CoV-2,
avaliándose a redución das áreas destinadas aos pacientes COVID-
19.
• Completarase a reorganización dos recursos humanos en función do
grado de ocupación do circuíto de illamento.
7.3.3. Medidas específicas para a hospitalización convencional e unidades
de Coidados Intensivos/Reanimación (UCI/REA)
• Manteranse as áreas específicas nas plantas de hospitalización
convencional así como espazos diferenciados e separados nas unidades
45
de coidados críticos para a atención de pacientes COVID-19.
Dimensionaranse as áreas reservadas para pacientes COVID-19 en
función da demanda asistencial e infraestruturas do centro hospitalario.
• Consolidarase o réxime de visitas habitual do centro hospitalario,
garantindo as medidas de distanciamento interpersoal e incidindo na
hixiene de mans.
7.3.4. Medidas específicas para os hospitais de día: xeral e
Oncohematolóxico
• Manteranse as medidas establecidas na etapa II tanto para o hospital de
día xeral como no Oncohematolóxico.
• Iniciarase a actividade do hospital de día de Pneumoloxía:
- De ser posible, estableceranse circuitos diferenciados para a
atención de pacientes con sospeita de COVID-19. De non ser así,
atenderanse aos pacientes como se fosen COVID-19.
- Aqueles pacientes nos que os síntomas da súa patoloxía de base
non permitan descartar infección polo SARS-CoV-2 , deberán ser
atendidos como casos COVID-19.
7.3.5. Medidas específicas para a área de consultas externas
• Manteranse as medidas establecidas para a etapa I e II: consultas de
acto único e actividade non presencial (E-consulta, consulta telefónica e
TELEA), minimizar os desprazamentos aos centros hospitalarios (XPE,
46
notificación telefónica ou por SMS de novas citas, entrega domiciliaria
de medicación, etc.) e evitar aglomeracións de pacientes.
• Citaranse aos pacientes en función da prioridade clínica e o tempo de
espera ou data idónea. Ademais, recuperarase a carteira de servizos
completa das consultas externas.
• Manterase a xestión de citas como en etapas anteriores, tendo en conta
a dimensión e infraestrutura das zonas hospitalarias destinadas ás
consultas externas.
7.3.6. Medidas específicas para a realización de probas
• Citaranse aos pacientes en función da prioridade clínica e o tempo de
espera ou data idónea. Ademais, recuperarase a carteira de servizos
completa das probas diagnósticas.
• Continuarase a coordinación cos profesionais de consultas externas
para potenciar a consulta de acto único.
7.3.7. Medidas específicas para a área cirúrxica
• Manteranse os circuítos e as áreas diferenciadas (na planta de
hospitalización e quirófanos) para pacientes COVID-19, dimensionando
adecuadamente estas áreas específicas en función da actividade
asistencial e características do centro hospitalario.
• Tamén manteranse as medidas relatadas na etapa II que incidan na
vixilancia, control e prevención da infección polo SARS-CoV-2 (enquisa
47
telefónica para a detección de posibles pacientes con COVID-19,
minimizar o número de profesionais necesarios para a cirurxía, etc.).
• Manterase a actividade descrita na etapa II e iniciaranse as
intervencións cirúrxicas das prioridades 3 tanto de cirurxías que requiren
hospitalización como de cirurxía maior ambulatoria (CMA) seguindo a
orde de inclusión en lista de espera.
7.3.8. Medidas específicas para os servizos de psiquiatría
• Unidades de Rehabilitación Psiquiátrica Hospitalaria
- Seguirase as recomendacións de visitas da etapa I (cada paciente
poderá recibir dúas visitas semanais e poderán realizarse por
persoas distintas).
- Para o resto de aspectos específicos, seguirán resultando de
aplicación as medidas relacionadas para na etapa II.
• Hospital de día psiquiatría
- Retomaranse as terapias grupais familiares, sempre e cando se
garantan as medidas de distanciamento social.
- Para o resto de aspectos específicos, seguirán resultando de
aplicación as medidas relacionadas para a etapa II.
• Unidades de hospitalización psiquiátrica (pacientes agudos)
◦ Retomarase a programación e realización da terapia
electroconvulsiva.
48
◦ Para o resto de aspectos específicos, seguirán resultando de
aplicación as medidas relacionadas para a etapa II.
• Unidades de saúde mental
◦ Reactivaranse as consultas presenciais de seguimento nas unidades
de psicoxeriatría de pacientes estabilizados que así o requiran.
◦ Ampliarase a actividade programada presencial e non presencial ao
resto de patoloxías ademais das enumeradas como prioritarias na
etapa II.
◦ Para o resto de aspectos específicos, tanto no programa xeral como
nos programas sociosanitarios, unidades de psicoxeriatría, unidades
de psiquiatría infantoxuvenil e programas de psiquiatría e enlace
resultarán de aplicación as medidas adoptadas para etapa II.
7.3.9. Medidas específicas para as unidades de fisioterapia
Manteranse as medidas descritas na etapa III, se ben recuperarase a carteira
de servizos completa nas unidades de fisioterapia.
7.4. Etapa IV (do 19 xuño ao 3 de xullo)
7.4.1. Medidas xerais
Nesta etapa consolidarase a recuperación da normalidade na actividade
hospitalaria, recuperándose a funcionalidade e estrutura das plantas de
hospitalización, a carteira de servizos e a programación de consultas, probas e
49
intervencións cirúrxicas. Non obstante, manteranse todas as medidas referidas
nas etapas anteriores, potenciando a consulta non presencial, a xestión de
citas que evite as aglomeracións de persoas nas salas de espera ou a
axilización das altas.
Por outra banda, manteranse os circuítos diferenciados e áreas COVID-19 en
previsión de posibles abrochos da enfermidade, dimensionando os mesmos en
función da demanda asistencial.
Outros aspectos a destacar nesta etapa son os seguintes:
• Retomarase a actividade relacionada coa investigación, permitíndose a
monitorización presencial dos ensaios clínicos.
• No que respecta á visita médica por parte da industria farmacéutica,
poderá reiniciarse con cita previa, evitando permanecer nas plantas
hospitalarias ou calquera outra zona do ámbito asistencial.
• Reiniciaranse as auditorías internas de seguridade do paciente
(identificación inequívoca de pacientes, hixiene de mans, uso seguro de
cloruro potásico, etc) e as auditorías externas de acreditación nas
normas UNE/ISO.
• Retomarase o desenvolvemento do Plan galego de hospitalización a
domicilio, especialmente no referente ao seguimento compartido con
atención primaria e centros sociosanitarios.
7.4.2. Medidas específicas para a área de consultas externas
• Iniciaranse as consultas de seguimento conxunto por parte dos servizos
50
hospitalarios implicados na mesma patoloxía. Para o desenvolvemento
deste tipo de consulta realizaranse protocolos nos que se contemple a
atención compartida dos pacientes, a citación no mesmo día das
especialidades médicas que interveñen nesa atención e a solicitude de
probas diagnósticas que evite duplicidades. Así mesmo,
protocolizaranse as consultas de revisión contemplando a súa
realización, polos especialistas implicados na patoloxía, ben no mesmo
día ou ben de maneira alterna.
• Potenciarase a priorización dos pacientes derivados ao hospital
(consultas externas) a través de vías clínicas específicas.
7.4.3. Medidas específicas para a área cirúrxica
• Manteranse as medidas establecidas para a etapa III.
• Iniciarase a cirurxía menor hospitalaria non oncolóxica.
7.4.4. Medidas específicas para os servizos de psiquiatría.
• Unidades de Rehabilitación Psiquiátrica Hospitalaria
- Os pacientes poderán realizar saídas ao entorno urbano evitando
lugares onde se concentren moitas persoas. Atenderán ás medidas
de distanciamento social e utilizarán máscara.
- Permitiranse visitas diarias por unha soa persoa.
- Para o resto de aspectos específicos, seguirán resultando de
aplicación as medidas relacionadas na etapa III.
51
• Hospital de día psiquiatría
- Poderán realizarse actividades de tipo comunitario fóra do recinto
hospitalario, en grupos de máximo 8 persoas incluíndo o persoal.
- Para o resto de aspectos específicos, seguirán resultando de
aplicación as medidas relacionadas na etapa III.
• Unidades de hospitalización psiquiátrica (pacientes agudos)
- Seguirán resultando de aplicación as medidas relacionadas na etapa
III.
• Unidades de saúde mental
- Realizarase unha avaliación dos programas de apoio psicolóxico aos
profesionais e de intervención en dó e trauma.
- Para o resto de aspectos específicos, tanto no programa xeral como
nos programas sociosanitarios, unidades de psicoxeriatría, unidades
de psiquiatría infantoxuvenil e programas de psiquiatría e enlace
resultarán de aplicación as medidas adoptadas na etapa III.
7.5. Táboas das etapas da reactivación asistencial
hospitalaria
A continuación preséntanse de maneira resumida as diferentes medidas que
establecerán en cada unha das catro etapas da reactivación asistencial na
atención hospitalaria.
52
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
MEDIDAS XERAIS I II III IV
Proporcionar, a todos profesionais, información actualizada e formación sobre as características da COVID-19 e as medidas de prevención da infección polo SARS-oV-2. Ademais, aos profesionais susceptibles de atender a pacientes COVID-19 se lles formará sobre o uso adecuado dos equipos de protección individual
Establecer medios de información visual nos centros hospitalarios sobre medidas de hixiene de mans e respiratoria e o teléfono de información á poboación sobre o novo coronavirus
Eliminar folletos, revistas, xornais e trípticos das salas de espera, controis de enfermaría e zonas co-múns das plantas de hospitalización
Garantir a dispoñibilidade de solución hidroalcohólica en puntos estratéxicos dos hospitais (entrada/saída, zonas de maior tránsito de persoas, zonas de especial risco...)
Garantir o mantemento de medidas de distanciamento interpersoal (colocación de mamparas de ser necesario, marcar os asentos que non deben ser ocupados nas salas de espera, etc.)
Potenciar a actividade non presencial: e-consulta, consulta telefónica, teleasistencia domiciliaria (TELEA). As axendas deberán incluir as diferentes prestacións
53
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
MEDIDAS XERAIS I II III IV
Minimizar os desprazamentos dos pacientes aos centros hospitalarios para a realización de trámites administrativos (solicitude telemática de probas radiolóxicas e de laboratorio)
Xestión de citas e tempos de consultas presencias evitando aglomeracións nas salas de espera. Citación de pacientes con maior vulnerabilidade en tramos horarios específicos
Informar ao paciente, no momento do recordatorio da cita, do síntomas da COVID-19 e do procedemento a seguir no caso de presentalos ou de convivir cun caso sospeitoso/confirmado a través da canle de comunicacón entre a Admisnistración sanitaria e a cidadanía (SMS, correo electrónico)
Mantemento de áreas e circuítos específicos para a atención, mobilidade e traslado intrahospitalario de pacientes con sospeita de infección por SARS-CoV-2
En función dademanda
Mantemento da actividade asistencial de carácter urxente
Recuperación paulatina da actividade programada
Detección precoz de casos COVID-19 entre os profesionais e os pacientes hospitalizados
Aplicación precoz das medidas de illamento nos casos sospeitosos e confirmados de COVID-19
54
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
MEDIDAS XERAIS I II III IV
Dotación de equipos de protección individual para os profesionais. Favorecerase o emprego de máscara cirúrxica (obrigatoria en espazos comúns se non se pode garantir a distancia de seguirdade de 2 metros)
Planificación das medidas de limpeza e desinfección segundo as recomendacións do servizo de Medicina Preventiva
Mantemento dun réxime de visitas e acompañamento restrinxido a pacientes non COVID-19: unha única visita/acompañante (e <70 anos) que non presente síntomas de infección respiratoria e coa obrigatoriedade de portar máscara
Política de visitas habitual do centrohospitalario sempre que se podan
controlar as medidas de distanciamentointerpersoal
Visitas limitadas a pacientes COVID-19 (pacientes illados) a situacións excepcionais: unha única visita(e <70 anos) empregando o equipo de protección adecuado. Permitirase, sempre que sexa posible, o acompañamento ao final da vida
Restablecementos de todas as actividades da carteira de servizos hospitalariaActividadehospitalaria
normal
Planificación dun programa de formación continuada sobre a COVID-19
Retómase a actividade relacionada coa investigación permitíndose a monitorización presencial dos ensaios clínicos
55
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
MEDIDAS XERAIS I II III IV
Reinícianse as sesións e comisións clínicas mantendo a distancia de seguridade interpersoal. Potenciarase a súa realización a través de medios telemáticos
Intensificarase a comunicación con atención primaria para pontenciar/manter as vías rápidas de can-cro como ferramenta diagnóstica
Manteranse e reforzaranse os programas de seguridade do paciente e seguridade nos coidados (programas Zero, programa Úlceras Fóra, prevención de caídas, código sepse, etc)
Reiniciaranse as auditorías internas de seguridade do paciente e as externas de acreditación nas nor-mas UNE/ISO
Retomarase o desenvolvemento do Plan galego de hospitalización a domicilio (seguimento compartidocon atención primaria e centros sociosanitarios)
Reinícianse as visitas comerciais por parte da industria farmacéutica con cita previa
FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061
Mantemento dos circuitos de acceso e saída dos servizos de urxencias hospitalarios e de recepción segura para pacientes COVID-19
56
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061 I II III IV
Mantemento dos circuitos de pacientes con patoloxías tempo-dependentes
Minimizar o número de intervencións e profesionais necesarios para a asistencia e traslado de pacientes COVID-19
Os pacientes serán trasladados con máscara cirúrxica e o seu acompañamento limitarase ás situacións que así o requiran (menores de idade, grandes dependentes, etc.)
Incorporación dos profesionais sanitarios en período formativo (MIR e EIR) ás asistencias e traslados en ambulancias dos pacientes en escenarios fóra do hospital
Recuperación da actividade normal da rede de transporte sanitario urxente
SERVIZO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS
Mantemento da asistencia completa, sen variar a prioridade asistencial (patoloxía tempodependente e outras patoloxías urxentes)
Mantemento da triaxe específica para pacientes con sospeita de infección por SARS-CoV-2
57
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
SERVIZO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS I II III IV
Mantemento do circuíto de illamento para pacientes con sospeita de infección por SARS-CoV-2 con persoal asignado de maneira específica, para o manexo da COVID-19
Empregaranse circuítos específicos para o traslado de pacientes COVID-19 aos servizos de Radioloxía e planta de hospitalización
Valoración da capacidade estrutural e de recursos humanos en activo
Reducción das áreasCOVID-19 segundo ademanda. Reorganizar osrecursos humanos segundoocupación do circuito deillamento
Incorporaranse os sanitarios en período de formación (MIR e EIR) á actividade asistencial coa supervisión adecuada
Inicio de campaña proactiva de detección de pacientes con patoloxías tempo-dependentes (ictus, IAM,sepse...) en colaboración co 061
HOSPITALIZACIÓN CONVENCIONAL
Mantemento dos equipos COVID para a súa activación inmediata no caso de aparición de abrochos
58
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
HOSPITALIZACIÓN CONVENCIONAL I II III IV
Mantemento de áreas específicas para o ingreso de pacientes COVID-19
Número reducido de profesionais sanitarios para a realización das visitas médicas a pacientes hospitalizados
Cribado de síntomas de COVID-19 nos pacientes hospitalizados
Comunicación da aparición de casos sospeitosos de COVID-19 ao servizo de Medicina Preventiva/equipo COVID
Reordenación progresiva dos servizos que se unificaron dende o punto de vista asistencial e funcional A reordenación será completa na etapa II
Valoración da capacidade estrutural e de recursos humanos en activo (reordenación de quendas, mobilización do persoal...)
Reduccióndas áreasCOVID-19segundo ademanda.
Control dos pacientes COVID-19 tras da alta hospitalaria mediante teleasistencia ou consulta telefónica
59
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
HOSPITALIZACIÓN CONVENCIONAL I II III IV
Coordinación con hospitalización a domicilio (HADO) para axilizar as altas
Réxime de visitas restrinxido para pacientes non COVID-19 Política de visitas habitual do centrohospitalario
Réxime de visitas para pacientes COVID-19 (visitas en situacións excepcionais)
HOSPITALIZACIÓN NA UNIDADE DE COIDADOS INTENSIVOS/REANIMACIÓN (UCI/REA)
Mantemento dos espazos diferenciados e separados para a atención de pacientes COVID-19 priorizando as habitacións pechadas para o ingreso destes pacientes
Reordenación progresiva dos espazos que foron habilitados para uso como UCIA reordenación será completa na etapaII mantendo a funcionalidade das áreas
de expansión
Valoración da capacidade estrutural e de recursos humanos en activo (reordenación de quendas, mobilización do persoal...)
Redución dasáreas
COVID-19segundo ademanda.
60
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
HOSPITALIZACIÓN NA UNIDADE DE COIDADOS INTENSIVOS/REANIMACIÓN (UCI/REA)
I II III IV
Iniciarase unha flexibilización na política de visitas a pacientes non COVID-19. Política de visitas habitual das unidadesde coidados críticos
Réxime de visitas a pacientes COVID-19: permitirase o acompañamento ao final da vida sempre que sexa posible
Permitirase a visita dunha persoadurante 1 hora/día garantindo as
medidas de seguridade
HOSPITAL DE DÍA XERAL
Recuperación paulatina do horario e actividade do hospital de día, priorizando aos pacientes en base a criterios clínicos
Na etapa II o horario e a actividade serános habituais. Contemplar realizar
actividade en horario de tarde paramanter a distancia de seguridade entre
pacientes
De ser posible, estableceranse circuitos diferenciados para a atención de pacientes con sospeita de COVID-19 (de non ser así, atenderanse como se fosen COVID-19)
Establecerase un sitame de citación con discriminación horaria (tramos específicos para persoas con maior vulnerabilidade)
61
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
HOSPITAL DE DÍA XERAL I II III IV
Adecuación das instalacións (padiolas, cadeiras con brazos...) ás necesidades do paciente segundo o tipo de procedemento clínico ou terapéutico a realizar
Incrementar a separacións entre os postos do hospital (mínimo 2 metros) para garantir a distancia de seguridade entre os pacientes (de non ser posible, colocaranse mamparas protectoras)
Garantir a dispoñibilidade de dispensadores de produto de base alcohólica na sala de espera para favorecer a hixiene de mans
Facilitar máscaras cirúrxicas a todos os pacientes instruindo na correcta utilización.
Acompañamento de pacientes nas áreas de tratamento só en situacións especiais (menores de idade,persoas dependentes, etc.). Os acompañantes terán a obriga de acudir con máscara
Flexibilizarase a política deacompañamento en función do espazodispoñible e sempre garantindo asmedidas de prevención
Inicio da reordenación dos hospitais de día de Pneumoloxía Inicio da actividade
HOSPITAL DE DÍA ONCOHEMATOLÓXICO
Citación de pacientes por tramos horarios segundo a duración do tratamento (longo, curto, oral): citación de tratamentos longos a primeira hora e os orais a última hora da mañan
62
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
HOSPITAL DE DÍA ONCOHEMATOLÓXICO I II III IV
Contemplarase o establecemento de consultas en horario de mañá e tarde para evitar aglomeracións nas salas de espera
Establecemento dun sistema non presencial (telefónico) para informar aos pacientes da dispoñibilidade do tratamento quimioterápico
Incrementar a separacións entre os postos do hospital (mínimo 2 metros) para garantir a distancia de seguridade entre os pacientes (de non ser posible, colocaranse mamparas protectoras)
Garantir a dispoñibilidade de dispensadores de produto de base alcohólica na sala de espera para favorecer a hixiene de mans
Facilitar máscaras cirúrxicas a todos os pacientes instruíndo na correcta utilización
Acompañamento de pacientes nas áreas de tratamento só en situacións especiais (menores de idade,grandes dependentes...). Os acompañantes terán a obriga de acudir con máscara
ÁREA DE CONSULTAS EXTERNAS
Inicio de consultas de pacientes oncolóxicos (patoloxías contempladas no decreto de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias) e consultas urxentes doutras patoloxías
63
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
ÁREA DE CONSULTAS EXTERNAS I II III IV
Inicio de consultas de pacientes con patoloxías non contempladas no decreto de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias priorizando criterios clínicos e a orde de inclusión en lista de espera
Citaranse aos pacientes en función da prioridade clínica e o tempo de espera ou data idónea e recuperarase a carteira de servizos completa das consultas externas
Potenciar as consultas de acto único (realización da proba diagnóstica de ser precisa, informar do resultado e establecer o plan terapéutico nun só acto/consulta)
Mantemento da E-consulta para primeiras consultas, interconsultas entre servizos hospitalarios e valoración das consultas preferentes
Potenciar a consulta telefónica para consultas de revisións e información de resultados de probas diagnósticas
Iniciar programas de teleasistencia domiciliaria (TELEA) para pacientes con patoloxías susceptibles deseguimento hospitalario
Xestionar citas e tempos de consultas e valorar o establecemento de consultas en horario de mañá e tarde para evitar aglomeracións nas salas de espera. Discriminación horaria para a citación das persoas con maior vulnerabilidade en tramos horarios específicos
64
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
ÁREA DE CONSULTAS EXTERNAS I II III IV
Política de acompañamento restritiva (só unha persoa nos casos estritamente necesarios)Política de acompañamento habitual
sempre que e asegure as medidas dedistanciamento interpersoal
Establecemento dun circuíto de xestión e solicitude de novas citas por canle interna ao servizo de Admisión (preferiblemente mediante o xestor de peticións ou XPE)
Comunicación telefónica da data da nova cita ao paciente (chamada ou SMS dende o servizo de Admisión) con indicación das recomendacións as seguir e o procedemento establecido no caso de aparición de síntomas suxestivos de COVID-19
Mantemento da entrega a domicilio dos medicamentos que se facilitan no ámbito hospitalario
Establecerase un procedemento de limpeza e desinfección das consultas externas e garantirase o seucumprimento
Iniciaranse as consultas de seguimento conxunto por parte dos servizos hospitalarios implicados na mesma patoloxía e protocolizaranse as consultas de revisión (no mesmo día ou de maneira alterna)
Poteciarase a priorización dos pacientes derivados ao hospital (consultas externas) a través de vías clínicas específicas
65
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
REALIZACIÓN DE PROBAS I II III IV
Mantemento da realización das probas de carácter urxente
Priorización das probas para patoloxías contempladas no decreto de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias
Incremento paulatino de probas para patoloxías non contempladas no decreto de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias priorizando criterios clínicos e a orde de inclusión en lista de espera
Reiniciaranse as colonoscopias preferentes e as derivadas do programa de detección precoz de cancro de colon
Programación das probas diagnósticas necesarias derivadas das consultas externas e as que garantan a actividade cirúrxica
Citaranse aos pacientes en función da prioridade clínica e o tempo de espera ou data idónea e recuperarase a carteira de servizos completa das consultas externas
Xestionar citas e tempos de consultas e valorar o establecemento de consultas en horario de mañá e tarde para evitar aglomeracións nas salas de espera. Discriminación horaria para a citación das persoas con maior vulnerabilidade en tramos horarios específicos
Coordinar a realización de probas diagnósticas coa actividade das consultas externas para potenciar a consulta de acto único
66
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
REALIZACIÓN DE PROBAS I II III IV
Comunicación telefónica de resultados de probas diagnósticas polo médico responsable do paciente
Protocolizar os procedementos invasivos con risco de xeración de aerosois ou de contacto con fluidos potencialmente contaminados
Establecerase un procedemento de limpeza e desinfección das consultas externas e garantirase o seucumprimento
ÁREA CIRÚRXICA
Establecemento de circuítos e áreas COVID-19, non COVID-19 e preCOVID-19 (en quirófano e planta de hospitalización cirúrxica)
Especialización do centros hospitalarios en función da súa estrutura e organización funcional de ser posible
Protocolizar a despistaxe da infección polo SARS-CoV-2 no preoperatorio (enquisa clínico-epidemiolóxica) e a vixilancia da aparición de síntomas suxestivos de COVID-19 tras a intervención
Minimizar o número de profesionais para a cirurxía na medida do posible
67
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
ÁREA CIRÚRXICA I II III IV
Formar aos equipos cirúrxicos no uso adecuado dos equipos de protección individual (EPI) incidindo nas secuencias de colocación e retirada (observador adestrado e uso de check-list)
Mantemento da actividade cirúrxica urxente e das patoloxías cuxa demora poda comprometer a viabilidade dun órgano ou a situación clínica do paciente
Incrementar a programación cirúrxica para as prioridades 1 e patoloxías contempladas no decreto de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias
Inicio de intervención cirúrxicas das prioridades 2 non oncolóxicas de cirurxías que requiren hospitali-zación e cirurxía maior ambulatoria (CMA)seguindo a orde de inclusión en lista de espera
Inicio de intervención cirúrxicas das prioridades 3 de cirurxías que requiren hospitalización e cirurxía maior ambulatoria (CMA) seguindo a orde de inclusión en lista de espera
Inicio da actividade cirúrxica menor hospitalaria non oncolóxica
Establecemento de sistemas telemáticos de comunicación coa familia do paciente tras a cirurxía. De non ser posible, habilitar espazos para informar que permitan adoptar as medidas de distanciamento interpersoal
68
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
UNIDADES DE REHABILITACIÓN PSIQUIÁTRICA HOSPITALARIA I II III IV
Reordenación progresiva dos espazos que foron habilitados para uso como zonas de hospitalización convencional
A reordenación será completa na etapaII
Realización de despistaxe de infección polo SARS-CoV-2 aos pacientes que procedan doutras áreas de hospitalización: enquisa clínica e proba microbiolóxica (PCR negativa 72 horas antes do ingreso)
Incremento da frecuencia de comunicación telefónica do pacinente e equipo asistencial coas familias/titores (de xeito diario se existen modificacións no estado de saúde dos pacientes
Actividades grupais permitidas só se garante o mantemento da distancia de seguridade
Promover o uso de ferramentas de telecomunicación para o contacto dos pacientes cos familiares
Réxime de visitas con cita previa: só se permitirá a visita de persoas de referencia 1 visita porsemana
2 visitas porsemana. A
mesmapersoa
2 visitas porsemana.Persoasdistintas
Visitas diariaspor unhapersoa
Realización de paseos e actividades ao aire libre supervisados, en pequenos grupos e dentro das instalacións do centro hospitalario.
69
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
UNIDADES DE REHABILITACIÓN PSIQUIÁTRICA HOSPITALARIA I II III IV
Permitiranse as saídas fóra do entorno hospitalario acompañados por un membro do equipo (programa de fomento da autonomía). Os doentes e acompañante deberán portar máscara
Permitiranse as saídas ao entorno urbano evitando lugares de concentración de persoas, cumprindo as medidas de distanciamento social e portando máscara.
HOSPITAL DE DÍA DE PSIQUIATRÍA
Recuperación progresiva da actividade presencial garantindo o mantemento da distancia de seguridade
Na etapa II consolidaranse as novasmedidas organizativas e recuperarase aactividade dos programas terapéuticos
Realización de actividades grupais: grupos pequenos atendidos polo mesmo profesional nos distintos días (flexibilización dos horarios de atención)
Evitar uso compartido de materiais (xornais, libros, material de terapia ocupacional). Suspenderase o uso de máquinas de vending
Actividades de tipo comunitario fóra do recinto hospitalario en grupos de 8 persoas máximo incluíndo ao profesional
70
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
UNIDADES DE HOSPITALIZACIÓN PSIQUIÁTRICA (pacientes agudos) I II III IV
Manterase e fomentarase o desenvolvemento dos programas de hospitalización a domicilio
Manterase a terapia electroconvulsiva en situacións urxentesRetómase a programacióne realización de terapiaelectroconvulsiva
Realización de despistaxe diaria de infección polo SARS-CoV-2 aos pacientes mediante enquisa clínica
Reactivación de intervencións terapéuticas grupais mantendo sempre a distancia de seguridade
Reactivación dos ingresos programados para programas de desintoxicación
Traslado de paciente con diagnóstico novo de COVID-19 á unidade COVID-19 do centro hospitalario garantindo o seguimento polo servizo de Psiquiatría e adaptando o entorno para minimizar o risco de autolesións
Adaptación das quendas de comidas para garantir a distancia de seguridade
Réxime de visitas con cita previa: de ser posible permitirase unha única visita por paciente
71
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
UNIDADES DE SAÚDE MENTAL I II III IV
Priorizarase a atención presencial das persoas que presenten risco de suicido, trastorno mental grave ou situacións traumáticas derivadas da COVID-19
Ampliación da actividadeprogramada presencial e
non presencial
Potenciarase a consulta non presencial e de acto único
Programas sociosanitarios e unidades de psicoxeriatría: potenciarase a consulta non presencial e a telemonitorización a través de TELEA
Reactivación das consultaspresenciais de pacientes
estabilizados que orequiran
Establecemento de programas de enlace destinados a persoas con vivencias traumáticas e procesos de dó relacionados coa COVID-19
Reactivación de intervencións terapéuticas grupais
Réxime de acompañamento de pacientes: permitirase un acompañante procurando que sexa menor de 70 anos
Nas unidades de saúde mental infantoxuvenil eliminaranse os xoguetes dos espazos comúns
72
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
UNIDADES DE SAÚDE MENTAL I II III IV
Mantemento do programa de atención psicolóxica aos profesionais
Avaliación dos programas de apoio psicolóxico aos profesionais e de intervención en dó e trauma
UNIDADES DE FISIOTERAPIA
Inicio da actividade priorizando as derivacións realizadas con carácter urxente e preferente
Recuperación da carteira de servizos completa das unidades de Fisioterapia
Despistaxe da infección polo SARS-CoV-2 48-72 horas antes da cita programada mediante a enquisa telefónica clínico-epidemilóxica
Establecer a priorización en base a criterios clínicos e o tratamento requirido mediante consulta telefónica previa á presencial
Xestionar citas e tempos de consultas para evitar aglomeracións nas salas de espera
73
MEDIDAS DAS ETAPAS DE REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA HOSPITALARIA
ETAPAS
UNIDADES DE FISIOTERAPIA I II III IV
Protocolizar o emprego dos equipos de protección individual necesarios en función do tratamento ou técnica terapéutica requirida
Establecerase un procedemento de limpeza e desinfección das unidades (superficies, material, etc) e garantirase o seu cumprimento
74
Bibliografía
1. Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de
alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-
19. Boletín Oficial do Estado (BOE); 67;14 de marzo de 2020:25390-
25400.Disponible en: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-
3692 (acceso abril 2020).
2. RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá
publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de
2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da
Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias
de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como
consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. Diario
Oficial de Galicia (DOG);50-Bis; 13 marzo de 2020:16402-16414. Disponible
en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200313/2256/
AnuncioG0244- 130320-1_gl.pdf (acceso abril 2020).
3. Instrución 6/2020 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde sobre a
reordenación aistencial motivada pola situación actual do ovo coronavirus en
Galicia.Disponible en: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Instrucci
%C3%83%C2%B3n- 62020-da-xerencia-do-Servizo-galego-de-Sa
%C3%83%C2%BAde-sobre-a-reordenaci %C3%83%C2%B3n-asistencial
(acceso abril, 2020).
4. WHO. Coronavirus disease 2019 (COVID-19): Situation report—91.
2020.World Health Organization (WHO). Disponible en:
https://www.who.int/docs/default-source/coronaviruse/situation-reports/ 20200420-sitrep-91-
covid-19.pdf?sfvrsn=fcf0670b_4 (acceso abril, 2020).
75
5. Holloway, R., Rasmussen, S., Zaza, S., Cox, N., Jernigan, D. y Influenza
Pandemic Framework Workgroup. (2014). Updated Preparedness and
Response Framework for Influenza Pandemics. Morbidity and Mortality Weekly
Report: Recommendations and Reports, 63(6), 1-18. Disponible en :
http://www.jstor.org/stable/24832599 (acceso abril, 2020).
6. Instituto de Salud Carlos III. (2015, noviembre). Tool for supporting countries
on generic emergency preparedness planning in the health sector. The
EpiSouth Plus Project. Institute of Health Carlos III. Madrid; 2015. Disponible
en: http://gesdoc.isciii.es/gesdoccontroller?action=download&id=23/11/2015-
3905fb6680 (acceso abril, 2020).
7. Prevent Epidemics. (2020b, abril 8). Novel Coronavirus (COVID-19) Live
Updates. Prevent Epidemics. Disponible en:
https://preventepidemics.org/coronavirus/?=undefined (acceso abril, 2020).
8. Sociedade Española de Medicina Preventiva e Saúde Pública
(SEMPSPH). Propuesta de medidas y cuestiones a considerar para la fase de
transición de la pandemia por SARS-CoV-2 en España. Disponible en:
https://www.sempsph.com/images/Informe%20SEMPSPH.%20Propuesta
%20de%20medidas %20y%20aspectos%20a%20considerar%20en%20la
%20fase%20de%20transici%C3%B3n.pdf (acceso abril, 2020).
9. European Centre for Disease Prevention and Control. (2020, febrero 10).
Guidelines for the use of non-pharmaceutical measures to delay and mitigate
the impact of 2019-nCoV. Disponible en:
https://www.ecdc.europa.eu/en/publications-data/guidelines-use-non-
pharmaceutical-measures-delay-and-mitigate-impact-2019-ncov#no-link
(acceso abril, 2020).
10. Plan específico para a prevención de riscos ante a exposición laboral ao
novo coronavirus SARS-CoV-2.Disponible en: https://www.sergas.es/Recursos-
76
Humanos/Plan-especifico-para-a-prevencion-de-riscos-ante-a-exposicion-
laboral-ao-novo-coronavirus-SARS-CoV-2?idioma=es (acceso abril, 2020).
11. Protocolo asistencial para pacientes con COVID-19 ingresados nas
unidades de coidados intensivos (UCI). Disponible en:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/32/PROTOCOLO
%20ASISTENCIAL%20COVID-19%20EN%20COIDADOS
%20INTENSIVOS.pdf (acceso abril, 2020).
77
ANEXO I. Enquisa clínico-epidemiolóxica COVID-19
Presentou nas últimas 2 semanas? SI NON
Síntomas respiratorios
Febre maior de 37,5ºC
Tose seca
Dificultade respiratoria
Outros síntomas
Fatiga severa (cansazo)
Dor muscular
Falta de olfacto
Falta de gusto
Diarrea
Existe algún motivo que xustifique os síntomas por parte do paciente?
Se algún síntoma (sen outra xustificación):
Ten actualmente síntomas? SI/NON
SI NON
Tivo CONTACTO
nas últimas 3 semanas?
cunha persoa COVID-19 + confirmado?
cunha persoa en illamento por sospeitade infección pola COVID-19?
CONVIVIU nas últimas 3
semanas?
cunha persoa COVID-19 + confirmado?
cunha persoa en illamento por sospeitade infección pola COVID-19?
A interpretación dos resultados da enquisa realizarase tendo en conta os
criterios clínicos e epidemiolóxicos.
78