Download - Os xéneros literarios
![Page 1: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/1.jpg)
Os xéneros literarios
C.P.I. Dr. López Suárez. Friol
J.Mª Carricoba Armesto
Departamento de L. Galega
![Page 2: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/2.jpg)
Os xéneros literarios
Son os distintos grupos nos que podemos clasificaras obras literarias tendo en conta o seu contido
![Page 3: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/3.jpg)
Os tres grandes xéneros
•Xénero lírico
•Xénero narrativo
•Xénero dramático
![Page 4: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/4.jpg)
Xénero lírico
•Son aqueles textos nos que predominaa expresión dos sentimentos, emociónse sensacións do autor ou autora .
•Están escritos habitualmente en verso.
•Coñecémolo tamén como Poesía.
![Page 5: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/5.jpg)
Negra Sombra. Rosalía de Castro“Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras”.
![Page 6: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/6.jpg)
Subxéneros líricos
•Égoglas
•Elexías
•Odas
•Himnos
•Sátiras
•Epigramas
![Page 7: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/7.jpg)
Xénero narrativo
•Son aqueles textos nos que se narraunha historia con personaxes reais ouficticios.
•Adoitan estar escritos en prosa.
![Page 8: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/8.jpg)
Álvaro Cunqueiro: “Unha siria en Ribadeo”
“Un día, xa hai anos, volvendo eu de
Mondoñedo a Vigo, parei nun forno a
mercar unha fogaza de pan de acolá,
atopeime alí con Carlos Pillado, un
compañeiro meu de escola, máis coñecido
naquela bisbarra por Carlos do Herdeiro. O
Carliños sempre confiara muito nos meus
saberes…”
do seu libro “Os outros feirantes”
![Page 9: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/9.jpg)
Subxéneros narrativos
•Contos
•Novelas
•Lendas
Misterio
Aventuras
Policial
![Page 10: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/10.jpg)
Xénero dramático
•Son aqueles textos creados para serenrepresentados ante o público.
•Poden estar estar escritos en prosa ou en verso.
•A acción móstrase a través do diálogo
![Page 11: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/11.jpg)
“A serpe da cova” montaxe teatral do grupo “Algo máis que pan e queixo”
Criado 1: Si señor. Levamos o móbil paracomunicarnos con vostede ou seguimosempregando as pombas mensaxeiras tan do seugusto?(Entra a nai na estancia)Nai: E estes dous mortos de fame que fan aquí?Señor: Son os escoltas da túa filla. Para que vaiaprotexidaNai: ( Chiscándolle un ollo á filla e falando co señor) :Protexida… protexida . Estes non se protexen nin asi mesmos. Non lles ves a cara de fervellasverzasque teñen. Miñas xoias, ( falando coa filla) non sei sesería ao revés no caso de teres un contratempo.Quero dicir que lles terías que botar ti unha manpara que non se desmaiasen.
![Page 12: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/12.jpg)
Subxéneros dramáticos
•Maiores Drama
Traxedia
Comedia
![Page 13: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/13.jpg)
Os xéneros literarios
Actividades
Preme aquí para acceder ao Servidor do Centro
Están dispoñibles no Servidor do Centro
![Page 14: Os xéneros literarios](https://reader031.vdocuments.co/reader031/viewer/2022020310/568c4ce81a28ab4916a1ec4d/html5/thumbnails/14.jpg)
C.P.I. Dr. López Suárez. Friol
J.Mª Carricoba Armesto
Departamento de L. Galega
Presentación para empregar nas Aulas Abalar