Download - Os nosos avós
Na casa de:
TINA E AVELINO
(David Chan Radío)
Ceip As Covas- Meaño
3º Ciclo de Primaria
2012 - 2013
A MIÑA CASA
Hoxe saímos á hora do recreo rumbo a miña casa. Primeiro,
fomos por carreteiras, por onde non transitan coches e polo medio dun
monte. Cando chegamos estábannos esperando a nai de José Ramón
Alfonso García, Rosana e a avoa Esther e meu pai Alfredo, o meu avó
Avelino e miña avoa Tina.
Tamén estaban as miñas catro gatas: Mikala, Mikolo, Branca e
Mikolón, as miñas dúas pochas: Branca e Margaret e o meu porco:
Roxelio. O primeiro que fixemos foi ver o forno onde a miña avoa fai o
pan. Logo, pasamos a bodega e o meu avó fixo viño catalán na
estrugadora que estaba enriba dunha cuba, logo pasou o, mosto a
prensa e por último a un caldeiro. Despois, fomos observar as pochas e
o porco.
Por último, comemos chocolate “ Nestlé” cun cachiño de pan.
Uuuuuuuuuuum!!! estaba riquísimo, despois mentres os profesores:
Roser, Clear e Paulo falaban cos familiares, nós estivemos xogando e
falando. O que máis me chamou a atención foi que a Mauro lle gustase
tanto o viño catalán, e o que máis me gustou foi o pan con chocolate
“Nestlé” no medio.
David 6º
Avoa e avó de David
Hoxe fomos 5º e 6º á casa de de David. Cando chegamos a avoa
de David ensinounos onde facía o pan, ese forno era moi antigo!
Logo nos ensinou a bodega, botaron o cesto de uva na
“estrugadora” que caía nunha tina. Da tina collían o viño estrugado na
lagareta e saía o viño prensado para o cesto.
E cando saía o mosto moitos compañeiros do ciclo beberon un
pouco del. Despois Tina deunos un anaco de pan e un pouco de
chocolate, deunos de beber coca cola.
Nos ensinou as dúas pochas que tiñan e tamén un porco. Eles
tamén tiñan unha gata que tiña tres gatiños. Despois marchamos para o
colexio.
Marta 5º
Casa de David
Hoxe as 11:45 que é a hora do recreo saímos do colexio a casa
de David, atravesamos unha zona de árbores que parecía un bosque e
tamén vimos o campo de fútbol. Foi un pouco largo pero valeu a pena,
cando chegamos estaban os familiares de José Ramón e de David.
Vimos o pan no forno tamén vimos como se quitaba o mosto das uvas e
ata o probamos. Vimos unha gata que tiña tres gatiños, pochas e
porcos. Despois tomamos varios cachos de pan caseiro con chocolate,
tamén se podía tomar Coca-Cola.
Ao final de todo estivemos xogando con 5º e sacando fotos.
Que ben o pasamos!!!
Eduardo 6º
A casa de David
Hoxe fomos de excursión a casa de David.
Ensinounos animais coma o pocho, o porco...
Ensinounos como é o seu forno e onde se mete o pan.
Tamén vimos a estrugadora como estrugaba as uvas.
Vimos a “lajareta”, que é moi grande, tamén tomamos un pouco
de mosto.
Logo déronnos chocolate con pan e para beber coca cola.
Alí tiñan uns gatiños preciosos, a mamá e as súas tres crías.
Logo despedímonos e marchamos de volta ao colexio andando.
A min gustoume a actividade, gustaríame repetila.
Alba 5º
Fomos a casa de David
Fomos andando desde a escola, os de 5º e 6º e os profes: Paulo,
Roser, e Claire. Ata a casa de O avó de David ensinounos o porco e
dúas pochas.
Tina, a avoa de David, xa tiña tres bolas de pan feito, despois
dounos dous cachos de pan acada un e un anaco de chocolate.
Botou un capacho de uva catalana na “estrugadora, despois
botouna na lagareta. Tina doulle unha copa para que probaran o mosto.
Tamén teñen tres gatiños pequenos e moi bonitos.
Ao final regresamos para a escola outra vez andando.
María 5º
AVÓS DE DAVID
Hoxe fomos a casa de David.
A “estrugadora” é unha máquina que ten coitelos que separan as
uvas dos acios.
A prensa botas as uvas e despois de que pasan pola estrugadora
ten dúas táboas, paus e un ferro para aplastar as uvas.
O formo do pan ten unha porta que abra e cerra tamén ten algo
parecido a unha pala para coller o pan sen queimarse.
As pochiñas están nunha cuadra, xa son bastante grandes a
unha xa case se lle saíron os cornos a outra aínda non lle saíron os
cornos porque aínda é moi nova.
Matías 5º
A casa de David
Hoxe fomos á casa de David. Pasamos polo monte e estivemos
andando uns 20 minutos.
Ao chegar estaban alí a avoa de David, Tina, a avoa de José, o
pai de David (Alfredo) e o avó de David (Avelino Radío Varela).
Explicáronos como facer viño e bebemos mosto de uvas catalanas.
Máis tarde fomos mirar os gatos e todos os animais: porcos, pochos...
A avoa de David fíxonos pan caseiro, cinco bolas, e mentres que
os profesores falaban fomos mirar as casas dos nosos compañeiro.
Ao rematar de falar fomos de volta ao colexio.
Leila 6º
“Os avós de David”
Hoxe fomos á casa de avoa e o avó de David. Pasaron cousas
interesantes, como por exemplo o proceso de ver como se facía o viño.
Primeiro meteuno na “estrujadora”, o espremeu, e a beber zume de uva
que é mosto.
Despois a avoa fixo catro bolas de pan. Nós só comemos dúas pero con
chocolate.
Gustoume moito e antes de volver ao colexio fixemos unha foto
todo e todas e marchamos.
Pablo 5º
A casa de David
Hoxe fomos polo monte á casa de David. Cando chegamos alí
estábannos esperando os familiares de Xosé Ramón e de David. Alí
estaba a avoa de David preparando nun gran forno cinco bolos de pan.
Logo, o avó de David levounos ata a bodega onde preparou mosto que
deixounos probar aos que querían (cosa que eu provín). Despois diso
déronnos anacos das bolas con chocolate e tamén déronnos Coca-
Cola.
Cando acabamos de comer os profesores puxéronse a falar e
mentres algúns xogaban, falaban, preparaban un plan para roubar nas
casas...
Logo, antes de acabar as clases volvemos ao colexio e
aproveitamos os últimos minutos.
Santi 6º
CASA DE DAVID
Hoxe fomos a casa de David andando desde colexio, estábanos
esperando: o pai de David, Alfredo ,o avó de Avelino, a avoa Tina , a nai
de José Ramón e a avoa Ester.
Ensináronos a o porco Rogelio e as dúas pochas. Despois o avó
ensinounos a facer viño. Primeiro na estrugadora e despois metérono
na lagareta. Saíu mosto e probámolo. Máis tarde a avoa de David
ensinounos a facer pan no forno de leña. A continuación comemos o
pan que fixo Tina con chocolate e bebemos Coca -cola. Máis tarde
David doulle un regalo ao seu avó. Xogamos alí un pouco e viñemos de
regreso.
O que máis me gustou foi mirar as pochas e o porco. Tamén
como se fai o viño e o pan. Pasámolo moi ben!!
Lidia 6º
OS AVÓS DE DAVID
Hoxe fomos a casa de David a ver como se fai o viño. Primeiro
ponse na “estrujadora” e despois se pon na prensa, e sae o zume
chamado mosto e despois se pon a fermentar. Cando acaba ten
alcohol.
Comemos pan feito pola avoa Tina no seu forno de pedra con
chocolate. Fomos ao colexio de volta andando polos camiños con casas
tiñan bastantes árbores e había una vista preciosa.
Voltamos ao colexio camiñando todos xuntos e pillounos a chuvia.
Pedro 5º
A casa de David
Hoxe marchamos á hora do recreo para chegar a tempo. Na casa
de David esperábannos a avoa de David e a de José R. . Tamén a nai
de José e o pai de David e o seu avó. A avoa ensinounos un forno de
pedra no que nos preparou un pan que comemos con chocolate.
Despois o avó ensinounos como facían o viño antigamente. Eu collín
copa enchina ata arriba e bebina toda dun trago. Estaba moi bo. Eu
para o ano que ben vouno a facer outra vez porque o fago todos os
anos. Cando marchamos os de 6º tivemos unha idea coller casas
abandonadas e teas para nós.
Foi unha boa maña.
Mauro 6º
A Casa de David
Hoxe, na hora do recreo, fomos a clase de 6º e 5º (e tamén os
seus profes) a casa de David a ver aos seus avós. Andamos polo monte
por un camiño polo que pasan os coches. Cando chegamos a súa casa,
encontrámonos cos avós de David, o seu pai e a nai de José. Alí
ensinounos como se preparaba o viño e tamén vimos uns gatiños.
Tamén ofrecéronos pan e chocolate e despois xogamos moito.
Eu paseino moi ben e gustaríame repetilo noutra casa.
Rodrigo 6º
A casa dos avós David
Hoxe fomos a casa de David a andar e cando chegamos fomos
a ver o forno onde se facía o pan antigamente, despois co avó de
David vimos como estrugaban uvas na estrugadora eléctrica, meteron
as uvas no lagar, despois cando salia o zume o bebemos. Fomos a
ver as pochas e máis o porco Roxelio, déronnos pan con chocolate e
bebemos coca-cola e despois a xogar un pouco. Volvemos a andar
para a escola.
Rubén 5º
Os avós de David “ Lino e Esther”
Hoxe fomos a casa do avó de David andando e contounos varias
cousas. Díxonos que antes non había “estrujadora” e que se pisábanse
as uvas cos pés. Deixounos beber mosto!!
A avoa de David fixo pan e comemos pan con chocolate.
Vimos os animais: gatiños, gatos, pochas, e Rogelio un porquiño.
Simón 5º
A casa de David
Hoxe estivemos cos avós de David e a David de José Ramón.
Vimos como espremían as uvas e bebemos un pouco de mosto,
tamén fixeron pan caseiro e vimos dous pochas , un porco, galiña, pitos
e galos.
No camiño de volta para o cole nos colleu a choiva pero pasámolo
xenial.
Xián 5º
Na casa de David
Hoxe fomos a casa de David. Saímos do colexio na hora do recreo e
fomos polo monte ata que chegamos alí. Estábanos esperando a nai e a
avoa de José, o pai, a avoa e o avó de David e por último os seus gatos a
gata, e os seus fillos.
Cando chegamos ensinounos o forno que antes facían o pan. Despois
fomos a ver os pochos.Tamén fomos a ver ao porco de David, de Ángela e
de Lidia. Máis tarde deunos pan caseiro do forno con chocolate de Nesquik.
Dalí a un pouco levounos á bodega e a min deixáronme probar o
mosto.
Logo volvemos para o colexio.
Gustoume Moito!
Mateo 6º
A Casa de David
Na hora do recreo fomos pola carreteira, pasamos por un bos que e
chegamos a casa de David na que nos estaban esperando Alfredo o pai de
David, Avelino o avó de David, Tina a avoa de David, Esther a avoa de José
e Rosana a nai de José. Alí vimos se facía o mosto, despois tomamos o
mosto, dous anacos de pan e de beber déronos coca cola.Tamén nos
ensinaron os animais. Rogelio o porco, un pocho, unha gata e tres gatiños.
Edu, Xián, Pedro, Rodrigo e eu estivemos xogando aínda que outros
preferían sentarse a falar. Ao avó de David démoslle unha figa, que é un
pequeno colgante.
Despois a volta viñemos falando de cousas nosas. A cousa máis
graciosa que pasou foi que David pisou unha caca de can.
Nese día divertímonos moito.
Óscar 6º
A CASA DE DAVID
Hoxe as 11:45 marchamos do colexio e fomos a casa de David Chan
Radío e estabamos esperando a avoa Tina, a avó Avelino o pai Alfredo a
miña avoa Esther e a miña nai Rosana.
Primeiro ensinounos o forno de pedra e os gatiños. Despois todos os
animais. Por último comemos pan con chocolate. Tamén probamos o mosto
e quitamos fotos. Fomos cos profes e graváronnos.
Pasámolo moi ben!!
José R. 6º
NA CASA DE DAVID
Hoxe fomos todos os de 5º e 6º a casa de David para que nos
explicaran un pouco como fan o viño.
Saímos do colexio as 11:45 aproximadamente e tivemos que ir
polo monte arriba para dar coa casa.
Cando chegamos estaban alí para recibirnos Alfredo que é o pai
de David, Rosana que é a nai de José, Esther que e a avoa de José,
Avelino que é o avó de David e Tina que é a avoa de David.
Avelino, empezou a ensinarnos como fan o mosto e tamén nos
ensinou a estrugadora.
Logo fomos a mirar os animais que tiñan e habían dúas crías de
gatos que eran moi bonitos.
Máis tarde, a avoa de David fixo pan para todos, comemos
chocolate e pasámolo moi ben,
A min gustoume moito ir a casa de David porque aprendín cousas que
non sabía.
Raquel 6º
David fíxolle entrega de un agasallo de parte de
todas e todos, por tratarnos tan ben e ser tan
amables, cariñosos e hospitalarios.
Avelino e Tina
Moitas grazas por esta experiencia
marabillosa e inolvidable.