Download - Os dous monstruos
Os dous monstrosDavid McKee
Hai un monstro que vive tranquila-mente na cara oeste dunha montaña.
Na cara este da montaña vive outro monstro.
Algunhas veces os monstros falan entre eles a través dun burato da montaña.
Pero nunca se ven un ao outro.
Unha tarde, o primeiro monstro di polo burato:
“Podes ver que bonito é? O día está rematando”.
“O día está rematando?- di o segundo monstro-. Quererás dicir que a noite esta empezando, so tonto!”.
“Non me chames tonto, ou enfadareime”, responde o primeiro monstro. Síntese tan enfadado que non pode durmir.
O outro monstro séntese moi anoxado e tamén durme moi mal.
A mañá seguinte, o primeiro monstro séntese fatal, despois dunha noite tan mala. Grita polo burato:“Esperta tarugo, a noite está rematando!
“Non sexas estúpido, cerebro de mosquito! –responde o segundo-. É o día que está comezando”. Colle unha pedra e tíraa por riba da montaña.
“Un tiro pésimo, vaca burra!”, di o primeiro monstro cando a pedra non lle acerta. Colle unha pedra máis grande e tíraa de volta.
Esa pedra tamén falla. “Inútil! pasmón, peludo,narigón!” berra o segundo monstro, e tira de volta unha roca que despega o cumio da montaña.
“Non es máis que un vello e estúpido papamoscas! -grita o primeiro monstro e lanza un penedo que rompe outro anaco da montaña.
E ti es un noxento carballo vello e retorcido! Contesta o segundo monstro. Nesta ocasión patea unha roca enorme.
Segundo vai pasando o día, as pedras van sendo cada vez máis grandes, e os insultos máis longos.
Os dous monstros seguen a salvo, pero a montaña vai quedando reducida a anacos.
“Es un zoquete peludo, cabeza oca e abusón! grita o primeiro monstro mentres lanza un penedo enorme.
“Ti es unha noxenta torta de crema esmagada e cheirona” -berra o segundo monstro, tirando unha roca aínda maior.
Esa roca acaba co último resto da montaña e os monstros vense por primeira vez o un ao outro.
Iso acontece xusto ao comezo dunha nova posta do sol.
“Incrible!” -di o primeiro monstro, soltando a roca que está cargando-. “A noite está comezando. Tes razón”.
“Alucinante!”- di o segundo monstro soltando o seu penedo-. “Tes razón, o día está rematando”.
Camiñan cara o centro do desastre que organizaran e contemplan –xuntos- o comezo da noite e o final do día.
“Foi divertido”, di o primeiro monstro.“Si, é verdade -di o segundo- pobre montaña!”.
Fin